Download - Escultura renacemento

Transcript

ESCULTURA QUATTROCENTO

Características xerais da escultura do Quattrocento Recuperación das obras clásicasMarcado naturalismo que ten como base ao home (recuperación do desnudo: interese pola anatomía) Búsqueda da beleza ideal baseada na proporción, na harmonía de todas as partes entre si e destas co conxunto da obra, actitude serea. Establecemento dun canon (9/10 cabezas para o tamaño do corpo). Ghiberti: recupera o relevo romano, estilo naturalista… Donatello: a súa obra vai desde un clasicismo pleno ata chegar, ao final da súa vida, a un forte expresionismo. Verrochio (posible discípulo de Donatello).

Baptisterio de Florencia

GhibertiGhiberti. As portas do Paraíso. Nelas, a temática relixiosa (cada unha das escenas inclúe unha historia do Antigo Testamento representada en varias pasaxes) vese xa impregnada por unha conceptualización humanista, onde o marco rectangular xa non condiciona tanto a representación como o cuadrilobulado.Destaca o volume dos corpos, a diferente profundidade do relevo, o naturalismo na paisaxe e nos personaxes, o punto de fuga, e a exquisita atención ao detalle.

1:1: Creación de Adán e Eva. Tentación e expulsión.2:2: Adán arando. Caín e Abel traballando. Sacrificios de Caín e

Abel. Morte de Abel.

GHIBERTI. “Portas do Paraíso”

33:: O diluvio. Saída da arca. Sacrificio de Noé. Embriaguez de Noé.4:4: Abraham recibe aos tres anxos. Sara na tenda. Agar no deserto. Sacrificio de Isaac.

GHIBERTI. “Portas do Paraíso”

5:5: Esaú achégase a Isaac. Raquel e Xacobe. Isaac bendice a Xacobe.6:6: José e os irmáns Exipto. Achádego da copa de prata na bolsa de Benxamín.

GHIBERTI. “Portas do Paraíso”

Ghiberti. Portas do Paraíso. A creación

Fusión deVarias escenas

Movemento sosegado

Canonclásico

Perspetiva lineal

Uso de alto, medio e baixorrelevo

Efectos de “perspectiva

aérea”

Donatello. David (bronce de 1,58 m.)

Un pastor mozo de Belén, repousa despois de ter vencido, coa súa astucia e rapidez, ao xigante Goliat, líder dos filisteos.

A perna dereita soporta firmemente o peso do corpo livián, mentres a esquerda descansa sobre a cabeza do adversario derrotado, Goliat. O ángulo que forma a perna libre é contrarrestado polo brazo esquerdo que o rapaz apoia sobre a cadeira.A superficie pulida e case negra do bronce realza as calidades e o atractivo do corpo xuvenil.

Esta escultura representa a culminación da loita do artista por liberar a escultura das ataduras que a supeditan á arquitectura. O artista retomou nesta obra o espido de tamaño natural da Antigüidade clásica,que durante a Idade Media fora relegado ao esquecemento.

Donatello. Monumento a GattamelataBronce, 3,40 m. alto por 3,90 m. longo

ESCULTURA CINQUECENTO

Miguel Ángel. Virxe da escaleira, c. 1491-93

Imita á “Virxe do Leite” de Donatello, pero apunta xa formas de grande corpulencia. Bota man da técnica do schiacciato (relevo aplanado) para resaltar as figuras mediante o contorno. Resalta o volume.

Miguel Ángel como escultor:- Pon en prática tamén o “non finito”- Dota as súas figuras da terribilitá

- Na súa obra evoluciona dende a busca da beleza ideal (clasicismo renacentista) ata o incremento da expresividade e a expresión dunha Idea

Miguel Anxo. Combate dos centauros e lapitas. 1490. Casa Buonaroti, Florencia.

Contido: represéntase o intre posterior á crucifixión, no que o fillo morto descansa no colo da súa nai. En contra da tradición, o artista decidiu darlle un aspecto xuvenil á Virxe

As dúas figuras conforman unha pirámide pechada. O corpo de Cristo está encadrado dentro do contorno debuxado polo corpo de María, o que fai énfase na unión íntima entre nai e fillo. O seu vestido equilibra a composición e actúa como base da pirámide.

Miguel Ángel. David (4,34 m). Museo da Academia. Florencia. 1501-04

Miguel Ángel. Resultado final do proxecto para o sepulcro de Xulio II

GiambolognaGiambologna. O rapto das Sabinas, mármore, 4,10 m

Miguel ÁngelMiguel Ángel, DavidDonatelloDonatello,

DavidVerrochioVerrochio,

David

COMENTARIO ESCULTURA: LIÑAS BÁSICAS

1. ANÁLISE FORMAL

-Identificar o Tema (paisaxe, retrato, relixioso, mitolóxico, etc.)-Tipo básico (escultura exenta/vulto redondo ou relevo)-Material empregado (madeira, pedra, arxila, bronce, entre outras)-Función (relixiosa, didáctica, ornamental, etc..)-Técnica utilizada: esculpir (p.ex.: pedra) ou modelar (p.ex.:arxila)

1. DESCRICIÓN

-Descrición detallada do que se ve na escultura:-Comentamos a composición ou organización dos elementos da obra, o tratamento das figuras (figurativo ou abstracto), tratamento dos personaxes (tamaño e proporcións), se existe movemento ou non, a luz e a execución (superficie lisa ou rugosa)

1. ASPECTOS ARTÍSTICOS E CULTURAIS

-Identificar a obra, o autor (se existe), época e contextualizar a obra dentro do estilo ao cal pertence (características xerais e algún exemplo similar)

COMENTARIO DA IMAXE

Escultura de bronce de vulto redondo, na que se representa a un mozo espido de pé, co pelo longo e cuberto por un sombreiro e calzado cunhas botas. Sostén unha espada coa man dereita, e unha pedra coa que deixou inconsciente ao seu inimigo na esquerda.

A súa perna dereita soporta firmemente todo o peso do corpo ergueito, mentres que a esquerda descansa sobre a cabeza do seu adversario.

A temática desta obra é relixiosa, bíblica, que tenta expresar o resultado final da loita entre o rei David na súa xuventude contra o xigante Filesteo Goliat.Grazas ao espido, pódese apreciar con maior claridade o suave modelado do seu corpo e o xogo de curvas compositivas que debuxa a súa perfecta anatomía. O autor desta escultura é Donatello e podémola datar nos anos 40 do século XV en Florencia dentro do estilo renacentista. Este escultor soubo establecer unha hábil compensación de volumes a partir dun suave Contrapposto, recreando a famosa curva praxiteliana. Deste xeito, o torso mantense ergueito mentres marca a subida da súa cadeira dereita e flexiona a perna contraria. A sinuosidade dos seus delicados contornos contornos vese reforzada pola perfección anatómica da súa musculatura, que lle imprime á personaxe unha ambigua sexualidade. Esta grácil actitude de repouso é magnificamente correspondida polo seu rostro, que emana un aire de serenidade, produto das súas faccións.