Download - Titorial: Configurar un blog con Blogger

Transcript
Page 1: Titorial: Configurar un blog con Blogger

Titorial para configurar o noso blog

Elaborado por Miguel Carricoba Armesto e Marta Arias López.

Page 2: Titorial: Configurar un blog con Blogger

Para empezar… accede ao teu blog de calquera das dúas maneiras que coñeces…

1.- Tecleando o enderezo de www.blogger.com e cubrindo o teu correo electrónico e o teu contrasinal.2- Tecleando o enderezo do teu blog e dándolle ao botón de “acceder”.

Page 3: Titorial: Configurar un blog con Blogger

Selecciona da lista dos teus blogs o que vas querer configurar, neste caso…

Page 4: Titorial: Configurar un blog con Blogger

Aquí aparécenche as estatísticas do teu blog!

Empeza por “entradas”

Page 5: Titorial: Configurar un blog con Blogger

Estas entradas inda non se publicaron, son borradores

Se te pos enriba dunha entrada podes Editar – Visualizar - Suprimir

Dinnos os comentarios que temos e as veces que se viu a entrada

Esta utilidade pode ter dous usos:• Gardar unha entrada e seguir con ela outro día antes de publicala.• Podes utilizar este servizo de blog para gardar apuntamentos, datos que che podan interesar e que non estean visibles.

Page 6: Titorial: Configurar un blog con Blogger

Empeza pola“plantilla”

Podemos personalizar o deseño e a plantilla do noso blog

Page 7: Titorial: Configurar un blog con Blogger

Podes elixir unha plantilla predeterminada…Hai unha chea delas…

Ou podes personalizala ao teu gusto.Fai clic aquí

Page 8: Titorial: Configurar un blog con Blogger
Page 9: Titorial: Configurar un blog con Blogger

Podes elixir unha chea de imaxes de fondo para o teu blog

Page 10: Titorial: Configurar un blog con Blogger
Page 11: Titorial: Configurar un blog con Blogger

Fai clic aquí

Para personalizar o deseño do noso blog

Page 12: Titorial: Configurar un blog con Blogger

Aparece a distribución das entradas, os gadgets*…

*Os “gadget” son complementos que podes engadir ao teu blog.Como podes ver, podes engadir gadgets en distintas partes do teu blog.

Page 13: Titorial: Configurar un blog con Blogger
Page 14: Titorial: Configurar un blog con Blogger

Este texto a modo de presentación é un gadget. Vai ser o que faremos neste titorial para practicar.

Exemplo de gadget

Page 15: Titorial: Configurar un blog con Blogger

Exemplo de gadget

Page 16: Titorial: Configurar un blog con Blogger

Podes botar unha ollada a tódolos gadgets que ofrece blogger. Son os máis sinxelos de engadir…

Logo de facer clic en engadir gadget (no paso anterior aos exemplos) aparecerá esta páxina

Page 17: Titorial: Configurar un blog con Blogger

…O único que tes que facer é facer clic no símboloBusca o gadget Texto e fai clic aí.

Page 18: Titorial: Configurar un blog con Blogger

Ábrese unha nova xanela pedindo que se cubran os datos correspondentes ao gadget seleccionado. Neste caso cubrir o título e o texto que vai aparecer ao lado dereito do noso blog a modo de presentación

Unha vez cuberto, pica gardar

Benvida

Este é un blog para que vexades o sinxelo que é crear e manter un.

Page 19: Titorial: Configurar un blog con Blogger

Aquí podes ver o gadget engadido

Pódense engadir outros gadgets usando a pestana “edición HTML” que aparece na pantalla de deseño… Pero iso deixámolo para un curso posterior… Se tes interese non dubides en preguntar ou en investigar.

Page 20: Titorial: Configurar un blog con Blogger

Unha suxestión: se decides que o teu alumnado teña o seu propio blog como caderno de traballo, recoméndoche que engadas o gadget“Lista de blogs” e engadas os blogs do teu alumnado, así apareceranche no teu blog e saberás se publicaron algo novo.

Ponlle o título que queiras

Engade os blogsdo teu alumnado

Page 21: Titorial: Configurar un blog con Blogger

Quedarache algo así

Page 22: Titorial: Configurar un blog con Blogger

Podemos cambiarlleo título ao blog

Inda podemos cambiar máis cousas na configuración do noso blog

Podemos facer un blog “colaborativo” con varios autores (por exemplo, que todo o alumnado participe na elaboración dun blog de clases). Aquí podemos dar permisos de autoría.

Page 23: Titorial: Configurar un blog con Blogger

Aquí podes decidir quen pode ou non facer comentarios… pero o máis interesante para nós como docentes e con vistas de evitar sorpresas desagradables no teu blog…, podes facer que para que se publiquen os comentarios teñas que revisalo ti previamente vía correo electrónico

Page 24: Titorial: Configurar un blog con Blogger

EXISTEN OUTRAS MOITAS POSIBILIDADESTÓCACHE NAVEGAR E INVESTIGAR…

É A MELLOR MANEIRA DE APRENDER

TAMÉN PODES ESPERAR A UN CURSO DE PROFUNDIZACIÓN DAS WEB 2.0

Page 25: Titorial: Configurar un blog con Blogger

Titorial para configurar un blog de blogger

FINElaborado por Miguel Carricoba Armesto e Marta Arias López.