A LITERATURA EXIPCIA
A literatura exipcia, conservada en inscricións funerarias e papiros, arranca polo ano2700 a. C, algo máis tarde que en Mesopotamia.
Ao longo de diferentes etapas, Exipto foi incorporando novos xéneros literarios: a sátirasocial, os textos funerarios de contido relixioso e a narración de pura ficción.
Os textos narrativos exipcios presentan dúas variedades:
•
Unha ofrece una visión realista da sociedade, tendencia da que é exemplo asAventuras de Sinuhé, que relata a historia dun oficial do exército fuxido a Siria trasa morte do faraón; nestas terras converterase nun home rico e importante
• A outra tendencia decántase pola inclusión de elementos fantásticos, como ocorre noRelato dun náufrago, que narra o encontro dun home cunha xigantesca serpe
Probablemente, a obra máis coñecida do Antigo Exipto sexa o Libro dosMortos.Trátase dunha ampla colección de textos de distintas épocas que conteñenfórmulas máxicas, himnos e oracións utilizadas para guiar e protexer a alma durante alonga viaxe que han de emprender á rexión dos mortos.
MAPA CONCEPTUAL DA LITERATURA EXIPCIA
Podedes completar información no glogster
Top Related