NÉBOACEP. CARLOS CASARES Páx..
O magostoO magosto En novembro foi o magosto e vouvos contar o que fixemos.Uns días antes da celebración do magosto, fixemos varias
actividades:DECORAR UNHA CASTAÑA: Eran moi divertidas. Eu decoreina con
fariña de trigo e xices de cores. Logo expuxémolas nas escaleiras do cole. Quedáronnos chulísimas a tod s.@
PAPIROFLEXIA: fixemos o cucurucho para meter as castañas. Despois de telo feito, pintámolo con témperas.
OBRADOIRO DE COCIÑA: os de terceiro, elixiron a tarta de mazá . Estaba boísima, era medio esponxosa.. Nós, os de cuarto, fixemos un biscoito de noces. A receita era da mamá de Lucía. Foi a que máis me gustou. A profe, fíxonos castañas con leite. No seu pobo, céanno todas as noites de outono. Houbo diversidade de opinión: a algúns non lles gustaron nada, outros repetimos varias veces.
OBRADOIRO DE RADIO: elaboramos un libro partindo do coñecido conto de “A castaña Dorinda” O días antes da festa do magosto, límolo na radio. Mentras uns liamos, os outros estaban escoitándonos nas escaleiras.
NÉBOACEP. CARLOS CASARES Páx..
CHEGOU O GRAN DIA !!!
Iamos ir ao campo de fútbol de Cabreira, pero non puidemos ir, por que dicían que ía chover e... NON CHOVEU, FIXO SOL!!
Mentras Carmiña e Manolo asaban as castañas, nós, a xogar.
Para empezar baixamos ao pavillón, alí estaban os xogos. Debiamos pasar por todos. As profes non paraban de asinar! Eu, conseguín pasar por todos!
Queredes saber a que xogamos?
XOGO PROFE
A petanca Luz
As bólas Belén
A goma Puri
As chapas Betty
As aros María
A corda Sonia
Os trompos Pilar
A ra Paqui
Foi imposible poñernos de acordo en que xogo nos gustou máis, eran todos moi divertidos.
Despois de xogar sen parar... Que ben! Sentámonos a comer unhas castañas, ben quentiñas. Moitas grazas aos dous, Carmiña e Manolo. Uhmm, estaban boíiiiisimas!!!
NÉBOACEP. CARLOS CASARES Páx..
Coa barriga chea, non daba chegado o momento, máis esperado: A FOGUEIRA!!!!!!!!
Todos truxeramos fasco. As profes, fixeron a fogueira. Ao principio, había chamas grandes. Cando nos tocou saltar, os pequeños tiñan medo, pero os maiores tiñamos moitas gañas de saltar. Saltamos millóns de veces!! Creo que é o que máis nos gusta a tod s@ .
Pouco a pouco, a fogueira foise a pagando. Metimos as mans na cinza e chegou... o enfarruscamento!
Algunhas profes, estaban totalmente negras! Elas tamén nos enfarruscaron a nós, non vaides crer!
Cando xa non quedaba ninguén coa cara limpa... Todo o mundo, a lavarse!
Non acabou aí a festa. Aínda nos deu tempo a xogar ao coñecido, baile da vasoira. Consiste en pasarlle a vaoira a outro grupo. Eu, quedei en boa posición pero, coma sempre, gañaron os de sexto!
Estabamos todos contentos. FOI O MELLOR MAGOSTO, QUE VIN NA MIÑA VIDA!!!Que mágoa que o magosto rematou, pero... o MAGOSTO FAMILIAR, tampouco estivo mal. Houbo empanada, tortilla, rosca e castañas para comer. Moito zampei!
Varios xogos, como as carrilainas, a chave,... Un grupo de nenas e nenos bailando, entre eles estaban Adrián e José Antonio, da nosa clase.
Lucía, Brais Fdez., Ángel, Ilea, Anxo, Adrián, Jose, Salomé e Brais Glez. 4º