O sistema dixestivo
• Partes do aparello dixestivo.
O sistema dixestivo está formado polo tubo dixestivo e polas glándulas anexas. O aparello dixestivo transforma os alimentos en substancias sinxelas
A BOCA
• A boca parte os alimentos e desfai a comida. E mestúrase coa saliva.
• Na boca temos 32 dentes.
• A lingua axuda a saborear os alimentos, os dentes a mastigalos e os labios axudan a que o alimento non caia fóra
O ESOFAGO
• O esófago mide de 20 a 25cm.
• É un tubo que conduce ata o estómago.
O estómago
• O zume gástrico está no estómago, e é o que converte a comida en papas, o que desfai a comida.
• O estómago o que fai revolver a comida.
O intestino delgado
• O intestino delgado é a parte do tubo dixestivo que empeza despois do estómago e acaba no cego do colon. Divídese en tres partes proporcionais: duodeno, xexuno e íleo.
O intestino groso
• O intestino groso e a penúltima porción do tubo dixestivo, formada polo cego,o colon, o recto e o canal anal. Mide aproximadamente un metro e medio de longo.
As glándulas
• As glándulas salivares son unhas glándulas que hai na boca que fabrican a saliva,que axuda a dixerir os alimentos.
• O fígado é a maior glándula do corpo humano.O seu peso aproximado e de case 1.5kg no home e un pouco menos na muller.
• O páncreas axuda a rematar de transformar os alimentos por medio do xugo pancreático.
A dixestión
A dixestión é o proceso de transformación dos alimentos previamente inxeridos en substancias nutritivas mais pequenas, para levalas polo sangue a todas las células de todo o corpo.
LIGAZÓNS DE INTERESE
• Vídeo do aparello dixestivo
• Texto aparello dixestivo
• Lámina
Traballo feito por:
•Lara Alonso Hernández
• Aida Suárez Vilas
•Iván Abeijón Pérez.
•Luís Miguel Augusto Oujo.
Top Related