O pasado 29 de setembro, 110.000
persoas mobilizáronse con Comisións
Obreiras e UGT en diferentes manifesta-
Galicia SindicalNÚMERO 12 - OUTUBRO 2010 (1.ª quincena) Órgano de comunicación do S. N. de CCOO
. . . .
A cidadanía insta o Goberno arectificar a reforma laboraln Máis de 110.000 persoas, convocadas por CCOO e UGT, manifestáronse o pasado 29 de setembroen toda Galicia nunha histórica xornada de folga xeral en todo o estado
D I X I T A L
www.galicia.ccoo.es
Na manifestación central, en Vigo, ao redor de 70.000 persoas esixiron xunto a CCOO e UGT que o Goberno rectifique
Comisións Obreiras e CSICA asinaron
o acordo laboral da fusión das caixas.
Segundo a análise de COMFIA-CCOO,
trátase «do mellor» de cantos pactos
deste tipo se asinaron no estado espa-
ñol ata o de agora. / Páx. 7
CCOO ASINA EN GALICIA O MELLOR ACORDOLABORAL DE ESPAÑA NUNHA FUSIÓN DE CAIXAS
cións e concentracións polas principais
vilas e cidades de Galicia. Para as orga-
nizacións sindicais, foi un «día histórico»,
pois a folga xeral que convocaron con-
xuntamente acadou un seguimento do
82,15%./ Páxs. 4 e 5
GALICIA SINDICAL N.º 12 - Outubro 2010 (1.ª quincena)
2
www.galicia.ccoo.es
O MOVEMENTO SINDICAL, UNHAREFERENCIA
Prezado compañeiro, prezada
compañeira:
No nome da Comisión Executiva
do Sindicato Nacional de Comisións
Obreiras e no meu propio, traslá-
doche os parabéns polo éxito da
folga xeral do 29-S, da que fuches
unha peza fundamental. Por toda
n CARTA DO SECRETARIO XERAL
XOSÉ MANUEL SÁNCHEZ AGUIÓN
Galicia, igual que en toda España,
escoitouse a voz dos traballadores
e das traballadoras dicíndolle ben
alto e ben claro ao Goberno que
«ASÍ, NON», que o camiño que está
a seguir para loitar contra a crise
non é o correcto.
No 29-S púxose de manifesto,
unha vez máis, que o movemento
sindical é unha referencia pola súa
firmeza e coherencia, pola súa ca-
pacidade para organizar a resisten-
cia aos recortes de dereitos e ta-
mén pola súa capacidade para
propor alternativas. E todo iso, ma-
lia a groseira campaña de despres-
tixio contra Comisións Obreiras e
outras organizacións.
Os sindicatos, integrados por
compañeiros e compañeiras coma
ti, somos a referencia ética desta
desvergoña e atraco social que se
quere perpetrar contra a clase tra-
balladora deste país. Grazas ao teu
apoio, esta masiva mobilización
triunfou.
Acabo, pois, enviándoche a miña
máis sincera e fraterna aperta.
Sánchez Aguión: «O Goberno deberectificar a reforma laboral»
O secretario xeral do Sindicato Na-
cional de Comisións Obreiras, Xosé
Manuel Sánchez Aguión, sinala que o
sindicato ten «a man tendida», pero «o
Goberno debe rectificar a reforma la-
boral». Así de contundente se amosa
o dirixente sindical despois dunha
folga xeral que logrou un seguimento
superior ao 80% e que mobilizou máis
de 100.000 persoas en diferentes ma-
nifestacións e concentracións por toda
Galicia.
Sánchez Aguión aclara tamén que
non acepta que se pretenda «maqui-
llar» o «éxito rotundo da convocato-
ria». Ao seu ver, o peche dos tres ae-
roportos e das tres universidades de
GAlicia, a paralización dos servizos de
recollida do
lixo ou o paro
total da indus-
tria son proba
disto para o
direixente sin-
dical.
Un éxito, ex-
plica, que tivo
lugar «a pesar
da groseira
campaña de
desprestixio contra as organizacións
sindicais», especialmente por parte de
«determindos medios de comunicación
ao servizo da cúpula da patronal», que
actuaron xa semanas antes da folga
como «unha especie de contrapiquetes
chamando á desmobilización, obxec-
tivo que non lograron».
O secretario xeral de CCOO en Gali-
cia felicita «a todos os traballadores e
traballadoras pola súa participación e
civismo» no exercicio do dereito á
folga, grazas ao cal puideron expresar
o seu «rexeitamento rotundo» ao re-
corte de dereitos que trae a reforma
laboral.
Por este motivo, Sánchez Aguión
esixe que o Goberno español «escoite
a voz da cidadanía e rectifique», man-
tendo a negociación colectiva como o
marco de protección das condicións
de traballo, e rectificando tamén as
«medidas antisociais» do plan de
axuste.
O secretario xeral
do Sindicato
Nacional
de Comisións
Obreiras non
acepta que se
pretenda
maquillar o
éxito rotundo da
convocatoria de
folga xeral
GALICIA SINDICALN.º 12 - Outubro 2010 (1.ª quincena)
3
www.galicia.ccoo.es
temporalidade, ameaza a negociación
colectiva, recorta os dereitos dos tra-
balladores e traballadoras e non crea
emprego; e seguindo pola retirada do
A folga xeral do pasado 29 de se-
tembro foi un «día histórico» debido
ao 82,15% de participación, que tivo
especial incidencia nos sectores pro-
dutivos, completamente paralizados.
Ademais, actividades como a recollida
de lixo e limpeza viaria, transportes
públicos, portos e aeroportos ou co-
mercio e hostalería tamén tiveron altí-
simos índices de seguimento.
O traballo sindical realizado nos úl-
timos meses, a través dunha ampla
campaña informativa centro por cen-
tro, reflectiuse no seguimento xeral da
folga por parte do persoal das princi-
pais empresas de toda Galicia como
PSA-Vigo, Navantia, Alúmina Aluminio
San Cibrao, Zara Loxística, Frinsa do
Noroeste, Unisono Solucións, GKN Dri-
veline, G.P.S.B. Galfor S.A., Cespa ou
Vitrasa, entre outras.
Manifestacións masivas
Ademais, traballadoras e traballado-
res galegos percorreron as rúas da Co-
ruña, Ferrol, Santiago, Ribeira, Lugo,
A Mariña, Ourense, Pontevedra, Vigo e
Arousa, e concentráronse nas vilas de
Lalín e Cee baixo o lema «Así, non!
Rectificación xa!». En total, preto de
110.000 persoas participaron nestes
actos, das cales unhas 70.000 estive-
ron na manifestación central, en Vigo.
Rectificación
Co aval deste «masivo apoio», CCOO
e UGT reclaman a rectificación das po-
líticas antisociais do goberno Zapatero,
comezando pola reforma laboral que
abarata o despedimento, aumenta a
A folga paralizou os sectoresprodutivos de Galician Preto de 110.000 persoas participaron en manifestacións por todo o país
plan de Axuste, restablecer os dereitos
dos pensionistas, empregados e em-
pregadas públicos e persoas depen-
dentes e manter o investimento pú-
blico.
Os dous sindicatos esixen tamén o
mantemento da negociación colectiva
como marco de protección das condi-
cións de traballo, fronte aos intentos
de individualizar as relacións laborais,
a continuidade do sistema público de
pensións como eixe do sistema de pro-
tección social, alén da aplicación
dunha política fiscal baseada na pro-
gresividade e na equidade, e non en
xestos ou concesións á galería.
As dúas organizacións defenden que
o 29 de setembro foi o primeiro
chanzo cara a un futuro mellor e para
conseguir un xiro democrático das po-
líticas do Goberno central. O contrario
sería unha irresponsabilidade por parte
dun Executivo que se amosaría «xordo
e cego» ante o clamor popular.
A estación de autobuses da Coruña amenceu totalmente deserta o 29-S
SEGUIMENTO DA FOLGA PORSECTORES ECONÓMICOS
SECTOR % seguimentoRecoll. do lixo e limpeza viaria 100%Transporte público 95%Grandes superficies comerciais 75%Ensino, sanidade, Admón., Correos 50%Portos e aeroportos 95%Comercio e hostalaría 90%Naval 100%Automoción 90%Construción 80%Sector agroalimentario 70%Conservas 80%Téxtil 73%Químicas 70%MEDIA GALICIA 82,15%
GALICIA SINDICAL N.º 12 - Outubro 2010 (1.ª quincena)
4
www.galicia.ccoo.es
110.000 persoas participaron enmanifestacións por toda Galicia
Imaxe da manifestación central, en Vigo / Foto: Óscar Vázquez
Na provincia de Ourense están as si-
tuacións do IES Lagoa de Antela, con
cinco profesores menos; o IES As La-
goas, con catro profesores menos; o
IES Blanco Amor, tamén con catro me-
nos; o IES de Allariz, con tres menos,
e o IES O Couto, con outros tres profe-
sores menos.
A consecuencia principal deste re-
corte global dun 10% de profesorado
é a redución de oferta de optativas, así
como a atención máis deficiente ás ne-
cesidades do alumnado.
No ámbito da FP, o conselleiro di que
só eliminan ciclos con dous alumnos e
que crearon en toda Galicia tres ciclos
formativos. O número de supresións
de determinados módulos, ao non che-
GALICIA SINDICAL N.º 12 - Outubro 2010 (1.ª quincena)
6
www.galicia.ccoo.es
Ante a actitude da Consellaría neste
inicio de curso, ao se negar a aceptar
e, sobre todo, a solucionar os erros de
planificación tanto en secundaria como
en primaria, CCOO-Ensino quere deixar
claros os datos reais dos centros edu-
cativos.
En secundaria, a redución de profe-
sorado é tan inxusta e desproporcio-
nada que se dan casos en que, incre-
mentándose a matrícula, o claustro
vese reducido en gran medida. Así oco-
rre na provincia da Coruña, no IES Agra
de Raíces de Cee que incrementa trinta
alumnos e reduce cinco profesores, no
IES Agra de Leborís da Laracha, con
tres profesores menos, ou no IES As
Ínsuas de Muros, que co mesmo alum-
nado perde tres profesores.
CCOO denuncia erros deplanificación no inicio do curson O sindicato reta a Xunta a demostrar que non houbo incidencias no inicio do ano académico
O Sector do Mar de CC OO lamenta
o falecemento o pasado 30 de se-
tembro dun operario do remolcador
de altura Ría de Vigo durante as ma-
nobras de remolque dun buque en
Ferrol. Ante este novo accidente, de
consecuencias mortais, Comisións
traslada as súas «condolencias e
máis sincero apoio» á familia.
Este sinistro provoca unha nova ví-
tima mortal nun sector longamente
castigado pola sinistralidade, motivo
polo cal CCOO esixe investigar a
fondo o accidente e as causas.
CCOO LAMENTA UNHA NOVAVÍTIMA NO SECTOR DO MAR
gar aos novos mínimos de solicitudes
establecidos, é tamén importante.
Condicións insalubres no
edificio de Unitono en Ourense
CCOO denunciou ante Inspección de Traballo as condicións insalubres dasoficinas de UNITONO no edificio Tecnopol. A denuncia do sindicato leva a
Seguridade Social a declarar como accidentes de traballo as baixas médicasna empresa, que será multada por incumprir as medidas de seguridade.
Para CCOO, a Xunta cometeu erros deplanificiación no inicio de curso
GALICIA SINDICALN.º 12 - Outubro 2010 (1.ª quincena)
7
www.galicia.ccoo.es
Piden compensar osefectos do Plan doCarbón en Galicia
A Federación de Industria de CCOO de Galicia esixirá meca-
nismos de compensación polos efectos do Plan do Carbón no
noso país. O sindicato considera que o apoio ao carbón espa-
ñol, tal e como está enfocado no real decreto, pode deixar
nunha moi difícil situación as zonas e sectores dependentes
das centrais térmicas instaladas en Galicia ata o 2014, xa que
empregan mineral importado, máis competitivo e menos con-
taminante que o autóctono, para xerar enerxía. Desde CC OO
advirten que as térmicas das Pontes, Meirama e tamén o ciclo
de Sabón non poden quedar fóra de xogo catro anos (2010-
2014), porque afundirían as industrias auxiliares, repercutirían
nos portos de Ferrol e A Coruña, cos conseguintes efectos nas
economías comarcais.
Peche indefinido enVulcano
O persoal de Vulcano, en Teis, na comarca de Vigo, iniciou o 7 de outubroun peche indefinido nas instalacións da factoría. Reclaman da Xunta e do
Goberno central compromisos para a continuidade da empresa.
Comisións Obreiras e CSICA asina-
ron o acordo laboral da fusión das
caixas. Para Julián Valiente, secreta-
rio xeral de COMFIA-CCOO, e Luís
Mariño, voceiro de COMFIA-CCOO na
mesa laboral da fusión, trátase «do
mellor» de cantos pactos deste tipo
se asinaron no estado español.
Valiente destaca que en todos os
acordos laborais de fusión estivo
CCOO, «non así outros sindicatos»,
e que este pacto «reflicte o compro-
miso de Comisións cos traballadores
e traballadores e mais co emprego».
Pola súa parte, Mariño salienta que
se trata dun acordo «de garantías
CCOO asina o acordo laboralde fusión das caixas galegasn Trátase «do mellor» de cantos se levan pactado no estado español
para os que fican, e tamén para os
que se van», de tal xeito que acada
«un punto de equilibrio para que
queden nunha entidade viable».
Dous grupos de medidas
O acordo recolle dous grupos de
medidas. Por un lado, as de reestru-
turación do cadro de persoal. Polo
outro, as que se refiren á harmoni-
zación das condicións de traballo
para o persoal da caixa resultante da
fusión.
Dentro do primeiro grupo cómpre
destacar as prexubilacións, que se
farán mediante ERE, cunha cobertura
do 85% do salario bruto ata un tope
do 98% do neto. Tamén as baixas in-
centivadas, cunha indemnización de
45 días de salario por ano de servizo,
con ratero da fracción de ano, ata un
máximo de 42 mensualidades.
Xa no segundo grupo, o das medi-
das de harmonización, aparecen re-
collidas a clasificación profesional,
as retribucións, a clasificación de ofi-
cinas, o tempo de traballo, a previ-
sión social ou cuestións de igualdade
e conciliación. En todos os casos,
coas condicións máis favorables ao
persoal, sexan en orixe de Caixanova
ou de Caixa Galicia.
NÚMERO 12 - OUTUBRO 2010 (1.ª quincena) Órgano de comunicación do S. N. de CCOO
www.galicia.ccoo.es
Se queres coñecernos, consulta cal é o local de CCOOmáis próximo... ou visita www.galicia.ccoo.es
Sindicatos de máis de cen países
mobilizáronse o día 7 de outubro, III
Xornada Mundial polo Traballo De-
cente, baixo o lema «Pór o mundo a
traballar», para esixiren unha acción
gobernamental máis firme respecto
da reforma e a recuperación econó-
mica. A convocatoria parte da Confe-
deración Sindical Internacional (CSI),
da que CCOO forma parte por estar
integrada na Confederación Europea
de Sindicatos (CES).
As actividades non se reducen só a
esa data, senón que nalgúns países
haberá actos propios outros días, os
primeiros dos cales xa tiveron lugar
recentemente: o pasado 29 de setem-
bro, unha euromanifestación que xun-
tou en Bruxelas máis de cen mil per-
soas, e o 2 de outubro un mitin en
Washington.
Ante unha situación na que se per-
deron 34 millóns de empregos desde
2008 como resultado da crise, e 64
millóns de persoas se atopan sumidas
na máis extrema pobreza, o mundo
debe aproveitar este momento de in-
flexión para romper coas políticas
erradas do pasado que ocasionaron a
crise e avanzar cara a un futuro máis
xusto, sustentable e próspero.
Principais reivindicacións
Nese sentido, as tres mensaxes
centrais para a XMTD este ano son a
reivindicación do crecemento econó-
mico cuns postos de traballo decen-
tes, e non medidas de austeridade;
a defensa duns servizos públicos de
calidade, fundamentais para levar
unha vida decente e que non deben
ser recortados en prol da consolida-
ción fiscal; e, finalmente, que o sec-
tor financeiro debe pagar polo dano
que causou.
Os sindicatos de todo o mundo mobilizáronseo 7 de outubro na terceira convocatoria daXornada Mundial polo Traballo Decente
Top Related