PROGRAMACIÓN DIDÁCTICA
5º Educación Infantil 2017-2018
Ceip Isaac Peral
2
ÍNDICE
1. INTRODUCIÓN .............................................................................................. 3
2. EDUCACIÓN EN VALORES ......................................................................... 3
3. COMPETENCIAS BÁSICAS ......................................................................... 4
3.1 Competencia en comunicación lingüística ...................................... 4
3.2 Competencia matemática .................................................................. 5
3.3 Competencia no coñecemento e na interacción co mundo físico . 6
3.4 Tratamento da información e competencia dixital .......................... 7
3.5 Competencia social e cidadá ............................................................. 8
3.6 Competencia cultural e artística ........................................................ 8
3.7 Competencia para aprender a aprender ........................................... 9
3.8 Autonomía e iniciativa persoal .......................................................... 10
4. OBXECTIVOS ............................................................................................... 11
5. CONTIDOS .................................................................................................... 17
6. CRITERIOS DE AVALIACIÓN ...................................................................... 25
7. METODOLOXÍA ........................................................................................... 30
7.1 AMBIENTE DE APRENDIZAXE .......................................................... 30
7.1.1. ORGANIZACIÓN DO ESPAZO ........................................... 30
7.1.2. ORGANIZACIÓN DO TEMPO ............................................. 31
7.1.3. MATERIAIS E RECURSOS ................................................. 33
7.2 PRINCIPIO DE COLOABORACIÓN COAS FAMILIAS ..................... 34
7.3. PERSPECTIVA DIDÁCTICA .............................................................. 35
8. MEDIDAS DE ATENCIÓN Á DIVERSIDADE ................................................ 43
9. PROCEDEMENTOS E INSTRUMENTOS DE AVALIACIÓN ....................... 45
10. AS ACTIVIDADES COMPLEMENTARIAS E EXTRAESCOLARES............. 48
3
1. INTRODUCIÓN
Esta programación está baseada no Proxecto Educativo, o Proxecto
Curricular de Ciclo e o currículo oficial: Decreto 330/2009 do 4 de xuño, polo
que se establece o currículo da educación infantil na Comunidade Autónoma
de Galicia. Tamén tivemos en conta a Orde do Orde do 25 de xuño de 2009
pola que se regula a implantación, o desenvolvemento e a avaliación do
segundo ciclo da educación infantil na Comunidade Autónoma de Galicia.
Esta programación está planificada de maneira aberta e flexible,
proponse dar resposta a 46 alumnos/as do 2º nivel do 2º ciclo da Educación
Infantil (4 anos) repartidos en dúas aulas. O primeiro grupo está composto por
11 nenas e 12 nenos, 13 optan pola relixión católica, e 10 acoden a actividades
de atención educativa. A segunda aula está composta por tamén por 11 nenas
e 12 nenos, 14 dos cales reciben clases de relixión católica e 9 de atención
educativa. A lingua vehicular da aula, segundo a enquisa cuberta polas familias
o curso pasado, é o castelán. Como lingua estranxeira: o inglés; Tamén
acoden ás nosas aulas as especialista de música (unha sesión semanal) e a
mestra de psicomotricidade (unha sesión semanal)
2. EDUCACIÓN EN VALORES
O actual sistema educativo mostra un interese especial polos valores sociais
e persoais, que dende a escola debemos transmitir ós nosos alumnos/as, a través
da nosa acción educativa. Trabállanse de xeito global e contextualizados dentro da
programación. Referímonos a contidos como:
A educación ambiental: que as nenas/os sexan respectuosos co medio
ambiente, que aprendan a manter limpo o contorno e fagan uso das
papeleiras e colectores de lixo, que se impliquen na labor da reciclaxe, que
acaden valores como a convivencia, responsabilidade e amor pola natureza.
A educación para a cidadanía: acadar comportamentos e normas propios
da escola, valores como cooperación e a tolerancia.
4
A educación para a igualdade: que as nenas/os participen en xogos e
actividades sen discriminación por sexos, que acaden valores coma a
tolerancia e a cooperación.
A educación para a paz: fomentar habilidades afectivas, acadar valores
como compartir, colaborar, axudar, solidariedade.
A educación para a saúde: reflexionar de que unha boa saúde depende de
moitos factores: alimentación, hixiene, ambiente, hábitos… Deberase
promover unha alimentación saudable, bos hábitos de hixiene, usar a
vestimenta adecuada segundo a época do ano...
A educación para o consumo: reflexionar sobre o consumo moderado de
doces, xoguetes. Inculcarlles un sentido crítico sen deixarse arrastrar por
tanta publicidade. Valorar as cousas feitas por un mesmo.
A educación vial: respecto ás normas de seguridade cando vaian pola rúas
como peóns (cando entran e saen do colexio, nas saídas…)
3. COMPETENCIAS BÁSICAS
A lexislación vixente establece oito competencias básicas que o alumnado
debe desenvolver e acadar ao longo do ensino básico. Aínda así, orientan e
impregnan o currículo de EI, sendo referentes que guían a práctica educativa e
condicionan o tratamento das áreas.
3.1. Competencia en comunicación lingüística
Refírese á utilización da linguaxe como instrumento de comunicación
oral e escrita, de representación, interpretación e comprensión da
realidade, de construción e comunicación do coñecemento, de
organización e autorregulación do pensamento, das emocións e da
conduta.
5
- Escoitar e comprender mensaxes en lingua galega e castelá.
- Practicar a escoita activa e o resto de estratexias de diálogo.
- Expresarse oralmente de forma clara e coherente.
- Contar as súas propias experiencias e vivencias.
- Usar as normas que rexen os intercambios lingüísticos: saudar, da-
las grazas, pedir por favor,...
- Adquirir progresivamente vocabulario e estruturas.
- Comprender e memorizar textos narrativos: poesías, rimas,
trabalinguas, refráns,.
- Iniciarse na produción de textos escritos a partir da idea que eles
teñen do que é escribir.
- Iniciarse no recoñecemento de palabras significativas: personaxes do
conto, vocabulario dos proxectos.
- Usar un pequeno vocabulario en lingua estranxeira organizado
entorno as rutinas de aula.
- Memorizar pequenos textos en lingua estranxeira.
- Usar a biblioteca de aula, valorando como recurso de información,
entretemento e de gozo.
- Usar as posibilidades que lle ofrece o corpo para expresarse.
- Comentar experiencias sobre celebracións e situacións, respectando
as opinións dos demais.
3. 2. Competencia matemática
Consiste na habilidade para empregar e relacionar os números, as súas
operacións básicas, os símbolos e as formas de expresión e razoamento
matemático, tanto para producir e interpretar distintos tipos de información,
como para ampliar o coñecemento sobre aspectos cuantitativos e espaciais da
realidade, e para resolver problemas relacionados coa vida cotiá e co mundo
laboral. Así mesmo, esta competencia implica o coñecemento e manexo dos
elementos matemáticos básicos -distintos tipos de números, medidas,
símbolos, elementos xeométricos, ...- en situacións reais ou simuladas da vida
6
cotiá, e a posta en práctica de procesos de razoamento que levan á resolución
dos problemas ou á obtención de información.
- Identificar os números de polo menos un díxito.
- Asociar cantidade- grafía dos números de polo menos un díxito.
- Resolver situacións da vida cotiá aplicando o coñecemento dos
números.
- Aplicar a serie numérica.
- Contar obxectos.
- Ordenar obxectos e numeralos.
- Situar no tempo as actividades cotiás.
- Traballar co calendario da data e tempo e progresar no seu manexo
(espazo - tempo).
- Iniciar as operacións básicas: poñer- quitar.
- Secuenciar.
- Recoñecer as formas xeométricas e obxectos que a representan.
- Explorar os corpos xeométricos e as formas tridimensionais.
- Identificar conceptos básicos espaciais e temporais.
- Iniciarse na descomposición de números.
- Iniciarse no cálculo de medidas a partir dun patrón de medición.
3.3 Competencia no coñecemento e na interacción co mundo físico
Refírese á habilidade para interactuar co mundo físico, de modo que se
facilite a comprensión de sucesos, a predición de consecuencias, así como o
coidado do medio natural e a protección da saúde individual e colectiva sendo
conscientes da influenza que ten a presenza das persoas no espazo
(modificacións da paisaxe, desenvolvemento sostible, diversidade natural...)
Contribuirase, polo tanto, á adquisición desta competencia desde educación
infantil iniciando o alumnado no pensamento científico, potenciando habilidades
de investigación: formular hipóteses, recoñecer evidencias, observar, formular
interrogantes, descubrir alternativas, verificar, predicir, xerar novas ideas e
solucións.
- Explorar y manipular obxectos.
- Clasificar, agrupar, ordenar obxectos.
7
- Explorar e orientarse nos espazos habituais.
- Observar o medio natural e amosar curiosidade por coñecer cousas
novas.
- Protexer e conservar o medio.
- Favorecer o contacto co entorno.
- Amosar comportamentos saudables.
- Adquirir uns bos hábitos de saúde, alimentación, hixiene,...
- Observación do tempo atmosférico (rutina na asemblea sobre o
tempo) e rexistro climático do mesmo.
- Participar en pequenos proxectos con actitude de curiosidade, ganas
de coñecer,...
- Previr riscos e perigos: educación viaria, educación para a saúde, para
o consumidor,...
3. 4. Tratamento da información e competencia dixital
Consiste en dispoñer de habilidades para buscar, obter, procesar e
comunicar información e mais para transformala en coñecemento. Incorpora
diferentes habilidades, que van desde o acceso á información ata a súa
transmisión en distintos soportes unha vez tratada, incluíndo a utilización das
tecnoloxías da información e a comunicación como elemento esencial para
informarse, aprender e comunicarse.
- Coñecer os diferentes elementos do ordenador.
- Progresar no manexo do rato.
- Acender e apagar o ordenador.
- Traballar co CD-ROM e demais xogos no recanto do ordenador.
- Usar e gozar co encerado dixital.
- Iniciarse no uso de programas informáticos.
- Afianzar os contidos do curso con programas axeitados a cada
unidade de traballo/proxecto.
- Respectar o tempo de uso.
- Iniciarse na Internet como ferramenta de achega de información.
- Favorecer o traballo cooperativo a través das tic
8
3.5. Competencia social e cidadá
Posibilita comprender a realidade social en que se vive, cooperar, convivir e
exercer a cidadanía democrática nunha sociedade plural, así como
comprometerse a contribuír á súa mellora. Nela están integrados
coñecementos diversos e habilidades complexas que permiten participar, tomar
decisións, elixir como comportarse en determinadas situacións e
responsabilizarse das eleccións e decisións adoptadas.
- Practicar o respecto e a colaboración.
- - Expresar as súas propias ideas e escoitar as dos demais.
- Iniciarse na toma de decisións.
- Sentirse membro do grupo clase.
- Empatizar cos outros.
- Construír, aceptar e cumprir as normas.
- Resolver conflitos mediante o diálogo.
- Respectar quendas e opinións distintas.
- Coidar o material común, dos compañeiros e o seu propio.
- Colaborar nas tarefas da aula.
- Colaborar, compartir e prestar axuda.
- Pedir axuda e progresar na cooperación cos outros.
3.6 Competencia cultural e artística
Supón coñecer, comprender, apreciar e valorar criticamente diferentes
manifestacións culturais e artísticas, utilizalas como fonte de enriquecemento e
de gozo e consideralas como parte do patrimonio dos pobos.
- Coñecer manifestacións culturais e artísticas.
- Coñecer, participar e gozar nas festas tradicionais.
- Valorar o patrimonio cultural e as tradicións propias.
- Observación sobre as cores e traspoñer a outros obxectos (tanto no
uso como no recoñecemento)
- Representación gráfica do entorno a través do debuxo.
- Coñecer e utilizar diferentes técnicas plásticas: coloreado, recortado,
modelado,.
- Avanzar no seu control manual do trazo fino.
9
- Coñecer obras de arte e valoralas desde os seus gustos e intereses.
- Identificar e producir diferentes tipos de sons (instrumentos musicais ou
da natureza).
- Escoitar e interpretar cancións.
- Participar en danzas.
- Potenciar hábitos de escoita e atención (audicións musicais).
- Gozar coas actividades musicais, de movemento, de plástica...
- Progresar no desenrolo de actividades psicomotrices.
- Expresarse a través do corpo e do movemento: mímica,
dramatizacións, os xestos...
3. 7. Competencia para aprender a aprender
Supón dispoñer de habilidades para iniciarse na aprendizaxe e ser
capaz de continuar aprendendo de maneira cada vez máis eficaz e autónoma
de acordo cos propios obxectivos e necesidades. Esta competencia ten dúas
dimensións fundamentais: a adquisición da conciencia das propias
capacidades -intelectuais, emocionais, físicas-, do proceso e das estratexias
necesarias para desenvolvelas; e a conciencia do que se pode facer por un
mesmo e do que se pode facer con axuda doutras persoas ou recursos.
Significa ser consciente do que se sabe e do que é necesario aprender, de
como se aprende e de como se xestionan e controlan de forma eficaz os
procesos de aprendizaxe, optimizándoos e orientándoos a satisfacer
obxectivos persoais.
- Participar en proxectos de traballo
- Adquirir uns bos hábitos de traballo: constancia, responsabilidade,
iniciativa, atención, orden e limpeza...
- Uso autónomo dos recantos da aula.
- Favorecer a toma de decisións e a iniciativa.
- Resolución de problemas relacionados coa vida cotiá .
- Favorecer actividades en grupo
- Planificar e organizar de forma conxunta o traballo.
- Rematar as actividades iniciadas.
- Iniciar as habilidades de pensamento: percepción, investigación,
conceptualización, razoamento, tradución.
10
- Desenrolar a memoria.
- Valorar o traballo ben feito e os esforzos realizados.
- Apreciar as producións propias e as dos compañeiros/as.
- Gozar facendo as diferentes tarefas da clase.
- Motivar ante as tarefas.
- Completar follas de autoavaliación e ser consciente dos seus
progresos.
3. 8. Autonomía e iniciativa persoal
Refírese, por unha parte, á adquisición da conciencia e aplicación dun
conxunto de valores e actitudes persoais interrelacionadas como a
responsabilidade, a perseveranza, o autocoñecemento e a autoestima, a
creatividade, a autocrítica, o control emocional, a capacidade de elixir, de
calcular riscos e de afrontar os problemas, así como a capacidade de demorar
a necesidade de satisfacción inmediata, de aprender dos erros e de asumir
riscos. Por outra parte, remite á capacidade de elixir con criterio propio, de
propoñer proxectos e de levar adiante as accións necesarias para desenvolver
as opcións e plans persoais -no marco de proxectos individuais ou colectivos -
responsabilizándose deles tanto no ámbito persoal, como no social e no
laboral.
- Elixir proxectos de traballo sobre os que queremos investigar.
- Adquirir autonomía nas actividades da vida cotiá: aseo, vestido,
alimentación,...
- Ter unha imaxe axustada das súas posibilidades e limitacións.
- Confiar nas súas propias posibilidades e superar as propias
limitacións.
- Mellorar o autocontrol.
- Favorecer a toma de decisións e a iniciativa na resolución de tarefas e
problemas da vida cotiá..
- Planificar e organizar de forma conxunta o traballo.
- Desenrolar a súa creatividade e fomentar a imaxinación,
- Encargarse de pequenas tarefas.
- Iniciativa para desprazarse polo espazos habituais.
11
- Cumprir con responsabilidade coas tarefas asignadas.
- Valorar o traballo ben feito e os esforzos realizados.
Dende a perspectiva das competencias básicas no proceso de ensinar a
acumulación e transmisión de coñecementos non é o aspecto central, tratase
de mobilizar recursos cognitivos e desenvolver as posibilidades que posúe
cada neno/a mediante fórmulas "de saber", "saber facer" e "saber estar"
contextualizadas. É necesario unha aprendizaxe significativa que se transfira a
situacións da vida cotiá e que supoña a resolución de problemas na práctica. E
o "aprender a aprender" e "aprender facendo".
4. OBXECTIVOS
Partindo do currículo oficial (Decreto 330/2009) e dos obxectivos do proxecto
curricular de ciclo, para o 2º nivel do segundo ciclo de EI traballaremos os
seguintes obxectivos:
Área de coñecemento de si mesmo e autonomía persoal
- Explorar e identificar as partes do corpo e as articulacións.
- Progresar na realización de trazos verticais, horizontais, circulares,
semicirculares, curvos e combinados facendo a pinza cos dedos e seguindo
a dirección adecuada.
- Identificar gustos, preferencias, necesidades e intereses personais.
- Progresar na representación dun mesmo e no coñecemento das partes
do corpo.
- Exercitar destrezas manuais como pegar, rasgar anacos de papel,
recortar por unha liña de puntos, picar cun punzón, etc. que axuden a
desenvolver unha boa coordinación óculo-manual.
- Desenvolver a motricidade fina realizando trazos horizontais, verticais,
inclinados, curvos e combinados, utilizando o instrumento de escritura cos
dedos formando unha pinza, e partindo do punto inicial e seguindo a
dirección axeitada.
12
- Mellorar o autocoñecemento distinguindo a dereita da esquerda.
- Repasar puntos de forma autónoma seguindo a dirección axeitada.
- Progresar na adquisición de hábitos que contribúan á propia
seguridade.
- Desenvolver e valorar a propia imaxinación buscando novas aplicacións
a un obxecto determinado.
- Progresar na iniciativa de colocar elementos no seu medio axeitado e de
resolver crebacabezas.
- Practicar o xogo simbólico para favorecer o desenvolvemento persoal.
- Observar actividades e espazos lúdicos e distinguir xogos de exterior e
interior.
- Diferenciar xogos individuais e colectivos.
- Recoñecer condutas correctas e condutas incorrectas e as normas
básicas do xogo colectivo.
- Desenvolver hábitos de orde e coidado dos obxectos.
- Progresar na resolución de crebacabezas.
- Desenvolver hábitos que favorezan a boa presentación dos traballos
manuais.
- Amosar iniciativa á hora de colorear un debuxo.
-Progresar no control das propias reaccións, no seguimento de
instrucións e na conciencia da necesidade de seguir unha dieta sa tomando
froita e verdura a diario.
- Concienciarse da necesidade de coidar a propia persoa.
- Progresar na decisión de elixir o camiño axeitado a un obxectivo.
- Concienciarse da necesidade de seguir unha dieta equilibrada e de
durmir suficientes horas.
- Desenvolver hábitos de orde e limpeza.
- Identificar as distintas emocións: o medo-
13
Área de coñecemento do contorno
- Identificar as manifestacións e as consecuencias dos fenómenos
naturais, as estacións do ano, as características dos elementos da natureza
e o tempo meteorolóxico.
- Identificar as características, os froitos e as pezas de vestir propias de
cada estación.
- Identificar os elementos e actividades propios de cada estación.
- Observar e identificar as actividades que se levan a cabo nunha imaxe:
dependencias do colexio, dependencias dunha casa, profesións e
instrumentos, medios de transporte, etc.
- Observar e identificar os diferentes tipos de animais, plantas e flores
dunha lámina.
- Identificar e coñecer distintos aspectos do ciclo vital das abellas.
- Relacionar animais co seu medio.
- Desenvolver actitudes respectuosas cara ao medio e os animais.
- Observar e distinguir as diferenzas entre froitas e verduras, do medio no
que crecen e as características dunha horta.
- Observar procesos e ciclos: as fases de crecemento dunha planta e o
ciclo do verme de seda.
- Identificar as cores amarela, vermella, azul, marrón, verde e amarela.
- Recoñecer a igualdade entre obxectos.
- Clasificar elementos segundo as súas características e utilidade.
- Recoñecer estados, cualidades, cores, tonalidades e semellanzas nos
obxectos.
- Distinguir as figuras xeométricas básicas: círculo, cadrado, triángulo e
rectángulo.
- Recoñecer os elementos que non corresponden a un medio determinado.
-Observar obxectos relacionados co Nadal e recoñecer tradicións
asociadas a estas festas.
14
-Cuantificar elementos, agrupalos segundo as súas semellanzas,
identificar os símbolos relativos a cantidades, recoñecer unha secuencia e
ordenala, iniciarse na suma de elementos, descompoñer números e medir
distancias a partir dun patrón de medida.
- Identificar obxectos determinados e as súas partes.
- Relacionar loxicamente elementos segundo as súas características.
- Recoñecer as características e a utilidade de obxectos e clasificalos
segundo o material co que están fabricados.
- Recoñecer formas, figuras, sombras e diferenzas na realidade.
- Progresar na cuantificación de elementos.
- Identificar os números do 1 ao 6 e progresar na realización do seu trazo.
- Identificar vehículos e utensilios asociados a diversas profesións.
- Clasificar diversos elementos segundo as súas características.
-Identificar o medio polo que circulan os vehículos e a clase á que
pertencen.
- Recoñecer e reproducir correctamente a secuencia dunha serie.
- Identificar elementos repetidos nunha imaxe e clasificar elementos
segundo diversos criterios.
- Identificar normas viarias básicas e de seguridade e comportamentos
cívicos e incívicos.
- Comportarse ben na mesa, agradecer as accións dos demais e
solucionar os conflitos educadamente e pacificamente.
- Asimilar actitudes e normas sociais axeitadas.
- Desenvolver actitudes cívicas e responsables.
Área de linguaxes: comunicación e representación
– Describir actividades, características e elementos correspondentes a
situacións diversas.
– Participar en conversas, respectando as normas básicas dos
intercambios lingüísticos.
15
– Describir calidades de obxectos e comentar a idoneidade da limpeza e a
orde.
– Usar a linguaxe verbal para amosar acordos e desacordos e resolver
situacións pacificamente.
– Escoitar con atención un texto oral e interpretar adecuadamente o seu
significado.
– Progresar no trazo das letras.
– Familiarizarse coa interpretación de palabras sinxelas, verbalizar
preferencias e diferenzas entre conceptos abstractos e comentar como
resolven os seus traballos os nenos.
– Asimilar o vocabulario novo relativo á escola, a casa, as froitas, as
verduras, as pezas de vestir, os xogos e os xoguetes, os animais e as
plantas, as profesións e os instrumentos, os medios de transporte e
comunicación, as actividades do verán, ás temáticas específicas dos
proxectos a traballar etc.
– Comentar que tipo de alimentos son necesarios en calquera dieta sa e
equilibrada.
– Explicar as condutas que debemos seguir e as que non.
– Comentar colectivamente un fenómeno ou unha imaxe, describindo as
características e a utilidade dos elementos e as accións representados e
discriminando os aspectos incorrectos que presenta.
– Explicar costumes e tradicións do propio entorno e verbalizar conceptos.
– Comentar as características de diversas actividades e espazos lúdicos.
– Comentar colectivamente as diferenzas entre a froita e a verdura.
– Nomear obxectos dunha cor determinada.
– Comentar os diferentes tipos de animais, plantas e flores dunha imaxe.
– Explicar experiencias, hábitos e costumes.
– Comentar as profesións e os instrumentos dunha imaxe.
– Participar activamente nas conversas colectivas.
– Comentar as características dos medios de transporte e comunicación e
a súa utilidade.
16
– Recoñecer o ordenador e os seus accesorios como instrumentos de
coñecemento e comunicación.
– Comentar colectivamente a necesidade de coidar a natureza e os
animais.
– Interpretar a iconografía dunha lámina e valorar o seu contido e estética.
– Traballar con contidos en formato multimedia para imaxinar, informarse e
tamén divertirse.
– Interpretar, analizar e valorar o contido e a estética de presentacións de
imaxes e o significado asociado a diversos símbolos.
– Recoñecer a música como linguaxe expresiva.
– Colorear debuxos e figuras, descubrir a natureza artística dos trazos e
recoñecer a cor como elemento da linguaxe artística e na realización de
traballos manuais.
– Utilizar diversas técnicas plásticas con creatividade e criterio artístico
para decorar debuxos.
– Colorear e decorar debuxos e figuras, utilizando diversas técnicas
plásticas e materiais.
– Debuxar trazos, elementos e figuras libremente dentro dun espazo
determinado.
– Completar debuxos cos elementos que faltan representándoos de forma
autónoma e creativa.
– Representar plasticamente a realidade coloreando e debuxando
obxectos seguindo un modelo.
– Descubrir a natureza artística dos trazos.
– Representar personaxes e accións en xogo simbólico.
– Reproducir posturas e imitar os trazos dos grafismos mediante a
expresión corporal.
– Representar con linguaxe corporal as diferenzas entre esquerda e
dereita, os trazos de diversas figuras xeométricas, etc.
– Representar sensacións e actividades mediante xestos e linguaxe
corporal.
17
– Representar conceptos abstractos mediante a linguaxe xestual e
corporal.
– Experimentar posturas corporais diferentes.
– Representar sentimentos e accións en xogo simbólico e mediante a
linguaxe xestual.
Debemos destacar neste apartado, que haberá obxectivos específicos
pertencentes ós distintos proxectos que levaremos a cabo durante todo o
curso e que partirán das expectativas que teñan os nenos e nenas das nosas
aulas, e que irán evolucionando segundo avancen ditos proxectos.
5. CONTIDOS
Os obxectivos anteriormente expostos alcanzaranse traballando uns e outros
contidos. Partindo do D.330/09, os contidos traballados son os seguintes:
ÁREA: COÑECEMENTO DE SI MESMO E AUTONOMÍA PERSOAL
Bloque 1. O corpo e a propia imaxe.
– Identificación das partes do corpo. As articulacións.
– Debuxo da propia persoa realizando unha actividade determinada.
– Distinción dereita/esquerda.
– Localización das partes do corpo que se nomean nunha historia.
– A imaxinación como instrumento de desenvolvemento persoal.
– Control das propias reaccións.
– Manifestación autónoma de gustos, preferencias, necesidades e intereses.
– As emocións: o medo.
Bloque 2. Xogo e movemento.
– Repaso de puntos seguindo a dirección axeitada.
– Adquisición de novas habilidades motrices.
– Desenvolvemento da imaxinación buscando novas utilidades a obxectos
determinados.
18
– O xogo simbólico e o desenvolvemento persoal.
– Identificación de xogos individuais e colectivos.
– Características e manipulación dos xoguetes.
– Observación de actividades e espazos lúdicos.
– Iniciativa para decidir o camiño axeitado para chegar a un obxectivo.
– A resolución de crebacabezas.
– Exercicio de destrezas manuais, colocando adhesivo e adhesivo de papel de
seda, resgando papeliños, recortando pola liña de puntos, pegando materiais,
picando cun punzón e de coordinación óculo-manual.
– Realización de trazos horizontais, verticais, inclinados, curvos, circulares,
semicirculares e combinados con bo uso do instrumento de escritura e boa
posición dos dedos formando pinza.
Bloque 3. A actividade cotiá.
– Seguimento dunhas instrucións.
– Desenvolvemento de hábitos que favorezan a pulcritude e a boa
presentación dos traballos manuais.
– Iniciativa para decidir a colocación de elementos no seu medio axeitado ou á
hora de decorar un debuxo.
– Desenvolvemento do hábito de ordenar e coidar as propias pertenzas.
– Realización de tarefas vinculadas coa orde, como pendurar a roupa.
– Repartición de responsabilidades na aula.
– As tarefas do fogar.
Bloque 4. O coidado persoal e a saúde.
– O coidado da propia persoa usando beirarrúas e pasos de peóns e
desenvolvendo hábitos como abrigarse ben cando vai frío.
- Conciencia da necesidade de tomar froita e verdura a diario para coidar a
saúde e seguir unha dieta equilibrada.
19
– Identificación de pezas de vestir de outono.
– Alimentos dunha dieta sa e equilibrada.
– A necesidade de seguir unha dieta sa.
ÁREA: COÑECEMENTO DO CONTORNO
Bloque 1. Medio físico: elementos, relacións e medida.
– Distinción de diferenzas entre froitas e verduras, onde crecen e
características dunha horta.
– Clasificación de comida segundo un criterio.
– Identificación do medio polo que circulan os medios de transporte e a clase á
que pertencen.
– A parte simétrica dun elemento, as diferenzas en obxectos e as sombras de
obxectos.
– Clasificación de obxectos segundo o material co que están elaborados.
– Clasificación de elementos segundo as súas características e distinción de
intrusos nun conxunto.
– Relación de obxectos entre si.
– Medición de cousas a partir dun patrón de medida e identificación de
metades.
– Distinción aberto/cerrado, liso/rizo, xunto/separado,
grande/mediano/pequeno, duro/brando, esquerda/dereita, cheo/baleiro,
doce/salgado, esquerda/dereita, primeiro/último, agora, metade, arredor e
entre, a un lado/a outro lado. O concepto en medio.
– Distinción das cores: amarela, vermello, azul, celeste, marrón, rosa, verde,
violeta e laranxa.
– Cores e tonalidades: verde clara e oscura, celeste e azul.
– Identificación de elementos que non se corresponden a un medio
determinado.
– As cores e os elementos dunha serie.
– Agrupación de elementos segundo as súas semellanzas.
20
– Recoñecemento e orde da secuencia da acción de vestirse.
– Secuencia de series e acontecementos.
– Identificación e continuación de series.
– Relación lóxica de elementos segundo as súas características.
– As características e a utilidade dos obxectos.
– A representación de cantidades: os números.
– Trazado dos números 1, 2, 3, 4, 5 e 6 seguindo a dirección e orientación
axeitadas.
– Descomposición de números: 2, 3, 4,5 e 6
– Iniciación á suma de elementos.
– As figuras xeométricas: o círculo, o cadrado, o triángulo, o rectángulo.
Bloque 2. Achegamento á natureza.
– As estacións do ano.
– O tempo meteorolóxico.
– Identificación dos diferentes tipos de animais, plantas e flores.
– Características das froitas do outono.
– Relación de animais co seu medio.
– Actitude respectuosa cara ao medio e os animais.
– Observación de procesos e ciclos vitais: o crecemento dunha planta e o ciclo
dunha abella.
– Interese en usar papeleiras para manter limpo o medio.
– Observación, exploración e interpretación da redonda, amosando interese
polo seu coñecemento.
– Identificación de pezas de vestir nas distintas estacións.
– Alimentos dunha dieta sa e equilibrada.
21
Bloque 3. Cultura e vida en sociedade.
– Descubrimento das dependencias dunha casa e das actividades que se
realizan.
– Descubrimento da utilidade das dependencias do colexio.
– Identificación de obxectos e tradicións relacionadas co Nadal.
– Identificación e clasificación de pezas de roupa propias de cada estación.
– O hábito de agradecer os regalos.
– Identificación dos medios de transporte e de comunicación e a súa utilidade.
– Distinción de condutas correctas e incorrectas.
– Os xogos de interior e de exterior.
– Observación e identificación das profesións e os instrumentos dunha imaxe,
relación entre eles e os vehículos correspondentes.
– O bo comportamento e a actitude pacífica e educada na resolución de
conflitos.
– As condutas correctas e incorrectas.
– Identificación de elementos e actividades asociadas a cada estación.
– As normas viarias básicas e de seguridade e os comportamentos cívicos e
incívicos.
– Actitudes cívicas e responsables: seguir unha orde nunha fila, coidar a
natureza ou reciclar.
ÁREA: LINGUAXES: COMUNICACIÓN E REPRESENTACIÓN
Bloque 1. Linguaxe verbal.
* Escoitar, falar e conversar.
– Relación de actividades, características e elementos de situacións diversas.
– Iniciativa e interese por participar en conversas colectivas, respectando a
quenda de palabra e coa atención necesaria.
– Descrición da distinción liso/rizo, igual/diferente.
22
– Uso da linguaxe para manifestar acordos e desacordos e resolver situacións
adecuadamente.
– Explicación de actividades, características e elementos relativos ás
dependencias dunha casa.
– Comentario colectivo, respectando as normas que rexen os intercambios
comunicativos, sobre diferentes temas: os hábitos de orde e limpeza, o outono,
a roupa de abrigo, a necesidade de usar ben as beirarrúas e pasos de peóns
para evitar accidentes, as profesións e os seus instrumentos.
– Ampliación do vocabulario da escola, da casa, as froitas, as pezas de vestir,
a roupa de abrigo e o Nadal, os xogos e os xoguetes, as froitas, verduras e
ferramentas, os animais, as plantas e as flores, as profesións e os seus
instrumentos, os medios de transporte e de comunicación, o verán, etc.
– Comentario da idoneidade de consumir os alimentos base para unha dieta
sa e equilibrada.
– Verbalización de preferencias e de diferenzas entre conceptos abstractos,
como xunto/separado.
– Comentario dos elementos propios do Nadal.
– Comentario de como se resolven os traballos.
– Descrición e xustificación dos elementos estraños que aparecen nunha
imaxe.
– Audición de textos amosando atención e actitude receptiva para comprender
o seu contido.
– Comentario dos produtos que comemos no Nadal, escoitando con atención e
respecto o que nos explican os demais.
– Descrición de condutas correctas e incorrectas.
– Comentario das actividades e espazos lúdicos respectando as normas dos
intercambios comunicativos.
– Verbalización de conceptos abstractos grande/mediano/pequeno,
duro/brando, entre, cheo, baleiro, grande, mediano e pequeno, a un lado/a
outro lado, en medio, primeiro/último.
23
– Diferenciación entre froita e verdura respectando os intercambios
comunicativos.
– Comentario dos diferentes tipos de animais, plantas e flores dunha imaxe
respectando as normas dos intercambios comunicativos.
– Descrición da utilidade de obxectos escoitando as intervencións dos demais.
– Comentario colectivo das características dun proceso e dun ciclo.
– Denominación de cousas de cor laranxa.
– Comentario colectivo dos medios de transporte e de comunicación e a súa
utilidade respectando as normas dos intercambios comunicativos.
– Participación activa nas conversas colectivas.
– Comentario colectivo das actividades reflectidas nun debuxo respectando as
normas dos intercambios comunicativos.
– Participación na explicación de experiencias, hábitos e costumes.
– Comentario colectivo da necesidade de coidar a natureza e os animais.
* Aproximación á lingua escrita.
– O trazo das letras.
– Audición e comprensión de textos.
– Iniciación á interpretación de palabras sinxelas.
– Audición de textos literarios amosando a atención necesaria para
comprender o seu contido e unha actitude de valoración.
– Gusto por compartir libros e interese no seu bo uso e conservación.
* Aproximación á literatura.
– Escoita atenta de contos.
– Valoración dos recursos que ofrece a biblioteca.
Bloque 2. Linguaxes artísticas: plástica, musical e corporal.
– Decoración libre e creativa dun debuxo aplicando diversas técnicas
plásticas.
24
– Debuxo de obxectos dunha maneira autónoma e creativa ou seguindo un
modelo determinado.
– Uso de diversas técnicas plásticas con imaxinación, creatividade e criterio
artístico para decorar debuxos pegando celofán ou picando cun punzón.
– Composición de debuxos prestando atención aos elementos que faltan e
representándoos dunha maneira autónoma e creativa.
– Coloreado de debuxos seguindo unhas pautas determinadas,
desenvolvendo a capacidade expresiva e creativa e amosando unha boa
coordinación óculo-manual.
– Representación plástica da realidade coloreando obxectos seguindo un
modelo.
– Descubrimento da natureza artística dos trazos.
– Debuxo libre de persoas e figuras.
– Debuxo de trazos, elementos e figuras xeométricas de forma libre dentro dun
espazo dado.
– Os instrumentos musicais como medio de expresión artística.
– Descubrimento dos instrumentos e a música como elementos da linguaxe
artística.
– Reprodución espontánea de posturas mediante a expresión corporal.
– Representación de personaxes, accións e tarefas domésticas mediante
xestos e en xogo simbólico.
– Representación mediante a linguaxe corporal das diferenzas entre esquerda
e dereita.
– Reprodución xestual da sensación de frío.
– Representación mediante a linguaxe corporal de diversas figuras
xeométricas.
– Reprodución de actividades mediante linguaxe xestual e corporal.
– Representación de trazos mediante linguaxe corporal.
– Escenificación do concepto arredor mediante a linguaxe xestual e corporal.
25
– Representación dos conceptos entre, grande, mediano e pequeno mediante
linguaxe corporal.
– Escenificación do sentimento de medo e tristeza en xogo simbólico.
– Reprodución de accións e profesións en xogo simbólico e mediante a
linguaxe xestual.
– Representación de conceptos abstractos mediante a linguaxe corporal.
– Representación dos conceptos primeiro/último mediante a linguaxe corporal.
Bloque 3. Linguaxe audiovisual e tecnoloxías da información e a
comunicación
– Observación, interpretación e valoración do contido de láminas, e análise da
información que transmiten.
– O ordenador e o rato como instrumentos tecnolóxicos que benefician o
coñecemento e a comunicación.
– Identificación de erros e elementos repetidos nunha imaxe.
– Traballo con contidos en formato multimedia para imaxinar, informarse e
tamén divertirse. CD.
– O significado asociado a símbolos.
Igual que nos obxectivos, destacar tamén os contidos específicos
pertencentes ós distintos proxectos que levaremos a cabo durante o curso,
e que estarán baseados en temas concretos, relacionados cos intereses dos
nosos alumnos e alumnas.
6. CRITERIOS DE AVALIACIÓN
Para identificar as aprendizaxes adquiridas e o ritmo e características da
evolución de cada neno/a marcamos uns criterios de avaliación en cada unha das
áreas, tomando como referencia o D. 330/09 e a Orde do 25 se xuño do 09. Son os
seguintes:
26
ÁREA: COÑECEMENTO DE SI MESMO E AUTONOMÍA PERSOAL
– Dar mostras de que progresan no coñecemento das partes do corpo e que
identifican as articulacións.
– Confirmar que mellora o seu coñecemento do esquema corporal.
– Comprobar que saben experimentar adecuadamente diversas posturas
corporais.
– Constatar que progresan no exercicio das destrezas manuais e controlan o
trazo de liñas rectas, curvas e combinadas.
– Verificar que recoñecen gustos, preferencias, necesidades e intereses.
– Progresar no coñecemento de si mesmo coa discriminación
esquerda/dereita.
– Dar mostras do progreso no repaso de puntos seguindo a dirección axeitada.
– Ver que progresan na adquisición de hábitos que contribúan á propia
seguridade.
– Ver que progresan na colocación de elementos no seu medio e a resolución
de crebacabezas.
– Comprobar que practican o xogo simbólico para favorecer o
desenvolvemento persoal.
– Comprobar que observan actividades lúdicas e distinguen xogos de interior e
exterior.
– Verificar que desenvolven hábitos de orde e coidado dos obxectos.
– Comprobar que se conciencian da necesidade de seguir unha dieta sa
tomando froita e verdura acotío.
– Constatar que desenvolven hábitos que favorezan a boa presentación das
fichas.
– Comprobar que amosan iniciativa á hora de colorear un debuxo.
– Constatar que valoran a imaxinación como instrumento de desenvolvemento
persoal.
– Ver que progresan no control de reaccións e no seguimento de instrucións.
27
– Verificar que se conciencian do coidado da propia persoa.
– Constatar que progresan na decisión de elixir o camiño axeitado a un
obxectivo.
– Comprobar que se conciencian da necesidade de durmir suficientes horas.
– Comprobar que identifican distintas emocións e verbalizan as situacións que
lles dan medo.
ÁREA: COÑECEMENTO DO CONTORNO
– Verificar que observan e analizan fenómenos naturais, como as estacións e
o tempo.
– Observar que identifican as actividades e os elementos propios de cada
estación.
– Comprobar que identifican os diferentes tipos de animais e o seu medio,
plantas e flores.
– Constatar que evolucionan no coñecemento da vida das abellas.
– Verificar que desenvolven actitudes respectuosas cara ao medio e os
animais.
– Comprobar que observan e aprecian a utilidade e as características das
dependencias do colexio e da casa.
– Comprobar que distinguen as diferenzas entre froitas e verduras e as súas
características.
– Observar que recoñecen as características e a utilidade de obxectos e os
clasifican.
– Ver que recoñecen e aplican conceptos abstractos e temporais, cores,
tonalidades e tamaños.
– Comprobar que identifican profesións e instrumentos e os relacionan.
– Comprobar que identifican os medios de transporte e de comunicación, e
que recoñecen a súa utilidade.
– Constatar que relacionan elementos entre si.
– Verificar que identifican os números do 1 ao 6 e que representan as súas
grafías.
28
– Constatar a iniciación en cuantificacións e en sinxelas operacións
matemáticas.
- Verificar que descompoñen números e miden distancias a partir dun patrón
de medida.
– Confirmar que discriminan as figuras xeométricas básicas: círculo, cadrado,
triángulo e rectángulo.
– Ver que relacionan loxicamente elementos polas súas características.
– Constatar que observan e recoñecen un proceso e detectan a secuencia
dunha serie.
– Observar que identifican normas viarias básicas e de seguridade e
comportamentos cívicos.
– Constatar que adquiren as actitudes e as normas sociais axeitadas a cada
situación.
– Observar que son quen de distinguir as condutas correctas das incorrectas.
– Verificar que recoñecen obxectos e tradicións asociados ao Nadal.
– Constatar que desenvolven actitudes cívicas e responsables.
– Constatar que aprenden a resolver os conflitos educada e pacificamente.
ÁREA: LINGUAXES: COMUNICACIÓN E REPRESENTACIÓN
– Verificar que describen oralmente actividades e características relativas a
situacións.
– Observar que conversan sobre diversos temas valorando as intervencións
dos demais.
– Valorar que comprenden a intención comunicativa dos textos e mensaxes.
– Comprobar que asimilan correctamente o vocabulario da unidade: os xogos
e xoguetes, as froitas, as verduras e as ferramentas, os animais, as plantas e
as flores, as abellas, as profesións e os instrumentos, os medios de transporte
e comunicación, o verán.
– Ver que comentan colectivamente actividades e características de obxectos,
situacións e espazos lúdicos.
– Observar que explican costumes e tradicións da propia redonda.
29
– Comprobar que escoitan textos literarios e interpretan correctamente o seu
significado.
– Verificar que verbalizan conceptos abstractos e describen condutas
correctas e incorrectas.
– Constatar que nomean obxectos dunha cor determinada.
– Confirmar que identifican as letras, e que progresan na representación das
súas grafías.
– Observar que se familiarizan coa grafía de palabras sinxelas.
– Ver que comentan colectivamente as características dun proceso.
– Verificar que comentan colectivamente a necesidade de coidar a natureza e
os animais.
– Verificar que interpretan, analizan e valoran o contido e a estética de imaxes.
– Dar mostras de recoñecemento da utilidade do ordenador e os seus
accesorios.
– Observar que distinguen progresivamente entre realidade e representacións
audiovisuais.
– Constatar que distinguen e interpretan ben o significado asociado a diversos
símbolos e códigos.
– Ver que traballan contidos en formato multimedia para imaxinar, informarse e
divertirse.
– Observar que recoñecen a música como linguaxe artística e expresiva.
– Comprobar que aplican diversas técnicas plásticas na decoración creativa de
debuxos.
– Constatar que representan obxectos de maneira autónoma e creativa.
– Verificar que colorean e decoran debuxos e figuras, utilizando diversas
técnicas plásticas.
– Comprobar que debuxan figuras libremente dentro dun espazo determinado.
– Ver que completan debuxos recreando os elementos que faltan autónoma e
creativamente.
30
– Comprobar que debuxan obxectos libremente e seguindo un modelo
determinado.
– Observar que representan plasticamente a realidade coloreando obxectos
seguindo un modelo.
– Verificar que descobren a natureza artística dos trazos.
– Ver que representan plasticamente a realidade debuxando persoas,
ferramentas e figuras.
– Constatar que debuxan trazos, elementos e figuras xeométricas libremente.
– Observar que reproducen co corpo diversas posturas corporais.
– Verificar que representan personaxes e feitos en xogo simbólico.
– Comprobar que reproducen co corpo os movementos propios dos grafismos.
– Constatar que reproducen co corpo os conceptos esquerda/dereita.
– Observar que representan con exactitude sensacións mediante xestos e
linguaxe corporal.
– Ver que representan con linguaxe corporal os trazos de diversas figuras
xeométricas.
– Observar que representan sentimentos e accións en xogo simbólico e
mediante a linguaxe xestual.
– Verificar que representan conceptos abstractos mediante a linguaxe
xestual e corporal.
– Comprobar que progresan no dominio da linguaxe corporal e xestual.
– Constatar que representan diversas accións cotiás mediante o xogo
simbólico e a linguaxe xestual e corporal.
7. METODOLOXÍA
7.1 AMBIENTE DE APRENDIZAXE
7.1.1. ORGANIZACIÓN DO ESPAZO
Todos os espazos da escola infantil deben considerarse potencialmente
educativos. Debemos planificar intencionalmente os distintos lugares e espazos
31
do recinto escolar, tanto dentro como fóra da aula (entrada, patios, corredores,
comedor, etc.) para que os nenos e as nenas se sintan seguros/as e a gusto
para emprender accións e xogos.
A variedade de actividades educativas que deben realizarse cos nenos e
coas nenas aconsella que a distribución que se faga dos espazos, mobiliarios,
materiais... garanta unha oferta diversificada e flexible. Así a aula debe
organizarse en zonas ou espazos diferenciados de actividade ou recunchos,
segundo a actividade a realizar: zonas para o encontro grupal, o propio de cada
proxecto a traballar, de biblioteca e lectura, de xogo simbólico, de natureza, de
construcións, de ordenador, de expresión plástica, de actividades tranquilas,
etc.
A organización espacial da aula en espazos diferenciados:
- Favorece o desenvolvemento da autonomía dos nenos e das nenas, que
poderán escoller a alternativa que mellor se adecúe aos seus intereses.
- Posibilita o movemento dos nenos e das nenas dun lugar a outro,
respectando a súa necesidade de se desprazar.
- Favorece a interrelación dos nenos e das nenas entre si, xa que o
cambio de zonas supón un cambio de compañeiros e compañeiras.
- Permite realizar actividades diversas de forma simultánea, sen que se
produzan interferencias.
- Fai posible diversos tipos de agrupamentos en torno aos intereses do
alumnado.
- Favorece a atención individualizada ás nenas e aos nenos por parte do
profesorado.
7.1.2. ORGANIZACIÓN DO TEMPO
Na escola infantil o tempo é un elemento importante da acción educativa que
debe entenderse non só como un instrumento para a organización da vida escolar,
senón tamén como un elemento que contribúe ao proceso de construción persoal
dos nenos e das nenas.
32
Este recurso débese organizar de maneira flexible, combinando tempos de
actividade con tempos de descanso e actividades libres e espontáneas con
actividades dirixidas, de maneira que queden cubertas as necesidades básicas do
neno ou da nena e que cada un deles conte co tempo necesario para poder xogar,
explorar e aprender coa persoa adulta e outros compañeiros e compañeiras, de
acordo aos seus ritmos individuais.
A organización temporal contribúe a crear rutinas que favorecen a
sistematización das tarefas e que lles dan seguridade aos nenos e ás nenas, ao
saber con antelación as actividades que van realizar nun momento determinado e o
que teñen que facer. Para que os nenos e as nenas teñan puntos de referencia o/a
docente pode proporcionarlles algunhas pautas:
– Respectar a secuencia temporal dalgunhas actividades rutineiras.
– Establecer mecanismos para indicar o inicio e a finalización das actividades.
– Lembrarlles as cousas que fixeron ao longo do día e da semana, etc.
Debido aos cambios que se producen nestas idades en poucos meses é
necesario pensar e planificar as modificacións de espazos, tempos e materiais que
se irán producindo ao longo do ano a medida que as necesidades das nenas e dos
nenos o requiran.
Unha proposta podería ser a seguinte, aínda que pode variar en función das
necesidades:
Chegada: despedida dos familiares, poñerse na fila cando esteamos
todos/as, entrar en orde, colgar o abrigo, por o mandilón, sentar na asemblea…
Son actividades que se realizan día tras día e que o neno/a adquire de forma
autónoma no seu desenrolo.
Asemblea: elección do axudante do día, calendario, pasar lista, tempo
atmosférico, actividade introdutoria ao traballo do día,...
Traballo diario: organizado en fichas de traballo contextualizado a través
de contos ou proxectos.
Aseo e merenda: lavarse as mans antes da merenda e comedor, comer
sentados, recoller a mesa,...
Lecer: tempo de lecer onde se xoga no patio, de forma libre e espontánea.
33
Descanso: momento para o relax, despois de unha actividade
esencialmente motora, como a que se desenrola no patio e no que levamos
a cabo a actividade de lectura.
Tempo de recantos: no que os pequenos/as se distribúen polos recantos
de aula para facer a proposta de actividades propia de cada un deles.
Recollida de materiais e despedida: limpeza da aula, recordo do feito
durante o día, despedida do grupo e reencontro cos familiares.
7.1.3. MATERIAIS E RECURSOS
O valor dos materiais reside fundamentalmente nas posibilidades de acción,
manipulación, experimentación e conflito que proporcionen, de acordo á
intencionalidade educativa e aos obxectivos seleccionados.
Os materiais educativos e de equipamento reunirán as seguintes características:
– Deben apoiar a actividade infantil promovendo a investigación e a exploración.
– Deben ser polivalentes, permitindo realizar diferentes accións, usos e
experiencias, en función dos intereses de quen os utilice, e adecuarse aos diferentes
ritmos dos membros do grupo.
– Deben ser variados, orientados ao desenvolvemento de todos os planos que
integran a personalidade infantil: motor, sensorial, cognitivo, lingüístico, afectivo e
social.
– Deben ser, na medida do posible, elementos da vida cotiá da comunidade, útiles,
ferramentas..., que, baixo supervisión de persoas adultas poidan ser utilizados coas
mesmas fins para os que esta sociedade os creou.
Os materiais colocaranse en lugares accesibles de maneira que poidan ser
vistos e utilizados polos nenos e as nenas de forma autónoma, evitando a
dependencia da persoa adulta, e disporanse ordenadamente para facilitar a súa
situación e colocación posterior.
O/A docente asegurarase de que coñecen e respectan as normas de
utilización do material (como limpalo, gardalo, conservalo, etc.) e tenderá a promover
a recuperación e reutilización dos materiais, axudando os nenos e as nenas a
descubrir novas posibilidades de uso.
34
Os materiais que se utilizan na escola os podemos clasificar en:
Recursos didácticos materiais: de carácter inventariable (encerado,
cortizas...) , materiais de desfeito, utensilios diversos quebracabezas,
abecedarios...). material sensoriomotor, de observación, de lóxica matemática
((ábacos, regretas, bloques lóxicos...), de dramatización, de linguaxe (
abecedarios, letras móbiles, tarxetas de vocabulario, ficheiro de personaxes... )
Recursos didácticos impresos: conos, periódicos, revistas, carteis,
folletos de propaganda, utensilios para producir textos impresos (tampóns e
tinta, etiquetas...).
Recursos didácticos audiovisuais: fotografías, láminas, carteis
publicitarios,
Recursos informáticos: o ordenador, a impresora, a conexión a internet, o
sofware adaptado ao nivel evolutivo ( El conejo lector, Pipo, Pelusilla...),
programas elaborados no entorno Lim, programas Jclic, etc,... E o encerado
dixital interactivo (EDI) con que contamos na aula e algunhas páxinas de
interese:
- http://www.aulainfantil.com
- http://www.mundolatino.org/rinconcito/
- http://www.meduco.org/
- http://www.ika.com/cuentos
- http://www.cronis.com/kids
- http://www.pequenet.com
- http://www.primeraescuela.com/
7.2 PRINCIPIO DE COLOABORACIÓN COAS FAMILIAS
Establécense canais bidireccionais de colaboración familia/escola, posto
que dende a lei de educación a formación na etapa infantil plantéxase dende
ditas colaboracións. Nós, os/as mestres de educación infantil debemos
fomentar este obxectivo propoñendo programas de participación para as
familias, motivando a súa implicación nos procesos de ensinanza/aprendizaxe.
As familias participan a través de:
35
• Os canles establecidos de forma institucionalizada como Consello
Escolar, ANPA, …
• Nas titorías de nais/pais, que no noso caso, están establecidas os
martes ás 16h, previa cita co titor/a.
• Nas reunións que se convocan ó principio de cada trimestre para tratar
temas de organización do curso (entre outras: celebración de
aniversarios, suxestións para a hora da merenda en orden a desenvolver
hábitos de saúde e hixiene...)
• Aportando información e materiais relacionados cos proxectos que se
levarán a cabo nas aulas.
• Coa súa presenza, colaboración e participación en diferentes
actividades complementarias planificadas no calendario escolar (festa
do Magosto e Samaín, Nadal, Entroido,.Festa de fin de curso,..)
• Na participación en obradoiros, proporcionando os seus coñecementos
e experiencia profesional en algunhas unidades de traballo.
• Apoio e colaboración no proceso lecto-escritor, comprometéndose na
rutina semanal de ler cos seus fillos/as o libro que se lles envíe dende a
biblioteca unha vez á semana e a devolvelo na semana seguinte, para
facer a actividade proposta.
• Intervindo como voluntarios/as nas Lecturas en familia que levaremos a
cabo este curso na hora de lectura, despois do recreo. As familias
substitúen ás mestras nun taller para a lectura do conto.
7.3. PERSPECTIVA DIDÁCTICA
En canto ao como ensinar, o método de traballo se baseará nas experiencias,
nas actividades e no xogo e que estes se aplicarán nun ambiente de afecto e
confianza, para potenciar a súa autoestima e a integración social de nenas e nenos.
Polo tanto, incídese no compoñente lúdico e educativo do xogo e na importancia de
que o neno ou nena manipule, experimente e manifeste as súas propias
experiencias.
36
a) O xogo como instrumento de intervención educativa
O xogo é unha conduta universal que os nenos manifestan de forma
espontánea e que lle afecta ao desenvolvemento cognitivo, psicomotor, afectivo e
social, xa que permite expresar sentimentos, comprender normas, desenvolver a
atención, a memoria ou a imitación de condutas sociais. A través do xogo aprenden
a relacionarse, a compartir, a solucionar pequenos problemas, a axustar os seus
comportamentos ás normas, descobren as súas habilidades, as calidades físicas dos
obxectos, etc.
Entre as principais funcións do xogo, pódense destacar as seguintes:
– Favorece a coordinación e o control motor.
– Facilita as relacións, a comunicación e as manifestacións emocionais e
afectivas.
– Estimula a imaxinación, a creatividade e a solución de problemas.
– Desenvolve a autonomía, a iniciativa, o respecto entre os compañeiros e o
coñecemento das pautas e regulas.
– Fortalece o desenvolvemento emocional.
– Crea contextos para o desempeño de roles, etc.
b) A actividade infantil, a observación e a experimentación
Para conseguir que nenos e as nenas progresen no coñecemento do
mundo, é necesario darlles oportunidades para que realicen actividades de
forma autónoma, para que tomen a iniciativa, planifiquen e secuencien
pouco a pouco a propia acción:
– Ofreceranse propostas didácticas variadas e axustadas aos distintos
ritmos e estilos cognitivos dos nenos e das nenas que integran o grupo.
– Alternaranse distintos tipos de actividades (de linguaxe, psicomotoras,
artísticas, plásticas, etc.), que mobilicen diversas competencias na súa
realización.
– Terase en conta que toda a actividade que realiza o neno ou a nena ao
longo da xornada escolar é potencialmente educativa e así se considerará
na súa planificación.
37
As propostas de traballo ou unidades de programación que sobre
distintas temáticas e contidos se lles presenten aos nenos e ás nenas para
alcanzar os obxectivos de ciclo poden adoptar diversas formas: proxectos de
traballo, centros de interese, pequenas investigacións, zonas de actividade,
unidades temáticas, talleres, etc.
c) O enfoque constructivista
Será a nosa ferramenta de traballo. Algúns dos requisitos que
debemos ter en conta son:
- Conceder un papel activo ao discente na construción dos seus propio
coñecementos.
- Asignar ao docente o papel de mediador entre o alumnado que trata de
alcanzar unha serie de coñecementos e os contidos que se han de conseguir..
Ten que poñer as condicións para que os alumnos os fagan seus.
- O erro como fonte de información sobre o nivel dos alumnos e como
punto de partida para propoñer actividades para evolucionar cara
conceptualizacións máis evolucionadas.
- Propoñer actividades diversas para adecuarse a diversidade dos niveis
evolutivos de cada pequeno/a
d) Tomando como referencia obxectivos, os bloques de contido e criterios
de avaliación establecidos no Decreto 330/ 09 do 4 xuño, que establece o
Currículo de Educación Infantil, nas nosas aulas optamos por levar a cabo
como eixe vertebrador das unidades de programación os PROXECTOS DE
TRABALLO porque é un procedemento de aprendizaxe globalizado que
permite alcanzar uns obxectivos que o docente e os nenos/as propoñen a
través da posta en práctica dunha serie de accións integradas e planificadas
dirixidas a resolver unha situación o problema previamente establecido,
interactuando co grupo e o entorno e usando recursos variados. A través desta
metodoloxía de traballo os nenos/as, mestres/as e as familias únense coa
finalidades de aprender xuntos. Algunhas das razóns que xustifican o
traballo por proxectos son:
38
Asumir unha perspectiva do coñecemento globalizada e relacional no que
as actividades están relacionadas entre si e orientadas a unha finalidade
común.
Aprender facendo a través da participación, da achega de información, da
experimentación...
Aprender dende a realidade, desde as propias experiencias dos nenos/as,
vivencias, emocións; desde as posibilidades que ofrece o contorno, desde
as persoas e a vida cotiá da escola.
Conectar cos intereses dos rapaces/zas xa que eles elixen o que queren
aprender. Se ten en conta o que eles saben, intégranse as súas
experiencias e o que queren saber.
Significatividade das aprendizaxes xa que o punto de partida é o que
sabemos.
A variedade de actividades e recursos empregados.
Aprender a participar cos compañeiros nun proceso de aprendizaxe
interpersoal e de colaboración.
Atender a diversidade, aceptando as achegas propias e as dos demais,
adaptando as tarefas os diferentes ritmos, estilos e capacidades.
Usar distintas manifestacións da comunicación e linguaxe: opinar,
manifestar dúbidas, expresar opinións, plasmar información...
O segundo eixo vertebrador da nosa programación son os recantos de
actividade, entendidos como espazos organizados dentro da aula que ofrecen
diversas alternativas de traballo/xogo ós rapaces e rapazas coas que se
fomentan distintos aspectos da aprendizaxe nun ambiente cálido, lúdico e
divertido. As razóns que argumentan esta decisión son:
Propician o desenvolvemento global do neno/a e respectan o seu
desenvolvemento individual e o seu ritmo biolóxico.
Facilitan a relación interpersoal, a actividade física e mental, e cobren as
necesidades de xogo, experimentación, actividade,...
Proporcionan maior riqueza e variedade de experiencias.
39
Estimulan a autonomía e adquisición de hábitos.
Hai que subliñar a evidencia de que todo non se pode globalizar e de
que pode haber ocasións nas que resulte conveniente plantexar actividades
concretas que se alternen cas propostas habitualmente globalizadas que deben
constituír o eixo das situacións de ensinanza - aprendizaxe na Educación
Infantil. As actividades poden ser de gran grupo (explicación dun conto,
aprendizaxe dunha canción...), de pequeno grupo (participación en recantos ...)
ou de traballo individual.
Non debemos esquecer tamén a importancia da actividade física para
o desenvolvemento físico e psicomotor e para a construción do coñecemento
polo que facilitaremos tempos para manipular, observar, explorar,
proporcionando experiencias variadas que lles permitan aplicar e construír os
seus propios esquemas de coñecemento.
Outro recurso que usaremos moito na aula é a asemblea como lugar
de encontro e de toma de decisións xa que constitúe un momento de reunión
entre o mestre/a e os alumnos/as onde se expresarán os seus sentimentos,
vivencias e gustos. Traballaranse coñecementos, valores, rutinas ,
planificarase o traballo do día, tomando decisións e acordos sobre o que vai a
acontecer na aula, sobre os proxectos de traballo, sobre as normas de
convivencia, e o máis importante, produciranse relacións sociais entre o grupo
de aula vivindo experiencias gratificantes e necesarias para o neno/a.
As CAPACIDADES BÁSICAS que desenvolveremos especificamente
traballando por proxectos e na aprendizaxe cooperativa son:
• Capacidades de relación interpersoal:
- Recoñecemento dos compañeiros.
- Vivenciación da pertenza a o grupo.
- Respecto ás normas de convivencia.
- Aceptación de responsabilidades.
- Hábitos de puntualidade á entrada.
40
• Capacidades lingüísticas:
- A expresión e a comprensión oral.
- A escoita activa.
- Respecto a quenda de palabra.
- Participar en diálogos, iniciándose no respecto a quen fala, pedir
quenda, responder o que se pregunta.
• Capacidades afectivas:
- Establecemento do vínculo co docente e cos iguais.
- A estabilidade emocional que proporciona a seguridade das
rutinas.
- A adaptación diaria da vida escolar.
- A regularidade nos hábitos de traballo.
-A superación da timidez ao participar nas actividades da
asemblea.
- O desenrolo da autoestima.
• Capacidades cognitivas:
- Desenrolo da atención e da observación.
- Coñecemento da realidade próxima.
- Establecemento das relacións de causa - efecto.
- Desenrolo da memoria.
- Discriminación de detalles.
- A organización da estrutura de corro.
- Establecemento de relacións entre o espazo e a función que ten.
- Vivenciación de secuencias temporais a través da rutina da
asemblea.
- Adquisición de nocións temporais.
E outro eixe importante no desenvolvemento dos nenos/as e o xogo
polo seu forte carácter motivador, polas posibilidades que ofrece para que os
neno/as establezan relacións significativas, como canle de relación co entorno.
41
E como fío condutor de toda situación de ensino - aprendizaxe a afectividade
xa que a nenas e os nenos deben sentirse seguros e construír coñecemento a
partir da formación dunha autoimaxe positiva.
d) Papel do profesorado
Como mestras/es, correspóndenos potenciar no alumnado habilidades
de pensamento mediante a participación en proxectos, con xogos e actividades
cos que poden observar, imaxinar, formular hipóteses e buscar alternativas que
lle permitan outorgar senso á súa experiencia, relacionando as presentes coas
xa vividas. Deste xeito se lles proporcionan ferramentas que lles permiten
realizar aprendizaxes significativas partindo da súa zona de desenvolvemento
próximo.
Seremos mediadores entre o alumnado e a cultura, para o que, partindo
das súas características e intereses, dos seus esquemas previos de
coñecemento e do significado que lle atribúe ós mesmos, ofrecer una
intervención que conecte co saber, o saber facer e o saber estar de cada
neno/a. Para acadar un ambiente no que os nenos/as expresen libremente as
súas opinións e sentimentos, onde sexan aceptados e respectados polas súas
características, as relacións que o profesorado estableza co alumnado debe
estar caracterizada polas valoracións positivas e o rexeitamento ás
comparacións entre nenos/as.
Debemos animar ós nenos/as a superar os desafíos que se lle
plantexen, de tal xeito que a confianza nas súas posibilidades sexa unha canle
para o fomento da perseveranza nos logros a adquirir e o desenvolvemento da
tolerancia á frustración.
Crear un clima de aceptación e respecto mutuo é fundamental para que,
partindo da valoración positiva tanto dos acertos como dos erros do alumnado,
servirnos dos mesmos como fonte de información dos seus coñecementos.
A valoración das producións infantís, evitando a consideración dos
estereotipos e dos criterios preestablecidos de beleza, será unha vía para
impedir a merma da súa espontaneidade nas creacións.
42
En definitiva seremos guías do proceso de aprendizaxe, mediadores, un
apoio, unha guía, e estimuladores do desenvolvemento dos nenos e nenas, en
definitiva facilitaremos a apertura a novos camiños no proceso de aprender.
e) Agrupamentos
Para poder atender á diversidade do alumnado e á aprendizaxe de contidos
de distinta natureza, organizaranse diversas formas de agrupamento tendo en
conta as potencialidades de cada unha delas Así dentro da dinámica de aula
intercalaremos:
• O gran grupo que é apropiado cando se trata de planificar
conxuntamente as actividades, exposicións, lectura dalgúns textos,
distribución de tarefas, explicacións, asemblea,
• O grupo pequeno que é o ideal para favorecer a interacción cooperativa,
permite asignar a cada nena ou neno tarefas concretas e estruturadas
de tal xeito que a mestra ou mestre poida prestar as axudas axeitadas
segundo o grao de realización da tarefa. Deben ser variables,
homoxéneos e heteroxéneos.
• A actividade individual é un bo recurso para a interacción máis
específica coa persoa docente, ao tempo que promove as estratexias de
planificación da acción, a responsabilidade, a autonomía e a
autoxestión.
e ) Papel do alumnado
A través dos obxectos ou distintas fontes de coñecemento, atopámonos
en disposición de fomentar no alumnado a capacidade para explorar e
descubrir novas aprendizaxes.
Ó ofrecerlle ós nenos e nenas a posibilidade de asumir responsabilidades
tanto a nivel individual, como social ou no medio no que se desenvolve, se lle
achega ó recoñecemento dos logros e esforzos propios e alleos, fundamental
para motivar o avance na autonomía persoal.
Achegaremos ó alumnado á realización de tarefas por si mesmo,
ofrecéndolle situacións de aprendizaxe que potencien a toma de decisións, a
organización de actividades e a escolla de materiais e recursos necesarios.
43
Así mesmo, partindo da participación do neno en procesos de
autoavaliación, se lle achega a unha reflexión sobre os seus progresos,
responsable do aumento da autoestima.
f) Apertura ao contorno.
A educación infantil acada o seu pleno sentido nun marco de
colaboración e coordinación entre os elementos que inciden no proceso
educativo das nenas e dos nenos: o equipo docente, as familias e o contorno.
En canto á relación coas familias, é necesaria unha boa comunicación e
coordinación con ela, xa que a eficacia da educación infantil depende, en
grande medida, da unidade de criterios educativos na casa e na escola. Nós
facilitaremos esa relación a través de titorías, reunións de pais, contactos
informais que mantemos nas entradas e saídas, colaborando como axudantes
de aula, aportando información sobre os proxectos, ...
En canto á apertura ao contorno, planificaranse tanto saídas como visitas
de membros da comunidade educativa pero tendo unha finalidade clara e
cunha xustificación na programación, non se trata de saír por saír. Así faremos
actividades de preparación da saída, aproveitaremos a propia saída para
desenvolver contidos educativos e unha posta en común xa a volta na aula.
Propiciaremos tamén experiencias nas cales teñan cabida as relacións
con nenas e con nenos doutras aulas de E. Infantil ou E.Primaria participando
en festas comúns como o día Día da Paz, magosto, Nadal..., e con persoas
adultas invitando a persoas a aula ( encontros con escritores, ilustradores,
contacontos,.), ampliando o mundo relacional dos nosos alumnos/as.
8. MEDIDAS DE ATENCIÓN Á DIVERSIDADE
Tomando como referencia o Decreto 229/2011,do 7 decembro, polo que
se regula a atención á diversidade do alumnado dos centros docentes da
Comunidade Autónoma de Galicia nos que se imparten as ensinanzas
establecidas na Lei orgánica 2/2006 do 3 de maio, pretendemos ofrecer unha
escola comprensiva e integradora da diversidade tendo en conta a
individualidade do alumnado, valorando as características inherentes ao neno/a
44
( as súas capacidades, ritmo, motivacións e intereses), coñecendo os factores
de tipo cultural e restando as singularidades do ambiente socio - familiar. A
resposta a diversidade do alumno está na busca do equilibrio entre a
comprensividade do currículo e a diversidade do alumnado. Como medidas que
podemos adoptar:
Reforzo educativo, como medida de carácter ordinario que elabora e
pon en practica o profesor titor (pode colaborar o profesor de PT) e que afecta
os elementos non prescriptivos do currículo e posibilita a flexibilización da
secuenciación e temporalización dos contidos, a organización da aula, os
agrupamentos do alumando, a metodoloxía e os recursos. Medida que quedará
recollida no expediente académico do alumno e no boletín de información as
familias.
Adaptación curricular, medida no que se modifican os elementos
prescriptivos do currículo para tentar dar resposta aos alumnos con dificultades
persoais por razóns educativas, sociais, culturais, déficits, ou polas súas
capacidades excepcionais. E unha medida extraordinaria cunha duración dun
ciclo como mínimo , que necesita do permiso da Inspección Educativa e que
implica o profesor titor e conta co asesoramento do Departamento de
Orientación e decidido nunha reunión coa xefatura de estudios. Medida que se
reflectirá no expediente académico, no boletín ás familias e no libro de
escolaridade.
Algunhas das estratexias que usaremos para garantir a atención á
diversidade son:
- Modificación de tempos nas actividades de aprendizaxe, adaptándose aos
ritmos individuais.
- Agrupamentos variados e posibilidade de facer cousas distintas en distintos
momentos e con diferentes nenos/as.
- Adecuación das actividades as diferenzas individuais polos diferentes
ritmos, estilos e capacidades dos alumnos/as.
- Adecuación da axuda pedagóxica, valorando os resultados que se vaian
obtendo nos procesos de avaliación.
O traballo por proxectos, a organización da aula, os recantos de
actividade, os agrupamentos diferentes de alumnado (actividades en grande
grupo, pequeno grupo e individuais) tamén contribúen a respectar e atender á
45
diversidade. Dado que nestas idades o proceso de maduración de cada neno/a
é moi diferente, programaremos un plan de actividades no que ademais das
actividades comúns faremos:
Actividades introdutorias ou de motivación: xogos, cancións, poemas,
narracións, contos, adiviñas, trabalinguas,... poderán axudar ao mestre/a a
conectar coas ideas previas, coas necesidades e intereses do grupo, coa
intención de facilitar o traballo ou a adquisición dunha determinada
capacidade ou rutina.
Actividades de desenvolvemento: calquera das que se plantexen para
alcanzar as capacidades propostas a través dos obxectivos. Como traballos
en papel, busca de información, debuxos,...
Actividades de reforzo e ampliación: encamiñadas a afianzar as
capacidades adquiridas, e a desenvolver novos contidos do centro de
interese que se está traballando.
Actividades de avaliación: teñen por obxectivo coñecer o grao de
adquisición dos contidos traballados polo/a neno/a. Xogos de preguntas e
respostas, diálogos , debuxos, comentarios, .
9. PROCEDEMENTOS E INSTRUMENTOS DE AVALIACIÓN
Como mestras debemos avaliar o proceso de ensino, a nosa práctica
docente e o desenvolvemento das capacidades dos nenos e nenas.
A avaliación en Educación Infantil será global, continúa e formativa. Así
o referente para a avaliación global son os obxectivos xerais, e o referente para
a avaliación continua son os obxectivos específicos de cada proxecto de aula.
Esta avaliación concibirase como unha reflexión activa acerca da
realidade educativa diaria que terá como fin a retroalimentación da
programación nos seguintes aspectos:
A interacción entre as persoas implicadas no proceso educativo:
coordinación dos diferentes profesionais e relación cos pais e nais.
As condicións organizativas e recursos dispoñibles.
O desenvolvemento das capacidades dos nenos e nenas.
A proposta pedagóxica e a planificación.
46
A proposta metodolóxica e a súa contribución á adquisición das
competencias básicas.
Para o desenvolvemento do proceso de avaliación partiremos sempre da
información sobre os coñecementos previos do neno ou nena e teremos en
conta a zona de desenvolvemento próximo (Vygostky), é dicir tendo en conta
non só os estadios xa completados senón tamén aqueles que están
comezando a madurar. As sesións de avaliación que se realizarán ao
longo do curso serán: unha inicial e tres ao longo do curso.
A principal técnica e fonte de información para o proceso de avaliación
será a observación, que será sistemática, directa e indirecta. Directa porque se
fai sobre o mesmo proceso de traballo dos nenos e nenas durante o cal
recolleremos datos que consideremos relevantes relacionados coa maneira de
actuar, poñer en practica diferentes técnicas,... E que se recollerá a través de
táboas de dobre entrada como listas de control e escalas de observación. A
observación indirecta farase sobre os traballos xa realizados. As dúas son
complementarias e necesarias, unha soa non dá unha información completa.
Nunca haberá probas tipificadas de avaliación, de feito os obxectivos son
observables, nunca tipificados. Non hai, polo tanto, avaliación con probas de
valoración numérica e a valoración do proceso de aprendizaxe expresarase en
termos cualitativos. Por todo isto a observación é a técnica máis adecuada.
Teremos en conta á hora de realizar estas avaliacións a información obtida
nas entrevistas coas familias. Así mesmo estas serán informadas
periodicamente das consideracións derivadas do proceso de avaliación dos
seus fillos e fillas.
Temporalización da avaliación
Trimestralmente, como mínimo, e coa información recollida da avaliación
continua dos rapaces e rapazas as titoras cubrirán os boletíns de información
para as familias. Tamén trasladará esta información ás familias de forma oral
cantas veces estime oportuno. Para a elaboración destes boletíns cubrirase o
documento de información as familias que o centro ten elaborado para tal fin a
través do programa de xestión académica XADE.
47
- Ao finalizar o curso, e como resultado desa avaliación continua, cubrirase
o informe anual de avaliación individualizado de acordo co modelo do
anexo III da orde anteriormente citada.
- Ao finalizar o segundo ciclo a titora correspondente recollerá os datos
máis relevantes dos informes de cada curso nun informe individualizado de
final de ciclo axustándose ao modelo anterior do anexo III.
Todos estes documentos oficiais de avaliación rexistraranse
electronicamente a través dos módulos correspondentes incorporados ao
programa XADE.
Partiremos en todo momento dos coñecementos previos dos nenos e
nenas tendo sempre en conta a zona de desenvolvemento próximo e potencial.
Así ao iniciar o traballo de cada novo contido, e ao comezar novas actividades,
lembraremos os contidos previamente traballados e que estean relacionados
coa mesma. Así realizáranse actividades de ampliación e de reforzo en tódolos
casos e momentos que consideremos oportunos co obxectivo de reforzar,
aclarar, ampliar e explicar os contidos nos que, a nivel individual ou colectivo,
existan máis dificultades.
Avaliación do proceso de ensino
A normativa establece que ademais dos procesos de aprendizaxe se
avaliarán os procesos de ensino e o desenvolvemento da proposta pedagóxica
a fin de constatar que aspectos da intervención educativa favoreceron a
aprendizaxe e en que outros poderían incorporarse cambios ou melloras. Esta
avaliación terá, así mesmo, un carácter continuo e formativo.
Os elementos que poden ser obxecto de avaliación son:
a) A intervención co alumnado.
b) A organización do espazo, dos materiais e dos tempos.
c) A adecuación das programacións e as actividades desenvolvidas ás
características e necesidades dos nenos e das nenas.
d) As medidas de reforzo ou adaptacións segundo as características
individuais.
48
e) Os mecanismos empregados para favorecer as relacións entre a escola
e a familia.
f) A coordinación e a colaboración entre os compoñentes do equipo
educativo.
g) A participación no deseño, desenvolvemento e avaliación dos
documentos de organización da escola e programación educativa.
10. AS ACTIVIDADES COMPLEMENTARIAS E EXTRAESCOLARES
As aulas de 5º de Educación Infantil participaremos no programa de
actividades complementarias e extraescolares do centro, entendidas estas
como as que se realizan de forma puntual e que serven para celebrar algúns
dos acontecementos máis significativos da nosa cultura e que de algún xeito
implican a toda a comunidade educativa. Dentro de este programa
teremos en conta as conmemoracións establecidas no calendario escolar,
datas que deben ser celebradas e reflectidas no momento da programación .
Temos previstas as seguintes actividades complementarias,
1° Trimestre
Festas do outono: Magosto (degustación de castañas e leite) e Samaín.
Saída ao Aquarium de Coruña.
Festa do Nadal.
2° Trimestre
Día da Paz.
Saída á “Casa do mel”
Entroido .
3° Trimestre
Saída á “ Aldea Nova”
Letras galegas, semana na que homenaxearemos ao escritor
homenaxeado.
49
Día do libro.
Festa de Fin de Curso.
Esta é unha proposta que pode sufrir modificacións o longo do curso,
incorporándose novas actividades que son ofertadas ao centro polo Concello
ou por outros organismos oficiais.
Finalmente, e para rematar, dicir que esta programación será flexible,
axeitada a cada curso e revisable en función do alumnado e dos resultados. Na
avaliación desta programación participarán os profesores que impartan esta
área.
O seguimento da programación anual realizarase principalmente en tres
momentos: ao finalizar cada unide de traballo e proxecto, trimestralmente e
anualmente. Teranse en conta os seguintes indicadores:
1. Seguimento da temporalización
2. Consecución dos obxectivos traballados.
3. Dificultades acaecidas.
4. Resultados específicos dos procedementos e instrumentos de
avaliación.
5. Resultados trimestrais das avaliacións.
Unha vez analizados estes indicadores, realizaranse modificacións na
programación que poden supoñer:
Unha modificación da metodoloxía empregada.
Cambios nos procedementos e instrumentos de avaliación.
Modificacións na temporalización.
Deseño de medidas correctoras para corrixir as dificultades.
Top Related