CEIP A.D.R. Castelao EDLG, Equipo de Biblioteca e Equipo de Act. Extraescolares
Batallas?... de flores.
Fusís?... de papel.
Canóns?... de mentira.
Pantasmas?... sen pés.
Sustos?... de merengue.
Beliscos?... de mel.
Cadeas?... de nubes.
Monstros?...
A correr
A correr… !
Ana Mª Fernández
Amiguiños todos,
amiguiños xa,
os nenos de aquí,
e os nenos de alá.
Os nenos do mundo
todos a cantar
a unha mesma voz
collidos da man.
Cantarola nosa
de amor e de paz.
Leda cantarola,
ledo rebuldar.
Todos os nenos do mundo teñen dereito
a ter catro avós e catro avoas coma catro soles,
para escoitar mil contos
a carón do lume.
Todos os nenos do mundo teñen dereito
a xogar ás catro esquinas
e a ter centos de amigos,
e a perderse, ás apilladas, entre as casas dos veciños.
Todos os nenos do mundo teñen dereito
a ter catro soños
e catro castelos construídos
na area das súas praias,
mentres contan as ondas que non teñen número.
Todos os nenos do mundo teñen dereito
a ser
un millón de veces felices.
Rolda de sorrrisos
dende mar a mar,
corazóns abertos
ollos de amigar.
Amiguiños todos,
amiguiños xa,
os nenos de aquí
e os nenos de alá.
CANTAROLA DOS NENOS
Xosé Neira Vilas
Ana Mª Fernández
Non lle digas nada á lúa,
que non te quere escoitar.
Está a falar coa choiva,
a brétema e máis co mar.
Na conversa deles tres
estase a falar de paz.
E tódolos tres arelan
botarlle á Terra unha man.
Cativos que pasan fame.
Cidades contaminadas.
O lixo flota nos ríos.
As fragas xa non son fragas.
Non lle digas nada á lúa.
Teñen pechado o salón.
Non queren que chegue o día
sen atopar solución.
Antonio García Teijeiro
Que veña o vento fungón,
que lle quero preguntar
a cor dos ollos das nubes,
a cor dos ollos do mar.
Eu coido que son azuis
verdes, grises, de cristal,
mais calquera cor que teñan
será sempre a cor da paz.
Antonio García Teijeiro.
Choven balas
Seres berran
Arden vilas
Queiman leiras
Caen nenos
Chora a terra
Xeme o pobo
Pingas negras
Cicatrices
Dor vermella
Destrución
Chuvia cega
Berros tristes
Dor marela
Choven balas
e miseria
Noite fría
Tristes guerras
Nace o medo
Chora a terra.
Antonio G. Teijeiro
No máis alto das nubes
ter unha casa,
voar coma unha pomba
e ver que pasa.
Converterme nos campos
en bolboreta
con dúas ás fermosas
e moi coquetas.
Pero se o penso ben,
mellor sería
que esa variña dese
sol e alegría
para espantar dos rostros
dores, tristezas,
poñer paz entre os pobos,
quitar pobrezas.
Gustaríame ser
a fada dalgún conto
para poder vivir
o que eu queira, de pronto.
Ter esa vara máxica
que cumpra exactamente
cada capricho novo
que acuda á miña mente;
e no patio da noite
saltar estrelas
e, pasiño a pasiño,
falar con elas.
Comprar enormes lentes
alucinantes,
para ler cada libro
que hai nos estantes.
Ana Mª Fernández
Top Related