NOVELAS AMBIENTADAS NO FRANQUISMO
Agualimpia. Hijos de la República (Vicente Muñiz e José Vicente
Muñiz). O autor, coa axuda de seu fillo, reconstrúe a súa propia
historia de orfo desde os seis anos en que seus país, militantes do
POUM en Valencia, foron fusilados en 1941 en Paterna.
Alas negras (Miguel Ángel Otero Furelos). Entre a realidade e a
ficción, a trama sitúase nos últimos tempos do maquis nos bosques
do Bierzo, onde se oculta o fantasmal Alas Negras.
Alguien dice tu nombre (Luis García Montero). No comezo dos
anos 60, un estudante dun pobo vai a Granada para estudar na
Universidade. Alí vivirá anos de amor e compromiso se se quere
aportar por un futuro mellor.
Alhambra y los tuchas (Jesús Sevilla Lozano). Novela de mensaxe
profranquista e antimaquis, onde os guerrilleiros antifranquistas son
tachados de criminais, ladróns e desalmados.
Antonio B…el Rojo (Ramiro Pinilla). A novela reflicte con crueza as
penurias, os odios e revanchas da España da posguerra co fondo da
guerrilla da Cabrera.
Beltenebros (Antonio Muñoz Molina). Convocado por unha
organización comunista, un antigo capitán do exército republicano
exiliado en Inglaterra, regresa a Madrid para executar a un suposto
traidor.
Caballeros de la muerte (Alejandro M. Gallo). O día da última
emisión de Radio España Independiente , un guerrillero republicano
regresa a España con tres obsesiones: esclarecer o asasinato do seu
irmá, localizar á súa muller e fillo e morrer en paz na súa terra.
Cabeza rapada (Jesús Fernández Santos). O autor reflicte a través de
dous nenos a terrible situación da posguerra, unha infancia roubada
dominada pola fame, o medo, as enfermidades.
Callejón del lobo (Desiderio Vaquerizo). Historia coral ao longo de
corenta anos de mulleres marcadas polo denominador común da
brutalidade en diferentes e moi dispares situacións.
¡Canalla, traidor, Morirás! (José A.del Cañizo). Historia dunha
confusión orixinada cando unha pedra coa frase do título da novela
cae na propiedade do alcalde, o que dá pé a supor que se trata dunha
ameaza dos maquis.
Carreteras secundarias (Ignacio Martínez Pisón). Un adolescente e
seu pai viven a salto de mata e viaxan na súa única posesión, un
Citroën, no que se moven polas estradas españolas a finais do
franquismo.
Central eléctrica (Jesús López Pacheco). Problemas e tensións que
sufren os habitantes dun pobo no que se quere instalar unha central
eléctrica que inundará as terras e o propio pobo, polo que deben
abandonalo.
Cielos de barro (Dulce Chacón). Historia de odios e vinganzas, de
vencedores e vencidos, ambientada en Estramadura co telón de fondo
da Guerra Civil e da posguerra.
Cinco días de octubre (Jordi Sierra i Fabra). En 1948, un poderoso
industrial adepto ao réxime reclama os servizos dun policía para
esclarecer a morte dun sobriño en 1936; a investigación resulta máis
complexa do esperado, mesturada con diamantes e anarquistas.
Cinco horas con Mario (Miguel Delibes). No monólogo que mantén
a viúva reflíctese a sociedade franquista dunha cidade de provincias
con trazos da familia, a política a relixión.
Con el viento solano (Ignacio Aldecoa). Drama dun xitano que
cometeu un delito e trata de fuxir dos seus e de si mesmo.
Continuación de El fulgor y la sangre pero que se pode ler de forma
independente.
Con la muerte al hombro (J.L Castillo Puche). Vivencias do autor na
súa localidade natal da que describe o ambiente popular arredor do
lúgubre acontecemento da morte coas súas duras e tráxicas
implicacións .
Conocerás el poso de la nada (J.L. Castillo Puche). Especie de
catarse de liberación do autor, dunha infancia e xuventude marcadas
pola opresión e o fanatismo da posguerra.
Cuando brille el arco iris (Andrés Meana). Un avó relata ao seu neto
a súa historia de maquis, a vida no monte e o paso polo cárcere.
Después de la lluvia (Fernando Benzo Sáinz). Paco, antigo
miliciano, maquis e ex presidiario, regresa ao pobo tras a morte de
seu pai. Do reencontro coa familia descubrirá que nada volve a ser
igual despois da guerra.
Destinos diferentes (Nicanor Rozada). Catro nenos dun pobo
mineiro viven experiencias relacionadas co apoio ao maquis
seguindo, cando este remata, camiños diferentes.
Don Jaime, el trágico Borbón (José María Zavala). Entre o ensaio e
qa novela, a obra biografía a figura do segundo fillo do rei Afonso
XIII e trata de dar resposta ás numerosas cuestións que suscita a súa
vida.
Donde nadie te encuentre (Alicia Giménez Bartlett). Un afamado
psiquiatra quere coñecer a La Pastora, a maquis máis buscada pola
Garda Civil, pois segue escondida nas terras do Maestrazgo en 1956.
Dos días de septiembre (J.M. Caballero Bonald). Jerez, 1960, días de
vendima e de contrastes de clases sociais, de ecos da Guerre Civil e
de dominación e abusos de poderosos terratenentes.
Duelo en el paraíso (Juan Goytisolo). Os nenos da posguerra,
influídos polas circunstancias bélicas, seguían xogando á guerra.
El adolescente indómito (José Luis Olaizola). Historia dun maquis
que loitou ata 1944. Na defensa das súas ideas coñeceu a fame, a
miseria e a persecución, pero tamén que era mellor descubrir o amor
en lugar da guerra.
El año del diluvio (Eduardo Mendoza). Unha monxa que acode a un
empresario para pedirlle que financie a construción dun asilo acaba
tendo con el relacións perigosas pero a situación cambiará de rumbo
coa aparición dun maquis ferido.
El año del wolfram (Raúl Guerra Garrido). Na primavera de 1945
tiveron lugar na zona do Bierzo uns acontecementos relacionados co
interese dos países belixerantes da Segunda Guerra Mundial pola
busca e extracción do wolfram, material de alto interese bélico.
El cacique (Luis Romero Pérez). A morte dun cacique que durante
anos tivo dominado a un pobo non é obstáculo para que, nas horas
inmediatas á súa morte, as forzas vivas se acheguen ao novo cacique,
que continuará dominándoos.
El corazón del viento (Joaquín Leguina). España e Chile sofren
ditaduras ás que se opoñen, por diferentes medios, as vítimas. Novela
marcada polo compromiso político e a liberdade sexual, pero tamén u
odio que reclama vinganza.
El corazón helado (Almudena Grandes). Novela de posguerra que
retrata moi ben o arribismo dos gañadores, que despoxan de todo a
uns perdedores que se ven obrigados a exiliarse en Francia.
El día de mañana (Ignacio Martínez de Pisón). Doce personaxes se
cruzan na vida dun emigrante ambicioso que acaba convertido nun
escuro colaborador da policía nun ambiente de traizóns e enganos
nos últimos anos do franquismo.
El embrujo de Shanghai (Juan Marsé). Historia contada por un
maquis a unha parella de adolescentes que sofren as consecuencias
da Guerra Civil pola desaparición de seus pais.
El enigma de los vencidos (Armando Rodera). Tras quince anos de
desterro en Sudamérica, o protagonista regresa a Madrid e faise
cargo dun negocio herdado no que descubre un intrigante xogo no
que a recompensa é facer xustiza á verdadeira historia de España.
El fulgor y la sangre (Ignacio Aldecoa). Historia de cinco mulleres
de uns gardas civís que reciben a noticia de que un deles faleceu, no
pechado ambiente do cuartel e rememorando momentos do pasado.
El guerrillero (Manuel Álvarez López). Reconstrución da historia
dun guerrilleiro de Lanjaron ao que aplicaron a lei de fugas cando
baixou do monte para ver á súa noiva.
El hijo del acordeonista (Bernardo Atxaga). Historia individual de
dous amigos que serve de reflexo a un colectivo que viviu a
posguerra e as primeiras manifestacións contra o franquismo nos
anos 60.
El hombre de las Lilas (Cristino Hernández Lanchas). Unha historia
de desamor entre dúas persoas que se desenvolve no marco histórico
da Guerra Civil, a Posguerra e a loita do maquis.
El hombre que pudo ser libre (Javier Zuloaga). Desde un hospital
psiquiátrico, o protagonista, un ancián de 90 anos lembra a súa
infancia feliz truncada pola guerra e o franquismo, contra o que
loitou como guerrilleiro.
El Jarama (Rafalel Sánchez Ferlosio). Un día de ocio dun grupo de
mozos, de tranquilidade nas beiras do río Jarama, onde parece que
todo é tranquilidade, pero ao rematar o día un acontecemento
inesperado introduce un cambio significativo.
El ladrido (Óscar Muñiz). Episodio dunha historia de maquis, cando
varios guerrilleiros implican a unha familia a darlles acubillo e a
atendelos das feridas recibidas.
El lector de Julio Verne (Almudena Grandes). Nun pobo de Jaén,
durante a posguerra, chega un forasteiro á casa cuartel da Garda
Civil, suceso que marcará un punto de inflexión na vida do
protagonista.
El libro de las aguas (Alejandro López Andrada). Un exiliado
regresa ao seu pobo pasados 30 anos, cando tivo que fuxir del e
adoptar unha nova identidade tratando de escapar dos nacionais que o
acusaban de colaborar co maquis.
El maqui (Luis Garrido). Un fuxido permanece varios anos no monte
como fuxido ata que é descubreto e morre a mans da Garda Civil.
El médico de Ifni (Javier Reverte). Historia da viaxe de Clara á
antiga colonia de Sidi Ifni, para coñecer os lugares onde traballou e
morreu seu pai, médico militar en tempos da dominación española.
Nesta viaxe descubre o deserto e a vida dos refuxiados nos
campamentos da Fronte Polisaria de Tindouf.
El niño que no iba a misa (Diego Carcedo). Obra coral na España
da posguerra, cos maquis na montaña, un crego sinistro e un neno
asustadizo fillo de republicanos que cre ter vista ao demo das aforas
do pobo.
El país de las lágrimas (Mario Escobar). Un xubilado encontra un
manuscrito escrito por unha muller que describe unha viaxe ca súa
filla en plena posguerra pero tamén unha viaxe interior no que se
analiza o amor fronte ao odio.
El pastor de las desgracias (Ángel Ruiz Cediel). No inicio da Guerra
Civil, tres amigos se fugan dun orfanato, pero rematada a contenda, a
vida lévaos polo camilo do maquis, o cárcere e a morte.
El pozo de la conciencia (Casimiro Sánchez Calderón). A historia
reflicte a dor das familias que, como a do autor, viviron a traxedia de
ter familiares que loitaban contra o franquismo desde a guerrilla.
El puente de hierro (César Gavila). Relatos sobre as actuacións do
maquis na zona do Bierzo na década dos anos 50.
El reclamo (Raúl del Pozo). Un historiador americano percorre a
serra de Teruel acompañado dun ex guerrilleiro antifranquista para
investigar a actividade do maquis nesa zona.
El séptimo velo (Juan Manuel Prada). Situación dos exiliados
españois nos campos de aloxamento franceses. Alternando presente e
pasado, a historia parará na Segunda Guerra Mundial, a España da
posguerra e na Arxentina refuxio de nazis.
El sonido de la noche (Xavier B. Fernández). Na Barcelona de
posguerra, un pianista de jazz americano vive experiencias amorosas
que acaban implicándoo no movemento antifranquista do maquis.
El testamento ológrafo (Honorato Boscá). Intriga e suspense arredor
dunha historia de amor na posguerra, con combatentes nas dúas
frontes na guerra e a aparición dun guerrilleiro que garda un secreto.
El tiempo entre costuras (María Dueñas). Historia da axitada vida
dunha modista madrileña empurrada polo destino a sobrevivir co seu
traballo durante a posguerra, pero no medio de historias de amor,
espías e conspiracións.
El último avión a Lisboa (Ricardo Bosque). Un pai, no Madrid dos
anos 40, enfróntase a un dilema: seguir negando a existencia de seu
fillo, un anarquista desaparecido en 1937, ou crer a posibilidade de
que siga vivo como guerrilleiro.
El último fusil (Edorta Jiménez). Novela a modo de homenaxe á
guerrilla antifranquista centrada en 1952, durante a construción
dunha liña ferroviaria por presos republicanos e a inesperada
aparición dun guerrilleiro.
El valle de sus sueños (Luis Miguel González). Historia colectiva
dos habitantes do val do Tiétar, dos seus problemas nunha España
afundida na miseria dos anos 50, cos maquis tratando de non ser
localizados pola Garda Civil.
El vengador (J.L. Castillo Puche). Co peso das consecuencias da
guerra como fondo e as vinganzas entre veciños, no entanto ao final
da novela parece abrirse o camiño á reconciliación entre vencedores
e vencidos.
El viaje a ninguna parte (Fernando Fernán Gómez). Triste historia
dunha compañía de teatro ambulante nos duros tempos de fame e
miseria da posguerra ameazados, ademais pola desleal competencia
do cinematógrafo.
En aquel tiempo (José Ángel Ordiz Llaneza). Tempo de posguerra e
de maquis en Asturias, tempo de descubrir verdades que non se
corresponden coas versións oficiais.
Entre visillos (Carmen Martín Gaite). A través das ocupacións cotiás
dun grupo de chicas de provincias, a autora describe o perfil dunha
xuventude sen ilusión e marcada polas prohibicións do franquismo.
Espigas amarillas (Lorea Otsoa Honorato). Novela baseada na
existencia real dunha muller que lle tocou vivir os duros anos da
posguerra e do franquismo e que foi un exemplo para
todos os que a coñeceron
Esa caja que suena (Antonio García Aparicio). A vida do
protagonista dá un xiro cando comeza a traballar na imprenta de seu
tío e descubra as dificultades para publicar, o poder da censura, a
loita activa contra o franquismo.
Estado de coma (J. J. Armas Marcelo). Historia novelada de Juan
García Sánchez, un mozo canario que prefire fuxir ao monte antes de
ter que loitar cos fascistas e que acabará detido e axustizado co
garrote vil.
Este tiempo amargo (Pablo de la Fuente). Relato das actividades dun
grupo de guerrilleiros na zona de Asturias e Santander nos inicios da
posguerra.
Estoril, los años dorados (Ricardo Mateos Sainz de Medrano). A
área portuguesa de Estoril-Cascais-Sintra converteuse, tra a fin da
Segunda Guerra Mundial, en lugar de dolce vita da gran aristocracia
internacional, amablemente recibida polo ditador Oliveira Salazar.
Entre os exiliados estaba a familia de Don Xoán de Borbón, fillo de
Afonso XIII e pai de Xoán Carlos I.
Estraperlo y tranvía (Alfonso López). A través do cómic, o autor
presenta unha panorámica das dificultades da posguerra, coa fame, as
guerrillas, o racionamento e o mercado negro.
Estrella fugaz (Luis Camacho). El Chirlo, unha lenda polo seu valor
e ousadía, ten un punto débil que lle preocupa máis que a Garda
Civil: o fillo que acaba de ter coa súa moza de toda a vida, unha
campesiña asturiana.
Goodbye, España (Mercedes Salisachs). En 1968 a raíña Victoria
Eugenia de Battenberg regresa a España para asistir ao bautizo do
seu bisneto o príncipe Felipe grazas a un permiso especial dado por
Franco, permanecendo cinco días no país.
Gran Sol (Ignacio Aldecoa). Historia da dureza da vida dos
pescadores de altura no Gran Sole, vista tanto desde a vida e a norte
no barco como a angustia das familias en terra.
Ha estallado la paz (José Mª Gironella). A familia Alvear continúa a
súa vida en Xirona durante a posguerra. Entre os seus veciños, uns
regresan ás súas casas e outros marchan ao exilio.
Habíamos ganado la guerra (Esther Busquets). Aspectos da vida da
burguesía franquista en Barcelona nos anos 40 e 50 a través das
lembranzas da propia autora, unha falanxista crítica coa situación.
Habla mi conciencia (José Francisco). Relato autobiográfico no que
o autor relata as súas vivencias como refuxiado en Francia e a súa
participación en varias accións en España a petición dos compañeiros
na loita antifranquista.
Hermanos de sangre (Ramón Acín Fanlo). Conxunto de 14 relatos
ambientados na Guerra Civil e no maquis, a traxedia que enfrontou a
irmáns nunha contenda fratricida.
Héroes y traidores (Fernando Rodríguez Vallina). Co fondo do
ambiente da guerrilla en Asturias, describe a historia dunha familia
defensora da democracia á que o novo réxime trata de aniquilar
fisicamente e privarlle das súas posesións.
Hijas de la ira (Juana Salabert). A autora, filla de exiliado, recolle os
testemuños de mulleres –unhas famosas e outras fillas de
guerrilleiras, fusiladas ou exiliadas- que foron nenas na Guerra Civil.
Hijas de la luna (Miguel Romero Saiz). Historia de tres mulleres que
se ven obrigadas a fuxir ao monte e viven ansiando recobrar a
liberdade perdida.
Hijos de Lobo (Los de la sierra) (Amaro Carretero). Escrito como un
monólogo interior de enorme forza literaria, mostra a introspección
emocional e lírica sobre os maquis da zona da Mancha.
Historia de un miliciano (Iñaki Miró). Historia dun palentino que
marcha a traballar a Bilbao e viva de forma intensa a historia de
España desde a Segunda república ata os cárceres franquistas, a
guerrilla e a resistencia en Francia contra os nazis.
Inés y la alegría (Almudena Grandes). Historia da invasión do Val
de Arán en 1944 por un exército de guerrilleiros que intentaron
liberar a España da ditadura. Os que sobreviviron volveron tras a
morte de Franco a unha España descoñecida e indiferente coa súa
epopea.
Invierno en Madrid (C.J. Sansom). Ambientada nos anos corenta,
conta a historia de Harry Brett, un veterano soldado inglés destinado
a Madrid polo Servizo Secreto Británico.
Juan Caballero (Luisa Carnés). Os catro personaxes centrais
representan outras tantas situacións na España franquista: a oficial, a
da Falanxe, e a da resistencia, a guerrilla, pero non son estancas,
senón que se relacionan a través dos sentimentos.
Juegos de manos (Juan Goytisolo). Despiadada visión da xuventude
burguesa no clima dos inicios da posguerra, movida por
incomprensibles motivos, a realizar un feito delitivo que acabará por
superala.
La agonía del búho chico (Justo Vila). Historia de vencidos en
Estremadura que se ven obrigados a refuxiarse e vivir na serra como
guerrilleiros para non ser capturados polos vencedores.
La brújula de Ceilán (Mariano Sánchez Soler). Crónica do Madrid
axitado polos momentos do franquismo a través dunha serie de
personaxes que exemplifican os desexos do cambio.
La caída de Madrid (Rafael Chirbes). Ante a inminente morte de
Franco, diversos personaxes se enfronta ao seu futuro no que se
presume será unha nova España.
La canción del lobo (Ignacio Miro Viar). Un coronel participante na
sublevación de 1936 regresa a casa e recupera honor e propiedades,
pero a nova orde de Franco non era o que el esperaba e decide
exercer como médico axudando á guerrilla en Asturias.
La cárcel verde (Rafael Muela). Novela que relata historias dos
emboscados na zona de Cantabria, de quen os axudaron, dos que os
perseguiron e dos que acabaron coas súas vidas.
La casa del corazón (Manuel Villar Raso). Ademais da miseria e
carencias xeneralizadas da posguerra, no campo había maquis,
sacamanteigas, todo tipo de terrores para os nenos e de todo iso fala a
obra.
La colmena (Camilo José Cela). Obra coral no ambiente de Madrid
nos anos 40 no que os personaxes loitan por comer quente, non pasar
frío, satisfacer o desexo sexual… e matar o tempo nas rúas, cafés e
alcobas a fame da deprimente capital.
La espía que vestía de rojo (Aline, condesa de Romanones). Como
espía da CÍA, Aline conta historias da súa intensa vida como
testemuña dunha época de intensas relacións internacionais.
La familia de Pascual Duarte (Camilo José Cela). Novela que
revolucionou a narrativa espola no seu momento. O autor describe ao
personaxe como impotente ante un destino de dobre presión: a
herdanza e o medio social; por iso ten que ser un criminal.
La generación del silencio (Nana de Juan). Diario dun miliciano no
que se reflicte a traxedia do conflito que supuxo a Guerra Civil e os
silencios autoimpostos que acompañaron a tantas das súas vítimas.
La golondrina (Juan José Fernández). Historia da guerrilleira Elisa
Paredes Aceituno que combateu o franquismo na zona estremeña e
do centro peninsular.
La guerra de quatre (Víctor G. Labrado). Reconstrución
pormenorizada de diversos actos cometidos por un grupo urbano de
resistencia armada que, situado nos arredores de Valencia, financiaba
con atracos as actividades da oposición clandestina.
La higuera (Ramiro Pinilla). Un dos falanxistas que asasinou a
varios dos seus veciños, vive recluído coidando unha figueira e
atemorizado pola certeza de que acabará morto por un dos fillos das
súas vítimas.
La hija del caníbal (Rosa Montero). Co tema do maquis como pano
de fondo, a novela relata a historia da busca dun mozo que
desaparece sen deixar rastro. Na busca, a noiva estará acompañada
por un vello anarquista compañeiro de Durruti.
La larga marcha (Rafael Chirbes). Numerosos personaxes se
asoman a esta novela que se inicia nos comezos da posguerra e chega
ata os últimos anos do franquismo.
La lista de los catorce (Nacho Guirado). Novela inspirada na historia
real do avó do autor, guerrilleiro que conservou durante anos a
esperanza de que o avance dos aliados acabase co réxime de Franco.
La mina (Armando López Sallinas). Historia dun campesiño andaluz
que ten que buscar mellor vida no traballo das minas, situación da
que se serve o autor para denunciar as duras condicións destes
traballos nos inicios do desenvolvemento dos anos 60.
La mujer del maquis (Ana R. Cañil). A partir de documentación
orixinal e testemuños orais, a autora escribe un relato en primeira
persoa pero que se converte na de todos.
La noche de los cuatro caminos (Andrés Trapiello). Historia de
guerrilleiros urbanos madrileños e das dificultades para loitar neste
medio.
La noche del decreto (Michel del Castillo). Mentres Franco agoniza,
un política camiña para incorporarse ao seu novo destino mentres
lembra aspectos da súa vida e pensa no futuro.
La noria (Luis Romero). A través de numerosos personaxes, o autor
describe un día na vida de Barcelona a comezo dos anos 50,
fixándose especialmente nos grupos máis desfavorecidos.
La oscura historia de la prima Montse (Juan Marsé). Nos inicios do
desenvolvemento económico do franquismo, a historia dunha muller
á que non deixaron elixir o seu amor serve de metáfora dunha
sociedade que vive unha falsa democratización.
La Pastora: el maquis hermafrodita (Manuel Villar Raso). Historia
novelada de Teresa Plá Messeguer, La Pastora.
La paz empieza nunca (Emilio Romero). Un falanxista decide
facerse pasar por comunista para infiltrarse na guerrilla e contribuír á
súa desarticulación desde o seu interior.
La piqueta (Antonio Ferres). Historia dunha familia de inmigrantes
que vive no descampado de Orcasitas (Madrid) nos anos 50 e recibe
a noticia de a chabola na que viven vai ser derrubada por orde
municipal.
La pista del lobo (Juan Pan García). Un avó conta á súa neta historias
de maquis perseguidos pola Garda Civil e das numerosas accións
levadas a cabo para tratar de sobrevivir.
La primavera no reía (Mercedes Neuschäfer-Carlón). Panorama da
posguerra con todos os ingredientes daquela terrible época: fame,
racionamento, execucións, guerrillas…
La resaca (Juan Goytisolo). A través dun grupo de nenos e
adolescentes o autor fai un retrato realista, duro e cruel da vida dos
excluídos da sociedade agrupados ás portas das grandes cidades.
La sangre y el eco (Julio Manuel de la Rosa). Dúas tráxicas historias
da posguerra: o retorno dun soldado á súa terra onde o obrigan a
participar no pelotón de fusilamento de seu pai, e a fuxida,
persecución e morte dun guerrilleiro antifranquista.
La sombra del ciprés es alargada (Miguel Delibes). Un neno orfo
vai ser educado nun fogar abulense, nun tétrico ambiente carente de
emocións e afectos, situación unicamente superada coa vitalidade da
xuventude.
La sombra del viento (Carlos Ruíz Zafón). A historia comeza en
1945, cando un rapaz é levado polo seu pai a un lugar misterioso no
centro de Barcelona, onde se atopará cun libro que o arrastrará por
intrigas e secretos dese os inicio do século XX ata a posguerra
franquista.
La trama marroquí (Aline Romanones). Aline, espía da CÍA, vese
envolta nunha perigosa trama co fin de evitar un atentado contra o rei
de Marrocos no contexto dunha cacería en honor de Hassan II na que
está invitada a lata sociedade do país veciño.
La voz dormida (Dulce Chacón). Historias nunha cárcere de mulleres
durante o franquismo, historias de coraxe e dignidade, combinadas
con outras de fóra, non menos intensas polo seu valor e sacrificio.
La zanja (Alfonso Grosso). A construción dunha zanxa preto dunha
base militar americana en España serve ao autor para contrapoñer os
mundo paralelos dos traballadores e os militares.
Las cartas de la Pirenaica ( Armand Balsebre e Rosario Fontova).
O libro analiza varios miles de cartas que enviaban á emisora do
Partido Comunista desde Bucarest –Radio España Indepediente,
popularmente coñecida como a Pirenaica- enviadas por exiliados
para comunicarse cos seus familiares ou expresar os seus desexos de
liberdade, sorteando así a censura franquista. Funcionou entre 1941 e
1977.
Las rapadas (Enrique González Duro). Narración centrada na
represión franquista sobre mulleres republicanas (cortes de pelo,
inxesta de aceite de ricino, paseos polas rúas…), un ataque a un
modelo de muller libre e independente.
Las sandalias de plata (José Jiménez Lozano). Arredor dun asunto
policíaco e xudicial articúlanse numerosas pequenas historias entre as
que aflora a morte dun crego a mans dos maquis.
Las trece rosas (Jesús Ferro). A pouco de rematar a Guerra Civil, 13
mulleres, moitas delas menores de idade, son fusiladas e deseguida
comezan a ser chamadas As trece rosas. O tempo parecía borralas da
historia, pero a memoria colectiva recuperounas.
Las tres bodas de Manolita (Almudena Grandes). No conxunto da
obra desta autora centrada en aspectos dos inicios da posguerra e do
franquismo, esta novela fixa a súa atención na resistencia clandestina
en Madrid nos anos 40-50.
Los cuadernos perdidos de Antonio Catena (Juan Vergillos). Novela
sobre a historia de Antonio Catena, guerrilleiro refuxiado na Serra
Mágina e as súas fuxidas e desesperación ante a realidade franquista.
Los seguidores de la Osa Menor (Joaquín Pérez Prado). Rescata un
feito histórico: a fuxida, en 1952, dun grupo de maquis desde Motril
a Francia cruzando de noite e a pé a península.
Los vencidos (Antonio Ferres). Unha das poucas novelas que
describiu a realidade da posguerra no seu momento. Escrita en 1960
non foi publicada ata 2005.
Lo que escondían sus ojos (Nieves Herrero). Na católica e
moralizante España foron ocultados os amores ilícitos do cuñado de
Franco, e destacado xefe da Falanxe –Ramón Serrano Suñer-, e a
marquesa de Llanzol, dos que naceu quen será un destacado apoio do
presidente Suárez na Transición
Los Baldrich (Use Lahoz). Historia dunha familia barcelonesa da
posguerra, ambiciosa por prosperar pero na que os seus membros
están sometidos aos proxectos paternos, non sempre coincidentes cos
seus desexos.
Los bravos (Jesús Fernández Santos). A vida nunha aldea da
montaña leonesa finais dos anos 40, unha vida sometida á tiranía do
vello cacique que se ve alterada pola chegada dun médico e un
viaxante.
Los días de Mercurio (Alexis Ravelo). Na posguerra, nunha cidade
de provincias, un camareiro decide facer chantaxe a un xefe da
Falanxe local pola súa homosexualidade, sen imaxinar as reaccións
que provoca.
Los girasoles ciegos (Alberto Méndez). Historia na que a través de
varios personaxes entrelazados móstrase o sabor amargo da derrota e
as secuelas dunha guerra fratricida.
Los niños que perdimos la guerra (Luis Garrido). Aproximación
entrañable a un neno que sobrevive no medio das ruínas materiais e
morais da España da posguerra.
Los santos inocentes (Miguel Delibes). Retrato das míseras
condicións nas que vive unha familia estremeña dominada polas
duras condicións que impoñen os propietarios das terras e das vidas.
Luna de lobos (Julio Llamazares). Historia da dura supervivencia de
catro milicianos republicanos tras a súa derrota na guerra tratada con
gran lirismo pero tamén co realismo que impón a propia temática.
Mala gente que camina (Bennjamín Prado). Unha inmersión nas
escuras augas do franquismo arredor de historias manipuladas
centradas no roubo de nenos a presas republicanas.
Maquis en el corazón del Rodeno ( Pedro Sanz Lallana). Relato
novelado duns feitos reais que tiveron lugar en 1947-48 en
Valdecuenca (Teruel) relacionados coa guerrilla antifranquista.
Martina, la rosa número trece (Ángeles López). Historia de Martina
Barroso, unha das 13 rosas executadas en agosto de 1939, contada
pola súa sobriña-neta, rompendo así un silencio mantido por varias
xeracións da familia.
Memorias de una vaca (Bernardo Atxaga). Mo é unha vaca reflexiva
e divertida que decide escribir as súas memorias e relata como seus
amos axudaban aos maquis fuxidos facilitándolles o necesario para
sobrevivir .
Memorias de un niño de derechas (Francisco Umbral). Evocación
da vida dun neno da zona controlada polos sublevados durante a
posguerra.
Mi señorito el maqui y san Cucufato (Luis Miguel Sánchez
Tostado). Que tería pasado se o bando vencido fose o vencedor? Que
tipo de réxime e goberno instalarían os vermellos? Como trataría aos
vencidos?
Mientras caen las hojas (Ramón Gil Novales). Obra organizada en
varias frontes, unha delas a historia de dous irmáns que viviron a
Guerra Civil e un deles acabará na guerrilla antifranquista dos anos
40.
Nada (Carmen Laforet). Historia dunha chica que vai estudar cos
seus familiares a Barcelona, nun ambiente repleto de personaxes
marcados pola histeria, o fracaso e as secuelas da guerra.
Ni dios ni patria… ¡Libertad! (Eladio Romero García). A historia
comeza en 1945 co intento dos maquis de conseguir o apoio dos
aliados vencedores da Guerra Mundial; máis adiante retrocede aos
anos da Segunda República para volver á fin da Guerra Civil e os
inicios da posguerra.
Niños invisibles en el cuarto oscuro (Francisco González de Tena).
A través de testemuños de persoas que de nenos estiveron nos
internados do Servizo Social franquista, o autor traza a significación
daquela experiencia.
Nómadas de la memoria (Ángel Fernández Camuñas). Inicio da
posguerra nun pobo imaxinario no que os seus habitantes sofren as
consecuencias da derrota: persecución, cárcere, torturas e morte.
Nuevas amistades (Juan García Hortelano). O autor traza, a través
da vida e diversións dun grupo de chicos madrileños de boa posición
o ambiente da España de mediados dos anos 50.
Off-side (Gonzalo Torrente Ballester). Retrato de Madrid e dos seus
habitantes nos anos 60, unha sociedade de fracasados e vencidos
asfixiada polo franquismo.
Operación exterminio (Alejandro M. Gallo). Recreación do episodio
no que falanxistas e a Garda Civil asasinaron a 50 militantes do
PSOE e da UGT que non delataron aos líderes da guerrilla socialista.
Operación ogro (Eva Forest). Historia da organización e realización
do asasinato de Carrero Blanco en 1973.
Palmeras en el aire (Luz Gabás). En 1953 dous irmáns deixan a
neve da súa montaña de Huesca e inician un camiño á illa de
Fernando Poo onde está seu pai, un veterano cultivador de cacao.
Pan negro (Emili Teixidor). O mundo dos perdedores da guerra na
Cataluña rural a través do protagonismo dun rapaz que medra nun
ambiente de sentimentos que dan vida aos personaxes que con el se
relacionan.
Parte de una historia (Ignacio Aldecoa). A unha aldea da illa canaria
de Graciosa chegan os cambios tecnolóxicos que alterarán a vida
cotiá dos seus pescadores provocando o enfrontamento entre a
sociedade tradicional e a modernizada.
Rabos de lagartija (Juan Marsé). Unha mestra represaliada que
traballa como costureira nun barrio periférico de Barcelona en 1945 é
molestada constantemente pola policía co pretexto de coñecer datos
sobre o seu marido desaparecido.
Requiem por un guerrilleiro (Antonio Pueblas Rodríguez). No
mundo da posguerra enfróntase a represión institucional do Estado a
través da Garda Civil e as ansias de liberdade dos represaliados.
Si a los tres años no he vuelto (Ana R. Cañil). Historia baseada na
actuación dunha cruel carcereira de mulleres que entregaba os fillos
das presas a conventos de monxas para a súa posterior adopción.
Si te dicen que caí (Juan Marsé). Revancha persoal contra o
franquismo e nostalxia da infancia pasada tendo como marco de
fondo a sórdida vida dun barrio xa desaparecido.
Sierra Norte (María Dolores Moreno Araújo). Mundo da posguerra
na Serra Norte sevillana, onde pervive a loita guerrilleira, todo elo
visto a través da mirada dunha nena.
Sin un adiós (Gloria Ruiz). En palabras da autora, trátase dun relato
novelado sobre a resistencia, os guerrilleiros, a morte, a prepotencia
das forzas da orde e a solidariedade dos vencidos.
Sombras de la Cepeda (Juan José Domínguez Pérez). Narración
ambientada nos anos 50 en León a través da vida dun maquis e da
súa familia.
Tanguy: historia de un niño de hoy (Michel del Castillo). Relato de
tipo autobiográfico das vivencias dun rapaz separado dos seus pais
pola Guerra Civil e que coñecerá as amargas experiencias dos
campos de concentración e dos reformatorios.
Tiempo de silencio (Luis Martín Santos). Traxedia e morte arredor
dos traballos de investigación nun laboratorio co telón de fondo da
escaseza de medios e a imposición da moral do nacionalcatolicismo.
Tiza negra (Xavier Díaz Esarte). Historia dun mestre de escola rural
nos anos 70 que evoca a súa xuventude na Navarra dos 50 e 60, unha
vida dominada pola sombra da Igrexa, a oposición, o vasquismo e a
iniciación sexual.
Toda una vida (Carlos Abadía). Un guerrilleiro da serra de Cádiz
abandona a loita armada en 1948 e inicia unha nova vida en Sevilla,
unha cidade triste dominada pola penuria e o medo.
Todavía no es mañana (Mara Malibrán). Historia arredor de tres
rapazas que viven a súa xuventude no ambiente madrileño da
posguerra.
Tormenta de verano (Juan García Hortelano). Crítica da sociedade
de finais do franquismo a partir da aparición dun cadáver nunha
urbanización de luxo.
Trece rosas rojas (Carlos Fonseca). Historia recuperada polo
periodista a partir das cartas e testemuños de familiares sobre as
mortes de 13 mulleres e 43 homes pertencentes ás XXSS o 5 de
agosto de 1939.
Tres cipreses (Manuel Ramos Ramos). Historia de vida, testemuño
dun tempo convulso marcado pola guerra e a guerrilla como
miliciano do XIV Corpo, o exilio e novamente a resistencia e o
retorno.
Tu nombre envenena mis sueños (Joaquín Leguina). Ambientada en
Madrid en 1942, describe o traballo de investigación para tratar de
aclarar a morte de tres falanxistas en 1937.
Última página (J.J. Fernández Delgado). Final dunha historia dos
anos 40, anos nos que tantas historias quedaron esquecidas,
especialmente as daquelas persoas que loitaron contra o franquismo.
Últimas tardes con Teresa (Juan Marsé). Obra con forte contido de
crítica social da burguesía catalá a través da xuventude universitaria.
Un día volveré (Juan Marsé). Narra o regreso dun militante da
guerrilla urbana, tras cumprir condena. A tensión no barrio aumenta a
medida que se aproxima o día da vinganza do protagonista.
Una comedia ligera (Eduardo Mendoza). Descrición de ambientes,
situacións , crime e investigación no ambiente de Barcelona durante
uns do verán de 1947.
Una guerra sencilla (Antonio Moreno Moreno). A vida na España
da posguerra, coa fin do racionamento, a continuación da loita da
guerrilla no monte… mesturada coa paixón do fútbol.
Unos cara al sol, otros a la sombra (Carlos Sánchez Sáez). Retrato,
en primeira persoa, do Madrid de posguerra, a lembranza dunha
infancia marcada pola fame, o racionamento e a escaseza de case
todo.
Usos amorosos de la postguerra española (Carmen Martín Gaite).
Ensaio lúcido e ameno dos usos amorosos impostos polo xugo
opresor dunha moral que impedía o pracer lícito do sexo.
Voces al alba (José Giménez Corbatón). Historias de xentes que
creron poder derrocar a ditadura franquista desde a resistencia tenaz
do pobo.
Yo, el desconocido (Antoni Dalmases). Coidando a un avó con inicio
de Alzheimer, o protagonista descobre que foi un loitador libertario
antifranquista no maquis.
Yo fui maqui (Juan Sánchez Gilabert). Finalizada a guerra, cinco
compañeiros, ante o temor de que se se entregan poder ser fusilados,
deciden proseguir a súa loita nos montes gaditanos, onde foron
perseguidos e acusados de bandoleiros asasinos.
Yo luché contra el maquis (Carlos Pérez Álvarez). Un oficial alemán
loita co exército de Franco na Guerra Civil, logo co seu país na
Segunda Guerra Mundial. Casado cunha española, volve a España e
persegue, como capitán da Garda Civil, ao maquis no norte.
Top Related