Reportaxe
A reportaxe: é un relato xornalístico de historias vividas por persoas ás que se relaciona co seu contexto. Baséase nun testemuño o máis directo posible que explica con palabras, imaxes e/ou sons, e desde unha perspectiva actual, acontecementos de interese público.
Características
Na reportaxe audiovisual ou fotográfica as accións deben ser espontáneas, mentres que no documental as situacións aínda sendo verosímiles poden ser preparadas.
En canto á súa estrutura, a reportaxe é capaz de integrar calquera posibilidade narrativa (pódese intercalar o lead dunha noticia cunha entrevista ou declaracións acoutadas) no que non caben valoracións persoais. A entrevista e a enquisa utilízanse como elementos auxiliares no que a explicación de feitos se refire.
Aquí descríbese a personalidade, tanto obxectiva como subxectivamente, é dicir, coa maior cantidade de detalles e circunstancias que enmarcan a súa existencia.
Unha reportaxe de descrición deixará ó lector coa sensación de coñecer a fondo á persoa entrevistada: as súas virtudes, defectos, habilidades, sentimentos, preferencias persoais, o seu pasado, os seus valores actuais e a súa visión e ambición cara ó futuro.
Tipos
Científico: Este tipo de reportaxe destaca os avances e descubrimentos científicos máis recentes. O maior reto para o xornalista é interpretar os termos científicos facéndoos entendibles para receptores de todo nivel cultural. As reportaxes médicas, ecolóxicas, astronómicas, bioéticas, etc.
Explicativo: Préstase a profundar en feitos de transcendencia entre a opinión pública, ten un fondo predominantemente noticioso, pero detalla as causas e efectos da noticia ou serie de eventos noticiosos.
Investigativo: A reportaxe investigativa require un labor case detectivesco do xornalista para captar detalles completamente descoñecidos sobre un feito en particular. Require moita confianza das fontes no reporteiro, as que achegarán probas e documentos en moitos casos confidenciais, coa total certeza que o xornalista non revelará os seus nomes. Este tipo de reportaxe habitualmente contén cifras actualizadas e datos estatísticos en relación co tema. Pola seriedade e extensión da reportaxe (normalmente unha serie deles), ás veces require a participación de dous ou tres xornalistas que deben profundar e verificar a información, así como evitar filtracións ou fugas informativas antes da publicación da investigación xornalística.
Libre: a reportaxe libre preséntanos unha estrutura a elección, e menos extenso que os outros. Utilízase maiormente nos nenos que fan tarefas.
A clasificación da reportaxe pódese levar a cabo con base en criterios de contido ou puramente formais. Tamén se pode clasificar a reportaxe pola estrutura que adopta (docudrama, documental, series, informativos especiais...)
Como todos os textos xornalísticos, a reportaxe ten unha estrutura propia e ben diferenciada: • Presentación ou introdución: esta parte é a que introduce, detalladamente, o tema sobre o que vai tratar a reportaxe. • Nó: é a parte principal da reportaxe e a máis extensa. Nela desenvólvese en profundidade o tema da reportaxe. • Conclusión: a reportaxe é un xénero que non é completamente obxectivo xa que permite ao xornalista facer reflexións e emitir xuízos en relación co tema desenvolvido no texto. • Apoios: Dado que a reportaxe é un xénero moi extenso, é moi recomendable, se non necesario, apoiar o texto con recursos visuais, entrevistas, fotos e, no caso de reportaxes online, vídeos.
Estratexia para escribir reportaxes
Elixir o tema
Selecciona un tema, porque o
consideras importante, actual e de
interese para a sociedade ou para
un grupo social.
Definir que se vai escribir na
reportaxe (feitos, ideas)
Define como o farás. Unha vez seleccionado o tema, será
necesario que lle deas o enfoque, é dicir, definas os
aspectos relevantes que vas traballar sobre ese tema: que
vas abordar do tema e para que. Buscar antecedentes,
sucesos e facer interrogatorios son esenciais para a escritura da
reportaxe.
Organizar a información
Selecciona as fontes que
consultarás para recabar a
información: testemuñas verbais
que expresen puntos de vista ou
xuízos sobre o tema ou asuntos
que estás investigando;
documentos ou textos
(publicacións, boletíns) que falen
sobre o contexto ou os contornos
relacionados co asunto que
traballan, así como entrevistas,
enquisas, observación directa,
declaracións, testemuñas,
documentos, comunicados,
etcétera. Selecciona a información
necesaria.
Estrutura
Considera que a reportaxe teña
un lead ou entrada para atrapar a
atención dos lectores e captar o
seu interese; un corpo, onde
presentes a información ou o
desenvolvemento do tema co fin
de ampliar, completar ou
profundizar na información dunha
noticia (argumenta, expón
opinións, enquisas, entrevistas,
puntos de vista e testemuños) e
unha conclusión ou pechee do
investigado.
Escribir e revisar o borrador
(consultar manuais de
ortografía)
Escribe a túa primeira versión.
Se tes dúbidas no uso de algún
termo, consulta manuais de
gramática, ortografía e
puntuación. Revisa, coa axuda dos
teus compañeiros, todas as
versións da reportaxe. Considera
que queres comunicar do tema
investigado, tanto para o título
como para as ideas clave que
desexas expresar, analizar e
ordenar.
Redactar a versión final
Presenta o traballo terminado
e atende las recomendaciones dos
compañeiros e do teu profe, para
mellorar o texto. Se cómpre,
corrixe ou reescribe o texto para a
versión final e publicación.
Top Related