Download - NAVEGANDO POLA RÍA

Transcript
Page 1: NAVEGANDO POLA RÍA
Page 2: NAVEGANDO POLA RÍA

Subamos axiña ao barco pra facer un percorrido

-soprando o vento nas velas- por toda a RÍA DE VIGO.

Page 3: NAVEGANDO POLA RÍA

E faremos nove escalas, cada unha nun CONCELLO dos que se asoman ao mar,

pra baixar a coñecelo.

Page 4: NAVEGANDO POLA RÍA

Empezamos polo Norte e alá, na boca da Ría, saímos de Cabo Home

fronte ás Cíes que vixían.

Page 5: NAVEGANDO POLA RÍA

Bordeamos pola costa todo o Concello de CANGAS que é, de todos os galegos,

o que conta con máis praias.

Page 6: NAVEGANDO POLA RÍA

Deixando Rodeira atrás -praia onde as meigas danzaban-

xa entramos noutro lugar: atopámonos en MOAÑA.

Page 7: NAVEGANDO POLA RÍA

MOAÑA atópase no medio, onde a Ría algo se estreita, mar tranquilo e abrigado

repoboado por bateas.

Page 8: NAVEGANDO POLA RÍA

Navegamos baixo a ponte que pola altura discorre e entramos en VILABOA

por San Adrián de Cobres.

Page 9: NAVEGANDO POLA RÍA

Ao final deste Concello cando a Ría xa se pecha tocamos Ponte Sampaio

que pertence a PONTEVEDRA.

Page 10: NAVEGANDO POLA RÍA

SOUTOMAIOR, por Arcade

tamén á Ría se achega, paramos, comemos ostras

e entramos en REDONDELA.

Page 11: NAVEGANDO POLA RÍA

REDONDELA ten tesouros que non teñen parangón: os da batalla de Rande

e a Illa de San Simón.

Page 12: NAVEGANDO POLA RÍA

E por debaixo da ponte a viaxe proseguimos

e as ondas do mar de VIGO báñannos con agarimo.

Page 13: NAVEGANDO POLA RÍA

A que lle dá nome á RÍA

é unha importante cidade con porto, comercio, industrias

e unha gran actividade.

Page 14: NAVEGANDO POLA RÍA

E chegamos a NIGRÁN o penúltimo Concello

coa grande Praia América

e areais máis pequenos.

Page 15: NAVEGANDO POLA RÍA

BAIONA ten unha Ría dentro da Ría de Vigo cunha antiga fortaleza

que é Parador de Turismo.

Page 16: NAVEGANDO POLA RÍA

Aquí chegou a noticia

da América descuberta

porque a carabela Pinta

en BAIONA tocou terra.

Page 17: NAVEGANDO POLA RÍA

E xa no Cabo Silleiro a viaxe rematamos,

as Cíes outra vez preto e mar afora, o ATLÁNTICO.