Edificio Administrativo San Lázaro. 15703 SANTIAGO DE COMPOSTELA www.galiciasaude.es/dxsp
Guía coa información mínima do PAX dun abastecemento.(menos de 200 persoas)
GC-13T-02-01-01-B
GC13T-02-01-01-PARTE B
Guía coa información mínima que debe incluír o Protocolo de autocontrol exestión dun abastecemento ou parte deste
(Abastecementos de menos de 200 persoas)
O protocolo de autocontrol e xestión dun abastecemento é o documento que vai incluír toda
a información relativa ao noso abastecemento. É unha das ferramentas fundamentais para
un bo control destes.
A finalidade de elaboración deste documento é garantir a calidade da auga dos
abastecementos a través do estudo dos perigos aos que está sometido o noso
abastecemento, para poder previlos ou eliminalos, a través da instauración de medidas
preventivas.
Debe ser específico e exclusivo para cada abastecemento e conterá os procedementos
previstos, para ser aplicados de forma rutineira, co obxecto de manter as condicións
hixiénico-sanitarias das infraestruturas que abastecen de auga de consumo humano.
Conterá tamén información do control da calidade da auga de consumo humano e cal é a
mellor maneira de xestionar o noso abastecemento.
O protocolo de autocontrol e xestión dividirase en 3 partes: parte xeral, identificación dos
perigos do abastecemento e plans específicos. A súa elaboración é responsabilidade do
xestor do abastecemento.
A primeira parte, que é a parte xeral, constará de información xeral do abastecemento:
titulares, xestores, laboratorios que realizan analíticas. Así mesmo, incluirase neste apartado
un esquema do abastecemento, xa que é necesario describir detalladamente todos os
procesos do sistema de abastecemento, desde a captación ao momento de entrega ao
consumidor.
Na segunda parte incluirase unha análise dos perigos e sucesos aos que está sometida a
nosa zona de abastecemento, desagregado por infraestrutura.
A parte específica constará de plans específicos. En cada un deles describiranse todas
aquelas condicións e prácticas que deben adoptarse para unha correcta e eficaz xestión do
abastecemento da auga. Estes plans están baseados en adopción de medidas de
preventivas.
GC-13T-02-01-01-B Edición 4 (03/03/2020) 1 de 22
Edificio Administrativo San Lázaro. 15703 SANTIAGO DE COMPOSTELA www.galiciasaude.es/dxsp
Guía coa información mínima do PAX dun abastecemento.(menos de 200 persoas)
GC-13T-02-01-01-B
1 PARTE XERAL
Datos da zona de abastecemento
Denominación
Localización (concellos/provincia)
Natureza do abastecemento (público/privado)
Volume medio diario de auga subministrada considerando o cómputo anual (m3/día)
Dotación (litros/habitante/día) (se existe máis dunha rede, a dotación sería a suma
destas)
Información da poboación abastecida
LOCALIDADES ABASTECIDAS (SEGUNDO INE) % POBOACIÓN ABASTECIDA
DESAS LOCALIDADES
Poboación censada total de toda a zona de abastecemento (segundo o INE)
Poboación estimada total de toda a zona de abastecemento
Lista de infraestruturas
INFRAESTRUTURAS XESTOR TITULAR LOCALIZACIÓN
Esquema actualizado con todas as partes do abastecemento
GC-13T-02-01-01-B Edición 4 (03/03/2020) 2 de 22
Edificio Administrativo San Lázaro. 15703 SANTIAGO DE COMPOSTELA www.galiciasaude.es/dxsp
Guía coa información mínima do PAX dun abastecemento.(menos de 200 persoas)
GC-13T-02-01-01-B
Datos do titular/titulares
Datos do titular: nome, razón social, enderezo, teléfono, fax, enderezo electrónico
Persoa de contacto: nome, NIF, posto de traballo, teléfono, enderezo electrónico
Datos do xestor/xestores
Datos do xestor: nome, razón social, enderezo, teléfono, fax, enderezo electrónico
Persoa de contacto: nome, NIF, posto de traballo, teléfono, enderezo electrónico
Datos do/s laboratorio/s encargado/s da realización dos controis
analíticos
Datos do laboratorio: nome, razón social, enderezo, teléfono, fax, enderezo
electrónico
Persoa de contacto: nome, NIF, posto de traballo, teléfono, enderezo electrónico
GC-13T-02-01-01-B Edición 4 (03/03/2020) 3 de 22
Edificio Administrativo San Lázaro. 15703 SANTIAGO DE COMPOSTELA www.galiciasaude.es/dxsp
Guía coa información mínima do PAX dun abastecemento.(menos de 200 persoas)
GC-13T-02-01-01-B
Datos das infraestruturas que xestiona
Esta información só é necesaria cubrila neste documento, mentres non conste no Sistema
de Información Nacional de Aguas de Consumo (SINAC), xa que esta información pódese
encher directamente na aplicación.
Captacións (por cada captación incluirase a seguinte documentación)
Denominación
Localización da captación (lugar/concello)
Demarcación hidrográfica: Galicia-costa, Confederación Miño-Sil, Confederación del
Douro, Confederación del Cantábrico
Xeorreferenciación (latitude, lonxitude en graos decimais. DATUM ETRS89)
Categoría del agua: Augas subterráneas. Chuvia. Superficial costeira. Superficial de
transición. Superficial lago. Superficial río
Tipo de captación: Galería. Manancial. Pozo entubado. Pozo escavado. Chuvia.
Costeira/mar/porto. Bahía/estuario/marisma/delta/desembocadura. Lagoa/laguna.
Río/encoro/canal
Masa de auga e o seu código. Cando non se saiba o xestor deberá solicitarlle esta
información ao organismo de bacía
Uso da captación: ordinaria, extraordinario, en desuso
Volume de auga captada: media anual (m3/ano ou Hm3/ano)
Tipo de toma: a media profundidade, con bomba de extracción. No leito, en orela, en
profundidade, en superficie, por gravidade, por outros métodos, torre de toma
Protección: perímetro de protección, persoal de seguridade, prohibido facer
actividades deportivas, prohibido baño, porta controlada, sistema de alarma, valado do
perímetro, ventá,...
GC-13T-02-01-01-B Edición 4 (03/03/2020) 4 de 22
Edificio Administrativo San Lázaro. 15703 SANTIAGO DE COMPOSTELA www.galiciasaude.es/dxsp
Guía coa información mínima do PAX dun abastecemento.(menos de 200 persoas)
GC-13T-02-01-01-B
Condución da auga (desde captación ata ETAP ou depósito)
Lonxitude en km
Materiais
Tipo de condución (a presión, por gravidade)
Forma de condución (aberta, pechada, mixta)
Infraestrutura orixe
Infraestrutura destino
Tratamento de potabilización
Denominación da ETAP ou tratamento
Tipo de tratamento: En infraestrutura ou instalación interior, En planta de
tratamento(ETAP), recloración
No caso de que os tratamentos sexan nunha infraestrutura ou instalación interior ou
sexa unha recloración, cal é a infraestrutura na que se realiza (depósito, rede, instalación
interior, condución)
Uso: en uso, fora de uso, extraordinario
Localización do tratamento (concello/lugar)
Xeorreferenciación (latitude, lonxitude en graos decimais. DATUM ETRS89)
Procedencia da auga que se vai tratar (infraestruturas inmediatas)
Destino da auga tratada
Auga tratada ao día (m3/día)
Caudal nominal (volume medio tratado por unidade de tempo).
Procesos unitarios de tratamento (PUT): Especificaranse as unidades de tratamento
empregadas: coagulación-floculación, corrección pH, decantación, desareado, desbaste,
desinfección, filtración con leito filtrante, filtración con membrana, ozonización, pre-
oxidación, remineralización, resinas de intercambio iónico, flotación, electrodiálise reversible,
adsorción, aireación-stripping, microfiltración, outros tratamentos, ou outros PUT.
GC-13T-02-01-01-B Edición 4 (03/03/2020) 5 de 22
Edificio Administrativo San Lázaro. 15703 SANTIAGO DE COMPOSTELA www.galiciasaude.es/dxsp
Guía coa información mínima do PAX dun abastecemento.(menos de 200 persoas)
GC-13T-02-01-01-B
Posición dos procesos unitarios (orde)
Uso do proceso unitario: en uso, fora de uso, extraordinario
Métodos de desinfección empregados:
Esquema desta coas unidades de tratamento implicadas
Depósitos de auga de consumo (por cada depósito)
Denominación
Localización do depósito (lugar / concello)
Xeorreferenciación (latitude, lonxitude en graos decimais. DATUM ETRS89)
Uso: ordinario, extraordinario, en desuso
Tipo: elevado, subterráneo
Clase: cabeceira, regulación, distribución, auga bruta
Número de vasos:
Materiais
Sistemas de purga e baleirado
Capacidade
Contador de auga á saída do depósito ou outro sistema de medida de auga tratada
Medidas de protección: persoal de seguridade, porta controlada, sistema de alarma,
valado do perímetro, ventás
Ano de construción e última modificación
Sinalización
Procedencia da auga
Destino da auga almacenada
Tempo medio aproximado de permanencia da auga no depósito
GC-13T-02-01-01-B Edición 4 (03/03/2020) 6 de 22
Edificio Administrativo San Lázaro. 15703 SANTIAGO DE COMPOSTELA www.galiciasaude.es/dxsp
Guía coa información mínima do PAX dun abastecemento.(menos de 200 persoas)
GC-13T-02-01-01-B
Rede de distribución
Nalgunhas zonas de abastecemento pode haber varias redes. Noutros casos pode ser só
unha rede con puntos de mostraxe representativos de toda a rede.
Denominación
Localidades abastecidas segundo a lista do INE
Porcentaxe de poboación abastecida por cada localidade
Número de persoas abastecidas segundo o INE (contabilizando a porcentaxe de
poboación de cada localidade)
Número de persoas abastecidas estimadas polo xestor (non ten por que coincidir coa
do INE, xa que pode verse incrementado polo turismo, industrias,..... Pola contra tamén
pode diminuír)
Clase de rede: rede de urbanización, rede de zona rural, rede de zona turística, rede
industrial ou rede urbana (clasificalo segundo as definicións de zona de abastecemento do
manual do SINAC)
Tipo: mallada, ramificada ou mixta
Materiais: de ser posible, indicarase tipo de materiais da rede, revestimento, xuntas e
acometidas
Lonxitude total
Anos de construción e última modificación:
Sectores da rede: descrición dos sectores establecidos. Indicación dos sistemas de
peche e purga por sectores.
Procedencia da auga
Volume de auga distribuída (m3/día)
Dotación (litros/habitante/día)
Plano e/ou esquema actualizado
GC-13T-02-01-01-B Edición 4 (03/03/2020) 7 de 22
Edificio Administrativo San Lázaro. 15703 SANTIAGO DE COMPOSTELA www.galiciasaude.es/dxsp
Guía coa información mínima do PAX dun abastecemento.(menos de 200 persoas)
GC-13T-02-01-01-B
2 IDENTIFICACIÓN DOS PERIGOS DO ABASTECEMENTO
Neste apartado identificaranse os posibles perigos asociados ao noso abastecemento e as
súas infraestruturas (captacións, tratamentos, depósitos, redes de distribución), así como os
relacionados coa falta de formación e de mantemento.
Por iso haberá que facer unha lista dos perigos aos que está sometido o noso
abastecemento en función á avaliación dos seguintes puntos:
PRESIÓNS ÁS QUE ESTÁ SOMETIDA A CAPTACIÓN PRESIÓN DISTANCIA
Identificación das presións: usos dos terreos da contorna,
industrias, fosas sépticas, cemiterios, gasolineiras, aplicación de
zurros,pozos negros…
Indicar a dirección das escorregas e distancia estimada das
presións á captación: <10 metros, 11-101 metros, 101-1000
metros, >1000 metros.
OUTROS ASPECTOS SI NON
É probable que a nosa captación estea afectada por incendios
forestais?
É probable que a nosa captación estea afectada por situacións
meteorolóxicas que se dean con asiduidade como a seca?
É probable que a nosa captación estea afectada por situacións
meteorolóxicas que se dean con asiduidade como choivas
extremas ou inundacións?
Cáptase de auga encorada ou de augas abaixo dun encoro?
Nestes casos podería haber risco de crecemento de cianobacterias
É probable que a nosa captación estea afectada por outras
situacións anómalas? Deberán identificarse estas situacións
Tense contempladas subministracións alternativas de auga?
GC-13T-02-01-01-B Edición 4 (03/03/2020) 8 de 22
Edificio Administrativo San Lázaro. 15703 SANTIAGO DE COMPOSTELA www.galiciasaude.es/dxsp
Guía coa información mínima do PAX dun abastecemento.(menos de 200 persoas)
GC-13T-02-01-01-B
CAPTACIÓNS SI NON OBSERVACIÓNS
Os materiais son adecuados
A captación está ben construída
A captación está ben protexida
DEPÓSITOS SI NON OBSERVACIÓNS
Os materiais de construción son adecuados
Ten paredes e/ou cubertas en bo estado de
conservación.
A dimensión dos depósitos é adecuada
Relacionado co consumo e coa poboación ao que se abastece. En
consecuencia, o tempo de residencia da auga no depósito pode ser
superior ou inferior ao adecuado.
Están ben protexidos
Teñen sistemas de purga e baleirado adecuados
TRATAMENTOS SI NON OBSERVACIÓNS
Os tratamentos de potabilización son suficientes para
tratar a auga
Dosifícase correctamente o desinfectante
Utilízanse substancias permitidas para tratar a auga
REDE DE DISTRIBUCIÓN SI NON OBSERVACIÓNS
Os materiais de construción son adecuados
Dispoñen de mecanismos que permitan o peche por
sectores
GC-13T-02-01-01-B Edición 4 (03/03/2020) 9 de 22
Edificio Administrativo San Lázaro. 15703 SANTIAGO DE COMPOSTELA www.galiciasaude.es/dxsp
Guía coa información mínima do PAX dun abastecemento.(menos de 200 persoas)
GC-13T-02-01-01-B
Dispoñen de sistemas que permitan a purga por sectores
CALIDADE DA AUGA SI NON OBSERVACIÓNS
Coñécese a calidade da auga das captacións
Detéctase algún parámetro de radioactividade en
captación?
Detéctase algún parámetro anómalo en captación?
Exemplo: turbidez elevada, aluminio, ferro, manganeso,
arsénico,nitratos.....
Detectouse algún incumprimento en auga tratada?
Cales?
MANTEMENTO/FORMACIÓN/LABORATORIOSSI NON
IDENTIFICACIÓN
DO PERIGO
Realízase mantemento das captacións, tratamentos,
depósitos e rede?
Realízanse limpezas e desinfeccións periódicas dos
depósitos e da rede de distribución?
Os depósitos deben limparse e desinfectarse anualmente. A
rede de distribución periodicamente, e sempre que se realice
calquera operación de mantemento.
As persoas que traballan no abastecemento dispoñen da
formación necesaria?
Nota: A falta de formación dos operarios supón un perigo. É
necesario dispor de coñecementos sobre prácticas correctas de
hixiene e sobre os perigos que supoñen condutas inadecuadas.
GC-13T-02-01-01-B Edición 4 (03/03/2020) 10 de 22
Edificio Administrativo San Lázaro. 15703 SANTIAGO DE COMPOSTELA www.galiciasaude.es/dxsp
Guía coa información mínima do PAX dun abastecemento.(menos de 200 persoas)
GC-13T-02-01-01-B
Os laboratorios que realizan as análises cumpren cos
requisitos normativos?
Nota: Os laboratorios que realicen as analíticas de auga e superen a
determinación anual de 5000 mostras de auga de consumo, deberán
ter todos os métodos de análise acreditados pola norma UNE EN
ISO/IEC-17025.
Aqueles que non superen as 5000 mostras, e que non teñan todos os
métodos de análise acreditados por esta norma, deberán ter
implantado, como mínimo, un sistema de calidade que estará
validado ante unha unidade externa de control de calidade que
realizará periodicamente unha auditoría. Así mesmo, os métodos
empregados estarán validados e documentados de conformidade coa
UNE EN ISO/IEC-17025, para dar cumprimento ao indicado na
normativa sanitaria).
GC-13T-02-01-01-B Edición 4 (03/03/2020) 11 de 22
Edificio Administrativo San Lázaro. 15703 SANTIAGO DE COMPOSTELA www.galiciasaude.es/dxsp
Guía coa información mínima do PAX dun abastecemento.(menos de 200 persoas)
GC-13T-02-01-01-B
3 PARTE ESPECÍFICA
A elaboración dos seguintes plans e a información dos seguintes apartados van axudar a
xestionar adecuadamente o noso abastecemento.
3.1 Plan de autocontrol
O ámbito normativo deste plan é o artigo 18 do Real decreto 140/2003.
Este plan incluirá un plan de mostraxe coa seguinte información:
• Plan de puntos de mostraxe: Relación de puntos de mostraxe para a determinación
de todos os controis que hai que realizarlle á auga (controis diarios de desinfectante
residual e pH. Exame bisemanal organoléptico, análise de control e completas.
Controis de Radioactividade). Indicarase a localización exacta dos puntos de
mostraxe.
Compróbase que con frecuencia os puntos de mostraxe de rede de distibución
realízanse en billas de instalación interior. Os xestores deberanse habilitar
progresivamente puntos de mostraxe na rede de distribución.
• Lista dos parámetros para determinar en cada tipo de análise, incluída a
determinación de radioactividade, trihalometanos, e outros parámetros que sexa
necesario determinar en función dos produtos utilizados no tratamento da auga ou en
función da avaliación de riscos do abastecemento (por exemplo cianotoxinas,
parámetros de radioactividade, arsénico, aluminio, turbidez ou nitratos).
• Frecuencia de mostraxe das análises en cada tipo de análise, incluída a
determinación de radioactividade, trihalometanos, e outros parámetros que sexa
necesario determinar en función dos produtos utilizados no tratamento da auga ou en
función da avaliación de riscos do abastecemento (plan de vixilancia específico de
determinados parámetros).
Deberase indicar como se calculan os valores de auga tratada e distribuída para o
cálculo das frecuencias (lectura de contadores ou datos estimativos de caudal).
• Con respecto aos puntos de mostraxe e lista de parámetros en billa do consumidor
que son responsabilidade do concello, atopámonos con varias opcións:
GC-13T-02-01-01-B Edición 4 (03/03/2020) 12 de 22
Edificio Administrativo San Lázaro. 15703 SANTIAGO DE COMPOSTELA www.galiciasaude.es/dxsp
Guía coa información mínima do PAX dun abastecemento.(menos de 200 persoas)
GC-13T-02-01-01-B
➢ Que o concello teña subcontratadas as análises de billa ao xestor do
abastecemento
➢ Que o concello non teña subcontratadas as análises de billa ao xestor do
abastecemento
➢ O concello é o xestor do abastecemento e realiza as análises de billa
De todos os xeitos, no protocolo deberán figurar os puntos de mostraxe e controis en
billa do consumidor, polo que cando non sexa o xestor o que se encargue destes
análises deberá solicitarlle a dita información ao concello.
• Debe estar tamén incluído neste plan a maneira de coñecer a calidade da auga do
punto de captación, que pode ser a través do organismo de conca no caso de masas
de auga superficiais destinadas a produción de auga para consumo humano, e que a
partir dun ou varios puntos de captación proporcionen unha media de máis de 100
metros cúbicos diarios (artigo 8 do Real decreto 817/2015), ou a través de controis
periódicos realizados polos xestores nos casos de non dispoñer destes datos.
• Calendario dos controis analíticos cos puntos de mostraxe de cada ano.
PLAN DE ANÁLISE
VOLUME DE AUGA TRATADA/
DEPÓSITO/ AUGA DISTRIBUÍDA
A. CONTROL A. COMPLETOS
Previstos Realizados Previstos Realizados
ETAP ou depósito de cabeceira
Depósito de distribución
Rede distribución
PLAN DE ANÁLISE Previstos Realizados
Control de Radioactividade
Control en captación:
Control en rede de distribución:
Billa do consumidor (por poboación abastecida) Este análise é responsabilidade do concello
GC-13T-02-01-01-B Edición 4 (03/03/2020) 13 de 22
Edificio Administrativo San Lázaro. 15703 SANTIAGO DE COMPOSTELA www.galiciasaude.es/dxsp
Guía coa información mínima do PAX dun abastecemento.(menos de 200 persoas)
GC-13T-02-01-01-B
Por tanto indicarase neste plan:
• Plan de mostraxe
• As persoas responsables dos controis (análises e medidas “in situ” e controis
organolépticos) e os responsables de cubrir os rexistros,
• Calendario dos controis
• Rexistros de:
◦ Lectura de contadores ou datos estimados de caudal
◦ Controis in situ
◦ Análises organolépticos
◦ Análises de control
◦ Análises completos
◦ Controis de radioactividade
◦ Análises de plans de vixilancia específicos de determinados parámetros (exemplo
cianotoxinas)
◦ Controis de billa
GC-13T-02-01-01-B Edición 4 (03/03/2020) 14 de 22
Edificio Administrativo San Lázaro. 15703 SANTIAGO DE COMPOSTELA www.galiciasaude.es/dxsp
Guía coa información mínima do PAX dun abastecemento.(menos de 200 persoas)
GC-13T-02-01-01-B
3.2 Plan de medidas preventivas e correctoras ante incidencias
Neste plan plasmaranse as medidas preventivas e correctoras necesarias para solucionar
os problemas aos que pode estar sometido o noso abastecemento e que foron descritos na
parte 2 deste protocolo de autocontrol e xestión (identificación dos perigos máis comúns do
noso abastecemento).
O principal obxectivo deste plan é evitar unha situación de incidencia, pero de producirse,
se adopten as medidas correctoras necesarias, co fin de evitar que se produzan
incumprimentos paramétricos na calidade da auga.
Hai que diferenciar entre as incidencias que poden ocorrer, que sendo controladas, non son
desencadeantes de incumprimentos paramétricos, e aquelas incidencias que si produciron
un incumprimento paramétrico que hai que xestionar segundo o indicado no artigo 27 e
anexo X do Real decreto 140/2003.
Obrigatoriamente avaliaranse neste plan as seguintes situacións:
Actuacións ante episodios de seca. Deben avaliarse as situacións derivadas de
episodios de seca. Planificación das medidas preventivas e correctoras, de ser o
caso
Actuacións no caso de situacións derivadas de situacións meteorolóxicas extremas
(fortes precipitacións, risco de inundacións,..) Deben avaliarse estas situacións e
planificar as medidas preventivas e correctoras, de ser o caso.
Incendios forestais. Deben avaliarse estas situacións derivadas dos incendios
forestais e planificar as medidas preventivas e correctoras, de ser o caso.
Radioactividade. Deben estar avaliadas as situacións derivadas de problemas de
radioactividade na auga de captación e planificar as medidas preventivas e
correctoras, de ser o caso.
Cianobacterias. Deben estar avaliadas as situacións derivadas dunha situación de
risco por cianobacterias e planificar as medidas preventivas e correctoras, de ser o
caso.
Especificamente as posibles incidencias que poden ocorrer no noso abastecemento
e que foron avaliadas na identificación de perigos, e planificar as medidas
preventivas e correctoras para cada situación, de ser o caso.
Subministracións alternativas previstas en caso de incidencias.
GC-13T-02-01-01-B Edición 4 (03/03/2020) 15 de 22
Edificio Administrativo San Lázaro. 15703 SANTIAGO DE COMPOSTELA www.galiciasaude.es/dxsp
Guía coa información mínima do PAX dun abastecemento.(menos de 200 persoas)
GC-13T-02-01-01-B
LISTA DOSPERIGOS
(Apartado 2 desteprotocolo e as situacións
enumeradasanteriormente)
MEDIDASPREVENTIVAS
MEDIDASCORRECTORAS
DATA PREVISTA
(de ser o caso)
Tamén debe quedar contemplado neste apartado as actuacións ante incumprimentos
baseado no artigo 4 e 27 do Real decreto 140/2003.
Deberá existir un rexistro de incidencias ante incidencias e incumprimentos paramétricos.
INCUMPRIMENTO
PARAMÉTRICO OU
NON PARAMÉTRICO
DATA DO
INCUMPRIMENTO
MEDIDA
CORRECTORA
DATA DA
ENMENDA
GC-13T-02-01-01-B Edición 4 (03/03/2020) 16 de 22
Edificio Administrativo San Lázaro. 15703 SANTIAGO DE COMPOSTELA www.galiciasaude.es/dxsp
Guía coa información mínima do PAX dun abastecemento.(menos de 200 persoas)
GC-13T-02-01-01-B
3.3 Rexistros de mantementos
Realizaranse os seguintes rexistros de mantementos:
CALENDARIO DE MANTEMENTO DAS INFRAESTRUTURAS
DATA PREVISTA DO
MANTEMENTO
DATA REAL DO
MANTEMENTO
DOCUMENTACIÓN RELATIVA AO
MANTEMENTO
(CERTIFICADO DO MANTEMENTO OU
PERSOA QUE O REALIZA )
CAPTACIÓNS
PLANTA DE TRATAMENTO
DEPÓSITOS
REDE DE DISTRIBUCIÓN
Notas: Mantemento das infraestruturas (limpeza da zona de protección inmediata,
limpeza do entorno do depósito, limpeza do edificio da ETAP, limpeza do trazado de
rede de distribución na zona de matogueira, inspección do trazado da rede,..)
CALENDARIO DE LIMPEZAS E DESINFECCIÓNS DE INFRAESTRUTURAS
INFRAESTRUTURA
DATA PREVISTA
DA LIMPEZA E
DESINFECCIÓN
DATA REAL DA LIMPEZA E
DESINFECCIÓN
SUBSTANCIAS
EMPREGADAS
PERSOA/EMPRESA
(CERTIFICADO DO
MANTEMENTO)
Notas:
◦ Deberanse rexistrar as limpezas e desinfeccións de captacións, depósitos, rede
de distribución, limpezas da ETAP e gardar os certificados de limpeza.
GC-13T-02-01-01-B Edición 4 (03/03/2020) 17 de 22
Edificio Administrativo San Lázaro. 15703 SANTIAGO DE COMPOSTELA www.galiciasaude.es/dxsp
Guía coa información mínima do PAX dun abastecemento.(menos de 200 persoas)
GC-13T-02-01-01-B
◦ Segundo o Real decreto 140/2003, os depósitos e redes de distribución
deberanse limpar periodicamente. Esta limpeza debe ter as funcións de
desincrustar, desinfectar e aclarado con auga.
• Por isto a frecuencia de limpeza dos depósitos determinarase en función
dunha avaliación de risco. Recoméndase unha vez ao ano e nunca cunha
frecuencia superior aos 4 anos.
• As redes de distribución deberanse limpar antes de súa posta en
funcionamento e despois de calquera actividade de mantemento e
reparación que poida supor un risco de contaminación da auga de
consumo. Esta limpeza de redes pódese realizar por tramos ou sectores
afectados.
CALENDARIO DE MANTEMENTO DOS EQUIPOS SEGUNDO AS
ESPECIFICACIÓNS TÉCNICAS DOS EQUIPOS E DOS TRATAMENTOS
TIPO DE EQUIPOTIPO DE MANTEMENTO
DATA DO MANTEMENTO
PROVEDOR
DOCUMENTACIÓNDISPOÑIBLE
(especificaciónstécnicas dos equipos)
Nota: Mantemento dos equipos segundo as especificacións técnicas dos equipos e
dos tratamentos (por exemplo dos sistemas de cloración, dosificación de produtos
coas fichas técnicas, mantemento, limpeza e cambio de filtros ou resinas de
intercambio).
CALENDARIO DE PRODUTOS E SUBSTANCIAS EMPREGADAS NO
TRATAMENTO DA AUGA
DENOMINACIÓNDATA DA
COMPRAPROVEDOR
DOCUMENTACIÓN DISPOÑIBLE
(FDS, ALBARÁ DE COMPRA,
ETIQUETA, MANUAL DE USO)
GC-13T-02-01-01-B Edición 4 (03/03/2020) 18 de 22
Edificio Administrativo San Lázaro. 15703 SANTIAGO DE COMPOSTELA www.galiciasaude.es/dxsp
Guía coa información mínima do PAX dun abastecemento.(menos de 200 persoas)
GC-13T-02-01-01-B
Notas:
Os produtos utilizados para o tratamento de desinfección da auga de consumo
humano ou da auga destinada á produción de auga de consumo humano, deberán
cumprir o establecido no Regulamento (UE) n.º 528/2012 do Parlamento Europeo e
do Consello, de 22 de maio de 2012, relativo á comercialización e o uso dos
biocidas, para Tipo de Produto 5 (PT5).
É necesario aplicar á lexislación comunitaria relativa á substancias químicas,
que comprende o Regulamento (CE) n.º 1907/2006 do Parlamento Europeo e
do Consello, de 18 de decembro de 2006, relativo ao rexistro, a avaliación, a
autorización e a restrición das substancias e preparados químicos (REACH),
polo que se crea a Axencia Europea de Substancias e Preparados Químicos,
se modifica a Directiva 1999/45/CE e se derrogan o Regulamento (CEE) n°
793/93 del Consello e do Regulamento (CE) n.º 1488/94 da Comisión, así
como a Directiva 76/769/CEE do Consello e as Directivas 91/155/CEE, 93/67/
CEE, 93/105/CE e 2000/21/CE da Comisión e o Regulamento (CE) n.º
1272/2008 do Parlamento Europeo y do Consello, de 16 de decembre de
2008, sobre clasificación, etiquetado e envasado de substancias e mesturas, e
polo que se modifican e derrogan as Directivas 67/548/CEE e 1999/45/CE e se
modifica o Regulamento (CE) n.º 1907/2006 (CLP), así como calquera outra
normativa comunitaria aplicable.
Os produtos deberán estar etiquetados e coa FDS actualizada.
CALENDARIO DE MANTEMENTO DA INFORMACIÓN DO SINAC
TIPO DE MANTEMENTODESCRICIÓN DO MANTEMENTO
DATA DO MANTEMENTO
PERSOAL QUE OREALIZA
Altas de infraestruturas
Baixas de infraestruturas
Revisión da información de infraestruturas
Modificacións
Suba de boletíns
Revisión da información de boletíns
GC-13T-02-01-01-B Edición 4 (03/03/2020) 19 de 22
Edificio Administrativo San Lázaro. 15703 SANTIAGO DE COMPOSTELA www.galiciasaude.es/dxsp
Guía coa información mínima do PAX dun abastecemento.(menos de 200 persoas)
GC-13T-02-01-01-B
3.4 Rexistros de formación
REXISTRO DA FORMACIÓN DAS PERSOAS QUE TRABALLAN EN CONTACTO
COA AUGA DE CONSUMO
PERSOAS QUE
REALIZA A TAREFA
TAREFAS
REALIZADASFORMACIÓN DATA DA FORMACIÓN
Nota: Toda persoa que realiza tarefas relacionadas coa xestión da auga (persoas
que se encarguen do mantemento das infraestruturas ou dos equipos de tratamento
de auga, ou leven a cabo os controis e rexistro) debe dispoñer dunha formación
adecuada e continua e que a leven á práctica de forma correcta no desenvolvemento
da súa actividade laboral.
A formación recibida debe ser conforme ao establecido no Regulamento (CE)
852/2004 do Parlamento Europeo e do Consello, do 29 de abril de 2004, relativo á
hixiene de produtos alimenticios e acorde a súa actividade laboral (mantemento e
tratamentos de alga de consumo), xa que a formación debe dar resposta as
necesidades concretas de cada sector (abastecemento ou partes deste)/deste) e o
seu obxectivo fundamental é inculcar aos manipuladores prácticas correctas de
hixiene, ademais de mantelos actualizados nos contidos dos cambios normativos.
GC-13T-02-01-01-B Edición 4 (03/03/2020) 20 de 22
Edificio Administrativo San Lázaro. 15703 SANTIAGO DE COMPOSTELA www.galiciasaude.es/dxsp
Guía coa información mínima do PAX dun abastecemento.(menos de 200 persoas)
GC-13T-02-01-01-B
Normativa e bibliografía empregada:
• Directiva 98/83/CE do Consello, do 3 de novembro de 1998, relativa á calidade das
augas destinadas ao consumo humano (DOCE L n.º 330 do 5 de decembro de 1998).
• Real decreto 140/2003, do 7 de febreiro, polo que se establecen os criterios
sanitarios da calidade da auga de consumo humano (BOE 45 do 21/02/2003). Corrección de
erros Real decreto 140/2003 (BOE 54 do 4/03/2003).
• Orde SCO 1591/2005, do 30 maio sobre o Sistema de información nacional de auga
de consumo (SINAC) (BOE 131 do 2/06/2005).
• Orde SSI/304/2013, do 19 de febreiro, sobre substancias para o tratamento da auga
destinada á produción de auga de consumo humano (BOE 50 do 27/02/2013).
• Real Decreto 849/1986, de 11 de abril, polo que se aproba o Regulamento do
Dominio Público Hidráulico que desenvolve os títulos preliminar, I, IV, V, VI, VII e VIII do
texto refundido da Lei de Augas, aprobado polo Real Decreto Lexislativo 1/2001, de 20 de
xullo.
• Lei 9/2010, do 4 de novembro de Augas de Galicia.
• Lei 33/2011, do 4 de outubro, Xeral de Saúde Pública.
• Directiva 2013/51/ EURATOM do Consello de 22 de outubro de 2013, pola que se
establecen requisitos para a protección sanitaria da poboación con respecto as substancias
radioactivas nas augas destinadas ao consumo humano.
• Directiva (UE) 2015/1787 da Comisión de 6 de outubro de 2015 pola que se
modifican os anexos II e III da Directiva 98/83/CE do Consello, relativa á calidade das aguas
destinadas ao consumo humano.
• Real Decreto 817/2015, de 11 de setembro, polo que se establecen os criterios de
seguimento e avaliación do estado ds augas superficiais e as normas de calidade ambiental.
• Orde do 29 de xaneiro de 2016 pola que se dispón a publicación da normativa do
Plan hidrolóxico da demarcación hidrográfica de Galicia-Costa, aprobado polo Real decreto
11/2016, do 8 de xaneiro, polo que se aproban os plans hidrolóxicos das demarcacións
hidrográficas de Galicia-Costa, das bacías mediterráneas andaluzas, do Guadalete-Barbate
e do Tinto, Odiel e Piedras.
• Real Decreto 314/2016, de 29 de xullo, polo que se modifican o Real decreto
140/2003, de 7 de febreiro, polo que se establecen os criterios sanitarios da calidade da
auga de consumo humano, o Real decreto 1798/2010, de 30 de decembro, polo que se
GC-13T-02-01-01-B Edición 4 (03/03/2020) 21 de 22
Edificio Administrativo San Lázaro. 15703 SANTIAGO DE COMPOSTELA www.galiciasaude.es/dxsp
Guía coa información mínima do PAX dun abastecemento.(menos de 200 persoas)
GC-13T-02-01-01-B
regula a explotación e comercialización das augas minerais naturais e augas de manancial
envasadas para consumo humano, e o Real Decreto 1799/2010, de 30 de decembro, polo
que se regula o proceso de elaboración e comercialización das augas preparadas
envasadas para o consumo humano.
• Real decreto 902/2018, de 20 de xullo, polo que se modifica o Real decreto
140/2003, do 7 de febreiro, polo que se establecen os criterios sanitarios da calidade da
auga de consumo humano e as especificacións dos métodos de análise e as especificacións
dos métodos de análise do Real Decreto 1798/2010, de 30 de decembro, polo que se regula
a explotación e comercialización das augas minerais naturais e augas de manancial
envasadas para consumo humano, e do Real Decreto 1799/2010, de 30 de decembro, polo
que se regula o proceso de elaboración e comercialización de augas preparadas envasadas
para o consumo humano.
• Lei 9/2019, do 11 de decembro, de Galicia de medidas de garantía do abastecemento
nos episodios de seca e nas situacións de risco sanitario.
• Guía para a elaboración dun protocolo de control e xestión de pequenos
abastecementos. Proxecto Life Rural Supplies.Ano 2018
• Quality Assurance (HACCP) System: GWS guide to its implementation. NFGW. Ano
2014
Máis información en:
• Proxecto Life Rural Supplies LIFE12 ENV/ES/000557 "Soluciones sostenibles para
pequeñas redes de abastecimiento". Guía para la elaboración de un protocolo de
control y gestión de pequeños abastecimientos.
• Proxecto Life Rural Supplies LIFE12 ENV/ES/000557 "Soluciones sostenibles para
pequeñas redes de abastecimiento". Instrucción técnica para el abastecemiento
autónomo.
• Proxecto Life Rural Supplies LIFE12 ENV/ES/000557 "Soluciones sostenibles para
pequeñas redes de abastecimiento" https://ruralsupplies.eu/
• Quality Assurance (HACCP) System: GWS guide to its implementation.
https://nfgws.ie/quality-assurance-implementation/
GC-13T-02-01-01-B Edición 4 (03/03/2020) 22 de 22