Download - Manipulacion

Transcript
Page 1: Manipulacion

Correos entra de cheo na

campaña das eleccións

sindicais

Por se estas eleccións sindicais non foran o suficientemente anormais,

entrou de cheo nas mesmas Correos, ameazando con prohibir as

asembleas, na campaña para as eleccións

sindicais.

Xogada perfecta!!!, pero que deixa moi as

claras a conivencia de Correos cos

Sindicatos asinantes do convenio.

Os Sindicatos estatais adiaron a campaña

das eleccións sindicais para decembro, o

nunca visto en ningunha empresa nin

administración, 6 meses mais tarde de cando

deberían celebrarse e aquí aparece o papa

Correos botándolle unha man os seus

cativos e prohibindo as asembleas

durante a campaña.

Resultado, os sindicatos como a CIG non

poderán informar aos votantes das súas

propostas nin deixar o aire as falcatruadas que co convenio e acordo

xeral fixeron os Sindicatos asinantes e a propia Empresa.

Pero a quen beneficia sobre todo esta medida, pois é fácil, todos temos

en mente ese sindicato que non deu unha soa asemblea nas ultimas

eleccións, xa que a súa única preocupación foi a caza, captura e

manipulación do voto.

E a todo isto Correos debería manterse imparcial, por lei.

que vos parece?

Ollo non te deixes manipular!!!!