PROGRAMA DIDÁCTICO 2010-2011
1.- Fundamentos Teórico metodolóxicos para
deseñar o programa educativo en tres dos
museos da rede
2.- Planificación:
2.1.- Fases do programa (Plan museolóxico
educativo):
Conceptualización
Contextualización
Estructuración
Instrumentación
3.- Avaliación
4.- Execución
Bases do programa
didáctico da Rede
Museística:
O Museo é un medio de comunicación
visitable. Todo museo ten unha lenda
algo que contar senón non está ben
montado.Este relato é o plan
museolóxico e ven avalado por dúas
técnicas: as visuais e as verbais,
ambas deben ser froito do plan
museolóxico-educativo, capaz de
atraer e sorprender. Buscando o
aprendizaxe inconsciente: "mirar
escoitar e sentir".
Dende a Rede Museística concíbense
os museos como un espazo de
educación e comunicación alternativa.
Espazos de encontro e diálogo entre
persoas e cultura somos conscientes
de que debemos promover os
aprendizaxes e as actitudes de
valoración do patrimonio. Á espera de
poder levar a cabo novos proxectos
museolóxicos no Pazo de Tor e no
Museo do Mar de San Cibrao
trataremos de que nos nosos museos
os obxetos teñan: orden, secuencia,
xerarquía e discurso, para poder levar
a cabo un coherente programa
didáctico.
Fundamentos Teórico
metodolóxicos para deseñar
o programa educativo na
Rede Museística Provincial
de Lugo.
Detectamos a necesidade urxente de
contar cun referente teórico-
metodolóxico nos museos da rede:
San Paio de Narla, Pazo de Tor,
Museo Provincial del Mar y Museo
Provincial de Lugo.
Actualmente estamos traballando con
profundidade vinculando os catro
museos didácticamente.
O modelo organizámolo en catro
fases que van do teórico-conceptual
ao instrumental-operacional.
Nas dúas primeiras fases, de carácter
conceptual e contextual, propoñemos
estratexias para a reflexión teórica de
cada un dos museos e o seu entorno
(museos de sitio, moi asentados no
seu territorio); nas dúas últimas fases
formulamos estratexias para a
organización e execución das
actividades, servizos e produtos que
poden xenerarse dende a Rede
museística.
O modelo que se propón sustentase
en principios epistemolóxicos, teóricos
e metodolóxicos que apunten ao
deber ser da educación non formal
aplicada ás institucións museísticas,
entendendo este tipo de educación
como un proceso que permite o
moldeamento da estrutura cognitiva
dos individuos, para conformar un
esquema de pensamento
sensibilizado e conscente, preparado
para a valoración e conservación do
patrimonio cultural.
O noso modelo, ademáis, considera
tamén as categorías do aprendizaxe
presentes nas tendencias sobre a
educación no século XXI, propostas
pola UNESCO (1996), as cales, aínda
que son típicas dos espazos de
aprendizaxe formal, poden tomarse
como referentes para os aprendizaxes
en espazos educativos non formais.
Estas categorías falan do desenrolo
de catro aprendizaxes esenciais: o
aprender a ser, aprender a coñecer,
aprender a facer e o aprender a vivir
xuntos. O "aprender a ser" plantexa o
desenrolo persoal-social coma un
proceso que ten por obxeto o
desenrolo completo do home en toda
a súa riqueza, na complexidade das
súas expresións e nos seus
compromisos como membro dunha
familia, unha colectividade, cidadán e
produtor, inventor de técnicas e
creador de soños.
Dende os nosos museos, sexan de
arte, historia, etnografía, arqueoloxía,
é posible desenvolver este tipo de
aprendizaxe, porque precisamente
hacia onde se enfoca a acción
museística é hacia a investigación
sobre o home, as súas producións
culturais e o seu carácter de ser
simbólico e produtor de sentido.Neste
sentido, son moi proveitosas as
actividades que plantexamos
centradas na activación do
pensamento. Aproveitamos a
presenza do obxeto incardinado nun
"espazo" e construído a partir dun
tema, para activar procesos sensorio-
perceptivos. Seguindo esta idea,
resulta máis convinte, por exemplo, na
visita guiada, traballar mediante
preguntas diverxentes, os procesos
de observación, percepción,
comparación e relación, invitando a
utilizar ademáis, a vista, o olfacto,o
oido e o tacto para que podan
aproximarse aos obxetos a partir da
súa "aprehensión" sensorial total. O
noso gran obxetivo no 2010-2011.
O desenvolvemento da aprendizaxe
sobre o "coñecer" dende o museo
depende da forma na que se conciba
e conduce a visita guiada, a cal non a
entendemos como transmisión de
información e ideas, senón como a
posibilidade de mediar entre o
coñecemento mostrado nos espazos
expositivos dos nosos catro museos e
o público. Esta mediación ofrecémola
a través das nosas actividades
ofrecendo a posibilidade de explorar
e descubrir.
O "aprender a facer" plantexa a
aplicación dos coñecementos para
desenvolver capacidades concretas
de innovación e creación. Este
aprendizaxe trataremos de potencialo
no museo traballando na activación
da creatividade e a actitude
imaxinativa, creatividade entendida
como acto lúdico, innovador e
transgresor de fronteiras; por
exemplo, o realizar actividades de
verbalización ou escritura do visual,
mediante a creación de produtos
específicos, coma un conto, un
debuxo, un obxeto. O facer no museo
recoñece que a interacción coa
exposición non remata nas salas de
exposición, senón que ten que
extenderse e consolidarse mediante a
realización dun produto ou
actividade .
Por último,o aprender a vivir xuntos,
dende a Rede museística coa
creación do departamento de
capacidades diferentes e
accesibilidade onde lle damos un
valor fundamental á tolerancia e ao
respecto polo outro, é unha
aprendizaxe que ten que ver coa
educación da non violencia, a
educación propiciadora do
descubrimento do outro. O museo, na
súa dimensión educativa e
comunicativa, recoñecese coma un
espazo socializador, no que poden
potenciarse actitudes de non violencia
e tolerancia, por exemplo, mediante
actividades que estimulen o diálogo e
o intercambio de argumentos,
mediante o traballo en equipo, e máis
específicamente mediante o deseño
de propostas expositivas sobre
culturas ou tradicións locais, nacionais
e foráneas procurando asumir puntos
de vista diversos acerca de grupos
étnicos, relixiosos, políticos, etc.
Planificación: Fases do programa
(Plan Museolóxico educativo):
-A conceptualización: Así definimos
o proceso mediante o cal fixamos as
ideas e concepcións que se lle
atribúen aos fenómenos e as cousas.
No caso do modelo que se propón, a
conceptualización é un momento
para a reflexión acerca do ser de
cada uno dos museos, en tanto
institución comprometida co
desenvolvemento socio-cultural do
individuo, mediante a realización de
diversas funcións, entre as cales
destaca a expositiva-educativa-
comunicativa, unha das máis
importantes posto que é a función que
permite xenerar pontes de encontro
entre o coñecemento exposto e o
público-visitante.
-A contextualización:
contextualización preocupase por
caracterizar o contexto no cal os
programas executaranse, o cal implica
a realización de estudos sistemáticos
sobre as características do entorno, é
dicir, identificar e analizar as variables
presentes na relación territorio e
programas culturais, dentro dos cales
encóntranse os programas
educativos. Esta fase é crítica, polo
canto desta depende que os
programas educativos teñan
pertinencia e impacto socio-cultural.
-A estructuración: parte do proceso
de identificación formal do perfil da
institución museística, proceso que
apoiase na colección, a súa natureza
e tipoloxía. A partir da definición do
perfil institucional, compoñente no que
se incorporan tamén os elementos
conceptuais da teoría museolóxica,
proposto na primeira fase deste
modelo, organizanse todos os demáis
compoñentes da programación
museolóxica-educativa, polo cal o
perfil da institución convertese a súa
vez no elemento inicial para a
construción colectiva e comprometida
da filosofía de xestión.
A filosofía de xestión é outro
elemento importante, por canto
orienta o proceso de deseño de
políticas educativas e de programas
educativos no museo. Neste sentido,
o Plan Museolóxico-Educativo debe
contemplar a expresión formal da
filosofía de xestión, dando respostas
ás seguintes preguntas: ¿quen
somos, en tanto organización socio-
cultural?, ¿cal é o propósito do noso
traballo?, ¿hacia onde se dirixe a
nosa acción no tempo?, ¿que
queremos lograr no público
visitante?; ¿cales son os valores e
principios que guían nosa acción?
A fase de estructuración plantexa a
organización dos elementos que
forman parte do proceso de deseño
de programas en concreto. Tales
elementos son: 1. Definición de
obxetivos doprograma, tomando en
conta, claro está, os obxetivos da
exposición, porque é necesario
lembrar que o programa educativo
apoia a exposición e formulase en
relación con ela. Por tal motivo se
require que os Departamentos de
Educación traballen "en equipo" cos
demáis Departamentos ou unidades
dos museos; 2. Compoñentes
conceptuais da exhibición: títulos,
temas, duración, loxística, pezas,
obras ou obxetos que se expoñerán e
as actividades de apoio e 3. As
estratexias que se desenvolverán
antes, durante e despois da
execución das visitas guiadas. Neste
terceiro compoñente é no que se
aplicarán os enfoques e criterios
teórico-conceptuais e metodolóxicos
sinalados nos apartados anteriores.
En virtude de que a fase de execución
de visitas guiadas é o momento de
concreción do modelo, considerouse
pertinente traballalo coma unha fase
aparte, a cal denominase fase de
instrumentación.
-A instrumentación: Nesta fase da
fundamentación teórica-
epistemolóxica describense os
modos de actuar ao propoñer
procedimentos e formas de conducir o
proceso educativo no museo.
Seguindo esta línea, propoñense
executar as seguintes estratexias:
1. Deseñar as actividades seguindo o
enfoque interactivo participativo a
maneira de exploración, xa que iso
activa a mente para a búsqueda de
información e a construción do
coñecemento. Por isto, debe
considerarse o deseño de rutas de
exploración ou follas didácticas a
partir das cales conéctense contidos
con experiencias previas. É para nós
importante tamén a incorporación de
actividades que desperten o cognitivo,
o operacional e o afectivo do
individuo, para converter ao museo
nun espazo de aprendizaxe activo.
2. Discutir materiais informativos
antes e despois da interacción no
espazo museístico. Establecendo
contactos previos cos docentes, os
cales discutirán os materiais cos seus
alumnos na aula, de maneira de
preparalos para a interacción e
construción do coñecemento no
museo.
3. Apoiar os contidos das exposicións
co deseño de talleres que inclúan a
construción de modelos, traballos ou
calquer outro produto. É importante
incorporar tamén as estratexias non
verbais de abordaxe do patrimonial,
como é o caso da expresión corporal,
musical, literaria e a danza,.
4. Apoiar os contidos das exhibicións
con recursos didácticos, soportados
nas tecnoloxías da información e
comunicación, antes e despois de
interactuar co coñecemento exposto.
5. Considerando que a investigación
sobre o recordo, logo de interactuar
cunha exposición, reporta que se
tenden a lembar máis os obxetos
grandes e as impresións sensitivas
tales como o sonido da agua,
temperatura, oscuridade e outras,
proponse traballar a textualización
das salas a maneira de síntesis, é
dicir, recoméndase evitar textos con
máis de cinco párrafos, así como
utilizar o recurso da ilustración gráfica.
Tales estratexias de "representación"
no contexto expositivo poden lograr
un impacto positivo no público
visitante.
6. Considerando tamén que o
compoñente sensorio-perceptual
genera un maior impacto expositivo e
cognitivo que o compoñente
semántico das exhibicións, proponse
combinar textos impresos con
auditivos. Estamos ante una
educación baseada en recursos moi
visuais. Poderíamos utilizar medios
telemáticos e multimedia como
recursos de apoio ás exposicións.
Obviamente, temos que sopesar as
disponibilidades de recursos que a
institución posee. En todo caso, o que
se propón en liñas xerais é ol
deseño e montaxe de exposicións
didácticas, entendidas non coma un
recurso para transmitir información,
senón coma un medio para construir
coñecementos dirixidos a provocar
cambios de actitudes e de visións.
7. Organizar as visitas guiadas
incluindo actividades de inicio e
motivación, de desenvolvemento e
peche. As actividades de
desenvolvemento centraranse na
activación do pensamento utilizando
as técnicas de preguntas diverxentes
e invitando a utilizar os sentidos (vista,
olfacto, tacto, oído, gusto). Algunas
preguntas que poden facerse e que
según Ramos (1997) desenvolven os
procesos sensoriais son: ¿cantos
tonos existen, que variedad de
formas, líneas, contornos nas obras e
obxetos museables?; ¿cantos tipos de
sons detectánse ao redor do espazo
expositivo?; ¿cales son próximos e
cales son afastados?; ¿cales son
artificiais e cales naturais?; ¿como
son as superficies, as súas texturas?;
¿que pode ser grato acariñar e que
rexeitar?; ¿cantos cheiros se
detectan? Pasando agora á
activación e desenvolvemento dos
procesos de percepción, a mesma
autora propón estratexias sobre cómo
o suxeito pode orientarse no espazo
expositivo, cómo encontra pistas e
razóns, reúne causas e efectos,
relaciona o que ve co que oe; o que
palpa e toca co que ve.
8. Poden propoñerse moitas outras
estratexias, as cales dependen da
creatividade e a aplicación dos
principios conceptuais nos que se
fundamenta a visita.O importante é
entender que o museo desta nova
sociedade, denominada do
coñecemento e o aprendizaxe, debe
dar o salto cualitativo do
contemplativo e transmisivo-
informativo ao comunicativo-cognitivo.
Actividades Didácticas para toda a Rede:
- Visita de Iniciación o descubrimento (Todos os niveis)
- Aprendemos a ser: xogo de persoaxes. (Todos os niveis
- Aprendemos a vivir xuntos: Ferrado, Fanega, Cañado, Real …¿Cómo vas a pagar
ao Foro? (ESO)
- Aprendemos a facer: Redes de historias (Secuandaria e BAC)
- Aprendemos a facer: Obradoiros de transmisión de saberes: Liño en San Paio, Lá
en Tor, Velas e redes no Museo do Mar. (Todos os niveis)
- Toribia, Serpentina e Cipriana cóntanche (Infantil e Primaria)
- Aprendemos a coñecer: Os sentidos despertos. (Todos os Niveis)
- Follas Novas, Novas Follas (Primaria e ESO)
- A Muralla da Rede: Camiños e sensacións como punto de encontro (Todos os
niveis)
Programación Exclusiva de San Paio
- Peiteados e aderezos (3º e 4ª da ESO)
- Facendo Historia (ESO e BAC)
- O Labirinto do Castelo (ESO e BAC)
- A Bela Durminte (Infantil)
- Vivir no Pasado (ESO e BAC)
- Na Lareira (Infantil e Primaria)
- Os Devanceiros Tempos dos Nosos Labregos: Horto escolar, Calendario Agricola
(Todos os niveis)
- Xogo de verbas (5º e 6º de Primaria)
- A Revolta Irmandiña (5º e 6º de Primaria e ESO)
- O twister da división histórica en San Paio
Programación Exclusiva Museo Do Mar
- Os Mamíferos do mar (2º e 3º Ciclo de Primaria)
- A balea: O porco do mar (2º e 3º Ciclo de Primaria e ESO)
- A caza das baleas (ESO e BAC)
- Vexo vexo (Infantil e 1º Ciclo de Primaria)
- De costa a costa (2º e 3º Ciclo de Primaria)
- Constructores de Barcos (ESO e BAC)
- O twister da división histórica no Museo do Mar
Programación Exclusiva do Pazo de Tor
- Visita de iniciaión e descubrimento (Todos os Niveis)
- Aprendemos a ser: xogo de persoaxes (Todos os Niveis)
- Aprendemos a vivir xuntos (ESO)
- Aprendemos a facer: Redes de historias (Secundaria e BAC)
- Aprendemos a facer: Obradoiros de transmisión de saberes. (Todos os Niveis)
- Toribia cóntache (Infantil e Primaria)
- Aprendemos a coñecer (Todos os niveis)
- Xogando a ser Paleógrafo: Xogo do rapto en Tor. (Todos os niveis)
- O twister da división histórica no Pazo de Tor
Top Related