TEMA 5. Principais plataformas para crear unha rede social educativa
Achegándonos a parte final desta formación imos coñecer neste tema as principais e máis
empregadas redes sociais educativas.
Deseñar, crear, manter, xestionar, etc unha rede social é un traballo bastante laborioso e
custoso así que é fundamental coñecer as contornas, o que ofrecen, o que non ofrecen, etc, antes de
escoller unha delas.
Por iso seleccionamos as máis empregadas neste momento no mundo e analizámolas neste
tema. Varias delas como Edmondo ou Schoology están expresamente pensadas para crear unha rede
social educativa como as que falabamos en temas anteriores e as outras dúas que aportamos, Brainly
e The Capsuled temos que tomalas como un complemento as que empregamos para crear a nosa
aula virtual.
BRAINLY
Brainly é unha rede social baseada en Cracovia e Nova York. Actualmente conta con 100
millóns de usuarios únicos mensuais de máis de 35 países. Foi fundada no ano 2009.
Basea o seu uso na aprendizaxe colaboradora onde os membros poden efectuar preguntas
reunidas por materias e outros membros da mesmas respondelas.
A súa contorna visual garda un gran paralelismo con outras redes sociais, sobre todo con
Facebook o que fai que a curva inicial de aprendizaxe para o seu emprego sexa moi rápida. Na parte
esquerda da pantalla temos a listaxe de materias sobre as que a xente realizou algún tipo de
pregunta, a dereita aparece a nosa información de perfil e os “retos” propostos, na parte superior
atopamos o espazo para realizar as preguntas, acceso as mensaxes privadas, etc e na parte principal
do centro é onde imos atopando as preguntas.
Brainly ten unha compoñente moi importante de “gamificación”. Basea o seu uso en acadar
metas valoradas con puntos. Cada pregunta que alguén propuxo valórase cunha serie de puntos,
variables segundo a súa dificultade.
Aporta a posibilidade de completar “retos” por varias preguntas cun tempo establecido para
acadar máis puntos extra.
Brainly non é unha rede social na que poidamos deseñar grupos, reunir o noso alumnado,
etc. Non ten ese valor. Podemos dicir que é unha rede social de emprego rápido xa que o seu uso
limítase a acceder e expresar ou responder preguntas.
Evidentemente cunha ollada rápida decatámonos de que un gran número dos usuarios
emprégana para resolver as súas tarefas ou directamente para evitar ter que buscar esa información
noutras canles, pero a parte que nos interesa é a dos que responden xa que teñen que obter esa
información de dous xeitos: ou ben xa a coñecen, polo que redactala e compartila sérvelles para
lembrala e fixala e se non a coñecen teñen que acadar eses coñecementos pola sua propia contra
para responder e obter máis puntos.
EDMODO
Edmodo é unha rede social creada para facilitar a comunicación entre docentes e alumnado
nunha contorna pechada e privada a xeito de “microblogging”, é dicir, dun xeito moi semellante ao
que sería Facebook ou Twitter. Cun muro onde facemos pequenas publicacións e o resto poden
visitalas e comentalas.
Unha das diferencias fundamentais de Edmodo con respecto a outras plataformas como
Brainly é que desde o inicio, cando creamos a conta, distingue entre tres tipos delas: alumnado,
docente ou pai/nai:
Ao igual que en Brainly, Edmodo, engadiu un compoñente de “gamificación” deixando
liberdade ao docente para asignar diversos premios simbólicos como insignias, distintivos especiais,
medallas, etc para premiar tantas cousas como desexe: ao mellor comentario, ao alumno/a máis
participativo, ao que máis se esforzou, etc. Mesmo pode cada docente crear os distintivos
personalizados ao seu gusto.
Para moitos é a rede social educativa definitiva xa que permite crear aulas invertidas dun
xeito moi doado e xestionalas cun gran número de variables.
SCHOOLOGY
Moi semellante a Edmondo atopamos Schoology. Ao igual que esta é unha rede social que
permite en gran medida personalizar ao noso gusto e necesidades a súa contorna. Esta contorna,
tamén como en Edmondo, é moi semellante a Facebook e podemos xestionala dun xeito parecido,
creando grupos de alumnos que farán a vez de representación virtual da nosa aula no centro.
Unha vez que o alumnado accede a eses grupos creados polo docente as posibilidades son
inmensas xa que permite engadir en cada grupo todo o contido que desexemos como tarefas,
probas, arquivos de documentos, páxinas de debate, etc.
Schoology tamén permite o acceso aos pais e nais co seu propio perfil. Estes perfís están
sempre ligados ao do propio alumno/a e só poden crearse se o titor dese alumno proporciona un
código aos pais/nais para acceder.
Unha vez que un pai/nai accede ao sistema co perfil ligado ao do seu fillo/a pode visualizar
as tarefas que se encargaron ao alumando e mesmo visitar a páxina do grupo de clase tal e como a
vería o fillo/a. Aínda que temos que salientar que pode que todo o contido publicado por outros
alumnos sexa visible para as contas dos pais.
THE CAPSULED
Posiblemente é, das que imos falar aquí, a que ten unha incorporación máis recente no abano
de redes sociais para educación. Creouse no ano 2015 pola editorial catalá Tekman Books.
De todas as que falamos neste tema é a máis diferente xa que basea todo o seu
desenvolvemento na creación de contidos máis ou menos complexos e elaborados. Cada unha deses
contidos gárdao nunha cápsula ao que o resto de usuarios pode acceder, comentar, compartir, etc.
Non é tanto unha rede pensada para a comunicación directa alumnado-docente senón para a propia
comunicación entre docentes ou dos docentes cas familias.
O xeito de funcionar sería moi semellante por exemplo a Twitter, pero en lugar de que cada
usuario comparte un contido en forma de chío, ten formade cápsula que fai de contedor desde
contido.
Unha vantaxe fundamental que incorpora “The Capsuled” e que estas cápsulas están
organizadas por categorías, o que fai que a navegación por elas coa intención de conseguir
información para o traballo que queremos realizar sexa moito máis certa.
Estas son as principais categorías:
• Bebés de 0 a 3 años
• Nenos/as de 3 a 7 años
• Ensino primario
• Ensino Secundario
• Intelixencias Múltiples
• Maternidade
• TIC
• Pedagoxía
• Aprender a Educar
• ¿Que fago cos meus fillos cando…?
Top Related