MUSEO LISTE- ETNOGRÁFICO DE VIGO E C.A.T.
4º TRIMESTRE
outubro/novembro/decembro
2018
P
R
O
G
R
A
M
A
C
I
Ó
N
EXPOSICIÓN PERMANENTE
Salas temáticas:
Simboloxía dos oficios
Os tecidos
O peche
A madeira escavada
A luz
A arte de curar
A materialidade da fe
O centeo
A rotulación dos contidos permite a
realización de percorridos autónomos.
VISITAS GUIADAS:
Para grupos previa solicitude.
Para o público en xeral, os
percorridos guiados realizaranse os
sábados ás 11:30 h.
E
X
P
O
S
I
C
I
Ó
N
P
E
R
M
A
N
E
N
T
E
APEIRARTE: LICENZA PARA CREAR
Xurdida da simbiose entre etnografía e arte. Pretende
contemplar as pezas etnográficas dende unha
perspectiva estética. As creacións expostas, obra de 24
artistas, son reflexo da comunicación entre o obxecto
e estes, adquirindo, tras a súa análise, novos
significados que se atopaban latentes nel: harmonía
das súas liñas e volumes.
O NADAL NA TRADICIÓN
Exhibición de tarxetas de Nadal e nacementos.
Lugar: Salas do Museo.
Datas: do 11 de decembro ata o 8 de xaneiro.
Soporte didáctico: tarxetas e nacementos pertencentes a
diversas coleccións privadas.
Comisariado da exposición: Dª Araceli M. Liste Fernández.
Profesora titular da Universidade. Departamento de
Debuxo da Facultade de Belas Artes de Pontevedra.
Lugar: Sala de Exposicións Temporais e varias salas
da Exposición Permanente.
Datas: ata o 31 de decembro.
E
X
P
O
S
I
C
I
Ó
N
S
T
E
M
P
O
R
A
I
S
Entrada gratuíta á Sala de Exposicións
Temporais. Para o resto das salas
aplícanse as tarifas de entrada ao Museo.
Prezo: 1 euro por participante
SAMAÍN: COUSAS DE ENCANTAMENTO
A festa do Samaín marcaba a transición do verán cara ao
inverno na tradición celta. A actividade constará de:
- Parte teórica: orixe e características do Samaín xunto coa
maquillaxe dos participantes.
- Parte práctica: realización dunha grilanda que levarán como
agasallo para enfeitar a clase.
- Xogo: comezando por deixar os medos nunha cabaza
comemedos viviremos experiencias terroríficas na pasaxe do
terror da nosa casa encantada.
- Ademais, os grupos que así o desexen poderán traer a súa
cabaza decorada que será exhibida ao longo desta celebración
no Museo.
Lugar: salas do Museo.
Datas: 23, 24, 25, 26, 30 e 31 de outubro.
Duración: 1 hora.
Dirixido a: grupos de Educación Infantil e Primaria previa
solicitude (50 nenos/as máximo).
NADAL: FELICIDADES DE PAPEL
É o envío de tarxetas de Nadal un costume en desuso?.
Analizaremos a orixe das tarxetas, os seus tipos e como
evolucionou a felicitación destas datas. A actividade constará de:
- Parte teórica: introdución á historia das tarxetas de Nadal.
- Visita á mostra “O Nadal na tradición” que exhibirá tarxetas de
diversas datas e unha escolma de nacementos.
- Xogo “As tarxetas dos oficios” e obradoiro de confección de
felicitacións.
- Amais os participantes poderán traer figuras para o noso belén.
Deberán estar feitas por eles cos materiais que desexen.
Lugar: salas do Museo.
Datas: do 11 ao 21 de decembro
Duración: 1 hora.
Dirixido a: grupos de Educación Infantil e Primaria previa
solicitude (50 nenos/as máximo).
A
C
T
I
V
I
D
A
D
E
S
C
Í
C
L
I
C
A
S
MAXIA E MENCIÑA NAS ÁRBORES
Moitas son ás árbores que amais de provernos de materiais
para a fabricación de apeiros e para a construción, atesouran
outras cualidades vencelladas coa curación e a maxia.
Lugar: Sala da Madeira Escavada.
Datas: durante todo o ano.
Dirixido a: todos os públicos
A MADEIRA
A importancia e versatilidade da madeira obrigan a
coñecer aspectos relevantes como tipos e uso que dela fai
o ser humano.
Lugar: Sala da Madeira Escavada.
Datas: durante todo o ano.
Dirixido a: grupos de E. Infantil e Primaria.
A MESA FARTA
Dentro do percorrido habitual polo Museo faremos fincapé
nas pezas que documentan a nosa cultura gastronómica. A
actividade contará tamén cunha parte práctica a través de
pezas relacionadas coa temática e que xeralmente se atopan
nos almacéns do Museo.
Lugar: Salas do Museo
Datas: a partir do 15 de outubro.
Dirixido a: todos os públicos.
ENCAIXANDO ANACOS
Forma lúdica de achegarse ao Museo cos quebracabezas
cuxas pezas atoparemos ao longo da visita.
Lugar: Salas do Museo.
Datas: durante todo o ano.
Dirixido a: grupos de E. Infantil.
A
C
T
I
V
I
D
A
D
E
S
C
O
M
P
L
E
M
E
N
T
A
R
I
A
S
Estas actividades están pensadas para
ser incluídas nos percorridos guiados para grupos previa
solicitude
1 euro por participante
ONDE ESTÁN AS CHAVES?
Conxugamos coñecemento e diversión para descubrir
os aspectos e pezas mais destacables do Museo.
A actividade consistirá en por en xogo capacidades
dedutivas, memoria e habilidades a través de probas
encadeadas co fin de acadar o obxectivo final.
Lugar: salas do Museo.
Datas: durante todo o ano.
Dirixido a: grupos de Educación Primaria previa
solicitude.
Soporte didáctico: materiais didácticos e monitor.
Duración: 90 minutos.
UN CADÁVER NO ARMARIO
A modo de “escape room” e partindo dun relato, os
participantes deberán descubrir o misterio do asasinato de
Bieito Pichel. Diversas probas levarannos ao misterioso
cadáver desaparecido e que, segundo as últimas noticias,
atópase no Museo.
Lugar: Salas do Museo.
Datas: durante todo o ano.
Dirixido a: grupos, a partir de 13 anos.
Soporte didáctico: materiais didácticos e monitor.
Duración: 90 minutos.
A
C
T
I
V
I
D
A
D
E
S
E
S
P
E
C
I
A
I
S
A
C
T
I
V
I
D
A
D
E
S
E
S
P
E
C
I
A
I
S
INSTRUMENTOS HUMILDES
Obradoiro teórico - práctico no que se aborda:
- Clasificación dos instrumentos.
- Breve historia dos instrumentos.
- Variedade nos modos de tocar.
- Variedade nos ritmos (alalá, muiñeira, alborada, …)
- Distintos momentos de uso (festas, foliadas,
comparsas…)
- Mostras do cancioneiro popular (coplas, nanas…)
- Achegamento aos instrumentos doutras culturas.
O discurso do monitor leva a agrupar os
instrumentos en:
- Obxectos construídos co fin de tocar.
- Obxectos de uso cotiá utilizados como
instrumentos.
- Xoguetes sonoros ou que imitaban
instrumentos.
Lugar: Salas do Museo ou xardín circundante.
Datas: todo o ano.
Duración: 60 minutos.
Dirixido a: grupos de todas as idades previa
solicitude (máximo 50).
Soporte didáctico: instrumentos e monitor guía.
Monitor: Erica Iglesias Neira.
T
A
L
L
E
R
E
S
D
E
C
O
Ñ
E
C
E
M
E
N
T
O
Prezo do taller: 40 euros/grupo
1 euro por participante
HIXIENE E COSMÉTICA
Ao longo da historia, os hábitos hixiénicos foron
mudando e, con eles, os produtos e obxectos
utilizados. Unida á hixiene, e desenvolvéndose ao seu
carón, tamén foi mudando e sofisticándose o mundo
da cosmética, converténdose ambas as dúas en
potentes industrias.
O obradoiro teórico - práctico constará de dous
bloques:
- Bloque introdutorio: salientando os aspectos
máis relevantes das mudanzas producidas en
hábitos hixiénicos e cosméticos co repaso
polas pezas que o Museo agocha e que serán
exhibidas especialmente para o obradoiro.
- Bloque práctico: elaboración dun produto
cosmético baseado nas técnicas tradicionais.
Lugar: Sala Didáctica do Museo.
Datas: a partir do 13 de novembro.
Duración: 60 minutos.
Dirixido a: grupos de todas as idades previa
solicitude (máximo 50)
Soporte didáctico: pezas en exhibición, proxección de
audiovisual, diversos materiais e monitor-guía.
T
A
L
L
E
R
E
S
D
E
C
O
Ñ
E
C
E
M
E
N
T
O
No mes de Novembro presentarase unha nova
xornada na que se tratarán temas referidos ás
prácticas artísticas etnográficas.
A súa data, horario e poñente serán
convenientemente difundidas a través da
prensa e da nosa páxina web.
X
O
R
N
A
D
A
S
P
A
R
A
A
C
O
M
U
N
I
C
A
C
I
Ó
N
Foto: xornada “Obxectos estraños á intemperie: os oficios e os sentimentos da arte” impartida por Juan Fernando de Laiglesia, catedrático emérito da Facultade de Belas Artes de Pontevedra.
O C.A.T. ITINERANTE
Demostracións prácticas de cestería tradicional en institucións que así o soliciten (atenderanse un total de 10
solicitudes por rigoroso orde de reserva).
O artesán cesteiro Rubén Berto Covelo
desprazarase ata o centro onde impartirá unha
clase teórico-práctica.
Datas: 4º trimestre do ano.
Duración: 1 hora (duración aproximada).
Dirixido a: institucións previa solicitude.
Soporte didáctico: materiais relacionados coa cestería.
Monitor: Rubén Berto Covelo.
Información e reserva: 986244698
Gratuíta
C.
A.
T.
INFORMACIÓN XERAL
HORARIO MUSEO LISTE VIGO
DE MARTES A SÁBADO : de 10:00 h. a 14:00 h
MÉRCORES: de 10:00 h. a 14:00 h. e de 17:00 h. a 19:00 h.
PREZOS DE ENTRADA AO MUSEO LISTE
Xeral: 2 €
Reducido: 1€ menores de 12 anos, 3ª idade, parados, estudantes e integrantes de grupos de máis de 10 persoas.
Gratuíto: menores de 6 anos; Centros de Ensino (do Concello de Vigo) e Asociacións da 3ª Idade (do Concello de
Vigo); exposicións temporais e actividades que así o indiquen.
CONTACTO
Tfno. 986-244698
Rúa Pastora, nº 22, Vigo
www.museoliste.org
Top Related