Download - Ler coas mans

Transcript
Page 1: Ler coas mans

1

LER COAS MAN S

Goya: 1788-89

Goya, un dos pintores españois máis importantes, representou nun cadro un xogo

moi popular na súa época; A pita cega.

Este xogo consistía en vendarlle os ollos a un xogador, a pita cega, que debía

atrapar a algún dos demáis xogadores e, mediante o tacto, adivinar de quen se

trataba.

Observa a ilustración e explica que fan as persoas.

Xogaches alguna vez á Pita cega?

Ao tocares a cara dun compañeiro cos ollos vendados, que información obtés?

É evidente que debemos estar moi contentos por estar moi sans e non ter

limitacións auditivas ou visuais que nos dificultarían a percepción de imaxes e sons.

Pero, moitas persoas posúen algunha limitación sensorial. Imos intentar coñecer

outras linguaxes. A linguaxe dos xordos e a linguaxe das persoas cegas.

Page 2: Ler coas mans

2

Que é o alfabeto Braille?

As persoas invidentes «len» cos dedos. Utilizan un alfabeto como o da ilustración,

chamado alfabeto Braille.

Cada letra está representada por unha combinación de puntos en relevo. Tocándoos

coas xemas dos dedos, identifican as letras e as palabras que se forman con elas.

Page 3: Ler coas mans

3

Escribe o teu nome utilizando o alfabeto Braille. Fíxate como o fixen eu.

Realiza a seguinte experiencia.

1. Corta catro anacos de cartolina. Cada un debe medir uns 3 cm de ancho por

4 cm de alto.

2. Elixe catro letras do alfabeto Braille e escribe cada unha nun anaco de carto-

lina. Preme co lapis para que os puntos queden ben marcados.

D O L O R E S

Page 4: Ler coas mans

4

3. Tapa os ollos e adiviña a letra que está escrita en cada anaco de cartolina

axudándote só das xemas dos teus dedos.

Tamén podes facer algo parecido a seguinte ilustración.

Que é a linguaxe de xestos?

As persoas xordas teñen unha

linguaxe para comunicarse, e

adoitan facelo de dous modos:

• Empregan unha man ou as

dúas para representar as letras do

alfabeto. Isto sérvelles para

deletrear nomes.

Page 5: Ler coas mans

5

Utiliza o alfabeto da linguaxe de xestos para traducir esta frase.

……………………………………… ……………… …………………………………..

Representa en clase, utilizando só o movemento das túas mans: un paxaro,

unha serpe, unha montaña e unha moto.

• Utilizan o movemento das súas

mans para nomear cousas ou

propiedades: cine, teatro, bicicleta,

simpático, papá, montaña, tren...

Fíxate nestas ilustracións; nelas

reprodúcese o alfabeto da linguaxe

de xestos.