Confesión de Fe de grandes científicos
Oprima la barra espaciadora para avanzar los slides
Johannes Kepler 1571-1630, un dos maiores astrónomos:
”Deus é grande, grande é o seu poder, infinita a súa sabedoría. Lóeno ceos e terra, sol, lúa e estrelas coa súa propia linguaxe. Meu Señor e meu Creador! A magnificencia das túas obras quixer eu anunciala aos homes na medida en que a miña limitada intelixencia pode comprendela.”
Copérnico (1473- 1543), fundador da mundovisión moderna:
“Quen vive en íntimo contacto coa orde máis consumada e a sabedoría divina, non se sentirá estimulado ás aspiracións máis sublimes? Quen non adorará o Arquitecto de todas estas cousas?
Newton (1643- 1727) fundador da física teórica clásica:
“O que sabemos é unha pinga, o que ignoramos, un inmenso océano. A admirable disposición e harmonía do universo, non puido senón saír do plan dun Ser omnisciente e omnipotente”
Linneo (1707- 1778) fundador da botánica sistemática:
“Vin pasar de cerca o Deus eterno, infinito, omnisciente e omnipotente e prostreime de xeonllos en adoración”
Volta (1745- 1827), descubriu as nocións básicas da electricidade:
“Eu confeso a fe santa, apostólica, católica e romana. Dou grazas a Deus que me concedeu esta fe, na que teño o firme propósito de vivir e de morrer”
Ampère (1775- 1836), descubriu a lei fundamental da corrente eléctrica:
“Que grande é Deus, e a nosa ciencia una miudeza!”
Cauchy (1789- 1857) insigne matemático:
“Son cristián, ou sexa, creo na divinidade de Cristo, como todos os grandes astrónomos, todos os grandes matemáticos do pasado”
Gauss (1777- 1855), un dos máis grandes matemáticos e científicos alemáns:
“Cando soe a nosa última hora, será grande e inefable o noso gozo ao ver a quen en todo o noso quefacer só temos podido vislumbrar”
Liebig (1803- 1873), célebre químico:
“A grandeza e infinita sabedoría do Creador recoñeceraa realmente só o que se esforce por extraer as súas ideas do gran libro que chamamos a natureza”
Robert Mayer (1814- 1878), científico naturalista (Lei da Conservación da Enerxía)
“Acabo a miña vida con unha convicción que brota do máis fondo do meu corazón: a verdadeira ciencia e a verdadeira filosofía non poden ser outra cousa que unha propedéutica da relixión cristiá”
Secchi (1803- 1895), célebre astrónomo:
“De contemplar o ceo a Deus hai un treito curto”
Darwin (1809- 1882), Teoría da evolución:
“Xamais neguei a existencia de Deus. Penso que a teoría da evolución é totalmente compatible coa fe en Deus. O argumento máximo da existencia de Deus creo que é a imposibilidade de demostrar e comprender que o universo inmenso, sublime sobre toda medida, e o home teñan sido froitos do azar”
Edison (1847- 1931) , o inventor máis fecundo, 1200 patentes:
“O meu máximo respeto e a miña máxima admiración a todos os enxeñeiros, especialmente ao maior de todos eles: Deus”
Schleich (1859- 1922), célebre cirurxián:
“Fíxenme crente á miña maneira polo microscopio e a observación da natureza, e quero, en cuanto está ao meu alcance, contribuír á plena concordia entre a ciencia e a relixión”
Marconi (1874- 1937), inventor da telegrafía sen fíos, Premio Nobel 1909:
“Declaro con orgullo: son crente. Creo no poder da oración, e creo, non só como católico, senón tamén como científico”
Millikan (1868- 1953), gran físico americano, Premio Nobel 1923:
“Podo da miña parte aseverar con toda decisión que a negación da fe carece de toda base científica. Ao meu xuízo xamais se encontrará unha verdadera contradición entre a fe e a ciencia”
Eddingtong (1882- 1946) Célebre astrónomo inglés:
“Ningún dos inventores do ateísmo foi naturalista. Todos eles foron filósofos moi mediocres”
Albert Einstein (1879- 1955), fundador da física contemporánea ( teoría da relatividade e premio Nobel 1921):
“Todo aquel que está seriamente comprometido co cultivo da ciencia, chega a convencerse de que en todas as leis do universo está manifesto un espíritu infinitamente superior ao home, e ante o cal nós, cos nosos poderes, debemos sentirnos humildes”
Plank (1858- 1947), fundador da física cuántica, premio Nobel 1918:
“Nada pois nolo impide, e o impulso do noso coñecemento o esixe…relacionar mutuamente a orde do universo e o Deus da relixión. Deus está para o crente no principio dos seus discursos, para o físico, no remate dos mesmos"
Schrödinger (1887- 1961), creador da mecánica ondulatoria, premio Nobel 1933:
“ A obra mestra máis fina é a feita por Deus, segundo os principios da mecánica cuántica…”
Hathaway, pai do Cerebro electrónico.
“ A moderna física ensíname que a natureza non é capaz de ordenarse a si mesma. O universo supón unha enorme masa de orde. Por iso require unha “Causa Primeira” grande, que non está sometida á segunda lei da transformación da enerxía e que polo mesmo, é Sobrenatural”
Wernher Von Braun (1912- 1977), construtor alemán- americano dos foguetes espaciais:
“ Por encima de todo está a gloria de Deus, que creou o gran universo, que o home e a ciencia van escudriñando e investigando día tras día en profunda adoración”
Charles Townes (Compartiu o premio Nobel de física 1964 por descubrir os principios do láser):
“ Como relixioso, sinto a presenza e intervención dun ser Creador que vai máis alá de min mesmo, pero que sempre está achegado…a intelixencia tivo algo que ver coa creación das leis do universo”
Allan Sandage (1926-) Astrónomo profesional, calculou a velocidad coa que se expande o universo e a idade do mesmo pola observación de estrelas distantes:
“ Era case un ateo practicamente na nenez. A ciencia foi a que me levou á conclusión de que o mundo é moito máis complexo do que podemos explicar. O misterio da existencia só podo explicalo mediante o Sobrenatural”
Unha Tarxeta e unha sorpresa:“Un mozo universitario viaxaba no mesmo compartimento do tren cun venerable ancián que ía rezando o seu rosario. O mozo atreveuse a dicirlle: “Por que en vez de rezar o rosario non se dedica a aprender e instruírse un pouco máis? Eu pódolle enviar algún libro para que se instrúa”.O ancián respondeulle: “ Agradeceríalle que me enviase o libro a esta dirección, e entregoulle a súa tarxeta. Na tarxeta dicía: Luis Pasteur, instituto de Ciencias de París. O universitario ficou avergoñado. Pretendera darlle consellos ao máis famoso sabio do seu tempo, o inventor das vacinas, estimado en todo el mundo e devoto do rosario”
Recopilación Padre Chulalo (15/02/2000)
Mósica: Pescador De Hombres – Enrique Chia