REUNIÓN DA COMISIÓN 5ª, SANIDADE,
POLÍTICA SOCIAL E EMPREGO
Día: 09.09.2021 Hora: 10:30
A Comisión 5ª, Sanidade, Política Social e Emprego, da que vostede forma parte,
reunirase o próximo día 9 de setembro de 2021, ás 10:30 horas, no pazo do Parlamento.
A orde do día é a seguinte :
Punto único.- Preguntas
1.1 18186 (11/POC-002860)
Grupo Parlamentario dos Socialistas de Galicia
Ortega Otero, Marina e Torrado Quintela, Julio
Sobre a necesidade de renovación do mobiliario e os recursos para o
descanso de acompañantes de pacientes ingresados nos hospitais
Publicación da iniciativa, BOPG n.º 175, do 28.07.2021
1.2 18483 (11/POC-003089)
Grupo Parlamentario dos Socialistas de Galicia
Torrado Quintela, Julio e Ortega Otero, Marina
Sobre a reformulación do modelo de atención primaria en Galicia
Publicación da iniciativa, BOPG n.º 176, do 29.07.2021
1.3 18765 (11/POC-003131)
Grupo Parlamentario Popular de Galicia
Vázquez Domínguez, Sandra e 7 máis
Sobre as principais conclusións da enquisa realizada á mocidade pola
Consellería de Política Social con motivo da crise provocada pola covid-
19
Publicación da iniciativa, BOPG n.º 184, do 10.08.2021
1.4 18844 (11/POC-003175)
Grupo Parlamentario do Bloque Nacionalista Galego
Carreira Pazos, Iria e 2 máis
Sobre o pechamento da biblioteca do Complexo Hospitalario
Universitario de Santiago de Compostela na quenda de tarde e as
previsións do Goberno galego para recuperar o seu normal funcionamento
Publicación da iniciativa, BOPG n.º 184, do 10.08.2021
1.5 18873 (11/POC-003198)
Grupo Parlamentario do Bloque Nacionalista Galego
Prado Cores, María Montserrat e 2 máis
Sobre a planificación da Xunta de Galicia para garantir que a Atención
Primaria sexa o auténtico eixe vertebrador do sistema sanitario
CS
V: R
EX
ISTR
ON
KO
vOcl
Du6
Ver
ifica
ción
:ht
tps:
//sed
e.pa
rlam
ento
dega
licia
.gal
/tram
ites/
csv/
Publicación da iniciativa, BOPG n.º 184, do 10.08.2021
1.6 19971 (11/POC-003609)
Grupo Parlamentario Popular de Galicia
Amigo Díaz, María Encarnación e 6 máis
Sobre os avances que coñece a Xunta que efectuou o Goberno de España
en relación co cumprimento do Acordo unánime do Parlamento de Galicia
relativo á creación da nova especialidade de Medicina de Urxencias e
Emerxencias, con tramitación preferente e independente da que
corresponda a un novo decreto de troncalidade
Publicación da iniciativa, BOPG n.º 189, do 18.08.2021
O que lle comunico para o seu coñecemento e a súa convocatoria á devandita reunión.
Santiago de Compostela, 26 de agosto de 2021
María Corina Porro Martínez
Presidenta da Comisión
María Corina Porro Martínez
Firmado digitalmente por María Corina Porro Martínez Nombre de reconocimiento (DN): cn=María Corina Porro Martínez , [email protected] Fecha: 2021.08.26 14:56:54 +02'00'
CS
V: R
EX
ISTR
ON
KO
vOcl
Du6
Ver
ifica
ción
:ht
tps:
//sed
e.pa
rlam
ento
dega
licia
.gal
/tram
ites/
csv/
Asinado dixitalmente por:
María Corina Porro Martínez na data 26/08/2021 14:56:54
CS
V: R
EX
ISTR
ON
KO
vOcl
Du6
Ver
ifica
ción
:ht
tps:
//sed
e.pa
rlam
ento
dega
licia
.gal
/tram
ites/
csv/
RELACIÓN DE MEMBROS DE COMISIÓN 5ª, SANIDADE, POLÍTICA SOCIAL E
EMPREGOPOR ORDE ALFABÉTICA
Mesa
Vogais
PresidentaMaría Corina Porro Martínez P
VicepresidenteMiguel Ángel Tellado Filgueira P
SecretariaIria Carreira Pazos BNG
María Encarnación Amigo Díaz PMarina Ortega Otero SJosé Alberto Pazos Couñago PNoelia Pérez López PMaría Montserrat Prado Cores BNGOlalla Rodil Fernández BNGMarta María Rodríguez-Vispo Rodríguez PMaría Elena Suárez Sarmiento PJulio Torrado Quintela S
Reunión da Comisión 5ª, Sanidade, Política Social e Emprego
Día: 09.09.2021 Hora: 10:30
Orde do día
1. Preguntas
Reunión da Comisión 5ª, Sanidade, Política Social e Emprego
Día: 09.09.2021 Hora: 10:30
Orde do día
1.1 18186(11/POC-002860)
Grupo Parlamentario dos Socialistas de Galicia
Ortega Otero, Marina e Torrado Quintela, Julio
Sobre a necesidade de renovación do mobiliario e os recursos
para o descanso de acompañantes de pacientes ingresados nos
hospitais
Publicación da iniciativa, 175, 28.07.2021
Rúa do Hórreo, s/n, Parlamento de Galicia. 15702 SANTIAGO DE COMPOSTELA
Tlf: 981 551 530 · [email protected]
Á Mesa do Parlamento
Marina Ortega Otero e Julio Torrado Quintela, deputada e deputado
pertencentes ao Grupo Parlamentario dos Socialistas de Galicia, ao abeiro do
disposto no artigo 152 do Regulamento, presentan ante esa Mesa a seguinte
pregunta para a súa resposta oral en Comisión 5.ª, Sanidade, Política Social e
Emprego.
Sen necesidade de padecer unha doenza crónica ou grave é frecuente que
calquera persoa precise dun ingreso hospitalario ao longo da súa vida. Cando a
propia patoloxía é grave ou require dun tratamento e seguimento médico
específico, o ingreso pódese alongar no tempo.
O feito de que a persoa ingresada ou paciente sexa menor, ou maior de idade con
discapacidade ou dependencia, fai imprescindible o acompañamento e pernocta
dos proxenitores ou titores, salvo mínimas excepcións nas que o facultativo o
observe contraproducente por motivos clínicos.
Dende o Grupo Parlamentario Socialista consideramos importante non só o
benestar do ou da menor ou maior de idade con discapacidade ou dependencia,
senón tamén do pai, nai ou titor que acompañe e pernocte con dito paciente. Por
iso, é fundamental que a Consellería de Sanidade leve a cabo un inventario ou
supervisión do material para uso dos acompañantes en materia de descanso. En
concreto é fundamental revisar o estado dos sillóns ou sofás nos que os
acompañantes pernoctan e valorar a súa funcionalidade, así coma roupa de cama,
almofadas, etc. Existen casos concretos nos que se nos informa dun ingreso
prolongado no tempo, e a nai do menor ingresado non dispuña de mantas nin un
sillón en condicións óptimas para permitir o seu correcto descanso.
O descanso dun proxenitor que ten ao seu fillo/a ingresado non só contribúe ao
benestar físico, senón tamén emocional. Estado emocional que pode condicionar
ou contribuír na mellora da afrontación desa etapa de enfermidade, tan dura sobre
todo nos casos máis graves.
CS
V: R
EX
ISTR
O6u
npTV
3ik9
Ver
ifica
ción
:ht
tps:
//sed
e.pa
rlam
ento
dega
licia
.gal
/tram
ites/
csv/
Rúa do Hórreo, s/n, Parlamento de Galicia. 15702 SANTIAGO DE COMPOSTELA
Tlf: 981 551 530 · [email protected]
Polo que dende o Grupo Socialista consideramos importante que dende a
Consellería de Sanidade se invista nunha renovación de sofás de descanso para
acompañantes, garantindo que permitan un descanso real e san, mediante
sofás ergonómicos que cumpran a funcionalidade prevista aproveitando os
avances actuais.
Por todo o exposto, a deputada e o deputado que asinan formulan as seguintes
preguntas para o seu debate en Comisión:
1. Existe un inventario sobre o mobiliario e recursos para o descanso de
acompañantes nas áreas de pediatría?
2. Como valora a Consellería a proposta de renovación de este tipo de
recursos para mellorar o descanso de acompañantes en pediatría ou con
persoas maiores dependentes ou con discapacidade?
Pazo do Parlamento, 2 de xullo do 2021
Asdo.: Marina Ortega Otero
Julio Torrado Quintela
Deputada e deputado do G.P. dos Socialistas de Galicia
Asinado dixitalmente por:
Marina Ortega Otero na data 02/07/2021 09:29:04
Julio Torrado Quintela na data 02/07/2021 09:29:17
CS
V: R
EX
ISTR
O6u
npTV
3ik9
Ver
ifica
ción
:ht
tps:
//sed
e.pa
rlam
ento
dega
licia
.gal
/tram
ites/
csv/
Reunión da Comisión 5ª, Sanidade, Política Social e Emprego
Día: 09.09.2021 Hora: 10:30
Orde do día
1.2 18483(11/POC-003089)
Grupo Parlamentario dos Socialistas de Galicia
Torrado Quintela, Julio e Ortega Otero, Marina
Sobre a reformulación do modelo de atención primaria en
Galicia
Publicación da iniciativa, 176, 29.07.2021
Rúa do Hórreo, s/n, Parlamento de Galicia. 15702 SANTIAGO DE COMPOSTELA
Tlf: 981 551 530 · [email protected]
Á Mesa do Parlamento
Julio Torrado Quintela e Marina Ortega Otero, deputado e deputada
pertencentes ao Grupo Parlamentario dos Socialistas de Galicia, ao abeiro do
disposto no artigo 152 do Regulamento da Cámara, presentan ante esa Mesa a
seguinte pregunta para a súa resposta oral en Comisión 5.ª, Sanidade, Política
Social e Emprego.
A atención primaria do sistema sanitario de Galicia está sendo obxecto de debate
e discusión por parte de todos os axentes implicados no deseño e implementación
das políticas sanitarias, incluídos por suposto os propios profesionais que
traballan no sistema.
Dende hai tempo existen numerosas reivindicacións e queixas sobre a saturación
do sistema, froito dunha ineficiente xestión en termos, especialmente, de recursos
materiais e humanos froito das políticas de recortes executadas polo Partido
Popular dende a Xunta de Galicia e, no seu momento, dende o Goberno de
España.
As políticas de recortes dos últimos anos levaron, ademais, a que Galicia afronte
a situación cun problema de persoal grave no sistema sanitario público. Esta é a
terceira peor Comunidade Autónoma de España en ratio de médicos/as por
habitante (aproximadamente 450 por cada 100.000 habitantes coa media
Española en torno a 480, segundo o informe do Consello Xeral de Colexios
Médicos de España), e tamén a terceira Comunidade Autónoma con peor ratio de
enfermeiros/as por paciente con 5,4 por cada 1000 (a media española está no 5,9
e a europea cerca do 8). Temos a peor ratio de profesionais por paciente tamén en
áreas como saúde mental, e estamos por debaixo da media estatal en matronas por
habitante. En pediatría, Galicia non chega ao 90% de prazas de atención primaria
cubertas por pediatras, mentres comunidades en situacións parecidas, como
Asturias, supera o 98% (como indican os recentes informes da Asociación
Española de Pediatría).
A pesar diso, na última década Galicia deixou de formar a 150 médicos de familia
e comunitarios, dos que puideron ser solicitadas prazas MIR e non se fixo
perdendo a oportunidade de xerar maior bolsa de profesionais para nutrir ao
sistema. Nos últimos dous anos déronse, sucesivamente, as maiores convocatorias
históricas de prazas MIR para todo o Estado e, tamén, para Galicia. Esta
convocatoria histórica tamén o foi en termos numéricos para medicina familiar e
comunitaria e para a pediatría en atención primaria.
CS
V: R
EX
ISTR
Orx
yTH
GrK
59V
erifi
caci
ón:
http
s://s
ede.
parla
men
tode
galic
ia.g
al/tr
amite
s/cs
v/
Rúa do Hórreo, s/n, Parlamento de Galicia. 15702 SANTIAGO DE COMPOSTELA
Tlf: 981 551 530 · [email protected]
A Xunta de Galicia, tras unha etapa de negación da situación e rexeitamento de
toda proposta de diálogo e acordos, tanto no eido parlamentario como nas
distintas mesas de negociación con sindicatos ou colectivos profesionais, tivo a
ben iniciar un proceso de reformulación da atención primaria, coa apertura de
grupos de traballo en distintas comisións. Non en tanto, a concatenación de
problemas levou á Consellería a iniciar as reformulacións do modelo de atención
primaria que se concretaron a partir deses grupos á vez que, de maneira paralela,
encargaba a un grupo de expertos en xestión sanitaria un outro informe de
avaliación. Establecéndose dous procesos de maneira simultánea, aínda que por
vías distintas, a publicación do informe de resultados do segundo dos grupos tivo
lugar cando as supostas medidas do primeiro deles estaban xa executándose,
segundo afirmou constantemente a propia Consellería.
A pesares desta confusión provocada polo descontrol na planificación, que
resultou nun proceso enlentecido e confuso, os informes publicados poden servir
de utilidade para referenciar ideas para a mellora da atención primaria de Galicia.
A análise titulada Por unha atención primaria vertebradora do sistema de saúde
permite concluír un correctivo severo sobre as políticas desenvolvidas polo
Goberno de Galicia nos últimos anos. Os expertos en xestión sanitaria que
realizan o informe apuntan a numerosos problemas, que poden ser agrupados en
grandes temas. A partir destas conclusións, apúntanse notorias deficiencias no
sistema, das que se poden destacar:
Xestión de persoal: área na que se apunta a un problema de saturación de
consultas, necesidade de máis profesionais e da convocatoria anual de
prazas, mellora das condicións laborais ou dotar de calidade á contratación
eventual.
Coordinación de tarefas e aproveitamento dos profesionais: área na que se
formulan a clarificación de funcións dos profesionais, hoxe confusas,
incorporando máis profesionais que permitan diversificar e especificar
tarefas, ademais de permitir que cada tipo de profesional poida aportar ata
o límite superior da súa capacidade e formación.
Planificación da estrutura de funcionamento: que apunta a unha
descentralización e autonomía de xestión nos servizos de atención
primaria, que necesitan estar incorporados nas estruturas directivas ao
máximo nivel e non controlados de maneira tan ríxida polas xerencias das
CS
V: R
EX
ISTR
Orx
yTH
GrK
59V
erifi
caci
ón:
http
s://s
ede.
parla
men
tode
galic
ia.g
al/tr
amite
s/cs
v/
Rúa do Hórreo, s/n, Parlamento de Galicia. 15702 SANTIAGO DE COMPOSTELA
Tlf: 981 551 530 · [email protected]
EOXIs, que se sitúan excesivamente lonxe do contacto real co plano
asistencial de primaria.
Implementación de formación e investigación: temática na que se demanda
unha maior formación e dotación de recursos para a investigación de
aplicación directa ao plano asistencial e á saúde comunitaria.
Estas conclusións, en resume do conxunto da avaliación realizada, apunta ás eivas
do sistema derivadas dunha política negacionista da realidade que se ven dando
nos últimos anos por parte da Consellería de Sanidade, que negouse
sistematicamente a afrontar estas realidades que viñan sendo apuntadas por
distintos colectivos profesionais, sindicatos, asociacións de pacientes e grupos
políticos. Un gran número de propostas aliñadas con estas conclusións emitidas
viñeron sendo sometidas a debate e votación parlamentaria nos últimos anos,
recibindo sempre o rexeitamento e negación por parte do Partido Popular e o
Goberno da Xunta de Galicia.
Por todo o exposto, o deputado e a deputada que asinan formulan as seguintes
preguntas para o seu debate en Comisión:
1. Ten previsto o Goberno da Xunta de Galicia afrontar unha verdadeira
reformulación do modelo de atención primaria en Galicia ou considera que
as accións que afirma estar levando a cabo van na liña do necesario?
2. Asume o Goberno de Galicia que o informe de expertos Por unha atención
primaria vertebradora do sistema de saúde supón unha gran emenda á súa
política sanitaria dos últimos anos?
3. Ten previsto a Xunta de Galicia asumir as recomendacións emitidas no
informe citado e desenvolver un plan de acción ligado a esas conclusións?
En caso afirmativo, que prazos manexa para elo?
4. Considera a Xunta de Galicia agora que as realidades evidenciadas por este
análise ofrecen unha visión real da situación da sanidade galega en
atención primaria?
Pazo do Parlamento, 14 de xullo do 2021
Asdo.: Julio Torrado Quintela
Marina Ortega Otero
Deputado e deputada do G.P. dos Socialistas de Galicia
CS
V: R
EX
ISTR
Orx
yTH
GrK
59V
erifi
caci
ón:
http
s://s
ede.
parla
men
tode
galic
ia.g
al/tr
amite
s/cs
v/
Rúa do Hórreo, s/n, Parlamento de Galicia. 15702 SANTIAGO DE COMPOSTELA
Tlf: 981 551 530 · [email protected]
Asinado dixitalmente por:
Julio Torrado Quintela na data 14/07/2021 09:28:05
Marina Ortega Otero na data 14/07/2021 09:28:11
CS
V: R
EX
ISTR
Orx
yTH
GrK
59V
erifi
caci
ón:
http
s://s
ede.
parla
men
tode
galic
ia.g
al/tr
amite
s/cs
v/
Reunión da Comisión 5ª, Sanidade, Política Social e Emprego
Día: 09.09.2021 Hora: 10:30
Orde do día
1.3 18765(11/POC-003131)
Grupo Parlamentario Popular de Galicia
Vázquez Domínguez, Sandra e 7 máis
Sobre as principais conclusións da enquisa realizada á
mocidade pola Consellería de Política Social con motivo da
crise provocada pola covid-19
Publicación da iniciativa, 184, 10.08.2021
Parlamento de Galicia. Rúa Hórreo, 63 | 15701 Santiago de Compostela | Tel. 981 551 510
@gppgalicia @GrupoPopularGal
Á Mesa do Parlamento
Sandra Vázquez Domínguez, Alberto Pazos Couñago, Encarna Amigo Díaz, Marta Rodríguez-Vispo Rodríguez, Noelia Pérez López, Corina Porro Martínez, Elena Suárez Sarmiento e Miguel Tellado Filgueira, deputadas e deputados do Grupo Parlamentario Popular de Galicia, ao abeiro do disposto no artigo 152 e concordantes do Regulamento da Cámara, presentan ante esa Mesa a seguinte pregunta para a súa resposta oral na Comisión 5ª, Sanidade, Política Social e Emprego sobre os resultados da enquisa realizada á mocidade con motivo da crise sanitaria provocada pola covid-19. Un dos ámbitos prioritarios de actuación recollidos no novo Plan estratéxico de xuventude de Galicia 2021 é a participación xuvenil na sociedade. De feito, e tal e como se recolle no citado documento, o obxectivo principal pasa por mellorar a participación dos mozos e mozas na sociedade, así como a comunicación e información que se lles transmite desde os departamentos encargados de elaborar políticas para a xuventude. Lograr que a mocidade galega coñeza todos os medios e programas á súa disposición nos diferentes ámbitos, especialmente os recursos que ofrece a Dirección xeral de Xuventude, Participación e Voluntariado; e fomentar novos canais de comunicación para que a mocidade poida participar e informarse activamente, son os principios reitores que guían as accións concretas incluídas no eixe de participación e asociacionismo. Así mesmo, tamén cómpre lembrar que o impulso da participación xuvenil na sociedade, tanto de xeito individual como colectivo mediante grupos informais ou fórmulas asociativas, é tamén un dos obxectivos contemplados na propia Lei 6/2012, do 19 de xuño, de Xuventude de Galicia. Tomando como referencia este contexto, e nun momento de cambios no modo de vida da nosa sociedade derivados da pandemia da Covid-19, a Xunta de Galicia quere promover a participación activa da mocidade nos debates xerais, para así coñecer a súa opinión e poder atinar na implantación de iniciativas que busquen mellorar a calidade de vida e as perspectivas formativas e laborais dos mozos e mozas galegos. Neste sentido, a Consellería de Política Social puxo a disposición da xuventude de Galicia un cuestionario online para coñecer a súa situación e inquedanzas, e tamén as súas posibles propostas de cara ao futuro inmediato.
CS
V: R
EX
ISTR
OO
BC
DoR
SA
a9V
erifi
caci
ón:
http
s://s
ede.
parla
men
tode
galic
ia.g
al/tr
amite
s/cs
v/
Parlamento de Galicia. Rúa Hórreo, 63 | 15701 Santiago de Compostela | Tel. 981 551 510
@gppgalicia @GrupoPopularGal
Con esta ferramenta pretendeuse reforzar a relación directa da Xunta de Galicia coas persoas mozas, de cara a abordar e estudar novos recursos e medidas no marco do novo escenario xerado por esta pandemia. Por todo isto, os deputados asinantes formulan a seguinte pregunta en Comisión: Cales foron as principais conclusións da enquisa realizada á mocidade con motivo da crise sanitaria provocada pola covid-19?
Santiago de Compostela, 19 de xullo de 2021
CS
V: R
EX
ISTR
OO
BC
DoR
SA
a9V
erifi
caci
ón:
http
s://s
ede.
parla
men
tode
galic
ia.g
al/tr
amite
s/cs
v/
Parlamento de Galicia. Rúa Hórreo, 63 | 15701 Santiago de Compostela | Tel. 981 551 510
@gppgalicia @GrupoPopularGal
Asinado dixitalmente por:
Sandra Vázquez Domínguez na data 19/07/2021 12:41:44
José Alberto Pazos Couñago na data 19/07/2021 12:42:03
María Encarnación Amigo Díaz na data 19/07/2021 12:42:13
Marta Rodriguez Vispo Rodriguez na data 19/07/2021 12:42:30
Noelia Pérez López na data 19/07/2021 12:42:40
María Corina Porro Martínez na data 19/07/2021 12:42:54
María Elena Suárez Sarmiento na data 19/07/2021 12:43:05
Miguel Ángel Tellado Filgueira na data 19/07/2021 12:43:19
CS
V: R
EX
ISTR
OO
BC
DoR
SA
a9V
erifi
caci
ón:
http
s://s
ede.
parla
men
tode
galic
ia.g
al/tr
amite
s/cs
v/
Reunión da Comisión 5ª, Sanidade, Política Social e Emprego
Día: 09.09.2021 Hora: 10:30
Orde do día
1.4 18844(11/POC-003175)
Grupo Parlamentario do Bloque Nacionalista Galego
Carreira Pazos, Iria e 2 máis
Sobre o pechamento da biblioteca do Complexo Hospitalario
Universitario de Santiago de Compostela na quenda de tarde e
as previsións do Goberno galego para recuperar o seu normal
funcionamento
Publicación da iniciativa, 184, 10.08.2021
OFICINA PARLAMENTAR
Parlamento de Galiza
Rúa do Hórreo, s/n. Tel. 0034 981 551 545
Fax. 0034 981 551 420. Fax prensa: 0034 981 551 421
15702 Santiago de Compostela
Galiza
1
Á Mesa do Parlamento
Iria Carreira Pazos, Montserrat Prado Cores e Mercedes Queixas Zas,
deputadas do Grupo Parlamentar do Bloque Nacionalista Galego (BNG), ao abeiro
do disposto no Regulamento da Cámara, presentan a seguinte Pregunta para resposta
oral na Comisión 5ª, sobre o peche da biblioteca do CHUS na quenda de tarde.
EXPOSICIÓN DE MOTIVOS
A biblioteca do Hospital Clínico de Santiago de Compostela non está a prestar o
servizo con regularidade desde hai semanas, despois de ficar vacante a praza dunha
traballadora que non foi cuberta. Deste xeito, o horario de apertura viuse claramente
reducido, manténdoa pechada durante as tardes e sen posibilidade de cobertura no caso
de permisos ou baixas laborais da única traballadora existente actualmente.
Esta biblioteca dá cobertura a toda a área sanitaria de Santiago e Barbanza,
sendo o único punto destas características que existe en toda a área. É un servizo
imprescindible para a xestión do coñecemento científico, e que a través da colaboración
do persoal traballador da biblioteca coas tarefas de selección e organización da
información, resulta de vital importancia para mellorar o acceso a toda a evidencia
científica existente. Este persoal ademais é experto en acceso e recuperación da
información, e pode prestar asesoramento nas buscas de información con criterios de
calidade e actuar como enlace con outras bibliotecas e outros centros de información.
Ademais deste labor indispensable, a biblioteca conta cun importante fondo
físico en diferentes formatos, e supón un espazo accesible para tódolos membros da área
sanitaria para o estudo, a lectura e a investigación. Espazo do que non soamente se
CS
V: R
EX
ISTR
OoW
5EJB
QU
K5
Ver
ifica
ción
:ht
tps:
//sed
e.pa
rlam
ento
dega
licia
.gal
/tram
ites/
csv/
OFICINA PARLAMENTAR
Parlamento de Galiza
Rúa do Hórreo, s/n. Tel. 0034 981 551 545
Fax. 0034 981 551 420. Fax prensa: 0034 981 551 421
15702 Santiago de Compostela
Galiza
2
beneficia o persoal traballador do Sergas, senón que tamén presta servizo ás
investigadoras do Instituto de Investigación Sanitaria de Santiago e da Fundación
Pública Galega de Medicina Xenómica; así como ao estudantado universitario e non
universitario que realiza as súas prácticas clínicas neste centro.
A respecto deste peche, diversas organizacións teñen solicitado información á
Xerencia polos motivos que o provocaron, mais sen obteren resposta ningunha neste
tempo.
Por estes motivos formúlanse as seguintes preguntas para resposta oral na
Comisión 5ª :
. Cal é o motivo polo cal se mantén esta biblioteca pechada na quenda de tarde e
se mantén sen cubrir a praza que quedou vacante?
. Cal é a razón pola que non se informou deste cambio de funcionamento ás
representantes legais correspondentes?
. Cal é a previsión do goberno para recuperar o funcionamento normal desta
biblioteca e potencialo entre as potenciais usuarias?
Santiago de Compostela, 20 de xullo de 2021
Asdo.: Iria Carreira Pazos
Montserrat Prado Cores
CS
V: R
EX
ISTR
OoW
5EJB
QU
K5
Ver
ifica
ción
:ht
tps:
//sed
e.pa
rlam
ento
dega
licia
.gal
/tram
ites/
csv/
OFICINA PARLAMENTAR
Parlamento de Galiza
Rúa do Hórreo, s/n. Tel. 0034 981 551 545
Fax. 0034 981 551 420. Fax prensa: 0034 981 551 421
15702 Santiago de Compostela
Galiza
3
Mercedes Queixas Zas
Deputadas do G.P. do BNG
Asinado dixitalmente por:
María Montserrat Prado Cores na data 20/07/2021 10:57:25
Iria Carreira Pazos na data 20/07/2021 10:57:36
Mercedes Queixas Zas na data 20/07/2021 10:57:45
CS
V: R
EX
ISTR
OoW
5EJB
QU
K5
Ver
ifica
ción
:ht
tps:
//sed
e.pa
rlam
ento
dega
licia
.gal
/tram
ites/
csv/
Reunión da Comisión 5ª, Sanidade, Política Social e Emprego
Día: 09.09.2021 Hora: 10:30
Orde do día
1.5 18873(11/POC-003198)
Grupo Parlamentario do Bloque Nacionalista Galego
Prado Cores, María Montserrat e 2 máis
Sobre a planificación da Xunta de Galicia para garantir que a
Atención Primaria sexa o auténtico eixe vertebrador do
sistema sanitario
Publicación da iniciativa, 184, 10.08.2021
OFICINA PARLAMENTAR
Parlamento de Galiza
Rúa do Hórreo, s/n. Tel. 0034 981 551 545
Fax. 0034 981 551 420. Fax prensa: 0034 981 551 421
15702 Santiago de Compostela
Galiza
1
Á Mesa do Parlamento
Montserrat Prado Cores, Olalla Rodil Fernández e Iria Carreira Pazos,
deputadas do Grupo Parlamentar do Bloque Nacionalista Galego (BNG), ao abeiro
do disposto no Regulamento da Cámara, presentan a seguinte Pregunta para resposta
oral na Comisión 5ª.
EXPOSICIÓN DE MOTIVOS
O deterioro da Atención Primaria ven de lonxe, mais a pandemia orixinada pola
Covid 19 evidenciouno con toda crueza. Someteu a este nivel asistencial a unha presión
sen precedentes na historia recente. Un incremento da presión que non se viu
acompañado de medidas adecuadas orientadas a reforzar a Atención Primaria e garantir
o dereito á saúde de todas as persoas, o que abocou ao sistema a unha situación próxima
ao colapso. Aínda que ningún sistema sanitario podía estar preparado para unha
pandemia de tal magnitude, tivo que afrontar a situación moi debilitado, de xeito
especial, a atención primaria, polos recortes levados a cabo nos últimos 12 anos. Así
mesmo, as medidas que se adoptaron durante a pandemia en relación ao sistema de
atención primaria e a falta de reforzo adecuado en termos de recursos humanos e
materiais, contribuíron a situalo entre o abandono e o desmantelamento.
Estase vulnerando o dereito a dispoñer do máis alto nivel posible de saúde
física e mental. As causas non se atopan unicamente nunha situación conxuntural da
actual emerxencia sanitaria, senón en cuestións estruturais que teñen que ver cun
sistema infradotado en termos materiais e humanos, e cun investimento insuficiente.
Esta situación ten graves consecuencias sobre o acceso ao dereito á saúde: atrasos no
CS
V: R
EX
ISTR
OY
Aic
s5cL
E7
Ver
ifica
ción
:ht
tps:
//sed
e.pa
rlam
ento
dega
licia
.gal
/tram
ites/
csv/
OFICINA PARLAMENTAR
Parlamento de Galiza
Rúa do Hórreo, s/n. Tel. 0034 981 551 545
Fax. 0034 981 551 420. Fax prensa: 0034 981 551 421
15702 Santiago de Compostela
Galiza
2
diagnóstico, listas de espera, persoal sanitario exhausto enfrontándose a novas ondas e á
campaña de vacinación. Consecuencias especialmente para as persoas máis vulnerables,
persoas que padecen enfermidades crónicas ou que requiren dunha maior dependencia
do sistema sanitario (aquelas con cancro, enfermidades cardiovasculares ou diabetes) as
persoas maiores; as persoas que padecen enfermidades de saúde mental, ou a dobre
discriminación que sofren as mulleres, que representan a maioría das coidadoras, e
soportaron de maneira especial a quebra da atención primaria.
O déficit de profesionais en Atención Primaria é máis que evidente, o que
ocasiona que @s doentes se sintan desatendid@s, que en moitos casos non haxa
continuidade na asistencia, ao non substituír profesionais fai que cada día sexan
atendidos por un profesional distinto, o que é un problema para os doentes e para os
profesionais.
O Partido Popular non está a dar solución aos problemas de Atención Primaria,
que tiña que ser o auténtico eixo vertebrador do sistema sanitario. A situación na que se
atopa só se explica desde a estratexia de estar desmantelándoa a mantenta, con
premeditación.
É preciso tomar medidas para que a Atención Primaria dispoña d@s
profesionais, que permitan atender todas as demandas da poboación, unha atención
sanitaria de calidade.
Por estes motivos formúlanse as seguintes preguntas para resposta oral na
Comisión 5ª :
CS
V: R
EX
ISTR
OY
Aic
s5cL
E7
Ver
ifica
ción
:ht
tps:
//sed
e.pa
rlam
ento
dega
licia
.gal
/tram
ites/
csv/
OFICINA PARLAMENTAR
Parlamento de Galiza
Rúa do Hórreo, s/n. Tel. 0034 981 551 545
Fax. 0034 981 551 420. Fax prensa: 0034 981 551 421
15702 Santiago de Compostela
Galiza
3
. Cal é a planificación da Xunta de Galiza para garantir que a Atención Primaria
sexa o auténtico eixo vertebrador do sistema sanitario?
. Por que non elabora un Plan de Ordenación de Recursos Humanos a partir do
cal presentar un plano de estabilidade de emprego?
. Que alternativa lles oferta @s galeg@s diante da escaseza de facultativ@s de
Medicina de Familia e comunitaria?
. Por que non incorpora a Atención Primaria categorías imprescindíbeis para
prestar unha atención integral: psicólog@s clínic@s, terapeutas ocupacionais,
logopedas, traballador@s sociais?
. Non considera preciso a aprobación das carteiras de servizos de cada unha das
categorías profesionais presentes en Atención Primaria?
Santiago de Compostela, 20 de xullo de 2021
Asdo.: Montserrat Prado Cores
Olalla Rodil Fernández
Iria Carreira Pazos
Deputadas do G.P. do BNG
Asinado dixitalmente por:
CS
V: R
EX
ISTR
OY
Aic
s5cL
E7
Ver
ifica
ción
:ht
tps:
//sed
e.pa
rlam
ento
dega
licia
.gal
/tram
ites/
csv/
OFICINA PARLAMENTAR
Parlamento de Galiza
Rúa do Hórreo, s/n. Tel. 0034 981 551 545
Fax. 0034 981 551 420. Fax prensa: 0034 981 551 421
15702 Santiago de Compostela
Galiza
4
Olalla Rodil Fernández na data 20/07/2021 11:37:17
María Montserrat Prado Cores na data 20/07/2021 11:37:21
Iria Carreira Pazos na data 20/07/2021 11:37:31
CS
V: R
EX
ISTR
OY
Aic
s5cL
E7
Ver
ifica
ción
:ht
tps:
//sed
e.pa
rlam
ento
dega
licia
.gal
/tram
ites/
csv/
Reunión da Comisión 5ª, Sanidade, Política Social e Emprego
Día: 09.09.2021 Hora: 10:30
Orde do día
1.6 19971(11/POC-003609)
Grupo Parlamentario Popular de Galicia
Amigo Díaz, María Encarnación e 6 máis
Sobre os avances que coñece a Xunta que efectuou o Goberno de
España en relación co cumprimento do Acordo unánime do
Parlamento de Galicia relativo á creación da nova
especialidade de Medicina de Urxencias e Emerxencias, con
tramitación preferente e independente da que corresponda a un
novo decreto de troncalidade
Publicación da iniciativa, 189, 18.08.2021
Parlamento de Galicia. Rúa Hórreo, 63 | 15701 Santiago de Compostela | Tel. 981 551 510
@gppgalicia @GrupoPopularGal
Á Mesa do Parlamento
Encarnación Amigo Díaz, Marta Rodríguez-Vispo Rodríguez, María Corina Porro Martínez, Miguel Tellado Filgueira, Alberto Pazos Couñago, Noelia Pérez López e Elena Suárez Sarmiento deputados e deputadas do Grupo Parlamentario Popular de Galicia, ao abeiro do disposto nos artigos 152 e concordantes do Regulamento da Cámara, presentan ante esa Mesa a seguinte Pregunta Oral en Comisión 5ª ; Sanidade, Política Social e Emprego. O día 10 de decembro do ano 2020, o Parlamento de Galicia aprobou por unanimidade unha iniciativa rexistrada conxuntamente polos tres grupos parlamentarios con representación nesta Cámara.
O acordo dicía o seguinte: “O Parlamento de Galicia insta a Xunta de Galicia a que demande do Goberno central a creación da nova especialidade de Medicina de Urxencias e Emerxencias, con tramitación preferente e independente da que corresponda a un novo decreto de troncalidade”.
Con este acordo, o Parlamento sumábase a unha demanda con amplo respaldo entre os profesionais de Urxencias e Emerxencias e cun amplo respaldo da sociedade, que valora aínda máis o traballo deste persoal trala experiencia de afrontar a pandemia da covid-19.
Posteriormente, o 14 de marzo de 2021, a Comisión de Sanidade do Congreso dos Deputados aprobaba outra iniciativa, esta rexistrada polo Grupo Popular, co seguinte texto:
“El Congreso de los Diputados insta al Gobierno a: 1. Crear la nueva especialidad de “Medicina de Urgencias y Emergencias” con tramitación preferente e independiente a la que corresponda a un nuevo decreto de troncalidad. 2. Llevar a cabo todas las acciones y medidas que sean necesarias, dentro del marco de sus competencias, para reiniciar de forma prioritaria los trabajos de la Comisión de Recursos Humanos del Consejo Interterritorial para el reconocimiento definitivo de la especialidad de Urgencias y Emergencias, como Título Oficial de Especialista en Ciencias de la Salud, mediante decreto específico, siguiendo el modelo ya establecido para la especialidad de Medicina Legal y Forense o el proyecto de real decreto que está en fase de tramitación de la especialidad médica de Psiquiatría Infantil y de la Adolescencia. 3. Desarrollar la especialidad de Enfermería de Urgencias y Emergencias siguiendo las
recomendaciones de la 72.ª Asamblea de la Organización Mundial de la Salud”.
CS
V: R
EX
ISTR
O6X
Ure
Hr9
K9
Ver
ifica
ción
:ht
tps:
//sed
e.pa
rlam
ento
dega
licia
.gal
/tram
ites/
csv/
Parlamento de Galicia. Rúa Hórreo, 63 | 15701 Santiago de Compostela | Tel. 981 551 510
@gppgalicia @GrupoPopularGal
Sorprendentemente, o Grupo Socialista do Congreso non apoiou esta iniciativa senón que decidiu absterse e nin sequera solicitar a votación separada por puntos, a pesares de que o punto primeiro coincidía de xeito literal co que votaran a favor e mesmo rexistraran no Parlamento galego. A emenda do Grupo Socialista, que non foi aceptada, modificaba a proposta dun xeito que tampouco respectaba o acordo acadado meses antes no Parlamento galego senón que presentaba o seguinte texto alternativo: “El Congreso de los Diputados insta al Gobierno a: 1. Acelerar los trabajos para culminar lo antes posible la entrada en vigor del Real Decreto que regule la formación transversal en las especialidades en Ciencias de la Salud, las áreas de capacitación específica y el procedimiento de creación de títulos de especialista en Ciencias de la Salud. 2. Conforme a dicho nuevo Real Decreto, iniciar de inmediato el proceso de regulación de la formación de Medicina de Urgencias y Emergencias, de modo que, si procede conforme a los criterios establecidos y tras la participación en el proceso de Comunidades Autónomas, colegios profesionales y sociedades médicas, se reconozca como especialidad”. O Real Decreto ao que se refire a emenda do Grupo Socialista está efectivamente en trámite e foi sometido a exposición pública polo Ministerio de Sanidad durante o pasado abril. Porén, o Consello de Ministros do pasado 3 de agosto aprobou o Real Decreto 689/2021, de 3 de agosto, polo que se establece o título de médica/o especialista en Psiquiatría Infantil e da Adolescencia, creando esta especialidade sen agardar á entrada en vigor do Real Decreto regulador do procedemento de creación de títulos de especialista, algo que tamén podería ter feito coa especialidade de Medicina de Urxencia e Emerxencias. Con estes antecedentes, parece difícil saber se o PSOE e o Goberno de España ao que sostén manteñen a mesma postura que expresaron en decembro de 2020 nesta Cámara. Por todo o exposto, os deputados e deputadas asinantes formulan a seguinte Pregunta Oral en Comisión: Que avances coñece a Xunta que teña efectuado o Goberno de España en relación ao cumprimento do acordo unánime do Parlamento de Galicia relativo á creación da nova especialidade de Medicina de Urxencias e Emerxencias, con tramitación preferente e independente da que corresponda a un novo decreto de troncalidade?
Santiago de Compostela, 10 de agosto 2021.
CS
V: R
EX
ISTR
O6X
Ure
Hr9
K9
Ver
ifica
ción
:ht
tps:
//sed
e.pa
rlam
ento
dega
licia
.gal
/tram
ites/
csv/
Parlamento de Galicia. Rúa Hórreo, 63 | 15701 Santiago de Compostela | Tel. 981 551 510
@gppgalicia @GrupoPopularGal
Asinado dixitalmente por:
María Encarnación Amigo Díaz na data 10/08/2021 11:46:57
Marta Rodriguez Vispo Rodriguez na data 10/08/2021 11:47:13
María Corina Porro Martínez na data 10/08/2021 11:47:25
Miguel Ángel Tellado Filgueira na data 10/08/2021 11:47:46
José Alberto Pazos Couñago na data 10/08/2021 11:48:07
Noelia Pérez López na data 10/08/2021 11:48:18
María Elena Suárez Sarmiento na data 10/08/2021 11:48:31
CS
V: R
EX
ISTR
O6X
Ure
Hr9
K9
Ver
ifica
ción
:ht
tps:
//sed
e.pa
rlam
ento
dega
licia
.gal
/tram
ites/
csv/
Top Related