Download - UNIDADE I.- A TRANSICIÓN DO ANTIGO …2Bach.pdf2.- caracterÍsticas do antigo rÉxime. 2 3.- ... 5.- o impacto da revoluciÓn francesa. a guerra da independencia. a constituciÓn

Transcript

Historia de España Índice I

UNIDADE I.- A TRANSICIÓN DO ANTIGO RÉXIME Á ESPAÑA CONTEMPORÁNEA. 1 1.- O CENTRALISMO BORBÓNICO. 1 2.- CARACTERÍSTICAS DO ANTIGO RÉXIME. 2 3.- O REFORMISMO ILUSTRADO . 4 4.- O DESPOTISMO ILUSTRADO E AS SÚAS LIMITACIÓNS. 5 5.- O IMPACTO DA REVOLUCIÓN FRANCESA. A GUERRA DA INDEPENDENCIA. A CONSTITUCIÓN

DE 1812. 6 6.- A REVOLUCIÓN LIBERAL E AS REACCIÓNS ABSOLUTISTAS NO 1º TERCIO DO S. XX. 11

6.1.- Sexenio Absolutista. (1814-1820). 11 6.2.- O Trienio Liberal (1820-1823). 12 6.3.- A Década Ominosa. (1823-1833). 12 6.4.- A Independencia das Colonias Españolas en América. 13

UNIDADE II.- A CONSTRUCIÓN DO ESTADO LIBERAL E AS SÚAS DIFICULTADES. 14 1.- A ESPAÑA SABELINA. O CARLISMO E AS OPCIÓNS LIBERAIS. O ESTADO DOS MODERADOS E O

SEU LABOR. 14 2.- O SEXENIO DEMOCRÁTICO (1868-1874). 20

2.1.- Factores ou causas que explican a Revolución do ano 1868. 20 2.2.- A Constitución de 1869. 20 2.3.- A Monarquía Constitucional de Amadeo de Savoia (1871-1873). 21 2.4.-A I República (1873-74). 22

3.- A RESTAURACIÓN (1875-1923) 23 3.1.-A estabilidade desta etapa 24 3.2.-A Constitución de 1876. 24 3.3.- O Funcionamento do sistema Canovista. 25

4.- A CRISE DA RESTAURACIÓN. 26 4.1.- O Desastre de 1898. 26 4.2.- O Rexeneracionismo e a Xeración do 98. 27 4.3.-Serie de reformas 27 4.4.- Fronte a estes intentos, unha serie de factores van minado o sistema progresivamente. 28

5.- OS COMEZOS DA CUESTIÓN NACIONAL EN ESPAÑA: REXIONALISMO E NACIONALISMO EN

GALICIA, PAÍS VASCO E CATALUÑA. 31 5.1.- O NACIONALISMO ESPAÑOL. 31 5.2.- Os Nacionalismos Periféricos. 32

UNIDADE III.- AS TRANSFORMACIÓNS SOCIOECONÓMICAS DENDE COMEZOS DO

SÉCULO XIX ATA A GUERRA CIVIL. 37 1.- A REVOLUCIÓN LIBERAL E O CAMBIO AGRARIO. AS DESAMORTIZACIÓNS. 37

1.1.- A PROPIEDADE DA TERRA NO ANTIGO RÉXIME. 37 1.2.- A DESVINCULACIÓN DOS BENS DA NOBREZA. 37 1.3.- AS DESAMORTIZACIÓNS. 38 1.4.- EVOLUCIÓN DIVERXENTE DAS AGRICULTURAS EN ESPAÑA. 40

2.- INDUSTRIALIZACIÓN E DESINDUSTRIALIZACIÓN NA ESPAÑA DO S. XIX: PAUTAS REXIONAIS.41 2.1.- INTRODUCCIÓN. ¿EXISTIU EN ESPAÑA UNHA VERDADEIRA REVOLUCIÓN INDUSTRIAL? 41 2.2.- CARACTERÍSTICAS DO PROCESO DE INDUSTRIALIZACIÓN ESPAÑOL. 42 2.3.- PRINCIPAIS ZONAS INDUSTRIALIZADAS. 43 2.4.- ZONAS DE MENOR DESENVOLVEMENTO INDUSTRIAL. 45 2.5.- OUTROS SECTORES IMPORTANTES NO PROCESO DE MODERNIZACIÓN. 46

3.- OS CARACTERES DA MODERNIZACIÓN DEMOGRÁFICA DA ESPAÑA CONTEMPORÁNEA. 48 3.1.- PERVIVENCIAS DO MODELO DEMOGRÁFICO ANTIGO. 48 3.2.- ELEMENTOS DO CAMBIO DEMOGRÁFICO. 49 3.3.- DIFERENCIAS REXIONAIS E PROCESO DE URBANIZACIÓN. 49 3.4.- OS MOVEMENTOS MIGRATORIOS. 50

4.- OS NOVOS GRUPOS SOCIAIS. O NACEMENTO DO MOVEMENTO OBREIRO E DO AGRARISMO. 51 4.1.- A NOVA SOCIEDADE DE CLASES. 51 4.2.- OS GRUPOS TRADICIONAIS. 51 4.3.- OS NOVOS GRUPOS. 52 4.4.-CONFLICITIVIDADE SOCIAL E MOVEMENTO OBREIRO. 53 4.5.- O SISTEMA EDUCATIVO. 58

II Índice Historia de España

UNIDADE IV.- ESPAÑA NO PERÍODO DE ENTREGUERRAS. 60 1.- DICTADURA DE PRIMO DE RIVERA E FIN DA MONARQUÍA (1923-31). 60

1.1.- O GOLPE DE ESTADO. 60 1.2.- APOIOS E OPOSICIÓN Á DICTADURA. 60 1.3.- O DIRECTORIO MILITAR (1923-1925). 61 1.4.- O DIRECTORIO CIVIL (1925-1930). 62 1.5.- CAÍDA DA MONARQUÍA. (1930-31). 64

2.-A II REPÚBLICA. 65 2.1.- O BIENIO PROGRESISTA (ABRIL 1931-NOVEMBRO 1933). 65 2.2.- BIENIO DE DEREITAS (Novembro 1933-Febreiro 1936). 69 2.3.- A FRONTE POPULAR (FEBREIRO-XULLO 1936). 71

3.- A GUERRA CIVIL. 72 3.1..- O GOLPE DE ESTADO. 72 3.2.- A GUERRA CIVIL (ESQUEMA). Ler páx. 416-421. 74 3.3.- A INTERNACIONALIZACIÓN DO CONFLICTO. 76 3.4.- AS DÚAS ESPAÑAS DURANTE O CONFLICTO. 78

UNIDADE V.- O RÉXIME DE FRANCO. 81 1.- FUNDAMENTOS IDEOLÓXICOS DO RÉXIME FRANQUISTA. 81 2.- APOIOS INSTITUCIONAIS E SOCIAIS DO RÉXIME. 81

2.1.- A Falanxe. 81 2.2.- O Exército. 82 2.3.- A Igrexa. 82 2.4.- Apoios sociais. 82

3.- INSTITUCIONALIZACIÓN DO RÉXIME. AS LEIS FUNDAMENTAIS. 83 4.- A ECONOMÍA NOS ANOS 40 E 50. AUTARQUÍA E ESTANCAMENTO. 84 5.- O PLANO DE ESTABILIZACIÓN DE 1959 E OS PLANOS DE DESENVOLVEMENTO (1960-73). 85 6.- POLÍTICA INTERNACIONAL. 87

6.1.-Etapa da II Guerra Mundial. 87 6.2.-Illamento Internacional (1945-1953) 88 6.3.-Recoñecemento internacional. 1953-1959. 88

7.- O EXILIO. AS FORZAS DE OPOSICIÓN Ó FRANQUISMO. 89 7.1.- O Exilio. 89 7.2.-A Oposición ó Sistema. 90

8.- POLÍTICA CULTURAL. CONTROL E CENSURA. 93

UNIDADE VI.- A ESPAÑA ACTUAL. 94 1.-A TRANSICIÓN DEMOCRÁTICA. 94

1.1.- A Lei Para a Reforma Política. A Ruptura Pactada. 95 1.2.- As Eleccións Xerais de 1977. 96 1.3.- A Constitución de 1978. 96 1.4.- O intento de Golpe de Estado do 23 F (1981). O Triunfo Socialista. 98

2.- O ESTADO DAS AUTONOMÍAS. O ESTATUTO GALEGO. 99 2.1.-O caso galego. O Estatuto de Autonomía. 100

3.- A EVOLUCIÓN SOCIOECONÓMICA ATA OS ANOS 90. 101 3.1.- A crise de 1973. Os pactos da Moncloa. 101 3.2.-A Política económica dos Gobernos Socialistas. 102 3.3.- O avance do Estado do Benestar. 103

Os gobernos conservadores de José María Aznar. 1996-2004 103 Os gobernos socialistas de José Luís Rodríguez Zapatero. 2004- 104 A Galicia actual 104

Unidade I Historia de España 1

UNIDADE I.- A TRANSICIÓN DO ANTIGO RÉXIME Á

ESPAÑA CONTEMPORÁNEA.

1.- O CENTRALISMO BORBÓNICO.

No ano 1700, o derradeiro monarca da Casa de Austria, Carlos II, morreu sen descendencia directa. Os

candidatos a ocupar o trono, polos seus vínculos familiares, eran Filipe d´Anjou, neto de Luís XIV de Francia e

o Arquiduque Carlos de Habsburgo, fillo do emperador de Austria. O testamento do rei Carlos II designaba

como sucesor ó candidato Borbón, que foi proclamado rei no ano 1701, baixo o título de Filipe V.

O nomeamento do novo monarca provocou un conflito grave para o equilibrio entre as potencias

europeas. O seu acceso ó trono español fortalecía o poder dos Borbóns en Europa, xa que aumentaba a

preponderancia de Luís XIV, rei de Francia, co control que podería exercer sobre as posesións españolas e

incluso cabía a posibilidade dunha unión futura entre as coroas de España e Francia. De contado, G. Bretaña,

Holanda e Portugal declararon o seu apoio ó candidato austríaco e entraron en guerra contra Francia e España; é

a denominada Guerra de Sucesión.

No interior de España a cuestión sucesoria tamén dividiu ós territorios peninsulares. Os da Coroa de

Castela (incluídas as provincias vascas e o Reino de Navarra) amosáronse fieis a Filipe V, mentres que os

territorios da antiga Coroa de Aragón (Cataluña, Aragón, Valencia e Baleares) apoiaron ó candidato austríaco.

Este apoio obedecía a diferentes motivos, aínda que o máis significativo era o temor a que a súas institucións

perderan poder diante das medidas centralizadoras e uniformizadoras da nova monarquía.

O conflito bélico tivo diversas alternativas ata que en 1711 un feito mudou o curso dos acontecementos:

en abril morría o emperador de Austria Xosé I e ocupaba o trono o Arquiduque Carlos. Agora o perigo para

o equilibrio europeo constituíao un Habsburgo no trono dos dous reinos.

Ante esta circunstancia, os países contendentes firmaron o Tratado de Utrech (1713) mediante o que se

poñía fin á contenda e se recoñecía a Filipe V como monarca español a cambio da renuncia expresa ós seus

dereitos á Coroa de Francia e á cesión de determinadas posesións a Austria e a G. Bretaña; concretamente este

último país facíase co control de Xibraltar, Menorca e beneficiábase de determinados privilexios comerciais coa

América española.

A nova dinastía dos Borbóns impuxo en España, coas lóxicas diferenzas, o modelo de Absolutismo

Monárquico implantado en Francia no século XVII por Luís XIV. O Monarca absoluto constitúe agora a

encarnación mesma do Estado, “o Estado son eu”, que dixera Luís XIV, de tal forma que o seu poder é case

ilimitado: fonte de lei, autoridade máxima do Goberno e cabeza da Xustiza. Avánzase así no proceso de

concentración do poder que xa iniciaran os Austrias, representantes da Monarquía Autoritaria, nos séculos

anteriores en Castela.

O establecemento do Absolutismo vai parello ó proceso de centralización e uniformización da

Administración. Aproveitando o feito de que os territorios da antiga Coroa de Aragón (Aragón, Cataluña,

Valencia e Mallorca) apoiaran ó Arquiduque Carlos durante a Guerra de Sucesión, Filipe V impúxolles mediante

os Decretos de Nova Planta a organización político-administrativa de Castela. Desta maneira, quedan abolidas a

súas Cortes, integradas agora nas de Castela que, de feito, se converten nas Cortes de España. Consideradas

incompatibles coa autoridade do monarca só se reunirán a petición do Rei e para xura-lo herdeiro. Ó mesmo

tempo, o Consello de Aragón foi abolido e só subsiste o Consello de Castela con funcións meramente

consultivas. Como colofón, o castelán substitúe o catalán como lingua oficial na Administración.

Outra serie de reformas intentan modernizar e racionaliza-la Administración e completan o

proceso centralizador. En liñas xerais, estenden as institucións de Castela ó resto do Estado.

2 Historia de España Unidade I

-Poténcianse as Secretarías, similares ós actuais ministerios, que se sitúan por enriba do Consello de

Castela e das propias Cortes. Destacan a de Estado, de Asuntos Estranxeiros, de Guerra e Mariña… Á fronte de

cada unha están os Secretarios, que son nomeados e destituídos polo Rei, do que dependen e ó que lle renden

contas. Como se ve, no cume do poder político e das institucións está o Monarca que intervén directa ou

indirectamente en tódolos asuntos do Estado.

-Divídese do territorio en provincias (ver mapa pax. 169). Trátase de que se axilice a Administración e

se supere o anquilosamento e o caos anterior. Á fronte de cada unha sitúase un Capitán Xeral, nomeado polo

Rei, que ten funcións militares e administrativas.

-Establécense as Reais Audiencias, que presididas polos Capitáns Xerais, teñen competencias xudiciais.

-Establécese a nova figura do Intendentes, de orixe francesa. Dependen directamente do Rei e gozan de

amplos poderes: recadación de impostos, confección de mapas, realización de censos, dinamización da

economía,…

Este Centralismo e Unifórmesmo, de todas formas, non é total xa que non se leva a cabo nalgún

aspecto importante:

-Perviven os Foros Vascos e de Navarra.

-Subsiste o dereito civil catalán.

-Moitas terras e persoas seguen baixo a autoridade de señores particulares (réxime señorial).

-A complexidade e irracionalidade administrativa seguiu sendo moi forte (con provincias, intendencias e

alcaldías de todos os tamaños e tipoloxías).

2.- CARACTERÍSTICAS DO ANTIGO RÉXIME.

Antigo Réxime: termo utilizado por primeira vez polos revolucionarios franceses para referirse

ó modelo político e social de Francia anterior a 1789. Hoxe, os historiadores empregan esta denominación

para referirse á sociedade europea dos s. XVI, XVII e XVIII.

Sistema económico predominantemente agrario.

-A agricultura e a gandería son a base económica nesta época (90% poboación activa).

-Fundamentalmente de subsistencia (para cubrir as necesidades dos campesiños e pago das rendas).

-As técnicas e instrumentos agrícolas son rudimentarios. Utilízase como método fundamental para

rexenera-la terra o barbeito (deixar de cultivar a terra cada certo tempo). As rotacións máis frecuentes son a

bienal e a trienal.

-Rendementos baixos. Frecuentes crises de subsistencias.

Propiedade da terra.

Permanecen vixentes os modelos medievais. A inmensa maioría de terras eran propiedade de nobres,

eclesiásticos e dos concellos e estaban suxeitas a algún tipo de vinculación que impedía que se puideran vender

(terras vinculadas e de mans mortas). Concretamente dentro da nobreza era moi frecuente a institución do

morgado (obrigación de deixar en herdanza as terras ó fillo maior sen poder dividilas, hipotecalas…), que tiña a

finalidade de asegurar de cara ó futuro a relevancia económica da familia. As terras da Igrexa ( de “mans

mortas”) estaban suxeitas ás mesmas restricións. En moitos casos estas terras estaban infrautilizadas, mal

cultivadas e non había posibilidade de que outros propietarios con espírito empresarial aportasen capital e

aumentasen a súa produtividade. En definitiva, este tipo de propiedade fomentaba os estancamento económico.

Unidade I Historia de España 3

Os propietarios adoitaban arrendar as terras ós cultivadores mediante contratos de curta duración (Castela

e Andalucía) ou de longa duración ( foros en Galicia).

Escaso desenvolvemento da industria e comercio.

-A produción era fundamentalmente de tipo artesanal. Estaba controlada polos Gremios (asociacións

de artesáns do mesmo oficio). Controlan os prezos, a calidade, o volume da produción e limitan, cando non

impiden, a liberdade de empresa (ninguén que non pertencese a un gremio podía desenvolver a súa actividade

nunha cidade).

-A produción era escasa e destinábase fundamentalmente para o consumo local.

-Desenvolvemento tecnolóxico moi limitado. Ás veces incluso os produtores eran os propios

campesiños aproveitando os seus ratos libres (o sistema beneficiábase coa redución de prezos, pero resentíase a

calidade).

-O comercio interior era escaso: subconsumo, autosuficiencia dos campesiños, dificultades das

comunicacións, aduanas interiores…

-O comercio exterior estaba orientado ós intercambios coas colonias americanas. De todas formas, os

beneficios desta actividade eran menores do que cabería supoñer. Dada a escasa produción española era

necesario importar moitos artigos de G. Bretaña, Francia, Holanda… para logo transportalos a América (os

españois eran meros intermediarios); así se explica que parte dos beneficios repercutiran neses países.

-O Estado tiña un importante papel no ámbito económico: controlaba os prezos, os mercados,

fomentaba a produción de determinados produtos (manufacturas)…

Réxime demográfico antigo.

Altas taxas de natalidade (en torno ó 40% ) e tamén altas taxas de mortalidade (35% ). Como

consecuencia, o crecemento demográfico nos anos normais era reducido. Periodicamente asistíase a

significativos descensos da poboación causados pola chamada mortalidade catastrófica (anos de fame,

pestes…).

Sociedade Estamental.

- Dividida en Estamentos, dous privilexiados (Nobreza e Clero) e un non privilexiado (Terceiro Estado).

-Características da Sociedade Estamental. A Nobreza e o Clero posuían privilexios legais e políticos

(non había igualdade ante a lei). Estes privilexios sintetizábanse na exención de tributos, na reserva de cargos

públicos… Era unha sociedade pechada, pouco dinámica, dado que era moi difícil cambiar de estamento,

progresar socialmente (era fundamental o estamento do que se formaba parte no momento de nacer).

-Os valores aristocráticos constituían o modelo de prestixio social, exemplificado no nobre ocioso que

non traballaba e vivía das súas rendas. En amplas capas da poboación estaba moi estendida a valoración

negativa de determinados oficios artesanais (ferreiros, curtidores…) que transmitían a quen os realizaba unha

carga infamante. Este trazo da sociedade española estaba moita máis remarcado que noutros países europeos e

contribuía á ralentización do crecemento económico.

-Clara presenza na sociedade da intolerancia relixiosa e do racismo como se demostra pola existencia

do chamado estatuto de limpeza de sangue. Era necesario para ter unha alta consideración social e para o acceso

a determinados cargos de importancia ser capaz de demostrar que non se tiñan antepasados xudeus, mouros ou

herexes, dado que conferían un estigma negativo a toda a súa descendencia.

Analfabetismo e Relixiosidade.

-A maior parte da poboación española era analfabeta.

4 Historia de España Unidade I

-A sociedade estaba moi marcada pola relixión. Tanto a alta sociedade como as masas populares

aceptaban e practicaban a doutrina católica e as súas cerimonias, aínda que no último grupo estaban mesturadas

frecuentemente con variadas supersticións.

-Predominaba a intolerancia relixiosa. Patentízase na existencia do Tribunal do Santo Oficio da

Inquisición. Era un tribunal relixioso aínda que foi creado polas autoridades civís, concretamente polos Reis

Católicos, no ano 1478. Tiña a finalidade de vixiar e defender a pureza do dogma e da moral católicos, polo

que perseguía as manifestacións e doutrinas relixiosas heterodoxas (falsos conversos, xudaizantes, herexes), así

como a difusión e lectura de publicacións consideradas perigosas para a fe (recollidas nos Índices de Libros

Prohibidos). Así mesmo, encargábase de vixia-las desviacións na conduta moral (homosexualidade,

bruxería…). Conforme pasou o tempo foi actuando cada vez máis como aparato de control ideolóxico da

Monarquía Absoluta, de maneira que perseguía tamén toda idea que atacase o sistema político e social vixente

(aspecto de gran relevancia no s. XVIII). Apréciase, por tanto, unha comunidade de intereses entre Estado e

Igrexa, entre política e relixión.

As condenas, que se facían públicas nunha cerimonia denominada Auto de Fe, eran moi variadas: dende o

encarceramento, azotes públicos, sambenito… ata a chamada “relaxación”, é dicir, morte do reo na fogueira, xa

fose en persoa ou e efixie.

A rigorosidade das penas así como o sistema de tortura utilizado para obte-la verdade causaba un grande

temor entre a poboación.

É indiscutible a influencia negativa deste Tribunal no avance científico e cultural da sociedade española

xa que perseguiu a innovación e o progreso.

Estivo vixente ata 1834. O triunfo do liberalismo supuxo a súa disolución.

Pervivencia do Réxime Señorial.

Mantense o réxime señorial de orixe medieval. Gran parte das terras, pobos e persoas estaban sometidas á

autoridade directa dun señor, nobre ou eclesiástico. Dentro dos límites do seu señorío exercían xustiza,

nomeaban ás autoridades, impoñían penas e castigos, esixían todo tipo de taxas e corveas (traballos gratuítos) e

gozaban de numerosos privilexios e monopolios (caza, pesca, muíños…)

Monarquía Absoluta e Soberanía Real.

O poder supremo e soberanía residía no rei (soberanía real). Este poder debía ser exercido, segundo os

defensores dos dereitos reais, de forma absoluta e sen limitación dado que o recibía directamente de Deus; é o

que se coñece como “xustificación ou orixe divina do poder”. No s. XVIII a dinastía dos Borbóns leva á

práctica estas ideas políticas concentrando na persoa do monarca os poderes básicos do Estado: lexislativo

(promulga leis), executivo (goberna) e xudicial (máximo representante da xustiza).

A pesar desta tendencia centralista e absolutista na práctica non se consegue na súa totalidade. Tal é así

que segue pervivindo un alto grao de diversidade xurídica e administrativa (ver páx. 2).

3.- O REFORMISMO ILUSTRADO .

Durante o s. XVIII cobra importancia un movemento europeo de ámbito cultural e ideolóxico que se

coñece co nome de Ilustración. Preconiza a capacidade da razón humana para descubri-la verdade e as leis da

natureza, a necesidade de propoñer e realizar reformas co obxectivo de incrementa-lo benestar do país, mellora-

la sociedade e alcanza-la felicidade persoal. Gran confianza no progreso.

Integrantes: Maioritariamente burgueses (comerciantes, banqueiros, industriais, intelectuais, avogados,

oficiais do Exército,…), xunto con algúns nobres e eclesiásticos.

No terreo da teoría económica seguen as ideas la Fisiocracia e do Liberalismo. A Fisiocracia era unha

doutrina que consideraba a terra e a agricultura a principal riqueza dun país e poñía a súa énfase na

Unidade I Historia de España 5

modernización deste sector como paso fundamental para o desenvolvemento de toda a economía. O Liberalismo

económico incidía na liberdade no terreo económico, no fomento da iniciativa privada e na limitación da

intervención do Estado na economía.

-Defenden a racionalización da Administración. Simplificación e uniformización para consegui-la eficacia

da mesma.

-No ámbito agrario. Introdución de novas técnicas e mellora do réxime de propiedade. Neste senso

critican a situación das terras vinculadas e de mans mortas. Propoñen a desvinculación dos morgados e a

transformación das terras en mans mortas e comunais en propiedade particular. Estas medidas están claramente

recollidas no Informe sobre la ley agraria de Jovellanos (ano 1795).

-No ámbito artesanal e comercial. Potenciación destes sectores, reforma da lexislación gremial para que

permitira un maior grao de liberdade empresarial. Mellora das comunicacións marítimas e terrestres.

Liberalización do comercio con América eliminando o monopolio que tiña ata entón o porto de Cádiz.

-No ámbito social. Critican os privilexios de nobreza e clero, preconizan unha maior igualdade. Defenden

o traballo e a valía persoal como criterio de ascenso social.

-Fomento da educación e da renovación científica.

-Reforzamento do poder absoluto dos monarcas. Os ilustrados consideran que a debilidade da propia

burguesía e a ignorancia das clases populares facían necesario un poder político forte para levar a cabo as

medidas.

4.- O DESPOTISMO ILUSTRADO E AS SÚAS LIMITACIÓNS.

En España como noutros países europeos durante a segunda metade do s. XVIII estivo vixente un sistema

político posto en práctica polos propios monarcas que aplicou algunhas medidas que tiñan como obxectivo

favorece-lo progreso e a racionalización (postulados ilustrados) sempre que non atentasen contra o seu poder

absoluto. Coñécese co nome de Despotismo Ilustrado. En España o seu máximo representante foi Carlos III

(1759-1788).

Se ben no seu conxunto pódese dicir que presenta un balance positivo, as transformacións

efectivamente levadas a cabo quedaron moi por debaixo das medidas propostas. Un somero repaso dalgúns

apartados deixa ben ás claras a disparidade entre teoría e práctica.

No ámbito da agricultura e da propiedade da terra é certo que se fomentou a introdución de novas

técnicas, ampliouse o regadío, repartíronse algunhas terras comunais…, pero só se levaron a cabo de forma illada

e tiveron escasa transcendencia; o réxime señorial seguiu practicamente inalterado. O propio Jovellanos foi

xulgado pola Inquisición e condenado a desterro e prisión na illa da Maiorca.

No ámbito da produción artesanal e industrial, as autoridades concederon axudas para a ampliación

dos vellos talleres e creación de fábricas propiamente ditas, aplicaron medidas proteccionistas, potenciaron as

actividades artesanais que podían ser desenvolvidas polos campesiños (co obxectivo de que aumentase o seu

nivel de vida)… Sen embargo, seguiu en vigor a lexislación gremial, que lastrou en gran medida as reformas, a

tecnoloxía non mellorou de maneira substancial…

En canto ó comercio, hai que salientar como positivo o acondicionamento dos portos, a mellora das

comunicacións, a liberalización do comercio con América permitindo a diversos portos españois a realización

deses intercambios… De todas formas, o incremento do comercio foi limitado e non serviu para dinamizar a

produción interna manténdose a dependencia española con respecto ós produtos estranxeiros.

No ámbito social, póñense en vigor novas leis que defenden o valor do traballo artesanal e eliminan a

compoñente infamante que tiñan anteriormente facendo compatible o seu desenvolvemento coa pertenza á

nobreza ou o acceso ás funcións públicas. Desta maneira, ó tempo que se potencia a economía, dáse un primeiro

6 Historia de España Unidade I

paso cara unha maior igualdade de oportunidades. Sen embargo, non se ataca ó sistema estamental e, por tanto,

mantense intacta a base do desequilibrio da sociedade.

Varios son os factores que explican estas limitacións:

-A oposición da aristocracia ás reformas que implicasen perda dos seus privilexios. Desta maneira fréanse

as reformas agrarias e os intentos de modernización da Facenda (suporía o pago de impostos).

-A oposición da Igrexa e da Inquisición. Oponse a súa perda de privilexios a á liberdade de pensamento

que preconiza a Ilustración.

-A propia debilidade da burguesía e incluso o moderantismo da maioría dos ilustrados que teñen medo de

que as transformacións cheguen a ser demasiado radicais.

-A ignorancia das clases populares, en moitos casos manipuladas polos poderosos.

-A propia Monarquía, que non quere ver cuestionado o seu poder absoluto.

As dificultades das reformas pola oposición dos poderosos quedan patentes en moitos

acontecementos da época. Baste reseñar dous deles como exemplo:

-Motín de Esquilache (1766). Foi un tumulto popular acontecido en Madrid, aínda que logo estendido a

outras cidades, ocasionado por un decreto promulgado polo ministro de Carlos III, Esquilache, que prohibía o

uso de sombreiros de aba ancha e capa longa (para tratar de limita-la inseguridade cidadá).

As razóns profundas da protesta son máis complexas: descontento social pola suba do prezo do pan,

xenofobia orixinada pola abundancia de ministros italianos… Esta situación explosiva, e este aspecto é o que

máis nos interesa neste momento, foi aproveitada pola nobreza e a Igrexa para estimular as protestas

populares dado o seu descontento coas medias reformistas de carácter ilustrado que estaba levado o Goberno.

O Rei viuse obrigado a prescindir de Esquilache, aumenta-lo número de ministros españois e paralizar,

aínda que só momentaneamente, as reformas.

- Proceso a Olavide. Intendente en Andalucía, crítico co réxime abusivo de tenencia da terra por parte

dos señores, fomentou a creación de novas colonias agrícolas en Serra Morena. Denunciado pola nobreza e

Igrexa, foi condenado pola Inquisición debido ás súas ideas avanzadas.

As insuficiencias reseñadas contribúen á radicalización ideolóxica da sociedade.

Por unha banda, o descontento dos reformistas ante a limitación dos resultados impulsounos a separarse

do Despotismo Ilustrado e a defender un novo concepto de poder e de goberno: limitación do poder real,

separación de poderes, abolición dos privilexios estamentais, proclamación dunha Constitución… ideas que están

na base do incipiente liberalismo español.

Por outra, entre os eclesiásticos e nobres, asustados ante a posible perda dos seus privilexios, foi xurdindo

un pensamento conservador e reaccionario contrario a todo tipo de cambio e innovación.

A confrontación entre partidarios do Antigo Réxime e os liberais vai presidir o primeiro terzo do s.

XIX.

5.- O IMPACTO DA REVOLUCIÓN FRANCESA. A GUERRA DA INDEPENDENCIA. A CONSTITUCIÓN DE 1812.

A Revolución Francesa (1789) supón un radical cambio político e social: proclama a soberanía nacional, a

limitación do poder do rei, a perda de privilexios da nobreza e da Igrexa… É lóxico que supoña un forte impacto

en España. O goberno de Carlos IV ten medo ó contaxio revolucionario e decreta o peche de fronteiras ás

novas ideas, valéndose fundamentalmente da Inquisición, ó tempo que frea o proceso reformista. A pesares do

Unidade I Historia de España 7

empeño, as medidas mostráronse ineficaces e a propaganda seguiu chegando de forma clandestina provocando o

primeiro gran enfrontamento ideolóxico citado anteriormente: para os reformistas radicais o proceso francés

debería ser un modelo a imitar mentres que para outros (nobreza e Igrexa, sobre todo), baseándose nos valores

tradicionais da Monarquía Absoluta e da relixión, debería ser rexeitado na súa totalidade.

España, a finais do s. XVIII atravesaba unha profunda crise política. O home forte do momento,

Secretario de Estado, é Manuel Godoy. De extracción social relativamente modesta (fidalgo), alcanzou en moi

pouco tempo, grazas á protección dos reis, o máximo poder. Acumula títulos, riquezas, actúa de maneira

despótica e arrogante, esixe obediencia persoal a tódalas autoridades… A súa actuación provoca a oposición da

maior parte do país: Igrexa, nobreza, ilustrados, do pobo. As críticas, cada vez máis ácidas, afectan incluso ós

propios reis provocando o progresivo descrédito da institución monárquica.

A situación internacional complica máis aínda o panorama. Despois de formar parte da coalición

europea contra a Francia revolucionaria, España aliouse con Napoleón (no poder dende 1799) na súa loita contra

G. Bretaña, país que supoñía unha clara ameaza contra os intereses económicos españois en América.

Desta maneira, España entra a formar parte da estratexia global que Napoleón segue contra G. Bretaña.

Dado que resulta inviable a invasión da illa (dominio naval inglés), opta por provocarlle o maior dano económico

posible establecendo o denominado bloqueo continental para que os barcos británicos non puidesen comerciar

co resto de Europa. O incumprimento do boicot por parte de Portugal, tradicional aliado dos ingleses, levou a

Napoleón a planificar a súa conquista contando co apoio español. O Tratado de Fontainebleau (1807) permitía

o paso por España das tropas francesas e acordaba o futuro reparto do país veciño (incluía a creación do reino

dos Algarves para Godoy).

A oposición a Godoy non fai máis que crecer e incluso o herdeiro ó trono, Fernando, temeroso de ver

limitadas ás súas posibilidades de gobernar, foi creando dentro da Corte, en torno á súa persoa, un grupo opositor

formado fundamentalmente por aristócratas. Este grupo trata de desprestixiar ó valido e ós reis, recurrindo

incluso a varias conspiracións, que fracasan, para desprazalo do goberno.

En 1808 o malestar agrávase coa entrada das tropas francesas en España en virtude do Tratado de

Fontainebleau e prodúcese o Motín de Aranjuez. Grupos de alborotadores, co apoio dos gardas e nobres

partidarios de Fernando, asaltan a pazo real e atemorizan ós Reis. Os amotinados dan un golpe de Estado e

obrigan a Carlos IV a abdicar no seu fillo Fernando, que é recoñecido como Rei de España. Todos estes

acontecementos non fan máis que aumenta-lo desprestixio da monarquía española.

Napoleón ve agora a profunda decadencia na que está sumida España e concibe a idea de remprazar no

trono á dinastía dos Borbóns por un membro da súa propia familia.

Coa escusa de mediar nas súas disputas, logrou reunir en Baiona (Francia) ós membros da familia real

española. Alí, Fernando foi obrigado a devolver a coroa ó seu pai Carlos quen, á súa vez, cedeu os seus dereitos a

Napoleón; a cambio ambos foron recompensados con cuantiosas rendas e privilexios en Francia. Este episodio

coñécese coa denominación das Abdicacións de Baiona. Napoleón nomeou entón ó seu irmán Xosé, daquela

Rei de Nápoles, como Rei de España.

Na mesma Baiona unha Asemblea de deputados españois convocada polo propio Napoleón, despois de

xurar fidelidade ó novo monarca Xosé I, aproba a denominada Constitución de Baiona (1808). A pesar do seu

nome, non se pode considerar unha verdadeira Constitución senón propiamente unha Carta Outorgada. Está

claro que non emana da vontade popular, dado que os deputados non son elixidos polo pobo, nin tampouco

redactan propiamente a Carta, senón que se limitan a aprobala; é, en definitiva, unha concesión que outorga o

soberano porque cre conveniente limitar o seu poder.

Se ben na nova monarquía o rei segue tendo un papel clave -ten un carácter conservador-, Xosé I intentou

poñer en práctica unha vía reformista que pretendía rematar co Antigo Réxime e que consideraba moito máis

favorable para o pobo español que o caduco sistema borbónico. Desta maneira, a Constitución de Baiona

recoñecía a igualdade dos españois ante a lei, os impostos e o acceso a cargos públicos; abolía a Inquisición,

iniciaba a reforma da Administración e, por último, establecía a desamortización de parte das terras do clero, a

desvinculación dos morgados e a fin do réxime señorial.

8 Historia de España Unidade I

Guerra da Independencia. (1808-1814)

Mentres se desenvolvían estes feitos en Baiona, en España, ante as noticias máis ou menos falsas de que

Fernando VII fora secuestrado por Napoleón e tratando de evitar a saída cara a Francia dos últimos membros de

familia real, o 2 de Maio de 1808 o pobo de Madrid alzouse de xeito espontáneo contra o exército francés.

Aínda que o levantamento foi duramente reprimido polas tropas mandadas polo xeneral Murat, o seu

exemplo espallouse por todo o país e a poboación levantouse de contado contra o invasor.

Ante o baleiro de poder creado pola abdicación dos monarcas en Baiona e o desconcerto ou pasividade

das autoridades, incapaces de dirixir o país, os sublevados organízanse en Xuntas de Armamento e Defensa

espalladas por todo o territorio: Galicia, Asturias, Andalucía, Aragón... Nun principio tiñan un ámbito local, pero

pronto se constituíron a nivel provincial e terminaron confluíndo nunha Xunta Suprema Central. Asumen o

poder en nome do pobo, que por primeira vez se converte en protagonista da acción política, negan a

lexitimidade das abdicacións de Baiona e coordinan as accións contra os franceses.

A resistencia contra a ocupación adopta con frecuencia a forma de guerrillas, xa que pronto se pon de

manifesto a clara inferioridade do exército español incapaz de enfrontarse con éxito ás tropas imperiais.

Baseábase na formación de pequenos grupos ou partidas (guerrillas) que atacaban ás tropas francesas en accións

limitadas (ataques a convois de suministros, a pequenos destacamentos de soldados, interrupción das vías de

comunicación…), sen presentar nunca unha batalla frontal. Nas súas intervencións era clave o coñecemento do

terreo e o apoio da poboación (axuda ós feridos, información, ocultamento dos guerrilleiros…); este último

aspecto leva a moitos historiadores a cualificala como guerra total, de todo un pobo contra un exército ocupante.

Nalgúns casos os xefes das partidas (O Empecinado, Espoz y Mina) pasaron a converterse en heroes

populares e as súas fazañas foron recollidas pola literatura e a tradición oral.

As accións da guerrilla tiveron un papel moi importante na derrota de Napoleón pois, á parte de causar un

elevado número de baixas, obrigaron ós franceses a distraer grandes forzas no mantemento do territorio ocupado

e na seguridade das vías de comunicación, debilitando significativamente a súa posición estratéxica.

Outra forma de loita constituírona os sitios, que consistían na resistencia das cidades españolas (Zaragoza,

Xirona..) ó avance inimigo. As cidades sitiadas resistían os bombardeos, a falta de alimentos e ata de auga a que

as sometía o exército francés, con tal de desgastalo e frear o seu avance para dar tempo á organización da

resistencia no resto do país.

Se ben a maior parte da poboación española opúxose á presenza francesa, os seus intereses e

obxectivos eran moi diversos.

A maior parte do clero e a nobreza, que en moitos casos dirixía a resistencia, buscaba a volta á situación

absolutista anterior baixo a monarquía de Fernando VII. Defendían a tradición e a relixión católica e rexeitaban

frontalmente as medidas reformistas do novo monarca: igualdade ante a lei, desaparición de privilexios,

abolición do Antigo Réxime...

Pola contra, os ilustrados vían na guerra unha oportunidade de realizar unha serie de reformas

longamente desexadas. Os moderados, facían unha crítica das lacras das administracións anteriores e desexaban

que a derrota dos franceses permitise a volta de Fernando VII do que esperaban un programa de reformas que

modernizasen o país. Os sectores claramente liberais eran máis radicais e vían a ocasión de transformar a

España do Antigo Réxime nun sistema liberal parlamentario sintetizado na soberanía nacional, a división de

poderes, a promulgación dunha constitución e o establecemento dunha sociedade de clases que permitise o

desenvolvemento do capitalismo.

A maior parte da poboación, á marxe de posicións ideolóxicas claras, afronta a guerra como un

movemento de defensa contra un invasor estranxeiro. Expresa o seu desexo de que regrese o monarca Fernando

VII e defende sen cortapisas o volta do absolutismo e as prerrogativas e o poder da Igrexa católica, aínda

que na práctica a súa actitude de rebeldía contra a que considera ilexítima monarquía de Xosé Bonaparte é

claramente revolucionaria.

Unidade I Historia de España 9

Por último, unha pequena parte dos españois, os coñecidos como afrancesados, e entre os que se atopan

numerosos intelectuais, altos funcionarios e unha parte da alta nobreza, aceptaron ó novo monarca Xosé

Bonaparte e participaron no seu goberno. Sentíanse vencellados co programa reformista da nova monarquía e

ó mesmo tempo crían que era a mellor garantía para evitar os excesos revolucionarios. Así, pensaban que un

poder forte podería realizar as reformas necesarias para a modernización do país. O seu número relativamente

escaso e a derrota final do exército napoleónico, obrigaron a unha grande parte a exiliarse ó rematar a guerra,

cando non foron detidos ou axustizados polos patriotas antifranceses.

No conflito bélico pódense distinguir claramente tres fases:

1ª Fase (maio-novembro de 1808). Caracterízase polo intento de ocupación francesa e o levantamento

popular que logrou rexeitala. O proxecto de Napoleón prevía realizar unha rápida ocupación do país dominando

Madrid, Zaragoza, Valencia e Sevilla, non esperando encontrar grandes resistencias; pero a estratexia francesa

fracasa pola férrea oposición dos españois e pola debilidade estratéxica francesa que estirou moito as súas liñas

deixando a os seus exércitos illados e extensas zonas sen ocupar. Entre as vitorias españolas destaca a de Bailén,

onde foi derrotado o exército francés de Andalucía e obrigou a Xosé I e ás súas tropas a retirarse cara Vitoria.

2ª Fase (novembro de 1808-xaneiro 1812). Foi de claro dominio francés. Consciente das dificultades,

Napoleón entrou en España á fronte dun numeroso corpo de exército e foi conquistando progresivamente a

península. Os franceses volven a ocupar Madrid e as principais cidades van capitulando tras sufrir heroicos e

prolongados sitios. (Zaragoza, Xirona...)

As tropas inglesas enviadas en axuda das españolas foron perseguidas ata a Coruña onde embarcaron

despois de perder ó seu xefe, sir John Moore, na batalla de Elviña. Unicamente Cádiz e Lisboa resistiron a

ocupación amparadas nas súas defensas e na axuda británica.

A pesar do seu predominio, Napoleón non conseguiu a capitulación dos españois, que nesta etapa resisten

fundamentalmente a través da utilización das guerrillas.

3º Fase (xaneiro de 1812-marzo 1814). Estivo marcada polo repregue francés e a ofensiva

hispanoinglesa. A campaña de Rusia obriga a Napoleón a desprazar alí parte das tropas instaladas en España e

as forzas españolas apoiadas polas inglesas (Wellington) fan retroceder ós franceses. Incapaz de manter as dúas

frontes, Napoleón decidiu poñer fin ó conflito e a finais de 1813 asinou o Tratado de Valençay polo que

recoñecía a Fernando VII como monarca lexítimo, permitía á súa volta a España e retiraba as súas tropas da

península. En 1814 os últimos soldados franceses abandonan Cataluña e remata definitivamente a guerra.

As Cortes de Cádiz e a Constitución de 1812.

Paralelamente á guerra desenvolveuse unha revolución política que tentou asentar as bases do

liberalismo e que tivo a súa mellor plasmación na obra das Cortes de Cádiz.

Como xa se indicou anteriormente, a reacción popular contra os franceses, o desprestixio das autoridades

e o non recoñecemento da renuncia de Fernando VII nin da lexitimidade de Xosé I, deu lugar á toma do poder

por parte do pobo organizándose en Xuntas. A necesidade de coordinar as actuacións fixo que se formase a

Xunta Suprema Central, transformada en 1810 no Supremo Consello de Rexencia co cometido de gobernar

España ata que fosen constituídas as Cortes. Estas deberían servir para coñecer a vontade do país e para impoñer

as medidas necesarias. A pesar de que para os grupos dominantes tratábase simplemente de restablecer o sistema

político tradicional (absolutismo e relixión), acabou levando a cabo unha transformación verdadeiramente

revolucionaria.

Despois de moitas dificultades as Cortes reuníronse en Cádiz en 1810.

Ideoloxicamente podemos agrupar ós deputados en dúas tendencias claramente definidas: os liberais

(partidarios dos cambios) e os realistas, absolutistas ou servís (partidarios da soberanía real).

10 Historia de España Unidade I

En canto á súa extracción social, predominaban os burgueses: profesións liberais (avogados, médicos,

arquitectos), comerciantes, funcionarios, intelectuais… aínda que tamén era significativa a presenza de nobres

e eclesiásticos.

Obra Lexislativa:

A).- Decretos que significan o desmantelamento económico e social do Antigo Réxime:

-Abolición dos privilexios da nobreza e do clero de orixe feudal: impartición de xustiza, monopolios

feudais...

-Establecemento da propiedade privada, baseada na idea de que tiña que ser libre e plena. Isto significaba

a supresión das propiedades vinculadas e amortizadas.

-Establecemento da liberdade de comercio, industria e de contratación de traballadores. Supuxo a

supresión dos gremios.

-Supresión do Tribunal da Inquisición.

B).- Constitución de 1812.

É coñecida popularmente como a Pepa por ter sido aprobada o 19 de marzo de 1812. Recolle as ideas

liberais aceptadas pola maioría dos deputados presentes en Cádiz.

-Soberanía Nacional. Corresponde a tódolos españois, peninsulares e americanos. O pobo é, por tanto, o

posuidor do poder o exerce por delegación mediante os seus representantes. Queda abolida a teoría da orixe

divina do poder.

-Sufraxio. Os representantes políticos (deputados a Cortes, alcaldes) son elixidos polos cidadáns por

medio do voto. Neste caso establécese a sufraxio universal masculino de tipo indirecto.

-Monarquía. Segue sendo a forma de goberno, pero xa non é de tipo absoluto; o Rei ten limitados os seus

poderes pola Constitución. (Monarquía Constitucional).

-Separación de poderes. O poder executivo (Goberno) é exercido polo Rei, dado que ten a facultade de

elixir ós ministros. O lexislativo exérceno as Cortes e o xudicial reside nos Tribunais de Xustiza. En conxunto,

establécese a preeminencia das Cortes sobre o Rei.

-Defensa dos dereitos e liberdades dos cidadáns. Non aparecen nun capítulo único, senón espallados

por toda a Constitución. Destacan: recoñecemento da liberdade (de opinión, de imprenta, económica…), a

igualdade ante a lei (igualdade de oportunidades, pago de impostos proporcional á riqueza, servizo militar

obrigatorio). Así mesmo, recoñécese a propiedade privada individual como un dereito básico e garantido polo

Estado. Para asegurar a orde pública e a defensa das liberdades e da Constitución creábanse as Milicias

Nacionais.

-Declárase a Relixión Católica como oficial e única autorizada.

-Centralismo político. Os liberais impoñen unha única lexislación para todo o Reino e eliminan os

particularismos dos antigos reinos.

En síntese, trátase dunha Constitución revolucionaria dado que cambia radicalmente as bases sobre as que

se asenta o sistema político e a sociedade. Está na mesma liña da Constitución dos EE.UU. de 1787 e das

francesas de finais do s. XVIII que tiñan como obxectivo a abolición do absolutismo monárquico e o

establecemento dun réxime constitucional.

A súa eficacia práctica foi limitada debido á frontal oposición dos privilexiados e a que non conseguiu o

apoio popular (gran influencia da Igrexa). De todas formas, ten unha importancia capital, non só por ser a

Unidade I Historia de España 11

primeira Constitución española, senón tamén por ser un punto de referencia política durante todo o s. XIX; uns

aludirán a ela para rexeitala, outros para tratar de implantar os seus principios.

6.- A REVOLUCIÓN LIBERAL E AS REACCIÓNS ABSOLUTISTAS NO 1º TERCIO DO S. XX.

É unha etapa de crise permanente e definitiva do Antigo Réxime, modelo inviable fronte a un

liberalismo que á súa vez sofre avances e retrocesos ata a morte do monarca.

6.1.- Sexenio Absolutista. (1814-1820).

A volta de Fernando VII a España en 1814 supón un grave problema político:

- os liberais consideran necesario que acate a Constitución e acepte os importantes cambios que

se produciran na súa ausencia.

- os absolutistas sosteñen a idea de que debe recupera-lo seu poder absoluto.

As forzas absolutistas (Igrexa, Nobreza, parte da cúpula do Exército) mobilízanse eficazmente e fan

chegar ó Rei un documento manifestándolle o seu apoio para que rexeite a lexislación de Cádiz e goberne de

maneira absoluta. É o denominado Manifesto dos Persas (1814). É necesaria unha breve explicación da do

porqué desta denominación ( documento da páx. 215).

Ante esta circunstancia, Fernando VII dá un golpe de Estado e Decreta a anulación da Constitución de

Cádiz e dos decretos elaborados polas Cortes en 1812.

Pouca oposición a esta medida: escasa forza dos liberais, forzas populares indiferentes ou entusiasmadas

(influídas polo clero) ante a volta do Rei (coñécese co nome de “O Desexado”)

Restablecemento do Antigo Réxime: volta da Inquisición, señoríos, supresión das liberdades,… Está en

consonancia co que ocorre neste momento en Europa: despois da derrota de Napoleón, nos países europeos

establécese un réxime absolutista. Acórdase no Congreso de Viena e asínase a Santa Alianza (entre Austria,

Prusia, Rusia e Francia) co compromiso de intervir militarmente no caso dun futuro estalido revolucionario.

A persecución dos liberais obriga a moitos ó exilio.

A incapacidade de goberno para resolver os graves problemas plantexados (económicos, sociais,…)

provoca un aumento do descontento popular e a mobilización dos liberais.

Debido á persecución absolutista (non liberdade de expresión,…) os liberais recorren á formación de

sociedades secretas, en moitos casos vencelladas á masonería, para estende-las súas ideas. Ademais, para

obrigar ó Rei a acepta-la Constitución instauran os Pronunciamentos. Consistían en insurreccións de oficiais, en

conexión con determinadas forzas políticas (neste caso de ideoloxía liberal), que se sublevaban coas súas tropas

(“se pronunciaban”) co obxectivo de cambia-la orientación do réxime político (neste caso substituí-la Monarquía

Absoluta por unha Liberal).

A existencia desta oficialidade de orientación liberal (no Antigo Réxime era de extracción nobiliar e

estaba identificada coa Monarquía Absoluta) explícase polas circunstancias históricas dos anos

inmediatamente anteriores. Os xefes das partidas de guerrilleiros, que tiveran unha participación destacada na

Guerra de Independencia e contribuíran de maneira importante á derrota napoleónica, en recoñecemento ós seus

méritos, foron incorporados, ó finaliza-la contenda, á oficialidade do Exército. Ademais, para acadar unha maior

eficacia da institución, mantense en vigor un decreto aprobado en Cádiz que abolía a obrigatoriedade da pertenza

ó estamento nobiliar para ascender á cúpula do Exército, valorándose en primeiro lugar a preparación e as

calidades profesionais. Deste modo, fóronse incorporando á oficialidade individuos de extracción social non

privilexiada e de ideoloxía liberal.

12 Historia de España Unidade I

Varios foron os pronunciamentos entre 1814 e 1820 (Porlier, Lacy,…). Todos eles fracasaron e a

maioría dos seus líderes detidos e executados. A transcendencia foi escasa de momento, pero evidenciaban a

debilidade da Monarquía Absoluta que era incapaz de ser aceptada por toda a sociedade española.

6.2.- O Trienio Liberal (1820-1823).

Comeza co pronunciamento do coronel Rafael Riego en Sevilla en 1820. Cando este levantamento

estaba case controlado, o apoio do rexemento da Coruña impulsa ó doutras cidades españolas e conduce ó triunfo

final.

O exemplo español foi imitado noutros países (Portugal, reinos italianos, Francia), aínda que o seu éxito

foi moi limitado no tempo. Coñécese como a onda revolucionaria de 1820.

Vólvese a poñer en vigor a lexislación aprobada polas Cortes de Cádiz: Constitución, separación de

poderes, eleccións por sufraxio universal masculino, liberdade de imprenta, venda dos bens da Inquisición,

abolición dos gremios, supresión dos señoríos…

As diferenzas entre os liberais sobre a aplicación práctica das medidas (maior ou menor poder do Rei,

maior ou menor participación política do pobo) produciron unha división entre dúas tendencias: moderados

e exaltados. Esta división provocou unha grande inestabilidade política que favoreceu os intentos absolutistas de

voltar ó Antigo Réxime.

Os absolutistas, encabezados por Fernando VII, que só acatara a Constitución por obrigación e non por

convencemento, intentan acabar coa revolución a través de diversos medios: sublevación militar, creación de

guerrillas…

O fracaso destes intentos e o perigo dunha nova extensión por Europa levan a reunión en Verona das

potencias absolutistas (Santa Alianza) e á decisión de intervención en España para instalar de novo a

Fernando VII á fronte da Monarquía Absoluta. Fano en 1823 a través da intervención dos Cen Mil Fillos de S.

Luís (denomínanse así porque na súa maioría son de procedencia francesa), ó mando do Duque de Angulema.

Atoparon escasa resistencia. Explicación: descontento e indiferenza do pobo (non se concretaran as

expectativas de mellora), a pasividade dos moderados (consideran moi radical o sistema, pretenden restrinxir a

participación popular) e a ineficacia dos exaltados.

6.3.- A Década Ominosa. (1823-1833).

A volta ó absolutismo foi seguida, como xa ocorrera no ano 1814, dunha feroz represión contra os

liberais. Bastantes dos seus líderes e simpatizantes foron executados e outros moitos tiveron que marchar cara ó

exilio.

A partir do ano 1825 modérase a situación debido fundamentalmente ós problemas económicos.

Continúa o escaso crecemento e as dificultades da Facenda (perviven os privilexios fiscais da nobreza e clero)

agudízanse agora coa perda definitiva das colonias americanas. Ante esta situación, o Rei adopta posicións máis

abertas e acepta a colaboración do sector moderado da burguesía financeira e industrial de Madrid e

Barcelona. Un exemplo deste proceso é o nomeamento de López Ballesteros, próximo ós intereses dos

industriais, como ministro de Facenda.

Esta actitude do Rei foi mal vista polo sector tradicionalista da Corte (parte da nobreza e clero), que

reclama un maior rigor contra os liberais, a volta ós costumes tradicionais e unha maior influencia política.

Este sector denomínase Ultrarrealista ou Ultraconservador e vaise agrupando ó redor de Carlos María

Isidro, irmán do Rei e o seu previsible sucesor, dado que Fernando VII non tiña descendencia.

En 1830, o nacemento dunha filla do Rei, Sabela, dá lugar a un grave conflito sucesorio. En España

estaba vixente a Lei Sálica, de orixe francesa, implantada por Filipe V, que impedía o acceso das mulleres ó

Unidade I Historia de España 13

trono. Sen embargo, ante a nova conxuntura, Fernando VII promulgou a Pragmática Sanción (1830) que abolía

a anterior e abría o camiño ó trono á súa filla e herdeira.

Os partidarios de D. Carlos (carlistas) negáronse a aceptar a nova situación e en 1833, cando

Fernando VII morreu reafirmando no seu testamento á súa filla como sucesora, apoiárono na reclamación da

Coroa de España.

Sen embargo, non contou coa aceptación de gran parte da sociedade española e o enfrontamento ó que

deu lugar -guerra civil, guerra carlista- abre as portas ó triunfo definitivo da revolución liberal.

6.4.- A Independencia das Colonias Españolas en América.

As colonias españolas en América estaban formadas por territorios que se estendían dende México á

Patagonia.

Comercio con España: as colonias exportaban materias primas, metais preciosos e importaban produtos

manufacturados levados obrigatoriamente da metrópole.

Nas colonias convivían: peninsulares, que ocupaban case tódolos cargos públicos, crioulos, descendentes

de españois, con forte poder económico e ampla formación cultural, pero marxinados da vida política, e un

amplo grupo de mestizos, mulatos, negros, indios, suxeito ó traballo nas terras e minas.

O proceso de independencia estivo moi influído pola Independencia dos EE.UU., pola Revolución

Francesa e pola Revolución Liberal Española.

Os seus líderes, Bolívar, San Martín, Sucre, tiñan unha ampla formación ilustrada e contactos con

Europa.

A independencia estivo dirixida pola minoría crioula. Considéranse capacitados para detenta-lo poder.

En contra das medidas centralizadoras dos Borbóns (incluían subida de impostos). Aproveitan o momento de

debilidade da metrópole nos anos posteriores a 1808.

A intervención europea para restablecer a Fernando VII como monarca absoluto non se produce,

sen embargo, en América para evita-la perda do imperio. Intereses económicos, fundamentalmente de Gran

Bretaña (interesados na liberdade de comercio con América) o explican.

Gran Bretaña e EE.UU. axudan ós sublevados (intereses económicos xa mencionados).

O proceso de independencia, que comeza en 1808, dáse por concluído en 1822 (derrota de

Aiacucho). Só Cuba, Porto Rico e as Filipinas permanecen en posesión da Coroa.

O soño dos libertadores, especialmente de Bolívar, dunha América unida, solidaria e poderosa,

amosouse imposible. Innumerables guerras e fraccionamento en múltiples repúblicas.

O domino español foi substituído polo de Gran Bretaña e EE.UU. (dominio económico).

A independencia provocou unha grave perda económica para España:

-Deixan de chegar metais preciosos coa conseguinte escaseza de moeda.

-Carencia de produtos ultramarinos (café, tabaco, azucre,…)

-Perda e mercados para os produtos manufacturados.

-Perda importante para a Facenda (metais, impostos). Agudízase así o endebedamento do Estado

(Débeda Pública), que absorbe gran parte dos recursos.

Unidade II Historia de España 14

UNIDADE II.- A CONSTRUCIÓN DO ESTADO LIBERAL E

AS SÚAS DIFICULTADES.

1.- A ESPAÑA SABELINA. O CARLISMO E AS OPCIÓNS LIBERAIS. O ESTADO DOS MODERADOS E O SEU LABOR.

Nesta época, 1833-1868, o Liberalismo aséntase no poder de xeito irreversible diferenciándose, por

tanto, claramente, do período posterior a 1808 no que se produciran varios intentos frustrados. Para que isto se

produza, sen embargo, debe solventarse o problema que representa o Carlismo.

Despois da morte de Fernando VII (1833) prodúcese un enfrontamento armado entre os partidarios de que

reine a súa filla Sabela II e os defensores dos dereitos ó trono do seu irmán Carlos. Este enfrontamento dura

dende 1833 ata 1840 e coñécese como I Guerra Carlista. O conflito ía más aló dun mero problema dinástico,

dado que se dirimía tamén o sistema político –liberalismo ou absolutismo- e a organización territorial -

centralismo ou foralismo- que debían prevalecer.

Os carlistas caracterízanse pola defensa do Lexitímesmo, é dicir, dos dereitos ó trono de España do

infante Carlos de Borbón e os seus descendentes; do Tradicionalismo, tanto político, relixioso como social; e do

Foralismo, sendo partidarios do mantemento da organización administrativa tradicional, que implicaba o respecto

ós privilexios forais das provincias vascas e Navarra. Estes principios quedaban recollidos no seu lema Deus, rei

e foros, que para eles estaban ameazados pola ideoloxía liberal: separación Igrexa-Estado, abolición dos foros

tradicionais, implantación da igualdade xurídica...

Entre os seguidores do carlismo encóntranse unha gran parte da nobreza rural (fidalguía), do clero e

unha gran masa de campesiños do País Vasco e de Navarra, prexudicados pola abolición dos privilexios que

defendía o liberalismo (exención de impostos, restrición do servizo militar...). En menor medida, en Cataluña,

Aragón e Valencia.

A Rexente María Cristina de Borbón conta coa axuda do liberalismo, fundamentalmente

moderado, representado polo exército, parte da aristocracia, (mantivéranse fieis a Fernando VII e agora

respaldan á súa filla), burguesía e a maior parte da poboación urbana.

Despois de anos de enfrontamento, en 1939 prodúcese o Convenio de Vergara onde gran parte dos

carlistas asinan a paz co exército gobernamental a cambio de certas concesións: recomendábase ó Goberno que

propuxera ás Cortes o mantemento dos foros e recoñecíanse os empregos e grados militares do exército carlista.

Sen embargo, Don Carlos non recoñeceu o acordo, feito que explica a pervivencia de varios focos de resistencia

en Aragón e Cataluña. En 1840 foron sufocados. De todas formas, o conflito rebrotará posteriormente.

Moi relacionada coa Guerra Carlista está a Desamortización levada a cabo polos liberais progresistas

(estudárase con máis detemento nun capítulo posterior).

Supuxo a incautación por parte do Estado dos bens da Igrexa (convértense en “bens nacionais”) e a súa

posterior venda en subasta pública. A primeira finalidade era transformar as terras de “mans mortas” en

propiedade privada para que estivesen mellor aproveitadas e contribuísen ó crecemento do conxunto da

economía española. Pero tamén, e estes son os aspectos que máis nos interesan agora, buscábase amplia-lo

apoio social do liberalismo e a financiamento da guerra carlista. Os compradores de terras, nobres e

burguesía fundamentalmente, pero tamén campesiños, van ter un interese especial en defender o novo réxime;

unha volta atrás no ámbito político podería supoñer tamén un retroceso nas leis desamortizadoras. O outro

aspecto salientable é que significou un importante aporte de diñeiro ás arcas do Estado nun momento de

precariedade orzamentaria especial dado que acababa de producirse a independencia das colonias americanas.

En definitiva, as medidas desamortizadoras contribuíron de maneira importante á derrota do

carlismo e ó establecemento do liberalismo.

Unidade II Historia de España 15

No enfrontamento Estado Liberal-Igrexa que se produce nesta época, a institución eclesiástica sae

claramente prexudicada dende o punto de vista económico, feito que repercute na súa perda de capacidade de

amparo social. Ante esta situación, o Estado Liberal comeza a asumir funcións sociais de beneficencia:

atención ós nenos orfos, abandonados, ós indixentes…; aínda que debe quedar claro que esta non foi unha das

súas prioridades e que os orzamentos destinados a tal fin nunca foron moi cuantiosos.

Ó mesmo tempo, promúlganse os primeiros planos de educación, actividade ata agora desenvolvida

unicamente pola Igrexa, dado que se entende como un servizo social que debe prestar o Estado. É de destacar,

neste ámbito, a denominada Lei Moyano de 1857: estrutura os centros en públicos e privados, centraliza o

ensino (unifica títulos, libros de texto, requisitos para os docentes…), regulamenta os niveis educativos (primeira

ensinanza, segunda ensinanza, ensino superior)… A pesar desta asunción de competencias educativas por parte

do Estado, a Igrexa segue mantendo unha importante influencia ideolóxica porque, ademais de encargarse do

ensino relixioso, leva a cabo un estrito control sobre as diferentes materias impartidas para que non se difundan

ideas anticatólicas.

A inestabilidade é o elemento clave que caracteriza ó réxime político nesta etapa. A elaboración de

4 Cartas Magnas é a proba palpable da mesma.

A sublevación carlista obrigou á rexente María Cristina a apoiar medidas liberais se quería conservar o

trono para a súa filla Sabela. Con este cometido encarga o goberno a Martínez de la Rosa.

O Estatuto Real, elaborado en 1834, pretendía ser o texto legal da Monarquía. En realidade non era unha

verdadeira Constitución, dado que o poder de facer as leis non emanaba da vontade da Nación senón da Coroa

(principio absolutista). Esta era a que “outorgaba” o Estatuto cedendo algúns dos seus dereitos. O Estatuto

definíase así como Carta Outorgada. Os seus principios, á parte do xa citado, extremadamente moderados: a

soberanía seguía sendo do rei, a separación de poderes non se menciona, os dereitos cidadáns non aparecen

recollidos…

Este Estatuto é rexeitado pola maioría dos liberais, que obrigan á Rexente a aceptar unha verdadeira

Constitución. De todas formas, pronto se perfilan dous grupos antagónicos dentro do liberalismo, moderados e

progresistas, que se mostran incapaces de consensuar uns principios políticos básicos aceptados por todos, e que

se irán sucedendo no poder e aprobando unha Constitución propia en cada momento. Se a este feito

engadimos o dato de que o ascenso ó poder prodúcese na maioría das veces por medio de pronunciamentos,

corrobórase definitivamente o cualificativo de inestable referido a este período histórico.

Constitución de 1837.

É unha Constitución impulsada polos progresistas, procedentes dos chamados exaltados durante o

Trienio Liberal, aínda que na década dos 30 van moderando as súas posicións. Socialmente é un grupo

heteroxéneo: inclúe á mediana e pequena burguesía industrial e financeira, artesáns, oficialidade media ou

inferior do Exército, profesións liberais (profesores, xornalistas, avogados…). Establece os seguintes principios:

-Soberanía Nacional. Non aparece claramente recollida no articulado, pero dedúcese do preámbulo.

-División de poderes.

-O Executivo. No Rei.

-O Lexislativo. Nas Cortes co Rei. As Cortes manteñen importantes facultades a pesar de que agora se

dividen en dúas Cámaras, Congreso e Senado, e que parte desta última é designada polo Rei.

-O Xudicial. Nos Tribunais.

-Sufraxio Censatario (ou censatario) amplo. Significa que só poden votar os varóns que posúan unha

determinada riqueza. Neste caso, a cantidade estipulada é menor cá reseñada nas Constitucións moderadas, polo

que poden exercer o seu dereito un maior número de votantes.

16 Historia de España Unidade II

-Declaración de Dereitos e Liberdades. Claramente estipuladas na Constitución. Destacan a igualdade

ante a lei e a liberdade de imprenta sen censura previa.

-Certa descentralización administrativa. Estipula a elección por medio do voto dos concellos.

-Certa tolerancia relixiosa. O Estado non se declara explicitamente confesional aínda que se

compromete ó mantemento do culto católico.

Constitución de 1845. (a que máis tempo estivo en vigor).

Impulsada polos moderados. Grupo tamén heteroxéneo formado por terratenentes, alta burguesía

(grandes comerciantes, industriais, banqueiros), intelectuais conservadores, xunto coa nobreza, alto clero e altos

mandos militares. Establece os seguintes principios:

-Soberanía compartida entre o Rei e as Cortes. Ambas institucións son depositarias da soberanía, de tal

xeito que o Monarca non só se lexitima por ser representante da Nación, senón tamén por intervención da

providencia divina (“Rei pola graza de Deus e da Constitución”).

-División de Poderes.

- O Executivo. No Rei.

- O Lexislativo. Compartido pola Cortes e o Rei. Agora o Rei ten amplos poderes que garantían a

súa supremacía sobre as Cortes (entre outros, designa a tódolos membros do Senado).

- O xudicial. Nos Tribunais.

-Sufraxio Censatario. Moi restrinxido. Só pode participar en torno ó 1% da poboación.

-Declaración de Dereitos e Liberdades. Recollidas de maneira moi restritiva. Imponse a censura

previa.

-Maior centralismo na estrutura do Estado. Os alcaldes das principais cidades son nomeados polo Rei

e o resto polos Gobernadores Civís.

- Confesionalidade do Estado. Estipúlase claramente que a relixión da nación é a católica, o que non dá

pé á tolerancia relixiosa.

Constitución de 1856 (progresista)

É a denominada “non nata” porque non estivo propiamente en vigor. É progresista, semellante á de 1837.

É conveniente ter clara a periodización das diferentes etapas do reinado de Sabela II e a súa relación coas

Constitucións citadas. (Ver Eixes Cronolóxicos das páx. 197 //15 e 109).

O papel do Exército na vida política. Os Pronunciamentos.

Unha das características do Exército español durante o século XIX foi a súa constante presenza na

vida política.

No Antigo Réxime a oficialidade do Exército era de extracción nobiliar (sociedade estamental, cargos

reservados…) e estaba identificada coa Monarquía Absoluta.

A partir da Guerra da Independencia prodúcese un cambio significativo que explica a intervención do

Exército na política por medio dos Pronunciamentos (Repaso páx. 9).

Unidade II Historia de España 17

Despois de varios intentos fallidos, triúnfa o liderado polo coronel Riego en 1820 (Repaso páx. 9). A

súa importancia é de tal magnitude que obriga ó Rei a deixar de ser un monarca absoluto e a aceptar a

Constitución.

Cando se produce o problema sucesorio á morte de Fernando VII e comeza a I Guerra Carlista, o

Exército convértese na única garantía de permanencia no trono de Sabela II.

Durante o seu reinado a alternancia no goberno de moderados e progresistas ten lugar, con

frecuencia, a través de pronunciamentos. Xenerais (os chamados “espadóns”) como Espartero, Narváez, Prim,

Serrano… convértense en árbitros da situación política e incluso en xefes políticos das diferentes familias

liberais, chegando a ocupar a Xefatura do Goberno.

A Raíña tiña un importante papel político recoñecido pola Constitución, que entre outras prerrogativas

patentizábase na libre elección dos ministros. Cando había enfrontamento entre Goberno e Parlamento tiña a

opción de cambiar ós ministros ou disolver as Cortes e convocar novas eleccións que, debido á frecuente

manipulación do sufraxio, gañaba invariablemente o Goberno. Por tanto, era moi importante contar coa

confianza rexia para acceder e conservar o poder.

Sabela II, durante o seu reinado, mantivo un invariable apoio ós moderados e dificultou todo o que

puido a chegada dos progresistas ó poder. Así se explica que a gran maioría dos pronunciamentos fosen

desta orientación política.

No caso de obter un amplo apoio (militar, social), a Coroa, atemorizada ante unha posible radicalización,

chamaba ó Goberno ós líderes progresistas, que unha vez no poder, tranquilizaban a situación, integraban ós seus

membros en Concellos e Deputacións e convocaban novas eleccións; en definitiva, conseguíase a volta á

normalidade. Pasado o perigo, desilusionado o pobo ante os cambios prometidos e non realizados polas novas

autoridades, a Coroa restablecía de novo, e normalmente despois dun curto período de tempo, o dominio

moderado.

Esta intervención do Exército evidencia a debilidade do propio sistema de partidos, con pouca

influencia social e temerosos de outorgarlle forza electoral ó pobo. Evidencia tamén a febleza da burguesía para

implantar solidamente o liberalismo, polo que a miúdo recorre ó Exército para acceder ó poder, para controlar ós

que combaten o liberalismo (carlistas) ou para dominar ós grupos populares que desexan reformas máis

profundas.

Dentro deste apartado é obrigado prestarlle atención ó sistema de recrutamento dos soldados. Seguindo

o principio liberal de que tódolos cidadáns eran iguais ante a lei, a defensa da nación debía ser un honroso

dereito de todos e o servizo militar, por tanto, obrigatorio. Esta maneira de pensar e de organizar o exército

puxérase en práctica na Francia revolucionaria e o mesmo espírito recollérase na Constitución de Cádiz de 1812.

Plásmase a partir de entón no repartimento de quintos: sorteo anual entre os mozos de 20 anos de acordo co

cupo que lle correspondía a cada provincia e concello. Sen embargo, o sistema permitía a substitución e a

redención de quintas; polo primeiro, pagábase a outro home para que fixese o servizo militar en lugar dun; polo

segundo, pagábase ó Estado unha cantidade previamente fixada en concepto de compensación por non facer o

servizo militar. O sistema foi así claramente discriminatorio para a maioría das clases humildes,

acentuando a súa falta de integración no réxime liberal.

No ámbito administrativo, avánzase na centralización e unificación da Administración do Estado.

Este proceso iniciado no s. XVIII por influencia dos ilustrados (e que chocara coa resistencia dos estamentos

privilexiados, que defendían as prerrogativas xurídicas dos seus señoríos), adquire agora un avance significativo

da man dos liberais.

Avánzase na uniformización xurídica, dado que a particularidade legal considérase incompatible co

principio de igualdade de tódalas persoas ante a lei. Neste ámbito apróbase o Código Penal de 1851 e elabórase

un proxecto de Código Civil que recompila e racionaliza o conxunto de leis anteriores.

Reorganízase a Administración establecendo unha nova división provincial da man do ministro de

Fomento, Javier de Burgos, no ano 1833 (ver mapa na páx. 222; comparación coa división actual). Preténdese

18 Historia de España Unidade II

que sexa máis racional e funcional cá anterior, que presentaba importantes diferenzas entre unhas provincias e

outras. Á fronte de cada unha, o Gobernador Civil, nomeado polo Goberno Central, constitúe un elemento clave

na centralización.

Ponse tamén especial atención no control do poder municipal por parte do Goberno. A Lei de

Administración Local de 1845 (etapa moderada) establece que os alcaldes das capitais de provincia e dos

maiores concellos sexan nomeados pola Coroa e os demais polos Gobernadores Civís. Créase, por tanto, unha

estrutura xerarquizada e piramidal.

Só o País Vasco e Navarra conservan, por temor a que unha maior centralización dese lugar a un

rebrote do levantamento carlista, os seus antigos dereitos forais, aínda que privados das atribucións lexislativas

e xudiciais anteriores.

Substitución da Milicia Nacional pola moderada Garda Civil.

As Cortes de Cádiz acordaron crear unha Milicia Nacional en cada provincia. Era un corpo armado,

independente do Exército, que tiña o cometido de garantir a orde pública e o sistema constitucional.

Caracterizábase pola igualdade dos seus membros, pola súa extracción popular e porque os cargos de xefes e

oficiais eran electivos; a autoridade máxima dependía do alcalde do concello correspondente. Dada a

procedencia dos seus integrantes, estivo sempre inclinada a defender os valores progresistas e con frecuencia foi

mobilizada por estes para reforzar os seus pronunciamentos e forzar á Coroa a chamalos ó poder. Por esta razón

os moderados trataron de suprimila nas etapas nas que desempeñaron os labores de goberno e foi

potenciada nas épocas nas que os progresistas estiveron no poder (1820-23, 1854-56…). Concretamente no

reinado de Sabela II, dominado claramente polo moderantismo, deuse un paso decisivo neste ámbito: a

supresión da Milicia Nacional e a súa substitución por un novo corpo denominado Garda Civil creado polo

Duque de Ahumada en 1844.

Xustificouse este paso aludindo á ineficacia e escasa preparación do corpo extinguido mentres que se

valoraba a maior profesionalización e eficacia da Garda Civil, dado que tiña estrutura militar, así como a maior

coordinación, porque era o primeiro corpo de ámbito estatal. De todas formas, a razón fundamental debíase a que

estaba baixo as ordes directas do goberno (dependía do Ministerio da Gobernación), co que se acentuaba a

centralización, sempre defendida polos moderados, á vez que se desactivaba como instrumento dos progresistas

para facerse co poder.

O seu cometido era a protección das persoas e das propiedades dentro e fóra das poboacións,

centrándose fundamentalmente na propiedade rural (especialmente ameazada polas persoas carentes de recursos

despois das desamortización dos bens comunais e municipais) e evitar as alteracións da orde pública.

As relacións coa Igrexa. O Concordato de 1851.

Durante o Antigo Réxime as relacións entre a Igrexa e o Estado eran moi estreitas e poden quedar

resumidas na coñecida frase “alianza Altar-Trono”. Efectivamente, a Igrexa contribuía a sustentar o réxime

establecido xa que defendía a orixe divina do poder e polo tanto o absolutismo do monarca, a sociedade

estamental… A cambio, gozaba dunha situación preponderante na sociedade: os seus membros pertencían a un

estamento privilexiado, contaban co Tribunal da Inquisición que lles permitía controlar as conciencias, eran

propietarios de gran cantidade de terras que ademais dispoñían dun estatuto especial (amortización), etc.

As medidas establecidas polas Cortes de Cádiz en 1812 prexudicaron notablemente á institución

eclesiástica (repaso das medidas no tema anterior e páx. 79). Non é estraño, por tanto, a seu apoio ó Manifesto

dos Persas e á volta ó absolutismo protagonizada por Fernando VII.

Dado que as medidas de Cádiz case non estiveron en vigor, a situación da Igrexa voltou á súa posición

privilexiada anterior ata a década dos 30.

Coa chegada de Sabela II ó poder e coa instauración definitiva do liberalismo, a posición da Igrexa

sofre un menoscabo significativo. A oposición desta institución ás medidas liberais foi unha das constantes da

Unidade II Historia de España 19

época. As relacións, sempre tensas, non foron sen embargo uniformes e flutuaron dependendo da orientación

política (máis moderada ou máis progresista) dos gobernantes.

Concretamente nesta época que nos ocupa, houbo un claro distanciamento entre o poder e a Igrexa na

etapa progresista, no ano 1836 e seguintes, cando Mendizábal acomete a Desamortización (a este aspecto

prestaráselle unha atención pormenorizada noutro capítulo).

Sen embargo, nas etapas de goberno moderado, máis prolongadas cronoloxicamente, as relacións entre

Igrexa e Estado recondúcense dado que os moderados nunca quixeron separarse drasticamente da institución

eclesiástica. O primeiro paso significativo nesta dirección foi a Constitución de 1845 e o Concordato de 1851, o

colofón.

O Concordato fai unha declaración categórica da confesionalidade do Estado (“a única relixión do

Estado é a Católica”), na liña da Constitución de 1845 e en contraste coa de 1837.

As principais consecuencias desta afirmación sintetízanse na intervención que o Estado concedía ós

bispos no ensino para que estivese conforme coa doutrina católica, no apoio que lle prestaba na represión das

chamadas doutrinas heréticas e na limitación da liberdade de imprenta ó concederlle á institución eclesiástica a

capacidade de censura das obras que se referían á relixión e á moral. Por último, é de destacar o

recoñecemento á Igrexa do dereito o posuír bens materiais.

Pola contra, os gobernos moderados tamén conseguen importantes logros. Por unha parte, a

aceptación de Roma de que os bens desamortizados quedaran en mans dos seus propietarios, o que

implicaba acabar coa persecución dos compradores, moitos deles membros do partido moderado; e doutra, o

recoñecemento do dereito de presentación de bispos, que implicaba que cando quedaba vacante algunha

diocese, o goberno gozaba do dereito de propoñer tres nomes para que Roma elixira de entre eles ó novo bispo,

feito que significaba que, en adiante, os gobernos propoñerían a persoas adictas á súa ideoloxía.

Por último, hai que facer mención ás forzas políticas que o Liberalismo Doutrinario deixa fóra do

sistema.

O Liberalismo que triúnfa no reinado de Sabela II é o denominado Doutrinario, caracterizado polo

significativo poder do monarca, polas restricións á participación política (sufraxio restrinxido), pola limitación

dos dereitos individuais, polo importante papel da Igrexa... Os moderados identificáronse e defenderon

plenamente estes principios e foron os que estiveron máis tempo no poder. Os progresistas aceptáronos en

gran parte e participaron no sistema alternándose no poder cos moderados. Aínda así, loitaron pola

primacía das Cortes, pola ampliación do sufraxio, das liberdades individuais.

Tamén participou no sistema a Unión Liberal, partido xurdido en 1856 e que pode ser cualificado de

centro, a medio camiño entre moderados e progresistas. Participou directamente no goberno aliado ós moderados

entre 1856 e 1866 (Década Moderado-Unionista).

As demais forzas políticas quedaron fóra do sistema. Por unha banda, cabe destacar ós carlistas, dos

que xa quedaron reseñadas a súa ideoloxía e composición social. A pesar da derrota de 1840, seguirán

cuestionando o sistema e voltarán á confrontación armada en dúas ocasións posteriores (2ª e 3ª Guerras

Carlistas). Sen embargo, irán perdendo apoio social e aínda que contribúen a inestabilizar a situación política,

non poñen en serio perigo a continuidade do Estado Liberal.

Por outra banda, no extremo oposto, é preciso mencionar ós demócratas, republicanos e ás primeiras

organizacións obreiras.

O Partido Demócrata orixinouse a partir dunha escisión do Partido Progresista e fundouse en 1849. Os

seus integrantes pertencían á pequena e mediana burguesía, clases medias… Defendían o sufraxio universal

masculino, a ampliación das liberdades e a intervención do Estado no ensino, na asistencia social e na fiscalidade

co obxecto de paliar as diferenzas sociais e garantir o dereito á igualdade entre os cidadáns. Terán un papel

relevante na Revolución de 1868 e na posterior Constitución (democrática).

20 Historia de España Unidade II

Entre os demócratas comezaron a aparecer as primeiras voces republicanas. Teñen como características

diferenciadoras a reivindicación da República como forma de Estado e o seu carácter federal. Segundo eles,

España non era unha unidade compacta e homoxénea, senón que estaba composta por entidades menores con

diferentes linguas, costumes e intereses, polo que fronte á estrutura unitaria defendían a federación de Estados.

Estas ideas cristalizarán, aínda que brevemente, cando se estableza a I República en 1873.

Por último, cabe mencionar as primeiras manifestacións do proletariado. En España, dado o limitado

crecemento económico, o proletariado era escaso e só comezou a ter presenza na vida social a partir dos anos 20

e 30. Nun principio, falto de organización, as súas protestas patentizábanse en actos de violencia esporádicos e

pouco planificados que tiñan como obxectivo a destrución de máquinas das incipientes industrias ás que facían

responsables do deterioro das súas condicións laborais (menor salario…). A partir dos anos 40 apareceron as

primeiras asociacións propiamente ditas, denominadas de socorros mutuos (xerme dos sindicatos), que tiñan

como cometido non só a formación de cooperativas de axuda para facer fronte a enfermidades, despidos... senón

tamén loitar pola regulamentación do traballo e por conseguir melloras laborais. De momento, a súa

importancia é limitada e incluso estiveron prohibidas polas autoridades en moitos momentos, especialmente

cando os moderados detentaron no poder.

2.- O SEXENIO DEMOCRÁTICO (1868-1874).

2.1.- Factores ou causas que explican a Revolución do ano 1868.

Crise económica. Foi, en primeiro lugar, unha crise de subsistencias debida ás malas colleitas dos anos

1867-68 que provocaron carestía de alimentos, fame, aumento da mortalidade. Esta agravouse coa crise

financeira e industrial. En 1866 quebrouse a época de bonanza económica dos anos anteriores: a caída das

cotizacións da Bolsa e o parón do tendido ferroviario provocou a quebra de moitos bancos e empresas;

ademais, a industria téxtil catalana viuse moi afectada pola suba dos prezos da materia prima (algodón),

motivada pola Guerra de Secesión norteamericana, e polo descenso do consumo interior.

Estes problemas económicos agudizan a Crise Política que é clave para explicar a revolución. En

realidade, asistimos ó esgotamento do réxime político moderado tanto pola corrupción como polo empeño dos

moderados de manterse no poder pola forza, desprezando o sistema parlamentario. Neste senso, o

comportamento político da raína Sabela II non fixo máis que complicar a situación: non soubo ser un monarca

constitucional senón que usou os poderes que lle confería a Constitución de 1845 para interferir de forma case

sempre arbitraria e pouco intelixente (e cada vez máis reaccionaria) no escenario político do país.

Os partidos da oposición -Progresista e Demócrata-, ante a imposibilidade de alcanzar o poder por vías

legais, uniron as súas forzas asinando o Pacto de Ostende (1866) que tiña como obxectivo, non só cambiar o

réxime político, senón tamén o destronamento de Sabela II. A este pacto únese no ano seguinte a Unión Liberal.

A súa participación asegurou un decisivo apoio militar á insurrección, xa que un gran número de xenerais eran

desta tendencia e, ó mesmo tempo, imprimiu un xiro menos radical á revolución.

A Revolución de Setembro de 1868, tamén chamada a Gloriosa, levouse a cabo a través do típico

pronunciamento militar, liderado neste caso polos xenerais Prim e Serrano, co respaldo político xa

mencionado e cun amplo apoio popular a través da formación de Xuntas revolucionarias por todo o país. O

triunfo da mesma, que provoca o exilio da raíña en Francia, dá paso á formación dun Goberno Provisional que

convoca eleccións a Cortes Constituíntes. Estas elaboran a Constitución de 1869.

2.2.- A Constitución de 1869.

A revolución liberal que comezara en 1812 e que parecía asentada no reinado de Sabela II fora unha

revolución incompleta. A Constitución de 1869 tiña agora a posibilidade de completa-los anteriores cambios e

establecer un sistema democrático. Non en vano, está considerada como a primeira Constitución democrática

española.

Unidade II Historia de España 21

* Establece unha Monarquía baseada no principio da Soberanía Nacional. Neste punto, sen

embargo, precísase agora que o poder deriva do conxunto de habitantes que vive no país (en todos e

cada un) e establécese o que se denomina Soberanía Popular.

* O sufraxio é universal (masculino). Non se acepta que se restrinxa o dereito ó voto (en

relación co explicado no apartado anterior).

* Establece unha clara división de poderes. O Executivo reside no Goberno. É nomeado polo

monarca, pero os ministros son responsables ante o Parlamento. O Lexislativo reside no Parlamento. É

bicameral, está dividido en Congreso e Senado. Ambas cámaras asumen en exclusiva o poder

lexislativo, controlan as accións do goberno e aproban os orzamentos. O Xudicial reside nos xuíces e

tribunais. É independente dos anteriores. Regúlase a carreira xudicial polo sistema de oposicións e

introdúcese a figura do xurado.

* Recolle unha ampla declaración de dereitos e liberdades individuais. Igualdade ante a lei,

liberdade de pensamento, de prensa (sen censura previa), abolición da pena de morte, da escravitude,

inviolabilidade da correspondencia e, por primeira vez, establécense dous dereitos de transcendental

importancia: o de reunión e de asociación (facilitarán a organización e mobilización dos traballadores).

* A separación entre a Igrexa e o Estado está nitidamente estipulada. A liberdade de cultos en

España queda establecida por primeira vez. Sen embargo, o Estado obrígase a manter economicamente

o culto e clero, principio este último que aparece en tódalas Constitucións a partir do ano 1837 como

resultado da Desamortización.

* Descentralización administrativa. Elimínase a ríxida centralización imposta polos

moderados. Serán de elección popular tanto os Concellos coma as Deputacións.

2.3.- A Monarquía Constitucional de Amadeo de Savoia (1871-1873).

A Constitución de 1869 establecía un réxime monárquico. Descartada a candidatura do príncipe Afonso

XII, fillo e herdeiro de Sabela II, o problema residía en quen ocuparía o trono vacante. Os partidos políticos non

foron capaces de poñerse de acordo e a cuestión pronto adquiriu dimensións internacionais, xa que algunhas

candidaturas provocaron tensións entre as grandes potencias. Finalmente, Prim, xeneral de gran prestixio e peso

político da época, logrou que Amadeo de Savoia, fillo do rei de Italia, aceptase a Coroa. Despois da súa elección

polo Parlamento, paso previo obrigado, comeza o reinado co nome de Amadeo I.

A pesar de ser un monarca respectuoso coa Constitución, a diferenza dos seus antecesores, a monarquía

de Amadeo I só durou dous anos; non foi capaz de superar os numerosos problemas ós que foi sometida.

Quizais o máis importante foi a crise dos partidos políticos. Antes aínda de que o novo rei desembarcase

en España, o xeneral Prim, o seu máximo valedor, foi asasinado sen que puidesen ser detidos os culpables. Este

feito supón o detonante que divide o seu partido, o progresista, entre os partidarios de Ruiz Zorrilla e os de

Sagasta. Ademais, e debido á fragmentación dos partidos, estes necesitaban coligarse para ter unha maioría sólida

no Parlamento. Foi o que ocorreu ó principio co acordo entre unionistas, progresistas e demócratas. Sen

embargo, esta unión, que funcionara tan ben nos preludios da Revolución, trócase pronto en enfrontamentos e

discrepancias: os personalismos e as loitas polo poder están á orde do día. A debilidade dos partidos da época,

sen unha estrutura sólida e con unha deficiente organización, formados unicamente por un pequeno número de

dirixentes, sen implantación popular, explica en gran medida a situación. É así como se suceden os procesos

electorais, falseados case sempre, e diferentes gobernos en un curto espazo de tempo. Non era a mellor maneira

de facerlle fronte ós problemas do momento.

Influencia da Internacional. A Primeira Asociación Internacional de Traballadores (AIT) fundouse en

Londres en 1864 como unha federación de traballadores europeos. Os seus estatutos, moi influídos por Marx,

defendían que a liberación do proletariado, explotado pola burguesía, debería ser obra dos propios obreiros, por

medio da revolución, e abarcar un ámbito internacional. Unha vez dado este paso, quedaba o camiño libre para

22 Historia de España Unidade II

lograr, por medio da Ditadura do Proletariado, o seu obxectivo final, o establecemento da sociedade

socialista: igualdade total, ausencia de opresión, completa harmonía entre as persoas, abolición da propiedade

privada…

Estas ideas comezan a ser difundidas en España e a influír no proletariado e nos xornaleiros do campo

como consecuencia do recoñecemento do dereito de asociación pola Constitución de 1869 e pola acción

propagandística dos medios internacionalistas do exterior: varios emisarios da Internacional visitan España e en

1870 créase a Federación Rexional Española da AIT.

Se ben non hai que esaxerar a influencia real desta ideoloxía en España, está claro que ó ser tan

revolucionaria e ó atacar as bases do sistema económico e político, non cabe dúbida de que contribuíu a

desestabilizar máis a situación política e a infundir temor e medo entre a burguesía, sobre todo entre a

alta, que comeza a decantarse claramente por solucións políticas máis conservadoras.

Ós factores mencionados hai que engadir outros para comprender en toda a súa amplitude a precaria

situación da monarquía.

Amadeo I contou dende o principio coa oposición dos moderados, que continuaban fieis ós Borbóns.

Conscientes da dificultade de volver a repoñer no trono a Sabela II, comezaron, xa neste período, a organizar,

sen presa, un partido alfonsino, defensor da restauración borbónica na persoa do fillo da raíña, o príncipe Afonso.

É Cánovas del Castillo quen irá captando a políticos disidentes do unionismo e progresismo convencéndoos de

que a monarquía borbónica era unha garantía de orden e estabilidade fronte ó desorde e inestabilidade da

monarquía democrática amadeista. Esta opción contou co apoio da Igrexa, que mostraba así o seu descontento

coas medidas recollidas na Constitución de 1869.

Os sectores carlistas volvéronse a alzar en armas no ano 1872 (Terceira Guerra Carlista), animados

pola expectativa, unha vez desaparecida Sabela II, de sentar no trono ó seu candidato Carlos VII. Aínda que esta

insurrección non constituíu un verdadeiro perigo (só tivo incidencia destacada no País Vasco e Navarrra, e en

menor grao en Cataluña), converteuse nun foco permanente de problemas e inestabilidade.

Amadeo I, ante esta situación que consideraba de imposible saída, en febreiro de 1873, abdicou e

marchou de España, frustrando así a solución monárquica non borbónica.

2.4.-A I República (1873-74).

Despois da renuncia de Amadeo I, as Cortes proclaman a República en febreiro de 1873. Uns meses máis

tarde, convértese en República Federal, presidida por Pi i Margall, por decisión das novas Cortes, estas

Constituíntes, que se reúnen para redactar unha nova Constitución.

O Proxecto de Constitución Federal de 1873 (non chegou a ser aprobada).

Recolle unha Declaración de Dereitos moi similar á de 1869.

Establece un réxime republicano. Ós tres poderes clásicos, engádese o do presidente, que se

denomina relacional. Nomea ó goberno, aínda que despois non intervén no poder executivo, e mantén a

unión e o equilibrio entre os distintos Estados que forman a Federación.

Establece a estrutura federal do Estado. Estaba integrado por 17 Estados e varios territorios

(colonias, excepto Cuba e Porto Rico, que se consideraban Estados): Andalucía Alta e Baixa, Aragón,

Cataluña, Asturias, Galicia,…

Cada Estado podía elaborar a súa propia Constitución, tiña os seus órganos lexislativos,

executivos e xudiciais e podía organizarse con liberdade a condición de respectar a Constitución

Federal.

Unidade II Historia de España 23

A vida da República foi sempre moi inestable e complicada. A súa debilidade xa provén do momento

inicial: a pesar da ampla maioría de votos a favor, moitos parlamentarios eran monárquicos e esperaban a

medio prazo organizar unha alternativa borbónica ó trono español. A esta circunstancia negativa, hai que engadir

o illamento ó que foi sometido o novo sistema. Agás os EE.UU. e Suíza, ningunha potencia recoñeceu á

República Española, á que vían coma un réxime revolucionario que podía poñer en perigo a estabilidade dunha

Europa maioritariamente burguesa e conservadora.

Non era esta a mellor situación para facer fronte ós problemas da República. O nacemento do réxime

agudiza o conflito carlista, que se converte agora nunha verdadeira loita aberta. En Cuba, continúa a guerra,

iniciada no ano 1868, sen que as medidas adoptadas mellorasen a situación.

A gota que colmou o vaso foi a Sublevación Cantonalista. Denomínase así a un movemento

insurreccional iniciado en 1873 co obxectivo de crear pequenas unidades independentes (Cantóns) que

establecerían acordos libres entre elas para formar un Estado Federal de abaixo-arriba. A sublevación comezou

en Cartaxena (Murcia) e estendeuse por Sevilla, Cádiz, Granada, Andúxar…

Os protagonistas dos levantamentos pertencían á pequena burguesía local e ó proletariado. A dirección

ideolóxica era aportada polo primeiro grupo, composto por republicanos federais intransixentes, que se

enfrontaban ós postulados menos radicais dos integrantes do Goberno Central, defensores da configuración

“dende arriba” da federación. Este choque entre as dúas posturas contribuíu a agudizar a debilidade do réxime.

Nalgunhas localidades contaron coa colaboración dos internacionalistas, que incorporaron ó movemento

demandas sociais revolucionarias. Están influenciados pola experiencia da Comuna de París do ano 1871.

Ante a derrota francesa fronte ós alemáns, produciuse unha insurrección na capital como reacción espontánea

ante os poderes do Estado considerados responsables da derrota. Foi un levantamento de carácter obreiro e

popular e levou á proclamación da citada Comuna de París (marzo -maio 1871), cunha participación destacada

dos integrantes da AIT; constituía o primeiro paso para a configuración dunha República democrática e social

fronte ó Goberno francés establecido en Versalles. Durante 54 días puxéronse en práctica un conxunto de

reformas sociais radicais: nacionalización dos bens do clero, substitución do Exército por milicias populares,

entrega das empresas abandonadas a cooperativas obreiras, establecemento dun ensino laico e gratuíto, proposta

de nacionalización das grandes empresas…

A pesar de que a Comuna foi aniquilada pola acción militar do Goberno francés á que seguiu unha

forte represión (17.000 fusilados, 40.000 detencións), tivo unha influencia significativa en diversos países

europeos. Un destes países foi precisamente España; en 1873, en diversas cidades onde se xuntaron as demandas

cantonalistas coas sociais, o caso de Alcoi é o máis significativo, vivíronse episodios dunha grande violencia.

O movemento cantonalista foi tamén esmagado polo Exército, pero constituíu o golpe de morte para a

República. Sucédense os presidentes (Salmerón, Castelar, Serrano) nun ambiente cada vez máis tenso e

complicado. O Exército, alertado polo rumbo dos acontecementos, faise cada vez máis conservador, e o

mesmo lle ocorre á burguesía, que ve con claridade a ameaza que supoñen as reivindicacións obreiras.

A finais de 1874 a caída do réxime é inexorable. Sabela II, seguindo os consellos de Cánovas del

Castillo, que se convertera no ideólogo e estratego da causa alfonsina, abdicara no seu fillo. O 1 de decembro de

1874, o príncipe Afonso asina un Manifesto -o Manifesto de Sandhurst, nome da academia militar onde

realizaba estudios- que sintetizaba o programa da nova monarquía: réxime monárquico de signo conservador e

católico que defendería a orde social, pero que garantiría o funcionamento do sistema político liberal.

A pesar de que esta proposta era aceptada por gran parte da clase política e non era necesaria unha acción

de forza, o xeneral Martínez Campos dirixiu un pronunciamento militar en Sagunto que proclamou rei a

Afonso XII o 29 de Decembro de 1874.

3.- A RESTAURACIÓN (1875-1923)

Coñécese co nome de Restauración o período comprendido entre 1875, cando Afonso de Borbón regresou

a España despois do pronunciamento de Martínez Campos, e a Ditadura de Primo de Rivera (1923) que puxo fin

a un longo período de Monarquía Constitucional. Nesta época consolidouse o modelo de Estado liberal que se

24 Historia de España Unidade II

iniciara durante a etapa Sabelina. Foi unha época de estabilidade política (sobre todo ata o reinado de Afonso

XIII) na que se produciu a modernización da economía española. Pero contou tamén con notables deficiencias:

falseamento do sistema político, corrupción, agudización das contradicións sociais…

3.1.-A estabilidade desta etapa, á parte das razóns políticas que se examinarán máis

adiante, explícase polo remate da 3ª Guerra Carlista e pola reforma do Exército.

Fin da 3ª Guerra Carlista. A restauración dos Borbóns, asentada sobre un réxime liberal moderado,

privou á causa carlista de parte dos seus apoios xa que supoñía unha clara mellora, vista dende a súa óptica, da

situación precedente. Ademais, o aumento do esforzo militar fixo posible a redución dos núcleos carlistas en

Cataluña e, ó longo do ano 1875, foise debilitando a resistencia navarra e vasca ata a súa total rendición no ano

1876.

Reforma do Exército.

O sistema político deseñado por Cánovas pretendía rematar coa tradicional intervención do Exército na

vida política do país, xa que o pronunciamento convertérase nun método regularmente utilizado por moderados e

progresistas para derrubar ó seu adversario e acceder ó poder. Para isto, estableceuse a supremacía do poder

civil sobre o militar ó mesmo tempo que se identificou ó rei como símbolo e cabeza visible da institución. De

todas formas, e a pesar dos avances que se produciron neste campo, a despolitización do Exército non foi

nunca completa xa que, dada a súa importancia, constituíu sempre un instrumento de presión sobre a vida civil.

3.2.-A Constitución de 1876.

Tivo a vixencia máis dilatada da Historia de España. Inspirouse en gran medida na de 1845. É breve e

flexible. Non se trata pois de explicitar pormenorizadamente tódolos artigos, senón de establecer os principios

básicos do sistema e deixar o seu desenvolvemento preciso para leis posteriores. Este feito permite unha certa

ambigüidade en determinados aspectos e a introdución de reformas e melloras con posterioridade. En definitiva,

trátase de superar o concepto de Constitución “dun só partido” -como a moderada de 1845- e de buscar unha

maior estabilidade política por medio da incorporación do liberalismo progresista.

O novo sistema político pode definirse como unha Monarquía Constitucional Doutrinaria.

Establece a Soberanía compartida entre o Rei e as Cortes.

Recoñece a separación de poderes, pero o Rei conserva amplas prerrogativas. Á parte de

nomear ó Goberno (poder executivo), comparte o poder lexislativo e é o mando supremo das Forzas

Armadas. O poder lexislativo residía nas Cortes, que seguen formadas por dúas Cámaras: Congreso,

integrado por deputados elixidos, e Senado, integrado por senadores de diferente procedencia (en razón

de sangue ou cargo, elixidos polo monarca…). En síntese, as Cortes tiñan un papel subordinado ó da

Coroa.

Sufraxio. Aparece recollido o dereito ó mesmo, pero regularase posteriormente. Pártese do

sufraxio censatario, que se irá ampliando co tempo ata o recoñecemento do universal masculino no

ano 1890.

Dereitos e liberdades. É un caso similar ó anterior. Pártese dun recoñecemento moi restritivo

aínda que se irá ampliando en anos posteriores, sobre todo durante os períodos de goberno do Partido

Liberal.. Así ocorre concretamente coa liberdade de imprenta, de educación, de asociación, de

reunión…

A cuestión relixiosa. Trátase de chegar a unha solución intermedia que puidese ser aceptada

polos diversos grupos políticos. Desta maneira, a relixión católica é declarada a oficial do Estado

(principio conservador), pero, ó mesmo tempo, recoñécese a liberdade de cultos coma na Constitución

democrática de 1869. Liberdade de cultos que, de todas formas, non é total: só se permiten “as

manifestacións públicas da relixión do Estado”. ( Artigo 11).

Unidade II Historia de España 25

3.3.- O Funcionamento do sistema Canovista.

3.3.1.-A quenda pacífica de partidos.

O sistema político da Restauración, do que Cánovas foi o principal impulsor, baseábase na existencia de

dous grandes partidos: O Conservador e o Liberal.

O Partido Conservador estaba formado polos antigos moderados e polos integrantes da Unión Liberal.

O seu máximo dirixente era Antonio Cánovas del Castillo.

O Partido Liberal estaba formado polos antigos progresistas, demócratas e republicanos moderados. O

seu máximo dirixente era Práxedes Mateo Sagasta.

Para conseguir a estabilidade política, os dous grandes partidos maioritarios acordaron un sistema que

garantía este principio e ó mesmo tempo a alternancia no poder; é a denominada quenda pacífica. Funcionaba

da seguinte maneira: cando un Goberno sufría un forte desgaste político ou tiña dificultades para gobernar, o

Rei nomeaba como Presidente do Goberno ó xefe do partido que estaba na oposición. Para que puidese gobernar

cun amplo apoio parlamentario, o Rei concedíalle tamén o dereito de disolución das Cortes, e, xa dende o poder,

o novo goberno convocaba e preparaba as eleccións que sempre gañaba. Como se ve, invertíase o proceso

lóxico: o Rei non nomeaba Xefe do Goberno ó que tivera maioría na Cámara, senón que esta se acomodaba con

posterioridade á orientación política do Goberno.

En 1881 produciuse a primeira alternancia pacífica entre os dous partidos coa chamada de Afonso XII

ó Partido Liberal para formar goberno. A morte prematura do Rei e a incerteza da súa sucesión, xa que a súa

viúva estaba embarazada, consolidou o sistema da quenda. Cánovas e Sagasta, co obxectivo de evitar posibles

alteracións, comprometéronse a manter a alternancia pacífica dos seus respectivos partidos no Goberno. É o que

se coñece como Pacto de El Pardo (1885).

3.3.2.- A lei electoral: o sufraxio e as eleccións.

Na tarefa que tiña o Goberno de gañar as eleccións, para contar co suficiente apoio parlamentario, xogaba

un papel fundamental a lei electoral, xa que con ela podíase controlar e influír no resultado.

Nun primeiro momento, a lei electoral recolleu os ideais dos integrantes do Partido Conservador e

estableceu o sufraxio censatario. Sen embargo, o Partido Liberal defendeu a extensión do dereito ó voto e

ampliouno en 1890 a tódolos varóns maiores de vintecinco anos (sufraxio universal masculino).

Dá a impresión, a primeira vista, de que se produciu a partir deste ano un gran avance cara á

democratización e limpeza do sistema político, pero só foi un espellismo: as eleccións seguiron sen reflectir a

vontade da poboación. A xeneralización do caciquismo e da manipulación electoral explican o fenómeno.

3.3.3.- Caciquismo e manipulación electoral.

Para obter a maioría parlamentaria o sistema da Restauración baseábase en primeiro lugar no denominado

caciquismo, práctica política que permite controlar as eleccións, á marxe das leis escritas, utilizando a

preeminencia local dos caciques, dirixidos solapadamente polo propio Goberno.

O sistema funciona de arriba-abaixo. No cume está o Ministro de Gobernación quen, de feito, elabora

a relación dos candidatos que deberían saír elixidos. Estes pertencían a unha minoría formada polos dirixentes

dos partidos, senadores, deputados, ministros,… estreitamente vinculados, tanto pola súa procedencia social

coma polas súas relacións familiares, cos grupos dominantes locais, donos de negocios, fábricas e terras; forman

a oligarquía dirixente. Nun estrato intermedio, os Gobernadores Civís colaboran co ministro elaborando o

“encasillado”, é dicir, a distribución dos candidatos nas diferentes circunscricións e transmitindo as consignas ós

alcaldes e caciques, último eslabón (elo) da cadea. Os caciques, peza fundamental do sistema, eran individuos

ou familias que, polo seu poder económico ou polas influencias políticas, controlaban unha determinada

26 Historia de España Unidade II

circunscrición electoral, sobre todo nas zonas rurais onde boa parte da poboación estaba supeditada ós seus

intereses. Grazas ó control dos Concellos dispoñían de moitas maneiras de agradecer a fidelidade electoral:

influían no sorteo das quintas, propoñían o repartimento das contribucións, proporcionaban postos de traballo,

resolvían ou complicaban os trámites burocráticos…

Tamén estaba moi estendido o fraude electoral propiamente dito, é dicir, a sistemática adulteración dos

resultados electorais. Non se dubidaba en falsificar o censo (incluíndo persoas mortas ou impedindo votar ás

vivas), en coaccionar ó electorado, en impedir a propaganda da oposición, en encarcerar ós considerados

“revoltosos” e, por último, en recorrer ó “pucheirazo”, ou substitución masiva dos votos emitidos no “pucheiro”

ou urna electoral en beneficio do propio candidato.

Estas prácticas beneficiábanse da abstención e da apatía electoral de boa parte da poboación explicada

pola nula representatividade das eleccións e polo desencanto das forzas políticas da oposición (fóra da quenda),

que non tiñan demasiado interese en participar no proceso. Polo xeral, a participación electoral non superou o

20% en case todo o período da Restauración.

4.- A CRISE DA RESTAURACIÓN.

O sistema político da Restauración, se ben proporciona estabilidade ó país, irá acumulando un crecente

desprestixio debido o seu distanciamento da cidadanía, á corrupción, ó caciquismo…

Este panorama negativo, ás veces un tanto oculto e difuso, ponse claramente de manifesto a partir do

desastre do 98, cando España é derrotada militarmente e perde as últimas colonias.

4.1.- O Desastre de 1898.

Despois da independencia da maioría do antigo imperio colonial americano durante o reinado de

Fernando VII, España conservaba aínda as colonias de Cuba, Porto Rico, Filipinas e algunhas pequenas illas do

Pacífico. A partir de 1868 sucedéronse de maneira intermitente alzamentos armados dos independentistas e,

dende 1895, desencadeouse a batalla definitiva tanto en Cuba como en Filipinas. Co obxectivo de acabar coa

rebelión, as autoridades españolas reforzaron os efectivos militares nas colonias.

Sen embargo, a situación foi deteriorándose co paso do tempo: á mala preparación militar dos soldados

únese a alta mortalidade causada polas enfermidades tropicais. Para complicar definitivamente o panorama, os

EE.UU, inmersos neste momento nunha política claramente imperialista, axudan ós insurrectos co obxectivo de

desprazar a España do Pacífico e Caribe.

En 1898, unha explosión no Acoirazado norteamericano Maine, fondeado na Habana, precipita os

acontecementos. A pesar de que, segundo as últimas investigacións, foi de carácter fortuíto, serviu ás autoridades

americanas, que o cualificaron de sabotaxe, para enviar un ultimato ó Goberno español coa finalidade de que

abandonase Cuba. A exaltación patriótica da opinión pública, de moitos políticos e incluso de eclesiásticos, levou

ás autoridades españolas a rexeitar o ultimato e declararlle a guerra ós EE.UU. Tan só algúns intelectuais e

políticos, e as organizacións obreiras se opuxeron á decisión.

O desenlace do conflito foi rápido. A enorme diferenza entre as forzas contendentes explica que xa no

mesmo ano 1898 se producise a derrota española e se chegase á sinatura do Tratado de París. Nel cédese Cuba,

Porto Rico, Filipinas e a illa de Guam ós EE.UU. Desaparecía así o imperio español en América e no Pacífico.

Esta derrota, cualificada como o Desastre do 98, causou en España un forte choque na opinión

pública, nos partidos políticos, nos intelectuais… Poñía de manifesto o atraso de España e o fracaso da

oligarquía dominante para modernizar o país; ó mesmo tempo, provocou unha profunda frustración e

resentimento no Exército, que responsabilizaba do fracaso ós políticos e adoptaba unha actitude, que se acentuou

progresivamente, de defensa corporativa dos seus intereses e de desprezo da sociedade civil e do sistema liberal.

Neste contexto de pesimismo e frustración, ten unha gran significación o Rexeneracionismo e a Xeración

do 98; as súas opinións, tan doentes como críticas, poñen de manifesto as “inconveniencias” do sistema

Unidade II Historia de España 27

canovista, anunciando a longo prazo a súa descomposición e incluso o cuestionamento da Monarquía como

forma de Estado.

4.2.- O Rexeneracionismo e a Xeración do 98.

Enténdese por Rexeneracionismo unha corrente intelectual, política e literaria presente na vida española

a finais do s. XIX e principios do XX. Foi protagonizado maioritariamente polas clases medias. Entre os seus

defensores destacaron Silvela, o xeneral Polavieja e, sobre todo, Joaquin Costa.

O signo distintivo do movemento é a crítica ás lacras do sistema político da Restauración, sintetizadas na

oligarquía e no caciquismo -a obra máis significativa de Costa titúlase precisamente así, Oligarquía e

caciquismo-, e ó deficiente desenvolvemento dos recursos económicos. As solucións propostas céntranse tanto

na rexeneración (democratización) da vida política para achegala máis ós cidadáns, como nas medidas de tipo

económico (mellora das comunicacións, extensión dos regadíos, renovación da maquinaria…) e educativas

(aumento dos orzamentos destinados á educación para paliar o atraso vixente); estes dous últimos apartados

resúmense no famoso lema: “escola e despensa”.

Para levar a cabo estas reformas, e tendo en conta a gran fortaleza do caciquismo, Joaquín Costa chegou a

xustificar a necesidade dun “cirurxián de ferro”, é dicir, un gobernante que actuase de maneira firme e

autoritaria. A pesar de que, segundo a súa proposta, este dirixente tería unicamente carácter temporal e unha vez

solucionados os problemas retiraríase da escena política, ditadores futuros (Primo de Rivera, Franco)

apropiáronse indebidamente das súas palabras e presentáronse como herdeiros do rexeneracionismo pretendendo

perpetuarse indefinidamente no poder.

As súas propostas renovadoras tiveron unha gran influencia sobre a opinión pública e os políticos.

Nos anos finais do s. XIX e primeiras décadas do XX, a pesar das altas taxas de analfabetismo e da

escaseza de escolas e mestres, as inquedanzas culturais das clases medias deron lugar a unha extraordinaria

floración intelectual coñecida co nome de idade de prata da cultura e literatura españolas. A coincidencia no

tempo de moitos intelectuais e escritores co desastre do 98 levou a falar da existencia dunha Xeración do 98 que

estaría formada, entre outros, por Valle-Inclán, Unamuno, Baroja, Azorín…

Todos eles se caracterizaron por un profundo pesimismo, pola crítica ó atraso do país e suscitaron unha

profunda reflexión sobre o sentido de España e o seu papel na Historia, chegando tamén á conclusión de que era

imprescindible unha ampla rexeneración da vida e da sociedade española.

4.3.-Serie de reformas

A comezos do s. XX inténtase dende dentro do sistema aplicar unha serie de reformas, algunhas

inspiradas nos principios rexeneracionistas, co obxectivo de que lle proporcionasen unha maior credibilidade e

estabilidade.

Neste contexto, cabe destacar as medidas levadas a cabo por Maura e Canalejas, líderes respectivamente

do Partido Conservador e Liberal.

Maura, partidario de emprender unha revolución dende arriba, dende o poder, para evitar unha posible

revolución dende abaixo (sería protagonizada polas masas populares e por tanto radical), propiciou a Lei de

reforma electoral que pretendía lograr unha maior limpeza nas eleccións: estipulaba a elaboración dos censos

por unha xunta central, o control do escrutinio… De todas formas, a súa eficacia práctica foi reducida.

Peor sorte correu a Lei de Administración Local que estaba orientada a aumentar as competencias e a

autonomía dos Concellos e contemplaba a posibilidade de crear mancomunidades provinciais (varias provincias

unidas). Debido á oposición da oligarquía local, temerosa de perder o control do poder municipal, nin sequera se

aprobou.

28 Historia de España Unidade II

Canalejas impulsou a Lei de Asociacións Relixiosas (coñecida popularmente como a Lei do Cadeado),

que limitaba o establecemento de novas ordes relixiosas en España. Debido á forte oposición dos sectores

católicos e conservadores, foi posteriormente retirada.

Lei de Mancomunidades provinciais. A súa aprobación posibilitou o aumento das competencias dos

concellos e a concesión dunha reducida autonomía rexional, permitindo a creación da Mancomunitat de

Cataluña en 1914. Tratábase de canalizar o sentimento nacionalista existente en varias partes de España e ó

mesmo tempo atraer a partidos políticos moderados desta ideoloxía e integralos no sistema político da

Restauración. O caso máis significativo foi o achegamento á Liga Rexionalista de Cataluña e ó seu líder Cambó,

aínda que a tentativa non frutificou.

En resumo, o resultado das medidas foi moi limitado; o obxectivo de lograr unha maior estabilidade do

sistema político fracasou e este irase deteriorando progresivamente ata a chegada da Ditadura de Primo de

Rivera.

Despois do Desastre do 98 unha onda de pesimismo recorre a sociedade española; desconfíase do papel

de España no concerto internacional, da eficacia e preparación do Exército,… As autoridades tratan de

revitalizar o papel desta institución levando a cabo unha política de expansión colonial en Marrocos;

trátase de “lavar a cara” do Exército para que se fortaleza e volva a ser un dos piares da estabilidade do sistema.

Búscase tamén recuperar o prestixio internacional de España e a explotación do territorio (favorable á oligarquía

económica).

Os logros desta política estiveron, sen embargo, lonxe dos obxectivos trazados. As clases populares nunca

se sentiron moi entusiasmadas ante a aventura colonial. Por outro lado, o Exército, lonxe de ser un factor de

estabilidade e cohesión, contribuíu máis ben ó contrario. As críticas de diversos sectores da sociedade crean

un profundo malestar na institución militar contra os partidos, prensa, sociedade civil… Este feito queda

exemplificado no asalto por parte dalgúns oficiais da guarnición de Barcelona á revista Cu-Cut e ó xornal La

Veu de Catalunya, no ano 1905, polas críticas publicadas contra o Exército e pola defensa do catalanismo. O

Exército non só conseguiu que o Goberno non castigase ós culpables (o asalto recibira o apoio da maior parte

dos militares), senón tamén a aprobación en 1906 da nova Lei de Xurisdicións, que permitía someter a “foro

militar” o xuízo de delitos de opinión e obra contra a patria e o Exército.

Os incidentes de Barcelona puxeron de manifesto a debilidade dos políticos fronte ós militares e tamén

o cambio de mentalidade destes últimos: de apoiar coas súas accións a unha ou outra facción dos partidos

liberais ó longo do s. XIX, pasaron á defensa dos seus intereses corporativos e a considerarse a encarnación da

patria e da unidade nacional. Alterábase así unha das bases da Restauración, a preeminencia do poder civil sobre

o militar, e a liberdade de prensa quedou seriamente danada.

4.4.- Fronte a estes intentos, unha serie de factores van minado o

sistema progresivamente.

4.4.1.- A presenza cada vez máis relevante de forzas políticas perpetuamente marxinadas polo réxime

da Restauración.

-Republicanos. Ata finais de século foron bastante reducidos numericamente, estiveron divididos e

enfrontados frecuentemente por razóns ideolóxicas, motivos persoais…

Sen embargo, a medida que a Restauración demostraba que era incapaz de reformarse e democratizarse,

os republicanos aumentaron os seus efectivos e a súa influencia defendendo un programa que tiña como

obxectivos a modernización de España, a instauración da democracia, a laicización do Estado, a aplicación de

reformas sociais que melloraran as condicións de vida das clases populares e a preocupación pola cultura.

-O PSOE. O pequeno grupo marxista existente en Madrid dende o Sexenio evolucionou ata a formación

en 1879 do Partido Socialista Obreiro Español baixo a dirección de Pablo Iglesias. Poucos anos despois fúndase

o seu órgano de prensa, O Socialista, e en 1888, dirixentes do partido crean un sindicato afín, a UXT (Unión

Xeral de Traballadores). A partir de comezos do século XX, tanto partido como sindicato van incrementando a

súa presenza na sociedade; proba desto é o aumento dos socialistas nos Concellos, sobre todo das cidades, e a

Unidade II Historia de España 29

súa presenza no Parlamento. O primeiro deputado foi Pablo Iglesias en 1910 cando se presentaron xuntos ás

eleccións socialistas e republicanos.

-Nacionalismos Periféricos. Sobre todo en Cataluña, País Vasco e, en menor medida, en Galicia. A Lliga

Rexionalista pediu abertamente a autonomía política para Cataluña, o PNV incrementou a súa implantación nas

provincias vascas e as Irmandades da Fala defenderon a autonomía para Galicia. Estas demandas causaron na

sociedade española fortes temores que contribuíron a radicaliza-lo ambiente político: clara repulsa das mesmas e

acusacións de separatismo por parte dos defensores da unidade nacional, e incremento da oposición ó réxime

entre os nacionalismos periféricos.

4.4.2.- A Conflitividade Social.

Aspecto moi significativo este da conflitividade social que se acrecenta polas sucesivas crises económicas

e que se inserta no contexto dun proletariado europeo en constante axitación e ás veces triunfante; baste recordar

o triunfo da Revolución Bolxevique de 1917 e a súa influencia posterior.

Tres son as datas de obrigada mención: 1909, 1917 e 1921.

-A Semana Tráxica (1909).

En 1909 Maura, o xefe de Goberno, decide enviar tropas a Marrocos para garantir a orde e castigar a

acción dos rifeños preto de Melilla. Para levar a cabo este cometido, mobilízanse tropas reservistas e

concéntranse en Barcelona para proceder ó seu embarque. Nese momento prodúcese unha insurrección popular.

Entre as causas da mesma hai que salientar un sentimento antimilitarista no que se mesturaba o descontento

contra o Exército e a guerra, así como contra o propio sistema de recrutamento; un sentimento anticlerical, xa que

se acusaba á Igrexa de contribuír ó mantemento dunha sociedade inxusta e desigual; e, por último, o malestar das

clases populares polas malas condicións de vida e de traballo.

O inicio da protesta foi a folga do mes de xullo en Barcelona convocada por socialistas e anarquistas.

O éxito da mesma deu paso á radicalización das accións dos sublevados: construción de barricadas, queima de

conventos… A duración e violencia explican a denominación do conflito: Semana Tráxica.

A insurrección foi dominada. A falta de unidade e dunha dirección clara debilitou ó movemento e o

envío de tropas de reforzo a Barcelona por parte das autoridades, que chegaron a declarar o estado de guerra,

explican o seu esmagamento.

A represión posterior foi moi dura. Centos de persoas foron detidas, instruíronse máis de douscentos

consellos de guerra e executáronse cinco penas de morte, entre elas a de Francisco Ferrer Guardia, pedagogo

anarquista e impulsor da Escola Moderna que, sen ter participado directamente nos feitos, foi acusado de ser o

seu impulsor ideolóxico.

As consecuencias da Semana Tráxica foron moi importantes. O Goberno conservador de Maura tivo

que afrontar duras críticas pola virulencia da represión e a arbitrariedade da mesma, tanto no interior de España

como por parte da opinión pública europea. Esta situación e a unanimidade da crítica dos partidos da oposición

provocou que Afonso XIII forzara a caída de Maura e traspasara o poder ó Partido Liberal. Ó mesmo tempo que

se acrecenta a tensión entre os partidos dinásticos, prodúcese un achegamento entre os partidos da esquerda,

concretamente a unión electoral entre republicanos e socialistas, que permitiu a elección como deputado de Pablo

Iglesias en 1910.

-A crise social de 1917.

A neutralidade española na I Guerra Mundial (1914-1918) tivo importantes repercusións

económicas e, á próstrea, sociais. Os países belixerantes, inmersos nunha economía de guerra, vense obrigados

a importar masivamente tanto produtos mineiros e metalúrxicos coma de consumo. España, país industrial de

segundo nivel, exporta agora con facilidade produtos de todo tipo a prezos elevados. Este feito, que en principio

é positivo, acaba xerando graves problemas sociais dado que os beneficios non se distribúen equitativamente. Os

grandes favorecidos son os grupos burgueses mentres que as clases populares saen prexudicadas; a gran alza

30 Historia de España Unidade II

de prezos (provocada pola escaseza de oferta no mercado interior) non se ve compensada por unha parella

suba de salarios: o resultado é unha clara perda de poder adquisitivo.

As mobilizacións obreiras para tratar de mellorar a súa situación comezaron xa en 1916, pero non tiveron

ningún éxito. E é así como, en 1917, un conflito ferroviario localizado en Valencia foi aproveitado pola UXT,

apoiada polo PSOE, para convocar unha folga xeral que adquire carácter revolucionario: ten como obxectivo

o derrocamento do réxime e a convocatoria de Cortes Constituíntes.

A folga contou co respaldo dos republicanos e da CNT e tivo unha incidencia moi desigual. Aínda

que non contou coa participación dos campesiños, tivo ampla repercusión en Madrid, Barcelona, Levante, País

Vasco e Asturias.

A reacción do Goberno foi fortemente represiva: recorreu á Garda Civil e ó Exército para disolver

violentamente as manifestacións, empregáronse armas de fogo polas forzas de orde pública, leváronse a cabo

detencións masivas, moitos manifestantes foron condenados a cadea perpetua…

A pesar do fracaso da folga xeral revolucionaria, a Monarquía Constitucional de Afonso XIII está

cada día máis danada. As masas traballadoras volven ó traballo pero progresivamente radicalizan a súa

oposición ó sistema e este só se mantén grazas á represión das forzas de seguridade e do Exército que se

converte, á próstrea, no máximo garante da súa pervivencia.

-O Desastre de Annual.

Como xa quedou indicado anteriormente, España, despois da perda de Cuba e Filipinas en 1898,

orientou a súa política colonial cara Marrocos. Era unha maneira de potencia-la imaxe do Exército, de

aumentar o prestixio internacional e de lograr vantaxes económicas coa explotación do territorio; razóns que non

logran, sen embargo, entusiasmar ás masas populares que viron con reticencia este imperialismo que só lles

aportaba penurias e sufrimentos.

A presenza española en Marrocos foi sempre problemática: os beneficios económicos nunca chegaron

a ser tan elevados como se supuxera nun principio, o Exército estaba permanentemente exposto ós ataques das

cabilas rifeñas… ; en definitiva, o chamado problema marroquí afectaba periodicamente de xeito negativo á

política nacional (baste recordar os episodios da Semana Tráxica).

A partir de 1912, despois dun acordo con Francia que delimitaba a zona de influencia de cada país,

quedou establecido o Protectorado Español, circunscrito á parte norte de Marrocos. Nos anos seguintes

aumentáronse os efectivos militares no territorio para pacificalo e ocupalo na súa totalidade.

En 1921, o xeneral Silvestre, xefe militar da zona de Melilla, co obxectivo de dar un paso decisivo no

control da zona oriental do Protectorado, ó parecer co apoio do propio rei Afonso XIII, realizou unha incursión

arriscada para ocupar o enclave estratéxico de Alhucemas. A operación foi mal concibida, dende o punto de

vista estratéxico, dado que dispersou demasiado as tropas nun territorio hostil e non asegurou a retagarda. As

cabilas rifeñas, dirixidas polo caudillo Abd-el Krim, atacaron as posicións e obrigaron á retirada. Mal preparados

e dirixidos, aterrorizados pola violencia dos ataques, os soldados españois retrocederon cara a Melilla, perecendo

a maioría en Annual (os mortos ascenderon a máis de 13 000). Os rifeños fixéronse co control da zona e

proclamaron a independencia da República do Rif.

O chamado Desastre de Annual tivo enormes repercusións. A prensa e os contrarios á intervención

culparon da derrota ó Goberno e ó Exército e acentuouse máis o distanciamento ente os militares e a clase

política. O Goberno dimitiu e acto seguido nomeouse unha comisión no Congreso encargada de elaborar un

informe sobre o sucedido que debía ser presentado ás Cortes. Este informe, coñecido como “Expediente

Picasso”, provocou fortes debates e os partido de esquerda, sobre todo republicanos e socialistas, esixiron

medidas drásticas que apuntaban directamente ós mandos militares e ó propio Rei.

Este último conflito sumábase as anteriores crises que xa debilitaran grandemente ó sistema político da

Restauración. Por tanto, chegado a este punto, o réxime só tiña dúas posibilidades de sobrevivir: ou

democratizarse (ampliando as súas bases sociais e políticas de sustentación), ou impor unha solución de forza

Unidade II Historia de España 31

liderada polo Exército. Esta última foi a finalmente adoptada. En 1923 o xeneral Primo de Rivera dá un Golpe

de Estado establecendo unha ditadura militar co apoio dos grupos oligárquicos e do mesmo Rei.

5.- OS COMEZOS DA CUESTIÓN NACIONAL EN ESPAÑA: REXIONALISMO E NACIONALISMO EN GALICIA, PAÍS VASCO E CATALUÑA.

5.1.- O NACIONALISMO ESPAÑOL.

Durante o Antigo Réxime non se pode falar con propiedade do concepto moderno de Nación. Se ben

estaban integrados na Monarquía española, a idea de unidade era en realidade moi precaria nun conxunto dispar

de territorios, con distintos costumes, moedas, tradicións, leis…

A Constitución de 1812 recolle por primeira vez a denominación de Nación española facéndoa coincidir

con tódolos habitantes integrados na Coroa Española e depositarios da soberanía (soberanía nacional). Ó formar

parte da mesma nación deberían estar sometidos á mesma lei e ter os mesmos dereitos, polo que se facía

necesaria a abolición dos particularismos territoriais típicos do Antigo Réxime.

Co triunfo liberal na época de Sabela II cobra máis importancia o concepto de nación. De todas

formas, a división do liberalismo explica o desenvolvemento de dúas ideoloxías nacionalistas: a conservadora a

liberal-democrática.

Nacionalismo Español Conservador.

Son representantes do mesmo os liberais moderados e conservadores (Cánovas), os integrantes da Unión

Liberal e os tradicionalistas católicos (Menéndez Pelayo). Identifican a Nación española cunha entidade

colectiva (segundo eles o conxunto é superior ó individuo) froito da historia, unha historia na que se forxaba o

carácter, a raza e o xenio español. Neste pasado común facían fincapé en determinados períodos especialmente

importantes (o visigodo, a Reconquista, o dos Reis Católicos, o de Carlos V e Filipe II), no papel clave de

Castela dentro do conxunto de España, e na importancia do Catolicismo, considerado como un signo da

identidade española, mantido fronte ós musulmáns, xudeus e protestantes, e estendido co descubrimento e

conquista de América. Esta Nación conformaría unhas institucións propias e daría lugar ó Estado, entidade

política, que irremediablemente, a historia o marcaba, debería ser unitario. Este tipo de ideoloxía nacionalista

recibe o nome de orgánico-historicista.

Durante os s. XIX e XX foi preponderante este nacionalismo conservador español, que tivo un

carácter especialmente unitario. O xurdimento e expansión dos particularismos periféricos acentuou

progresivamente os seus trazos autoritarios, centralistas e uniformizadores; é máis, toda crítica ou

desviación sobre as que se consideraban esencias da nación foron rexeitadas por entender que atentaban contra a

unidade da patria e os seus defensores foron acusados de antiespañois e separatistas.

Nacionalismo Español Liberal-democrático.

Son representantes desta interpretación os progresistas, demócratas, republicanos (Pi i Margall, Azaña) e

rexeneracionistas.

Parten estes nacionalistas do individuo, ó que lle conceden unha preeminencia sobre a colectividade. O

Estado sería a organización constituída voluntariamente polo conxunto de individuos que aceptan vivir baixo as

mesmas leis e institucións; é, por tanto, unha concepción política e voluntarista. Para eles é fundamental a

participación democrática do pobo no sistema político, a ampliación dos dereitos e liberdades e o laicismo. Este

Estado así concibido é o que conforma a Nación e non ó revés, como no caso anterior. En consecuencia, a

historia común, a uniformidade étnica, relixiosa... non é agora fundamental, como si o era para os defensores da

vía orgánico historicista.

32 Historia de España Unidade II

Os nacionalistas liberal-democráticos varían moito en canto á súa concepción sobre a unidade do

Estado. É certo que, en gran parte, son unitarios e centralistas, pero sempre aceptaron en maior medida cós

conservadores o recoñecemento dunha certa autonomía local e rexional; outros son claramente federalistas.

As ideoloxías da esquerda obreirista tamén son heteroxéneas. Os anarquistas rexeitaron frontalmente

ó Estado e tamén calquera tipo de nacionalismo. Os socialistas de tradición marxista defenderon o

fortalecemento do Estado e o unitarismo como medio para a liberación do proletariado e a eliminación dos

privilexios da burguesía, pero co paso do tempo foron aceptando a solución federal.

5.2.- Os Nacionalismos Periféricos.

Na segunda metade do s. XIX, distintas manifestacións culturais e políticas, na periferia peninsular,

levaron progresivamente á defensa da existencia de nacións propias.

Os factores que contribúen a este fenómeno son:

A diversidade cultural e lingüística existente dentro da Monarquía Española. Tiña as súas orixes na

Idade Media e pervivía no s. XIX nun amplo sector da poboación de Cataluña, Galicia e País Vasco.

A política de uniformización xurídica levada a cabo polo Estado Liberal ó longo do s. XIX e a

imposición dun modelo de cultura uniforme, concretamente o que reflectía os valores e a lingua de Castela,

xera descontento na periferia.

O fracaso da política integradora da poboación dos distintos territorios levada a cabo polos

distintos gobernos a través da educación, o exército e participación política. As notables deficiencias das

medidas adoptadas nestes ámbitos (débil escolarización, redención de quintos, manipulación electoral...) explican

que as masas populares non se sentiran identificadas cuns valores comúns para todos.

A desilusión pola marcha xeral do país, sobre todo a partir do Desastre do 98. Esténdese, sobre todo

na periferia, a idea de decadencia e desprestixio de España e da falta dun proxecto de futuro común que ilusione

a toda a poboación e a faga sentirse orgullosa da súa pertenza a España.

5.2.1.- O Nacionalismo Catalán.

Na década de 1830, no marco do Estado liberal español, e no contexto cultural do Romanticismo, xurdiu

en Cataluña un amplo movemento cultural e literario coñecido como Renaixença. A súa finalidade era a

recuperación da lingua e dos sinais de identidade da cultura catalana, pero carecía de aspiracións e proxectos

políticos.

A partir de 1880 tiveron lugar as primeiras formulacións catalanistas cun contido político.

Enmárcanse dentro do denominado rexionalismo, que reivindica unha descentralización administrativa e un

autogoberno como un dereito de Cataluña fronte ó Estado uniformizador e centralizador, pero sen discutir a

unidade nacional de España.

Ideoloxicamente este rexionalismo catalán estivo dividido en dúas tendencias:

-A progresista de Valentí Almirall, que ía unida á reivindicación dun cambio político significativo, ó

laicismo, á modernización económica… Foi minoritaria.

-A conservadora, defendida pola Unió Catalanista, fundada en 1891. O seu programa quedou fixado

nas Bases de Manresa (1892). Proclamaba o catalán como a única lingua oficial en Cataluña e nas súas relacións

co Goberno Central así como a necesidade dun Goberno e dunhas Cortes rexionais que se ocupasen dos asuntos

propios de Cataluña.

Este catalanismo foi evolucionando cara a posicións nacionalistas. Prat de la Riva foi o primeiro en

identificar a Cataluña como unha nación, pois contaba cos requisitos para ser considerada como tal: lingua,

tradición, cultura, e vontade de autogobernarse, predominando nas súas argumentacións os elementos orgánico

Unidade II Historia de España 33

historicistas. Para harmonizar o autogoberno catalán coa unidade de España, propuxo a formula da federación

das diferentes nacións que constituían España no marco dun Estado plurinacional.

Estas ideas de Prat de la Riva foron a base dun nacionalismo catalán conservador, dado que non recolle

ningunha preocupación social (defensa dos máis desfavorecidos) e é apoiado polos sectores burgueses.

En 1901 concrétase na fundación da Lliga Regionalista de Cataluña co obxectivo de participar

activamente na vida política catalana e española. Os seus éxitos electorais convertérona na forza hexemónica

en Cataluña ata a Ditadura de Primo de Rivera. O amplo rexeitamento suscitado en Cataluña pola Lei de

Xurisdicións (1906) posibilitou a formación dun amplo movemento, Solidaritat Catalana, liderado pola Lliga,

que reuniu ós nacionalistas, carlistas e republicanos. Presenta un programa baseado na derrogación da lei e a

consecución da autonomía. Nas eleccións de 1907 conseguiron case a totalidade dos escanos que Cataluña tiña

no Congreso de Deputados. Esta vitoria tivo unha ampla significación xa que supuxo a fin da quenda dos

partidos dinásticos en boa parte de Cataluña.

No ano 1914 acolléndose á Lei de Mancomunidades, as Deputacións catalás baixo o control da Lliga,

impulsaron a creación da Mancomunidade de Cataluña; foi o primeiro recoñecemento da súa personalidade

política e xurídica e funcionou ata 1925 (suprimida por Primo de Rivera). Consistía nunha federación das catro

provincias catalás que xestionarían conxuntamente o orzamento destinado a beneficencia, cultura e obras

públicas. A influencia da Lliga seguiu crecendo e o seu dirixente máis destacado, Francesc Cambó, formou

parte, entre 1917 e 1922, de diferentes gobernos de Madrid.

Trala fin da I Guerra Mundial, a aplicación do principio das nacionalidades á hora de deseñar o novo

mapa europeo reactivou a presión dos catalanistas por conseguir para Cataluña unha autonomía completa; estes

desexos levaron ós catalanistas, encabezados pola Lliga a través da Mancomunidade, a elaborar en 1919 un

Proxecto de Estatuto de Autonomía que foi rexeitado polo Goberno central.

Paralelamente, desenvolveuse tamén un nacionalismo catalán progresista e republicano. Un dos seus

principais representantes foi Antoni Rovira i Virgili que nas súas obras insistiu na idea de Cataluña como

nación forxada pola historia, pero sobre todo pola vontade dos individuos que a conformaban. Así mesmo,

defendeu a creación dunha autonomía catalana baseada na democracia, nas liberdades cidadás, no laicismo e no

republicanismo.

Todas as reivindicacións catalanistas de calquera signo quedaron anuladas durante a Ditadura de

Primo de Rivera. Sen embargo, a represión do catalanismo contribuíu á súa radicalización e favoreceu o

reagrupamento das forzas da esquerda nacionalista e republicana que en 1931, trala desaparición da Ditadura,

formarán Esquerra Republicana de Cataluña, forza que se converterá en hexemónica en Cataluña durante a II

República.

5.2.2.- O Nacionalismo Vasco.

A supresión dos foros vascos despois da 3ª Guerra Carlista provocou un sentimento de frustración nos

sectores tradicionalistas que mantiveron sempre vivo o obxectivo da recuperación foral plena. Nesa mesma

época, asístese no País Vasco a un gran desenvolvemento económico (siderurxia, banca) que favoreceu unha

forte inmigración de traballadores doutras rexións de España coa conseguinte ruptura da sociedade tradicional.

Neste contexto, considerado polos tradicionalistas como unha ameaza para a supervivencia da cultura,

sociedade e lingua vascas, Sabino Arana formula os principios orixinarios do nacionalismo vasco e impulsa a

formación do Partido Nacionalista Vasco (P.N.V.) en 1895.

Os aspectos fundamentais da súa ideoloxía son:

- Defende de maneira radical a independencia dos territorios vascos fronte a España e a súa

unión nunha nova entidade política denominada Euzkadi. A el débese tamén a creación da súa bandeira,

a ikurriña, e do himno.

34 Historia de España Unidade II

- Forte compoñente racista. Defende a superioridade da raza vasca e o mantemento da súa

pureza. Ós seus ollos, os inmigrantes non vascos, chamados despectivamente maketos (nome que logo

se estende a tódolos españois), son destrutores das esencias patrias e deben estar illados dos verdadeiros

vascos.

- Defensa da lingua eusquera, considerada un eficaz instrumento para garantir o illamento da

colectividade vasca fronte ó invasor maketo.

- O Catolicismo entendido da maneira máis tradicional. Cre que é unha das esencias da alma

vasca.. O Aberri Eguna, día da patria vasca, fíxose coincidir co domingo da resurrección de Cristo.

- O tradicionalismo. En contra do liberalismo, das ideas obreiristas…

Paulatinamente, o movemento nacionalista foi crecendo e ampliando a súa influencia e poder. Sen

embargo, foron aparecendo dúas tendencias diferenciadas: unha de radicais independentistas e outra de

autonomistas moderados ou posibilistas, partidarios de conseguir a plena reintegración foral, pero sen romper a

unidade de España. As dúas tendencias trataron de dominar o PNV causando tensións e divisións.

En 1916 o PNV cambiou o seu nome polo de Comunión Nacionalista Vasca. Imponse a tendencia

moderada e manifesta o seu carácter de partido católico defensor de toda a comunidade.

En 1921, as diferenzas internas entre o sector posibilista e o sector radical propiciaron a ruptura da

CNV. O sector radical, expulsado, decidiu refundar o PNV.

En 1923, tralo golpe de Estado de Primo de Rivera, foron suprimidas as organizacións políticas

vascas, quedando o nacionalismo relegado a actos culturais, folclóricos e deportivos.

En 1930, as dúas tendencias do nacionalismo vasco uniranse de novo no PNV, partido que durante a II

República será hexemónico no País Vasco.

5.2.3.- O Nacionalismo Galego.

-Fase Provincialista.

Comeza xa moi cedo, na década de 1840, é foi froito da denominada Xeración de 1846, un grupo de

mozos universitarios, afeccionados á literatura, de orientación política progresista, entre os que destacan Antolín

Faraldo e Neira de Mosquera, que poñen de manifesto por primeira vez, aínda que sexa de forma

esquemática e concisa, a particularidade de Galicia.

Nos seus escritos falan dos elementos diferenciadores de Galicia tales como a lingua, costumes, historia…

e poñen énfase nos problemas que padecía nesta época: atraso, falta de industrialización; é o que se coñece como

“síndrome da aldraxe”. Esta denuncia vai acompañada dunha proposta, aínda pouco elaborada, dun certo grao

de autogoberno (critícanse os excesos centralistas dos moderados), como se Galicia fose unha provincia; de aí o

nome do movemento.

O provincialismo vai aproveitar o pronunciamento progresista que contra o moderantismo de Narváez

(presidente do goberno) lidera o xeneral Solís na cidade de Lugo (1846). O apoio dos provincialistas céntrase na

propaganda do levantamento por medio de mitins, escritos… ademais crean a Xunta Suprema de Goberno de

Galicia que na proclama que difunde o 15 de abril denuncia a explotación que padecía o pobo galego e o desexo

de rexenerar a súa riqueza e prestixio.

Sen embargo, o exército de Solís foi derrotado en Cacheiras polas tropas gobernamentais. A represión é

rápida: tanto Solís coma 11 dos seus compañeiros son fusilados en Carral (“os mártires de Carral”), e Faraldo

tivo que fuxir a Portugal. O fracaso do movemento debeuse á súa debilidade militar (non conta con apoios fóra

de Galicia) e ó escaso respaldo popular.

Unidade II Historia de España 35

Despois deste fracaso o feito máis salientables durante os próximos anos ten lugar no ámbito da cultura, o

Rexurdimento, protagonizado por Rosalía de Castro, Eduardo Pondal e Curros Enriquez. A eles débese o

inicio do movemento de recuperación e defensa do emprego do galego non só como lingua popular senón tamén

literaria. Asimesmo, os historiadores, sobre todo Vicetto e Murguía (que publican a partir de 1865 cadansúa

Historia de Galicia) contribúen á recuperación e interpretación do pasado de Galicia e a subministrar argumentos

ó nacente galeguismo. Dáse así paso a fase rexionalista.

-Fase Rexionalista.

Na década de 1880 aparece este movemento rexionalista que coincide cronoloxicamente co que acontece

noutras partes de España. Hai agora unha concepción teórica sobre a especificidade de Galicia moito mais

elaborada e precisa que na época anterior e serve de base para a reclamación do dereito de autonomía

política e administrativa aínda que sen discutir a unidade nacional de España.

Na defensa do rexionalismo destacan dúas posturas ideolóxicas diferentes.

A).- Liberal, liderado por Murguía.

Defende a existencia dunha nacionalidade galega diferenciada aludindo a razóns étnicas, idiomáticas,

xeográficas, históricas… A partir de aquí, reivindica para Galicia o dereito a dispoñer dunha autonomía política,

pero dentro do marco liberal, proclamando, por tanto, a compatibilidade do liberalismo e o rexionalismo.

Asimesmo, é defensor do progreso socioeconómico capitalista e da modernidade.

B).- Tradicionalista, liderado por Alfredo Brañas.

Parte das mesmas premisas que Murguía. Cualifica a Galicia como rexión e reivindica unha autonomía

política sen discutir a unidade nacional de España. Neste senso, defende a idea dunha dobre patria: a grande,

España, e a pequena, Galicia, perfectamente compatibles entre si.

Pero ideoloxicamente os dous autores son moi diferentes. Brañas rexeita o liberalismo a sitúase na órbita

do carlismo e do tradicionalismo católico, considerando á relixión católica como un elemento esencial da alma

galega. Tampouco acepta os cambios económicos capitalistas, a preponderancia da burguesía nin o novo estilo

de vida que representa a cidade. Idealiza a etapa medieval e avoga pola estrutura rural tradicional, pola

hexemonía social da fidalguía e pola organización económica baseada nos antigos gremios (neogremialismo);

estes serían tamén fundamentais para estruturar a participación política dado que elixirían os representantes dos

diferentes oficios que formarían parte das Cortes Rexionais.

Nesta etapa prodúcese o paso da mera formulación teórica á participación política por medio da

organización Solidariedade Galega, fundada en 1907. Está en conexión coa estratexia de coalicións que lle

estaba dando tan bos resultados á Lliga catalana, de tal forma que conflúen nela diferentes tendencias:

rexionalistas, republicanos e, incluso, carlistas. Pretenden alcanzar os seus obxectivos por medio da participación

electoral. No “Manifesto Solidario” recóllense os máis salientables: acabar co centralismo e lograr a depuración

do sistema político e o fomento do progreso económico. A súa base social e maioritariamente coruñesa e de

clases medias. A pesar de que teñen un certo éxito electoral na provincia da Coruña, a súa vida foi efémera

polas disensións internas e desaparece en 1912.

C).- Fase Nacionalista.

A ideoloxía propiamente nacionalista foi en Galicia máis feble que en Cataluña e no País Vasco e tamén

máis tardía: só a partir de 1916 o pensamento político galeguista afirma con rotundidade que Galicia é

unha nación. Para os nacionalistas isto é así porque está caracterizada pola súa lingua (galego), a súa xeografía

(a Terra galega), a súa raza (céltica), o seu espírito (a alma galega, a saudade), a súa cultura e a súa historia,

diferentes das do resto dos pobos de España. Predominan claramente os elementos organicistas e históricos

fronte ós políticos.

A pesares de que coinciden nas ideas básicas, diferéncianse por motivos políticos e sociais. Así o

nacionalismo tradicionalista (Vicente Risco, Otero Pedrayo, Filgueira Valverde) defendeu o predominio

36 Historia de España Unidade II

ideolóxico do catolicismo na sociedade galega, a hexemonía social e política da fidalguía e dos sectores

intelectuais e a preeminencia dos valores e actuacións culturais como obxectivo prioritario do nacionalismo;

en cambio, o nacionalismo democrático (Castelao, Alexandre Bóveda) defende a participación política do

movemento coa finalidade de alcanzar unha democracia compatible co pleno autogoberno de Galicia.

A nivel organizativo un paso significativo constitúeo a fundación en 1916 na Coruña das Irmandades da

Fala impulsada por Antón Vilar Ponte; pronto se estenderon por toda Galicia. A Nosa Terra foi o seu voceiro.

En 1918 celebrouse na cidade de Lugo a primeira asemblea das Irmandades da Fala, a I Asemblea Nacionalista,

e nela definen con claridade o seu programa político.

- Defensa dunha autonomía integral para Galicia.

- Creación do Poder Autónomo, representado por un Xuntoiro ou Parlamento Galego, elixido

por sufraxio universal (…) Terá a función de nomear a Xunta gobernadora, que deberá exercer o poder

executivo...

- Cooficialidade dos idiomas galego e castelán.

- Federación da Iberia.

- Igualdade de dereitos para a muller.

Ó movemento das Irmandades incorporáronse numerosas personalidades da cultura galega, aínda que a

súa repercusión popular foi minoritaria. Ademais, as diferenzas ideolóxicas e de estratexia política provocaron a

escisión do movemento en dúas liñas diferentes. Na Asemblea de Monforte de 1922 a meirande parte das

Irmandades, encabezadas por Risco, formaron a Irmandade Nacionalista Galega, cun programa baseado na

actividade cultural e no abstencionismo electoral; en cambio, a Irmandade da Coruña, decidiu, seguindo a Peña

Novo, a participación política nas eleccións.

A pesares de que a importancia política do galeguismo foi reducida, non cabe dúbida de que a

actividade cultural neses anos foi moi destacada. Cabe salientar o papel da Revista Nos, fundada en 1920 e

dirixida por Risco, e o do Seminario de Estudios Galegos, fundado en 1923. En torno a eles, numerosos

intelectuais galegos, a denominada Xeración Nos (Risco, Otero Pedrayo, Cuevillas, Castelao...) realizan un

intenso labor de estudio, creación e divulgación dos aspectos literarios, artísticos, históricos, etnográficos... que

configuraban a realidade galega.

En 1924, o goberno de Primo de Rivera inicia a represión de calquera tipo de actuación e

propaganda política dos nacionalismos periféricos e as actividades galeguistas quedaron reducidas ó ámbito

cultural.

Coa caída da Ditadura, aparecen a ORGA e o Partido Galeguista, de gran transcendencia durante a

República (estudaranse no tema correspondente).

Unidade V Historia de España 37

UNIDADE III.- AS TRANSFORMACIÓNS SOCIOECONÓMICAS

DENDE COMEZOS DO SÉCULO XIX ATA A GUERRA CIVIL.

1.- A REVOLUCIÓN LIBERAL E O CAMBIO AGRARIO. AS DESAMORTIZACIÓNS.

1.1.- A PROPIEDADE DA TERRA NO ANTIGO RÉXIME.

O réxime xurídico da propiedade da terra no Antigo Réxime caracterizábase pola ausencia dunha

propiedade libre e individual tal como hoxe a entendemos. Gran parte das terras estaban amortizadas ou

vinculadas. As amortizadas pertencían á Igrexa, ós Concellos (denominábanse propios, deles obtiñan beneficios

para facer fronte ós seus gastos) ou eran comúns (de propiedade colectiva dos veciños que aproveitaban

gratuitamente). As vinculadas pertencían á nobreza e estaban constituídas en morgados. As dúas situacións legais

coincidían en que mantiñan estas propiedades fóra do circuíto comercial xa que non se podían vender, doar,

hipotecar... Por outra banda, na maioría delas subsistía o réxime señorial, herdado da Idade Media, que

posibilitaba que dúas persoas tiveran dereitos sobre a mesma propiedade. O señor tiña o dominio directo, que

lle permitía cobrar rendas ós campesiños pola utilización da terra (señorío territorial) e impartir xustiza, cobrar

peaxes, nomear as autoridades locais... (señorío xurisdicional); e o campesiño tiña o dominio útil, que

cumprindo as cláusulas do contrato, permitíalle pasala en herdanza ós seus fillos. Esta situación fomentaba o

estancamento económico, o inmobilismo, coartaba a iniciativa individual e impedía levar a cabo reformas

necesarias.

Para o novo modelo de economía que a burguesía pretendía impoñer era preciso modificar a estrutura

da propiedade agraria eliminando os obstáculos que impedían o desenvolvemento do capitalismo, é dicir,

lograr unha propiedade de tipo individual e de libre disposición por parte dos seus donos. Este feito sería o

primeiro paso dunha transformación agraria de gran envergadura que levaría consigo un gran crecemento da

produción e posibilitaría un desenvolvemento industrial que incorporaría a España á mesma senda de

modernidade pola que avanzaban as principais potencias europeas.

As leis polas que se levou a cabo este proceso foron promulgadas por primeira vez no período 1808-

1813 (polos gobernos de José I e as Cortes de Cádiz), e máis tarde no Trienio Liberal, pero leváronse a práctica

no reinado de Sabela II, sobre todo nas etapas nas que gobernaron os liberais progresistas. As máis

significativas foron as Leis que desvincularon os bens da nobreza e as Desamortizacións.

1.2.- A DESVINCULACIÓN DOS BENS DA NOBREZA.

A desvinculación supuxo un dobre proceso. Implicou, en primeiro lugar, a supresión dos morgados

(culminou en 1841), de tal maneira que estes bens eran declarados libres e por tanto podían ser vendidos por

parte dos seus titulares. Por outro lado, levouse a cabo a abolición dos señoríos (lei de 1837), feito que se

traducía na eliminación dos dereitos xurisdicionais (impartir xustiza, nomear autoridades locais...) e tamén da

propiedade compartida entre o señor e o campesiño. O problema era dilucidar quen eran os verdadeiros

propietarios destas terras sobre as que dende a Idade Media tiveran dereitos tanto uns coma outros. A actuación

dos liberais, ó deixar a decisión en mans dos Tribunais de Xustiza, beneficiou ós nobres. Na maioría dos

casos ditaron sentencia ó seu favor dado que considerábanos titulares das terras sempre que os campesiños non

puideran acreditar documentalmente que eran súas. Desta maneira, os campesiños, que tradicionalmente

traballaran as devanditas terras, perdían todo o dereito sobre elas e pasaban a converterse en simples

arrendatarios ou xornaleiros, e os antigos señores, se ben perderon as atribucións xurisdicionais, pasaron a ser

agora propietarios plenos das mesmas.

38 Historia de España Unidade III

1.3.- AS DESAMORTIZACIÓNS.

Por desamortización enténdese a incautación polo Estado das propiedades da Igrexa, dos concellos, e

das terras comunais. A partir de entón deixaban de ser de “mans mortas” e eran declarados “bens nacionais”. O

proceso culminaba coa súa venda en poxa pública e a súa conversión en propiedade privada.

Aínda que houbo tímidos intentos anteriores, as primeiras medidas desamortizadoras de certa

entidade leváronse a cabo en 1813 (Decretos de Cádiz). Afectaba ós bens dos afrancesados, dos conventos

suprimidos (nos que profesaban menos de 12 monxes) ou destruídos durante a guerra, así como ós baldíos e ás

terras dos concellos. Estas medidas tiveron escasa vixencia pola restauración do absolutismo levada a cabo por

Fernando VII, e aínda que se volveron a poñer en práctica durante o Trienio Liberal (1820-23), quedaron outra

vez paralizadas polos gobernos absolutistas; ata o reinado de Sabela II non se executaron as principais medidas

desamortizadoras.

1.3.1.- A Desamortización de Mendizábal e Espartero.

No ano 1836 o progresista Mendizábal, ministro de Facenda, acometeu a desamortización eclesiástica

aprobando dous decretos que afectaban ó clero regular, é dicir, o que desenvolve a súa actividade de acordo con

determinada regra de vida, normalmente creada polo seu fundador, leva hábito e vive en mosteiros dirixidos por

un abade (franciscanos, dominicos...). O primeiro suprimía as ordes monacais, coa excepción das que se

dedicaban ó auxilio social (coidado de enfermos, educación dos pobres...), e o segundo incautaba os seus bens e

declarábaos en venda.

Os obxectivos desta medida eran diversos. En primeiro lugar, converter os bens das comunidades

relixiosas, amortizados e colectivos, en propiedade individual e libre, coa finalidade de mellorar os

rendementos agrarios. Por outro lado, buscaba reducir a Débeda Pública, que alcanzara unhas cotas case

insostibles. Este fóra un problema crónico da economía española, pero nos últimos anos agudizárase debido á

perda das colonias americanas. Tamén era urxente dispoñer de diñeiro para cubrir os gastos extraordinarios que

estaba provocando a guerra carlista en curso; ante a incerteza do resultado era necesario aumentar o numero de

soldados, mellorar o seu equipamento... E, por último, conseguir un amplo apoio social para o liberalismo; os

compradores de terras desamortizadas apoiarían ó novo réxime dado que a volta atrás suporía a perda das terras

adquiridas. Ó mesmo tempo debilitábase á Igrexa, un dos seus inimigos máis poderosos.

Durante a rexencia do progresista Espartero (1840-43), concretamente en 1841, completouse a

desamortización eclesiástica. Nese momento foron declarados nacionais e postos á venda os bens do clero

secular, é dicir, o que desenvolve as súa actividade nas igrexas e catedrais baixo a autoridade dos bispos.

A partir de 1844 os gobernos moderados paralizaron o proceso e alcanzaron un acordo co Vaticano

(Concordato de 1851) polo que a Igrexa aceptaba as vendas xa realizadas a cambio de determinadas

contrapartidas. (repaso pax 20.)

A desamortización dos bens do clero non só afectou ás terras, senón que tamén se expropiaron moitos

edificios eclesiásticos. No campo, os edificios pasaron a mans privadas ou foron abandonados, sufrindo un grave

proceso de deterioro. Sen embargo, bastantes conventos e mosteiros das cidades foron despois utilizados polo

Estado como centros educativos e administrativos ó servizo dos cidadáns. En case que tódalas cidades de España

podemos atopar exemplos de uso público de antigos edificios do clero: Institutos como o Rosalía Castro de

Santiago, cuarteis…

1.3.2. A Desamortización de Madoz.

Despois da Década Moderada, na que se freou o proceso desamortizador, en 1855 -durante o Bienio

Progresista- o ministro de Facenda, Pascual Madoz, puxo en marcha unha nova desamortización, que recibiu o

nome de “Desamortización Xeral”. Chamouse así porque se puxeron á venda tódolos bens que aínda non eran

Unidade IV Historia de España 39

de propiedade privada: os eclesiásticos que non foran alleados na época anterior ( a pesar do establecido no

Concordato), os dos concellos, comúns, Estado...

O procedemento utilizado para as vendas foi o mesmo que na época de Mendizábal, pero o destino do

diñeiro obtido foi diferente; neste momento a Débeda Pública non supoñía un problema tan grave e só unha parte

foi destinado a paliala, o resto dedicouse a fomentar o desenvolvemento económico do país, concretamente á

construción do ferrocarril, tratando de reducir o desfase que neste ámbito tiña España con respecto ós países

máis avanzados de Europa.

Ademais, a diferenza das leis anteriores, que en moitos casos só cambiaban o titular ou propietario da

terra, a nova lei facilitaba un aumento importante da produción, xa que os novos donos transformaron os pastos e

montes adquiridos en terras de cultivo.

1.3.3.- Balance das Desamortizacións.

A).- Aspectos económicos:

-Obtención da propiedade plena. Logrouse na maioría do territorio español. A excepción produciuse no

caso de Galicia onde permaneceu intocable a situación característica do sistema foral e os montes das

comunidades de campesiños a penas se privatizaron.

-Os problemas facendísticos. Serviu para palialos en gran medida. Hai que ter en conta, tamén, que os

ingresos obtidos entre 1855 e 1867 foron investidos en diversas actividades económicas, fundamentalmente no

ferrocarril.

-Cambios na estrutura da propiedade. A reforma liberal non provocou cambios significativos neste

apartado, máis ben consolidou a situación preexistente en cada zona: maior concentración (centro e sur), e maior

dispersión (no norte e noroeste).

-Modernización da agricultura. Este obxectivo conseguiuse de maneira moi limitada. Se ben é certo que

aumenta a superficie cultivada, sobre todo a partir da lei de Madoz, só nalgunhas rexións pode falarse dun

cambio cualitativo, nas demais, queda patente a continuidade dos métodos tradicionais de explotación (ver máis

detalles no apartado 1.4).

B).- Aspectos políticos. Os compradores, variados e numerosos, non tiveron ningún interese en volver ó

Antigo Réxime e supuxeron un significativo apoio ó réxime liberal. No caso da Desamortización de Mendizábal,

ademais, foron ingresos decisivos para o triunfo na Guerra Carlista.

C).- Aspectos sociais: Analizando a condición dos beneficiarios atopamos unha grande variedade. A

Desamortización beneficiou á burguesía (comerciantes, homes de negocios, fabricantes, profesionais liberais...),

ós nobres, agora convertidos en propietarios capitalistas, que participaron de xeito importante na compra de

novas terras, e ós campesiños acomodados, que dispoñían do capital suficiente para ampliar as súas

propiedades. Pola contra, os que non eran propietarios estiveron incapacitados para mercalas. Así sucedeu cos

xornaleiros e pequenos arrendatarios, que foron ó mesmo tempo os máis prexudicados pola perda dos seus

dereitos de aproveitamento gratuíto das fincas municipais e comunais. Tamén se viron prexudicados os

arrendatarios agrarios pola suba da renda que a partir de 1840 aplicaron os novos propietarios da terra facendo

uso da liberdade establecida en materia de contratos agrarios. Unha das consecuencias das desamortizacións foi

precisamente o incremento da conflitividade social no campo, ó dar lugar á aparición dunha masa de

40 Historia de España Unidade III

campesiños sen terras que non tiñan garantida a subsistencia e que só conseguían ser contratados estacionalmente

nos grandes latifundios.

Debido a estas consecuencias sociais negativas, a Desamortización foi criticada por diversos autores,

entre os que destaca o economista Florez Estrada. Segundo el, o Estado non debería poñer á venda os bens

desamortizados porque prexudicaría a unha gran parte da poboación rural, senón cederllos ós campesiños en

enfiteuse, arrendamento a longo prazo, que se ben mantiña a titularidade das terras en mans do Estado, daba

amplas facultades ós cultivadores (podían vender os seus dereitos sobre a terra, pasarllos ós herdeiros...). Desta

maneira, o Estado conseguiría reducir progresivamente a Débeda Pública, co cobro dos arrendamentos, e ó

mesmo tempo equilibrar a estrutura social creando unha capa importante de medianos agricultores.

D).- Aspecto cultural: É de destacar neste ámbito a perda dun importante patrimonio artístico aínda

que, como xa quedou indicado, parte dos edificios eclesiásticos desamortizados foron reutilizados polo Estado

posteriormente. Tamén hai que salientar o descenso das escolas rexidas polos mosteiros; o Estado tratará de

paliar este retroceso prestando unha maior atención ó ensino público no futuro.

1.3.4.- O caso específico da Desamortización en Galicia. A permanencia dos foros.

A Desamortización en Galicia tivo unhas características específicas claramente diferentes ás do resto de

España.

Gran parte das terras galegas estaban explotadas baixo o denominado réxime foral. O foro era un

contrato de arrendamento de longa duración (case perpetuo, na práctica) que recoñecía dereitos legais nunha

mesma parcela a distintos grupos sociais. Nun principio, estes dereitos correspondían á nobreza terratenente e,

sobre todo á Igrexa (mosteiros, catedrais), titulares das terras (dominio directo), que percibían as rendas; por

outro, tamén lle correspondían ós campesiños, que pagaban estas rendas e non podían ser expulsados da terra

(domino útil). Sen embargo, co paso do tempo, o grupo da fidalguía (rexistradores, notarios, avogados,

administradores) conseguiron introducirse no sistema por diferentes vías: en pago de débedas contraídas pola

Igrexa, por labores de administración das propiedades, en compensación por doazóns... Acabaron desta maneira

percibindo parte das rendas e formando un chanzo intermedio no sistema (subforo).

Outra peculiaridade debíase a que a maioría dos montes galegos non pertencían ós Concellos

(propios), e non se incorporaron ó seu patrimonio como sucedeu noutras partes de España, senón que seguiron

sendo propiedade común dos veciños de parroquias e aldeas.

A Desamortización galega, por tanto, non desmantelou o sistema foral porque na maior parte dos

casos só significou a venda do dereito a percibir as rendas que ata agora cobraba a Igrexa e non da

propiedade plena da terra. Ademais, a desamortización das terras dos concellos foi pouco significativa debido

á súa escasa extensión.

En consecuencia, a Desamortización non alterou substancialmente en Galicia a organización

agraria procedente do Antigo Réxime. Os compradores dos bens desamortizados convertéronse en rendistas e

non en propietarios plenos da terra con posibilidade de adoptar cambios de tipo capitalista; como contrapartida,

os campesiños conservaron os dereitos sobre a terra. O sistema foral perdurou ata 1926 (Lei de redención de

foros). O proceso ata a súa desaparición estudárase nun capítulo posterior.

1.4.- EVOLUCIÓN DIVERXENTE DAS AGRICULTURAS EN ESPAÑA.

Os gobernos liberais levaron adiante unha importante modificación da lexislación agraria e do

sistema de propiedade que, entre outros obxectivos, perseguía unha significativa modernización do sector

primario español. Neste ámbito, deben encadrarse as leis desamortizadoras, desvinculadoras, o establecemento

Unidade IV Historia de España 41

da liberdade de cultivos, de prezos, de arrendamentos… Sen embargo, os logros quedaron bastante por

debaixo das expectativas e en moitos lugares de España os vellos sistemas de explotación seguiron vixentes.

Os trazos dominantes da agricultura continuaron sendo o emprego do barbeito, o escaso emprego de maquinaria

e abonos, a utilización masiva de man de obra, a falta de especialización cara ó mercado, a escaseza de

investimentos, os elevados custos de explotación… Poderíamos incluír aquí a unha gran parte de Galicia

(minifundismo), Castela, Estremadura, Andalucía...

A conseguinte falta de rendibilidade e competitividade de moitas explotacións agrarias levou ó Estado

Liberal a tomar medidas claramente proteccionistas (fortes aranceis ós produtos estranxeiros), pero se ben

beneficiaron ós propietarios agrícolas -puideron seguir desenvolvendo a súa actividade- non potenciaron a

renovación nin a modernización do sector. Moitos historiadores fan fincapé neste feito para explicar a escasa

xeración de capitais que dificultou o desenvolvemento industrial.

A pesar de que este é o panorama xeral da agricultura española durante o s. XIX, se facemos un estudio

máis pormenorizado das diferentes rexións españolas, apreciamos diverxencias significativas entre elas.

Nalgunhas zonas produciuse unha modernización significativa sintetizada no emprego de abonos, sementes

seleccionadas e maquinaria, na introdución de avances técnicos e científicos, co que foron capaces de

comercializar a súa produción a grande escala non só no mercado interior da península senón tamén acceder ó

mercado internacional. Son salientables, neste ámbito, Cataluña, coa produción de viños e cavas, e o Levante,

que se especializa nos produtos hortícolas e froiteiros (cítricos, améndoas…).

Por último, cabe indicar que as reformas agrarias liberais agudizaron nalgúns casos a conflitividade

social no campo, xa que mantiveron a situación dos campesiños arrendatarios no norte a aumentaron o número

de xornaleiros no sur. Nesta zona, especialmente en Andalucía, foi onde se manifestaron os enfrontamentos máis

significativos poñendo de manifesto a inxustiza da situación e reclamando un reparto máis xusto da propiedade.

As protestas foron duramente reprimidas e ós campesiños non lles quedou, na maioría das veces, outra alternativa

que emigrar para mellorar a súa situación.

2.- INDUSTRIALIZACIÓN E DESINDUSTRIALIZACIÓN NA ESPAÑA DO S. XIX: PAUTAS REXIONAIS.

2.1.- INTRODUCCIÓN. ¿EXISTIU EN ESPAÑA UNHA VERDADEIRA

REVOLUCIÓN INDUSTRIAL?

España non alcanzou durante o século XIX un grao de desenvolvemento industrial tan elevado como o

dos países máis adiantados da Europa Occidental (Gran Bretaña, Francia…). O desenvolvemento económico

español e o seu atraso foron un tema moi debatido entre os historiadores, economistas e políticos. Na década de

1970 a historiografía foi moi crítica ó analizar esta problemática; o principal portavoz desta corrente, Jordi

Nadal, sostivo que a debilidade da demanda interior (basicamente formada pola poboación agrícola) así como o

lento crecemento demográfico, o limitado consumo de enerxía, a errónea política agraria… xustificaban o el

denominou fracaso da revolución industrial en España antes da Primeira Guerra Mundial.

Esta teoría foi amplamente discutida na última década por outros historiadores, como Gabriel Tortella,

que son máis optimistas nas súas conclusións. Segundo eles, España participou durante o século XIX nas

correntes económicas internacionais seguindo a estela dos países da Europa Occidental, e se ben aceptan que o

seu crecemento foi menor e máis tardío có das principais potencias, non por iso consideran correcto falar dun

fracaso total. O comportamento español estaría na liña de países como Italia ou Portugal, feito que lles levou a

falar da existencia dun modelo latino de modernización.

42 Historia de España Unidade III

2.2.- CARACTERÍSTICAS DO PROCESO DE INDUSTRIALIZACIÓN

ESPAÑOL.

2.2.1.- Acentuación do Proteccionismo.

Ó longo do século XIX os gobernos españois aínda que foron alternando unha política económica

proteccionista (moderados-conservadores) cunha librecambista (progresistas-liberais), aplicaron

maioritariamente, sobre todo a partir da Restauración, medidas proteccionistas, sintetizadas no

establecemento de altos aranceis ós produtos estranxeiros comercializados en España.

As consecuencias económicas desta orientación arancelaria aínda hoxe están sometidas a

controversia. Algúns economistas consideran que as altas taxas arancelarias foron favorables para o

desenvolvemento industrial en España (senón sería imposible competir), pero a maioría (entre estes destaca

Tortella), son da opinión de que foron un elemento que contribuíu a retardar o crecemento evitando a

competencia exterior e favorecendo os beneficios dos grupos dominantes, que non se viron obrigados a

modernizar na medida que sería necesaria as estruturas económicas.

2.2.2.-Escaseza de materias primas e de fontes de enerxía.

É de destacar neste apartado a necesidade de algodón para surtir de materia prima á industria téxtil

catalana. Ante a súa escaseza en España, recorreuse masivamente ás importacións.

O carbón foi a fonte enerxética básica ata a aparición da hidroelectricidade. España tiña minas de

carbón -Asturias, León, Serra Morena- pero era de difícil extracción e, dada a súa localización, o transporte ata

os centros de consumo era caro. Resultaban máis baratas as importacións de carbón británico, do que se

abasteceu a siderurxia vasca durante a maior parte do período estudado.

2.2.3.- Escaseza de capitais. Importancia do capital estranxeiro.

O capital español investiuse fundamentalmente na compra de terras desamortizadas, en actividades

inmobiliarias, en Débeda Pública, na creación de pequenos establecementos bancarios, pero só en escasa contía

foi destinado á industria.

A necesidade de capitais obrigou a ofrecer incentivos ó de procedencia estranxeira. Un exemplo deste

proceso foron as medidas tomadas polo goberno do Bienio Progresista (1854-56) outorgando unha serie de

vantaxes ó capital foráneo (sobre todo francés) para que acudise a financiar a construción do ferrocarril e a

paliar a débeda do Estado. Na explotación das minas tamén interviñeron activamente investidores

estranxeiros dado que durante o s. XIX había unha gran demanda de minerais por parte dos países máis

industrializados da Europa Occidental.

O investimento exterior nun país non é por principio un dato negativo, sen embargo, se é consecuencia

da falta de capitais nacionais e supón un dominio de sectores claves da economía, convértese nun claro signo de

dependencia económica.

2.2.4.- Falta de espírito empresarial.

Os empresarios procuraron asegurar os seus beneficios mediante o proteccionismo do Estado,

sobreexplotando en moitos casos ós traballadores, en lugar de innovar e ser competitivos. Desta maneira,

Unidade IV Historia de España 43

prestóuselle pouca atención á educación e á investigación; así se explica o mantemento de altas taxas de

analfabetismo e dunha forte dependencia tecnolóxica do exterior.

2.2.5.- Mercado interior pouco integrado e desequilibrios rexionais.

A existencia dun amplo mercado interior tamén é un factor importante para o desenvolvemento

económico dado que permite a acumulación de capitais, a ampliación das empresas, a mellora da tecnoloxía, a

fabricación de produtos máis baratos...

Unha deficiencia significativa do caso español foi precisamente a reducida dimensión do mercado

interior, limitado polo baixo nivel de renda da poboación maioritariamente ocupada nunha economía de

subsistencia. Esta circunstancia estaba agravada pola insatisfactoria situación das vías de comunicación e dos

medios de transporte, que dificultaban as transaccións comerciais entre as distintas rexións. A escasa

integración do mercado interior contribúe a explicar os grandes desequilibrios económicos que había entre unhas

rexións e outras. En liñas xerais, podemos diferenciar unha periferia máis desenvolvida (Cataluña, Valencia,

País Vasco) e un interior máis deprimido e atrasado.

2.3.- PRINCIPAIS ZONAS INDUSTRIALIZADAS.

2.3.1.- CATALUÑA.

-O Sector téxtil.

Cataluña era unha rexión que xa contaba cunha longa tradición manufactureira e artesanal no ámbito

téxtil. Baseábase no traballo da la, que obtiña sobre todo en Aragón e Castela.

A finais do s. XVIII, e seguindo o exemplo inglés, aínda que a gran distancia, prodúcese unha

primeira modernización do sector consistente nunha certa mecanización e na substitución da la polo algodón,

materia prima de menores custos e máis facilmente adaptable ás novas máquinas. Esta primeira expansión, sen

embargo, sofre un freo significativo debido á influencia negativa da Guerra da Independencia e da perda do

mercado americano como consecuencia da independencia das colonias.

Será a partir da década de 1830, e superada esta situación negativa, cando se produza o despegue

definitivo da industria catalana do algodón. É agora cando se leva a cabo a modernización tecnolóxica

definitiva (xeneralización da máquina de vapor), a especialización no traballo, a produción en serie, a

redución de custos... Este avance explícase pola existencia de capitais relativamente importantes -repatriación

de capitais das colonias xunto co feito de que xa era a zona máis desenvolvida de España-, e dunha burguesía

máis emprendedora ca do resto do país.

Se ben se importa a materia prima, sobre todo de Norteamérica, a produción oriéntase cara ó interior de

España, sendo clave neste sentido a protección arancelaria, sempre demandada polos industriais cataláns, dado

que a calidade e o prezo eran pouco competitivos con respecto ós dos países máis adiantados.

Malia as altas taxas de crecemento ó longo do século XIX (apréciase claramente nas estatísticas que

recollen as cifras de importación de algodón), a produción total era, en termos comparativos con outros países

europeos, modesta. Así se explica que o tamaño do sector algodoeiro catalán fose suficiente para industrializar

Cataluña, mais non abondara para arrastrar ó conxunto da economía española e conseguir a primacía do sector

secundario.

44 Historia de España Unidade III

-A industria química.

A industria química ten numerosas aplicacións, pero debido ó limitado desenvolvemento económico

español, a maior parte delas representaban unha escasa demanda; tal é o caso dos fertilizantes para a agricultura

ou do sector farmacéutico.

O despegue da industria química catalana debeuse ó avance do sector téxtil para o que fabricou a gran

escala ácido sulfúrico, sosa, colorantes… A produción centralizouse en Barcelona, destacando polo seu tamaño

e tradición a Sociedade Anónima Cros.

-A industria metalúrxica de transformación.

Comprende a fabricación de maquinaria e todo tipo de obxectos de ferro ou aceiro. Durante a primeira

metade do s. XIX importábanse dos países máis industrializados de Europa, principalmente de Gran Bretaña. A

partir de mediados de século foi despegando este sector en Cataluña. O primeiro paso significativo representouno

a fundación en 1855 da empresa Maquinista Terrestre e Marítima, aínda que o a consolidación do proceso só se

produciu despois da década de 1880. De todas formas, a pesar deste relativo crecemento, sempre contou cunha

importante limitación, a súa dependencia do ferro vasco, e só logrou alcanzar un 10% do total da produción

industrial catalana.

2.3.2.- PAÍS VASCO. O sector siderúrxico.

O País Vasco contaba cunha certa tradición na fabricación de ferro seguindo o sistema tradicional das

forxas. Sen embargo, só permitía unha pequena produción e o proceso levábase a cabo de maneira artesanal.

Será no século XIX, sobre todo na segunda metade, cando se produza o verdadeiro desenvolvemento da

moderna industria siderúrxica vasca. Esta comunidade contaba, en principio, con varios elementos favorables

para destacar nesta actividade: abundancia de mineral de ferro, unha certa acumulación de capital e un

espírito empresarial máis desenvolvido que noutras partes de España. Sen embargo, unha deficiencia

significativa lastraba o avance do sector: a inexistencia de combustible (carbón, hulla) de calidade e a un prezo

competitivo. Esta deficiencia solucionouse recorrendo ó comercio exterior: a exportación de mineral de ferro a

Inglaterra permitiu a importación de carbón de maneira vantaxosa, xa que o baixo prezo de orixe completábase

coa economía do transporte (aproveitábase a viaxe de volta dos barcos que transportaban o mineral). Este

proceso explica o progresivo desprazamento do carbón español, asturiano fundamentalmente, dada a súa inferior

calidade e alto prezo.

A produción acelérase a partir da década de 1880 debido á introdución de novas técnicas -é destacable a

construción nesa época do primeiro forno Martin Siemens- e á concentración empresarial, imprescindible para

aumentar a competitividade; concretamente, en 1902, as empresas máis importantes fusionáronse na de Altos

Hornos de Vizcaya.

O triunfo da siderurxia vasca supón a progresiva decadencia da produción doutras zonas españolas que

tiveran un certo desenvolvemento con anterioridade; o caso de Andalucía e de Asturias son os máis

significativos.

A pesar da importancia da produción siderúrxica vasca dentro do contexto español, non deixa de ser

modesta se a comparamos coa doutros países (Gran Bretaña, Alemaña,…). Centrouse sobre todo no mercado

interior, que no caso español non era moi amplo debido á escasa industrialización, e beneficiouse do

proteccionismo. Só así puido compensar o desfase en competitividade cos países citados anteriormente.

Unidade IV Historia de España 45

2.4.- ZONAS DE MENOR DESENVOLVEMENTO INDUSTRIAL.

2.4.1.- ANDALUCÍA. O fracaso do sector siderúrxico.

A partir da década dos 30, produciuse en Andalucía un certo desenvolvemento da industria

siderúrxica animada pola crecente demanda de ferro para a agricultura, a industria téxtil e o transporte; é de

destacar que é a rexión pioneira na apertura de altos fornos.

Este temperá desenvolvemento explícase pola confluencia de capitais existentes na rexión, pola

abundancia de mineral de ferro e pola utilización de carbón vexetal (derivado da madeira).

Sen embargo, pronto se viu cuestionado o seu futuro polos elevados custos de produción (inexistencia

de carbón mineral, distancia dos principais centros consumidores…) e foi desprazada pola siderurxia vasca.

O fracaso deste sector explica que gran parte dos capitais dispoñibles en Andalucía deixaron de

investirse na industria e foron orientados posteriormente á compra de terras desamortizadas, á especulación

urbanística… acentuando o atraso do sector secundario.

2.4.2.- MADRID: Incapacidade para converterse nun gran centro industrial.

Madrid tamén participou no proceso de expansión industrial. Contaba cun factor importante: o feito de ser

a capital de España e localizarse nela a Administración Central; por este motivo, moitas empresas, tanto

nacionais como estranxeiras, instaláronse alí. Ademais, viuse favorecida por un gran aumento da poboación e a

conseguinte demanda de bens de consumo. Sen embargo, era frecuente que moitas das citadas empresas

instalasen na capital só as oficinas ou a sección de administración pero desenvolvesen a maior parte da súa

produción noutras zonas mellor comunicadas.

Madrid, en definitiva, non logrou situarse ó mesmo nivel que Cataluña e o País Vasco, fracasando no

obxectivo de converterse nun gran centro industrial.

2.4.3.- GALICIA.

-O sector téxtil.

Galicia durante o Antigo Réxime caracterizouse por ter unha produción téxtil de liño de certa

importancia. Era de ámbito rural, que se compatibilizaba cos labores agrarios, pouco mecanizada e de escasa

produtividade por traballador.

Durante o século XIX non se beneficiou dunha modernización similar á do algodón. Por un lado, a

atomización típica do sector impediu a acumulación de capital, por outro, non houbo grupos comerciais

(burgueses) dispostos a investir na substitución do liño polo algodón (novas máquinas, instalacións modernas…).

Como consecuencia destas deficiencias, conforme vai avanzando o século XIX, o sector foi sendo desprazado

pola produción algodoeira inglesa, primeiro, e catalana posteriormente.

Este proceso supuxo e empobrecemento dunha parte importante das explotacións familiares de Galicia

coa conseguinte redución da demanda de bens de consumo, e provocou una importante emigración nas comarcas

tradicionalmente produtoras.

-O sector conserveiro.

A finais do século XIX a tradicional produción de salgados transfórmase na moderna industria

conserveira, sector que pode considerarse como o primeiro propiamente capitalista de Galicia. Este cambio

significativo debeuse ó asentamento de empresarios cataláns na rexión, que aportaron o capital necesario, e á

46 Historia de España Unidade III

crise de produción sardiñeira de Bretaña (Francia), que obrigou ós franceses á buscar en Galicia mercadorías

para atender os seus mercados, incrementado a demanda.

En 1907, Galicia elaboraba o 59% da produción española de conservas de peixe e Vigo converteuse no

gran centro conserveiro da península. Gran parte da produción orientábase ó mercado exterior, sendo Cuba e

Francia os seus principais clientes. Máis tarde, xa avanzado o século XX, cando diminuíron as exportacións,

reorientouse a produción cara ó mercado interior.

O avance do sector conserveiro vai ter unha gran importancia para Galicia, dado que emprega

unha gran cantidade de man de obra, fundamentalmente feminina, e favorece o desenvolvemento de diversos

sectores auxiliares: serradoiros, fábricas de envases, maquinaria… Ó mesmo tempo, impulsa a transformación de

pesca, coa introdución de novas artes - cerco, arrastre-, e axuda a desenvolver a construción naval, sector no que

Barreras, na ría de Vigo, é un pioneiro.

A pesar desta gran importancia do sector, por si só non foi capaz de transformar globalmente a

economía galega. Ademais, non tivo influencia nos centros de decisión política como tiñan a industria vasca e

catalana; así se explica o desamparo da política arancelaria, case sempre lesiva para Galicia.

2.5.- OUTROS SECTORES IMPORTANTES NO PROCESO DE

MODERNIZACIÓN.

2.5.1.- O FERROCARRIL.

A comezos do s. XIX España estaba dividida nunha serie de pequenos mercados de ámbito rexional,

mal comunicados entre si, feito que dificultaba o crecemento económico. Esta situación era debida á insuficiencia

das vías de comunicación e ás trabas legais: aranceis interiores, existencia dunha gran diversidade de pesos e

medidas…

Os gobernos liberais levaron a cabo distintas iniciativas para solucionar estes problemas. Por un

lado, unha nova lexislación económica eliminou os atrancos anteriores e favoreceu a liberdade de circulación de

mercadorías, por outro, modernizáronse os transportes e as comunicacións. Neste ámbito, deben destacarse a

mellora das estradas, o acondicionamento dos portos, a instalación da rede telegráfica, e, sobre todo, a

construción da rede ferroviaria.

España presenta un atraso significativo con respecto a outros países na construción do ferrocarril.

A primeira liña uniu as cidades de Barcelona e Mataró no ano 1848, data na que os principais potencias

europeas xa contaban cunha estrutura de varios miles de quilómetros.

O primeiro paso decisivo produciuse en 1855, no período de goberno progresista, coa aprobación da Lei

Xeral de Ferrocarrís. O Estado facilitaba a creación de sociedades anónimas ferroviarias, garantía unha serie de

beneficios ós investidores e permitía a libre importación do material necesario. É así como se logra canalizar

unha gran cantidade de capital tanto español coma estranxeiro (fundamentalmente francés) e acelérase a

construción.

As fases máis significativas foron:

1855-1876. Rápido crecemento inicial, aínda que os beneficios foron inferiores ós previstos.

Coincidindo coa crise xeneralizada de finais dos anos 60 produciuse a quebra de moitas compañías e un parón na

construción.

1877-1896. Novo avance que se explica polo importante investimento de capital estatal e pola

concentración empresarial.

Unidade IV Historia de España 47

1896-1936. Continuación da construción, aínda que a ritmo máis lento.

As consecuencias da construción do ferrocarril foron moi significativas.

-Maior rapidez no traslado de mercadorías e pasaxeiros.

-Redución de custos.

-Regularidade dos intercambios (permite superar os atrancos das inclemencias climáticas).

-Permite a especialización económica das diferentes rexións.

-Supón unha demanda importante de man de obra.

-Fomenta a creación de sociedades por accións e de bancos.

-Contribúe, en suma, a creación do mercado nacional.

Sen embargo, a construción do ferrocarril español non estivo exenta de importantes deficiencias que

limitaron a súa eficacia:

-Concentración excesiva de capital que prexudicou ó sector industrial.

-A gran facilidade para importar material ferroviario (para impulsar a participación de empresas

estranxeiras), non beneficiou á siderurxia española.

-Escolleuse un ancho de vía superior ó do resto dos países para aumentar a potencia das locomotoras e

superar a escarpada orografía española. Sen embargo, posteriormente, demostrouse que non era necesaria esta

medida que significou, en definitiva, un obstáculo nos intercambios exteriores, deficiencia que se mantén na

actualidade.

-Trazado radial. Tiña como obxectivo unir Madrid coas capitais de provincia máis importantes; por

tanto, non obedece só a criterios económicos senón tamén a criterios políticos, é dicir, contribuír á centralización.

Desta maneira, déixanse importantes espazos mal comunicados: cornixa cantábrica, costa mediterránea, interior

de Galicia…

2.5.2..- A REFORMA TRIBUTARIA. A REFORMA MON-SANTILLÁN.

Un dos elementos ligados á modernización dos Estados durante o s. XIX é o que fai referencia á reforma

da Facenda. En liñas xerais, a Facenda do Antigo Réxime, tanto en España coma noutros países, era unha

institución arcaica, que arrastraba unha gran cantidade de lacras: excesivamente complicada, non equitativa,

pouco eficaz…

Durante o s. XIX lévanse a cabo diversas reformas que intentan paliar os problemas citados. En España,

a máis significativa foi a Reforma Mon-Santillán de 1845. Supón unha clara simplificación, racionalización e

uniformización do caótico sistema de recadación de impostos.

Os impostos directos máis significativos quedaron agrupados en dous: o de “Inmobles, cultivos e

gandería”, que gravaba a riqueza agraria e inmobiliaria, e a “Contribución industrial e de comercio”. Entre os

indirectos incluíanse: os Consumos (gravaban os artigos de consumo), os impostos sobre o transporte, Aduanas,

Loterías, e os chamados Monopolios: sobre o tabaco e a sal.

48 Historia de España Unidade III

A pesar da modernización e do avance que se produce con estas medidas, hai que salientar varios

defectos significativos: por un lado, o sistema segue sendo pouco equitativo, recada moito menos do que

debería mediante os impostos directos (que son os máis xustos, dado que paga máis o que máis posúe) e baséase

nos indirectos. Por outro lado, segue sendo insuficiente; houbo sempre un déficit público significativo que a

Desamortización só paliou en parte. O Estado veuse obrigado a recorrer á Débeda Pública (préstamos) coa

consecuencia de que parte do presuposto anual estaba destinado ó pago dos seus intereses. Se a esta partida

engadimos o que se gastaba no Exército e os pagos á Igrexa, podemos deducir que só unha parte limitada

quedaba en disposición de ser investida en aspectos máis produtivos (infraestruturas, ensino…).

2.5.3.- O SISTEMA BANCARIO E FINANCEIRO.

As necesidades de capital precisas para desenvolver os novos negocios industriais e comerciais, a

construción dos ferrocarrís, a edificación das fábricas e o financiamento da administración do Estado trouxeron

consigo o desenvolvemento e perfeccionamento do sistema bancario e financeiro. As súas bases legais fóronse

establecendo ó longo do s. XIX.

Na década de 1830 nace a Bolsa de Madrid e en 1851 a de Barcelona. É un mercado de valores onde se

compran e venden accións das empresas que cotizan nela. Permite a captación de aforro privado para

desenvolver as actividades destas empresas. As cotizacións flutúan segundo a lei da oferta e demanda: se moitos

compradores demandan accións dunha determinada compañía, estas soben de prezo, no caso contrario, baixan.

O funcionamento da Banca foi regulamentada pola Lei de ordenamento do sistema bancario de 1856.

Segundo esta lei, o sistema bancario estruturábase en dous tipos de entidades: os bancos de emisión, autorizados

a emitir billetes, e os bancos de negocios, autorizados a captar o aforro dos clientes mediante depósitos e a

participar en empresas comerciais e industriais. Á cabeza do sistema bancario estaba o Banco de España.

O sistema bancario español desta época era aínda pouco estable e solvente. Ante a crise económica que

ten lugar na década dos 60, moitas pequenas entidades non son capaces de sobrevivir e quebran. En 1874

prodúcese unha nova reordenación bancaria outorgando ó Banco de España a exclusividade da emisión de

billetes e establécense unhas novas normas máis estritas para o funcionamento das entidades privadas. Esta

reordenación e o crecemento económico do primeiro terzo do s. XX permitiu a fundación de moitos dos grandes

bancos actuais: Hispanoamericano, Central, Popular, Exterior,…

En Galicia o peso da banca foi feble ata comezos do S. XX. Destacan o Banco de Vigo e o Pastor.

No ámbito monetario, tratouse de unificar o sistema (existencia de multiplicidade de moedas) e

impoñer o sistema decimal. Logrouse gradualmente trala reforma da 1868 que implanta unha nova moeda con

carácter xeral: a peseta.

3.- OS CARACTERES DA MODERNIZACIÓN DEMOGRÁFICA DA ESPAÑA CONTEMPORÁNEA.

3.1.- PERVIVENCIAS DO MODELO DEMOGRÁFICO ANTIGO.

O denominado modelo demográfico antigo, vixente en España ata finais do século XIX, caracterízase

polas altas taxas de natalidade e mortalidade co conseguinte crecemento vexetativo reducido.

A alta taxa de natalidade (+30% ) explícase polo predominio dunha sociedade rural na que os fillos

comezaban a traballar moi cedo axudando nos labores do campo, eran moi baratos de manter e aseguraban o

porvir dos seus pais, dado que non existían seguros de accidentes, xubilación, etc. Ademais, tampouco

dispoñían de sistemas eficaces de control da natalidade; a única posibilidade era atrasar a idade do

Unidade IV Historia de España 49

matrimonio nas conxunturas económicas de crise, co que se acurtaba o período fértil da muller e lográbase unha

redución do número de fillos.

A taxa de mortalidade tamén era alta (28-29 % a finais de século). Unha das razóns era o baixo nivel

de vida coa conseguinte dieta alimenticia escasa e desequilibrada (baseábase no pan e escaseaban a carne, o leite

e os ovos). A outra derivábase das deficientes condicións sanitarias e hixiénicas; así se explica que as

enfermidades infecciosas transmitidas polo aire (tuberculose, pulmonía, gripe…) ou pola auga (diarreas,

cólera…) tivesen unha alta incidencia. Ademais da alta mortalidade xeral había momentos de mortalidade

catastrófica causada polas epidemias, guerras ou malas colleitas.

Como resultado desta situación, o crecemento natural ou vexetativo (diferenza entre natalidade e

mortalidade) era baixo e con certa frecuencia convertíase en negativo (nas épocas de mortalidade catastrófica).

3.2.- ELEMENTOS DO CAMBIO DEMOGRÁFICO.

A partir do ano 1900 aproximadamente, vanse producindo unha serie de cambios demográficos que

supoñen un significativo crecemento da poboación durante o primeiro terzo do século XX.

A taxa de natalidade foise reducindo, aínda que de maneira moi paulatina. Inflúe neste proceso a

crecente urbanización que repercute tamén no cambio de mentalidade. Nas cidades hai menos espazo e un

elevado número de fillos xa non supón un suplemento económico para a familia; ademais, precisan de maiores

coidados e atencións. Os pais prefiren ter menos fillos e proporcionarlles unha mellor educación e nivel de vida.

A taxa de mortalidade descendeu de maneira máis acentuada. É consecuencia da mellor

alimentación, proporcionada polo progreso da agricultura (desaparecen practicamente as crises de subsistencia)

e das melloras sanitarias e hixiénicas (prevención e tratamento máis efectivo das enfermidades), feito que non

impide, de todas formas, a existencia da última gran epidemia do s. XX, a de gripe de 1918.

Como consecuencia, asistimos nesta época a un importante crecemento vexetativo da poboación.

3.3.- DIFERENCIAS REXIONAIS E PROCESO DE URBANIZACIÓN.

Durante o s.XIX acentúase o desequilibrio demográfico, iniciado xa con anterioridade, consistente no

incremento da poboación das rexións costeiras e estancamento ou diminución das situadas no interior. É así

como Cataluña, País Vasco, Asturias e Levante, debido á súa maior industrialización, convértense en focos de

atracción de emigrantes procedentes das zonas agrarias. En Galicia apréciase un proceso similar, cun importante

transvase de poboación do interior á costa. A excepción a este esquema xeral constitúea Madrid, único gran foco

de concentración no interior debido fundamentalmente á súa condición de capital do Estado.

No s.XIX e principios do XX, España experimenta un crecente grao de urbanización. Este proceso

non é tan intenso como o doutros países europeos debido á insuficiente modernización da estrutura económica

(desenvolvemento do sector secundario e terciario). De todas formas, sobre todo no primeiro terzo do s. XX,

acentúase o éxodo rural e apréciase un crecemento significativo de cidades como Barcelona, Madrid, Valencia,

Sevilla, Málaga, Zaragoza, Bilbao…

Nun primeiro momento, o crecemento da poboación non foi acompañado dunha expansión proporcional

do plano da cidade en superficie e esta seguiu rodeada polo recinto amurallado; só crecen en altura os edificios e

ocúpanse os espazos baldeiros.

Máis adiante, sobre todo en determinadas cidades, acométese unha serie de realizacións que supoñen

importantes cambios.

50 Historia de España Unidade III

O Ensanche é un sistema de planeamento ideado para crear novos espazos urbanizados como residencia

das clases medias e altas. Para realizalo houbo que derrubar as antigas murallas construíndose no seu lugar

paseos de rolda ou rúas que separaban o casco histórico da nova cidade. Quizais o Plano de Ensanche máis

significativo foi o que planeou Ildefonso Cerdá para a cidade de Barcelona. Aprobado en 1860 serviu do

modelo para outros proxectos, incluído o de Madrid.

Deseñou un plano regular, en cuadrícula, con rúas rectilíneas e anchas, en contraste coa irregularidade

da cidade preindustrial. A trama de edificación era de baixa densidade, con inmobles de mediana altura e

vivendas amplas, de alta calidade construtiva, ben iluminadas e ventiladas e con extensos espazos ocupados por

xardíns. O seu uso era fundamentalmente residencial para a burguesía, debido ós altos prezos dos terreos e

inmobles.

Os obxectivos eran solucionar o problema da circulación e da vivenda, ademais de mellorar a hixiene e

a calidade de vida. Aínda que entre o proxecto e a realización final existiron importantes diferenzas (aumentouse

a densidade de vivendas e reduciuse o dedicado a espazos verdes), non cabe dúbida de que significou un cambio

transcendental na estrutura da cidade.

Grandes Vías. Polo medio dos cascos urbanos. Tenden a ser rectas e moi anchas para facilitar as

comunicacións. A estas vías acode o comercio de luxo, a banca, as sedes de empresas, cines, teatros… Van ser o

eixe fundamental da cidade.

Saneamento. Inclúe a construción de redes de sumidoiros, traída de augas, pavimentación, iluminación,

recollida de lixo… A maioría destas melloras só se realizan no espazo urbano onde tiña intereses a burguesía.

Ademais destas realizacións, tamén se constrúen barrios obreiros na periferia das cidades. Na maioría

dos casos realízanse sen control, buscando un rápido beneficio polo que as condicións de vida neles son bastante

deficientes. Residen aquí sobre todo inmigrantes que non teñen acomodo no interior da cidade nin non ensanche.

3.4.- OS MOVEMENTOS MIGRATORIOS.

Dende mediados do século XIX e ata a I Guerra Mundial (1914) produciuse en España un

importante movemento migratorio principalmente cara a América Latina. Esta migración a ultramar foi un

fenómeno europeo xeral, e aínda que as cifras españolas son importantes, non alcanzaron os valores doutros

países como por exemplo Italia.

As razóns deste emigración foron variadas, pero entre elas destacan as económicas: o desfase entre o

crecemento demográfico e o desenvolvemento dos recursos orixinou un desequilibrio que obrigou á saída do

excedente en busca de novas posibilidades de subsistencia. Os lugares de procedencia son por tanto as zonas de

agricultura atrasada, ás veces minifundista, que non posibilitan a supervivencia nunhas condicións mínimas de

parte da súa poboación; destacan neste capítulo Galicia, Asturias e Canarias. O perfil deste emigrante é

home, dedicado á agricultura e de baixo nivel de cualificación.

Os países de destino son maioritariamente as repúblicas hispanoamericanas, Arxentina, Cuba, Brasil,

México. Varias son as circunstancias que explican este fenómeno. Por un lado, as propias afinidades

lingüísticas e culturais; por outro, as boas condicións económicas destes países que contaban con escasa

poboación e abundantes recursos naturais sen explotar, feito que xustifica a adopción dunha política de atracción

de inmigrantes co obxectivo de solucionar estas deficiencias. Na maioría dos casos os emigrantes empregáronse

nas labores agrarias.

A partir de 1914 e ata mediados do século XX este movemento migratorio reduciuse de maneira

significativa debido á inseguridade provocada pola I Guerra Mundial, ós efectos negativos xerados pola crise

económica de 1929 e, por último, á Guerra Civil española (1936-39).

A partir de 1950 volta a recuperarse este fenómeno migratorio aínda que sen a intensidade

anterior e xa nos anos 60 os lugares de destino serán maioritariamente europeos (Alemaña, Francia, Suíza).

Unidade IV Historia de España 51

Dentro do capítulo migratorio merece unha especial atención o caso galego, non en vano este constitúe

o trazo máis definitorio da súa demografía durante a etapa que estamos estudando.

As razóns da emigración galega e os países de destino coinciden co panorama xeral comentado

anteriormente. Débese á crise que afecta á economía galega que non é capaz de modernizar o agro nin

tampouco xerar un sector industrial desenvolvido continuador das actividades téxtiles rurais e do sector

pesqueiro que absorbese o crecemento demográfico. Os países de destino coinciden tamén coas repúblicas

hispanoamericanas citadas anteriormente.

A especificidade galega está na contía desta emigración, moi por riba doutras comunidades

españolas, baste dicir que nalgunhas épocas supón máis do 40% do total. Tal volume de emigrantes debilita o

crecemento natural da poboación, incide no aumento da solteiría feminina, na natalidade extra-matrimonial e no

envellecemento da poboación.

As remesas de divisas vanlle servir ós campesiños para redimir os foros e mercar terras, converténdoos

en propietarios plenos; tamén mercarán gando e anovarán as súas casas. Outra finalidade dos investimentos serán

as escolas, sobre todo as de ensino primario, que se van instalando en distintas localidades de Galicia; sen

embargo, poucos irán destinados ó sector industrial (pódense citar como excepción a empresa A Metalúrxica de

Vigo e algúns serradoiros).

Os capitais xerados pola emigración galega non só repercutiron economicamente na nosa

comunidade senón que canalizados pola banca que florece nestes anos irán a desenvolver outras zonas do

Estado e contribuirán tamén a paliar o déficit da balanza de pagos española.

4.- OS NOVOS GRUPOS SOCIAIS. O NACEMENTO DO MOVEMENTO OBREIRO E DO AGRARISMO.

4.1.- A NOVA SOCIEDADE DE CLASES.

A partir do século XIX producíronse importantes cambios na sociedade española. O fundamental foi o

paso da sociedade estamental, típica do Antigo Réxime, á chamada sociedade de clases. Ata este momento,

estaba en vigor un tipo de sociedade no que predominaba a inmobilidade (era case imposible ascender na escala

social) así como a desigualdade legal entre os seus integrantes: a nobreza e o clero non pagaban impostos, tiñan

leis e tribunais especiais e dispoñían de cargos reservados. A partir de agora, a sociedade adquire unha maior

mobilidade: o esforzo persoal, a capacidade, a formación académica… son máis importantes có nacemento ou a

pertenza a unha determinada liñaxe nobiliaria; ó mesmo tempo, alcánzase a igualdade ante a lei.

Ó lado deste cambio transcendental, hai que salientar aparición do proletariado e o crecemento da

burguesía. Concretamente este último grupo é o que saíu máis beneficiado cos cambios, dado que logrou a

eliminación dos obstáculos que se opoñían ó seu enriquecemento e ó seu ascenso ó poder político.

4.2.- OS GRUPOS TRADICIONAIS.

Evolucionan de maneira diferente ante o establecemento da sociedade de clases.

4.2.1.- A Nobreza.

Perdeu os privilexios que lle outorgaba a antiga sociedade estamental (xudiciais, fiscais…); sen

embargo, en moitos casos, incrementou os seu patrimonio e mantivo unha forte influencia social e económica. En

termos xerais, os nobres seguiron formando parte da cúspide da nova sociedade e adaptáronse con éxito ás novas

circunstancias (aburguesamento nobiliario). Contribuíu a este feito o entroncamento coa burguesía rica a través

da vía matrimonial ou da compra de títulos nobiliarios por este último grupo.

52 Historia de España Unidade III

En Galicia, dadas as súas circunstancias especiais, a fidalguía mantivo un importante papel social e

económico. Sen embargo, e dado que a súa base económica era a percepción de rendas agrarias, foi perdendo

peso social, da mesma maneira que o fixo a agricultura e o mundo rural conforme foi avanzado o século. Estivo

ligada á ideoloxía tradicionalista e ó caciquismo político.

4.2.2.- O Clero.

Foi un grupo claramente prexudicado pola revolución liberal: perdeu tanto privilexios coma riqueza. A

desamortización e as novas correntes de pensamento (liberalismo, marxismo…) infrinxiron un duro golpe ó

clero. Algúns dos seus membros adaptáronse á nova situación, pero a maioría non se resignou ó seu novo papel e

integrouse nas filas do carlismo e do tradicionalismo. De todos modos, e tendo en conta que a maioría da

sociedade española do s. XIX conserva unha fonda relixiosidade de corte tradicional, a súa influencia seguiu

sendo importante, sobre todo nas épocas de goberno moderado: moitas constitucións recolleron a

confesionalidade católica do Estado e conseguiron manter o control da educación, como recoñece a Concordato

de 1851.

Aínda que minoritaria, existiu unha corrente anticlerical que deu lugar a numerosos actos de protesta

(manifestacións, mitins, queima de igrexas e conventos…).

4.2.3.- O Campesiñado.

Seguiu a ser o grupo máis numeroso da poboación. O escaso desenvolvemento industrial español

comparado co dos países europeos máis importantes, explica que seus efectivos se reducisen escasamente ó

longo do s. XIX.

En liñas xerais, os campesiños pobres foron afectados negativamente pola transformación do réxime de

propiedade realizada polos liberais. A desamortización eclesiástica non contribuíu a mellorar a súa situación (moi

poucos puideron facerse coas terras que saíron á venda), e a desamortización dos bens dos propios e comúns

resultou especialmente negativa (quedaron sen pastos para o seu escaso gando e sen poder cultivar as parcelas

que se repartían entre os veciños). Deste modo, pasaron a ser xornaleiros.

Este proceso exemplifícase claramente en Andalucía, onde as masas de proletarios agrícolas explotados

pola oligarquía agraria provocaron frecuentes revoltas que foron sufocadas contundentemente, non encontrando,

en moitos casos, máis saída á súa situación que a emigración.

En Galicia a situación do campesiño era distinta. Non era propietario pleno da terra, pero tiña certos

dereitos sobre ela debido á permanencia do réxime foral. Sen embargo, foi afectado negativamente polo aumento

da poboación e a escasa modernización da agricultura. O desequilibrio entre poboación e recursos explica as

protestas campesiñas pola propiedade da terra (agrarismo) e a forte emigración.

4.3.- OS NOVOS GRUPOS.

4.3.1.- A Burguesía.

Constituíu o grupo ascendente da sociedade. A revolución política liberal e o desenvolvemento do

capitalismo contribuíron a que se fixera co control político e económico (“a sociedade burguesa”). Teñen o

control político porque dominan as institucións máis importantes do sistema -gobernos e parlamentos-, e o

control económico, porque son os propietarios das empresas. De todas formas, o reducido desenvolvemento

económico e industrial español, fixo que os seus efectivos fosen relativamente escasos e mantivesen unha

mentalidade pouco emprendedora e favorable ó ennobrecemento.

Unidade IV Historia de España 53

Dentro deste grupo pódese diferenciar unha alta burguesía formada por financeiros, industriais,

grandes comerciantes, que manexan grandes fortunas e controlan o poder político (oligarquía) e localízanse

fundamentalmente nos centros económicos do país (Madrid, Barcelona e Bilbao). Defenderon maioritariamente

as opcións políticas conservadoras.

Nun nivel inferior estaba a pequena burguesía ou clases medias (entre a alta burguesía e os

traballadores). Estaban formadas por propietarios de pequenos talleres, tendeiros, profesións liberais, asalariados

non manuais (funcionarios, mestres…). A súa ideoloxía política tendeu a ser progresista e democrática.

4.3.2.- Proletariado Industrial .

Aumenta paralelamente á industrialización, polo que só alcanzará importancia numérica no s.XX. Está

formado polos traballadores das fábricas; procedían do campo ou dos talleres artesanais arruinados pola

competencia das máquinas.

4.4.-CONFLICITIVIDADE SOCIAL E MOVEMENTO OBREIRO.

4.4.1.- AS CONDICIÓNS DE VIDA DA CLASE TRABALLADORA

Nos inicios da Revolución Industrial as condicións de vida da clase traballadora caracterizábanse

por unha gran dureza. Os obreiros industriais estaban sometidos a longas xornadas de traballo, recibían un

salario moi reducido, estaban expostos a frecuentes accidentes laborais…; no campo, os campesiños pobres e

xornaleiros, nunhas condicións precarias, quedaron sometidos á vontade dos grandes propietarios. A esta

situación hai que engadir o caso específico das mulleres e nenos, que recibían salarios inferiores ós dos homes,

circunstancia que animaba ós patróns a contratalos tanto nas fábricas como nas minas e no campo para obter un

maior beneficio económico.

Os traballadores foron organizándose progresivamente para lograr mellores condicións laborais e de

vida. Nun principio, as súas reivindicacións eran puramente laborais (mellora de salarios, redución da xornada

laboral…), para pasar máis adiante a reivindicacións máis globais, que incluirían a transformación profunda da

sociedade segundo ideoloxías propiamente obreiras (anarquismo e marxismo). O conxunto destas actividades

recibe o nome de movemento obreiro.

4.4.2.- PRIMEIRAS FORMAS DE LOITA.

4.4.2.1.- Ludismo.

As primeiras protestas obreiras en España aconteceron nas décadas de 1820 e 1830, en paralelo cos

inicios da industrialización e da introdución de novas máquinas. Os obreiros reaccionaron ante a perda do seu

oficio ou o empeoramento das súas condicións de traballo (baixa de salarios), coa destrución das fábricas e das

máquinas, ás que consideraban como as causantes do paro e da súa desgraza. Estas accións, denominadas

ludistas (en lembranza de Ned Ludd, un obreiro téxtil inglés, que a tradición consideraba como o primeiro

destrutor de máquinas), iniciáronse en Levante (Alcoi, 1821) e Cataluña (incendio en 1835 da fábrica El Vapor

de Bonaplata, un dos primeiros empresarios en adoptar a máquina de vapor).

Esta forma de loita non foi moi eficaz nin duradeira debido á contundencia das medidas represivas

tomadas polas autoridades, presionadas polos empresarios (atacábase o sagrado dereito de propiedade), como

pola deficiente organización e planificación das actuacións. Os obreiros, conscientes destas circunstancias e de

que esa non era a mellor vía para mellorar a súa situación, adoptaron pronto outras formas de loita máis

54 Historia de España Unidade III

elaboradas. De todas formas, de xeito puntual, os actos destrutivos contra as fábricas continuaron aínda en

décadas posteriores; nesta estratexia hai que incluír o incidente da Fábrica de Tabacos da Coruña ocorrido en

1857.

4.4.2.2.- Sociedades de Socorros Mutuos.

Inicialmente, a lexislación liberal, en defensa da liberdade de mercado e de empresa, promulgou a

disolución dos gremios e prohibiu a formación de asociacións de tipo laboral; sen embargo, en 1839, unha lei

autorizaba a creación de sociedades de socorros mutuos de obreiros. Funcionaban, en primeiro lugar, como

caixas de resistencia, de tal maneira que os asociados pagaban unha cota a un fondo común que lles permitía

seguir cobrando o xornal en caso de despido, enfermidade ou folga. Pronto adquiriron tamén un carácter

reivindicativo e uniron ós seus obxectivos a loita pola regulamentación do traballo, por melloras salariais e pola

redución da xornada laboral.

As primeiras organizacións quedaban limitadas a un determinado oficio –a pioneira foi a Asociación de

Tecedores de Algodón (Barcelona, 1840)-, pero posteriormente estableceron contactos entre elas e acabaron

dando lugar a asociación de obreiros de distintas profesións adquirindo unha maior fortaleza.

Os gobernos liberais adoptaron con respecto a estas sociedades unha actitude cambiante. Os

conservadores estiveron claramente en contra, negando ós obreiros o dereito a defender colectivamente as súas

reivindicacións, e cando estiveron no poder tenderon a prohibilas. Sen embargo, os progresistas foron máis

permisivos e normalmente permitiron a súa existencia. Esta diferente actitude quedou patente no ano 1855.

Os obreiros, ante a prohibición decretada con anterioridade polos moderados, reclaman a través de

manifestacións na rúa e de escritos enviados ás autoridades a súa plena legalización, esperando que a actitude dos

progresistas, agora no poder (Bienio Progresista), fose distinta. A pesar do éxito da mobilización, xa que

conseguiron o seu obxectivo, a medida estivo en vigor un curto período de tempo; un ano despois os moderados

subiron de novo ó poder. Ó longo do século XIX volveron a estar permitidas e prohibidas varias veces ata que en

1887 a través da Lei de Asociacións foron legalizadas definitivamente.

4.4.3.- PRINCIPAIS IDEOLOXÍAS QUE INSPIRAN O MOVEMENTO OBREIRO.

4.4.3.1. O Socialismo Marxista.

Marx e Engels foron os ideólogos marxistas fundamentais e Paul Lafargue, xenro de Marx, quen

introduciu e divulgou este pensamento en España durante a súa visita en 1871. Tivo maior implantación en

Madrid, País Vasco e Asturias. Esta ideoloxía competiu coa anarquista polo control do movemento obreiro, polo

que se produciron frecuentes tensións entre as súas organizacións máis representativas.

O punto de partida é unha dura crítica ó sistema capitalista dado que posibilita que un grupo

reducido da sociedade, a burguesía, explote á gran maioría, o proletariado, a través do seu dominio económico

e político: é a dona do capital (empresas...) e ocupa a case totalidade de postos nos parlamentos e gobernos, feito

que lle permite aprobar leis que favorezan os seus intereses. A relación entre estas dúas clases non pode ser, por

tanto, de harmonía, senón de enfrontamento, de choque; é o que eles denominan loita de clases.

O primeiro paso para o cambio debe ser a toma de conciencia de clase por parte do proletariado. Debe

darse conta de que constitúe unha clase social diferente, con obxectivos propios e que a unión e clave para lograr

liberarse da opresión. O proletariado, sobre todo o industrial, dado que os marxistas non confían no carácter

revolucionario das masas campesiñas, debe tomar a iniciativa e conquistar o poder político por medio da

revolución. Esta é a fase que se denomina Ditadura do Proletariado. Mentres non chega ese momento,

defenden a organización do proletariado por medio de partidos políticos e sindicatos, para ir conseguindo

melloras parciais.

Unidade IV Historia de España 55

Unha vez conquistado o poder, o proletariado non debería comportarse como un grupo dominador e

explotar ó resto da sociedade, senón utilizar o Estado para conseguir eliminar todas as desigualdades. O primeiro

paso sería suprimir a propiedade privada, xa que a consideraban o instrumento clave da opresión, e convertela

en propiedade colectiva (estatal). A partir de entón iríase camiñando cara ó obxectivo final: a sociedade

comunista. Unha sociedade na xa non existirían as diferentes clases, todos serían totalmente iguais (a riqueza

repartiríase equitativamente), reinaría a verdadeira xustiza e desaparecería finalmente o Estado, porque xa

non sería necesario para organizar a sociedade.

4.4.3.2. O Anarquismo.

Bakunin, Proudhon, Kropotkin foron os ideólogos anarquistas máis relevantes e Giuseppe Fanelli,

amigo e discípulo de Bakunin, quen introduciu esta ideoloxía es España xa a partir de 1868. O anarquismo tivo

unha grande influencia no movemento obreiro español, especialmente en Cataluña, Levante e Andalucía.

O punto de partida é similar ó dos marxistas; tamén fan unha crítica moi dura do sistema económico

capitalista e da sociedade á que dá lugar, porque posibilita unha gran inxustiza, que unha minoría, a burguesía,

explote á maioría, proletariado. Teñen como obxectivo a súa destrución.

O protagonista do cambio debe ser, segundo eles, o proletariado industrial, pero tamén do

campesiñado sen terras, porque consideran, a diferenza dos marxistas, que posúe un gran potencial

revolucionario. Agora ben, opóñense á súa participación na vida política a través dos partidos políticos,

porque cren que sería contribuír ó asentamento do sistema político burgués. Algúns defenden a acción violenta

contra os piares do capitalismo (atentados contra representantes significativos da burguesía, da Igrexa e do

Estado); é a estratexia denominada “propaganda pola acción”. Outros patrocinan a creación de sindicatos

revolucionarios (anarcosindicalismo), para deste xeito mellorar a condición obreira e impulsar a revolución

social.

Pero o aspecto fundamental que os diferenza dos marxistas é que rexeitan calquera tipo de

autoridade, sobre todo a do Estado. Están totalmente en contra do seu control por parte do proletariado,

porque consideran que todo Estado é opresivo e que se unha parte do proletariado se fai co seu dominio acabaría

explotando ó resto da poboación (tiranía); por tanto, defenden a súa destrución inmediata.

A nova sociedade anarquista debería organizarse en comunas autónomas, gobernadas en réxime de

autoxestión, onde a autoridade sería substituída por acordos libres entre os seus habitantes, todos eles

copropietarios dos medios de produción.

4.4.4.- SINDICATOS E PARTIDOS OBREIROS.

4.4.4.1. A Federación Rexional Española da AIT.

En 1864 fundouse en Londres a Asociación Internacional de Traballadores, tamén coñecida como I

Internacional, co obxectivo de potenciar a unión e loita dos traballadores pola súa emancipación en todo o

mundo. Grazas ás liberdades existentes trala revolución de 1868, fundouse en 1870 en Barcelona a Federación

Rexional Española (FRE), integrada na AIT, organización que se expandiu rapidamente por España, sobre todo

por Cataluña, Levante e Andalucía (en Galicia era poderosa a Federación da Coruña).

As disputas existentes no seo da AIT entre Marx e Bakunin culminaron en 1872 coa expulsión da

minoría, Bakunin e dos seus seguidores da organización. En España tamén se materializou a escisión pero, por

contra, a FRE declarouse maioritariamente anarquista e os socialistas expulsados fundaron en 1872 a Nova

Federación Madrileña, xermolo das futuras organizacións socialistas.

A FRE-AIT suscitou un forte temor entre os empresarios e políticos liberais, fundamentalmente

entre os moderados. Nesta época son frecuentes os artigos na prensa denigrando as súas ideas, xa que atentaban

56 Historia de España Unidade III

contra os piares básicos da sociedade: declarábanse ateos e consideraban a relixión como o “opio do pobo”,

atacaban á propiedade privada, á sociedade establecida, ás institucións burguesas... Intentaban concienciar, desta

maneira, ós cidadáns do perigo que representaba a nova organización para que se opuxeran frontalmente a ela. A

revolución da Comuna de París en 1871 e o levantamento popular de Alcoi en 1873, nos que participaron

numerosos internacionalistas, acabaron de convencer ás autoridades do seu potencial revolucionario e en 1874

prohibiron as actividades da Internacional en España. A pesar diso, a FRE seguiu funcionando na clandestinidade

e non foi disolta ata 1881.

4.4.4.2.- As organizacións socialistas marxistas.

No nacemento das organizacións marxistas destacou a figura do tipógrafo ferrolán Pablo Iglesias Posse,

alma indiscutible do socialismo español.

O Partido Socialista Obreiro Español (PSOE), o terceiro desta ideoloxía en Europa, foi fundado

clandestinamente en 1879 por socialistas madrileños. Contaba cun periódico, El Socialista, fundado en 1886 e,

trala publicación da Lei de Asociacións de 1887 que permitía a existencia de asociacións políticas e sindicais,

celebrou o seu primeiro Congreso en 1888. A Unión Xeral de Traballadores (UXT) foi constituída como

federación de sindicatos socialistas en 1888. Unha das particularidades de ambas organizacións foi a estreita

interdependencia existente entre o partido e o sindicato, así como a dobre militancia dos afiliados e dos membros

das respectivas executivas. As zonas de maior implantación inicial foron Madrid, Biscaia e Asturias e,

posteriormente, Cataluña e o campo andaluz.

En 1889, ambas organizacións, representadas por Pablo Iglesias, contribuíron á fundación en París da II

Internacional. Entre os seus acordos básicos estaban a conquista do poder político polos traballadores, a

declaración do Primeiro de Maio como día da clase obreira e a loita pola xornada de oito horas.

A partir de 1890, o PSOE presentou candidatos ás eleccións municipais e xerais. Desde os inicios do

século XX foi desenvolvéndose unha corrente posibilista que permitiu a formación dunha alianza electoral cos

republicanos, a conxunción republicano-socialista, asinada en 1909, e que permitiu a elección de Pablo Iglesias

como o primeiro deputado obreiro.

A raíz do triunfo da revolución soviética en 1917 e da fundación por Lenin da III Internacional

comunista en 1919, produciuse un intenso debate dentro das filas socialistas de todo o mundo sobre a

conveniencia de seguir ou non o modelo soviético. Este debate provocou en España a escisión dunha parte dos

xoves afiliados socialistas, máis radicais, que fundaron en 1921 o Partido Comunista de España (PCE).

4.4.4.3.- As organizacións anarquistas.

O anarquismo non presentou unha fronte común, senón que se caracterizou pola súa división, tanto

polos matices ideolóxicos das diferentes organizacións, como polas tácticas desenvolvidas. Podemos diferenciar:

-Os partidarios de centrar as actuacións no terreo sindical e de crear organizacións que defenderan os

principios colectivistas e antiautoritarios fundaron en 1881 en Barcelona a Federación de Traballadores da

Rexión Española (FTRE), herdeira da FRE. De todas formas, a pesares de que foi a organización máis

importante, non logrou aglutinar á gran cantidade de federacións locais anarquistas que floreceron nestes anos.

A tendencia á división tipicamente anarquista superouse en gran medida debido á represión

desencadeada como consecuencia da Semana Tráxica de Barcelona. É así como e funda en 1910, nesta cidade, o

sindicato Confederación Nacional do Traballo (CNT), que defendeu a folga xeral revolucionaria como táctica

esencial para a emancipación da clase traballadora.

A CNT tivo unha grande expansión, sendo a principal asociación sindical nas décadas iniciais do século

XX. O apoio social máis extenso estivo entre o campesiñado meridional, especialmente andaluz, e o proletariado

industrial de Cataluña, Zaragoza e Valencia. Cunha organización moi descentralizada, negouse a participar no

Unidade IV Historia de España 57

xogo político, buscando a acción directa cos empresarios. Entre os líderes partidarios da acción sindical destacan

Angel Pestaña e Salvador Seguí. A partir de 1923, coa Ditadura de Primo de Rivera, os sindicatos cenetistas

foron clausurados. En plena clandestinidade, e ante a actitude dalgúns líderes da CNT de buscar vías máis

posibilistas, os radicais fundaron en 1927 a Federación Anarquista Ibérica (FAI).

-Os máis extremistas defenderon o emprego da propaganda pola acción con represalias e atentados

contra intereses e personalidades da clase dominante como medio para conseguir o derrubamento da orde

establecida. Os seus partidarios foron os responsables de numerosos atentados e asasinatos de figuras que

consideraban símbolos da opresión: presidentes de Goberno, bispos, avogados, políticos, terratenentes,

industriais… Nesta liña de actuación encádrase a organización andaluza, anarquista e secreta, da Man Negra, de

vida breve (1882-1883), pero de fonda incidencia pola violencia dos seus métodos e os atentados cometidos.

4.4.4.4.- A RESPOSTA DA PATRONAL E DO ESTADO.

Para defender os seus intereses, meter presión ós gobernos e facer fronte ás reivindicacións proletarias,

empresarios e comerciantes constituíron tamén asociacións (Xuntas de Comercio, Cámaras Oficiais das

diferentes ramas económicas…). Normalmente, agrupábanse sen sobrepasar o ámbito provincial ou rexional,

aínda que algunhas destas asociacións patronais naceron coa intención de chegar a ter implantación estatal,

como a Confederación Patronal Española.

A actitude do Estado fronte ós problemas sociais variou segundo o Goberno no poder. En liñas

xerais, apréciase unha evolución que vai dende a postura inicial de negativa a toda petición ou manifestación, a

outra fase de maior tolerancia cara á década dos anos oitenta do s. XIX e unha nova, xa no s. XX, na que se

recoñecen legalmente unha serie de dereitos para os traballadores. De todos modos, o Estado liberal exerceu

sempre unha forte vixilancia sobre o movemento obreiro e os gobernos non dubidaron en empregar a forza,

recorrendo á Garda Civil ou ó Exército, como medio para sufocar as manifestacións e as folgas.

A pesar das dificultades, o movemento obreiro español foi conseguindo que o Estado liberal crease

institucións e aprobase leis de carácter laboral que regulasen o traballo, os salarios, a xornada laboral… En 1883

creouse a Comisión de Reformas Sociais, institución á que se lle encomendou o estudio de medidas que

atenuasen a extrema explotación da clase traballadora. En 1903 esta Comisión foi convertida en Instituto de

Reformas Sociais, entidade destinada a coñecer a situación laboral do país e asesorar ó Goberno; dependía do

Ministerio da Gobernación e tiña unha representación da clase obreira. En 1908 creouse o Instituto Nacional de

Previsión para a xestión dunha incipiente seguridade social.

Entre as medidas lexislativas de carácter laboral aprobadas nas primeiras décadas do s. XX destacan a

concesión do dereito de folga en 1909 e a redución da xornada laboral a un máximo de oito horas en 1919.

4.4.5.- O MOVEMENTO AGRARISTA EN GALICIA.

En Galicia, o movemento de reivindicación agraria coñécese co nome de agrarismo. Foi un complexo

movemento no que participou masivamente o campesiñado, pero que non conseguiu alcanzar unha concreción

ideolóxica nin a unidade de cara á participación política. Nas filas do agrarismo militaron personalidades das

máis opostas e variadas ideoloxías, desde os católicos ós rexionalistas e republicanos, todos eles interesados en

lograr melloras para os labregos, pero non foron quen de establecer unha plataforma común reivindicativa, polo

que o movemento non logrou máis que algúns dos seus obxectivos.

A agricultura en Galicia seguía a ser, a comezos do s. XX, a fonte principal de riqueza da rexión e a que

daba emprego á maioría da súa poboación. Sen embargo, a situación do campo galego presentaba graves

problemas, todos eles herdados de épocas anteriores, entre os que destacaban os relacionados co réxime de

propiedade da terra (o sistema foral), a reducida dimensión das explotacións (minifundio), e as medidas

proteccionistas do Goberno que prexudicaban ós produtos galegos. O conxunto dos problemas incapacitaban á

agricultura galega para integrarse na economía capitalista. Sen embargo, dous eran os problemas sentidos en

Galicia como de obrigada solución: os foros e o caciquismo.

Aínda que xa existiran anteriormente protestas campesiñas (fundamentalmente contra a abusiva presión

tributaria), ata comezos do s. XX non se pode falar, con propiedade, de agrarismo. Despois de varios intentos de

58 Historia de España Unidade III

menor entidade, é en 1910 cando se funda Acción Galega, a asociación de maior significación, liderada por

Basilio Álvarez. Este crego ourensán logrou dar ó agrarismo unha forza descoñecida; cunha palabra ardente,

mordaz e convincente, logrou mobilizar ó campesiñado galego, que o seguiu maioritariamente. O seu programa

incluía: redención de foros eliminación do caciquismo, potenciación das vías de comunicación interior e

exterior, fomento das industrias de salgadura de peixe, vinícolas e pecuarias, establecemento de cooperativas

agrícolas, así como bancos e montepíos de labregos e a non aceptación como deputados galegos máis que ós que

defenderan as aspiracións agrarias.

Durante a Ditadura de Primo de Rivera (1923-1930) o movemento agrarista quedou paralizado e as

únicas organizacións que se mantiveron dentro da legalidade foron as católicas. Sen embargo, foi nesta época

cando tivo lugar a tan esperada reforma do réxime da propiedade da terra mediante a aprobación dun decreto en

1926 que establecía a redención de foros, é dicir, a desaparición do foro mediante indemnización.

O decreto non foi recibido polo campesiñado coa ledicia que cabería esperar debido a:

-Os campesiños vían a redención coma unha froita madura que tiña que acabar caendo da árbore, polo

que non era significativa a data na que se establecese o marco legal.

-En moitos lugares as redencións xa se estaban a facer desde anos atrás por acordo entre as partes.

-Os propietarios dos terreos aforados comprenderan que era inevitable a redención, polo que nin se

molestaran en protestar.

A procedencia dos capitais para pagar as redencións proviñan fundamentalmente de dúas vías: as

remesas de capitais enviadas polos galegos emigrantes e os beneficios obtidos pola venda de gando vacún.

A pesar do Decreto de redención, o tema foral non remata aí definitivamente; aínda en 1963 se

establece unha disposición transitoria no Código Civil Galego segundo a que se abría un prazo de dez anos para

admitir demandas e trámites xudiciais en relación cos foros.

4.5.- O SISTEMA EDUCATIVO.

A partir de principios do século XIX xorden en Europa os sistemas educativos nacionais como herdanza

da Revolución Francesa. En España son os liberais os que poñen énfase na importancia da educación para un

país, e froito desta preocupación son os primeiros informes elaborados por Manuel José Quintana en 1814.

Segundo el, a educación debería ser universal (para todos), unificada (igual para toda España, cos mesmos

métodos e materiais escolares), gratuíta, obrigatoria (no nivel primario) e pública (en mans do Estado).

A partir do asentamento dos liberais no poder, estes, por medio dunha serie de leis, intentarán estruturar

o sistema educativo de acordo coas ideas reseñadas. O primeiro paso neste senso constitúeo a Lei Pidal de 1845

que recoñece a necesidade de que o Goberno se preocupase pola organización e mantemento do sistema

educativo co conseguinte menoscabo das prerrogativas da Igrexa, que neste ámbito, ata o momento, gozaba da

exclusividade. Especifica as diferentes clases de estudios, as condicións do exames, os libros de texto, organiza

os centros de ensino, sobre todo os de ensino secundario… En definitiva, trátase de dar resposta, sobre todo, ás

necesidades de instrución dunha burguesía e clases medias en ascenso nesta época.

A Lei Moyano de 1857 organizou o ensino de maneira máis detallada, aínda que recolleu moitos

aspectos do plan Pidal. Se ben é certo que sufriu cambios debido á axitada vida política española, mantivo a súa

vixencia nos principios fundamentais durante máis dun século.

Os seus aspectos máis significativos son:

-Regulamenta os niveis educativos: Primeira Ensinanza (a cargo dos Concellos), Segunda Ensinanza

(nos Institutos provinciais) e o Ensino Superior (nas Facultades Universitarias).

Unidade IV Historia de España 59

-Estrutura os centros de ensino en públicos e privados.

-Centraliza o Ensino: unifica títulos, libros de texto, materias, requisitos para os docentes…

-Estrutura a administración educativa en tres niveis: central, provincial e local.

-Recoñece unha clara influencia da Igrexa no ensino, dado que incorpora os aspectos asinados con esta

institución no Concordato de 1851. Neste se establecía que os poderes públicos dispensarían “protección ós

bispos para impedir a difusión das doutrinas anticatólicas” e poñía baixo a vixilancia da xerarquía eclesiástica o

ensino relixioso dos centros docentes.

Durante a Restauración aumenta o conservadorismo e permíteselle á Igrexa un papel aínda máis

decisivo no campo do ensino ata o punto de que en moitos casos priman os principios relixiosos por diante de

calquera outros nos textos escolares e nos plans de estudio. Ó mesmo tempo, institucións eclesiásticas

especializadas na educación, como xesuítas, maristas... controlan a formación das clases altas e medias da

sociedade española inculcándolles unha ideoloxía moi conservadora, cando non tradicionalista.

Se facemos un balance do sistema de ensino a finais do s. XIX observamos que aqueles obxectivos

teóricos formulados a principios do mesmo quedaron moi limitados na práctica. As deficiencias máis

significativas poden sintetizarse nos seguintes apartados.

-Orzamentos moi insuficientes. Aprécianse claramente na escaseza e mal equipamento das escolas, nos

salarios dos mestres…

-Gran influencia da Igrexa. (aspecto xa tratado anteriormente).

-Ensino elitista. A estrutura clasista da sociedade reflíctese claramente no ensino. A maior parte do gasto

empregábase no ensino superior (reservado ás clases altas), nun grao inferior estaba o ensino secundario e o

primario, o básico, o máis produtivo para un país atrasado, estivo moi descoidado e non foi verdadeiramente

universal ata ben entrado o século XX. As taxas de escolarización primaria, aínda que crecentes, estiveron por

debaixo do 50% durante todo o século.

-Discriminatorio para a muller. As nenas non asistiron á escola en igualdade de condicións que os nenos.

A educación feminina non era unha preocupación primordial para os liberais, que, ademais, xustificaban a

conveniencia de dar á muller unha educación en privado, a diferenza da pública defendida para os homes.

-Altas taxas de analfabetismo. Aínda que se aprecia un claro descenso ó longo do século. En 1860 era

aproximadamente dun 70% e en 1900 non sabía ler a metade da poboación. O obstáculo que supoñía este aspecto

para o desenvolvemento económico é obvio. Neste apartado, polo indicado anteriormente, as taxas de

analfabetismo feminino son máis elevadas cás masculinas.

Dentro deste panorama mediocre, cabe destacar o espírito renovador que significou a Institución Libre

de Enseñanza (ILE). Foi fundada en 1876 por un grupo de profesores krausistas (seguidores do filósofo alemán

Krausse) expulsados da universidade como consecuencia da súa protesta polos decretos de Instrución Pública de

1875 que atentaban contra a liberdade de cátedra; entre eles destacan Sanz del Río, Salmerón, Giner de los

Ríos... Funcionou sen subvención estatal, unicamente sostida polos donativos particulares e polos ingresos de

matrícula. Inspírase no ideario krausista que poñía os seus obxectivos na formación nunha serie de valores como

tolerancia, respecto polas ideas alleas, racionalidade, respecto á dignidade das persoas…

Ademais recollía aspectos innovadores nos métodos de estudio: coeducación nas aulas (alumnas e

alumnos xuntos), consideración dos libros de texto como apoio e consulta, participación activa do alumno nas

aulas, que o ensino contribuíse á formación integral da persoa, realización de viaxes culturais como complemento

á aprendizaxe nas aulas, carácter laico…

De todas formas, o labor da Institución a penas puido transcender das elites urbanas e foi unha

experiencia moi interesante, pero minoritaria.

Unidade V Historia de España 60

UNIDADE IV.- ESPAÑA NO PERÍODO DE ENTREGUERRAS.

1.- DICTADURA DE PRIMO DE RIVERA E FIN DA MONARQUÍA (1923-31).

1.1.- O GOLPE DE ESTADO.

O Golpe de Estado de Primo de Rivera (1923) debeuse a unha variedade de factores, algúns xa afastados

no tempo, outros máis próximos.

Entre os factores afastados cabe destacar a Semana Tráxica e a crise social de 1917 (repaso páx. 24 e

25 das fotocopias), conflitos que contribuíron a debilita-lo réxime da Restauración.

Será, sen embargo, a partir de 1917 cando se precipiten os acontecementos. Entre estes factores

desencadeantes sobresaen:

-Fracaso das medidas democratizadoras levadas a cabo nos anos seguintes por varios gobernos de

concentración (estaban formados por políticos de distintos partidos, dado que se cría a mellor maneira de saír da

profunda crise na que se encontraban).

-Acrecentamento da mobilización social. O descontento das clases populares faise cada vez máis

patente a través de manifestacións que se radicalizan progresivamente. Están influídas polo que se denomina o

contaxio bolxevique: o triunfo da revolución bolxevique en Rusia en 1917, de orientación marxista, crea a

esperanza nos obreiros de distintos países europeos de que a súa vitoria tamén esta próxima.

-Aumento das accións terroristas. Débense fundamentalmente ós anarquistas, aínda que neste capítulo

hai que incluír tamén a actuación da patronal (pistolerismo); deterioran gravemente a estabilidade social e

política. Son de destacar o asasinato do líder sindicalista Salvador Seguí en Barcelona e o do presidente do

Goberno Eduardo Dato.

-A radicalización das manifestacións catalanistas, sentidas por unha parte do Exército como unha

ameaza contra a unidade do Estado.

-A situación de Annual (repaso pax. 25 das fotocopias). Este aspecto complícase coa esixencia de

responsabilidades ó Exército, responsabilidades que poderían salpicar incluso ó mesmo rei Afonso XIII.

Debido a todos estes factores, o día 13 de setembro de 1923, o xeneral Primo de Rivera dá un golpe de

Estado, co beneplácito do monarca, que significa o comezo da Ditadura.

O fenómeno da Ditadura non é un feito illado no panorama europeo. Diversos problemas -

económicos, nacionalistas, medo ó comunismo- explican a substitución no período de entreguerras de numerosos

réximes democráticos por outros autoritarios ou fascistas. Non en vano esta época coñécese como a de crise do

sistema liberal.

1.2.- APOIOS E OPOSICIÓN Á DICTADURA.

-Apoios: O Exército, a Igrexa, a alta burguesía, os terratenentes, e incluso pequenos e medianos

propietarios agrícolas. En conxunto, a Ditadura foi considerada con certa benevolencia pola maioría dos sectores

políticos do país (maior aceptación por parte dos conservadores), explicable polo elevado malestar político e

Unidade IV Historia de España 61

social existente en España, e porque se presentaba como unha medida excepcional e transitoria para solucionar os

graves problemas existentes.

Tamén contou co apoio do PSOE e UGT. Aínda que poida asombrar esta actitude, os seus directivos

consideraron que era preferible aproveita-las posibilidades de colaboración ofrecidas polo réxime (colaboración

na lexislación laboral, por exemplo), sen solidarizarse, sen embargo, cos principios nos que se asentaba

(autoritarismo, falta de liberdades,…)

-Oposición: Burguesía catalá. Sepárase do resto da súa clase social. A súa postura explícase polo

acusado centralismo e antinacionalismo do nove réxime.

Os intelectuais (Unamuno, Ortega, Blasco Ibáñez,…) e os estudantes. Progresivo aumento das protestas

debido ós desterros, supresión de conferencias, actos de censura,…

A CNT e o PC. Peche de locais, detención de dirixentes,…

1.3.- O DIRECTORIO MILITAR (1923-1925).

Entre 1923 e 1925 o Goberno da Ditadura estivo en mans dun Directorio Militar (formado

exclusivamente por militares) presidido polo propio Primo de Rivera que gobernou por medio de decretos con

forza de lei. Este xeneral estaba convencido de se-lo cirurxián de ferro que propuxera Joaquín Costa e que o

país necesitaba para saír do pozo no que se atopaba. Sempre xustificou a súa situación dado que ía encamiñada a

rexenerar a vida política española e solucionar os graves problemas que segundo el padecía: caciquismo,

corrupción, separatismo, enfrontamentos sociais, terrorismo, estancamento económico, guerra con Marrocos…

As realizacións prácticas quedaron moi lonxe dos obxectivos perseguidos.

1.3.1.- REXENERACIÓN DA VIDA POLÍTICA.

Era o argumento clave de Primo de Rivera para xustificar o golpe de Estado. Dada a ineficacia e a

corrupción do sistema político vixente, desmantela os seus principais elementos. Suspende a Constitución de

1876 poñendo fin así á monarquía constitucional como forma política de goberno, disolve as Cortes, cesa a

tódolos Gobernadores Civís pasando as súas funcións ós Gobernadores Militares, e substitúe ós alcaldes e

concelleiros por outros adictos ó novo réxime. Se ben os partidos políticos non foron suprimidos, debido á

falta de participación nos concellos e á falta de eleccións, na práctica perderon toda a súa importancia.

Ademais, en 1924, para apoio ó novo réxime, o ditador favoreceu a formación dun movemento ou

partido, a Unión Patriótica, que debía canalizar a participación dos cidadáns. Non tiña liña ideolóxica política

concreta e en realidade foi unicamente un movemento de apoio e propaganda da Ditadura. Estivo baixo a

autoridade de Primo de Rivera e dos gobernadores militares, que tiñan a facultade de nomear ás personalidades

que considerasen axeitadas para formar parte dos comités locais e provinciais. Entre os seus afiliados están

políticos conservadores e católicos, funcionarios da administración, membros da burguesía industrial,

terratenentes…

En síntese, a loita contra os vellos vicios políticos foi máis propagandística que eficaz, e en moitos

casos non fixo senón consolidar o dominio tradicional pero agora sen intervención dos vellos partidos políticos.

1.3.2.- RESTABLECEMENTO DA ORDE PÚBLICA.

Supuxo unha dura represión do movemento obreiro utilizando como medio o establecemento do

estado de guerra ata 1925. Restrínxese así as liberdades públicas, prohíbense a celebración de reunións, e

62 Historia de España Unidade V

perséguense ós integrantes da CNT e PCE, fundamentalmente. Conseguiuse unha redución significativa do

número de folgas e atentados.

Para aumentar a seguridade estendeuse a toda España o Somatén (orixinario de Cataluña). Estaba

formado por paisanos armados baixo a autoridade de mandos militares. Colaboraba coa Garda Civil no

mantemento da orde pública e na defensa da propiedade privada.

1.3.3.- DEFENSA DA UNIDADE DA PATRIA.

Dura represión contra as manifestacións nacionalistas, xa que se consideraba delito calquera idea

contraria á unidade da Patria. Prohíbese o emprego público da lingua vernácula nas escolas e institucións

públicas, a exhibición pública de símbolos que non fosen os españois e suprímese a Mancomunidade catalá. As

actuacións da Ditadura obrigaron ós sentimentos nacionalistas a refuxiarse nas manifestacións culturais pero, ó

mesmo tempo, radicalizaron as posturas políticas dos nacionalismos periféricos. En Cataluña, Maciá converteuse

no principal portavoz do rexeitamento á Monarquía e da defensa do separatismo como medio para conseguir as

súas demandas.

1.3.4.- FIN DA GUERRA DA MARROCOS.

A retirada o exército español de parte do Protectorado cara posicións máis seguras fixo crer a Abd-el-

Krim que España estaba derrotada e cometeu o erro de atacar tamén ás posicións francesas. A alianza entre

franceses e españois concretouse no desembarco de Alhucemas en 1925, que permitiu a España a reconquista do

Rif. Sucesivas derrotas de Abd-el-Krim obrigan a este a entregarse ós franceses -por temor a ser executado polos

españois- e asinar a rendición. A guerra remata en 1927 e foi un dos maiores éxitos da Ditadura; salvou o

prestixio do exército e contribuíu a elevar a popularidade do ditador.

1.4.- O DIRECTORIO CIVIL (1925-1930).

A finais do ano 1925, despois do éxito do desembarco de Alhucemas e do restablecemento da orde

pública, Primo de Rivera decide afianzarse no poder poñendo fin á Ditadura Militar e constituíndo un Directorio

Civil que permitira “a volta á normalidade”, empresa para a que conta co apoio do Rei.

O novo goberno estivo agora formado maioritariamente por civís, membros da Unión Patriótica, e varios

militares. Os seus obxectivos foron sentar as bases dun novo réxime político e a potenciación do

desenvolvemento económico.

1.4.1.- INTENTO DE INSTAURAR UN RÉXIME CORPORATIVO.

Primo de Rivera non considera axeitada a volta ó parlamentarismo liberal e ó réxime constitucional de

1876 dado que o considera fracasado e precisamente un dos causantes dos problemas políticos de España. O

novo réxime, de carácter corporativo, vai estar claramente influenciado polas ideas do tradicionalismo católico

e do fascismo italiano.

No ámbito político, o primeiro paso vai ser a formación, en 1927, dunha Asemblea Nacional de

carácter consultivo, que tería como función elaborar e presentar ó Goberno os proxectos de leis. Estaba formada

polos representantes das diferentes corporacións do Estado (concellos, deputacións), dos sectores económicos e

da Unión Patriótica. A maior parte dos integrantes pertencían ás antigas oligarquías: antigos políticos,

terratenentes, empresarios…

Unidade IV Historia de España 63

En 1929 foi presentado un proxecto de Constitución que declaraba a organización territorial unitaria e

centralizada, a relixión católica como oficial do Estado, concedía moitas prerrogativas políticas ó Rei, baleiraba

de importancia ás Cortes (meras colaboradoras do Goberno)… Foi acollido con fortes críticas, tanto polos

liberais como polos partidos de esquerdas, ata o punto de que foi retirado e non se aprobou.

No ámbito laboral, establece a Organización Corporativa do Traballo a través dos comités

paritarios para regulamentar as relacións entre obreiros e patróns. Contaron co apoio dos sindicatos católicos e

incluso da UXT, que valoraba positivamente que sociedades de obreiros puideran intervir na regulamentación do

traballo e na fixación de salarios. Ademais, elaborouse unha ampla lexislación laboral e social co obxectivo de

mellorar os condicións de vida dos traballadores.

1.4.2.-POTENCIACIÓN DO DESENVOLVEMENTO ECONÓMICO.

Foi unha das preocupacións básicas do Directorio Civil e a súa política económica estivo caracterizada

polo control e intervencionismo estatal no marco do capitalismo, conformando un sistema cualificado como

Corporativismo Autoritario.

En liñas xerais, asistimos nesta etapa a un crecemento económico significativo en liña coa favorable

conxuntura económica europea e mundial dos anos 20 ata a crise de 1929. As principais medidas económicas

foron:

-Forte proteccionismo arancelario. A suba de aranceis fixo de España un país de economía moi

pechada, cunha escasa relación co exterior.

-Control do mercado interior e dos prezos.

-Concesión de créditos e realización de encargos estatais que favoreceron á industria nacional. O

Estado contribúe desta maneira ó incremento da produción industrial. Apréciase claramente nos datos de

produción de carbón, aceiro, cemento, enerxía...

-Realización de Obras Públicas: entre elas destacan a modernización do ferrocarril, renovación das

estradas, construción de pantanos e obras de regadío...

-Formación de monopolios para garantir o subministro de determinados servizos. Destacan o de

teléfonos, concedido á compañía americana ITT, e a creación da CAMPSA no sector de petróleo e derivados.

-Nacionalización de determinadas industrias, aínda de maneira limitada, centrándose, por exemplo,

nas que consideraba estratéxicas. Inspirábase directamente no fascismo italiano e tiña como obxectivo lograr a

independencia de España no ámbito económico e, en último termo, no político.

-Intento de reforma fiscal, co obxectivo de incrementar os recursos do Estado para levar a cabo a súa

política económica. Incluía un imposto progresivo sobre as rendas e ganancias de toda a poboación. Sen

embargo, foi abandonado pola forte oposición dos contribuíntes máis poderosos.

Balance: Certa controversia entre os historiadores. É indiscutible un importante crecemento económico

favorecido pola favorable conxuntura internacional e pola paz social lograda mediante o control da orde pública

e a represión do axitación obreira. Sen embargo, este crecemento realizouse a través dun excesivo dirixismo

estatal, dun forte proteccionismo que mantivo a produción española en niveis pouco competitivos a escala

mundial, elevou enormemente a débeda do Estado, non solucionou os problemas estruturais da agricultura...

Cando a conxuntura internacional sexa negativa, estes problemas pasarán a primeiro plano.

64 Historia de España Unidade V

Corporativismo: Réxime político e económico baseado nas organizacións profesionais corporativas. O

Estado controla e domina as organizacións de obreiros, empresarios e profesionais como unha vía de superación

da loita de clases. Implicaba a ilegalización dos restantes partidos e sindicatos. Alcanzou o seu máximo

desenvolvemento na Italia de Mussolini.

1.4.3.- INCREMENTO DA OPOSICIÓN.

Como xa quedou indicado anteriormente, o golpe de Estado de Primo de Rivera espertara simpatías

iniciais, ou cando menos pasividade e indiferenza, en gran parte da sociedade. Sen embargo, conforme pasa o

tempo, debido sobre todo ós intentos de perpetuación do réxime, a oposición vai sendo cada vez maior.

-Descontento dos vellos políticos liberais. Presionan ó Rei para que se volva ó antigo sistema

constitucional, pero ante a prolongación da Ditadura sepáranse progresivamente da Monarquía.

-Republicanos. Teñen cada vez máis adeptos e mellor organización. Destaca a Alianza Republicana, a

ORGA (Organización Republicana Galega Autónoma)...

-Intelectuais. Acentúan as súas críticas iniciais á Ditadura.

-estudantes de esquerda. Tamén acentúa a súa oposición e fundan a FUE (Federación Universitaria

Escolar).

- Anarquistas. Claramente enfrontados coa Ditadura. Incluso, para reforzar o seu carácter revolucionario,

crean en 1927 a FAI (Federación Anarquista Ibérica).

-O PSOE e a UXT deciden abandonar a súa actitude anterior de colaboración e pasan a unha nova de

claro enfrontamento.

-Nacionalistas periféricos (sobre todo vascos e cataláns). Radicalizaron a súa oposición ante a

persecución dos seus símbolos e linguas. As medidas da Ditadura radicalizan a súa oposición.

-Incluso parte do Exército. Xa en 1926 houbo un intento de contragolpe de estado protagonizado por

un sector do exército co apoio de vellos políticos liberais. Coñécese co nome da Sanjuanada. Fracasou. Máis

adiante, o enfrontamento entre Primo de Rivera a o corpo de Artillería rematou coa supresión do mesmo en 1929.

Moitos oficiais desencantados coa falta de apoio do Rei pasan a engrosar as filas do republicanismo.

1.4.4.- CAÍDA DA DICTADURA.

Ante todas estas dificultades e querendo comprobar o apoio do Exército, Primo de Rivera, en xaneiro de

1930, consulta ós xefes militares se conta coa súa confianza. Ante a falta de entusiasmo apreciada, presenta a súa

dimisión que foi aceptada. Primo de Rivera marchou para o exilio cara a Francia, onde residiu ata a súa morte,

que sucedeu uns meses máis tarde.

1.5.- CAÍDA DA MONARQUÍA. (1930-31).

Trala dimisión de Primo de Rivera, Afonso XIII encargou ó xeneral Berenguer a formación dun novo

goberno coa pretensión de restablecer a normalidade política e as liberdades públicas de acordo coa

Constitución de 1876. Sen embargo, esta volta ó pasado non foi aceptada por unha ampla maioría da

sociedade e a lentitude do goberno Berenguer (cualificado como de ditablanda) en realizar as reformas

necesarias intensificou as actividades e denuncias antimonárquicas. O Rei xa non contaba con máis defensores

que algúns tradicionalistas católicos e a aristocracia vinculada á Coroa.

Unidade IV Historia de España 65

A inestabilidade da situación acrecéntase progresivamente. Por un lado, cada vez é máis palpable o

deterioro da situación económica como consecuencia da crise de 1929: aumenta o paro, retrocede a produción

industrial, colápsase o comercio,… Por outro, a oposición organízase en contra da Monarquía. Concretamente

en 1930, un importante número de personalidades políticas (republicanos, antigos monárquicos, nacionalistas,

socialistas) en representación dos seus partidos ou a título persoal reuníronse en San Sebastián e estableceron un

acordo non escrito, denominado Pacto de San Sebastián, co fin de establecer unha República parlamentaria,

garantir a liberdade política e relixiosa, convocar eleccións a Cortes constituíntes e abrir a posibilidade do

recoñecemento da autonomía política das rexións. O Pacto establecía tamén a formación dun Comité

revolucionario encargado de planificar unha sublevación xeral contra a Monarquía e que conseguiu o apoio do

PSOE e a UXT (os socialistas só estiveran representados no Pacto de San Sebastián a título individual),

formándose o embrión dun futuro goberno provisional. As intentonas de establecer a República pola forza

sucédense sen éxito.

Ante a crecente axitación social o novo xefe de Goberno Juan Bautista Aznar convoca eleccións

municipais como paso previo ás xerais, co obxectivo de asenta-lo réxime. As municipais foron fixadas para o 12

de abril. Dadas as circunstancias adquiriron un carácter de plebiscito a favor ou en contra da Monarquía. O claro

triunfo das candidaturas republicanas nas grandes cidades foi considerado como un apoio ó restablecemento da

República. Afonso XIII abdicou e o 14 de abril foi proclamada II República.

2.-A II REPÚBLICA.

O triunfo nas eleccións municipais do 12 de abril das candidaturas republicanas e socialistas nas

principais cidades (o voto nelas era máis representativo, dado que estaba pouco influído polo caciquismo) foi

considerado como un plebiscito a favor da República.

Prodúcese entón un gran entusiasmo popular e, aclamados pola multitude, moitos concelleiros

concentráronse diante dos concellos e proclamaron a República. Neste senso, o feito máis salientable ocorreu en

Madrid, onde o Comité da coalición republicano-socialista, contando co apoio do pobo, fíxose co poder sen

derramamiento de sangue.

Ante estes acontecementos, o Rei, aconsellado polos seus ministros e sen un claro apoio das autoridades

militares, decidiu partir para o exilio.

2.1.- O BIENIO PROGRESISTA (ABRIL 1931-NOVEMBRO 1933).

O 14 de abril constitúese o Goberno Provisional da República no que se integran republicanos de

tódalas tendencias así como socialistas (practicamente os que participaron no Pacto de San Sebastián). Sen

perder tempo, inicia unha serie de reformas co obxectivo de elimina-lo caciquismo e mellora-la situación do

ensino, agricultura, etc., medidas que se completarán posteriormente.

Nas eleccións convocadas para as Cortes Constituíntes celebradas en xuño de 1931 sae gañadora a

Coalición Republicano-Socialista. As dereitas, desorganizadas, tiveron unha representación inferior á súa

influencia na sociedade.

2.1.1.- A Constitución de 1931.

Foi froito dun acordo conxuntural entre republicanos de esquerda e socialistas moderados e non dun

consenso xeneralizado das forzas políticas. A falta de unanimidade na súa aprobación e o feito de que non foi

ratificada en referendo outorgou argumentos ós partidos da dereita para rexeitala, alegando que non respondía á

opinión maioritaria do país. Deste xeito, nunca a aceptaron na súa integridade e buscaron sempre a súa

modificación.

66 Historia de España Unidade V

-Define a España como unha República de Traballadores de todas clases.

-Considera a España como un Estado Integral, modelo intermedio entre o centralista e o federal. Abre

un camiño para a solución dos problemas nacionalistas recoñecendo a autonomía de municipios e rexións, aínda

que sen poñer en cuestión a unidade de España. Este apartado foi, sen embargo, moi contestado polos sectores

conservadores dado que o consideraron como unha vía aberta ó separatismo e á ruptura da unidade.

-Establece unha República Parlamentaria. Os poderes máis importantes se equilibran mutuamente

para evita-lo predominio dalgún deles. Parlamento: poder lexislativo, aproba os orzamentos, controla ó Goberno

e elixe ó Presidente da República. Presidente da República: Mandato de 6 anos, nomea ó Presidente do Goberno

(ten que contar coa aprobación do Parlamento), pode disolve-las Cortes (2 veces nun mandato), pode ser

destituído polas Cortes en caso de abuso de poder. Goberno: poder executivo, responsable ante o Parlamento,

para gobernar necesita a confianza do Presidente da República e do Parlamento.

-Soberanía Popular. Sufraxio Universal. Por primeira vez recoñéceselle ás mulleres o dereito ó voto

en igualdade de condicións cós homes. Apróbase despois dunha forte polémica dado que se consideraba que o

voto feminino estaría moi influenciado pola Igrexa e sería fundamentalmente antirrepublicano e conservador.

-Dereitos e liberdades claramente especificados. Xunto ós tradicionais, recóllese o dereito á

educación (laica), á protección no traballo, ó divorcio…

- Establece un modelo económico mixto. Garantía a propiedade privada (aínda que podía ser

expropiada con indemnización) e tamén recoñece a intervención do Estado na economía co obxectivo de limita-

los enormes desequilibrios do capitalismo e favorecer ós sectores máis deprimidos. Era un modelo moi avanzado

para a época pero provocou o rexeitamento dos partidos de dereitas así como dos propietarios agrarios e

industriais, que acusaron á nova lexislación de comunista, temerosos de ver diminuído o seu poder económico.

Pola contra, os sectores máis radicais do movemento obreiro consideraron a reforma insuficiente.

Unha vez aprobada a Constitución, o Goberno Provisional dimite e as Cortes elixen a Alcalá Zamora

como primeiro presidente da República, que nomeou a Manuel Azaña presidente do Goberno. Este, para

desenvolver o seu labor, encamiñado a profundar as reformas xa iniciadas, apoiouse nos republicanos de

esquerda e no PSOE.

O traballo deste goberno vaise ver dificultado pola adversa conxuntura económica internacional.

A Grande Depresión, iniciada en 1929, provocou unha grave crise económica mundial e o incremento das

tensións políticas internacionais que acabarían por provocar a II Guerra Mundial. Aínda que a economía

española, tradicionalmente illada, sufriu menos cá doutros países, as dificultades económicas produciron un

estancamento da produción e un crecemento do paro que se viu agravado pola imposibilidade de emigrar cara ó

exterior, saída tradicional de moitos españois.

2.1.2.- A Cuestión Relixiosa.

A coalición republicano-socialista adoptou unha política de secularización do Estado, que desenvolvía

os artigos 26 e 27 da Constitución. Xa dende o primeiro momento, Azaña afirmou que “España deixou de ser

católica”, en referencia a que a relixiosidade debía quedar limitada a prácticas individuais. En consecuencia,

establécese a clara separación Igrexa-Estado, a extinción do orzamento do clero (vixente dende o Concordato de

1851), a aprobación do divorcio e do matrimonio civil, a prohibición ás ordes relixiosas de ensinar e realizar

actividades económicas, e a imposición de certas limitacións á Igrexa, como por exemplo, a necesidade de

autorización para as manifestacións públicas de culto.

Estas medidas foron cualificadas como intolerables pola dereita católica e pola Igrexa, que se

mobiliza e apoia con forza ás organizacións políticas conservadoras. A esta actitude contraponse ó

Unidade IV Historia de España 67

comportamento antirrelixioso dos grupos radicais que chegan a queimar igrexas e a asasinar a cregos e

monxas.

A falta de tolerancia e intransixencia de todos propiciou que a cuestión relixiosa se convertese en

obxecto de graves enfrontamentos e en bandeira de combate; tamén contribuíu a que unha porcentaxe de

poboación española non se considerase vinculada coa Constitución e co réxime republicano (“república atea”) e

será un dos motivos claves do estoupido da Guerra Civil.

2.1.3.- Reforma Militar.

O Exército español presentaba en 1931 unha serie de defectos significativos: excesiva intervención

nos asuntos públicos (permitida polas leis), exceso de oficiais, de unidades, formación anticuada e equipamento

arcaico.

Xa en 1931, a denominada Lei Azaña establece unha serie de cambios que perseguían a modernización

do Exército e a depuración dos elementos antirrepublicanos. Suprime a Lei de Xurisdicións (permitía a existencia

de tribunais militares para xulga-los asuntos que afectasen ó Exército), aproba o Decreto de Retiros (permite ós

oficiais o paso á reserva co soldo íntegro) e a reorganización xeral do Exército (redacción de unidades…).

Aínda que en liñas xerais as reformas eran correctas e ían ben encamiñadas, a rapidez con que foron

decretadas e a substitución e relevo de moitos mandos crearon un gran malestar entre os militares que

acusaron a Azaña de buscar a destrución do Exército. Esta oposición de boa parte dos oficiais viuse aumentada

debido ó establecemento das autonomías, consideradas por eles como contrarias á unidade da patria, da cal se

sentían garantes.

Para evitar ter que recorrer ó Exército e á Garda Civil, moi desprestixiada, o Goberno Provisional creou

un corpo leal á República, a Garda de Asalto. Era unha policía nacional republicana que tiña como finalidade o

mantemento da orde pública nas cidades.

2.1.4.- Reforma Agraria.

España en 1931 seguía sendo un país basicamente rural (o 45% da poboación activa dedicábase ó

sector primario) e contaba cunha estrutura agraria moi descompensada. No norte predominaban as

explotacións reducidas, pero era sobre todo no sur, terra do latifundio, onde os problemas sociais eran máis

urxentes. A parte dos escasos rendementos, absentismo dos propietarios, gran número de xornaleiros, reducidos

salarios, paro durante gran parte do ano,…

As primeiras medidas para tratar de mellora-la situación dos traballadores do campo leváronse a cabo

por Largo Caballero xa na etapa do Goberno Provisional. Consistiron na potenciación das inspeccións, na

imposición da xornada de 8 horas no campo, na aprobación do seguro de maternidade, dos xurados mixtos de

patróns e traballadores para regulamenta-los conflitos laborais,…

Pero o problema clave era o da reforma das estruturas agrarias. Tratábase de realiza-la redistribución de

terras das zonas latifundistas para solventar os problemas anteriormente citados. Neste senso, a Lei de Bases da

Reforma Agraria de 1932 autorizaba a expropiación de terras mediante indemnización e a súa concesión en

usufruto ós campesiños que se asentasen nelas. Afectou fundamentalmente a terras ermas e incultas de

Estremadura e Andalucía e ás da gran nobreza que apoiara o Golpe de Estado do xeneral Sanjurjo.

A pesar do loable obxectivo, a realización práctica foi moi lenta e limitada debido á falta de recursos

financeiros para levala a cabo, á débil vontade política e á oposición frontal dos propietarios.

A lei supuxo unha grande insatisfacción social. Por un lado, as propietarios agrícolas enfrontáronse

radicalmente a un réxime que consideraban inimigo dos seus intereses; por outro, os campesiños, decepcionados,

68 Historia de España Unidade V

radicalizaron a súa postura e chegaron a ocupar pola forza as terras provocando unha gran tensión social que

contribuíu ó debilitamento do réxime.

2.1.5.- Reforma Educativa.

Vai encamiñada a mellorar a situación tan deficiente que amosaba España neste eido. Aínda que os

obxectivos non se cumpriron na súa totalidade debido ás limitacións orzamentarias, os cambios foron

significativos. Aumentou de maneira importante o número de escolas primarias, duplicáronse os institutos de

bacharelato, mellorou a calidade do ensino, diminuíu apreciablemente o analfabetismo, recoñeceuse o emprego

de tódalas linguas de España como instrumento de ensino, estableceuse o ensino laico,…

Ademais, o Ministerio de Instrución Pública patrocinou as Misións Pedagóxicas que estaban formadas

por estudantes universitarios e mestres que se desprazaban polos pobos de España organizando sesións de cine,

conferencias, audicións musicais,… para achegar estas manifestacións culturais ás capas sociais máis

desfavorecidas.

Outra experiencia cultural foi A Barraca, agrupación teatral formada por estudantes universitarios

voluntarios, dirixidos por Lorca, que recorre os pobos e aldeas representando pezas de teatro clásico e popular.

A reforma educativa supuxo a acentuación do enfrontamento das autoridades republicanas coa

Igrexa dado que suprimía a súa dedicación a esta actividade e a influencia da relixión no ensino.

2.1.6.-Aprobación do Estatuto Catalán.

A Constitución de 1931 establecía un Estado unitario pero compatible coa autonomía das rexións. Por

tanto, aquelas que polas súas especificidades lingüísticas, históricas… decidiran organizarse en rexión autónoma

deberían elaborar un Estatuto de Autonomía que logo dun referendo necesitaría ser aprobado polas Cortes.

O Estatuto de Autonomía de Cataluña foi o primeiro en ser aprobado, en 1932. Establecía a

Generalitat como órgano de goberno de Cataluña. Estaba integrada pola Presidencia, un Parlamento e un

Consello Executivo. Dispoñía de facultades executivas e lexislativas en facenda, economía, educación, orde

pública…

As primeiras eleccións ó Parlamento de Cataluña foron gañadas por Esquerra Republicana e Frances

Maciá converteuse no Presidente da Generalitat.

Co triunfo das dereitas nas eleccións xerais foi suspendido o Estatuto en 1934 aínda que se restaurou en

1936 co Goberno da Fronte Popular.

2.1.7.- Unha serie de acontecementos fan que entre en crise o Goberno da coalición Republicano-

Socialista e explican o triunfo dos partidos de dereita en 1933.

2.1.7.1.-Reorganización das dereitas.

A crise e caída da Monarquía trouxo consigo a desaparición dos partidos conservadores tradicionais e a

formación de novos grupos políticos de dereita. Nos seus inicios tiveron escasa implantación na sociedade, proba

diso é o reducido número de escanos que acadaron nas eleccións de 1931, non obstante, conforme vai pasando o

tempo, incrementaron os seus efectivos con aqueles que estaban descontentos coa lexislación reformista e laica

da República.

Unidade IV Historia de España 69

Entre estes grupos podemos sinalar á FE-JONS (Falanxe Española y Xuntas Ofensivas Nacional

Sindicalistas) de ideoloxía fascista, á Convención Tradicionalista… De todas formas, o de maior relevancia é a

CEDA (Confederación Española de Dereitas Autónomas) dirixida por Gil Robles. Convértese nun gran partido

de masas e ten como obxectivo fundamental a revisión da Constitución para adecuala ós principios

conservadores e á doutrina cristiá.

2.1.7.2.-Intento de Golpe de Estado.

Levado a cabo en 1932 por un grupo de militares encabezados por Sanjurjo (coñécese polo nome de

Sanjurjada). Están resentidos pola política militar levada a cabo polo Goberno e preocupados pola posible

concesión da autonomía a Cataluña. O seu financiamento é proporcionado polos terratenentes andaluces,

temerosos da política agraria do Goberno. Aínda que fracasou e os participantes foron detidos e condenados a

prisión e a fortes multas, contribuíu a aumenta-la tensión social.

2.1.7.3.-Aumento da conflitividade social.

Apréciase claramente no ámbito agrario. Por un lado, os grandes e medianos propietarios, descontentos

coas medidas de redistribución da propiedade, boicotean a nova lexislación deixando de cultiva-las terras, non

contratando ós xornaleiros,… Por outro, estes, ante a lentitude e pouca eficacia das medidas, aumentan as

manifestacións e as ocupacións ilegais de fincas. O ambiente faise cada vez máis tenso.

Pero non é só no ámbito agrario onde se producen revoltas significativas. Os anarquistas e comunistas

non aceptan os reformas republicanas dado que as consideran moi limitadas e aproveitando a tensión existente e

a pobreza de campesiños e obreiros pretenden lideralos co obxectivo de establecer unha sociedade libertaria ou

unha república obreira.

A acción deste tipo que alcanza unha maior resonancia é a acontecida no pobo de Casas Viejas (Cádiz),

en 1933. Neste caso, a represión da Garda Civil foi especialmente cruenta: os campesiños sublevados (entre os

que se encontraba o anarquista Curro Cruz, alcumado Seisdedos), foron acurralados e algúns queimados na casa

onde resistían e outros fusilados sen xuízo. Este acontecemento serviu para desprestixiar ó Goberno Republicano

e contribuíu á ruptura da coalición.

1.7.4.-Ruptura da Coalición Gobernamental.

En setembro de 1933 rómpese a coalición republicano-socialista. Os socialistas apoiaran a vía

reformista no primeiro Bienio, pero ante a falta e resultados e, sobre todo, ante a forte represión exercida polas

forzas de orde sobre as clases populares deixaron de colaborar cos partidos burgueses de esquerda.

2.2.- BIENIO DE DEREITAS (Novembro 1933-Febreiro 1936).

Nas eleccións de novembro de 1933 prodúcese unha clara vitoria dos partidos da dereita. O Partido

Radical (Lerroux) encargarase dos labores de goberno apoiado parlamentariamente pola CEDA, grupo que

posteriormente formará parte do executivo. Por este motivo esta etapa é coñecida tamén coa denominación de

Bienio Radical-Cedista.

2.2.1.- Política Rectificadora.

A acción política da coalición tivo como obxectivo final desface-la obra lexislativa anterior.

-Derrogación dos decretos agrarios e aprobación da Lei de Contrarreforma Agraria. Empeora a situación

do campo e agudiza as tensións.

70 Historia de España Unidade V

-Medidas antinacionalistas: obstaculización da aplicación do Estatuto Catalán, retraso da discusión do

Proxecto vasco e da realización do referendo do Estatuto Galego.

-Mantemento das subvencións ó clero.

-Medidas contrarias ó ensino público (diminución do orzamento para a construción de escolas,…).

-Decreto de amnistía para os participantes no Golpe de Estado de 1932 e nomeamento de xenerais

antidemócratas para altos cargos…

2.2.2.- Os Sucesos de 1934.

O aumento da conflitividade social queda patente nos acontecementos de 1934.

-Folga Xeral.

Convocada pola UGT para toda España, cun apoio irregular segundo as localidades de anarquistas e

comunistas. Tivo eco nalgunhas cidades importantes, pero a falta de planificación e a deficiente unión, xunto coa

forte represión (declaración do estado de guerra e mobilización do Exército), explican a neutralización da

mesma.

-Proclamación do Estado Catalán.

A Generalitat, dominada pola esquerda e dirixida por Lluis Companys, sublevouse contra o Goberno

Central e proclamou a formación do Estado Catalán dentro da República Federal Española.

A intervención do Exército sufocou a tentativa e conlevou a suspensión do Estatuto Catalán e a condena

a penas de cárcere ós membros da Generalitat.

-A Revolución de Asturias.

O chamamento á folga xeral tivo a súa maior significación en Asturias. A unión entre comunistas,

socialistas e anarquistas permitiu o triunfo da revolución protagonizada polos mineiros. Ocuparon os cuarteis da

Garda Civil e dominaron gran parte da rexión. Os concellos foron substituídos por comités revolucionarios que

se fixeron cargo da administración; nas zonas de predominio anarquista puxéronse en marcha verdadeiras

comunas, nas de dominio comunista impúxose a ditadura do proletariado. Nalgúns casos producíronse actos de

violencia anticlerical (queima de igrexas…)

Para controla-la crítica situación, o Goberno enviou a Asturias ás tropas da Lexión e ós Regulares de

Marrocos ó mando de Franco. Tras fortes combates fixéronse co control da zona. A represión foi moi dura:

multitude de mortes, 30.000 prisioneiros, condenas a morte,…

Estes acontecementos contribúen á crecente polarización social. Por unha banda, os monárquicos e

conservadores agrúpanse no Bloque Nacional, contrario á vixencia do réxime e da Constitución republicana. Por

outra, contra o fascismo e as dereitas, fórmase a Fronte Popular na que participan as forzas republicanas de

esquerda xunto co PSOE, PCE, UGT… agás a CNT (aínda que non fixo campaña abstencionista nas eleccións).

O Goberno debilítase cada vez máis ó mesmo tempo que xorden diferenzas no seo ca coalición; ante a

imposibilidade de levar a cabo o seu labor convoca eleccións en 1936. Son gañadas pola Fronte Popular.

Unidade IV Historia de España 71

2.3.- A FRONTE POPULAR (FEBREIRO-XULLO 1936).

As eleccións de febreiro de 1936 foron gañadas pola Fronte Popular, aínda que por escasa marxe, o que

dá unha idea da absoluta polarización da sociedade española entre o bloque de partidos da dereita e o da

esquerda.

A Fronte Popular estaba formada por partidos republicanos de esquerda e organizacións

obreiras. Podemos destacar entre eles: Izquierda Republicana (Azaña), Unión Republicana (Martínez Barrio),

Partido Republicano Federal, PSOE, PCE, UGT, POUM (Partido Obrero de Unificación Marxista),…

As novas Cortes elixen como Presidente da República a Manuel Azaña, e Casares Quiroga foi

nomeado Xefe do Goberno. Como quedara acordado na formación da Fronte Popular, van gobernar os partidos

republicanos de esquerdas apoiados parlamentariamente polas forzas obreiras, co obxectivo de levar adiante un

programa que continuara coas reformas da etapa inicial da República sen accións revolucionarias.

3.3.1.- Aceleración das reformas.

-Reforma Agraria. Volve a estar vixente a lexislación do Bienio Progresista, coa diferenza de que as

medidas se aplicaron de xeito máis rápido; serva de exemplo o feito de que en 5 meses foron ocupadas máis

terras polos campesiños que en todo o período anterior.

-Decrétase unha ampla amnistía (afectou a 30.000 presos).

-Modifícase a cúpula do Exército trasladando ós xenerais máis conservadores e inclinados ó golpismo a

zonas extremas (Franco a Canarias, Mola a Pamplona,…)

-Recupérase a política reformista no ensino.

-Restablécese o Estatuto Catalán, iníciase a discusión do Estatuto Vasco e convócase un referendo

para aproba-lo Estatuto Galego.

3.3.2.- O Estatuto Galego.

A pesar da represión que sufriron as forzas nacionalistas durante a Ditadura, xa en 1929 creouse en

Galicia a ORGA (Organización Republicana Gallega Autónoma), liderada por Casares Quiroga, que canaliza o

sentimento nacionalista. Será, sen embargo, o Partido Galeguista, fundado en 1931, a forza que acade un maior

protagonismo na elaboración do Estatuto. A súa aprobación iniciouse en 1932, cando foi respaldado polo 75%

dos concellos de Galicia; era o primeiro trámite ó que obrigaba a Constitución. Sen embargo, non se convocou de

inmediato o referendo, segundo paso necesario, debido ó escaso entusiasmo autonomista do Goberno. O bloque

de dereitas, que triunfou nas eleccións de 1933, era abertamente centralista e paralizou tódolos procesos

autonómicos.

En 1936, o Partido Galeguista foi convidado a participar no bloque da Fronte Popular coa promesa de

que, coa vitoria, a coalición favorecería a convocatoria dun referendo e a posterior aprobación do Estatuto nas

Cortes. A decisión de integrarse na Fronte Popular custoulle ó P. Galeguista a escisión do sector máis dereitista

(Risco, Otero Pedraio,…), pero, a cambio, logrou un amplísimo respaldo electoral no referendo autonómico do

28 de xuño de 1936. O 15 de xullo de 1936 presentouse o Estatuto para ser aprobado polas Cortes, pero 3 días

despois iniciouse a Guerra Civil. Castelao, que xa non puido regresar a Galicia, levou unha intensa campaña ata

lograr que as Cortes republicanas, xa de retirada en Cataluña, case ó finaliza-la guerra, admitisen a trámite

parlamentario o Estatuto, aínda que propiamente non se aprobou; foi máis un xesto simbólico que propiamente

efectivo.

72 Historia de España Unidade V

De todas formas, estes feitos permitiron que Galicia fose considerada unha “nacionalidade histórica na

Constitución de 1978.

3.3.3.- Aumento da Axitación Social.

Se ben se tratan de acelera-las reformas, para os sindicatos e partidos obreiros non son suficientes;

ademais, considéranas pouco profundas e cren chegado o momento do triunfo da tan agardada revolución

social. Pola contra, Falanxe Española incrementou os seus afiliados entre a xuventude de dereitas e puxo en

práctica a dialéctica “dos puños e as pistolas” coa finalidade de enfrontarse ás organizacións de esquerda.

É así como a violencia vai en aumento e se suceden os atentados dun e doutro signo (bombas,

tiroteos,…). O problema da desorde pública foi empregado polos grupos de dereitas para desacreditar ó réxime

republicano e á Fronte Popular.

A culminación desta conflitiva situación tivo lugar no mes de xullo. O día 12 un comando de extrema

dereita asasinou ó tenente da Garda de Asalto e militante de esquerdas, José Castillo; como represalia, ó día

seguinte, un grupo da Garda de Asalto asasinou ó deputado de dereitas Calvo Sotelo.

3.3.4.- A Conspiración Militar.

Xa dende o triunfo da Fronte Popular, en febreiro, os grupos da dereita (FE-JONS, monárquicos,

tradicionalistas,…) ven na intervención do Exército a única estratexia eficaz para deter o que eles consideran

avance de comunismo. Conforme pasa o tempo, vaise estreitando a súa relación con determinados altos mandos

militares para levar a cabo un golpe de Estado que substituíra ó Goberno de esquerda por un Directorio Militar.

Entre eles destacan Mola (director da conspiración), Franco, Sanjurjo,…

O argumento que utilizan para incrementa-los seus partidarios é a situación insostible na que se

encontra España: deterioro completo da orde pública, perigo de revolución social (implantación do

comunismo), perigo de desintegración da nación ante o avance autonomista, ataque á Igrexa e ó catolicismo, que

eles consideran elemento fundamental da esencia española,…

O día 17 de xullo de 1936, as tropas do Protectorado español en Marrocos subleváronse contra o

Goberno da República, ó día seguinte fixérono na península. Era o comezo da Guerra Civil.

3.- A GUERRA CIVIL.

3.1..- O GOLPE DE ESTADO.

A sublevación militar iníciase o 17 de xullo de 1936 en Melilla. Está protagonizada, en principio,

polas tropas la Lexión, que se fan rapidamente co dominio do Protectorado. Franco felicita ós sublevados e

trasládase a África dende Canarias no “Dragón Rapide” para facerse cargo da dirección das operacións.

En distintas zonas da península os sublevados intentan facerse co poder; nalgúns casos triunfaron,

noutros, as forzas obreiras, en unión coas forzas leais ó Goberno republicano, lograron reducir ós rebeldes.

Despois das primeiras accións, tanto un bando coma o outro son incapaces de lograr unha vitoria

definitiva, e España queda dividida en 2 zonas:

Unidade IV Historia de España 73

-Os sublevados controlan: Galicia, Castela-León, Álava, Navarra, Aragón, Cáceres, o Protectorado de

Marrocos.

- A República: Madrid, Cataluña, Valencia, Murcia, Castela-A Mancha, Badajoz, gran parte de

Andalucía, Vizcaia, Guipúzcoa.

En liñas xerais, a rebelión triunfou nas zonas agrarias de pequenos propietarios, votantes tradicionais

das candidaturas católicas e de dereitas, e fracasou nas zonas mineiras e industriais e en gran parte das zonas de

agricultura latifundista. De todas formas, hai excepcións significativas a esta regra xeral.

A sublevación militar, que todos consideran que será un episodio breve, convértese nunha longa e

cruenta guerra civil entre dous bandos irreconciliables: o Nacional (“os fascistas”) e o Republicano (“os

roxos”).

O Golpe de Estado é valorado dende unha óptica totalmente distinta segundo se trate dos

sublevados ou do Goberno da República e dos seus defensores.

Os sublevados definen o golpe coma un auténtico Alzamento Nacional, fundamentalmente espontáneo,

cívico-militar, protagonizado polos sectores “sans” da sociedade, e denominan España Nacional á parte do país

que quedou baixo o seu control.

Os argumentos que utilizan están claramente sintetizados na alocución radiada de Francisco Franco do

mesmo día 18 de xullo de 1936. Alude a unha serie de problemas que segundo el están xerados pola República e

agudizados na época da Fronte Popular.

-Crises e enfrontamentos sociais cada vez máis agudos que se concretan en folgas, disturbios… ante os

que os poderes públicos se mostraban inoperantes. Á parte da crispación social que producían, estaban

deteriorando totalmente a economía (repaso dos acontecementos deste tipo que se produciran durante a

República).

-O denominado “desgarramento territorial”. O Exército constitúese en garante da unidade e considera

intolerable o proceso autonómico aberto, proceso que precisamente se estaba acelerando na etapa da Fronte

Popular. Era un paso máis cara á disgregación de España.

-A influencia comunista procedente da URSS. Intentaría implantar esta ideoloxía en España enganando

ó “obreiro honrado”.

-O ataque á Igrexa e ó Catolicismo, que se consideraba un dos elementos esenciais da “alma española”.

-O ataque á propiedade privada, fixando a súa crítica no proceso de expropiacións, que se acelerara

recentemente.

Para o Goberno da República e os seus defensores a sublevación de xullo non foi máis ca unha

rebelión militar contra a orde legalmente establecida a través dunhas eleccións democráticas. Fan unha

valoración positiva da Constitución de 1931 e do seu funcionamento: sufraxio universal, soberanía popular, clara

separación de poderes, detallado recoñecemento dos dereitos individuais, laicismo,…

Se ben recoñecen que na Fronte Popular están integradas organizacións obreiras (comunistas e

socialistas) tamén o están partidos republicanos que contribuíran á instauración do réxime de abril de 1931 e que

representaban a comerciantes, industriais, en conxunto, á gran maioría da poboación.

En definitiva, consideran que o pretendido amor á patria das forzas antidemocráticas e fascistas, o seu

temor polo posible desmembramento de España e a súa preocupación pola estabilidade social e polo

desenvolvemento económico non é máis que unha completa falsidade que encubre a verdadeira razón, o desexo

74 Historia de España Unidade V

de substituír mediante a forza a vontade popular e as conquistas sociais polas dun grupo minoritario desexoso de

perpetuar os seus privilexios (Igrexa, terratenentes, grandes empresarios…).

3.2.- A GUERRA CIVIL (ESQUEMA). Ler páx. 416-421.

3.2.1.- Guerra de Columnas (xullo-outubro 1936).

-Bando Republicano: Columnas de milicianos armados tratan de recuperar o control de Zaragoza,

Córdoba, e defender Madrid. Amosan deficiencias: falta de preparación militar, disciplina, armamento…

-Bando sublevado: Intento de tomar Madrid. Dende o norte (Mola), dende o Sur (Franco). Avance por

Estremadura, Toledo, ata Madrid.

3.2.2.- A Loita por Madrid. (novembro 1936-marzo 1937)

-Considerado un obxectivo clave polos nacionais.

-Asedio das tropas de Franco coa axuda das tropas italianas.

-As tropas republicanas (dirixidas por Miaja e Tojo) apoiadas polas Brigadas Internacionais resisten os

ataques.

3.2.3.- Campañas do Norte e as contraofensivas republicanas. (abril-outubro 1937)

-Ante a dificultade de conquistar Madrid, Franco pon a súa atención no dominio do Norte republicano:

Asturias, Santander, Bilbao (zona de gran riqueza industrial e mineira).

-Axuda das tropas italianas e alemás (Lexión Cóndor). Bombardeo de Guernika.

-No ano 1937, a Fronte do Norte deixou de existir.

-Entre tanto, os republicanos levan a cabo ataques dende Aragón e Madrid. Certos avances (Brunete,

Belchite) pero sen graves consecuencias para Franco.

3.2.4.- Grandes ofensivas republicanas (Novembro 1937- Novembro 1938).

-Unha maior unidade e coordinación do mando, xunto coa aportación de material bélico soviético,

impulsan ó exército republicano a lanzar unha ofensiva en Teruel para frear ás forzas de Franco no seu avance

cara ó Mediterráneo.

-Franco contén a ofensiva e logra a vitoria no enfrontamento.

-A zona republicana queda dividida en 2 partes.

-A pesar das dificultades, nova ofensiva republicana para conter ás tropas de Franco. É a Batalla do

Ebro.

Unidade IV Historia de España 75

-Batalla do Ebro. Unha das máis longas e duras da guerra. Triunfo do bando nacional

3.2.5.- Caída de Cataluña e fin da guerra. (Decembro 1938- Abril 1939).

-Ofensiva de Franco sobre Cataluña. Caída de Barcelona.

-Miles de persoas e autoridades republicanas foxen a Francia.

-Franco recoñecido por Francia e Inglaterra.

-Na zona republicana, disensións: solución negociada ou resistencia a toda costa.

-Neste clima conflitivo, o coronel Casado e outros militares non comunistas crearon o Consello de

Defensa Nacional, descontentos coa influencia que os comunistas teñen no exército republicano. Este “goberno

paralelo” tiña como inxenuo obxectivo negociar a paz con certas condicións e garantías para os vencidos.

-Franco non aceptou e esixiu a rendición incondicional.

- As tropas rebeldes entran en Madrid o 28 de marzo de 1938. O 1 de abril Franco emitiu o derradeiro

parte bélico.

3.2.6.- A Represión.

A guerra iniciada en 1936 non foi só unha loita entre dous exércitos, senón que tamén inclúe actos de

violencia, terror e represión levados a cabo polos dous bandos, especialmente nos primeiros meses do conflito,

coa pretensión de eliminar ó contrario.

-Na zona republicana, a desintegración das institucións do Estado provocou accións incontroladas. As

masas e as milicias populares desenvolveron unha dura persecución de militares, eclesiásticos, políticos de

dereitas, empresarios e terratenentes considerados sospeitosos de pertencer ou simpatizar co bando sublevado.

Moitos foron detidos ou encarcerados nas checas (cárceres do pobo famosas polas condicións inhumanas nas que

se mantiña ós detidos), e moitos foron executados sen xuízo. Os fusilamentos do cárcere Modelo, as matanzas

de cregos, as execucións de Paracuellos del Jarama (varios miles) constituíron os episodios máis sanguentos da

represión republicana.

Nun intento de evitar abusos, foron creados os Tribunais Populares, pero as execucións incontroladas

continuaron, aínda que con menor intensidade, despois dos meses iniciais da guerra.

-Na zona nacional, desde os inicios da sublevación, os militares iniciaron unha represión sistemática e

violenta de todas as forzas opositoras, coa finalidade de crear un clima de terror institucionalizado para

amedrentar ó inimigo. Os primeiros en sufrir as consecuencias foron as autoridades civís e militares que

permaneceron fieis ó Goberno republicano, así como aquelas persoas máis notoriamente vinculadas coa Fronte

Popular ou cos partidos ou organizacións de esquerdas, que foron sistematicamente executadas. Durante a

guerra, despois da ocupación dun territorio que antes estivera baixo dominio republicano, procedíase á

depuración e execución, realizada basicamente por membros de Falanxe, de todos aqueles elementos

considerados perigosos para o novo réxime: sindicalistas, republicanos, mestres, intelectuais, nacionalistas... Os

paseos, fusilamentos nocturnos, a aplicación da lei de fugas ós detidos, os xuízos sumarísimos multiplicáronse

e xeneralizáronse. Tras a finalización da guerra, os fusilamentos continuaron e moitos dos detidos foron

condenados a traballos forzados durante anos (centenares deste detidos redimiron penas co traballo na magna

obra franquista do Val dos Caídos).

76 Historia de España Unidade V

3.3.- A INTERNACIONALIZACIÓN DO CONFLICTO.

O conflito español tivo dende o primeiro momento unha ampla repercusión internacional. A opinión

pública dos distintos países vai tomar partido por un ou outro bando; considérase unha confrontación entre

fascismo e democracia, cando non entre fascismo e comunismo. Artigos de xornais, folletos de propaganda,

crónicas de guerra, novelas, películas, fotografías de guerra… tódolos medios ocupáronse con preferencia da

Guerra de España como do grande acontecemento mundial do momento.

Pero esta internacionalización non só se produciu no ámbito da opinión pública. Dende que comezou a

loita, os sublevados e mailo goberno da República pediron axuda exterior en armamento e apoio político.

A situación internacional era neste momento sumamente complicada e tensa. A Unión Soviética, liderada por

Stalin, cunha orientación política e económica comunista, aínda que bastante illada internacionalmente, supoñía

para Occidente un risco constante de “contaxio”, sobre todo porque exercía unha clara influencia sobre os

partidos comunistas de toda Europa. Sen embargo, o perigo máis inminente de conflito armado localizábase na

mesma Europa Occidental. Por un lado, estaban as potencias fascistas, Italia e Alemaña, unidas no chamado

Eixe. Esta última, cunha clara política militarista e de rearme (que incumpría o asinado no Tratado de Versalles),

unida a unha orientación exterior agresiva, era a que representaba o principal perigo. En fronte estaban as

potencias democráticas, Gran Bretaña e Francia fundamentalmente, que defendían unha política de

apaciguamento, sen enfrontarse claramente ó Eixe, dado que entendían que era a mellor maneira de evitar unha

guerra de consecuencias catastróficas.

Nesta situación conflitiva e de precario equilibrio considérase que se algunha destas potencias

interviña militarmente en España, a guerra podería internacionalizarse.

G. Bretaña é a potencia que defende máis acentuadamente a política de apaciguamento diante da

Alemaña, e seguindo esta estratexia, comunícalle a Francia que se interviña en España -era pública a simpatía do

país veciño pola causa republicana, dado que tamén gobernaba nel unha Fronte Popular-, non apoiaría a súa

política internacional diante da ameaza de Hitler.

Ante esta contundente advertencia, Francia impulsou a creación dun Comité de Non Intervención para

vixiar que os dous bandos españois non recibisen axuda internacional e evitar, ó mesmo tempo, que o conflito se

prolongase. O Comité de Non Intervención púxose en marcha a principios de agosto de 1936, tiña a sede en

Londres e contou coa presenza de 27 países, en moitos casos coa soa intención de vixiarse uns ós outros. En

realidade, a eficacia da súa actuación foi moi limitada. Uns e outros incumpriron o pactado, pero foron as

potencias fascistas, Alemaña e Italia, as que o fixeron dunha maneira máis flagrante. Este feito púxose pronto de

manifesto coas probas que presentaron os países democráticos ante o Comité ó que non lle quedou máis remedio

que declararse incompetente para obrigar a cumprir o pactado.

En realidade, a política de Non Intervención foi unha inxustiza para a República e unha das causas da

súa derrota ó negar a un Estado soberano e lexítimo o dereito a adquirir armas para se defender dunha

insurrección do seu propio exército.

3.3.1.- Axudas ó bando nacional.

As potencia fascistas interviñeron no conflito apoiando ós sublevados por unha mestura de motivos

ideolóxicos e políticos.

Alemaña prestou un importante apoio en efectivos militares que foi clave nos primeiros días da guerra

(barcos e avións para o paso das tropas de África á península). A Lexión Cóndor foi decisiva para o bombardeo

de posicións republicanas (Durango, Guernica, Madrid...). A cambio desa axuda, Franco comprometíase a asinar

un acordo económico prioritario con Alemaña; España pagaría ó final da guerra con concesións de explotación

das materias primas, especialmente minerais.

Italia apoiou con material bélico tamén desde os inicios. Contar con España significaba controlar

estratexicamente o Mediterráneo. De Italia veu un grupo de voluntarios: os Camisas Negras.

Unidade IV Historia de España 77

Portugal prestou axuda ós sublevados, pero moito menor que os países anteriores. O goberno ditatorial

de Salazar, que mantiña co de Franco moitos elementos en común, e a pesar de pertencer ó Comité de non

Intervención, practicou a axuda sistemática ó bando nacional, facilitando o paso de armas e víveres, ademais de

enviar 10.000 homes (os viriatos).

3.3.2.- Axudas ó bando republicano.

A República contou co apoio das principais democracias occidentais e da URSS pero, en conxunto, foi

unha a axuda desigual e sen continuidade.

Francia practicou unha política de vacilacións e medo ante o posible triunfo das posturas máis

revolucionarias dentro da República, que poderían poñer en perigo os importantes investimentos franceses en

España. Nun principio, o Goberno da Fronte Popular presidido por León Blum, axudou á República española,

pero tras a adhesión francesa á Non Intervención, a axuda pasou a ter un carácter particular (recrutamento de

voluntarios, contrabando de armas). A fronteira non se abriu ata marzo de 1939.

Gran Bretaña temía un conflito internacional se se interviña en España, así como unha radicalización

social que podería poñer en perigo, igual que no caso francés, os intereses económicos do capital inglés en

España. O Goberno do conservador Chamberlain intenta evitar unha nova guerra mundial, polo que practica a

política de illar o conflito español. Gran Bretaña foi a máxima defensora de que se cumprisen os acordos de

Comité de Non Intervención, aínda que sabía que nin Alemaña nin Italia cumprían o pactado.

México tiña un goberno moi afín á República e o seu presidente, Lázaro Cárdenas, ordenou o envío de

armas. Foi unha axuda máis simbólica que efectiva durante a guerra, pero despois dela, foi un dos países de

acollida dos exiliados republicanos.

A Unión Soviética, dirixida por Stalin, manifestou inicialmente unha actitude de prudencia. A

posibilidade dun triunfo republicano e a sovietización do país podían ser mal vistos no panorama internacional, e

este feito non beneficiaba á diplomacia soviética, que pretendía un achegamento ós Estados europeos opostos a

Alemaña. Fronte a esta postura, os trotskistas acusan a Stalin de abandonar a idea da revolución mundial e as

manifestacións populares na rúa presionan para que se produza á intervención soviética a favor da República. O

estímulo definitivo para a intervención viría pola constatación da axuda Alemaña e italiana ós sublevados. A

axuda soviética concretouse en armas, víveres e especialistas, así como na acollida masiva de nenos de familias

republicanas (os nenos da guerra) que quedaron desamparados. Esta axuda debeu pagarse en efectivo, e Largo

Caballero utilizou as reservas do Banco de España para facer fronte ó pago. Dado que a maior parte das mesmas

foron enviadas a Moscova, coñécense co nome de “O Ouro de Moscova”.

3.3.3.- As Brigadas Internacionais.

A guerra de España causou un forte impacto nos grupos e círculos de esquerda de todo o mundo. Desde

os seus comezos, a guerra foi interpretada como unha loita histórica entre o fascismo e a democracia, entre a

reacción e o progreso, desatando unha intensa onda de solidariedade internacional das esquerdas coa causa

republicana española. As organización obreiras e sindicais enviaron axudas de todo tipo e moitos homes e

mulleres (intelectuais, periodistas, obreiros...) chegaron a España, xa desde outubro de 1936, para combater a

favor da República, estimulados pola Internacional Comunista (Komintern). Algúns destes voluntarios

encadráronse dentro das distintas milicias populares mentres que a maioría formaron as Brigadas Internacionais.

Formaron parte destas brigadas personalidades destacadas da cultura e da política como o intelectual francés

Malraux, o novelista e periodista americano Hemingway e o tamén novelista inglés Orwell.

O número total de voluntarios antifascistas que formaron as Brigadas Internacionais resulta moi difícil

de calcular. As cifras que das os distintos analistas oscilan entre 40 000 e 60 000 homes ó longo da guerra, aínda

que non superaron os 18 000 ó mesmo tempo. As Brigadas Internacionais tiveron un destacado papel, tanto na

defensa de Madrid como no fortalecemento da moral do bando republicano.

78 Historia de España Unidade V

O desgaste da guerra e a presión internacional (Comité de Non Intervención) forzaron a retirada destes

voluntarios, que foi organizada polo Goberno de Negrín e a Sociedade de Nacións mediante unha Comisión

Internacional que regulou a súa marcha en outubro de 1938. En xaneiro de 1996 viñeron a España 300

brigadistas ós que lle foi concedida a nacionalidade española en recoñecemento polo eu servizo.

3.4.- AS DÚAS ESPAÑAS DURANTE O CONFLICTO.

3.4.1.- A ESPAÑA REPUBLICANA.

A).-FRAGMENTACIÓN DO PODER.

Despois de varias dimisións sucesivas, Jose Giral asume a Presidencia do Goberno, formado

unicamente por republicanos de esquerda, cunha clara intención de acabar coa rebelión contra a República. Sen

embargo, pronto se fará patente a desorganización provocada pola sublevación militar; ademais, a distribución

de armas ó pobo, necesaria dende o punto de vista bélico, orixinou unha importante diminución da autoridade

e do poder do Estado. Xorden así numerosos comités revolucionarios que se fixeron cargo do poder na súa zona

ou exerceron unha acción de tutela e vixilancia sobre as autoridades republicanas establecidas.

Ante estas circunstancias, en setembro, fórmase un novo goberno presidido por Francisco Largo

Caballero, representante da ala esquerda do socialismo. Tratábase de incorporar a representantes dos partidos

obreiros para alcanzar unha maior influencia sobre estes e unha maior cohesión. É así como entran a formar parte

do executivo, ademais de integrantes da esquerda socialista, comunistas e incluso anarquistas. Estas últimas

tendencias participan por primeira vez nun goberno da Europa Occidental.

A pesar destes intentos de cooperación, as tensións e enfrontamentos entre as distintas forzas que

apoian á República non desapareceron. A razón fundamental era unha cuestión de prioridades. Uns grupos,

encabezados polos comunistas e unha gran parte do PSOE, consideraban que era imprescindible gañar a

guerra antes que facer a revolución. A guerra só se podía gañar se se plantexaba en termos convencionais:

forte poder do Goberno Central, novo Exército con mando unificado e disciplinado, paralización da revolución

social para lograr o apoio das clases medias urbanas e pequenos propietarios agrícolas, colaboración coas forzas

republicanas…

Outros, liderados pola CNT e POUM, consideraban que a vitoria só podería lograrse se se

acompañaba da revolución. Debería abandonarse a organización política, económica e militar tradicional e

realizarse a colectivización de terras e fábricas para que as masas populares estivesen dispostas a realizar novos

esforzos.

A negativa evolución da guerra e estes enfrontamentos provocan a crise do Goberno de Largo

Caballero e a súa substitución por Juan Negrín (maio de 1937). Está apoiado fundamentalmente polos

comunistas, que se converten, grazas á súa disciplina e control do Exército e a que a URSS constitúese no

fundamental apoio exterior, na principal forza de esquerdas.

Este reforzamento da autoridade e da coordinación militar permite ó Exército republicano realizar as

ofensivas de Teruel e do Ebro. Sen embargo, os fracasos na fronte e as disensións internas encamiñan á

República á derrota.

Dende o exilio, os políticos republicanos mantiveron as institucións da II República e a oposición a

Franco. En 1977, o derradeiro presidente republicano, Fernando Varela, recoñecía a Monarquía de D.

Juan Carlos dando así por finalizada, legalmente, a República.

Unidade IV Historia de España 79

B).- A REVOLUCIÓN SOCIAL.

O alzamento militar causou unha ruptura total no desenvolvemento da economía e da sociedade

española. No bando republicano, as organizacións obreiras de esquerda viron a oportunidade de realizar a

revolución social.

No ámbito urbano levouse a cabo un proceso de “socialización” das industrias, feito que implicaba a

incautación das mesmas e o seu control por parte dos comités obreiros, que tamén se fan co dominio dos servizos

públicos (auga, gas, electricidade,…). En ocasións, este proceso produciuse de maneira incontrolada, outras, son

as propias autoridades as que toman a iniciativa, como queda patente nos decretos colectivizadores

promulgados pola Generalitat de Cataluña presionada polas forzas de esquerdas. Os resultados foron

irregulares. Ademais de provocar a clara oposición da pequena burguesía e clases medias, levou á

desorganización e ó caos dado que os obreiros non mantiveron en moitos casos a disciplina de traballo e

provocaron un descenso da produción. En liñas xerais, mantívose unha maior preocupación pola xustiza social

(igualdade) que pola eficacia económica propiamente dita.

No ámbito agrario prodúcese unha intensa colectivización das terras, xa sexa directamente polos

campesiños ou polas forzas revolucionarias de esquerda, sobre todo da CNT. Este movemento alcanzou especial

importancia en Aragón e Andalucía. As colectivizacións agrarias anarquistas foron moi criticadas por outros

grupos de esquerda, dado que consideraban que asustaban ós pequenos campesiños e restaban apoios á

República.

Os gobernos republicanos reforzaron a intervención do Estado na economía creando determinados

organismos con esta finalidade. Os resultados prácticos non foron moi eficaces, feito que se aprecia claramente

cando houbo que recorrer ás reservas de ouro do Banco de España para pagar as armas que viñan da URSS (o

chamado “ouro de Moscova”).

Ademais das transformacións económicas, tamén son apreciables importantes cambios a nivel social.

Hai un claro desexo de igualdade que se pon de manifesto incluso nas indumentarias da vida diaria, aumentan os

monos de traballo e desaparecen os sombreiros e as garabatas. As mulleres participan de maneira importante na

economía e incluso nas milicias populares. Aumenta o ambiente de laicismo, moitas persoas cambian de nome;

Liberdade e República son agora frecuentes…

3.4.2.- A ESPAÑA SUBLEVADA: MILITARIZACIÓN E UNIFICACIÓN.

A).- CREACION DA XUNTA DE DEFENSA NACIONAL.

Fórmase en Burgos (xullo, 1936), está integrada por destacados militares: Mola, Dávila, Franco, Queipo

de Llano… e presidida por Cabanellas, o xeneral de maior rango e antigüidade. Era o primeiro órgano de mando

dos sublevados e tiña como obxectivo prioritario coordinar militarmente os efectivos militares e civís. Ó

mesmo tempo, a Xunta asumiu funcións administrativas e políticas, poñendo as bases dun novo Estado fronte ó

Goberno Republicano.

B).- A XEFATURA DO ESTADO EN MANS DE FRANCO.

Pronto a Xunta considera idóneo o nomeamento dun mando militar único para lograr unha maior

eficiencia na guerra. O elixido foi Franco, que acrecentara o seu prestixio despois da rápida marcha do exército

de África ata os arredores de Madrid, quedando convertido así na cabeza visible da insurrección. O seu poder

persoal viuse reforzado pola desaparición de Mola (morreu en accidente de aviación o 3 de xuño de 1937) e pola

execución, levada a cabo polos republicanos nun cárcere de Alacante, de José Antonio Primo de Rivera, xefe da

Falanxe.

80 Historia de España Unidade V

Creouse tamén a Xunta Técnica, formada por militares e civís, que actuaba coma se fose un Goberno.

Estaba organizada en diferentes Comisións: Finanzas, Xustiza, Industria…

C).- A ORGANIZACIÓN POLÍTICA DO ESTADO DENDE O PARTIDO ÚNICO.

Ante as discrepancias xurdidas entre os distintos partidos que apoiaran a sublevación (antimonárquicos,

carlistas, afonsinos...), Franco reaccionou promulgando o Decreto de Unificación (abril de 1937) polo que

creaba un partido único denominado “Falanxe Española Tradicionalista y de las JONS”, que máis tarde

recibiría o nome de “Movemento Nacional”. O proceso de fusión, que como indica a súa denominación,

afectaba propiamente ós Tradicionalistas e á Falanxe, non estivo exento de protestas no seo dos dous grupos. Sen

embargo, acabaron por asumila; uns, porque os seus líderes foron encarcerados e quedaron sen capacidade de

reposta inmediata; outros, porque xustificaron a unificación como paso previo para gañar a guerra e, sobre todo,

porque coincidían na súa posición antiliberal, antimarxista e na lealdade ó levantamento militar co que

colaboraran dende o comezo. A este partido sometéronse tamén os antigos militantes da CEDA e os

monárquicos de Renovación Española.

Obviamente, o xeneral Franco era o xefe indiscutible do partido único e concentraba todo o poder

na súa persoa xa que a este cargo unía o de Xefe do Exército e Xefe de Goberno, adoptando incluso o título de

Caudillo. O novo réxime, totalitario e de extraordinario poder persoal, adquire características claramente

fascistas.

D).- CONTRARREVOLUCIÓN.

O Goberno do novo réxime comezou pronto a poñer en práctica unha lexislación regresiva e represiva.

Impón unha concepción unitaria e centralista do Estado, polo que quedaban abolidos os Estatutos de

Autonomía e prohibida a utilización das linguas vernáculas.

É fundamental a concepción católica do Estado. A Igrexa identificouse co novo réxime, lexitimando a

súa actuación ata o punto de que o alzamento e a guerra foron cualificados como “Cruzada Nacional”. O novo

Goberno concede á Igrexa importantes privilexios: derroga as leis de divorcio e matrimonio civil, establece a

retribución dos sacerdotes, a instrución relixiosa fíxose obrigatoria…

Tamén se derroga a lexislación social e laboral da República: supresión de partidos e sindicatos, das

liberdades individuais, instauración dunha contrarreforma agraria que permitía que os antigos propietarios

recuperaran as terras expropiadas, establecemento de medidas similares para os empresarios industriais,

aprobación dunha Lei de prensa moi restritiva coa liberdade de expresión (censura)...

Unidade VI Historia de España 81

UNIDADE V.- O RÉXIME DE FRANCO.

1.- FUNDAMENTOS IDEOLÓXICOS DO RÉXIME FRANQUISTA.

Ó concluír a Guerra Civil, Franco, oposto ó réxime democrático, desmantela as institucións da época

republicana e inaugura un réxime totalitario no que tódolos poderes están concentrados na súa persoa dado que

asumiu ó mesmo tempo o cargo de Xefe do Estado, do Goberno, dos Exércitos e do partido único. A imitación

doutros ditadores europeos da época, Mussolini e Hitler, recibiu o título de Caudillo de España, que levaba

aparellado un verdadeiro culto á súa persoa: dá nome á principal rúa de moitas cidades e vilas, a localidades

enteiras (“ Ferrol del Caudillo”), recibe homenaxes multitudinarios, entra nas igrexas baixo palio e é considerado

unha especie de enviado de Deus (“Caudillo de España pola graza de Deus”) contra o que non cabe discrepancia

posible.

Os trazos básicos do novo réxime débense en gran parte ó propio ditador e poden sintetizarse na

imposición dos valores castrenses (orde, obediencia, autoridade), no importante papel da relixión católica na vida

pública, na defensa da unidade da patria e do nacionalismo español conservador, na limitación dos dereitos e

liberdades, no control férreo da oposición, no tradicionalismo nos costumes e símbolos...

En definitiva, a organización do novo Estado Totalitario inspírase na dos Estados Fascistas,

Alemaña e Italia, á que se incorporan aspectos do tradicionalismo español e do catolicismo. A partir de

1945, trala derrota das potencias fascistas, as institucións franquistas foron cambiando progresivamente para

adecuarse á nova situación internacional, revestíndose cun certo “verniz aperturista”, aínda que sen perder nunca

a súa esencia ditatorial.

2.- APOIOS INSTITUCIONAIS E SOCIAIS DO RÉXIME.

Non hai dúbida de que a represión e o exercicio diario da propaganda contribuíron á longa duración do

réxime, case corenta anos, sen embargo, sen a existencia de importantes apoios institucionais e sociais, Franco

dificilmente podería ter sobrevivido ás presións exteriores, á oposición política, ás axitacións estudantís e ás

protestas obreiras e rexionais.

2.1.- A Falanxe.

Franco aglutinou ós grupos da dereita tradicional (carlistas, monárquicos, CEDA) e ós de inspiración

fascista, Falanxe y JONS, que tamén apoiaran a sublevación, nun partido, Falanxe Española Tradicionalista y

de las JONS, xa en 1937. (ver capítulo 3.4.2 -C, páx. 65); co paso do tempo foi denominado Movemento

Nacional.

Este foi o único partido político recoñecido polo réxime e o que canalizaba a participación política

dos españois; tódalas demais formacións non só estaban prohibidas senón sometidas a unha férrea represión e

persecución policial. Os seus puntos programáticos convertéronse na base do nove réxime ó que aportou tamén

moitos dos seus símbolos (camisa azul, himnos...). Xogou ademais un importante papel exercendo a función de

adoutrinamento e propaganda a través das súas seccións: Fronte de Xuventudes, Sección Feminina, Oficina de

Prensa e Propaganda...

82 Historia de España Unidade V

2.2.- O Exército.

O Exército que triunfou na Guerra Civil converteuse nun dos piares básicos do franquismo. Sempre

observou unha fidelidade absoluta ó Xefe do Estado, que era ó mesmo tempo Xeneralísimo dos Tres Exércitos

(Terra, Mar e Aire), identificándose plenamente coa política anticomunista e de unidade da patria que constituían

as esencias do réxime. A institución militar non só tiña a misión de defender o territorio senón que tamén tiña

plena xurisdición sobre os delitos políticos mediante os consellos de guerra.

Franco recompensou este apoio nomeando a militares para cargos relevantes: ministros, deputados,

gobernadores provinciais, directores xerais...; así mesmo, confioulles o control das forzas de seguridade, xa que

eran os comandantes da Garda Civil e da Policía Armada.

2.3.- A Igrexa.

A Igrexa xogou un importante papel na lexitimación do réxime franquista. Xa durante a Guerra

Civil catalogou o conflito de Cruzada e membros da xerarquía eclesiástica tan significados como o cardeal

Gomá destacaron polas súas loubanzas ó réxime. Na mesma liña estivo o Papa Pío XII que enviou un telegrama

coa súa bendición apostólica o mesmo día 1 de abril de 1939, e dúas semanas máis tarde unha mensaxe á nación.

A cambio do apoio prestado, recibiu considerables privilexios. En primeiro lugar, declarouse o

catolicismo como a relixión oficial do Estado. Así mesmo, devolvéronselle á Igrexa os privilexios que suprimira

o Goberno Republicano: derrogouse a Lei do Divorcio, proclamouse a obrigatoriedade do matrimonio relixioso,

eximiuna da tributación polos bens eclesiásticos, restituíulle unha parte dos bens perdidos nas pasadas

desamortizacións (edificios de mosteiros, especialmente), e a xerarquía participou tamén nos principais órganos

estatais: Cortes, Consello de Estado… No campo escolar o ensino da relixión fíxose obrigatorio nas escolas e

toda a instrución debería impartirse conforme á doutrina católica. A estreita relación entre Igrexa e Estado dá

lugar ó que se coñece como Nacionalcatolicismo.

Todos estes aspectos quedaron claramente recollidos no Concordato de 1953 entre o Estado Español e

o Vaticano. Tamén se recollía neste documento o dereito de Franco á presentación de bispos, o que

significaba contar cunha xerarquía eclesiástica adicta ó réxime. Consistía en que o Caudillo presentaba unha

terna (lista de tres candidatos idóneos) para que o Papa elixise un deles cada vez que había unha vacante. Este

acordo tivo unha importante repercusión política internacional dado que significou a fin do illamento do

franquismo e o inicio das relacións internacionais; nese mesmo ano asinábase o importante convenio de

colaboración cos EE UU.

As resolucións do Concilio Vaticano II (1962-65) introduciron importantes cambios na Igrexa. O maior

aperturismo das Encíclicas de Juan XXIII podían supoñer unha fonte de deslexitimación do réxime. A pesar de

que a maior parte da xerarquía seguiu fiel ó franquismo, iniciouse unha corrente crítica na Igrexa que xunto coa

oposición social deu lugar á Lei de Liberdade Relixiosa de 1967, que permitía o culto ós non católicos, aínda que

con bastantes restricións. Esta corrente acentuarase a partir de finais dos anos 60, tanto dentro do sector

propiamente eclesiástico (Tarancón) coma dos intelectuais laicos (Julián Marías, Aranguren,…), constituíndo

unha significativa forza de oposición ó réxime franquista.

2.4.- Apoios sociais.

O réxime franquista viuse respaldado polos grupos sociais que o apoiaron na sublevación militar:

grandes terratenentes, empresarios industriais, financeiros, campesiñado católico do norte e centro…

Estes apoios víronse progresivamente incrementados polo oportunismo que con frecuencia fomentan os réximes

duradeiros; neste senso, destaca a numerosa clase media que xurdiu debido ó impulso económico dos anos 60 e

que transixiu coas restricións políticas a cambio dun nivel aceptable de benestar. Ademais, hai que ter en conta a

escasa conciencia política dunha parte importante do proletariado debido ó control absoluto por parte do

réxime dos mecanismos de propaganda e educación.

Unidade V Historia de España 83

3.- INSTITUCIONALIZACIÓN DO RÉXIME. AS LEIS FUNDAMENTAIS.

O réxime baseouse nunha serie de Leis Fundamentais xa que na España franquista non houbo nada

semellante a unha constitución, ó carecer de calquera lexitimación democrática.

Este proceso de establecer unhas leis básicas comezou en 1938, cando Franco decretou O Foro do

Traballo, inspirado na lexislación fascista italiana, que establecía os fundamentos sobre os que se organizaría a

economía do novo Estado. Os aspectos máis significativos son os seguintes:

-Establece un Estado intervencionista: regulamenta as relacións laborais e controla tódolos aspectos da

economía: prezos, salarios, importacións...

-Recolle melloras sociais para os traballadores: descanso dominical, vacacións anuais retribuídas,

seguros sociais de enfermidade, vellez, invalidez e maternidade.

-Prohibe os sindicatos obreiros de clase.

-Prohibe as liberdades sindicais: dereito de folga...

Esta declaración complétase en 1940 coa Unidade Sindical, inspirada tamén no fascismo italiano, pola

que se prohibía todo sindicato que non dependese da FET y de las JONS. Créanse así os chamados Sindicatos

Verticais, de afiliación obrigatoria e de contido “profesional” e non de clase. Segundo o modelo das

corporacións fascistas italianas, agrupaban nunha mesma organización a patróns e obreiros para evitar a

conflitividade social, dado que se consideraba que os seus intereses eran coincidentes.

A organización política queda deseñada na Lei Constitutiva de Cortes do ano 1942. Créanse así as

chamadas Cortes Orgánicas, que recolleron o nome, e pouco máis, da institución parlamentaria tradicional.

Nunca foron un verdadeiro parlamento depositario da soberanía nacional nin, por tanto, tiveron capacidade

lexislativa. Só foron un organismo deliberante que se limitaba a aprobar con lixeiras modificacións a lexislación

presentada polo executivo. Este sistema non acepta a división de poderes, que quedan concentrados na figura de

Franco.

Prohibidos os partidos políticos, o sistema de representación “orgánico” consistía en: procuradores que

o eran en razón do seu cargo (por exemplo presidentes de altos organismos, reitores da universidade… que foran

designados previamente polo goberno), outros por eleccións restrinxidas no seo de determinadas institucións

(sindicatos, administración local… controladas polo Movemento Nacional) e outros eran designados

directamente polo Xefe do Estado en virtude de “relevantes méritos”. A única modificación introducida na Lei

Orgánica do Estado de 1967 foi establecer que unha parte (minoritaria) dos procuradores en Cortes serían

elixidos directamente por votación dos cabezas de familia (incluíndo as mulleres casadas).

A derrota das potencias fascistas na II Guerra Mundial, trouxo consigo un progresivo

desprazamento dos sectores políticos do réxime máis vencellados ás mesmas (Serrano Suñer, por exemplo).

A partir daquela (1945) o que lle interesou ó franquismo foi achegarse ós vencedores da Guerra. Nese intento,

Franco introduciu cambios no réxime sen perder nada do seu poder. O ditador e os seus colaboradores iniciaron

unha operación de enmascaramento político dirixido a disfrazar as institucións de maneira que resultasen

presentables no concerto das potencias occidentais. Foi unha política de espera, agardando que pronto se

desencadearía en Europa a confrontación entre a URSS e EEUU, e que estes haberían de recorrer a España pola

súa firmeza anticomunista e o seu valor estratéxico.

O primeiro paso para adecuar as institucións á nova situación foi a promulgación do Foro dos

Españois (1945). Era unha especie de Declaración que prescindía das afirmacións de ton totalitario presentes no

Foro do Traballo e establecía unha serie de deberes e dereitos que podían exercer os españois. Existen claras

diferenzas entre o Foro dos Españois e as Constitucións dos países democráticos: o Foro dos Españois non foi

elaborado por unhas Cortes Constituíntes, e se ben recollía algúns dereitos de carácter individual –liberdade de

84 Historia de España Unidade V

opinión, de residencia, de reunión de asociación...-, estaban supeditados ó mantenemento dos principios

fundamentais do réxime e non podían atentar contra eles, circunstancia que facía imposible a súa aplicación

práctica. Ademais, os dereitos e liberdades poderían ser suspendidos temporalmente en calquera momento

con un simple decreto-lei aprobado polo goberno.

O intento de enmascarar o carácter ditatorial do réxime completouse coa aprobación da Lei de Referendo

(1945) que pretendía mostrar que en España estaba recoñecido o sufraxio universal. A democracia orgánica e

corporativa que establecía o Foro do Traballo non podía ser equiparada en ningún caso ás constitucións liberais

occidentais, pero había que disimular a grave vacío do dereito ó voto individual. Así, a Lei de Referendo

establecía que os españois, homes e mulleres maiores de 21 anos, podían ser consultados individualmente en

forma de plebiscito nacional, sempre por decisión de Franco, e para someterlles cuestións de Estado.

No ano 1947, os ideólogos do réxime pensaron que chegara o momento de establecer un sistema de

sucesión á Xefatura do Estado. Na súa opinión o franquismo debía ser considerado un réxime de excepción

irrepetible, sobre todo pola condicións persoais do líder, pero prorrogable no tempo grazas ó mantemento das

leis fundamentais. Abordábase así o problema da continuación do franquismo sen Franco. Con este obxectivo, a

Lei de Sucesión á Xefatura do Estado foi sometida a referendo e aprobada nun dos “pucheirazos” da historia do

réxime por máis do 93% dos votantes. Declarábase que España era un Reino de acordo coa súa tradición

monárquica, confirmábase a Franco como xefe vitalicio do Estado e reservábaselle o dereito a nomear sucesor a

título de rei. En 1948, Don Juan, herdeiro de Afonso XIII, entrevistouse con Franco e permitiu que o seu fillo

Juan Carlos fose educado en España, aceptando a posibilidade de que no futuro fose elixido herdeiro da Xefatura

do Estado.

En 1958, sen deliberación previa nas Cortes, Franco promulgou a Lei de Principios do Movemento

Nacional. Supoñía a incorporación institucional da doutrina falanxista e o recoñecemento oficial da FE y de las

JONS como o único partido. En realidade especificaba aspectos xa recollidos con anterioridade de maneira

dispersa:

-O Movemento Nacional quedaba recoñecido como partido único do que Franco ostentaba a presidencia

vitalicia.

-A Xefatura do Estado e a Presidencia do Goberno estaban tamén en mans do Caudillo, que só era

responsable ante Deus e ante a Historia.

-Estipulábase a forma de Estado: Monarquía tradicional, católica, social e representativa.

-Afirmaba a unidade e integridade da Patria. Só se aceptaba como lingua oficial o castelán.

-Establecía que a Nación Española acataba a doutrina católica e que esta inspiraba a súa lexislación.

4.- A ECONOMÍA NOS ANOS 40 E 50. AUTARQUÍA E ESTANCAMENTO.

A política económica da posguerra, que se mantivo ata finais dos anos 50, caracterizouse pola

autarquía e a intervención estatal co obxectivo de lograr a autosuficiencia económica. Esta concepción estaba

influída polos modelos fascistas, sobre todo polo italiano, que afirmaban que a independencia dos Estados non

era verdadeira se non estaba respaldada pola independencia da súa economía respecto do exterior.

As directrices básicas desta política foron expostas en 1939 polo propio Franco. Considera que o

obxectivo fundamental da economía española era conseguir unha balanza de pagos positiva (con superávit).

A balanza de pagos rexistra tódalas actividades económicas que realiza un país co resto do mundo; dentro dela

ten unha importancia significativa a balanza comercial (compendio de importacións e exportacións). É nesta onde

pon a súa énfase Franco. Defende unha estrica intervención do Estado para limitar todo o posible as importacións

e impulsar, incluso con subvencións, as exportacións. O resultado, de todas formas, non foi o desexado e nesta

Unidade V Historia de España 85

etapa produciuse un importante déficit; había produtos que era imprescindible importar e as exportacións eran

moi limitadas debido á pouca competitividade da economía española (baixa calidade e prezos elevados).

En consonancia con esta política, propoñía a intervención noutros sectores para substituír as

importacións e en suma potenciar a economía. Concretamente no ámbito agrario, organizouse o Instituto

Nacional de Colonización para a posta en explotación de novas terras segundo o modelo fascista italiano, ó

mesmo tempo que se continuaba a contrarreforma agraria iniciada en 1939 e que favorecía claramente ós

grandes propietarios e terratenentes. Os resultados xerais non foron demasiado favorables a pesar da propaganda

oficial. O sector agrario caracterizouse pola escaseza de abonos, a falta de maquinaria e a baixa produtividade, o

que explica os problemas de abastecemento de alimentos durante esta etapa.

Na industria seguiuse a política intervencionista coa creación do Instituto Nacional de Industria (INI,

1941). Pon de manifesto o protagonismo directo do Estado como investidor e promotor, especialmente nos

sectores básicos ou que esixían fortes investimentos. Os resultados tamén foron mediocres dado o retraso

tecnolóxico e a escaseza de recursos (restrinxíronse os investimentos estranxeiros) e non se conseguiu a tan

desexada redución drástica das importacións.

No campo dos transportes levouse a cabo a nacionalización da rede de ferrocarrís de vía ancha coa

creación da RENFE (Rede Nacional de Ferrocarrís Españois). Sen embargo, esta empresa manifestouse incapaz

de reconstruír con rapidez a rede e recuperar os niveis de actividade de preguerra, sen saber aproveitar as

circunstancias favorables que lle ofrecían uns anos nos que a competencia da estrada era reducida debido á

escaseza de combustibles e vehículos.

O fracaso das medidas económicas explica que esta etapa se caracterizara pola escaseza, a inflación e o

estancamento da produción. Son anos de carestía a tódolos niveis; as cartillas de racionamento para repartir e

controlar os alimentos básicos e o emprego do gasóxeno como carburante en substitución do petróleo son claros

exemplos desta situación. Para completar o panorama negativo, é de destacar a existencia dun importante

mercado negro, que recibía popularmente o nome de estraperlo (lembrando o fraudulento xogo de azar da II

República e que agora, trala Guerra Civil, pasa a aplicarse a todo tipo de actividades comerciais ilegais).

A política autárquica foi valorada moi negativamente pola case totalidade dos economistas. Un

caso significativo é o de García Delgado, autor que resalta as deficiencias da mesma: alta inflación,

desabastecemento, déficit exterior, reducido crecemento... facendo fincapé no aumento do desfase que en termos

económicos se produciu nesta etapa entre España e a maioría dos países europeos. Segundo el, a década dos

corenta era a pasaxe máis negativa da historia económica contemporánea e incluso o balance sería máis

negativo se se ampliaba ó campo político: un réxime totalitario que eliminara a pluralidade política e os

dereitos e liberdades dos cidadáns.

Durante os anos 50 produciuse unha atenuación das duras condicións impostas pola autarquía. Un

primeiro elemento positivo debeuse ás boas colleitas dos primeiros anos da década que permitiron contar con

excedentes agrícolas e suprimir a cartilla de racionamento do pan en 1952. O Acordo Hispano-norteamericano

de 1953, que supuxo unha importante inxección de divisas, de materias primas e fontes de enerxía, impulsou o

proceso industrializador. Como colofón, a remodelación do goberno en 1957, dando entrada a algúns técnicos,

abriu o camiño a novas medidas económicas que anunciaban a Plano de Estabilización de 1959.

5.- O PLANO DE ESTABILIZACIÓN DE 1959 E OS PLANOS DE DESENVOLVEMENTO (1960-73).

Ante os problemas provocados pola autarquía, foi necesario imprimir un xiro radical á política economía

e esta foi a finalidade fundamental do Plano de Estabilización de 1959. A iniciativa foi levada a cabo por un

equipo de ministros e altos cargos técnicos vinculados ó Opus Dei, os denominados tecnócratas, e contou co

86 Historia de España Unidade V

apoio de destacados organismos internacionais como o FMI (Fondo Monetario Internacional) e a OECE

(Organización Europea de Cooperación Económica), nos que entrou España en 1959, e que lle concederon

importantes créditos.

Os cambios sintetízanse na flexibilización e liberalización da economía. Desta forma, suprímense os

intervencionismos estatais innecesarios, liberalízanse os prezos, restablécese a libre competencia, liberalízase o

comercio exterior e ábrese o camiño á entrada de capitais estranxeiros... Ademais, o Goberno comprometíase a

axustar os gastos e ingresos do Estado para reducir o déficit público e moderar a inflación.

O Plano de Estabilización abre unha etapa (1960-1973) que en España se denomina de

“desarrollismo”, sinónimo do profundo e espectacular crecemento da economía, só superado neste período por

Xapón.

Coa finalidade de impulsar o crecemento, o Estado puxo en marcha os chamados Planos de

Desenvolvemento Económico. A súa duración era cuatrienal e tres foron os que entraron en vigor (1964-67 /

1969-72/ e 1972-75). Consistían en que o Estado marcaba unhas liñas a seguir (modelo indicativo) para

favorecer a iniciativa privada co fin de aumentar a produción, alcanzar o pleno emprego e integrar a economía

española no contexto mundial. Ademais, fixaba uns Polos de Desenvolvemento (Sevilla, Valladolid, Vigo, A

Coruña…) coa intención de potenciar e industrializar determinadas zonas que non contaban ata o momento con

ningún tipo de instalacións industriais.

O sector industrial foi o que experimentou un crecemento máis espectacular e a maior

diversificación, ata o punto de que España situouse como décima potencia mundial. As industrias máis

beneficiadas foron as de base, sobre todo a siderurxia, pero tamén creceron considerablemente as de consumo:

o popular 600 fabricado por SEAT en Barcelona converteuse no símbolo da nova sociedade de consumo e en

Valladolid instalouse FASA-RENAULT, que tamén produciu modelos económicos e populares (“o catro latas”).

Ademais, instaláronse refinerías para a transformación e refinado do petróleo e, por último, potenciouse a

produción hidroeléctrica a partir da construción de encoros.

O sector agrario non participou na mesma medida que o industrial no desenvolvemento. De todas

formas, beneficiouse dunha importante mecanización e do uso de fertilizantes e fitosanitarios así como do

aumento do tamaño das explotacións, co conseguinte aumento do nivel de renda e da produtividade. Á súa vez, a

mecanización fixo posible a existencia de excedentes de man de obra (éxodo rural encamiñado ás cidades e que

supón un aporte de man de obra para a industria) e a creación dun mercado para os produtos industriais.

Outro sector destacado foi o da construción, que se beneficiou do extraordinario crecemento das

cidades, especialmente das zonas de costa, impulsadas polo fenómeno do turismo. Tamén se asiste nesta época a

un importante incremento da construción de estradas e o inicio das primeiras autoestradas.

E finalmente o turismo. España sitúase como 2º país de Europa, despois de Italia, polo número de

turistas. É de gran importancia debido ós ingresos que aporta así como pola incidencia sobre o emprego e o

desenvolvemento de determinadas rexións, fundamentalmente a Costa Brava, Costa do Sol, Baleares e Canarias.

Ademais, supón o contacto da poboación española con outra de diferentes países e de costumes máis libres, que

inflúe progresivamente no seu cambio de mentalidade.

Os datos económicos evidencian con claridade o crecemento. O PNB (Produto Nacional Bruto) pasa

do índice 132 (tómase como 100 o do ano 1935) a 253, en 1970, e o de produción industrial pasa de 264 a 549,

nesas mesmas datas. A poboación activa sofre tamén un cambio radical. En 1960 o sector primario representaba

o 39%, o secundario o 32% e o terciario o 27%; en 1975, o 21%, 38% e 40%, respectivamente.

A propaganda oficial encargouse de magnificar os resultados e os aspectos positivos desta etapa para

resaltar o triunfo do réxime, pero é necesario tamén poñer de manifesto unha serie de problemas e elementos

negativos.

-Incremento das fortes desigualdades rexionais. Os mecanismos de intervención estatal (o

proteccionismo arancelario, por exemplo) axudou ó crecemento do País Vasco e Cataluña, ó mesmo tempo que

se potenciaba o de Madrid por motivos políticos. Os intentos de desenvolvemento das rexións deprimidas

Unidade V Historia de España 87

(citados anteriormente) tiveron escasa incidencia. A actuación do sistema financeiro contribuíu tamén a este

fenómeno, dado que recollía os aforros das rexións máis pobres e investíaos nas máis ricas.

-Propíciase unha importante emigración interior dende as rexións deprimidas como Galicia,

Andalucía, Estremadura cara as industrializadas como Madrid, Cataluña e País Vasco. Esta emigración

complétase coa exterior, dado que o crecemento económico non foi capaz de absorber a man de obra excedente.

Nesta época, xa non ten tanta incidencia a tradicional con destino ós países sudamericanos (Arxentina,

Venezuela, Brasil…) senón que se dirixe cara Europa (Alemaña, Francia, Suíza…). O continente europeo está

tendo tamén un desenvolvemento económico moi importante e necesita unha masiva incorporación de man de

obra, que é aportada en gran medida polos países do sur, España entre eles. Este fluxo migratorio serve tanto

para minorar as posibles tensións sociais (debidas ó paro, pobreza…) como para xerar un importante fluxo de

divisas que contribúen a financiar o desenvolvemento económico.

-O “Desarrollismo” provocou repercusións de tipo ambiental (instalacións de industrias contaminantes

con escaso control en zonas pouco axeitadas, urbanismo salvaxe nas costas…) ou no urbanismo das cidades

(especulación do chan, chabolismo, construción de mala calidade…)

-Fraudes financeiros e especulación debidas á ausencia de control que favorecía en moitos casos os

intereses particulares de individuos e grupos próximos ó poder.

-Excesiva dependencia de investimentos exteriores, de aportacións dos emigrantes ou do turismo.

Nesta etapa de importante crecemento económico hai que poñer de manifesto a escasa evolución

política real do réxime. En 1967 publicase a Lei Orgánica do Estado, que pretendía ser a culminación da

chamada “democracia orgánica” e supoñía a recapitulación de tódalas Leis Fundamentais anteriores. O réxime

falou de que representaba a definitiva “Constitución Española”. Ampliaba minimamente a participación dos

cidadáns, aumentaba os seus dereitos e limitaba lixeiramente o poder de Franco, pero estaba claro que esta lei

non proviña das deliberacións dunha asemblea democrática. Pola contra, tratábase de disposicións dadas polo

propio Xefe do Estado, aprobadas por unhas Cortes non democráticas e que non tiñan ningunha lexitimidade para

crear un verdadeiro Estado de Dereito. O poder seguía concentrado nas mans de Franco, non se permitían os

partidos nin os sindicatos obreiros, as liberdades estaban restrinxidas...

Algo parecido se pode dicir da Lei de Prensa de 1966 impulsada por Fraga. Suprimía a censura previa

nas publicacións, pero só supoñía un tímido avance, dado que a mantiña a posteriori provocando, a partir de

entón, abundantes expedientes sancionadores, multas e ata encarceramentos de xornalistas.

En realidade o que se pretendía era a perpetuación do franquismo e non a transformación do

sistema político, polo que se facía inviable a integración na Comunidade Europea, desexada por capas cada vez

máis amplas do empresariado con intereses nos sectores exportadores.

6.- POLÍTICA INTERNACIONAL.

6.1.-Etapa da II Guerra Mundial.

Unha vez que se inicia a guerra, España declárase neutral. Sen embargo, ante as grandes vitorias dos

países fascistas durante 1940, adopta a posición de non belixerante que lle permitía ter unha postura de amizade

e colaboración coas potencias do Eixe aínda que non participara directamente no conflito. A partir de entón,

tanto Alemaña como Italia sondaron as posibilidades da integración española na guerra e exerceron presión para

que se producira. Para tratar este asunto celebrouse a entrevista entre Franco e Hitler en Hendaia (Francia) en

outubro de 1940. Franco plantexou unha serie de compensacións de tipo económico e de apoio á súa expansión

territorial con vistas a crear un novo imperio en África sobre a base das posesións francesas e obter outras

vantaxes en Europa, incluída a recuperación de Xibraltar. Como o ditador alemán considerou excesivas estas

88 Historia de España Unidade V

peticións para a escasa axuda militar que podía aportar Franco, o acordo non se produciu e a entrada española

na guerra non tivo lugar.

Cando en 1941 Alemaña invade a URSS, país considerado polo franquismo como a súa antítese

ideolóxica, organizouse rapidamente en España unha nova cruzada contra o comunismo a través dunha

expedición de voluntarios destinada á fronte soviética: é a denominada División Azul (cor simbólica do

falanxismo). Uns 60.000 homes incorporáronse a esa forza, que quedou integrada no exército alemán como

División 250. Dende o punto de vista militar tivo un papel moi limitado; pasou por graves problemas e sufriu

numerosas perdas humanas.

En 1943, ante o inicio das vitorias aliadas, Franco abandona a política de non belixerancia e retorna á

estrica neutralidade nun claro intento de previr as fatais consecuencias dunha derrota.

6.2.-Illamento Internacional (1945-1953)

Rematada a II Guerra Mundial, en 1945, coa derrota das potencias fascistas, España, debido ó seu

réxime ditatorial, non foi aceptada no concerto diplomático internacional; os países occidentais vencedores

(EE.UU., Reino Unido...) son claros defensores do sistema político democrático. Inaugúrase así unha etapa de

illamento internacional na que destaca a Resolución de condena da ONU en decembro de 1946. Nela, este

organismo valoraba negativamente o réxime de Franco e non consideraba ás súas autoridades representantes

lexítimas do pobo español, polo que aconsellaba ós países membros que rompesen relacións diplomáticas con

Madrid; esta recomendación deu lugar á retirada de embaixadores da case totalidade dos países do mundo.

Como reacción a esta condena internacional, produciuse a adhesión popular á persoa do Caudillo,

carismático xa a estas alturas para unha gran parte dos españois. En Madrid organizáronse manifestacións

multitudinarias de apoio a Franco, entre as que destaca a celebrada na Praza de Oriente.

O illamento internacional nos anos 40 e nos primeiros 50 foi moi acentuado, dado que á retirada de

embaixadores citada sumouse a expulsión de España de numerosos organismos internacionais (Organización

Internacional da Aviación...). Ademais, non accedeu ós fondos do Plan Marshall e só puido contar coa axuda de

Portugal e dalgúns países latinoamericanos, en especial da Arxentina de Perón, que mitigou a situación de fame

con continuos envíos de alimentos.

De todas formas, a situación foi cambiando paulatinamente a partir de 1947, ano no que comeza a

denominada Guerra Fría, enfrontamento entre dous bloques antagónicos, o capitalista occidental liderado polos

EE UU, e o comunista oriental liderado pola URSS. É así como as potencias occidentais buscaron o apoio de

todos os países anticomunistas e foron vendo con mellores ollos ó réxime de Franco, feito que levou aparellado

unha serie de cambios, de momento tímidos, que foron suavizando o illamento, aínda que o réxime ditatorial

seguía a ser condenado pola maioría dos países democráticos.

6.3.-Recoñecemento internacional. 1953-1959.

O ano 1953 foi decisivo para o recoñecemento internacional do réxime de Franco grazas ó achegamento

á Santa Sé e ós EE UU. Nos dous casos xogouse a baza da oposición ó comunismo.

-Sinatura do Concordato coa Santa Sé (27-8-1953), polo que se renovaban os acordos do anterior

Concordato (de 1851): confesionalidade do Estado, a obrigatoriedade do ensino da relixión católica nas escolas,

matrimonio eclesiástico e leis conformes á doutrina da Igrexa.

-Pacto cos EE UU, que supuxo un triunfo para o réxime ante a opinión pública; a cambio dunha

importante axuda económica, instaláronse en España bases militares (Morón, Rota, Zaragoza e Torrejón), de

utilización conxunta durante un período de dez anos, renovable por outros dous de cinco. O prezo pagado por

Unidade V Historia de España 89

España era alto xa que o territorio español, en caso de conflitividade na área, podía ser utilizado sen consultar co

seu Goberno.

En 1955, España pedía a súa admisión na ONU e, co apoio decisivo do Goberno norteamericano,

era aceptada; ó mesmo tempo, integrábase en organismos económicos como o Fondo Monetario Internacional e

o Banco Mundial. A visita do presidente norteamericano Eisenhower a Madrid en 1959 culminaba os éxitos do

Ministerio de Asuntos Exteriores.

7.- O EXILIO. AS FORZAS DE OPOSICIÓN Ó FRANQUISMO.

7.1.- O Exilio.

A represión do inimigo político que se practicou na Guerra Civil tivo a súa continuación na posguerra.

Concluída a contenda, poboaban os cárceres españois máis de 200.000 presos republicanos que foron obxecto de

diversos tipos de condenas, dende a pena máxima ata a de prisión en diverso grao.

Outra parte dos vencidos busca a salvación marchando do país cara ó exilio. Resulta difícil coñecer con

exactitude a cifra destes exiliados dado que varía moito segundo os autores, uns falan de 200.000, outros de

400.000. En calquera caso, nunca ata entón na Historia de España se producira un éxodo de tales proporcións nin

natureza. Moitos deles voltaron pronto a España, cando a situación se fixo máis difícil en Europa, unha vez

comezada a Guerra Mundial e cando o réxime prometeu non proceder contra os que non tivesen cometido delito.

Así e todo, unhas 100.000 persoas permaneceron no exilio, ás que se uniron outras que tiveron que marchar nos

anos posteriores ante a represión e a imposibilidade de encontrar traballo pola súa anterior pertenza a unha

organización de esquerdas.

Unha parte importante dos exiliados trasladáronse a Francia, onde nun primeiro momento foron

internados en campos de refuxiados nunhas condicións moi difíciles, que provocaron a morte de moitos nenos e

persoas subalimentadas. Cando entraron os nazis en Francia durante a II Guerra Mundial, moitos refuxiados

españois, considerados como perigosos polos ocupantes, foron internados en campos de concentración ou

devoltos a España (en gran medida executados ó chegar). Outros quedaron enrolados no exército francés e algúns

conectaron coa resistencia e, posteriormente, actuaron como maquis formando parte da oposición a Franco.

En México, o goberno de Lázaro Cárdenas, que xa axudara á República durante a Guerra Civil, seguiu

aberto á recepción de exiliados e unha actitude semellante tiveron a maioría das repúblicas iberoamericanas. Así

como a Francia marcharon basicamente traballadores non cualificados e obreiros agrícolas, en xeral, a América,

foron importantes personalidades do mundo da cultura e do sector terciario cun importante grao de cualificación.

Tamén en México, no ano 1945, reanudouse a actividade da República Española no exilio grazas ó

apoio substancial do goberno mexicano. Alí se reuniron as Cortes republicanas ese mesmo ano e elixiron un

Goberno republicano, institución que se mantivo ata 1977.

A Unión Soviética foi outro importante país de acollida, especialmente para os afiliados do PC.

Mención especial merece o labor realizado cos nenos e nenas que foron acollidos durante a guerra, uns 3.000;

son os coñecidos como os nenos da guerra.

O esforzo dos republicanos exiliados manifestouse de múltiples formas, dende a actividade puramente

política a múltiples manifestacións públicas en prensa e radio, así como na publicación de ensaios e obras

literarias que facían referencia á situación de falta de liberdades que estaba a impoñe-lo réxime de Franco.

90 Historia de España Unidade V

7.2.-A Oposición ó Sistema.

Á parte dos exiliados que combaten dende o exterior é réxime franquista, a maior parte dos vencidos

permanece en España onde o descontento xerado pola represión e os derroteiros ditatoriais do mesmo explican a

existencia de movementos de oposición internos.

7.2.1.-A Guerrilla (O Maquis).

O movemento guerrilleiro desenvolveuse fundamentalmente na década de 1940. Ó rematar a guerra,

Franco non concedeu unha amnistía que posibilitase o proceso de reconciliación nacional e moitos

combatentes partidarios da República, ante a imposibilidade de abandonar o país, marcharon ó monte para non

caer na cadea ou ante o pelotón de execución; eran os denominados “fuxidos”. Este grupo estivo integrado por

persoas de diferentes tendencias: republicanos, socialistas, comunistas, incluso católicos, e loitaron por derrotar ó

novo réxime e restablecer as liberdades.

Nun primeiro momento estiveron moi desorganizados e subsistiron en moitos casos grazas ó apoio

prestado pola poboación, que os encubría, aprovisionaba, informaba, servía de enlace... Co paso do tempo, a

guerrilla vaise organizando de maneira máis complexa e eficaz, case sempre baixo a dirección dos

comunistas, chegando a efectuar atentados contra persoas destacadas na represión ou sabotaxes, obrigando ó

réxime franquista a manter as súas forzas nun continuo estado de guerra.

De todas formas, a guerrilla acabou fracasando. Ás razóns técnicas (falta de financiamento,

deficiente armamento...) uniuse a falta de respaldo internacional, dado que os gobernos aliados na época da

Guerra Fría (a partir de 1947) comprometéronse coa política anticomunista e toleraron ó réxime franquista, que

quedou encadrado no Bloque Occidental baixo a hexemonía do EE.UU. Ademais, a represión foi cada vez máis

eficaz, e a garda civil foi estreitando o cerco sobre os guerrilleiros. Por último, o apoio popular foi decaendo,

por cansazo, polo perigo que supoñía... É así como a partir de 1946 moitos guerrilleiros enterraron as armas e

emprenderon a fuxida ó estranxeiro. En 1948 a propia dirección do PCE decidiu abandonar a guerrilla e

concentrar o seu labor noutros métodos de loita.

7.2.2.-O PSOE e os Republicanos.

Foi unha oposición minoritaria dentro de España, xa que a maioría tiveron que exiliarse.

Caracterizouse pola súa gran desunión, continuación do enfrontamento interno que tiveran as forzas republicanas

no transcurso da Guerra Civil, sobre todo dende 1937, desunión á que contribuíu a gran dispersión xeográfica,

dado que se repartiron entre Francia, Inglaterra, México, Arxentina e a URSS.

A partir do ano 1947, e ante a condena do franquismo pola ONU debido á súa colaboración cos

fascismos, houbo un intento de aglutinar as forzas antifranquistas, coa excepción do comunismo, que estivo

apoiada polos gobernos aliados a impulsada fundamentalmente polo socialista Prieto, que intentou

aproximarse tamén ós monárquicos de D. Juan de Borbón para que a coalición tivera a maior amplitude

posible. Sen embargo, acabou en fracaso.

Máis tarde, dende comezos dos anos 60, os intereses económicos de España impulsábana a integrarse no

Mercado Común, no que non podía ser admitida mentres non tivese un sistema político “homologable” ó dos

países membros. É así como en 1962 celebrouse en Munich unha reunión do Movemento Europeo á que

asistiron delegados da oposición no exilio, entre os que destacaban membros do PSOE e PNV (excluíron ós

comunistas), e algunhas personalidades do interior de España como Gil Robles e representantes da Democracia

Cristiá. Nela denunciaron a natureza antidemocrática do réxime e avogaron polo establecemento dunha

democracia parlamentaria. Esta reunión foi considerada polo goberno español como unha conspiración -

cualificouse do Contubernio-, ó tempo que tratou de desacreditala nos medios de comunicación coas habituais

acusacións de “manipulacións marxistas”. Os delegados que regresaron a España foron encarcerados ou

desterrados, reactivándose a represión.

Unidade V Historia de España 91

Nesta década dos 60, acrecentouse a tendencia iniciada nos anos 50 de transvase do protagonismo

da oposición dende o exterior ás forzas que comezaron a reorganizarse no interior. É así como apareceron

partidos e organizacións de tendencia socialista, socialdemócrata, cristiá... con militantes procedentes tanto do

mundo obreiro como das clases medias, representantes dunha xeración que non vivira a guerra, e que

protagonizaron a loita antifranquista nos últimos anos do réxime e contribuíron posteriormente ó triunfo da

Transición democrática.

7.2.3.- A Oposición Comunista.

O Partido Comunista foi a forza mellor organizada e con máis presenza no interior, aínda que esta

seguía a ser escasa. Nun primeiro momento, encargouse de dirixir e controlar o movemento guerrilleiro xa

mencionado, pero o novo contexto internacional a partir de 1947 levou á dirección do partido a liquidar

definitivamente esta táctica en 1948.

En liñas xerais, o PC estivo bastante illado doutras forzas de oposición non frutificando os intentos

dos anos 50 de formar un amplo movemento de masas incluso cos sectores evolucionistas do propio réxime

franquista baixo a fórmula da reconciliación nacional.

O PC defende a partir de entón a estratexia de combater ó franquismo dende os propios aparatos

do réxime, especialmente dos sindicatos verticais, e logra implantarse progresivamente nos núcleos obreiros e

tamén en amplas capas da pequena burguesía urbana, de tal forma que se converteu na organización política

clandestina máis importante do Estado Español.

Non anos finais do franquismo, o PC presidiu a formación dunha alternativa unitaria coas forzas da

oposición: a Xunta Democrática (1974), que dous anos máis tarde se integraría en Coordinación Democrática.

7.2.4.- O Movemento Obreiro.

Durante os anos da posguerra o movemento obreiro estivo moi desorganizado e foi de escasa relevancia.

O ano 1957 supuxo un cambio cualitativo. Na mina La Camocha (Asturias) formouse unha comisión de

obreiros para negociar coa dirección da empresa o final dun conflito no que se esixían melloras económicas e de

seguridade. Estas comisións, impulsadas por diversos colectivos, dende comunistas a católicos, e que

funcionaban á marxe dos sindicatos verticais, estendéronse por multitude de localidades. Aparecían para dar

resposta a problemas concretos das empresas e desaparecían cando se resolvían ou cando a forza represiva da

ditadura se impoñía. No ano 1962 fanse permanentes e é entón cando nace oficialmente o sindicato

Comisións Obreiras (CC.OO.), o de maior relevancia durante o franquismo. Os comunistas van ser os que teñan

un maior peso na súa organización e os seus líderes Marcelino Camacho e Julián Ariza establecen a estratexia a

seguir: aínda manténdose na clandestinidade, introducirse e a aproveitar as estruturas do sindicato vertical para

poder chegar con máis facilidade ós obreiros.

As folgas son o medio de loita máis empregado polo movemento obreiro; nelas reivindícanse

melloras salariais, redución da xornada laboral… pero tamén aspectos políticos (liberdades, supresión da

ditadura…) debido á ausencia doutros mecanismos de participación e diálogo. Á pesar de que se poñen en

marcha todo tipo de medidas represivas: despidos, creación do temido Tribunal de Orden Público (TOP), as

folgas aumentan nos anos 70. Un exemplo significativo desta protesta obreira ocorre en Ferrol o 10 de maio de

1972. Ás reivindicacións obreiras únense as esixencias de democratización, e como resultado do enfrontamento

coas forzas de orde pública nunha manifestación de miles de persoas, resultaron feridos vinte traballadores e

dous caeron mortos. As manifestacións de repulsa polos feitos de Ferrol estendéronse por toda Galicia e na

factoría Citroën de Vigo iniciouse, ós poucos días, unha segunda folga que durante vinte días mantivo á cidade

en tensión.

Estas folgas, de carácter político e mesmo revolucionario, contribuíron poderosamente ó desgaste do

réxime.

92 Historia de España Unidade V

7.2.5.- A Universidade.

Un sector da intelectualidade relacionada coa Universidade xunto cos estudantes máis concienciados

supuxeron, dende os anos 50, outro dos focos de oposición ó réxime. Denunciaban a falta de lexitimidade do

franquismo e defendían a necesidade de voltar a un réxime parlamentario. As primeiras manifestacións de

protesta tiveron lugar durante o ano 1956, cando os universitarios se manifestaron nas rúas de diversas cidades

españolas, pero foi en Madrid onde foron máis relevantes: berros, pancartas, interrupción do tráfico... A

gravidade dos acontecementos supuxo a destitución do ministro de educación do momento, Joaquín Ruiz

Jiménez, debido a que durante o conflito mostrara un talante negociador e máis aberto do permitido polo réxime.

A partir dos anos 60 as protestas foron acentuándose, chegando á súa máxima expresión en 1968.

Ademais de esixir cambios políticos, tamén tiñan como obxectivo a substitución do SEU (Sindicato Español

Universitario) de carácter falanxista por un sindicalismo libre e democrático.

A resposta do Goberno, que consideraba as protestas como un problema de orde pública, foi

habitualmente dura: expedientes, detencións, suspensións de clases, peche de Universidades, profesores

expedientados e apartados das súas cátedras (de moita repercusión foi a expulsión dos profesores Tierno Galván,

Aranguren e García Calvo).

7.2.6.- A Oposición Nacionalista.

Por último, é preciso mencionar a oposición política en Cataluña, País Vasco e, en menor medida, en

Galicia. As organizacións nacionalistas, duramente reprimidas, foron adquirindo unha influencia crecente e

reclamaban dereitos específicos para as súas comunidades: lingüísticos, culturais, políticos...

En Cataluña as reivindicacións centráronse sobre todo no apoio e difusión da lingua e na esixencia de

autonomía. Os grupos políticos abarcaban dende a dereita (Unió Democrática de Catalunya) ata a esquerda

(Esquerra Republicana de Catalunya). A principios dos anos 70 vaise conformando o grupo que dará lugar a

Convergencia Democrática de Catalunya, liderada por Jordi Pujol e fundada en 1974.

No País Vasco a oposición nacionalista estivo hexemonizada polo PNV que mantivo no exilio unha

clara fidelidade ás institucións republicanas e un rexeitamento frontal ó réxime franquista. A escaseza das

actuacións no interior provocou o descontento do sector máis radical das súas xuventudes dando lugar ó

nacemento de ETA en 1959. As súas actuacións violentas acentuáronse a partir de 1966 esixindo a

independencia total dunha gran Euskadi que abarcase tamén a Navarra e ó País Vasco francés.

En Galicia, durante a Ditadura, o Partido Galeguista pasou por graves dificultades. Por un lado, os

principais dirixentes ou foran eliminados ou estaban no exilio; por outro, a maioría dos escasos militantes do

interior eran partidarios de abandonar o activismo político e actuar unicamente no eido cultural. A consecuencia

foi a desaparición deste partido nacionalista quedando reducida a oposición política ó franquismo ó labor dos

exiliados.

A partir de 1963 relánzase o nacionalismo coa fundación, ese mesmo ano, do PSG (Partido Socialista de

Galicia), e da UPG (Unión do Pobo Galego), en 1964. Incluso en 1968 fundouse o PCG (Partido Comunista de

Galicia) cunha liña autonomista dentro do PCE. En 1975, por iniciativa da UPG, fundouse a ANPG, precedente

do actual BNG.

Unidade V Historia de España 93

8.- POLÍTICA CULTURAL. CONTROL E CENSURA.

A cultura na época franquista debía estar ó servizo dos intereses do réxime e debía fomenta-los

valores nos que este se baseaba.. Non é de estrañar, por tanto, que non se admitise a pluralidade nin a liberdade

expresiva, quedando controladas pola censura.

Non se permite a difusión de ideas contrarias á unidade da patria, perseguíndose todo o que tivera

relación cos nacionalismos. Neste contexto, tamén se persegue o emprego das linguas catalá, galega e vasca,

desprezándose a aqueles que a empregan.

Na tarefa de reducir España ó modelo de Castela foi fundamental o control do ensino. Os principios

básicos do Movimiento estaban presentes nos seus programas. Ademais, introduciuse unha nova materia: a

Formación do Espírito Nacional, a través da cal a xuventude coñecía os trazos básicos do novo sistema político

e a nova misión de España. Este control plasmouse na depuración de numerosos docentes e funcionarios da etapa

republicana. O Sindicato Español Universitario (SEU) era o único portavoz recoñecido dos estudantes.

A Igrexa, gran apoio do réxime, contribúe de maneira activa impoñendo unha moral católica moi

estrica como norma de conduta á que debería someterse a poboación.

A censura estaba presente en tódalas manifestacións da vida social: discursos, programas de radio,

prensa, literatura, películas de cine,…

A partir dos anos 60, ó mesmo tempo que asistimos a un importante desenvolvemento económico,

fóronse producindo cambios paulatinos no eido cultural e dos costumes que, dunha ou doutra maneira, van

preparando o futuro cambio político que terá lugar despois da morte de Franco, en 1975. O maior acceso á

cultura, o aumento dos españois que viaxan ó estranxeiro, a entrada masiva de turistas favoreceron a adopción de

actitudes menos intransixentes en gran parte da poboación. O impacto do Concilio Vaticano II contribúe a

cambiar tamén as actitudes de parte do clero e fan aparición os chamados curas obreiros, que se instalan nas

barriadas e achéganse máis ós problemas cotiás dos seus fregueses.

Incluso se nota no cambio de estética na xuventude (pelos longos, vestimenta máis informal,…), no

cambio nos gustos musicais: aparición de cantautores como Serrat, Raimon, Paco Ibáñez, que defenden as

liberdades a través das letras das súas cancións,…

Os intelectuais, que en liñas xerais foron opositores ó réxime, a partir dos anos 60, utilizaron

plataformas de expresión legal nacidas ó amparo da moi limitada apertura la Lei de Prensa de 1966: tal foi

o caso de revistas como Cadernos para o Diálogo ou Triunfo. Ademais, moitos deles colaboraron con

movementos comprometidos coas reivindicacións das culturas nacionais periféricas, establecendo leitos

alternativos á cultura oficial.

Unidade VI Historia de España 94

UNIDADE VI.- A ESPAÑA ACTUAL.

1.-A TRANSICIÓN DEMOCRÁTICA.

En liña xerais, enténdese por Transición Democrática o período no que se produce o paso dun réxime

autoritario a un democrático. Aínda que os historiadores non coinciden na cronoloxía deste período, a maioría

inclínase por situala entre 1975, ano da morte de Franco, e 1982, ano da vitoria electoral do Partido Socialista,

que supón o inicio da consolidación de sistema.

O comezo da Transición queda marcado pola morte de Franco (20 de novembro de 1975), que

determina por si mesma a fin da ditadura no que tiña de réxime autocrático. Xa na última etapa do réxime, de

todas formas, existía unha clara diverxencia entre o anquilosamento do réxime político e o crecente

dinamismo da sociedade: liberalización da vida cotiá, adopción de actitudes menos intransixentes, aparición de

certa prensa que se separa das consignas oficiais…

Dous días despois da morte de Franco, Juan Carlos foi coroado Rei. Tanto o seu discurso como o do

cardeal Tarancón, oficiante da cerimonia, incluíron palabras de apertura e reconciliación, que podían presaxiar

vontade de significativos cambios políticos. Aínda que o primeiro goberno da monarquía continuou presidido

por Arias Navarro (presidente tamén do último goberno de Franco), era heteroxéneo e nel estaban

representados os principais grupos do réxime que impulsaban proxectos políticos diferentes, entre os que

destacaban:

-O Continuísta (denominado por moitos O Búnker, ó que pertencía o propio Arias Navarro). Defendía

a permanencia do modelo franquista, coa concesión testimonial dalgúns dereitos.

-O Reformista (Areilza, Suárez), que pretendía conseguir unha democracia homologable á doutros

países occidentais, pero sen ruptura, a partir das leis vixentes.

Os principais partidos democráticos de esquerda, algúns tolerados polo Goberno, reclamaban unha

ruptura política co réxime franquista e co goberno continuísta de Arias Navarro.

A maioría agrupábase en 2 plataformas: a Xunta Democrática, fundada en 1974 e impulsada polo PCE,

liderado por Santiago Carrillo, e a Plataforma Democrática, organizada arredor do PSOE dende 1975 e

liderada por Filipe González. En marzo de 1976, xa morto o ditador, uníronse nun só organismo: Coordinación

Democrática.

Inicialmente non aceptaban o novo réxime monárquico, esixían a liberdade de tódolos presos

políticos encarcerados polas súas ideas ou actividades políticas contra a ditadura e o retorno do exiliados,

reclamaban liberdades políticas e sindicais e pedían eleccións libres que dirán o paso a un período constituínte

onde tamén se decidira a forma de Estado e de Goberno. En Cataluña e no País Vasco, sobre todo, reclamábase

tamén o recoñecemento dos Estatutos de Autonomía abolidos polos vencedores da Guerra Civil.

Nos primeiros meses de 1976 producíronse numerosas manifestacións en demanda de liberdades

políticas e melloras sociais, ás que o goberno respostou co endurecemento da represión. O clima de axitación

tivo a súa máxima virulencia en Vitoria, onde os enfrontamentos entre a policía e os folguistas acabaron coa

morte de cinco traballadores abatidos polos disparos da policía. A resposta represiva do goberno de Arias

Navarro (que contaba neses momentos con Fraga Iribarne como ministro da Gobernación) ás mobilizacións

populares era idéntica á adoptada polo franquismo.

Unidade VI Historia de España 95

1.1.- A Lei Para a Reforma Política. A Ruptura Pactada.

Estas circunstancias, xunto co inmobilismo do réxime, levaron, en xuño de 1976, á dimisión de Arias

Navarro, en boa parte forzado polo monarca, que se mostraba disposto a alentar unha democratización política

para estabilizar a súa propia monarquía. Substituíu a Arias por un xoven político procedente dos sectores

reformistas do Movimiento, Adolfo Suárez, que conectaba coas pretensións da Coroa. Suárez iniciou un novo

estilo de facer política, que o levou a formalizar contactos coa oposición política e propoñer un audaz proxecto, a

Lei para a Reforma Política (LRP), un texto curto, pero que asumía a linguaxe da oposición de proclamar a

democracia como organización política propia do Estado Español e reclamar a soberanía popular. O texto prevía,

ademais, a transformación das Cortes existentes nun Congreso de Deputados e nun Senado elixidos por sufraxio

universal. Tamén anunciaba unhas futuras eleccións democráticas coa participación de partidos políticos.

Representaba, pois, o inicio do desmantelamento do franquismo.

Nun primeiro momento, a oposición rexeitou esta iniciativa propoñendo a abstención no referendo ó que

foi sometido a lei. Sen embargo, a aprobación da mesma (votou o 77% do censo e del un 94% afirmativamente),

fixo que se replantexara a estratexia a seguir. Progresivamente asistimos a un achegamento entre as elites

políticas, tanto das que proviñan do franquismo, que logran illar ó búnker, como das da oposición, dando lugar á

Reforma ou ruptura pactada, co obxectivo de evitar unha confrontación estéril e unha volta ós males do

pasado.

É así como se chega ó acordo de non esixir responsabilidades ós implicados na ditadura, acéptase a

monarquía como forma de Estado, a participación no sistema democrático a través dos partidos, a unidade de

España e a bandeira bicolor…

O Goberno de Suárez, pola súa parte, dá pasos significativos cara á democratización:

-Dende principios de 1977, á vez que se desmantelan as organizacións franquistas houbo unha

progresiva legalización dos partidos políticos e sindicatos dado que a lexitimidade das eleccións e da futura

democracia pasaba pola participación sen exclusións de tódalas forzas políticas. O problema máis agudo, neste

senso, foi a legalización do PCE, inaceptable para os inmobilistas e para gran parte do Exército. Ante a sorpresa

xeral, Suárez anunciou a súa legalización en abril de 1977, logo de manter entrevistas secretas co seu secretario

xeral, Santiago Carrillo. A cambio da legalización, o PCE aceptaba os compromisos reseñados anteriormente.

Este importante paso adiante, dado co beneplácito do monarca, provocou un forte malestar entre membros

destacados do Exército que culminou coa dimisión do ministro de Mariña.

-Dende a coroación de Juan Carlos en 1975 producíranse varios indultos parciais que posibilitaran a

saída á rúa de centenares de presos políticos. Aínda que a amnistía definitiva non se promulgaría ata outubro de

1977, na primavera dese ano publicouse un decreto que liberou á maioría dos presos políticos e permitiu a

volta dos exiliados.

O clima de entendemento está patente tamén nos denominados Pactos da Moncloa (outubro de 1977).

(Explicaranse detidamente no capítulo económico).

Este período de transformación política estivo cheo de dificultades. Xa en 1977 os grupos

involucionistas de extrema dereita, financiados por funcionarios franquistas e que contaban en moitos casos

coa permisividade dun sector de policía, iniciaron unha campaña de desestabilización do novo réxime. En

xaneiro asasinaron a cinco avogados laboralistas vinculados co PCE e co sindicato Comisións Obreiras, no que

pasou á historia como “a matanza de Atocha”; este feito forma parte dunha cadea de atentados contra persoas

significadas pola defensa da liberdade e contra as institucións e organismos que se manifestaran a favor dun

sistema democrático e autonomista. Así mesmo, a prensa fascista encabezada polo periódico El Alcázar, órgano

dos excombatentes na Guerra Civil que dirixía o antigo ministro de Franco José Antonio Girón, animaba

continuamente á intervención militar co obxectivo de reinstaurar en España unha ditadura militar; a súa

culminación será o intento de golpe de Estado do 23 de febreiro de 1981 (tratarase este aspecto máis adiante con

detemento).

96 Historia de España Unidade VI

No outro extremo do arco político o grupo independentista vasco ETA acentúa a súa actividade

terrorista. A pesar de que as leis de amnistía do novo goberno permitiran a excarceración de todas as persoas

encerradas por razóns políticas ou por delitos terroristas, nin ETA nin o GRAPO (Grupos Revolucionarios

Antifascistas Primeiro de Outubro, xurdidos en 1975, de confusas orixes e vinculado á extrema esquerda)

aceptaron o novo sistema democrático que se estaba poñendo en marcha e que sancionaría a Constitución de

1978. É así como entre 1977 e 1981 perpetraron a maior cantidade de atentados terroristas, sobre todo de

membros de policía, do exército e de membros das institucións do Estado, co obxectivo, como no caso da

extrema dereita, de desestabilizar o novo réxime.

1.2.- As Eleccións Xerais de 1977.

A pesar dos atrancos o proceso de democratización segue adiante. Para xuño de 1977 estaban

convocadas as primeiras eleccións libres dende 1936. O anuncio das mesmas acelerou a creación de formacións

políticas para concorrer a elas; foron legalizados 76 partidos, dando lugar ó que se denominou popularmente

como sopa de siglas (ver recadro na páx. 487 do libro).

Coa finalidade do obter mellores resultados nas eleccións, moitos grupos políticos agrupáronse

segundo as súas afinidades ideolóxicas. As forzas de centro (demócratacristiáns, liberais e socialdemócratas)

formaron a coalición Unión de Centro Democrático (UCD), liderada por Adolfo Suárez. Os socialistas

presentáronse divididos, destacan o PSOE dirixido por Filipe González e o Partido Socialista Popular (PSP) de

Tierno Galván. O PCE, liderado por Santiago Carrillo, presentouse en solitario. Na dereita destacaba Alianza

Popular (AP), dirixida por Fraga Iribarne.

Os resultados das eleccións do 15 de xuño clarificaron o panorama político: saíron reforzados os

grandes partidos e gañou a moderación e o centro. A coalición UCD conseguiu a vitoria cunha maioría relativa

de escanos; o PSOE foi a segunda forza máis votada; o PCE ocupou o terceiro lugar a unha grande distancia das

dúas primeiras forzas perdendo o seu sono de converterse na forza hexemónica da esquerda; AP foi cuarta; no

ámbito nacionalista, só tiveron representación as forzas de Cataluña e do País Vasco. Nin a extrema dereita nin a

extrema esquerda lograron escano.

1.3.- A Constitución de 1978.

Na redacción da Constitución, que tiña que establecer as regras do xogo no novo sistema democrático,

interviñeron representantes dos principais grupos do Congreso dos Deputados, con tres deputados centristas, un

socialista, un comunista, un nacionalista catalán e outro de Alianza Popular. Foi polo tanto, froito dun consenso:

a esquerda renunciaba ó carácter republicano do Estado, a dereita admitía o pleno xogo democrático e a

existencia de autonomías, os nacionalistas cataláns aceptaban o termo “nación española” a cambio de que se

recoñecese o de “nacionalidade” para Cataluña, etc. Pero o PNV non aceptou a Constitución e propuxo a

abstención no referendo, aínda que despois acatouna publicamente como feito democrático.

En outubro de 1978 o proposta de Constitución foi votada favorablemente pola maioría de deputados e

senadores. Pouco despois, o 6 de decembro aprobouse en referendo con case o 88% de votos afirmativos. O

27 de decembro o rei xuraba a Constitución nunha sesión conxunta do Congreso de Deputados e do Senado.

España pasaba a ser unha monarquía parlamentaria cun sistema democrático.

-España defínese como un Estado social de democrático de Dereito, o que significa que todos os

individuos e organismos, tanto públicos como privados, están subordinados, na súa actuación, á Constitución e ó

ordenamento xurídico. O cualificativo de democrático implica a participación cidadá e o recoñecemento de que

a soberanía reside no pobo; o de social queda un pouco máis difuso, entendéndose que os dereitos sociais

(educación, vivenda, sanidade, traballo…) actúan como principios reitores da política que deben aplica-los

poderes públicos.

Unidade VI Historia de España 97

-A forma política do Estado español é a Monarquía Parlamentaria.

- Establece un Estado Unitario pero recoñece e garante o dereito á autonomía das nacionalidades e das

rexións que o integran, orixinando un novo modelo: o Estado das Autonomías, unha forma mixta entre o Estado

centralizado e o federal.

-O castelán e as demais linguas españolas son idiomas oficiais en cadansúa das Comunidades

Autónomas.

-Recoñece a pluralidade política, manifestada na multiplicidade dos partidos políticos, e sindical, co

recoñecemento dos sindicatos de traballadores e das asociacións empresariais para a defensa dos seus respectivos

intereses económicos e sociais.

- Non confesionalidade do Estado. Aínda que expresa a importancia do catolicismo, deixando

constancia de que é a relixión seguida pola maioría dos españois, o Estado mantense alleo a calquera

confesionalidade.

-Recolle unha ampla Declaración de Dereitos:

-Civís:

-Igualdade ante a lei. Non discriminación por razóns de sexo, relixión ou raza.

-Liberdade (persoal, de emprego, relixión…)

-Propiedade privada e libre mercado, pero tamén recoñece a posibilidade de intervención

estatal na vida económica, incluso con expropiacións en caso necesario.

-Obxección de conciencia.

-Dereito á intimidade persoal e familiar.

-Prohibición da tortura e da pena de morte.

-Políticos:

-Liberdade de expresión. Non censura previa.

-Liberdade de reunión, manifestación e de asociación (partidos políticos, sindicatos, entidades

culturais…).

-Participación en asuntos políticos (voto…).

-Dereito de folga.

-Sociais: Dereito ó traballo, á libre elección de profesión, a percibir un salario suficiente, á

igualdade de trato dos sexos no mundo laboral, á educación…

Para garantir o cumprimento destes dereitos, a Constitución establece unha serie de mecanismos que os

cidadáns e as institucións poden utilizar se consideran que non se cumpren. As máis altas esferas de apelación

son o Tribunal Constitucional e o Defensor do Pobo.

-Deberes: Os españois estamos obrigados a defender á Patria e a contribuír ó gasto público segundo á

capacidade económica de cada un.

-Os Poderes do Estado. Garantíase a división de poderes: executivo, lexislativo e xudicial.

98 Historia de España Unidade VI

-A Coroa. Ten limitadas as súas facultades para garantir que o poder reside nas Cortes e no

Goberno. Ostenta o mando supremo das Forzas Armadas e desempeña basicamente funcións de representación.

-O poder lexislativo. Radica nas Cortes Xerais. Formadas por dúas cámaras, Congreso de

Deputados e Senado, que representan ó pobo español. Son elixidas polos cidadáns mediante sufraxio universal

cada catro anos (período que se denomina lexislativo). A súa función básica é a lexislativa, a elaboración das

leis. Controlan tamén a xestión do Goberno e aproban os orzamentos.

-O poder executivo. En mans do Goberno. Está formado polo presidente e os ministros

(nomeados e cesados polo rei a proposta do presidente). Dirixe a política interior e exterior, a administración

civil e militar e a defensa do Estado.

-O poder xudicial. En mans dos xuíces e tribunais de xustiza. A xustiza é gratuíta para os

que carezan de recursos económicos. Os cidadáns poden participar na administración de xustiza a través do

xurado.

1.4.- O intento de Golpe de Estado do 23 F (1981). O Triunfo Socialista.

As vitorias electorais nas eleccións a Cortes Constituíntes de 1977 e nas xerais de 1979 permitiron

gobernar á UCD liderada por Adolfo Suárez. A pesar de que coa perspectiva que dá o tempo transcorrido, a súa

actuación valorase en xeral como moi positiva para o proceso de democratización española, en 1980 a situación

política á que tiña que enfrontarse era moi conflitiva: tensións internas no seu partido (froito das correntes

ideolóxicas distintas, personalismos…), falta de maioría absoluta no Parlamento que lle permitira gobernar con

comodidade, crise económica… Ante estas circunstancias, e temendo que a disputa do seu liderado tivese

consecuencias negativas para a democracia, Suárez presentou a súa dimisión o 29 de xaneiro de 1981.

Cando se estaba procedendo á votación no Parlamento para elixir como sucesor a Calvo Sotelo,

produciuse o máis grave dos problemas da xove democracia española que puxo de manifesto o perigo de

involución política: o intento de golpe de Estado do 23F. O tenente da Garda Civil Antonio Tejero, xunto con

400 gardas civís, asaltou o Congreso e mantivo como reféns ó Goberno e ós parlamentarios mentres anunciaba a

chegada dunha autoridade superior e invocaba o nome do rei como máximo responsable. Os xefes militares das

diferentes rexións militares mantivéronse á expectativa; soamente Miláns del Bosch, en Valencia, sacou os

tanques á rúa apoiando claramente a sublevación.

A actuación do rei foi clave na resolución do conflito; púxose en contacto telefónico cos xefes

militares explicando a súa posición e esixindo a súa lealdade. Convocou a Xunta de Xefes de Estado Maior e,

vestido con uniforme de Capitán Xeral, grava unha mensaxe que se emite por televisión na madrugada do día 24.

Trala mensaxe do rei, a situación quedaba controlada. Os tanques de Valencia regresan ós cuarteis e

Tejero réndese. Ademais do papel clave que no fracaso do golpe tivo o rei, tamén cómpre valorar a actitude dos

mandos militares, o que viña a demostrar a eficacia das reformas levadas a cabo no exército. Nos días seguintes

tiveron lugar en toda España multitudinarias manifestacións que deixaban ben clara a súa aposta do pobo español

pola democracia e a súa total oposición á volta ó pasado.

Logo da investidura de Calvo Sotelo como presidente do Goberno iníciase unha etapa de goberno de

pouco máis de un ano que foi o colofón da actuación da UCD.

Nas eleccións ó Parlamento celebradas en 1982 o PSOE alzouse coa maioría absoluta, dando inicio

a unha etapa de hexemonía socialista que duraría ata 1996. Este triunfo pode considerarse o final definitivo da

transición ó darse o paso pacífico dun goberno de centro dereita (UCD) a outro de esquerda moderada (PSOE),

iniciándose un período que podemos considerar de consolidación democrática. España situábase no s. XX no

ámbito dos países da Europa Occidental saíndo da excepción na que se mantivera durante tantos anos.

Unidade VI Historia de España 99

2.- O ESTADO DAS AUTONOMÍAS. O ESTATUTO GALEGO.

O novo modelo de Estado que deseña a Constitución de 1978 ten como obxectivo básico facer

compatible a existencia dun Estado unitario coa autonomía política das nacionalidades e rexións que o

integran. Aínda que a Carta Magna, de modo intencionado para lograr o necesario consenso inicial, precisou

escasamente es cuestións autonómicas, este apartado foi un dos máis conflitivos e de resultados máis discutibles.

O Título VIII da Constitución establecía a posibilidade de que todas as rexións, non só as denominadas

Nacionalidades Históricas, puideran converterse en Comunidades Autónomas. Sen embargo, dende o principio,

fixáronse dúas diferentes vías de acceso. O procedemento máis rápido e que outorgaba un maior nivel de

competencias era o estipulado no Artigo 151, ó que poderían acceder directamente as Nacionalidades Históricas

(Cataluña, Galicia e P. Vasco) e, incluso outras, se cumprían unhas difíciles condicións de tramitación por parte

das entidades locais e a posterior ratificación por medio dun referendo. En realidade, estaba previsto que a

maioría restante accedese á autonomía polo Artigo 143 que lle outorgaría un nivel de competencias moito

menor e a un ritmo máis lento; na práctica, unha mera descentralización administrativa.

Este feito orixinou unha serie de problemas entre as distintas comunidades dado que a maioría delas

sentíronse agraviadas, tratadas como se fosen autonomías de segunda categoría. A actitude de Andalucía que

esixe para a súa comunidade a vía rápida do 151 (aprobouna por referendo en 1980) e a sentencia do Tribunal

Constitucional de 1983 anulando certos artigos da LOAPA (Lei Orgánica de Harmonización do Proceso

Autonómico), consensuados entre centristas e socialistas para ralentiza-lo proceso autonómico, modificou os

planos do Goberno e acelerou o traspaso de competencias.

As dificultades iniciais non foron as únicas, estiveron sempre presentes no proceso de consolidación

do sistema ata hoxe en día. De todas formas, a creación en 1984 dun fondo de compensación interterritorial para

paliar os graves desequilibrios entre as CC.AA. e os acordos de 1995 sobre a necesidade de dotalas de niveis

similares de competencias, facilitan o desenvolvemento autonómico, aínda que non logran solventar totalmente

os problemas. O recente triunfo de Rodríguez Zapatero e a súa idea de chegar a un consenso para prosegui-lo

proceso de transferencias ás autonomías pode servir para suaviza-las tensións dos últimos anos.

A estrutura actual está formada por 17 Comunidades Autónomas rexidas polos seus respectivos

Estatutos de Autonomía, ás que hai que engadir 2 cidades autónomas, Ceuta e Melilla.

Na construción do Estado das Autonomías tiveron un destacado papel as accións de cataláns e vascos

e os seus procesos actuaron de modelo e acicate para as restantes comunidades autónomas.

Cataluña foi a primeira comunidade en retomar a cuestión autonómica. Josep Tarradellas,

presidente da Generalitat no exilio, toma a iniciativa e regresa a Cataluña en 1977, sendo recibido

multitudinariamente; entrevístase con Adolfo Suárez e o rei e consegue que se restableza, aínda que de forma

provisional, a Generalitat (29-9-1977) baixo a súa presidencia. A votación maioritariamente afirmativa dos

cataláns ó Estatuto (25-10-79) demostraba que se conseguiran acordos básicos entre as forzas políticas para a

súa redacción.

A coalición CIU (Converxencia Democrática de Cataluña e Unión Democrática de Cataluña), liderada

por Jordi Pujol foi sempre a forza máis votada nas eleccións autonómicas. O apoio parlamentario prestado ó

PSOE en 1993 e ó PP en 1996 para facilitar a gobernabilidade do Estado, permitiulle xogar un papel importante

na política estatal sobrepasando amplamente o marco catalán.

O caso vasco coincide co catalán en determinados aspectos, como o temperán inicio do proceso

autonómico e o papel xogado polo líderes históricos (Leizaola, Rubial). Pero difire en aspectos fundamentais,

especialmente ós referidos á non aceptación da Constitución e á defensa da independencia por algunhas

forzas nacionalistas radicais que contan co apoio dunha parte da sociedade vasca. Tampouco hai que

esquecer as particularidades herdadas do pasado (réxime de concertos económicos derivado do sistema foral).

Por outra parte, o terrorismo actúa no País Vasco de modo continuo dificultando o normal desenvolvemento

autonómico.

100 Historia de España Unidade VI

A aprobación maioritaria do Estatuto (25-10-1979 cunha participación do 60% e o 90% de votos

afirmativos), contrastaba coa actitude do pobo vasco no referendo da Lei para a Reforma Política e no da

Constitución, votacións nas que se rexistraron as máis elevadas porcentaxes de votos negativos do Estado

español.

O PNV foi sempre a forza máis votada no País Vasco.

2.1.-O caso galego. O Estatuto de Autonomía.

A consideración de Galicia como nacionalidade histórica na Constitución de 1978 facía pensar que se

conseguiría axiña unha autonomía política plena. Nesta idea, o presidente da Xunta preautonómica, Antonio

Rosón (antigo político franquista renovado, dado que o proceso de autonomía non contou aquí con políticos

exiliados), nomeou unha comisión redactora do proxecto de Estatuto, na que estaban presentes tódolos

partidos relevantes aínda que fosen extraparlamentarios, menos a UPG e o PSG que se autoexcluíron.

A Comisión entregou un proxecto de Estatuto que aprobado despois no fundamental polos

parlamentarios galegos, deseñaba unha autonomía similar á catalá e foi enviado a Madrid. Sen embargo, cando

foi entregado á comisión constitucional do Congreso, a dirección da UCD aproveitou a ocasión para

introducir cambios que supuñan a degradación da autonomía galega e un claro recorte de competencias.

Desta maneira, intentaba facer en Galicia un banco de probas dun esquema autonómico dual: auténticas

autonomías para Cataluña e País Vasco, que tiñan uns nacionalismos fortes ós que había que aplacar para que

aceptasen o sistema, e meras descentralizacións administrativas disfrazadas de autonomías para o resto. Se

Galicia, que era unha nacionalidade histórica aceptaba, as demais rexións aceptarían tamén.

O malestar por este proceder levou non só á rebelión de determinados “baróns” da UCD galega, senón

á masiva mobilización de milleiros de cidadáns galegos contra o denominado “Estatuto da aldraxe”. Nos

meses de agosto e setembro de 1980 celebráronse diversas reunións políticas que concluíron no Pacto do Hostal

(UCD, PSOE, AP, PCG e PG) que propuña a modificación dos puntos máis negativos do proxecto de Estatuto. O

resultado final foi unha solución intermedia entre a proposta inicial e as pretensións do goberno. Sometido a

referendo o Estatuto de Autonomía de Galicia foi ratificado o 21 de decembro de 1980 por un 73% de votos

afirmativos, pero cunha elevada abstención (71%). Agora si foi ratificado polas Cortes Xerais, dado que a UCD

tivo que dar marcha atrás na súa estratexia inicial, e promulgado o 6 de abril de 1981. O Estatuto, cun elevado

grao de competencias, establecía:

-Existencia dun Parlamento elixido por sufraxio universal e dotado de capacidade de lexislar en certas

materias e de elixir, e no seu caos revocar, ó goberno autónomo.

- Xunta de Galicia, que ostenta o poder executivo.

-Un sistema xudicial propio que culminaba no Tribunal Superior de Galicia.

-A cooficialidade do idioma galego, a institucionalización dos símbolos e efemérides previamente

creados polo nacionalismo (himno, bandeira, Día da Patria Galega…)

-Unha autonomía financeira que era grande para os gastos, pero moi pequena para os ingresos,

procedentes case todos das transferencias dende a Facenda estatal.

Nas diferentes eleccións autonómicas, caracterizadas por unha alta abstención, triunfou sempre a

dereita (Alianza Popular, Coalición Popular e Partido Popular); unicamente en 1987-89, tras unha moción de

censura contra o Presidente Fernández Albor, dirixiu a comunidade o socialista Fernández Laxe (goberno

tripartito de PSdG-PSOE, CG e PSG-EG). A incorporación de Manuel Fraga como cabeza do PP galego nas

eleccións de 1989 inaugurou unha sucesión de maiorías absolutas para o seu partido que aínda non rematou.

A explicación deste feito está en que esta forza de ámbito estatal soubo incorporar ó seu discurso certas doses de

galeguismo que, logo de absorber o centrismo galego encadrado na UCD, permitiulle evitar o rexurdimento dun

Unidade VI Historia de España 101

nacionalismo de centro e ocupar case todo o seu potencial espazo electoral, de xeito que a maior parte dos

votantes da efémera Coalición Galega dos anos oitenta prestaron despois o seu apoio ós populares.

A segunda forza é a esquerda moderada estatal encarnada no PSdG-PSOE (Partido Socialista de

Galicia-PSOE). Logo dunha primeira fase de ascenso pasou a estancarse como segunda forza moi por detrás da

primeira, quedando practicamente igualada en número de deputados co BNG nas eleccións de 2001.

A terceira forza é o nacionalismo galego. A súa división en dúas opcións (BNG e Esquerda Galega) e o

rexeitamento da primeira do novo sistema político reduciron moito os seus resultados electorais ata os primeiros

nos noventa. Pero a aceptación final das regras do xogo político, a moderación da súa mensaxe e o proceso de

unificación, impulsaron un ascenso que levou ó BNG a ser a segunda forza no Parlamento galego, a ter presenza

nas Cortes de Madrid e mesmo a conseguir un deputado europeo.

Hoxe en día, Parlamento e Goberno autonómico elaboran e aplican leis no marco das

competencias que vai asumindo nas diferentes materias nas que, segundo a propia Constitución de 1978 e o

Estatuto lle competen (educación, cultura, sanidade, agricultura, pesca…) tentando dar resposta ás necesidades e

peculiaridades da comunidade galega.

3.- A EVOLUCIÓN SOCIOECONÓMICA ATA OS ANOS 90.

3.1.- A crise de 1973. Os pactos da Moncloa.

A partir de 1973 o capitalismo occidental sufriu unha grave crise económica que tamén afectou

gravemente a España. Entre as causas desencadeantes destacan o aumento espectacular do prezo do petróleo, o

anquilosamento de sectores industriais tradicionais (siderurxia, construción naval…), a competencia dos Novos

Países Industriais (NPI), fundamentalmente asiáticos, que eran capaces de ofertar no mercado mundial unha gran

variedade de produtos a prezos máis baixos… Como consecuencia pecharon moitas empresas, a produción

descendeu, caeron os beneficios e aumentou a débeda e o paro.

A economía española, máis débil e cunha grande intervención do Estado, era menos competitiva e

necesitaba un axuste moito máis forte có doutros países, pero a situación política (inestabilidade dos

primeiros anos da Transición) non permitiu realiza-las reformas necesarias que noutros países se puxeron en

marcha con carácter inmediato.

No ano 1977 complicouse a situación socioeconómica: aumentou a conflitividade laboral, a inflación

chegou ó 29%, o paro seguía crecendo, o investimento nos sectores produtivos era moi escaso; ademais, había

fuga de capitais e desconfianza xeral na marcha da economía.

Ata ese momento a prioridade do goberno de Adolfo Suárez fora conseguir o paso dun réxime ditatorial

a un democrático e non se tomaran as medidas sociais e económicas para combate-la crise, pero agora era

imprescindible comezar a atalla-lo problema. É así como se chega á sinatura dos que se coñecen como Os Pactos

da Moncloa (outubro de 1977) e que forman parte da política de consenso (repaso apartado 1.1 da páxina 74)

que se estaba levando a cabo nese momento entre os políticos reformistas procedentes do réxime franquista e os

da oposición; foron asinados polos diferentes grupos políticos, organizacións sindicais e patronais e o propio

goberno. Para conseguir o primeiro obxectivo, redacción da inflación, devaluouse fortemente a peseta e

púxose énfase no control do gasto público. Para o segundo, repartir equitativamente os costos da crise, o

Goberno comprometíase a establece-lo Imposto sobre a Renda das Persoas Físicas e a realizar importantes

investimentos sociais, mentres que os sindicatos aceptaban limitar todo o posible a conflitividade laboral e non

esixir aumentos salariais superiores á inflación. Os seus resultados foron positivos en aspectos concretos, a

inflación baixou 10 puntos xa en 1978, reduciuse o déficit da balanza de pagos, conseguiuse unha mellora

significativa da conflitividade laboral…, sen embargo, non se resolveron os problemas de fondo e continuaba

aumentando o paro e o peche de empresas.

102 Historia de España Unidade VI

3.2.-A Política económica dos Gobernos Socialistas.

Nos primeiros anos do seu goberno (1982-85) poñen en práctica unha política encamiñada a solventar

a crise económica herdada dos gobernos da UCD, política que xa comezara facía anos noutros países.

O primeiro paso foi realizar a chamada reconversión industrial que tiña como obxectivo adaptar as

empresas públicas, propiedade do Estado, que tiñan enormes perdas, ó novo ciclo tecnolóxico e devolverlle a

competitividade e rentabilidade. As actuacións baseáronse en eliminar o exceso de capacidade das empresas

reducindo o seu tamaño o número de traballadores, en sanealas economicamente (eliminar as débedas) e na

aplicación de novas tecnoloxías e sistemas de xestión. Afectoulle fundamentalmente ós chamados sectores

maduros: siderurxia, construción naval… Zonas como Santander, País Vasco, Comunidade Valenciana,

Galicia (Ferrol) foron as máis afectadas; nelas vivíronse situacións moi difíciles pola perda de postos de traballo

e as manifestacións e folgas foron constantes.

A reconversión completábase coa reindustrialización, é dicir, a recomposición do tecido industrial

das zonas máis prexudicadas. Creáronse así as ZUR (Zonas de Urxente Reindustrialización) que se beneficiaron

de incentivos fiscais e subvencións por parte do Estado.

Entre 1985 e 1990 España entrou nunha etapa de crecemento económico significativo que lle

permitiu que o PIB se incrementase en torno a un 5% anual, superando claramente ós principais países europeos.

Apréciase no crecemento da produción industrial e dos beneficios empresariais, no incremento importante dos

ingresos por turismo, do investimento estranxeiro cada vez maior, no aumento das actividades da Bolsa e

Banca…

De todas formas xa en 1990 iníciase outro período recesivo (ata 1993) con novo aumento do paro, do

déficit público…

Durante estes anos adoptáronse medidas de liberalización da economía (na liña do chamado

Neoliberalismo) que supuxeron:

-Eliminación dos monopolios (no sector de distribución de hidrocarburos, telefonía, tabaco…).

-Privatización das empresas estatais (Telefónica, Campsa, Endesa, Iberia, Tabacalera…).

-Liberalización do mercado do traballo (máis fácil o despido, recorte de indemnizacións…)

Tamén é de reseñar o avance da chamada economía financeira, que nos anos 80 foi gañando terreo á

economía produtiva. Baseábase na especulación e no aumento artificial do valor das empresas sen que tivera

relación co seu valor real (aumento da produción e dos beneficios). Este fenómeno supuxo un enriquecemento

rápido, ás veces por procedementos pouco claros, de determinados empresarios (Mario Conde, Javier de la

Rosa), que gustan de facer ostentación pública da súa riqueza. Mentres tanto, a liberalización do mercado do

traballo enrarece o clima laboral e enfronta ós sindicatos co goberno socialista, situación que empeora cando

saen á luz determinados casos de corrupción dentro da Administración (caso Roldán…). Este conxunto de

factores contribúen a explica-la derrota do PSOE nas eleccións de 1996, nun momento no que xa se empezaba a

notar de novo a recuperación económica.

Unidade VI Historia de España 103

3.3.- O avance do Estado do Benestar.

A reforma fiscal levada a cabo na etapa socialista, que profundizaba a levada a cabo na época de Adolfo

Suárez, levou aparellado un aumento dos impostos directos, en liña coa estrutura fiscal vixente nos países

desenvolvidos. Este factor, unido ó crecemento económico global e á privatización de empresas estatais, permitiu

ó goberno socialista aumentar de maneira significativa os investimentos en gastos sociais coa conseguinte

mellora do denominado Estado do Benestar; intentábase que o progreso económico beneficiase a tódolos

estamentos sociais, sobre todo ós máis desfavorecidos. Este avance non estivo exento de problemas,

apreciándose retrocesos (recortes) nas épocas de recesión económica. Os aspectos máis significativos do mesmo

son:

-Aumento dos subsidios de desemprego, estendéndose a una maior número de traballadores en paro.

-Establecemento de pensións non contributivas (en 1990) destinadas ós que non cotizaran con

anterioridade por falta de recursos económicos.

-Revalorización das pensións de forma automática segundo o IPC, para evitar a perda de poder

adquisitivo.

-Cobertura sanitaria para todos os cidadáns, que se traduciu nun aumento do número de camas

hospitalarias e de persoal sanitario.

-Incremento dos investimentos en educación. En 1987 quedaba establecida a gratuidade do ensino

primario e secundario obrigatorio, en 1990 prolongouse a obrigatoriedade do ensino ata os 16 anos. Desta

maneira, creáronse novos centros, equipáronse mellor ós existentes, aumentouse o persoal docente, o número de

becas…

Os gobernos conservadores de José María Aznar. 1996-2004

O Partido popular, fundado en 1989 a partir de Alianza popular e outros partidos de centrodereita gañou

as eleccións de marzo de 1996 por maioría simple. O seu líder J.M. Aznar conseguiu o apoio parlamentario de

CIU, PNV e Coalición Canaria para formar goberno. No 200 alcanzou a maioría absoluta de escanos nas Cortes.

1. Crecemento, privatización e moeda única.

Durante os gobernos do PP, o desenvolvemento económico caracterizouse por:

- Forte crecemento económico, favorecido polo contexto internacional e as medidas adoptadas polos

gobernos do PP

o Redución do gasto público

o Completa privación de empresas públicas que daban grandes beneficios (Telefónica, Repsol,

Endesa, Argentaria)

o Liberalización dos mercados

o Moderación salarial e flexibilización do mercado, coa redución dos custos de despedimento e

novas formas de contrato.

o Diminución dos tipos de xuro e dos impostos directos.

Este forte crecemento aumentou o benestar xeral e estimulou a entrada masiva de inmigrantes.

- Integración da economía española na mundial, crecemento económico superior a media europea,

incluíndo a España entre as dez economías máis desenvolvidas do mundo. Expansión empresarial e creándose

multinacionais españolas.

2. Reformas do programa conservador.

Desenvolvese unha actividade lexislativa inspirada na ideoloxía conservadora de centrodereita

modificándose:

104 Historia de España Unidade VI

- Os Códigos legais. Código civil, con novos delitos (Informáticos, violencia de xénero, delitos

menores…)

- O exercito, supresión do servizo militar obrigatorio en 2002

- En educación, LOU, 2001, LOCE 2002

- Eliminación dos gobernos civís, por subdelegacións de Goberno

- Incremento das competencias ás Comunidades Autónomas, cesión do 30% do IRPF, completase

as transferencias de competencias básicas (educación, xustiza, sanidade) igualando o nivel competencial de

todas as Comunidades Autónomas.

- No problema vasco, en setembro de 1998 ETA declarou unha tregua para negociar a situación dos

presos vascos, a falta de entendemento as accións terroristas se reinician, ilegalización de Herri Batasuna.

3. A guerra de Iraq e o terrorismo islámico

Tras os atentados do 11 de setembro de 2001, o goberno de Aznar apoia a política de Bush, enviando

tropas a Iraq

Os gobernos socialistas de José Luís Rodríguez Zapatero. 2004- O triunfo electoral do PSOE, dirixido por José Luís Rodríguez Zapatero, en 2004-2008 permitiu aos

solialistas volver a gobernar en España.

1. Reformas do programa socialista

a. Nova política exterior, retirada das tropas de Iraq, crise nas relacións España-EEUU,

aprobouse o envío de tropas ao exterior ca autorización polo Congreso. Propuxo a Alianza das Civilizacións

b. Incremento da presenza das mulleres na política. Nomeando pro primeira vez na historia

mulleres para cargos de Vicepresidenta , e ministra de defensa

c. Novas leis sociais. Como a Lei contra a violencia de xénero, Lei do carné por puntos, Lei anti-

tabaco, Lei de matrimonio homosexual, Lei da reprodución asistida, Lei da igualdade, Lei de dependencia, nova

lei do divorcio, Lei da memoria histórica

d. Reformas das institucións.

e. Da tregua de ETA á reactivación dos atentados. Atentados do aeroporto de Baraxas

f. Da bonanza económica á crise, as diferenzas coa media europea foron reducíndose o mercado

de traballo seguiu absorbendo man de obra inmigrante. A finais de 2008 entrou en recesión pola crise financeira

e económica internacional e polos problemas internos derivados da fin do boom inmobiliario

2. A nova sociedade española, cada vez máis a sociedade española semellase á dos países máis

desenvolvidos.

a. O crecemento da poboación. Especialmente pola chegada de poboación estranxeira, o

incremento da taxa de natalidade e das adopcións no exterior

b. A incorporación masiva e rápida de inmigrantes. De procedencia moi diversa

(latinoamerica, do leste de Europa, africanos…)

c. O retorno de emigrantes e dos seus descendentes. Sobre todo de América Latina ante as

dificultades dos seus países

d. Os novos modelos de familia.

e. As telecomunicacións e a informática

f. O incremento da organización da sociedade civil

A Galicia actual

Nos últimos anos, o goberno e a presidencia da xunta de Galicia estivo maioritariamente nas mans de

gobernos conservadores presididos por Albor (1982-87), Fraga (1989-2005) e Feijoo (2009- ), aínda que en dous

breves períodos gobernou o centro-esquerda: o primeiro baixo a presenza de Laxe (1987-89), quen gobernou en

coalición con CG e PNG, e o segundo baixo a de Touriño (2005-2009), que gobernou en coalición co BNG.

Unha poboación estacada:

A poboación de Galicia presenta unha escasa vitalidade perdendo peso no conxunto do estado español,

avellentamento e baixas taxas de natalidade e fecundidade. Desde 2004-05 comezaron a retornar a Galicia os

descendentes de antigos emigrantes galegos e se asentaron inmigrantes de outras partes. A densidade de

poboación rural segue sendo moi elevada.

Desequilibrado desenvolvemento económico

Galicia forma parte das denominadas rexións periféricas de Europa Comunitaria.

Unidade VI Historia de España 105

O sector agrario: conserva moitas áreas de policultivo e minifundio. A pesar das importantes

transferencias segue a ser un sector con moitas carencias. Moitas terras están sen traballar debido a escasa

rendibilidade das producións tradicionais ou debido a explotación forestal extensiva. Modernizando as

explotacións dedicadas o leite e carne pero creceu a a importancia da transformación da materia.

O sector industrial: E feble e moi dependente do sector público e de multinacionais que non pechan os

ciclos produtivos en Galicia. A reconversión que afectou á construción naval

O sector mecánico: esta dominado pola industria do automóbil (Citroën-Hispania)

Importante crecemento experimentan as industrias transformadoras dos produtos da pesca e da

acuicultura (Pescanova, Calvo, Jealsa, Frinsa…)

O auxe máis espectacular é o do sector téxtil (Inditex)

Sector enerxético: destaca a produción de enerxía eléctrica, tanto hidroelectrica como térmica e eólica,

pero explotada por empresas non galegas.

O sector empresarial: predominio da pequena e mediana empresa, seguen tendo un enorme peso as

empresas non galegas que actúan a través de filiais, dependencia do exterior a excepción de Inditex, Pescanova ,

COREN.

O sector servizos: Experimentou recentemente un extraordinario crecemento, sen alcanzar aínda o nivel

de Europa. O turismo é un dos sectores máis dinámicos, potenciando valores específicos como a gastronomía, o

patrimonio cultural y turismo rural.

As infraestruturas viarias: Aínda que experimentaron un considerable avance e melloras, presentan

fortes carencias e constitúen un dos factores que maior influencia negativa exerce sobre os intentos de

desenvolvemento dunha rexión (autoestrada, tren, portos)