BIBLIOTECA UNIVERSITARIA DE
SANTIAGO DE COMPOSTELA
Grupo BUSC 2.0
Marta Abad López – Coordinación
Julio Balado López
Anxo Doval Rey
Lorena Gómez Méndez
Miguel González Río
Ana Portugués del Río
Jesús Torres Junquera
19/03/2013
GUÍA DE USO DA WEB SOCIAL E FERRAMENTAS 2.0
20/03/2013
| GUÍA DE USO DA WEB SOCIAL E FERRAMENTAS 2.0 1
INTRODUCIÓN
O uso das ferramentas da web social (2.0) nas bibliotecas está cada vez máis extendido e posibilitado, ademais de polo desenvolvemento das TIC, polo cambio de concepción que se ten dos usuarios. As bibliotecas pasaron de falar deles como meros consumidores de información a tratalos como suxeitos participativos na elaboración e xestión de contidos.
As ferramentas 2.0 permiten ás bibliotecas mellorar a comunicación, difundir e prestar os servizos bibliotecarios e establecer métodos de participación de xeito que non hai meros receptores pasivos de información senón que todos os usuarios poden participar e, polo tanto, crear contidos.
A utilización das tecnoloxías 2.0 nas bibliotecas xustifícanse, entre outras, polas seguintes razóns:
Complementan ás canles de comunicación tradicionais (atención telefónica, presencial, correo…)
Proporcionan respostas inmediatas aos usuarios, pero neste caso a información que se ofrece pode resultar útil a persoas na mesma situación, gañándose en tempo e recursos.
Redirixen aos usuarios, xenerando tráfico, á web da biblioteca para ampliar información.
Facilitan a creación de redes temáticas de usuarios que, á súa vez, xeneran coñecementos fundamentais e complementarios que permiten á biblioteca coñecer os seus intereses e así poder telos en conta.
O seu uso está moi extendido e non deixa de crecer entre os usuarios que lles adican cada vez máis tempo.
Son ferramentas, na súa maioría, gratuítas e de doada utilización (pouca inversión tanto de recursos coma de tempo na súa aprendizaxe e mantemento), facilitando a incorporación ás tecnoloxías dos usuarios non expertos.
Facilitan e impulsan a comunicación e interacción entre biblioteca e usuarios, aumentando o diálogo e a calidade dos servizos que se ofertan, creando, compartindo e divulgando recursos e información.
Constitúen unha nova forma de acceso aos contidos da biblioteca e de comunicación cos bibliotecarios.
Posibilitan unha maior cercanía co seu público obxectivo e, polo tanto, un maior grao de anticipación ante as súas necesidades.
As bibliotecas chegan a máis persoas e en menos tempo.
Retroalimentación continua.
Fidelización de usuarios.
| GUÍA DE USO DA WEB SOCIAL E FERRAMENTAS 2.0 2
Dende a perspectiva da biblioteca as ferramentas 2.0 estanse utilizando para:
Adquirir información de calquera tipo dende blogs, wikis, canles RSS, portais web, etc. de interese ou relevancia para os usuarios.
Ofrecer información aos usuarios para difundila pero tamén para creala en colaboración con eles.
Organizar información: marcadores sociais como sistema de representación de contidos máis próximo aos usuarios e que facilita o acceso e recuperación da información. Tamén as utilidades do OPAC social (valoracións, recomendacións, etc.).
Compartir información: implementando sistemas de referencia virtual vía chat ou mensaxería.
O obxectivo principal desta guía é servir de referente para o persoal da biblioteca en relación á responsabilidade que se adquire ao participar nos medios sociais no nome da BUSC e non a título persoal.
| GUÍA DE USO DA WEB SOCIAL E FERRAMENTAS 2.0 3
NORMAS XERAIS
DESEÑO WEB
Logos identificativos: todas as ferramentas, se así o permite a interface utilizada, deberán levar as siglas da USC (a falta dun logo propio da biblioteca).
Cando as ferramentas sexan propias da USC deberán adaptarse á imaxe institucional na medida do posible.
LINGUA
Utilizarase o Galego seguindo as pautas do Servizo de Normalización Lingüística da USC, en concreto:
Acordo normativo:
http://www.usc.es/~snlus/asesora/fundamentos/normas03/normas_presentacion.htm
Criterios lingüísticos:
http://www.usc.es/~snlus/asesora/fundamentos/criterios/criterios.htm
COMPORTAMENTO E ATENCIÓN
Manter un ton correcto, pero á vez cercano e coloquial, que faga sentirse cómodo ao visitante e que propicie a participación activa do mesmo e a súa interacción coa biblioteca, aínda que ao mesmo tempo a comunicación debe ser rigurosa e profesional.
A comunicación debe ser tan eficaz como a presencial, aínda que isto conleve un esforzo maior por parte do persoal que debe amosar en todo momento unha predisposición a escoitar e para axudar ao usuario en todo o posible, así como ofrecer solucións a todas as súas dúbidas.
Responder o máis axiña posible aos usuarios a través das redes (comentarios nos blogs, muros, timelines, etc.), o que fomenta o diálogo e a participación
Non dicir nada que non se poida repetir en alto e a un grupo de compañeiros ou xefes.
Comentar e participar en debates tendo sempre en conta que se está a falar non nome da biblioteca.
A biblioteca debe evitar intervir en cuestións que susciten debates e posicionamentos de orde ética, social ou política, retirando dos seus espazos sociais calquera expresión desta índole e lembrando esta postura aos seus seguidores de forma particular ou colectiva.
Para que o diálogo sexa efectivo ten que haber unha vontade real de deixar participar ao usuario e ter en conta as súas propostas. Estar onde están os usuarios, utilizar as súas ferramentas e canles de comunicación, xa que non abonda con publicar a información na web da biblioteca para chegar a toda a comunidade.
| GUÍA DE USO DA WEB SOCIAL E FERRAMENTAS 2.0 4
Animar aos usuarios á participación, a través de entradas atractivas e de iniciativas nas que poidan colaborar e de interese para outros usuarios relacionados. Unha actitude que confíe plenamente nos usuarios e no persoal.
Saber a quen se representa e con que orientación, como e onde se debe comunicar. Hai que ter en conta as normas de convivencia e as normas de uso das mesmas redes sociais.
Non se debe utilizar a marca da Biblioteca para levar a cabo publicidade.
Comprender as motivacións dos usuarios e a súa forma de utilizar os servizos web (plataformas e aplicacións) permitirá atopar a forma de desenvolver novas iniciativas que impliquen ao destinatario desexado.
CONTIDOS
Comprobar a veracidade da información que se aporte ou reproduza, sendo obrigatorio citar as fontes e corrixir a ortografía en todas as ferramentas que se utilicen.
Enlazar sempre que se poida con páxinas que reforcen os comentarios ou hipóteses.
Enlazar coas páxinas da biblioteca sempre que sexa posible para levar máis tráfico á web institucional.
Sindicar contidos relativos dunha ferramente noutra: conectar contas en diferentes redes sociais, usar widgets, gadgets, links, etc.
Incluír nos blogs e outras ferramentas que o permitan, unha declaración de intencións que inclúa un apartado sobre a privacidade dos comentarios e datos que se aporten.
A posibilidade de facer comentarios debe estar aberta a todos, sendo o propio autor de cada comentario o responsable último dos seus contidos. Recoméndase moderar os comentarios coas opcións das propias aplicacións.
O persoal da biblioteca é responsable de suprimir contidos non legales ou incorrectos que inclúan:
o Vocabulario racista ou obsceno
o Ameazas ou insultos
o Publicidade ou spam
Debe colocarse unha advertencia sobre isto nun lugar visible da ferramenta para evitar ter que dar unha explicación cada vez que se borre un comentario.
Promover entre o persoal o mantemento das distintas ferramentas de forma colaborativa, sobre todo neste tipo de ferramentas nas que é fundamental a actualización e o dinamismo.
O persoal da biblioteca debe ver o uso destas ferramentas como un servizo de todos e para todos e, fundamentalmente, dentro das tarefas do bibliotecario temático, como unha forma fácil, sinxela e directa de informar sobre os recursos especializados e de calidade que xurdan dentro de cada área de coñecemento.
Non se incluirá publicidade.
Planificar a publicación de contidos en períodos vacacionais. Os espazos non deben quedar desatentidos como non quedan os servizos presenciais. O responsable ou
| GUÍA DE USO DA WEB SOCIAL E FERRAMENTAS 2.0 5
responsables de xestionalos deben comprometerse a entrar nas contas, revisar os seus movementos, atender peticións, responder intervencións, etc.
Todo espazo que non se actualice nun prazo máximo de 3 meses debe ser dado de baixa.
Os responsables de cada espazo comprométense a monitorizar os datos, actualizar os contidos coa periodicidade establecida para cada aplicación, contestar aos comentarios dos usuarios e rexistrar os datos que se soliciten dende a coordinación do proxecto para levar a cabo o seguemento e avaliación da aplicación.
| GUÍA DE USO DA WEB SOCIAL E FERRAMENTAS 2.0 6
BLOGS
Logo de estudar as plataformas gratuítas máis utilizadas, decídese o uso de wordpress.com para todos os blogs da Biblioteca Universitaria.
OBXECTIVO
O obxectivo do blog é ser unha ferramenta de información de interese para os usuarios, de xeito que poida converterse nun vínculo comunicativo entre a biblioteca e os usuarios. Preténdese favorecer unha boa comunicación bidireccional. Polo tanto, é importante que as entradas do blog fomenten a participación, que os textos sexan interesantes e dinámicos, dando difusión as entradas mediante o uso das redes sociais.
CONTIDOS
A información que se publique no blog debe ter valor engadido para captar o interese dos usuarios de cada área:
Novas de interese para a área
Novas de interese para o noso profesorado ou persoal investigador
Novas de interese para o alumnado
Webs e enlaces de acceso a recursos de interese para a nosa área
Marketing e promoción de actividades da biblioteca
Difusión de novos servizos/produtos ou a promoción dos que estean pouco utilizados
Anunciar actualizacións periódicas : novidades bibliográficas, revistas
Convén evitar que o blog sexa exclusivamente unha axenda publicitaria de eventos.
AUTORÍA
O blog é corporativo, proporcionando información da propia institución (USC) ou de outras. A autoría quedara reflectida no subtitulo do blog, por exemplo: Blog da Biblioteca da Facultade de Matemáticas. Corresponde a cada biblioteca a súa xestión e actualización e a responsabilidade dos contidos.
INSTRUCIÓNS
Solicitar autorización á Dirección da BUSC, xustificando os motivos e necesidades da creación do blog e comprometéndose a mantelo actualizado.
Enviar a [email protected] o seguinte:
o Conta e clave de Gmail da biblioteca solicitante
o Nome do blog
o Foto que se quere amosar na cabeceira de 960 × 70 píxeles
| GUÍA DE USO DA WEB SOCIAL E FERRAMENTAS 2.0 7
Unha vez creado o blog, enviaranse instrucións de acceso etc á biblioteca solicitante.
TEMA
The Morning After
OPCIÓNS DO TEMA:
| GUÍA DE USO DA WEB SOCIAL E FERRAMENTAS 2.0 11
BIBLIOTECA NOMBRE URL
Biblioteca Universitaria Fonseca http://busc.wordpress.com
Concepción Arenal Fonte Limpa http://carenal.wordpress.com
Matemáticas Suma‐Te http://sumatebib.wordpress.com
| GUÍA DE USO DA WEB SOCIAL E FERRAMENTAS 2.0 12
DEFINICIÓN
Portal web onde os usuarios, previamente rexistrados, poden crear un perfil persoal, páxinas e
grupos, para contactar con outras persoas, promocionar produtos e servizos, compartir
contidos e ligazóns, etc.
USO NA BUSC
Comunicar información
Compartir contidos
Establecer diálogo cos usuarios.
CONTIDOS
A información publicada pode partir dunha noticia de interese ou dun documento audiovisual
ou textual que se considere relevante. É necesario aportar sempre un ton que xenere debate e
incite aos usuarios a publicar comentarios e fuxir do enfoque “axenda”.
Os contidos poden ser do tipo:
Información básica da nosa biblioteca: horarios, servizos...
Información específica de actividades: charlas, congresos, cursos, convocatorias...
Recursos de información e ferramentas de interese para os usuarios
Calquera información de diversa natureza que sexa susceptible de interese.
INSTRUCIÓNS
Solicitar autorización á Dirección da BUSC, xustificando os motivos e necesidades da alta e comprometéndose a manter a páxina actualizada.
Enviar a [email protected] o enderezo e a clave da biblioteca correspondiente en Gmail.
Enviar á [email protected] dúas fotos da biblioteca unha para a portada e outra para o perfil: (ver, por exemplo, en
https://www.facebook.com/biblioteca.concepcion.arenal). Na Subdirección encargarémonos de poñer as siglas da USC
Incorporar unha ligazón á páxina na páxina de Localización e Contacto da biblioteca correspondente, na web da BUSC.
Actualización mínima: inicialmente, unha vez ao día. Logo dun tempo de rodaxe haberá que revisar este período por parte do grupo de traballo.
| GUÍA DE USO DA WEB SOCIAL E FERRAMENTAS 2.0 13
Actualización máxima: 6 ao día (non queremos converternos en spam)
Revisar: 6 veces (3 pola mañá e 3 pola tarde) ao día por se houbese comentarios ou preguntas por parte dos usuarios que sexa necesario contestar.
Incluír nas mensaxes, sempre que se poida, unha ligazón á fonte para que o usuario poida ampliar a información.
Seguemento: cada semana revisar os seguintes indicadores:
o Nº de fans da páxina
o Nº de “Gústame” nas publicacións do muro
o Nº de mensaxes propias no muro
o Nº de comentarios por parte dos fans
o Nº de comentarios de resposta pola nosa parte
FOTOS DE PORTADA:
Medidas: 950 x 380 px.
00 03
12 13
| GUÍA DE USO DA WEB SOCIAL E FERRAMENTAS 2.0 14
BIBLIOTECA URL DATA INICIO
Biblioteca Universitaria http://www.facebook.com/biblioteca.universitaria.santiago.compostela 21/03/2011
Ciencias da Comunicación https://www.facebook.com/Biblioteca.Ciencias.Comunicacion 24/10/2012
Concepción Arenal http://www.facebook.com/biblioteca.concepcion.arenal 02/07/2010
Intercentros Lugo http://www.facebook.com/bibliotecaintercentros 07/04/2010
| GUÍA DE USO DA WEB SOCIAL E FERRAMENTAS 2.0 15
DEFINICIÓN
É un servizo de microblogging, adecuado para informar acerca de novos servizos, referenciar
informacións diversas (de axenda, emerxencias, novas publicacións…), para transmitir eventos
e para dialogar e colaborar
USO NA BUSC
Dar información actualizada aos usuarios sobre temas do seu interese.
Dialogar cos usuarios contestando ás preguntas que poidan facer.
INSTRUCIÓNS
Solicitar autorización á Dirección da BUSC, xustificando os motivos e necesidades da alta e comprometéndose a manter a conta actualizada.
Dar de alta a conta, co enderezo de correo da biblioteca correspondente en Gmail, e comunicalo aos responsables ou coordinadores da web da BUSC para a súa incorporación á mesma.
O nome da conta debe seguir esta estrutura: busc_[nome da biblioteca]: p.e. busc_matematicas, busc_carenal, busc_intercentros...
Incorporar unha ligazón á conta na páxina de Localización e Conctacto da biblioteca correspondente, na web da BUSC.
Actualización mínima: 1 vez ao día.
Actualización máxima: 6 ao día (non queremos converternos en spam)
Revisar: 6 veces ao día (3 pola mañá e 3 pola tarde) por se houbese comentarios ou preguntas por parte dos usuarios que sexa necesario contestar.
Mensaxes breves, concisos e rigurosos e, sempre que se poida, cunha ligazón á fonte para que o usuario poida ampliar a información.
Seguemento: cada semana revisar os seguintes indicadores:
o Nº de tweets e retweets
o Nº de mencións
o Nº de mensaxes directas
o Nº de seguidores
o Nº de seguidores novos
o Nº de listas nas que aparece a conta
o Nº de medios (fotos, vídeos, etc.) que se suben
| GUÍA DE USO DA WEB SOCIAL E FERRAMENTAS 2.0 16
BIBLIOTECA URL RESPONSABLES
Biblioteca Universitaria https://twitter.com/#!/buscusc Marta Abad, Mabela Casal, Lorena Gómez
| GUÍA DE USO DA WEB SOCIAL E FERRAMENTAS 2.0 17
DEFINICIÓN
Servizo para compartir contidos que permite aos seus usuarios "pinear" imaxes, vídeos e
outros obxectos nos seus taboleiros.
USO NA BUSC
Vaise utilizar, fundamentalmente para facer os boletíns de novidades das diferentes
bibliotecas, pero pode utilizarse para outras cousas: na Biblioteca Xeral, temos, por exemplo,
un taboleiro adicado ás exposicións bibliográficas anuais que se fixeron con motivo do Día das
Letras Galegas, outro cos diferentes puntos de servizo da BUSC, etc.
Para coñecer o seu funcionamento e como deben facerse os boletíns de novidades, é
imprescindible ler o seguinte documento elaborado por Jesús Torres Junquera, compañeiro do
Grupo 2.0 da BUSC:
Guía de uso do Pinterest na BUSC
Como exemplo xa en funcionamento dun boletín de novidades en Pinterest, podedes ver o que
están a facer na Biblioteca Concepción Arenal:
http://pinterest.com/buscarenal/ (directamente en Pinterest)
http://www.usc.es/gl/servizos/biblioteca/busc/centros/conarenal/novidadescat.html (dende a
páxina web da Biblioteca Concepción Arenal)
INSTRUCIÓNS
As bibliotecas que desexen abrir un perfil en Pinterest, deberán facelo co correo electrónico
de Gmail da Biblioteca correspondente.
Antes de crear o perfil en Pinterest é obrigatorio:
Ler a guía que se indica máis arriba
Enviar a [email protected] unha foto da súa biblioteca que será a do pefil,
para que lle poñamos as siglas da USC antes de subila ao Pinterest. O tamaño da foto
ten que ser:
o 210 x 210 px.
| GUÍA DE USO DA WEB SOCIAL E FERRAMENTAS 2.0 18
FOTOS PARA O PERFIL:
00
03
09
13
BIBLIOTECA URL
Biblioteca Universitaria http://pinterest.com/busc/
Ciencias da Comunicación http://pinterest.com/buscxor/
Concepción Arenal http://pinterest.com/buscarenal/
Matemáticas https://pinterest.com/buscmat/
| GUÍA DE USO DA WEB SOCIAL E FERRAMENTAS 2.0 19
ISSUU
DEFINICIÓN
Issuu é un servizo en liña que permite a visualización de material dixitalizado (libros, revistas,
periódicos e outros medios impresos), así como de documentos creados orixinalmente en
formato dixital. O material subido a Issuu pode verse a través dun navegador web e está feito
para asemellarse o máis posible a unha publicación impresa.
USO NA BUSC
Actualmente, utilízase fundamentalmente para publicar as Memorias da BUSC e o Plan
estratéxico (Biblioteca Universitaria), folletos, guías de servizos, etc (Intercentros e Concepción
Arenal).
INSTRUCIÓNS
Cada biblioteca que o necesite pode abrir unha conta (coa conta de Gmail).
Se unha biblioteca non produce volume suficiente de publicacións para crear unha conta en
Issuu pero necesita subir unha, pode enviala a [email protected]
BIBLIOTECA URL
Biblioteca Universitaria http://issuu.com/busc
Concepción Arenal http://issuu.com/biblioteca.concepcion.arenal
Intercentros Lugo http://issuu.com/bintercentros
| GUÍA DE USO DA WEB SOCIAL E FERRAMENTAS 2.0 20
YOUTUBE
1 soa conta para o conxunto da BUSC.
As bibliotecas de centro ou intercentros non poderán crear contas para elas.
Se algunha biblioteca desexa ou necesita subir algún vídeo na conta da BUSC, deberá envialo á seguinte conta de correo: [email protected] cunha explicación sobre o vídeo e as etiquetas que consideren oportunas para describilo.
FORMATOS DE VÍDEO ADMITIDOS:
http://support.google.com/youtube/bin/answer.py?hl=es&answer=55744
Biblioteca Universitaria http://www.youtube.com/user/buscusc
| GUÍA DE USO DA WEB SOCIAL E FERRAMENTAS 2.0 21
DELICIOUS / DIIGO
Á espera de estudo e implantación do software SubjectPlus por parte de Bugalicia, para creación de guías temáticas con recursos de interese en diferentes áreas.
As bibliotecas que xa posúan unha conta en calquera das dúas ferramentas ou desexe crear unha, pode ir marcando recursos nelas con vistas a incorporalos máis tarde ás guías temáticas de interese para os seus usuarios.
Pódese utilizar calquera das dúas pero recoméndase Diigo, máis completa, xa que permite a colaboración entre diferentes bibliotecas, a creación e carpetas por materias, etc.
Se algunha biblioteca desexa crear unha conta, deberá facelo coa de Gmail da biblioteca.
Polo de agora (5/03/2013) e ata que se resolva o tema do SubjectPlus, non se van elaborar
máis instrucións.
BIBLIOTECA URL
Biblioteca Universitaria http://www.delicious.com/busc
Intercentros Lugo http://www.delicious.com/bintercentros
Top Related