etapa datas capital expansión
Mahoma 570-632 Medina • conquista e unifica a maior parte da península Arábiga
Califas
ortodoxos
632-661 Medina
• cara ao Norte: Palestina, Siria, Iraq, Armenia
• cara ao Oeste: Exipto, Libia
• cara ao Leste: Persia
Califato
Omeia
661-750 Damasco
• cara ao Oeste: o Magreb, Península Ibérica, fracaso na
penetración no reino dos francos (Poitiers, 732)
• cara ao Leste: ata o val do río Indo e Asia Central
• cara ao Norte: fracaso na conquista do Imperio Bizantino
(ano 718)
Califato
abasí
750-1258 Bagdad
• conquista de Sicilia
• cesou o expansión militar e o imperio disgregouse en
diversos califatos (al-Ándalus, Marrocos, Exipto)
• navegantes e comerciantes difundiron o Islam por África,
Malaisia, Indonesia, Filipinas e sur de China
dominio dos
mongois
e
turcos
desde
1258
Istambul
desde
1453
• os mongois conquistaron Bagdad en 1258
• os turcos conquistaron Constantinopla en 1453 ⟹ fin do
Imperio bizantino ⟹ os turcos dominaron o Islam ata o s XX
• turcos e mongois difundiron o Islam por Asia Menor, Asia
central e a India
No nome de Alá, clemente e misericordioso. Este é o escrito [5 de abril de 713] de Abd al-Aziz ben Musa para
Teodomiro. Este sométese á paz baixo a promesa (...) de que obterá a protección de Alá (...) e do seu profeta
Mahoma (...), non se impoñerá dominio sobre el, a ninguén dos seus se lles desposuirá de nada do que
posúan, non serán escravizados nin separados das súas mulleres nin dos seus fillos, respectaranse as súas
vidas e non se lles dará morte, non serán queimadas as súas igrexas nin forzados no culto da súa relixión. El
e os seus deberán pagar (...) por cada home libre: un dinar, catro almudes de trigo e catro de cebada, catro
cántaros de vinagre, dous de mel e un de aceite; polos escravos pagarán a metade.
Trata de • pacto de submisión entre os conquistadores musulmáns e os nobres visigodos
Autores • Abd al-Aziz: primeiro emir de al-Ándalus
• Teodomiro: nobre visigodo, gobernador da actual rexión de Murcia
Cronoloxía • fixada no texto: 5 de abril do ano 713
Que conceden os musulmáns aos visigodos? Que contraprestacións deben ofrecer os visigodos?
• Son protexidos do Islam: sométese á paz... protección
de Alá...
• Autonomía política: non se impoñerá dominio sobre el
• Respecto ás propiedades: a ningún dos seus se lles
desposuirá de nada do que posúan...
• Respecto á liberdade persoal: non serán
escravizados... respectaranse as súas vidas...
• Libre práctica da fe relixiosa: non serán queimadas as
súas igrexas nin forzados no culto da súa relixión
• En xeral: manter o statu quo anterior
• Pago de impostos como recoñecemento da
soberanía do Islam
➢ Persoal en metálico: un dinar
➢ Territorial en especie: catro almudes de trigo e
catro de cebada...
A Península Ibérica entre os séculos XI e XII: os almorábides.
Entre 1086 e 1109, os exércitos almorábides entraron na Península, unificaron baixo o seu goberno todas as taifas e derrotaron os reis cristiáns
A Península Ibérica entre 1150 e 1212: os almohades
Imperio almohade
Imperio almohade
A mediados do século XII, os almohades -un novo imperio norteafricano- dominaron al-Ándalus e frearon o avance dos Estados cristiáns cara ao Sur
Sociedade Grupos Trazos básicos
Musulmáns
Árabes
• Minoría que dirixira a conquista.
• Formaban a elite do poder político e social
• Acaparaban os cargos, os privilexios e a propiedade da terra
Bérberes • Procedían do N de África: eran soldados do exército ou inmigrantes
• A maioría dedicábase ao pastoreo e tiña unha situación máis humilde
Muladís
• Eran a maioría da poboación.
• Eran os hispanovisigodos convertidos ao Islam: adoptaron non só a
relixión, senón tamén os costumes e a lingua dos conquistadores
Non
musulmáns
Grupos minoritarios. Pagaban maiores impostos e carecían de determinados dereitos
Mozárabes
• Hispanovisigodos que seguiron sendo cristiáns en al-Ándalus
• Vivían maioritariamente nas cidades
• Moitos sufriron persecucións e emigraron aos reinos cristiáns do Norte
da Península
Xudeus
• Comunidades que vivían xa na Península ou chegaron cos musulmáns
• Dedicábanse á artesanía, ao comercio, á medicina ou á ciencia
• Gozaban de autonomía xurídica
6.- As manifestacións culturais en al-Ándalus.
• Al-Ándalus actuou como ponte entre a Antigüidade clásica e a Europa medieval, e entre Oriente e Occidente:
➢ os musulmáns asimilaron, perfeccionaron e difundiron os coñecementos de culturas anteriores:
✓ o papel, a pólvora, o compás, o astrolabio, a carretilla... de orixe chinesa
✓ o sistema de numeración decimal, de orixe india
✓ o xadrez, de orixe persa...
➢ crearon e expandiron novas técnicas e inventos:
✓ muíños de vento
✓ instrumentos cirúrxicos
✓ receitas medicinais con substancias vexetais...
• Al-Ándalus coñeceu un gran desenvolvemento cultural en todos os aspectos (ciencias, técnicas, literatura, artes...)
• Factores:
➢ labor dos propios emires e califas:
✓ actuaron como mecenas das artes e das ciencias
✓ algúns foron grandes eruditos que se rodearon de sabios e de artistas
✓ mandaron traducir as principais obras da Antigüidade,
✓ crearon bibliotecas e escolas para difundir os coñecementos de culturas anteriores, (a grecolatina, a bizantina,
a persa, a exipcia e a india),
➢ o uso dunha lingua común -o árabe- facilitou a transmisión de coñecementos dun territorio a outro
Principais achegas culturais
Matemáticas Medicina Agronomía Historia e
Xeografía Filosofía Poesía Poesía popular
al-Mayriti Abul-Qasim
Avenzoar Ibn Bassal
al-Idrisi
Ibn-Hayyan
Averroes
Maimónides
Ibn Hazem
princesa Wallada zéjel
7.- A arte andalusí.
• Trazos básicos da arte musulmá:
➢ carácter sincrético: recibiu influencias e adoptou elementos artísticos dos territorios polos que se espallou
➢ as diversas manifestacións artísticas están moi vinculadas á relixiosidade
➢ predominio da arquitectura sobre as demais artes
✓ construción máis representativa: a mesquita
✓ edificacións civís: fortalezas, palacios, zocos, baños públicos e escolas (madrasas)
➢ escaso desenvolvemento da pintura e da escultura pola prohibición coránica de representar imaxes humanas
✓ a súa función primordial foi a ornamentación dos muros arquitectónicos
✓ predominio de motivos abstractos e xeométricos.
➢ gran desenvolvemento das artes decorativas:
✓ obxectos de metal, cristal e marfil (vaixelas, xerras, aldrabas…),
✓ a marquetería
✓ cerámica e mosaico, decorados cunha enorme variedade de motivos, formas e cores.
A arquitectura de al-Ándalus
etapa trazos básicos obras representativas
Emirato e Califato
(756-1031)
• época na que se realizan as achegas técnicas máis
importantes
• gran riqueza construtiva e ornamental
• a mesquita de Córdoba
• o palacio de Medina Azahara
(Córdoba)
Época taifa e almohade
(1031-1212)
• arquitectura máis austera, que potencia a estrutura
arquitectónica e descoida a ornamentación
• a Alcazaba de Málaga
• a Alxafaría de Zaragoza
• a Xiralda e a Torre do Ouro de Sevilla
Época nazarita
(1238-1492)
• gran riqueza decorativa no interior das edificacións, que
esconde a pobreza dos materiais construtivos
• a Alhambra e o Xeneralife de
Granada
Top Related