• O alumnado deberá seguir as pautas de “vestiario” que vaia indicando a diario o Meco, sendo estas acumulativas, Isto é: o martes traerán dúas cousas (a do martes e a do luns), o mércores traerán 3 cousas ( a dos dous días anteriores e a do propio día)…
• As persoas que non respecten as normas do Meco deberán “pagar prenda” e depositala na cesta situada a carón do mesmo
• O venres día 7, a partir das 12:30 horas faremos o tradicional desfile de disfraces que este ano versará sobre O MUNDO
DOS ANIMAIS (cada un virá disfrazado como pref ira , respectando esta temática). Aconsellamos utilizar a imaxinación para facer o disfraz
na casa e non cómpralo na tenda… Será divertido facelo cos vósos
fillos/as! • A continuación queimaremos o Meco e remataremos con
unha pequena festa na que degustaremos os manxares típicos do entroido que as familias poidades aportar. Agradecemos a vosa colaboración e contamos con vós para este día.
ACTIVIDADE DE PORTAS
ABERTAS Á COMUNIDADE EDUCATIVA