7/23/2019 Especial Letras Galegas 2014 Diario de Ferrol
1/13
Letr
asGale
gas2014
LETRAS GALEGAS 31Diario de Ferrol WWW.DIARIODEFERROL .COMSBADO, 17DE MAYO DE 2014
O verme e a estrela
Esta sede infinita de pureza/
ausoluta, esta sede de xustiza/que nos queima, esta sede debeleza.../baixo as alas de pedra da preguiza/e a paga do pecado en cada esquina/e a herbia sobre a foia e a runa...
Esta sede de lus, mentres o vento/da morte za darredor das cousas/que estn no noso corazn, cincento/sopro que arrinca os das, queima aschousas/mis ntimas, e brreas coma agoa...!/
A lus do mundo a que arde nunhabgoa.
Xos Ma Da Castr
7/23/2019 Especial Letras Galegas 2014 Diario de Ferrol
2/13
Referente da poesagalega do sculo XX
XOS MARA DAZ CASTRO
Xos Mara Daz Castro (Guitiriz,
1914-1990), poeta e tradutor, envida publicou Nimbos (1961),
abondo para convertelo nunhadas figuras referenciais da poesa
galega do sculo XX. A sa obra moi extensa ainda que a maior
parte est espallada por revistase xornais e moita permaneceu
indita.Ao longo da sa vida estivo re-
lacionado con moitos persoeirosdo mundo da cultura e das letras
como Aquilino Iglesia Alvario,Ricardo Carballo Calero, Xos
Daz Jcome, Francisco Fernn-dez del Riego, Ramn Pieiro ou
Manuel Mara, entre outros.
PRIMEIROS ANOS
O poeta Xos Mara Daz Castro
naceu na parroquia lucense dos
Vilares no 1914, nunha familialabrega cun certo nivel econmi-co formada polos pais, unha ta
celibata con moita actividade re-lixiosa naquel tempo, e os catro
irmns: Antonio, Jos, Mara eSerafn.
O seu primeiro mestre ofi-cial e o de todos os seus vecios
dos Vilares foi Manuel Cordeiro,que viva na sa casa, cando s
tia sete anos, antes de construra Escola da Conchada. O seu pri-
meiro texto foi o Libro de Juani-to. Axia salientou coma decla-
mador e gaou un concurso denarracin para celebrar a fazaa
da travesa do Plus Ultra de Ra-mn Franco ata Bos Aires, en
1926. Tamn lle mandaron lerun sado na inauguracin da
Ponte Cancela entre Os Vilares eGuitiriz. Entre os nove e os dez
anos xa faca versos.Infludo pola familia decide ir
ao Seminario, e antes vai a clasesde latn Reitoral do Buriz. O
poeta gustaba de perderse nosmontes da serra de Montouto,
que foron o teln de fondo da savida, e cada camiada, ida e vol-
ta, mergullbase nas criaturasque va. Os animais, sobre todo
as aves, as plantas, as penas...,todo o faca vibrar e espertaba a
sa curiosidade: as flores, un in-secto, unha pedra caprichosa...,
estudbaos e xa na aldea ou na
casa preguntaba aos mis vellosos seus nomes, e anda acuda aolibro correspondente para am-
pliar os seus coecementos sobreaquela criatura. Adicaralles poe-
sas cando s tia doce anos, quedespois publicara en El Progre-
so Villalbs (1931), coma Elmenhir solitario.
O SEMINARIO
Cando tia 15 anos (1929) in-
gresou no Seminario de Mondo-edo, onde estudou sete anos.
Axia puxronlle o alcume de OPoeta, segua a escribir versos,
mesmo encartou algns deles endous cadernos: Follas verdes e
Follas aire, que quixo conser-var inditos.
Cando a de vacacins de ve-rn recollase na Chousa da Fon-
te deixndose levar polas musase compoendo versos e versos...
No Seminario gusta de parti-cipar en veladas e festas litera-
rias. Afeccionase ao coecemen-to dos idiomas, primeiro as
linguas clsicas e despois o fran-cs, ingls, alemn Escribe con
irona e humor.Un dos seus amigos nos pri-
meiros tempos do Seminario oescritor Aquilino Iglesia Alvari-
o, que lle falou doutros poetas
da Terra Ch: Noriega Varela,Crecente Vega, Xos ChaoLedo, todos exalumnos do Se-
REDACCINA Corua
Daz Castro explicara o seu sentido da poesa: Creo que a poesa unhaactividade puramente artstica, que constite a forma mis perfecta deexpresin dos seres humanos e as sas relacins. Isto implica sempre beleza
e emocin esttica: estes dous conceptos son esenciais. Poido afirmar que apoesa marcou a mia vida como forma mis viva e fermosa de expresin,como aficin entusiasta, e se me lcito dicilo- como vocacin, ler poesa para min un gozo insuperable Hai moitos xneros de poesa, pero pensoque a poesa lrica, digamos, non tal se non ten algo de transcendencia, dicir, pensamento filosfico. Un concepto do mundo e do drama do destinohumn Penso que a mia poesa, preferiblemente simblica sempre, faireferencia, directa ou indirectamente, home como ser caracteristicamentedramtico; o home o ser mis meu que ningunha outra realidade.
minario de Mondoedo e escri-tores que cantaron as esencias
desta comarca. Tamn no Semi-nario estivo a xermolar a amiza-
de cun mozo da cidade, XosDaz Jcome (1910-1998), que
durara moitos anos.Nas vacacins o poeta, xa
mozo feito, participaba da vidados Vilares e da comarca. Nal-
gns verns vai pasar semanasde vacacins cuns tos en Neda, e
sobre todo en Betanzos, onde sesinte atrado pola paisaxe daque-
la ra.Prepara o caderno Follas ver-
des, cun subttulo: Cantares eromances de Jos M. Daz Cas-
tro. Na Repblica segue a escri-bir, sobre todo en galego, os dous
cadernos ben preparados e moi-tos dos poemas aparecidos nos
medios. Son anos de fervenza
cultural e social que se reflictenunha ampla variedade de pu-blicacins que estn a abrollar en
cidades e vilas galegas. P-chase no casteln naquelas
composicins mis devocio-nais e relixiosas en con-
sonancia co afastamen-
to do galego da igrexaoficial. Xa na guerra e na
posguerra o casteln do-minara a sa escrita.
Prepara un segundo ca-derno: Follas aire e incle
versos de 1932 a 1935, outrodos libros perdidos.
Hai un cambio no esti-lo deste indito, moi-
to mis intimista eexistencial con re-
milgos relixiosos efilosficos, fronte
dimensin misdescritiva e cos-
tumista, s vecesdemasiado rea-
lista, do cader-no anterior,
Fol las ver -des.
El Progre-so Villalbs
ser o que re-colla mis
poemas deDaz Castro
e os primei-ros impresos
en galegon o s s e u s
anos de Se-
Concep
to
DENDE MOI NOVO
ENTRE OS NOVE E OSDEZ ANOS XA FACAVERSOS E AOS DOCEADICBALLESPOEMAS SCRIATURAS DANATUREZA
LETRAS GALEGAS Diario de Ferrol WWW. DIARIODEFERROL .COMSBADO, 17DE MAYO DE 201432
7/23/2019 Especial Letras Galegas 2014 Diario de Ferrol
3/13
O poeta de Guitiriz so sacou luz un libro en vida, Nimbos, ainda que publicou moito en revistas e xornais
Obra literaria
minario, feitos cando tia 16 e17 anos de idade.
A GUERRA CIVIL
Xa estoupara a Guerra Civil eDaz Castro, da quinta do 35,
destinado ao Corpo de SanidadeMilitar na Corua. No comezo
da guerra pediu ir voluntario,exercendo de camillero e practi-
cante, a un posto de socorro nafronte de Asturias. Quera saber
como era aquela situacin que seestaba a vivir, pero horrorizado
s aguantou unha semana, osmesmos xefes convencrono de
que poda ser mis til pola saformacin como sanitario nun
centro de sade galego, e foi des-tinado Clnica Militar do Gran
Hospital de Pontevedra onde es-tara dous anos e medio.
Nestes meses de conflito es-
crbelle unha madria de gue-rra, unha moza de Urretxu, tele-fonista, que quere animar coas
sas cartas a aqueles mozos. EraTeresita, a que sera a sa dona.
Rematada a guerra volve aoSeminario, s uns meses, obriga-
do polo seu pai que quera querematase a carreira eclesistica.
Pero definitivamente abandona.O seu amigo Iglesia Alvario
chmao para dar clases no Co-lexio Len XIII de Vilagarca de
Arousa , onde ensina latn , in-gls E segue a estudar idiomas.
Tamn convalida os seus estudos
eclesisticos, fai as probas e aca-da o ttulo de bacharel no Insti-
tuto de Pontevedra (1945).Unha das obras que adicou
mis tempo en Vilagarca foi un
longo poema Medioda, 443
versos en cas teln. Esta obrapotica tia un esprito mstico
no que proxectou o amor natu-reza e o amor humano, pero sem-
pre cunha emocin contida.Abandona Vilagarca no 1947.
O seu amigo dende o Seminario,Xavier Armada, fornceo de di-
cionarios e gramticas do hn-garo e doutras linguas Dubida
na eleccin profesional, ser mes-tre de escola, xornalista ou, fin,
seguir mergullndose nos idio-mas. Nestes anos, aguilloado
polo seu amigo Iglesia Alvario,escribe poemas e participa en va-
rios certames coma os Xogos Flo-rais de Betanzos onde gaa, aos
32 anos, no 1946, os primeirospremios nos dous idiomas.
PROFESIN
Foi chamado a traballar comotradutor no Ministerio de Gober-nacin en Madrid. Tivo que tra-
ducir segredos de Estado, que lleobrigaban a unha grande pru-
dencia e sixilo no seu traballo.Comeza o curso e tamn a sa
dedicacin docencia en Madridcomo profesor de linguas clsi-
cas e modernas (francs, ingls ealemn) en tres centros ou aca-
demias: unha actividade quedesenvolvera durante tres anos.
No 1952 principia a traballarno Instituto de Cultura Hispni-
ca e mis tarde no Instituto doFrio do Consello Superior de In-
vestigacins Cientficas. No Ins-tituto de Cultura Hispnica tra-
balla ata 1966, como encargadode servizos de traducin para os
Editorial Galaxia, 1961.
Os trinta e dous poemas desta
obra ofrecen un grande abano
temtico: a relacin entre o
Home e Deus, a reflexin
autopotica, a presenza do
paso do Tempo e da Historia
ou o simbolismo de Galicia.
Nimbos
Editorial Galaxia, 2014.
Ed. de Armando Requeixo
Do estudo e edicin desta
obra encargouse o crtico
literario e profesor Armando
Requeixo, quen neste libro
achega toda esa producin
aos lectores.
Poesa galegacompleta
Editorial Eneida, 2014.
Esta obra rene o mis
destacado da sa producin
en casteln coa intencin de
presentar a un autor marxe
de modas, poseedor dunha
voz inconfundible que se
interroga polos sentidos.
Sombras radiantes yotros poemas
Poema
Cando eu estea sobras
rbores,/sobros pxaros i as estrelas,/pediri a Deus algunhastardes/me descolgue sobor da terra/
para volver a percorreros/vellos camios da miaaldea.
paisano, un tal Antn do Foxo e
firmado co pseudnimo de Cas-telo e, en 1959 participa na
Festa da Poesa que convocabaBen-Cho-Shey no Centro Galego
de Madrid, o nico recital quefixo da sa poesa xunto co que
convocara Xermolos na sa te-rra en 1984. No vern de 1959 a
prestixiosa revista Insula deMadrid adica un nmero dobre
realidade literaria e artstica deGalicia no que aparece todo o
universo das nosas letras, in-cluido Daz Castro.
No 1961 Galaxia publica o seunico libro: Nimbos. A pesares
de ser poemas de varias pocas,agora editados con modifica-
cins lxicas, morfolxicas ou
ortogrficas, toda unha lia ben
ensamblada percorre o libro.Daz Castro tamn estrutura
en Madrid un poemario en caste-ln: Sombras radiantes que a
pesar das presins endexamaisquixo publicar, e no que fai o
mesmo que adoita no poemariogalego de cribar poemas de moi-
tos anos anteriores.Despois de varios cambios de
datas debido s incidencias quesufriu a sa sade, Xermolos pui-
do celebrar a homenaxe ao poetaen abril de 1990. Xa no mes de
setembro tivo que ser ingresadono Hospital Xeral de Lugo duran-
te quince das, morrendo o 2 deoutubro de 1990 cando tia 76
anos, e foi soterrado en Guitiriz.
idiomas: francs, ingls, alemn,italiano, portugus, holands e
linguas escandinavas.Casou aos 40 anos, en 1954,
con Mara Teresa Zubizarreta,coa que tivo tres fillos Jos Mari,
Maite e Iigo. A pesar de estarmoi atarefado na sa vida coti
adicaba moito tempo s seus fi-llos, sobre todo na sa nenez e
foi o seu primeiro mestre.Publica poemas en revistas
como Alba e Fernndez del Rie-go seleccinao na Escolma de
Poesa Galega. Daz Castro publi-ca en La Noche en 1947 varios
poemas en casteln. Segue a pu-blicar en La Hoja del Lunes da
Corua o seu Anecdotario Hu-morstico protagonizado por un
LETRAS GALEGAS 33Diario de FerrolWWW.DIARIODEFERROL .COMSBADO, 17DE MAYO DE 2014
7/23/2019 Especial Letras Galegas 2014 Diario de Ferrol
4/13
LETRAS GALEGASDiario de Ferrol WWW. DIARIODEFERROL .COM
SBADO, 17DE MAYO DE 201434
7/23/2019 Especial Letras Galegas 2014 Diario de Ferrol
5/13
Daz Castro,un homeferido pola luze a beleza
XOS MARA DAZ CASTRO
Este ano de 2014, celbrase o Dadas Letras Galegas dedicado me-moria de Xos M Daz Castro(1914-1990), un dos poetas misrelevantes da poesa do sculo XX.Mndez Ferrn escribiu del que foiun dos cumios lricos da nosa lin-gua. Cando apareceu o seu libroNimbos(Galaxia, 1961), eran tem-pos nos que se editaban escasos li-bros en galego, pero dunha calida-de extraordinaria e un deles foieste, que tivo una recepcin entu-siasta, loado por Otero Pedrayo,
lvaro Cunqueiro e Risco. Lmbro-me ben que foi Ramn Pieiroquen mo emprestou e eloxioumopola fondura metafsica. A medida
que o fun lendo descubrn ademaisa concisa e nidia sobriedade dos
versos e a forza das sas imaxes.Creo que a poesa do lugus foi xer-molo da renovacin posterior quese operou na nosa lrica no referen-te tanto distanciamento e trata-mento de Galicia sen caer en tpi-cos como tema, as como canto
vigor e forza potica da linguaxenesa reinvidicacin rotunda da Te-rra.
Carba l loCaleros ina laque o vi-
XAVIER CARRO talismo, o culturalismo e maila re-lixiosidade son os tres eixes smi-cos que vertebran e configuran apoesa de Nimbos. Penso que apoesa do poeta de Guitiriz fon-damente relixiosa. A cosmovisinque sostn o seu universo potico a dun crente enraizado na viven-cia da Fe, esa misteriosa lucia queestrelece os recnditos currunchosda alma, sobrepondose razniluminando o vivir en procura daVerdade. Nos seus versos alenta afidelidade Ser profundo que le-vamos dentro como escribe Gar-ca-Sabell. A palabra Luz e as queconlevan ese mesmo sema confi-guran unha constelacin altamen-te significativa vinculada viven-cia do crente. Mndez Ferrn
estuda o campo semntico do quefalamos. Pero non podemos botaren esquecemento o valor que a luzten para un cristin como o eraDaz Castro, pois Xess Luz domundo ( Xn. 8, 12). Ademais desimbolizar a vida, a salvacin emaila felicidade acordadas porDeus, o profeta Isaas recrdanosque a claridade de Deus penetra edisipa as tebras e abre os ollos sque vi-
mone Weil, con Cristo. Nos seusversos atopamos a palabra espidae lmpida, desprovista de retricas,que s ten o tremor esencial do que
vn do corazn. A poesa e maliaoracin son das ponlas da mesmarbore que medra buscando a luz;ese home interior, que foi Daz Cas-tro, procurou desde a sinxelezaunha linguaxe que traslocese aCasa do Ser. Unha poesa que foseespello desa Unidade, Harmona eBeleza inmanentes de Deus. Apro-
veito para recomendar lector oesplndido ensaio teolxico de Se-gundo Prez Lpez que fai da obra
No local da asociacin Xermolos, nos anos 80, en Guitiriz CEDIDA
do autor do que nos ocupamos.Xos Mara Daz Castro inscr-
bese nese longa nmina de poetasque longo do pasado sculodeixaron nos seus versos a pegadada Transcendencia.
En especial Rilke, G.M. Hop-kins, Ch. Peguy e Paul Claudel. Ta-mn compre lembrar que, nesesanos, en Espaa tivemos altisimoscultivadores da poesa relixiosacomo Salvador Espriu en linguacatalana, Blas de Otero e Jose LuisHidalgo, en casteln. Os dous pri-meros foron logo a voz rexa, rein-vindicativa e cvica do pobo silen-ciado.
A poesa de Daz Castro recolleesas das dimensins da existenciahumana, a de enriba, a Transcen-dente, na mia opinin, esencial emis numerosa, e a de abaixo, a te-rreal, onde destacamos uns poe-mas cvicos, slidamente constru-dos, onde emprega o versculo,conxugando emocin e rte poti-ca. Poemas de gran perfeccin queteen grande semellanza coa escri-ta de G.M. Hopkins, poeta que in-fluiu de xeito decisivo, na miaopinin, no seu labor potico.
Xos M Daz Castro, un homeferido de Luz e Beleza legounosNimbos. Un libro de versos huma-
nos, cheos de Deus e de fonda e ru-tilante fermosura, versos nos quese escoita a msica do mundo.Pr
esentacin Na imaxe da
esquerda, a
aparicin en prensa
do anuncio da
publicacin, por
parte da editorial
Galaxia, da
primeira edicin de
Nimbos; dereita,
capa do ano 1961
LETRAS GALEGAS 35Diario de Ferrol WWW.DIARIODEFERROL .COMSBADO, 17DE MAYO DE 2014
ven na escuridade( Is. 60,1-2 //42-7), porque l mesmo Luz. Ans intersanos o home interior, sehome que se trasloce ferido de Luze Beleza e que fala a linguaxe me-dida coas slabas do amor, slabasque veen dun poeta que buscaperpetuarse no resplandor da Eter-nidade.
No seu universo potico, encon-tramos outros temas vinculados presencia do diario existir. Poetizadesde a humildade, se queremos,franciscn, a realidade campesia,e o mundo mis prximo e fami-liar, artellado, como afirmaba Si-
7/23/2019 Especial Letras Galegas 2014 Diario de Ferrol
6/13
LETRAS GALEGASDiario de Ferrol WWW. DIARIODEFERROL .COM
SBADO, 17DE MAYO DE 201436
Nimbos, dominio da elexa
XOS MARA DAZ CASTRO
A lingua de poesa nos intres mellores,cando se retrae aticismo da sobrie-dade, avara de palabras, para expresarxusto e ben asentado, aquilo que o au-tor quere, tal sucede en Coma unhainsua, catro hendecaslabos ben es-candidos (dialefa no verso un, sinalefasucesiva no verso dous), unha soa es-trofa asonantada nos pares, para lo-grar a totalidade exacta do poema. Odemais o silencio do que non se di.
Coma unha insua foi repescadopara Nimbosporque Daz Castro as oquixo, dunha versin anterior castel:De la ausencia. o penltimo, brev-simo, no poemario.
Teo especial devezo pola xoamnima na que o poeta se volve a si, seu dentro, para atoparse, no ntimoda sa propia nai: regazo, quentor,acougo, presenza ordenada como de-cote, como de sempre, e non esta au-sencia de agora cando el se foi, quenon ela, a figura materna remanece noseu fondo, case que sen sabelo, paraquedar no desvalemento e desamparoimprevistos, se cadra impredecibles,
LUS COCHN coma a noite que debeu estar riba dens, lonxe, sen que tivera que descol-garse sobre un, por dentro e por fra,na total escuridade para non atinar ennada, na tebra.
Houbo algn momento naquelavida en lume, algo que debeu tronzarpolo p, arela e esperanza, proxecto elaboro, angueira, horizonte de luz.Algo que o poeta viviu traxicamentena derruba, pedra sobre pedra, senazos ata o mis xordo abatimento.Non sabemos cal foi ese algo que tanfondo o marcou. Algo debeu perder nocamio cara a si propio, perda quedeixa soo poeta, enviso. Toda ca-tstrofe envlvese de si e do pasado,cega para o despois. Ser esa carenciado despois a que orixina o poema, osentimento de perda, que non vn caso, fora cal fora, talvez un desenga-no de amor que o poeta fixo seu, e ex-presouno na diccin potica, deixn-doo a para sempre, escura e nocturna,nesta elexa. Hase saber que o territo-rio da elexa, o seu mbito, adoita sernoitarego:Pro veu a noite derrubandotodo!
Importa poder revolverse no escu-ro, poder ver na noite de escuridade,como Atenea, a deusa de ollos glaucosde curuxa para descifrar os misteriosda noite e buscarlle sada. o momen-to preciso de atopar ncora ou baaonde amarrar e aquecer amparo dotemporal. Sabemos que `ncora e`baa (ou bada) procede De catro acatrode Manuel Antonio, no mesmomar de Arousa. Precisamente Vilagar-ca pode ser o sitio desta historia, nosprimeiros anos da dcada dos corenta,cando o poeta Daz Castro viviu al dedocente de linguas clsicas e moder-nas (outras pegadas do rianxeiro p-dense atopar doadas en Nimbos):E eu sedento dunha ncora oubaa
Se o eu lricodo poema o eu doautor, este andara polos trinta anos.Para volver nai non hai cedo nin tar-de: acontece ser. Ansia e sede, apela-cin, chamada. O poeta sabe que an-da ten nai. E por veces nas cartasocrreselle algn aceno para ela, unrecordo. Acrdase dela, mam. Cantasveces a chamou dese modo, son reite-rado. Canto tera chamado a sa aten-
cin na procura doutros nomes paradesignala:Dinme a buscar teus cen perdi-
dos nomesNon debe haber en lingua ningun-
ha tal polionomasia apelativa. Hai, si,centos de tonalidades afectivas paradicir mam, por milleiros. Poida que opoeta nese seu volver casa da infan-cia, nimbe de luz a figura materna, econ ela, o entorno natural no que a re-lacin do fillo coa nai se desenvolveu:a casa e despois todo val, cliz fer-vendo!. Tamn o ro, os ros, que pre-cisan ponte para ir mis al. Os prediosda sega, a devesa, a fraga, os homes,os bois, as lebres que se riron do meucan, os ventos que veen da Corda,que por veces irrompen ou perturbana existencia. Tdalas cousas que tiannome que saber. Por iso o neno confi-gura, pouco a pouco, a sa estatura, tempo que lle medra ese saber de cou-sas para poder falar delas, como sem-pre se fixo: un cdigo de lingua que llefoi dado. O neno na aldea, por das eanos, foi coecendo ese tesouro de pa-labras coas que sinalar sen dbida, en-tre tantos paxaros, o paporroibo; entreas rbores, o budio; entre as flores, achorima. E aquela estrela, e os pxa-gos. A ese territorio aquecido con-vertido xa para sempre no lugar docanto volve algun posudo do don
de poesa:pra te chamar, ouh nai, ouh in-sua mia!
A dimensin apelativa da lingua,tan importante. a nica vez, en Nim-bos, que se produce esa chamada:nai. Nai de mam chamaba polo fillo.(No sentido de matria: Chora a terradesterrada,/ terra arada,naiperdidaaparece no final de Terra sucada).Ouh nai, enfatizada polo `ouh ex-clamativo, e concernido pola tonalida-de admirativa, ergueita no verso decerre.Ouh insua mia. Tamn pa-samos aqu de nai a matria.
Territorio da seardade, feito me-dida do poeta: insua. Insua, mesmoinsua, nome de lugar, topnimo.Aquela insua do ro que estou a ver canto precisa o creador, o home poeta,como territorio de seu. Naquel outromar onde o escritor est, hai illa ouillas (mesmo illotes), por iso necesita ainsua do seu ro natal, na que situar anai propia: territorio da tenrura. A de-rradeira palabra do poema: mia.Ese xenitivo de propiedade, posesin epertenza, aplicado nai e insua queacaban por ser unha soa. Xa sabemospolo menos dous dos nomes cos quechamaba pola nai. Non lle chamabainsua, chamballe nai. E por riba detodo, chamballe mia. Sempre, eagora que a ten ausente, mis mia.
7/23/2019 Especial Letras Galegas 2014 Diario de Ferrol
7/13
LETRAS GALEGAS 37Diario de FerrolWWW.DIARIODEFERROL .COMSBADO, 17DE MAYO DE 2014
7/23/2019 Especial Letras Galegas 2014 Diario de Ferrol
8/13
LETRAS GALEGAS Diario de Ferrol WWW. DIARIODEFERROL .COMSBADO, 17DE MAYO DE 201438
Un ano mis(ou talvez menos)
XOS MARA DAZ CASTRO
O mellor, para moitos, os cativos
os que mis poisque sempre lem-brarn tal da como de festa,
que o 17 de Maio estea adicadoao lecer. Este ano, ao cadrar en
sbado, non tanto. E anda assemella cousa boa que o Da das
Letras Galegas vencelle libroscon alegra festeira. Que a litera-
tura galega tea cada vez peoracollida, que os libreiros (xnero
en perigo de extincin, dgasetamn) non a poan nos escapa-
rates ou nas tboas de novida-des, que os compradores patri-
ticos esteamos en abertaretirada (por estrictas razns
cronolxicas) a parte mis ne-gativa do choio. Igualmente que
os que manexan o cotarro, oufan como que o manexan, anden
a repartir o bacallau entre os pa-niaguados tampouco axuda
moito. Se cadra isto ten que vercoa circunstancia de que un bo
nmero dos escritores galegosactuais opten pola literatura en
lingua espaola. E que aqu ocaldo est moi mal repartido. As
culleradas boas para os que mischoran e, consecuentemente,
maman. O resto para os que an-dan por a co consabido saco de
cinza, que dira Celso Emilio Fe-rreiro, s costas. E hai quen can-
sa xa de facer de mariachi paraproveito de xentia que tam-
pouco que tea descuberto aplvora.
Todo isto se falamos do queson as Letras, co seu Da o 17 de
maio, a conmemorar (como ar-chisabido) a publicacin, tal da
de 1863 do Cantares gallegosde
Rosala de Castro. E porque ni-hil novum sub sole Rosala, far-
ta da estulticia dos amos do in-
VICENTE ARAGUAS ven to (l itera rio ) en Ga licia,
optara por mudar de sistema;non se empregaba este termo da-
quela mais como se si. A tempoanda de aportar o libro de poe-
sa mis importante da linguaespaola do Sculo XIX, En lasorillas del Sar.
E a propsito de lingua com-
pre non esquecer o obvio, quesen idioma non hai literatura.
Home, pode haber recriacinseruditas, tamn intentos tan de-
lirantes como inventar un artifi-cio cal ese esperanto do que se
anuncia inmediato congreso, ouiso escoitaba das atrs no pro-
grama de Radio Nacional que di-rixe o chamado Ciudadano Gar-
ca. E escoitaba eu esa msicacelestial que tal paverada provo-
ca ou convoca. E pensaba eu nareflexin aquela de Castelao se-
gundo a que os burricos de Aus-tralia falan a mesma lingua que
os do Alentejo (a cita non tex-tual mais a idea, si), no que se
diferencian das persoas, quen decriar idiomas diferentes nas dife-
rentes latitudes. De crialos, quesalvalos xa outra historia. E eu
non sei se aqu, agora que haimedios e subsidios (e papatorias
para a lgns con ta daLingua&Literatura Galegas), o
idioma, conservado durante s-culos por aquela xente humilde
que non reciba nada, senn des-prezos, a cambio dunha actitude
tica (e esttica, poucas cousastan fermosas como unha lingua
viva), segue a ter solucin. A pe-lota est cada vez mis nun alei-
ro de seu esvaradizo.No intern debo volver ao meu
plantexamento anual, unha dasrazns (hai mis, desde logo, al-
gunhas veo de expoelas no ar-tigo) que me teen alporizado co N
oresplendo
rdoda
chamado sistema literario gale-
go, tamn coa RAG, a prol deCarvalho Calero. A lembrar unha
vez mis a inxustiza que se co-
mete cun dos maiores valedoresdas nosas Lingua e Literatura.
Pasan os anos, o que ven vinte-cinco da morte de Don Ricardo,
quince oportunidades xa quelogo de adicarlle o Da das Le-
tras, e todo segue igual. Algunpensar que que mis ten. Outros
cismarn en que tampouco acon-tecera nada se a lingua galega
morrese. Que tean ou non ra-zn depende de ns. Que, en de-
finitiva, somos os donos da pala-bra. Si.
NON PODODEIXAR DERECORDAR CADAANO A INXUSTIZAQUE SE COMETE CONRICARDO CARVALHOCALERO, UN DOSNOSOS MAIORES
VALEDORES DASNOSAS LINGUA ELITERATURA. PASANOS ANOS, O QUE VENVINTECINCO DAMORTE DE DONRICARDO, QUINCEOPORTUNIDADES XAQUE LOGO DEADICARLLE O DADAS LETRASGALEGAS, E TODOSEGUE IGUAL...
Quero morrer de msica nunha
tarde de pinos/sen sentir o martelo dun recordno sangue,/e caer amodio na sombra comoa la/enterra as sas cornas tras deArxn.
Que o sol siga o seu rego deica omesmo cadullo,/a derradeira rella do tempo encarne viva,/que os paxaros non calen no ocoquente da tarde,/que non paren os bois de remoer.
Que o meu carro se entorne cheode lume e soo/sen axotar as troitas nin as alasdormidas,/e que a Deus me encomenden osventos vagabundos,/as lebres que se riron do meucan,
Os camios que andiven e asrbores con nios,/
os ollos, inda cheos da lus deDeus, dos nenos,/as voces escondidas que termandeste mundo,/as bgoas puras que non veningun,
namentras en falopas cai aimaxe do mundo/e as voces son adeuses de xenteno peirao/e eu estrela da noite que se perdeno da,/
no resplendor do da que busquei.
7/23/2019 Especial Letras Galegas 2014 Diario de Ferrol
9/13
LETRAS GALEGAS 39Diario de FerrolWWW.DIARIODEFERROL .COMSBADO, 17DE MAYO DE 2014
7/23/2019 Especial Letras Galegas 2014 Diario de Ferrol
10/13
7/23/2019 Especial Letras Galegas 2014 Diario de Ferrol
11/13
O poeta no seminariode Mondoedo
XOS MARA DAZ CASTRO
Discreto, afastado dos centros de
influencia e decisin, Xos Mara
Daz Castro legou esquiva pos-teridade un libro notable e un
poema, Penlope, que sintetizaen versos maxistrais a decepcio-
nante historia do noso pas: Unpaso adiante e outro atrs, Gali-
za. Nese sentido, a traxectorialiteraria de Daz Castro, por de-
baixo das expectativas e das pro-pias posibilidades, e a de Galiza,
acomplexada e incapaz de aca-dar a plenitude soberana, coinci-
den nunha mesma diagnose:frustracin. Ora, non sabemos se
o pouso acedo de resignacin eabatemento, do poema, her-
danza secular ou adquirido noSeminario de Mondoedo, un
centro que mantivo vizosa activi-dade at os anos setenta.
Pechadas as portas docen-cia, funciona agora como hospe-
daxe. Gardan as nobles estanciaso ecoar dos pasos de centos de
alumnos que pasaron polas sasaulas e converteron Mondoedo
nunha cidade monacal trasega-da de rezos e sotanas. Revelador
da decadencia inexorbel resultao campo de ftbol, convertido en
pasteiro no que medra un herbe-dal de medio metro. Porn, os
corredores, patios, pezas e de-pendencias mantense en bo
estado e o lugar resulta moi axei-tado para un prudente retiro. Re-
corda Felix Villares Mouteira queAntn Noriega Varela, Manuel
Leiras Pulpeiro, Aquilino IglesiaAlvario e Xos Mara Daz Cas-
tro, todos eles protagonistas doDa das Letras Galegas, naceron
poesa entre eses muros.Anos mindonienses de Daz
Castro salientados por Armando
XULIO VALCRCEL
Requeixo, compaeiro nestas
pxinas e sen dbida, con Alfon-so Blanco Torrado e Xulio Xiz,
principal especialista na vida ena obra do poeta dos Vilares.
Daz Castro ingresa no Semina-rio con quince anos, alumno in-
terno de Humanidades, no outo-no de 1929. Contina as un
ronsel familiar: Na mia familiahaba unha tradicin, xa anter-
ga, de curas, e unha granderelixiosidade. A constante con-
fluencia acabou por determinar-me. Eu non saba se haba, ou
non, vocacin, pero deixeimearrastrar polos carios familares.
Penlope
Un paso adiante e outro atrs,Galiza,/e a tea dos teus soos non se move./A espranza nos teus ollos seespreguiza./Aran os bois e chove.
Un bruar de navos moi lonxanos/che estrolla o sono mol coma unhauva./Pro ti envlveste en sabas de milanos,/e en sonos volves a escoitar a chuva.
Traguern os camios algn da/a xente que levaron. Deus omesmo./Suco vai, suco vn, Xess Mara!,/e toda cousa ha de pagar seu desmo.
Desorballando os prados como sono,/o Tempo vai de Parga a Pastoriza./Vaise enterrando, suco a suco, oOutono./
Un paso adiante e outro atrs,Galiza!
Foi mis tarde, ben mis tarde,
cando me din conta que aquelnon era o meu camio. Tradi-
cin clerical que confirma RalRo Daz ao referirse a aldea na-
tal, Vilario, tamn chamadoVilario dos cregos porque houbo
un tempo en que neste lugar, en-tre tos e sobrios, haba nove
cregos.No seminario permanecer
Xos Mara unha longa tempada,cunha parntese na Guerra, re-
querido para cumprir co Exrci-to. Destinado ao Corpo de Sani-
dade militar da Corua, exerceucomo padioleiro e practicante na
a Aquilino Iglesia Alvario, que o
gaou para a causa galega e lleserviu de introdutor no mundio
literario. Al redactou Follas ver-des e Follas aire, un total de
cento vintenove poemas quecontrastan cos escasamente trin-
ta de Nimbos. Al aprendeu aescribir.
Estima Xulio Xiz que o tras-fondo relixioso, mstico, da poe-
sa de Daz Castro procede desaetapa de estudo e reflexin: En-
trei con el polo portaln do semi-nario, e pareca mis novo ao en-
trar, como descargndose dosanos que andivo por fra. No pa-
tio central sinalou unha fiestra,al estaba o seu cuarto; sinalou
unha porta, al vin por primeiravez a Aquilino, que tanto influiu
en min para que escribise en ga-lego. Entramos nunha aula
contina a dicir Xulio Xiz e deuen ollar o chan e lembrar as ve-
llas lastras, o encerado, as pare-des, os mobles. Aqu dbannos
clases de historia.No seminario descubriuse
poeta Daz Castro encetando oschanzos dun ascenso baseado
nas humanidades e nos idiomas:Traduca case todas as linguas
europeas, includo o euskera,polo que acadou unha praza de
tradutor, primeiro no Ministerioda Gobernacin e despois, a par-
tir de 1952, no Instituto de Cul-tura Hispnica e no Consello Su-
per ior de Inves t igacinsCientficas comenta Ral Ro, o
vecio que fixo o busto en pedrae o monolito que se ergue nos Vi-
lares. Sobre a escultura chancea-ba Daz Castro dicindo que el
non tia a cara tan dura.
fronte de Asturias pasando des-pois Clnica militar do Hospital
de Pontevedra. Estando en Astu-rias recibe Xos Mara unha carta
inesperada do que daquela se co-eca como madrias de gue-
rra, institucin de moda espe-cialmente en Euskalerra, desde
as guerras carlistas. As madri-as escriban aos soldados dn-
dolles nimos, rezaban por eles,
mandbanlles roupa e comida eincluso os axudaban economica-
mente: Yo tena una madrinaAy las madrinas de guerra! Con
cinco agujas de plata, con cincohilos de seda, yo prend en mi co-
razn su nombre de crueles le-tras di nuns versos que seme-
llan mera licencia potica porquea realidade que esa madria de
guerra, Teresa Zubizarreta Ben-goetxea, telefonista vasca de
Urretxu, converterase na samuller andado o tempo, en 1954.
Do matrimonio naceron tres fi-llos: Jos Mara, Maite e Iigo.
Licenciado das miserias cas-trenses, retorna o poeta casa de
Guitiriz e cavila na posibilidadede reingresar no seminario e re-
matar o curso de teoloxa que llefaltaba. As o fai pero abandona
ao pouco, definitivamente, enxaneiro de 1939.
Non obstante, a estada no se-minario constite unha etapa
transcendental na sa forma-cin: al memoriza prrafos en-
teiros dos textos de Preceptiva,Retrica e Potica e recita a Vir-
xilio en alta voz. Al fixo amiza-des, Jess Castro Prieto, Antoni-
no Roca, Xabier Armada Abellaque nos informan do seu carc-
ter e personalidade. Al coeceu
LETRAS GALEGASDiario de Ferrol WWW.DIARIODEFERROL .COM
SBADO, 17DE MAYO DE 201442
7/23/2019 Especial Letras Galegas 2014 Diario de Ferrol
12/13
A aurola do poeta chairego
XOS MARA DAZ CASTRO
Moito o camio que anda faltapara que a obra de Xos M DazCastro estea o suficientementedimensionada dentro do sistemaliterario galego. Tampouco foipoeta prdigo que se diga, xaque Nimbos, fra doutras com-posicins poticas inseridas enrevistas, ou o trptico Nascidadun sono, antllase na prcticacase que obra nica. O seu tra-ballo, mprobo sen dbida, detradutor multilinge para diver-sos organismos, aln de para pu-blicacins como o Readers Di-gest , ocuparon un tempoprecioso que lle impediu unhamaior proxeccin como poeta.Con anterioridade a isto, tras aGuerra Civil, e chamado porIglesia Alvario para traballarno colexio Len XIII de Vilagar-ca, acabara sendo o seu direc-tor e copropietario, dedicndose docencia e ao estudo exhausti-
vo de linguas.De familia labrega acomoda-
da e tradicin sacerdotal, estu-dou no Seminario de Mondoe-do, circunstancia que marcar
profundamente o seu devir comocreador. O seu mentor dentro doseminario, algo mis vello ca el,foi Aquilino Iglesia Alvario. Asmesmo, grazas a el foille posbelcoecer en persoa a Noriega Va-rela. A tradicin grecolatina, osaudosismo portugus ou a poe-sa francesa do momento facanparte do cdigo xentico mindo-niense, ao que Daz Castro ta-mn acrecentar o interese pola
HENRIQUE DACOSTA cultura inglesa e algo pola ale-m. O cal, postos adxudicacinde etiquetas, veno a colocarnesa escola de poetas ligada aoseminario de Mondoedo, e chamada Xeracin do 36, se-guindo o maxisterio de Ferrn.Con todo foi sacerdote fallido,no ltimo curso de Teoloxa de-cidiu non acabar os estudos, queseguira polo ambiente familiar eeducacional que chamaba por elcara ao sacerdocio.
Caso de calquera de ns pen-sar no legado textual de DazCastro, sera case imposbeldeixar de citar o seu arquicoe-cido poema Penlope. El s, naprctica, erxese na cima da saobra literaria. O movementopendular a que se alude, e queaboca a un trnsito reiterado notempo, suco vai, suco vn, sig-nifica o traballo secular e inva-ribel do labrador, que ao xeitodunha Penlope tece e destece oterrn para acabar decote nomesmo punto. O tempo detido, eretido nese espazo, que se presu-me montono, e que tamn traeo bruar dos navos que levaronhomes emigracin. Galiza en-
vurull ada nunha saba, nunhabrtema de mil anos que impidecalquera mudanza. Vela est amensaxe clarividente. Mais apoesa de Daz Castro enmasc-rase tras a aparencia da mensaxesinxela, da composicin sen ex-cesos plurisignificativos. Nadamis lonxe da realidade porn,pois o efecto multiplicador decada texto, de cada lectura quedel se faga, fai cambalear esta
MITOLOXAENNIMBOS, AINFLUENCIA CLSICAMESMO SE ABRE CRTICA SOCIAL NOCLSICO POEMAPENLOPE, ONDE OTTULO MITOLOXIZAUNHA VISIN CRTICADO ESTADO DO PAS EASEMADE, NONPECHA
POSIBILIDADES DELECTURA...
O poeta Daz Castro entre libros, aos que adicaba horas e horas
plementarios. primeira per-tencera o devandito Penlope.
A e speranza, no entanto , estcallada de innmeras limita-cins, que logo o milagre solu-cionar pola va da mmese. Oser materialzase no ro que d
vida festa do Carmio e eclo-sin ltima de O berro das pe-dras, en que a historia espiritualde Galiza se debulla at a erec-
cin da catedral de Compostela.Cos dous ltimos epgrafes,SOO e FERIDA, trnase com-plementariedade. A vida cons-grase como fluencia, como dor:Hase de amar a cousa hastraque sangre. A morte chega pero luz, Deus que est espera, e transcendencia no mundo quefica, pois a beleza que feriu opoeta Coma unha espada per-manece, pois achou a harmona
dEl. Pese xnese fortementerelixiosa de Daz Castro, a sapoesa total. Total porque onimbo de luz que ha de alumarna escuridade, proxctao consuma certeza.
Deus o elemento liberadorque ilumina o camio. Pero DazCastro tamn o dedo na chagaen Penlope: Un paso adiantei outro atrs, Galiza!. Simbolis-
mo, platonismo, referentes his-tricos, Galiza-Mai, o homecomo sombra do pecado... xor-den en conxunto na vea poticado de Guitiriz. Pero sobre todo,sen dbida ningunha, de sa-lientar a coherencia absolutaadoptada polo poeta en obra e
vida: Estes non son poe mas ,nin cimentos / de poemas si-quera. Son fragmentos / de minmesmo perdidos.
LETRAS GALEGAS 43Diario de Ferrol WWW.DIARIODEFERROL .COMSBADO, 17DE MAYO DE 2014
primeira impresin apurada eepidrmica.
O seu nico poemario, Nim-bos, estrutrao so epgrafes condistintos nomes, ou lias temti-cas. No PRTICO xorden poe-mas declarativos. Explictase nela intencin que procurar cospoemas que temos diante. Opoema ... o nimbo que pon luzaos ollos cegos. Os dous seguin-
tes, NOITE e LUZ, aparecencomo antitticos. Os ecos exis-tencialistas do primeiro, o cami-o trazado de tropezos que fancambalear o ser no tortuoso ca-mio (a vida), permiten entre-
ver unha fsgoa de luz que aga-rrarse. E xorde logo a veafranciscana no cntico a unhasimple herbia, e a luz de Deustras a fin. A seguir, a ESPERAN-ZA e o MILAGRE, xlganse com-
7/23/2019 Especial Letras Galegas 2014 Diario de Ferrol
13/13
Daz Castro e o mundo clsico.Un achegamento ntimo
XOS MARA DAZ CASTRO
Entre as presencias operativas exis-tentes na obra potica de Daz Cas-tro non menor a influencia domundo clsico, por mor da sa for-macin no Seminario de Mondo-edo. O propio Armando Requeixotense referido a esta institucineducativa coma verdadeira uni-
versidade do norte, e xrmoloacadmico dunha serie de poetasmarcados en particular por un neo-
virxilianismo de carcter francisca-nista en relacin visin potica danatureza. Elo pode verse en Norie-ga Varela, Crescente Vega, e en par-ticular, na esencial figura amicalque supuxo para Daz Castro Aqui-lino Iglesia Alvario.
En Daz Castro a influenciaclsica est presente en mbitosmoi variados que en boa medidacontinan este neovirxilianismoque Flix Villares denominouescola potica do Seminario deMondoedo, pero que con todo,abren camios novos como os dacrtica social que sern prosegui-
dos por xeracins poticas poste-riores. A descricin da naturezade Daz Castro parte do comen-tado franciscanismo virxiliano,mesmo de matices vencelladosao Idealismo, en poemas de xu-
ventude coma Impresis dunhanoite de Outono(Armando Re-queixo, ed. Daz Castro, PoesaGalega Completa 226-7). Nelachamos tamn influencias doCurros de Nocturnio. Noutroscomo Primaveira(PGC 275-7),
volvemos apreciar en pasaxesconcretas as devanditas influen-cias do bucolismo neovirxilianis-ta. Do mesmo xeito, en Follas aoaire, Aurora, poema XVI da lti-ma parte do libro, trasluce clarosecos non tanto das Buclicascoma dasXerxicas, sobre todo,na segunda e terceira estrofa,cando o eu potico trascenden-taliza a semente e a colleita, dexeitos similares ao expresado por
Virxilio (Xeorx. I: 300 e ss)En Nimbos, a influencia clsi-
ca mesmo se abre crtica socialno clsico poema Penlope, ondeo ttulo mitoloxiza unha visincrtica do estado do pas e ase-made, non pecha posiblidadesde lectura nas que a visin mito-lxica queda integrada no sina-lado trascendentalismo huma-
nstico e relixioso. Anda as,cada verso do poema insire unhasignificatividade simblica arre-
XOS ANTONIO LPEZ SILVA
dor do ttulo, dende a metforada tea dos sonos (v.2) ata as re-ferencias marieiras e ao viaxei-ro, concretndose a medida quetranscurre o poema nunha deri-va local que fai que o mito quedeintegrado no pas e nas sas te-rras dun xeito profundamenteinnovador. O paratexto do ttulovenc llase cun f inal coti tular:Penlope-Galiza. O mito feito te-rra. A narracin convertida endescricin do actual.
Noutros textos de Nimbos, ainfluencia clsica s referencialcoma en Borrallo, e o seu inicialAve csar! (PGC 70). O mes-mo ocurre en poemarios comaFollas Verdes, na oposicin entrenatureza e humanidade en Dian-te do Vsubio(PGC 204-5). Sonalusins xerais, en todo caso;mis importante semella a in-fluencia clsica que se percibehipotextual no interior composi-tivo dalgns poemas. Hai textosnos que atopamos claros ecoshoracianos , as en NoitedInvrno. Mis clara anda odilogo que establece o poemaDedicatoriacon Catulo I, 1: Cuidono lepidum novum libellum.
Resulta interesante porque asrimas humildes (v. 19) coasque denomina Daz Castro ao
Xos Mara Daz Castro,Faro deVigo, 3-1-1988). de intereseclave a versin que Daz Castrorealiza do Carmen allegoricum(1945) que o profesor de latn, ede Retrica e Potica do Semina-rio Conciliar Francisco Fanego
Losada (1887-1974) compuxoen honra de Jos Souto Vizoso cogallo do seu nomeamento comobispo auxiliar de Santiago e bis-po de Elona. O poema en tradu-cin soa virxiliano dende os seusinicios, remitndonos a travs deGarcilaso e San Juan de la Cruz BuclicaVII
En el retiro umbroso del cam-po florecido
que el ro fulgurante con len-guas de agua lame,
tristsimo ora el viejo pastorentre suspiros
Estes versos son un bo exem-plo de prctica potica que se in-sire na pedagoxa tradicional datraducin, pero tamn da com-posicin retrica en latn e encasteln, que converta linguado Lacio en elemento activo daprctica potica do Seminario deMondoedo. Non hai que esque-cer que Daz Castro ingresou nelen 1929, aos quince anos, e esti-
vo nas sas aulas ata 1939, conparns ocasionais durante a gue-rra. Al obtivo varios premios emencins na asignatura de Lin-gua Latina. En calquera caso, aamizade e influencia de FanegoLosada, como sinalou (Alfonso
Blanco Torrado,A ascensin dunpoeta, 1995) non remata nestatraducin, senn que contina
O da da sa voda, en agosto do ano 1954
na formacin xeral recibida easumida poticamente de xeitopreciso. Proba delo a conside-racin poemtica dos textos lati-nos titulados Si quis dixerit resfinitas e Si quis non confiteatur,que correctamente asume e ponde relevo Armando Requeixo,dado que os orixinais manuscri-tos ofrecen unha clara disposi-cin potica, a pesar de seren oscanons IV e V do Concilio Vatica-no I, de onde derivara a sa nu-meracin (Acta et Decreta sacro-sancti et cumenici ConciliiVaticani, etc., cum permissionesuperiorum, Friburgi Brisgovi,1871, Fasc. II. pp. 170179, and181187. I De Deo rerum om-nium Creatore.). A dogmticacristi era evidentemente moicoecida polo autor, que tia queestudiar manuais habituais detexto coma o Enchiridion Sym-bolorumde Denzinger e diferen-tes textos de Teoloxa Naturalbaseados precisamente nos re-sultados do devandito Concilio.Semella interesante ter en conta
que os canons recollidos por DazCastro refrense ao rexeitamentodas herexas contrarias crea-cin ex nihilo e crenza na Trini-dade, amplamente extendidasentre os Maniqueos (Cf. Tefilode Antioquia,Ad Autolichum. II4, 10; San Ireneo, Adv. Haereses1, 22, I ou Tertuliano,Adv. Her-mogenemI), pero tamn entreos priscilianistas. Niso debe terseen conta asemade o parecidoparticular do canon IV recollidopor Daz Castro co quinto doConcilio de Braga de 561. A in-fluencia de Prisciliano no debateintelectual e galeguista dende fi-nais do XIX e principios do XX clave, e debe ser tida en conta dexeito xeral, mis anda nestespoetas cultos vencellados coadogmtica e a reflexin relixiosa.Con todo, consideramos que es-tes textos insisten na considera-cin da unicidade trinitaria deDeus e o feito de que home e na-tureza son obra da vontade eamor divinos, ambos os dous as-pecto esencial na expresin po-tica do Daz Castro. Vencelladosindubidablemente ao trascen-dentalismo relixioso, con todoquedan en boa medida expresa-dos, segundo vimos, a travs dainfluencia clsica do Virxilio, o
que mostra a profunda coheren-cia temtica e formal do autordende os seus inicios poticos.
conxunto do libro poden estable-cer un paralelo coas nugaecatu-lianas e o concepto de bagatelacomo definicin da autopoticae retrica do volume. Do mesmoxeito, en Primaveira, a repeti-cin do adverbio xa estableceunha clara conexin cos poemasque sobre esta estacin com-puxeron tanto Catulo (poemaXLVI) coma Horacio, (Odas IV, 4,e IV, 7). Asemade, nel, o carroinflamado de rsas (v. 2), xuntocoa descricin da cada da Pri-mavera sobre os montes resultaunha imaxe suxerente que lem-bra tanto ao propio Horaciocomo ao Lucrecio de De RerumNatura. O paratexto inicial, OPrimavera, giovent dellanno,remite a Gian Battista Guarini e oseu Il pastor fido(1590) e debeface situar as influencias clsicas,s veces, non separadas de fon-tes mis directas vencelladastanto literatura espaola comaitaliana. Iso aprciase en particu-lar na labor coma tradutor quedesempeou Daz Castro, que lconsiderou parte encetada direc-tamente co seu quefacer potico,alomenos na concepcin de re-
creacin literaria do orixinal (cf.Alfonso Blanco Torrado, DazCastro poeta total. Conversa con
LETRAS GALEGAS Diario de Ferrol WWW.DIARIODEFERROL .COMSBADO, 17DE MAYO DE 201444
MITOLOXAENNIMBOS, AINFLUENCIA CLSICAMESMO SE ABRE CRTICA SOCIAL NOCLSICO POEMAPENLOPE, ONDE OTTULO MITOLOXIZAUNHA VISIN CRTICA
DO ESTADO DO PAS EASEMADE, NONPECHAPOSIBILIDADES DELECTURA...
Top Related