Download - O movemento natural da poboación en España e en Galicia

Transcript

PO

BO

AC

IÓN

Isaac Buzo Sánchez(adaptado)

MOVEMENTO NATURAL DA POBOACIÓN ESPAÑOLA E

GALEGA

Fonte: Banco de Imágenes CNICE

DEFINICIÓN

MOVEMENTO NATURAL = CRECEMENTO NATURAL = CRECEMENTO VEXETATIVO

É a variación da poboación por causas naturais (polo balance entre a natalidade e a mortalidade. CN = Nacementos - Defuncións

Prof. ISAAC BUZO SÁNCHEZ

TAXAS

Para poder comparar os datos demográficos de diferentes lugares con distinta poboación cómpre relativizar os datos. Por isto, tanto a natalidade como a mortalidade e o crecemento natural relaciónanse coa poboación absoluta do lugar

TN = Nº de nacementos (nun período) x 1000 / Poboación absoluta (nese período)

TM = Nº de defuncións (nun período) x 1000 / Poboación absoluta (nese periodo)

TCN = Crecemento Natural (nun período) x 100 / Poboación absoluta (nese periodo)

As taxas de natalidade e de mortalidade calcúlanse por cada 1.000 habitantes (%o)A taxa de crecemento natural calcúlase por cada 100 habitantes (%)

Atención!!

Prof. ISAAC BUZO SÁNCHEZ

TAXAS

Existen outras taxas complementarias que nos axudan a interpretar os datos de mortalidade ou natalidade, ou a estudar aspectos parciais de ambos os dous fenómenos:

TF: Nº de nacidos nun período x 1000 / mulleres entre 15 e 49 años

Taxa de fecundidadeNúmero de nacidos vivos por cada 1.000 mulleres en idade de procrear (15-49)

Índice sintético de fecundidadeNúmero medio de fillos por muller (Taxa de reposición = 2,1 fillos por muller)

TMI = Menores dun ano falecidos (nun periodo) x 1000 / nados vivos (nese periodo)

Taxa de mortalidade InfantilNúmero de bebés falecidos antes de cumprir un ano por cada 1.000 nados vivos

EV = ∑ idade dos falecidos durante un período / total de falecidos (nese período)

Esperanza de vidaDuración media da vida de cada individuo dun grupo. Normalmente adóitase calcular ao

nacer, pero pode ser calculada (e de feito varía) para momentos diferentes

Prof. ISAAC BUZO SÁNCHEZ

EVOLUCIÓN DO CRECEMENTO NATURAL

A evolución do crecemento natural ao longo da historia explícase a través da teoría de la transición demográfica. Esta describe tres periodos históricos en que se produciron diferentes comportamentos demográficos

Prof. ISAAC BUZO SÁNCHEZ

RÉXIME DEMOGRÁFICO ANTIGO

a) Natalidade: elevada até o último terzo do s. XIXl e principios do s. XX (sociedade rural). Únicamente en períodos de crise, ao se retrasaren os matrimonios, descendía a natalidade

a) Mortalidade xeral alta e oscilante, aínda que a partir da década de 1870 descendeu lixeiramente (baixo nivel de vida e precarias condicións medico-sanitarias

b) Mortalidade catastrófica (ou extraordinaria) recurrente debido a epidemias, guerras o períodos de fames. Mortalidade infantil elevada. Esperanza de vida baixa

Correspóndese cunha sociedade preindustrial ou tradicional, caracterizada por un crecemento natural baixoEn España este período prolongouse até fins do s. XIX (retrasada a respecto de Europa):

Prof. ISAAC BUZO SÁNCHEZ

TRANSICIÓN DEMOGRÁFICA

a) Natalidade: descendeu de xeito suave e discontinuo, alternando periodos de crecemento con outros de caída da natalidade: aumento nos anos 20 (prosperidade económica); caída na Guerra e Posguerra (forte crise); 1956-75 (aumento relacionado co desenvolvemento económico do país, cun moderado crecemeento nos últimos anos do período (baby-boom)

a) Mortalidade xeral: descendeu notablemente e de forma constante agás en dous momentos: 1918 (epidemia de gripe) e 1936-39 (Guerra Civil). Causas: avances médicos e sanitarios (vacinas, antibióticos, partos en clínicas, sanidade pública, etc.), fin da malnutrición trala posguerra; e elevación do nivel socioeducativo. A mortalidade infantil tamén se reduciu neste período, sobre todo a causada pola malnutriciòn e as infeccións

Correspóndese cunha sociedade industrial, onde os avances en todos os sectores da economía, favorecidos pola Revolución Industrial, proporcionan máis e mellores alimentos. Elévase o nivel de vida e errádicanse enfermidades. Cronoloxicamente abranguería até 1975 (cun retraso a respecto doutros países europeos, de duración menor pero máis intensa):

Prof. ISAAC BUZO SÁNCHEZ

RÉXIME DEMOGRÁFICO MODERNO

Natalidade: afúndese (cifras inferiores a 10 ‰). O índicie de fecundidade baixa até os 1,15 en 1998 volvendo a subir posteriormente até 1,24 (continuando o seu ascenso até a actualidade) debido á incorporación de parellas novas inmiigrantes. Esta evolución explícase atendendo a factores económicos (crise de fins dos 70 e principios dos 80), cambios de mentalidade na sociedade española, incorporación da mullre ao mundo laboral, etc.

A mortalidade mantense en cifras baixas (8,91 ‰ en 2001), aínda que dende 1981 experimenta un lixeiro ascenso debido ao evellecemento da poboación. As principais causas dos falecementos: doenzas cardiovasculares, cancro, accidentes de tráfico, suicidios e doenzas relacionadas co envellecemento (Alzheimer e demencia senil). A mortalidade infantil tamén está baixo mínimos

Correspóndese cunha sociedade moderna ou postindustrial, onde a natalidade e a mortalidade sitúanse en taxas moi baixas. As taxas de natalidade son moi sensibles ás coxunturas económicas (en momentos de bonanza hai crecemento e nos de crise caídas). O resultado é un moi baixo crecemento natural (mesmo nalgúns lugares pode ser negativo):

Prof. ISAAC BUZO SÁNCHEZ

RÉXIME DEMOGRÁFICO MODERNO

Comparación Natalidad, Mortalidad y Crecimiento Natural

0

5

10

15

20

1975 1980 1985 1990 1995 2000 2005

Tasa

s

Crecimiento Vegetativo Tasa de Mortalidad Tasa de Natalidad

Comparación con datos reais das taxas de natalidade, mortalidade e de crecemento natural ou vexetativo dos últimos 30 anos en EspañaObsérvase a última fase da teoría da transición demográfica, a taxa de mortalidade estabilizada sobe nos últimos anos polo envellecemento da poboación, mentres que a natalidade cae até case igualarse coa mortalidade. Nos últimos anos a natalidade elevouse ao chegar as persoas inmigrantes

Prof. ISAAC BUZO SÁNCHEZElaboración propia, datos INE

DESEQUILIBRIOS TERRITORIAIS:Natalidade

Comunidades tradicionalmente natalistas: Andalucía, Murcia, Baleares, Canarias, Ceuta, Melilla (Comunidades do sur)

Comunidades que recibiron moita inmigración (poboación nova en idade de traballar e procrear): Madrid, Cataluña, Comunidad Valenciá

Comunidades avellentadas ás que afectou fortemente a emigración: Galicia e Comunidades do interior

Comunidades afectadas polas crises industriais dos 70, que reduciron as súas taxas de natalidade: cornixa cantábrica

Prof. ISAAC BUZO SÁNCHEZElaboración propia, datos INE

DESEQUILIBRIOS TERRITORIAIS:Mortalidade

Comunidades envellecidas que posúen altas taxas de mortalidade debido á súa estrutura de idade (moitos maiores e pouca xente nova): Cantábrico e interior, debido tanto á emigración como aos efectos das crises

Comunidades novas, que tradicionalmente foron moi natalistas, e Comunidades con moita inmigración. Ao existir moita poboación nova, a taxa de mortalidade redúcese (lembrade que a taxa de mortalidade se calcula en relación á poboación total)

Prof. ISAAC BUZO SÁNCHEZElaboración propia, datos INE

DESEQUILIBRIOS TERRITORIAIS:Crecemento natural

O crecemento debido a factores biolóxicos (crecemento natural ou vexetativo) é maior naquelas Comunidades cunha estrutura demográfica nova, debido xa á súa tradicional natalidade elevada ou xa á chegada masiva de población nova en idade de procrear, fundamentalmente Canarias, l costa mediterránea e Madrid

Prof. ISAAC BUZO SÁNCHEZFonte: INE

OUTROS INDICADORES DEMOGRÁFICOS

Prof. ISAAC BUZO SÁNCHEZFonte: INE

OUTROS INDICADORES DEMOGRÁFICOS

Prof. ISAAC BUZO SÁNCHEZFonte: INE

A TRANSICIÓN DEMOGRÁFICA EN GALICIA

Características:

-Galicia foi un país de emigracion dende a segunda metade do s. XVIII até 1973, cando a crise que afectou ao mundo industrializado detivo o proceso-As dificuldades económicas provocaron durante séculos que a poboación só tivese como recurso emigrar para poder sobrevivirO proceso tan intenso de emigración só foi posible porque a natalidade era superior á media do Estado. Situábase arredor do 22‰, mais tras a fin da transición demográfica a taxa caeu moi por baixo da do resto do Estado (16‰). Nos últimos tempos obsérvase un lixeiro repunte (17‰), aínda que sen chegar á taxa de reemprazoA mortalidade xeral é algo superior á do resto do Estado (10‰), mais hai que ter en conta que é unha poboación moi avellentada. As taxas de mortalidade infantil son semellantes ás do resto do EstadoCon este panorama, en Galicia temos un crecemento natural negativo, no que afectou tanto a transición demográfica coma o fenómeno migratorio

Prof. ISAAC BUZO SÁNCHEZ

NATALIDADE EN GALICIA

Fonte: IGE

Evolución número nacementos

MORTALIDADE EN GALICIA

Fonte: IGE

CRECEMENTO NATURAL EN GALICIA

Fonte: IGE

CRECEMENTO NATURAL EN GALICIA

Fonte: IGE

CRECEMENTO NATURAL EN GALICIA

Fonte:wikipedia

OUTROS INDICADORES DEMOGRÁFICOS

Fonte: IGE Número de fillas/os por muller

Evolución da esperanza de vida

OUTROS INDICADORES DEMOGRÁFICOS

Fonte: IGE

Taxa de nupcialidade

Nacementos segundo idade da nai