O RELEVO E O CLIMA
polarfrío de montañaoceánico
tropical mediterráneo árido subárido
O RELEVO E O CLIMA
Glaciar
Húmido
PeriglacialÁrido ou subárido
Característico de lugares onde a temperatura non supera os 0ºC e onde a precipitación é sempre en forma de neve: altos cumios das grandes cordilleiras e zonas polares.
Un glaciar é unha acumulación de xeo capaz de desprazarse pola gravidade.
O MODEADO GLACIAL
LIBRO: PÁXINAS 192-193
GLACIARES DE CASQUETE OU INLANDSIS
GLACIARES DE VAL (ALPINOS)
O xeo cobre todo o terreo. As linguas non saen de circos senón dos casquetes
O xeo cobre os vales deixando emerxidos os cumios. Linguas de neve saen de depósitos chamados circos e descenden ata fundir.
TIPOS DE GLACIARESLIBRO: PÁXINAS 192-193
INLANDSIS
Capas de xeo de ata 4000 metros que anulan todo o relevo e nos que o xeo esvara lentamente cara ao mar.
Son os glaciares de Grenlandia e da Antártida
Se as linguas non se funden desfanse no mar e forman os Icebergs
As linguas do casquete de Grenlandia ceiba os Iceberg no Atlántico norte
CIRCO
VAL GLACIAR
LÍNGUAS
MORENADE FONDO
MORENAFRONTAL
MORENALATERAL
HORN
ARESTA
CIRCOGLACIAR
LAGO
VAL EN U
GLACIARES DE VAL
Situados nos cumios das grandes cordilleiras: Alpes, Andes, Himalaia. O xeo acumúlase nos circos dos que saen linguas de xeo que esvaran, escavando vales en forma de U, e arrastrando sedimentos que depositan cando a lingua funde.
LIBRO: PÁXINAS 192-193
Circo glaciar
Lingua glaciar con morenas.
Val glaciar en U
PARTES DUN GLACIARLIBRO: PÁXINAS 192-193
Glaciar alpino no Google Earth
LIBRO: PÁXINAS 192-193
HORN E ARESTASLIBRO: PÁXINAS 192-193
OS SEDIMENTOS DOS GLACIARES: AS MORRENAS
Lingua glaciar con morena central
Till
Bloques erráticos
Morena centralMorena lateralMorena frontal
LIBRO: PÁXINAS 192-193
BLOQUES ERRÁTICOS
PENEDOS
O rozamento co material detrítico que arrastra o vento produce estrías nas rochas
LIBRO: PÁXINAS 192-193
ROCHAS OVELLADASLIBRO: PÁXINAS 192-193
A morena frontal adoita formar barreiras que encoiran a auga procedente da fusión do xeo formando unha lagoa de barreira
LIBRO: PÁXINAS 192-193
Lago da Baña: lagoas en circos glaciares na serra do Eixo, no Macizo de Trevinca
Con frecuencias fórmanse lagos nos antigos circos do pasado glaciarismo galego
Morena Glaciar do Cenza
En Chaguazoso (Vilariño de Conso) existe unha espectacular morena frontal, restos do antigo Glaciarismo galego. Tamén pódese ver o circo e maila morena de fondo
Morena frontal
Morena de fondo
Circo
O lago de Sanabria é un lago formado por unha morena frontal
Lagoa de Ocillo en Sanabaria:Lagoa de circo
Restos de glaciarismo en Sanabria
O sistema morfoclimático periglacial corresponde a zonas onde a temperatura sube e baixa dos 0º producindo fenómenos de xeo e desxeo.Corresponde á Tundra e zonas de alta montaña.O proceso máis característico é un modelo se meteorización física chamada xelifracción.Os fragmentos das rochas acumúlanse baixo as pendentes formando pedreiras.Na tundra existe unha capa de solo xeada chamada permafrost sobre a que se desenvolve un solo chamado mollisol que se enchoupa no verán cando o xeo de permafrost funde.Con frecuencia, se hai pendente hai esvaramento de capas de terreo sobre a capa xeada, proceso chamado solifluxión.
O MODELADO PERIGLACIAR
XELIFRACCIÓN E FORMACIÓN DE PEDREIRAS
O xeo que se conxela nas fenda actúa como unha cuña desfacendo a rocha e formando novas fendas.As pedras acumúlanse formando pedreiras
O PERMAFROSTO permafrost é unha capa xeada no subsolo da tundra.
Cando o xeo funde do verán da un solo enchoupado chamado mollisol.
Solifluxión: As veces de producen esvaramentos dos terreos sobre a capa xeada que producen catástrofes.
O SISTEMA MORFOCLIMÁTICO DAS ZONAS TEMPERADAS
Nas zonas de climas temperados o relevo é esculpido polas augas de escorrenta superficial que baixan cara ao mar.
Os procesos xerados pola gravidade nas pendentes tamén teñen a súa importancia
Os perfís do río teñen a forma da letra V, con paredes lixeiramente inclinadas
O río escava na roca e profundiza o val na chamada erosión lineal
O desprazamento dos materiais da ladeira fan que a V se vaia abrindo
AGUAS SALVAXES
A auga salvaxe, en terreos brandos ou sen vexetación, primeiro vai escavando regueiros.
Logo produce sucos nas ladeiras.
Ao final en determinados terreos produce cavorcos
Estas zonas chámanse bad-lands
Son as augas de arroiada que non teñen leito fixo.
LIBRO: PÁXINAS 178-179
ACCIÓN DAS AUGAS SALVAXESEN TERREOS POUCO CONSISTENTES
As augas salvaxes en terras pouco consistentes, polo tipo de rocha ou pola ausencia de vexetación (territorios de pouca pluviosidade) forma paisaxes de cavorcos como os desta diapositiva
LIBRO: PÁXINAS 178-179
CHEMINEA DAS FADAS
Prodúcense cando rochas duras protexen da erosión da arroiada os materiais que hai debaixo
LIBRO: PÁXINAS 178-179
TORRENTESCANLE DE DESAGUAMENTO
CONCA DERECEPCIÓN
CONO DE DEXECCIÓN
Correntes de réxime irregular que discorren por leito fixo con percorrido curto.
LIBRO: PÁXINAS 178-179
CORGOS
En Galicia chamamos corgos as depresións profundas polas que baixan os torrentes.
LIBRO: PÁXINAS 178-179
Torrenteira no Invernadeiro
OS PROCESOS FLUVIAIS
Correntes de augas permanentes que flúen por un leito fixo e que teñen percorridos longos.
Os ríos fórmanse pola confluencia de arroios e torrentes e son alimentados pola chuvia, o desxeo e as augas subterráneas.
LIBRO: PÁXINAS 180
OS CURSOS DUN RÍO
CURSO BAIXO CURSO MEDIO CURSO ALTO
LIBRO: PÁXINAS 180
CURSO ALTO
RÁPIDOS
GARGANTAS
FERVENZAS
LIBRO: PÁXINAS 180
CURSO MEDIO
Veigas
Veigas
Meandros
LIBRO: PÁXINAS 180
Nos cursos medios, o leito faise curvilíneo, formando meandros. Ademais, os ríos cando levan moita auga inundan ás ribeiras e depositan nelas os seus sedimentos, formando as veigas.
A ARTESA FLUVIAL
Nos cursos medios e baixos o río non erosiona senón que deposita os sedimentos, sobre todo nos intres de crecida, nos que deixa a súa carga nas veigas.
O val vai así acadando un fondo plano cun leito de estiaxe e outro de avenida.
Esta forma de val na que o río circula entre os seus propios sedimentos chámase artesa fluvial.
Leito de avenida
Leito de estiaxe
CURSO BAIXO
Artesa fluvial ampla Meandros
Meandros
LIBRO: PÁXINAS 180
EVOLUCIÓN DE LOS MEANDROS
Na parte convexa o río vai máis rápido e erosiona.
Na parte cóncava o río vai máis lento e sedimenta
A CURVATURA DO MEANDRO AUMENTA
LIBRO: PÁXINAS 180
MEANDROS NO CURSO BAIXO DO EBRO
O Google amosa o curso divagante do Amazonas
EVOLUCIÓN DE LOS MEANDROS
A curvatura pode chegar a estrangular o leito, e deixar o meandro abandonadoMeandro abandonado
O Google amosa o curso divagante do Amazonas
DESEMBOCADURAS: ESTEIROS
Cando os ríos desembocan en mares abertos, as correntes mariñas arrastran os sedimentos mar a dentro, quedando a desembocadura libre.
Os esteiros teñen tipicamente forma de funil.
O esteiro do Miño
As rías galegas son grandes esteiros porque son antigos vales fluviais asolagados.
Esteiro do Teixo
LIBRO: PÁXINAS 180
O esteiro do Miño no Google Earth
LIBRO: PÁXINAS 180
DESEMBOCADURAS: DELTAS
Nos mares pechados como o Mediterráneo os sedimentos deposítanse na desembocadura dando unha formación triangular chamada delta.
O río divídese en numerosos brazos polos que a auga flúe entre os seus propios sedimentos.
Os deltas son humedais de gran riqueza e acubillan unha importante fauna de aves acuáticas
Delta do Ebro
Delta do Ebro
Delta do Nilo
LIBRO: PÁXINAS 180
O DELTA DO EBROLIBRO: PÁXINAS 180
A REDE FLUVIAL GALEGA NON CORRESPONDE AO ESQUEMA DESCRITO: EXEMPLOS NO RÍO SIL
O maior ou menor encaixamento dos ríos galegos dependen da pendente xerada nos movementos dos bloques xeolóxicos nos últimos millóns de anos.
Nas zonas de meirande pendente os ríos encáixanse nas rochas do subsolo.
O google amosa como o Sil se encaixa na rocha galega
A REDE FLUVIAL GALEGA NON CORRESPONDE AO ESQUEMA DESCRITO: EXEMPLOS NO MIÑO
O Miño ten en Lugo características de curso medio, pero na zona entre Salvaterra e Tui, máis próxima á desembocadura, presenta aspecto de curso alto con rápidos. A causa é a mesma: polos movementos dos bloques o río ten máis pendente en Ponteareas
A desembocadura do Xallas
A REDE FLUVIAL GALEGA NON CORRESPONDE AO ESQUEMA DESCRITO: A FERVENZA DO ÉZARO
O Xallas presenta na súa desembocadura características de curso alto coa impresionante fervenza do Ézaro. A causa é o levantamento do bloque costeiro que xerou un forte desnivel
A pesar de ser un dos poucos exemplos dun río que desemboca en fervenza todo se perdeu ao construírse preto un encoro.
Hoxe en día ábrese o encoro os domingos do verán, ás 12, para que os turistas poidan facerlle fotografías.
A desembocadura do Xallas e o encoro que acabou coa fervenza
A FORMACIÓN DE TERRAZAS FLUVIAS
Ás veces, cando os ríos circulan por artesas, recuperan a capacidade de erosión porque o movemento dos bloques da cortiza xera máis pendente, ou porque aumenta o seu caudal por causas climáticas. Daquela o río escava un novo cauce no seu leito e o antigo fondo do río queda a certa altura.
Terrazas no Miño preto de Ribadavia
AS TERRAZAS FLUVIAIS NAS LAGOAS
Os coios que aparece cando a estrada corta o terreo nas Lagoas, indican que era o antigo leito do río.
Ourense está construído sobre o antigo leito do río. Por iso cando escavamos nas Lagoas, o Couto o en zonas de A Ponte aparecen os coios
Foxo nas Lagoas
OS SISTEMAS ÁRIDOS E SUBÁRIDOS
Corresponde a zonas próximas aos trópicos onde as precipitacións son escasas (200 mm anuais nas áridas e sobre 400 mm anuais as subáridas).
Nestas zonas a ausencia de precipitacións fai que o axente modelador do relevo sexa o vento: “procesos eólicos”.
No noso país pódense considerar subáridas as Illas Canarias e parte do sueste peninsular.
LIBRO PÁXINAS 194-195
TERMOCLASTIAÉ un proceso de meteorización física no que se produce disgregación da rocha como consecuencia dos cambios de volume producidos polas diferenzas térmicas entre o día e a noite
Os seus efectos son moi moi semellantes á xelifracción
LIBRO PÁXINAS 194-195
A ESTRUTURA DOS DESERTOS
As montañas desérticas desfánse por termoclastia, e os fragmentos son arrastrados pola auga o polo vento. Por iso, a A estrutura xeral dun deserto é, desde o centro á periferia:Macizo central e montes illaDeserto de pedras (Reg)Deserto de area (Erg)
LIBRO PÁXINAS 194-195
A EROSIÓN: DEFLACIÓN
Reg
É o varrido polo vento do material fino dos desertos
O resultado é o deserto de pedra formado por sedimentos grandes que o vento non pode mover, chamado Reg
LIBRO PÁXINAS 194-195
A EROSIÓN: A ABRASIÓN
Desgaste das rochas polas partículas que arrastra o vento: as formas típicas son os alvéolos , as rochas funxiformes e os arcos
Alvéolos
Rochas funxiformesArcos
LIBRO PÁXINAS 194-195
ROCHA FUNXIFORMELIBRO PÁXINAS 194-195
A paisaxe típica das películas do oeste e unha paisaxe eólica con montes-illa resaltando entre os propios sedimentos.
O DESERTO DE ARIZONA
Son os depósitos eólicos máis importantes. Os ventos as desprazan e cambian de forma.
DUNASLIBRO PÁXINAS 194-195
Dirección do ventoAS DUNAS AVANZAN
A area é desprazada polo ventona zona de barlovento de menor pendente, e cae por gravidade pola zona de sotavento de meirande pendente.
No parque nacional de Doñana as dunas no seu avance, cobren a parte baixa dos piñeiros.
LIBRO PÁXINAS 194-195
O LOESS
O material fino do deserto pode chegar ata zonas máis húmidas e precipitar coa chuvia dando un solo extraordinariamente fértil: o loess
LIBRO PÁXINAS 194-195
WADI
É o nome árabe dos ríos esporádicos que se forman en momentos de chuvia
LIBRO PÁXINAS 194-195
COMPLEXO DUNAR DE CORRUBEDO
En Corrubedo, entre a ría de Muros-Noia e de Arousa, existe o complexo dunar máis importante de Galicia. Hoxe en día forman parte dun dos parques naturais máis importantes de Galicia.
En Galicia vemos acción eólica nas zonas máis ventosas do litoral.
Top Related