Con motivo da realización dunha serie de mostraxes para inventariar a fauna de anfibios presentes nos humidais galegos, visitamos un conxunto de charcas e lagoas situadas en diferentes zonas do occidente galego. Nestes inventarios puidemos detec-tar a presenza de Sympetrum flaveolum (Lin-naeus, 1758) en varias lagoas da montaña oriental de Galicia.
Nunha primeira fase, realizáronse unha serie de mostraxes nos Ancares lucenses. Froito deste traballo puidéronse localizar numerosos exemplares de Sympetrum fla-veolum no Pozo do Lago Maior, próximo á aldea de Hospital en Pedrafita do Cebreiro (Lugo). Esta lagoa sitúase na cuadrícula UTM 29T PH5429 a unha altitude de 1330 msnm (Figura 1).
Primeiras citas de Sympetrum flaveolum (Odonata: Libellulidae) en Galicia
Martiño Cabana, Anxos Romeo & Adolfo Cordero
Cabana, M., Romeo, A. & Cordero, A. 2011. Primeiras citas de Sympetrum flaveolum (Odonata: Libellulidae) en Galicia. Chioglossa, 3: 15-19.
No presente artigo descríbense as primeiras observacións de Sympetrum flaveolum (Linnaeus, 1758) en Galicia, que constitúen as citas máis occidentais da súa extensa área de distribución.
Palabras clave: distribución, libélulas, odonatos, Sympetrum flaveolum.
Chioglossa, 3: 15-19. A Coruña, 2011
Figura 1. Lagoa e hábitat circundante ó Pozo do Lago Maior no cal se observou a Sympetrum flaveolum. Pode observarse que está completamente seca. Fotografía de Anxos Romeo. [Pond and surrounding habitat at the Pozo do Lago Maior where we observed Sympetrum flaveolum. Note that it is completely dry. Photograph by Anxos Romeo.]
16 Chioglossa, 3 (2011)
sistemática das lagoas da montaña lucense e ourensán. Prospectáronse a maioría das lagoas dos cordais montañosos do occiden-te galego: Ancares-Courel, Serra de Trevin-ca e Macizo Central. Na Táboa 1 indícanse as poboacións de Sympetrum flaveolum lo-calizadas durante esta fase de traballo de campo.
Sympetrum flaveolum é unha especie de libelúlido que se distribúe pola área pa-leártica. Na Península Ibérica está pre-sente nas zonas de elevada altitude dos Pirineos, Sistema Ibérico, Sistema Cen-tral e Cordilleira Cantábrica (Dijkstra & Lewington, 2006; Ocharan et al., 2006). En Asturias esta especie atópase limitada ós medios acuáticos de alta montaña a co-tas superiores a 1350 msnm. Ademais, é
O día 14 de agosto do 2010 detectáronse nesta lagoa varias decenas de exemplares da especie en tándem e aparentemente reali-zando a posta en seco sobre o seu fondo. Nunha segunda visita, o día 18 do mesmo mes, atopáronse tres parellas en tándem e varios exemplares solitarios e mostrando unha menor actividade que na mostraxe an-terior debido a que o día presentaba os ceos cubertos e unha maior humidade ambien-tal. En ambas mostraxes, a especie estaba acompañada por Lestes dryas Kirby, 1890 que presentaba unha grande abundancia. Segun-do Ocharan e Torralba-Burrial (2004) ambas especies conviven habitualmente nas lagoas de alta montaña asturianas.
Unha vez atopada esta primeira po-boación, decidiuse facer unha prospección
Figura 2. Parella de Sympetrum flaveolum observada no Pozo do Lago Maior, Pedrafita do Cebreiro, Lugo. Fotografía de Anxos Romeo. [Mating pair of Sympetrum flaveolum observed at Pozo do Lago Maior, Pedrafita Cebreiro, Lugo. Photograph by Anxos Romeo.]
17
o odonato que presenta a maior frecuen-cia de aparición corrixida a alturas com-prendidas entre os 1350 e os 1500 msnm (Ocharan & Torralba-Burrial, 2004). A súa presenza en Galicia fora xa prognosticada por Cordero (1996), que indicaba que de-bía atoparse nas zonas orientais de Lugo e Ourense.
Segundo Ocharan e colaboradores (2006) e Torralba-Burrial e colaboradores (en prensa), Sympetrum flaveolum é unha especie vulnerable a nivel ibérico debido a que presenta unha área de ocupación estimada menor a 2.000 km2 e presenta poboacións severamente fragmentadas, as cales sofren unha diminución continua da súa área de distribución e/ou perda da calidade do hábitat. Debido a isto, as pre-
sentes poboacións deberían ser incluídas no Catálogo Galego de Especies Ameaza-das (Xunta de Galicia, 2007) e realizar un estudo detallado sobre o seu estado po-boacional.
AgrAdecementos
Ó axente forestal Pío Antonio de la Peña e a Rafa Vázquez e Verónica Vázquez por acom-pañarnos na primeira mostraxe realizada. A Pablo Carballo e Mª Dolores Pardo, por ceder-nos o dato da súa observación independente e simultánea de Seoane (A Veiga) arriba in-dicada, dentro das prospeccións que realiza a sección entomolóxica do Grupo Naturalista Hábitat.
Figura 3. Mapa do noroeste ibérico e situación das cuadrículas UTM 10x10 km referenciadas no presente artigo. Imaxe de Martiño Cabana. [Map and location of the northwestern Iberian UTM 10x10 km grid squares referred in this article. Picture by Martiño Cabana.]
Sympetrum flaveolum en Galicia
18 Chioglossa, 3 (2011)
AbstrAct
First records of Sympetrum flaveolum (Odonata: Li-bellulidae) in Galicia
Sympetrum flaveolum (Linnaeus, 1758), new for the fauna of Galicia (NW Spain). The species was found in mountain ponds, between 1300 and 1500 masl, in localities of Lugo and Ourense provinces.
Key words: Distribution, dragonflies, odonata, Sympetrum flaveolum.
bibliogrAfíA
Cordero, A. 1996. A preliminary checklist of the Odonata of Galicia. Advances in Odonato-logy, Suppl. 1: 13-25.
Dijkstra, K-D. B. & Lewington, R. 2006. Field guide to the dragonflies of Britain and Europe. British. Wildlife Publishing, 320 pp.
Ocharan, F. J. & Torralba-Burrial, A. 2004. La relación entre los odonatos y la altitud: el caso de Asturias (Norte de España) y la Pe-nínsula Ibérica (Odonata). Boletín de la So-ciedad Entomológica Aragonesa, 35: 103-116.
Ocharan, F. J., Ferreras Romero, M., Ocharan, R. & Cordero Rivera, A. 2006. Sympetrum fla-veolum. In: Verdú, J. R. & Galante, E. (eds). Libro Rojo de los invertebrados de España. Di-rección General para la Biodiversidad, Minis-terio de Medio Ambiente, Madrid, 275-276.
Martiño Cabana OteroDpto. de Bioloxía Animal, Vexetal e Ecoloxía
Facultade de Ciencias. Universidade da CoruñaCampus da Zapateira, s/n. 15071 A Coruña
Anxos Romeo BarreiroAsociación Saramaganta. Tellado, 8. Romeán
27141 Lugo
Adolfo Cordero RiveraGrupo de Ecoloxía Evolutiva e da Conservación
Universidade de Vigo, EUE ForestalCampus Universitario. 36005 Pontevedra
Torralba-Burrial, A., Ocharan Larrondo, F. J., Outomuro Priede, D., Azpilicueta Amorín, M. & Cordero Rivera, A. (en prensa). Sympe-trum flaveolum (Linnaeus, 1758). In: Verdú, J.R., Numa, C. & Galante, E. (eds). Atlas y Lista roja de los invertebrados amenazados de España (Especies Vulnerables). Dirección Ge-neral de Medio Natural y Politica Forestal, Ministerio de Medio Ambiente y Medio Ru-ral y Marino, Madrid.
Xunta de Galicia. 2007. Decreto 88/2007 do 19 de abril, polo que se regula o Catálogo galego de especies ameazadas. Consellería de Medio Ambiente e Desenvolvemento Sostible. Diario Oficial de Galicia, 89: 7409-7423.
19
Dat
a /
Dat
eH
umid
al /
Wet
land
UTM
1x1
km (2
9T)
Alti
tude
(m)
Sist
ema
mon
taño
so /
Mou
ntai
n ra
nge
Loca
lidad
e / L
ocal
ityO
bser
vaci
óns /
Obs
erva
tions
21/0
8/20
10A
s Lag
oas
PG 7
070
e 70
7115
05Se
rra
Cal
vaPo
rto d
e Sa
nabr
ia (Z
amor
a)N
umer
osos
mac
hos e
var
ios t
ande
ms.
A
380
met
ros d
a fr
onte
ira c
on G
alic
ia.
29/0
8/20
10A
Pen
a Agu
daPG
717
613
33Se
rra
Cal
vaSe
oane
, A V
eiga
(Our
ense
)3
mac
hos n
unha
peq
uena
xun
quei
ra se
ca.
29/0
8/20
10Ve
iga
do C
outo
PG 7
071
1518
Serr
a C
alva
Vald
ín, A
Vei
ga (O
uren
se)
25 m
acho
s e 5
fem
ias d
e S.
flav
eolu
m.
29/0
8/20
10M
alla
da d
os B
años
PG 7
172
1505
Serr
a C
alva
Vald
ín, A
Vei
ga (O
uren
se)
Num
eros
os S
. flav
eolu
m. 1
0 m
acho
s e
tand
ems d
e S.
sang
uine
um.
30/0
8/20
10La
goa
do L
ombo
(n
orte
)PG
677
015
15Se
rra
Cal
vaPr
ador
ram
isqu
edo,
Via
na d
o B
olo
(Our
ense
)N
umer
osos
tand
ems S
. flav
eolu
m. V
ario
s m
acho
s de
S. sa
ngui
neum
.
30/0
8/20
10La
goa
do L
ombo
(sur
)PG
676
915
15Se
rra
Cal
vaPr
ador
ram
isqu
edo,
Via
na d
o B
olo
(Our
ense
)6
tand
ems e
+50
ex.
2 fe
mia
s S. s
angu
i-ne
um.
30/0
8/20
10En
coro
da
Lago
a de
La
ma
da G
rúa
PG 7
172
1448
Serr
a C
alva
Prad
orra
mis
qued
o, V
iana
do
Bol
o (O
uren
se)
Vario
s mac
hos.
03/0
9/20
10Po
zo d
o La
go M
aior
PH 5
429
1330
Anc
ares
-Cau
rel
Hos
pita
l, Pe
drafi
ta d
o C
ebre
iro
(Lug
o)+5
00 e
x.
10/0
9/20
10La
goa A
Tap
ada
Gra
nde
PG 4
575
1380
Mac
izo
Cen
tral
Cha
guaz
oso,
Vila
riño
de C
onso
(O
uren
se)
1 ex
. con
var
ios e
x. d
e S.
sang
uine
um.
10/0
9/20
10Tu
rbei
ra a
ugas
aba
ixo
do e
ncor
o de
Cen
zaPG
457
212
99M
aciz
o C
entra
lC
hagu
azos
o, V
ilariñ
o de
Con
so
(Our
ense
)1
mac
ho. N
umer
osos
S. s
trio
latu
m.
10/0
9/20
10La
goa
da C
orga
Lon
gaPG
407
513
60M
aciz
o C
entra
lC
hagu
azos
o, V
ilariñ
o de
Con
so
(Our
ense
)1
mac
ho.
13/0
9/20
10La
goa
Her
bosa
PG 6
863
1419
Serr
a C
alva
Prad
orra
mis
qued
o, V
iana
do
Bol
o (O
uren
se)
1 ex
. Num
eros
os S
. san
guin
eum
.
19/0
9/20
10La
goa
do L
ombo
(n
orte
)PG
677
015
15Se
rra
Cal
vaPr
ador
ram
isqu
edo,
Via
na d
o B
olo
(Our
ense
)1
fem
ia e
n ta
ndem
s het
eroe
spec
ífico
con
m
acho
de
S. sa
ngui
neum
. S. fl
aveo
lum
m
áis a
bund
ante
que
S. s
angu
ineu
m.
19/0
9/20
10La
goa
do L
ombo
(sur
)PG
676
915
15Se
rra
Cal
vaPr
ador
ram
isqu
edo,
Via
na d
o B
olo
(Our
ense
)O
bser
vado
s bas
tant
es S
. flav
eolu
m. M
áis
abun
dant
e qu
e S.
sang
uine
um.
19/0
9/20
10La
goa
do L
ombo
(sur
)PG
676
915
15Se
rra
Cal
vaPr
ador
ram
isqu
edo,
Via
na d
o B
olo
(Our
ense
)O
bser
vado
s bas
tant
es S
. flav
eolu
m. M
áis
abun
dant
e qu
e S.
sang
uine
um.
Táb
oa 1
. Obs
erva
ción
s rea
lizad
as d
e Sy
mpe
trum
flav
eolu
m n
o oc
cide
nte
gale
go. [
Obs
erva
tions
of S
ympe
trum
flav
eolu
m in
wes
tern
Gal
icia
.]
Sympetrum flaveolum en Galicia
Top Related