Varias ideas para disfrazarse a partires de personaxes da Idade Media.
guía descritiva da Catedral de Santiago de Compostela, adaptada para a xente máis nova con debuxos a cor e textos históricos.
Unha da últimas novidades editoriais galegas: un conto acompañado de
cancións para traballar o “Día da Paz”.
Clásicos adaptados, cunhas ilustracións que falan tanto coma o texto.
Libro de poemas protagonizado por animais, ideal para iniciar aos máis pequenos na linguaxe poética. Tamén é un canto ás peculiaridades da natureza, onde cada quen ten o seu deber…
Libro que polo seu título pode despistar: textos breves, de autor, que falan de valores como a amizade, a xenerosidade…, e a PAZ.
Esta colección está a piques de desaparecer do mercado. O título é un dos agasallos polo accésit ao premio de “Árbores de Nadal”. Logo, adquiriuse o titulado “A ra”, que se xuntan ao que xa temos sobre “O can”.
Dúas das últimas readaptacións editoriais que deben estar presentes nunha biblioteca.
Novidades de Violeta Monreal, para achegar a arte aos primeiros lectores.
Para os lectores autónomos, dous dos títulos premiados no mundo editorial galego.
E tamén para os lectores autónomos…
Títulos que completan coleccións existentes.
Este autor, Antón Cortizas, pronto nos visitará.
Os títulos de medo sempre teñen éxito. Agora incorporamos dúas coleccións: “El club de los caníbales” e “Monstruos para troncharse”
E tamén recibimos doazóns da Real Academia Galega.
Un formato parecido á colección anterior, mais nesta ocasión versa sobre como funciona o noso corpo.
Un manual, válido tanto para o alumnado coma para o profesorado, xa que axuda a organizar os contidos e dá ideas sobre como presentalos.
Equipo de dinamización da biblioteca. CEIP López Ferreiro. Curso 2015-16.
Top Related