Economía circular: un novo paradigma produtivo
para saír da crise
Master DEIN Desenvolvemento económico e Innovación
Xavier Vence Catedrático de Economía Aplicada
ICEDE
Despacho 202 / Tf: 981 563100 Ext. 11567
[email protected] / http://www.usc.es/icede
Contido • Que é a economía circular?: da economía lineal a
circular • Por que a EC?
– Crise ambiental – Crise económico-financeira
• Que aporta? Para que? – Economía Circular: un novo paradigma, innovación
sistémica – Economía circular como saída á crise ambiental – Economía circular como saída a crise económica
• Papel do Sector Público na transición á Economía circular: o Estado emprendedor
Economía circular vs Economía linear
E.Linear: O modelo económico lineal (desde a Rev. Industrial) consistente en “Estrair, Transformar, Tirar” basase en dispoñer de grandes cantidades de enerxía e outros recursos baratos e de fácil acceso. Pero está chegando xa ao límite da súa capacidade física. E.Circular: A economía circular é unha alternativa atractiva e viábel que xa exploran distintas empresas
– busca modelos de negocio/creación de valor non vinculados ao consumo de recursos finitos
– é restaurativa e regenerativa por principio. – O seu obxectivo é manter produtos, componentes e materiais no seu máis alto
nível de utilidade e valor o tempo todo, distinguindo entre ciclos de materiais técnicos e biolóxicos.
– Busca, en última instancia, disociar o desenvolvimento económico do consumo de recursos finitos e eliminar externalidades negativas da economía.
– En síntese, non se reduce só á xestión dos resíduos nin mesmo as 3R senón que implica mudar o paradigma produtivo, pautas de consumo e regras de xogo
Economía circular vs Economía linear
Economía circular
Por que puxa a EC? • A economía circular está gañando impulso porque ofrece unha
oportunidade para que a sociedade prospere ao mesmo tempo que reduce a súa dependencia de materiais finitos e fontes de enerxía non renovábeis.
• China incorporou a EC no 2004 (11ºPlanQuinquenal); Alemaña e Xapón teñen plans avanzados de 3R (Reduce-Recupera-Recicla)
• O estudo de Ellen MacArthur Foundation & McKinseyCBE e SUN (2012) mostrou que, coa adopción de principios da EC, Europa pode: – canalizar a inminente revolución da tecnoloxía dixital nun cenario de
economía circular para aumentar o PIB en 1,8 billóns € até 2030. – No sector de fabricación podería xerar aforros de 630 mil millóns € con
desarrollo de produto, remanufacturing e reparación. • MacArthur Foundation (2014) estimaba que a implementación da EC a
escala global podería xerar máis de US$ 1.000 millóns anuais en aforro de material e unha ganancia de US$ 1 billón para a economía mundial.
Empresas con actividades de Economía Circular
Construcción Tecnologia y Reciclaje de Materiales - TYRMA
Reciclan residuos de construcción e demolición. Fabrican áridos reciclados para a súa reutilización.
SOLTECO Perfilería e mobiliario urbán fabricado en plástico reciclado 100% CIRKELSTAD Construción e demolición circular, no ámbito da cidade de Rotterdam
Residuos orgánicos
Plan Revitaliza Iniciativa pública de recollida de residuos organicos e elaboración de compost da Deputación de Pontevedra
FoodSharing Iniciativa social para aproveitamento de alimentos non aptos para venta. Concienciacion contra o despilfarro de alimentos.
Sologas Planta de valorización de residuos
Ecocelta Produción de compostaxe e vermicompostaxe a partir de residuos orgánicos
Moda
Alazia Couture Texidos elaborados con proteína de leite, con madeira de eucalipto e botellas de plástico recicladas
Adoro Roda Complementos de moda a partir de neumáticos Ecoalf Textil a partir de productos plásticos reciclados, redes, neumáticos, etc Ananas Anam Textil a partir de fibra de piña
Empresas con actividades de Economía Circular
Madeira e mobles
Mobalco Mobiliario ecolóxico Residuos industriais ECOLEX Xestión e tratamento de residuos industriais REVERTIA Xestión e re-manufacturing de residuos electrónicos (PC)
Re-boots Venta dos produtos electrónicos que compoñen en Revertia Outros
BUGI Carsharing corporativo con coches eléctricos área metropolitana de Barcelona
BIRZITEK Solucións innovadoras na xestión de residuos - aproveitamento de produtos hixiénicos (cueiros, compresas…)
SKYNRG Voos con combustible sustentable en Suecia Black Bear Carbón ecolóxico a partir de neumáticos
0
1000
2000
3000
4000
5000
6000
7000
800020
0920
09/M
arzo
2009
/Xuñ
o20
09/S
etem
bro
2009
/Dec
embr
o20
10/F
ebre
iro20
10/M
aio
2010
/Ago
sto
2010
/Nov
embr
o20
11/X
anei
ro20
11/A
bril
2011
/Xul
lo20
11/O
utub
ro20
1220
12/M
arzo
2012
/Xuñ
o20
12/S
etem
bro
2012
/Dec
embr
o20
13/F
ebre
iro20
13/M
aio
2013
/Ago
sto
2013
/Nov
embr
o20
14/X
anei
ro20
14/A
bril
2014
/Xul
lo20
14/O
utub
ro20
1520
15/M
arzo
2015
/Xuñ
o20
15/S
etem
bro
2015
/Dec
embr
o20
16/F
ebre
iro20
16/M
aio
2016
/Ago
sto
2016
/Nov
embr
o20
17/F
ebre
iro
Ocupados en actividades ligadas á reparación e valorización. Galiza 2009-2017
33 Reparación e instalaciónde maquinaria eequipamento
38 Recolla, tratamento eeliminación de residuos;valorización
39 Actividades dedescontaminación e outrosservizos de xestión deresiduos
95 Reparación deordenadores, efectospersoais e artigos de usodoméstico
Por que o interese na EC?
Doble crise: • A. Crise ecolóxica • B. Crise económico-financeira
Porque urxe a EC?
A realidade dos Plásticos
En 2014 INE: 54%
dos xestionados
0
10.000.000
20.000.000
30.000.000
40.000.000
50.000.000
60.000.000
70.000.000
1999 2000 2001 2002 2003 2004 2005 2006 2007 2008 2009 2010 2012 2014
Tone
lada
s de
resi
duos
Cantidade de residuos xerados no sector industrial
en España (1999-2014)
NO PELIGROSOS
PELIGROSOS
TOTAL GENERAL
0
20000000
40000000
60000000
80000000
100000000
120000000
140000000
160000000
2002 2003 2004 2005 2006 2007 2008 2009 2010 2011 2012 2013 2014
Tone
lada
s Residuos en España 2002-2014
Recuperación
Operaciones derelleno
Reciclado
Vertido
Incineración
Total
2,4 Tm /hab
Esgotamento da “capacidade de carga” do Planeta
Rockstrom et al. (2009) identificaron 9 límites planetarios que definen o espazo operativo para a humanidade. Superalos conleva danos medioambientais irreversíbeis. Os límites reflicten 9 procesos interrelacionados nos que interactuan a natureza e sociedade: • 1. Cambio Climático • 2. Perda de Biodiversidade (terrestre e mariña) • 3. Cambio Bio-geoquímico (interferencia co ciclo do nitrógeno) • 4. Cambio no uso da terra • 5. Uso da auga potábel global • 6. Acidificación do Océano • 7. Capa de Ozono • 8. Contaminación química • 9. Aumento da concentración atmosférica de aerosol
Onde se atopa hoxe o sistema financeiro? Crise do neoliberalismo e « Secular stagnation”
Michel Aglietta: • O sistema actual xa non funciona correctamente:
os créditos non están suficientemente distribuidos, os aforradores teñen unha aversión ao risco e os bancos son reticentes a pestar.
• A economía entrou na «stagnation séculaire » : o investimento productivo non se recuperou e os medios postos en acción hoxe non están a altura dos retos, sobre todo ecolóxicos, aos que se enfronta o mundo
Taxa crecemento PIBpc (medias móviles 10 anos)
Difusión novas tecnoloxías, pero ^productividade?
Síntoma I: Baixa xeralizada da productividade nos países avanzados a partir dos anos 1970 salvo recuperación temporal nos US (1985-2000)
Tendencia taxa ganancia global
Declina l.p. o investimento real
Cal é a rémora?: consumo ou investimento?
“Secular Stagnation” hipótese (Gordon)
Que propón a Economía Circular?
• Abano de propostas diversas • Nacidas principalmente no debate sobre a crise
ecolóxica e sustentabilidade desde os anos 70’ (non só desde a economía!!)
• Neste momento puxan non só as críticas e diagnósticos teóricos senón as propostas aplicadas e modelos de negocio empresariais
• Os gobernos (China, Alemania, Xapón, Corea…) e a UE lanzan axendas de certo alcance (pero aínda limitado)
A “familia” da EC • Deseño rexenerativo: (John T. Lyle) inicialmente aplicado á agricultura • Biomímese: (Janine Benyus, “Biomímese: Cómo a ciencia innova inspirándose na
natureza”) • Capital natural:(Schumacher-1973, H. Daly, P. Hawken-1999): Stock Recursos naturais e
Múltiples ciclos e servizos do ecosistema. Contabilización e internalización • Cradle to Cradle (do berce ao berce): Braungart & McDonough acuñaron (ou Stahel?) o
concepto Cradle to Cradle™ (1999) e o seu proceso de certificación: considera todos os materiais empregados nos procesos industriais e comerciais como nutrintes (distinguindo dúas categorías: os técnicos e os biolóxicos.
• Ecoloxía industrial: Centrándose nos fluxos de materiais e de enerxía entre os operadores do ecosistema industrial, este enfoque ten como obxectivo crear procesos de circuito pechado no que os residuos serven de entrada para outro proceso, eliminando a noción de resíduo non aproveitábel.
• Economía azul (Blue economy): (Gunter Pauli, informe Clube de Roma), casos prácticos «utilizando os recursos disponíbeis nos sistemas en cascata, (…) os residuos dun produto convértense na entrada para crear un novo fluxo de caixa».
• Economía da utilidade (performance)/”functional service”/servitization: (Walter Stahel, informe para C.Europea The Potential for Substituting Manpower for Energy, 1976): unha economía en bucles (economía circular) que sustitúa enerxía/recursos por man de obra, produtos por servizos.
Principios da EC: E.MacArthurFd & McKinsey
Principio 1: Preservar e mellorar o capital natural • ... controlando existencias finitas e equilibrando os fluxos de recursos renovábeis. • Todo comeza desmaterializando a utilidade: mellor servizo que produto; mellor virtual que
material. • Cando se precisen recursos, o sistema circular selecciona e elixe tecnoloxías e procesos que
empregue recursos renovábeis ou que teñan mellores resultados (sempre que sea factible).
Principio 2: Optimizar o uso dos recursos • ... rotando produtos, compoñentes e materiais coa máxima utilidade en todas as fases, tanto nos
ciclos técnicos como nos biolóxicos. • Isto comeza por deseñar de modo que podan prolongar, reutilizar ou reciclar todos os compoñentes
e materiais, para que recirculen e sigan contribuindo a economía.
Principio 3: Fomentar a eficacia do sistema • ... Revelando e eliminando externalidades negativas. • Isto inclue reducir os danos ao uso humano (como os relacionados cos alimentos, a mobilidade, a
vivenda, a educación, a saúde e o ocio), e xestionar externalidades tais como o uso do terreo, a contaminación atmosférica, das aguas e acústica, a emisión de sustancias tóxicas e o cambio climático.
Características EC 1. Deseñar sen residuos • Os residuos non existen cando os compoñentes biolóxicos e técnicos (ou
«materiais») dun producto se deseñan co fin de adaptarse dentro dun ciclo de materiais biolóxicos ou técnicos, e se deseñan para a desmontaxe e a readaptación.
2. Aumentar a resiliencia por medio da diversidade • A modularidade, a versatilidade e a adaptabilidade son características moi
apreciadas ás que debe darse prioridade nun mundo incerto e en rápida evolución.
3. Traballar cara un uso de enerxía de fontes renovábeis 4. Pensar en «sistemas» • A capacidade de comprender cómo influen entre sí as partes dentro dun todo e a
relación do todo coas partes, resulta fundamental. Os elementos considéranse en relación cos seus contextos medioambientais e sociais (a realidade non é linear senón que predominan as interdependencias e a retroalimentación).
5. Pensar en cascatas (nas cadeas) • Para os materiales biolóxicos, a esencia da creación de valor consiste na
oportunidade de extraer valor adicional de produtos e materiais mediante o seu paso en cascata por outras aplicacións.
Stahel (2013): economía circular centrada na xestión do stock (1)
• A “economía circular” céntrase na optimización de stock e na súa estrutura de dous ciclos de difererente natureza e cinco principios.
• A transición cara á economía circular consiste básicamente en reducir a importancia económica da extracción de recursos e da xeración de residuos, así como en reducir as disfuncións medioambientais que crean os sectores na economía lineal.
• O cambio á “economía circular centrado na xestión do stock” baséase en tres ciclos de diferente natureza: – i) ciclo de reutilización e revenda de bens; – ii) ciclo de actividades de extensión da vida do produto dos bens; – iii) ciclo de reciclaxe das moléculas (recursos secundarios).
Stahel (2013): economía circular centrada na xestión do stock (2)
1. Principio 1: canto máis pequeno é o ciclo (actividade-sabia e xeografía) máis rendible e eficiente no uso de recursos. • Actividade-sabia: non se repara o que non está roto, non se remanufactura o que se pode reparar,
non se recicla o que pode ser remanufacturado. • Xeografía refírese ao nivel local ou rexional dos ciclos, evitando os custos de envasado e transporte,
e tamén se se retén a propiedade, múltiples custos de transacción. • O ciclo de reciclaxe é, en cambio, un negocio global, baseado nos principios da produción industrial
(economías de escala, especialización e man de obra barata) e cunha eficiencia condicionada pola entropía, a complexidade dos materiais e o abuso.
2. Principio 2: os ciclos non teñen comezo nin fin. • Trátase de conservar o valor, a calidade e o desempeño dos bens a través da xestión do stock,
sustitue o concepto de valor engadido da economía lineal). Os valores conservados inclúen materiais, auga e emisións de CO2 incorporados nos bens.
• O valor de utilización ou remprazo substitúe o concepto de valor residual ou depreciación da economía linear).
Stahel (2013): economía circular centrada na xestión do stock (3)
3. Principio 3: a velocidade dos fluxos circulares é crucial: a eficiencia de xestionar stock na economía circular aumenta cunha velocidade decrecente do fluxo. • Dous CEBM (1/lake economy of fleet management; 2/ selling goods as services) operan cun fluxo
de velocidade lenta nunha economía rexional para maximizar os beneficios.
4. Principio 4: a propiedade continuada é custo-eficiente: reutilización, reparación e remanufactura sen cambio de propiedade aforran custos de transacción dobres. • P.e., os servizos móbiles de reparación in-situ, extenden a vida de servizo do produto e o provedor
(que retén a propiedade do ben) aumenta os seus beneficios.
5. Principio 5: unha economía circular precisa mercados que funcionen. • Mercados de servizos de extensión da vida dos bens (reparación de componentes, remanufactura e
mellora tecnolóxica, comercialización de bens e componentes usados); • Mercados para conseguir os custos máis baixos (valor de remprazo dun ben, en base á calidade e
idade); • Servizos de extensión da vida do capital manufacturado (vehículos, equipamento, avión, barcos,
edificios e infraestrtura); • Servizos de reutilización e comercialización para bens de investimento móbiles usados (vehículos,
equipamento, avión e barcos) e edificios; • Mercados para bens de consumo usados; • Comercialización de bens e componentes usados
Stahel (2013): Mudar os incentivos para a sustentabilidade vía impostos (4)
Fiscalidade favorábel á sustentabilidade: • 1. Aumentar impostos aos recursos non renovables e reducir a imposición aos recursos renovables
(incluido o traballo) • 2. Non aplicarse IVE sobre as actividades de preservación de valor como reutilización, reparación e
remanufactura (excepción das actividades tecnolóxicas de mellora); e deberían concederse créditos de carbono pola prevención de emisións de GEI, non só pola súa redución. :
Efectos: • 1. Acelera a transformación económica do fluxos á optimización de stock; • 2. Amplia a aplicación da economía circular a novos actores económicos e novos sectores; • 3. Incrementa a vantaxe competitiva dos actores económicos existentes na economía circular. 3.1. Vantaxe comparativa dos bens usados aumenta de dúas maneiras: a. polos menores custos laborais nas actividades de reparación e extensión da vida de servizo, e b. polos custos máis elevados dos materiais virxes nos bens manufacturados. 3.2. A imposición sobre recursos virxes non-renovables converte a reciclaxe nunha actividade máis rendible para os materiais nos que os recursos virxes teñen na actualidade unha vantaxe en custo. 3.3. A menor imposición sobre o traballo convertirá a recollida de residuos de final de vida e a súa clasificación máis barata, incrementando a calidade dos recursos secundarios e aumentando o prezo de mercado para os recursos secundarios (reciclados). 4. Ese tipo de imposición reforza o carácter territorial e descentralizado da economía circular e reduce de xeito importante a enerxía implicada no transporte.
Necesitamos outro enfoque…fixar un novo rumbo
• A crise de 2008 resenta o esgotamento dun modelo neoliberal, financiariazado, de economía lineal baseada en consumo masivo de recursos fóseis.
• O investimento real (e a rentabilidade) non se recompón e o Estado ten que intervir (Aglietta, Mazzucato, C.Pérez, Stiglitz): – fixar novas apostas e orientacións políticas sobre o
desenvolvemento, que as políticas públicas fixen o rumbo, – os actores privados « aversos » ao risco non investiran
espontaneamente en proxectos innovadores susceptibles de propagarse en fluxo continuo dun sector a outro.
Como devolver o sentido do longo prazo ás finanzas?
• Para saír desta « secular stagnation», fai falla recuperar a noción de tempo, unha visión de futuro da sociedade.
• Hoxe, o BCE proporciona unha gran liquidez á banca (QE) pero os actores privados non invisten neses proxectos sostibles porque os mecanismos que definen o cálculo económico dos investidores están cuestionados.
• Con taxas de xuro próximas a 0, o tempo perde o seu sentido económico e a taxa de xuro xa non é un indicador críbel e suficiente para o cálculo económico.
• A liquidez (e a especulación financeira) imponse como a norma dos axentes económicos.
• Os Estados deben redefinir unha do benestar que permita reorientar o investimento cara a transición ecolóxica e enerxética.
• Repensar o lazo entre o medioambiente e a sociedade pode permitir construir un réxime de crecemento sostible, que se traduiciría en investimentos responsables e crearían novos espazos para a acumulación do capital.
Que rol debe ter o poder público nestas condicións ?
• Os investimentos públicos deben abrir o camiño a fin de que os investimentos privados responsables poidan desenvolverse – Os Estados deben poñer en marcha mecanismos para lanzar
proxectos baixo a súa responsabilidade co fin de producir os novos bens públicos transnacionais que reclama a crise ecolóxica.
– Hai que instituír un valor social do carbono como referencia para a valorización dos proxectos de investimento. Hai que establecer un mecanismo de certificación para que os investidores institutionais poidan ter garantías e comprar os activos responsábeis. Os portfolios dos investidores poderán entón cambiar integrando os riscos climáticos e as súas consecuencias.
– Os investidores deben controlar as relacións que existen entre eses riscos climáticos e os riscos financeiros dos que van levar eses activos. Deben reducir posicións nas enerxías fósiles : a medida que a sociedade avance na transformación dos sistemas productivos, vai haber unha transformación paralela do sistema de prezos e o capital acumulado nas tecnoloxía contaminantes vaise desvalorizar.
Como artellar esta reestructuración ?
• Europa debe restructurar as finanzas. • Aumentar o orzamento europeo (2-3% do PIB) e finanzado sobre
unha fiscalidade europea (taxa sobre as transaccions financeiras e taxa carbono, emisión de bonos verdes).
• Gasto reorientado cara a produción de bens públicos de interese común e cara a garantia dos organismos que financiarán proxectos e empresas ligadas a transición ecolóxica.
• Os bancos privados non parecen dispostos a financiar este tipo de proxectos, porque son arriscados e só ofrecen un rendemento a longo prazo.
• Os bancos públicos de desenvolvemento, non sometidos á presión dos mercados, terían que cubrir esa función. Eles poden reconstruir esa visión de longo prazo na medida en que teñen unha garantía pública.
As “verdadeiras” reformas estruturais I• O credo ultraliberal de que só o mercado financeiro pode guiar a asignación do capital nas actividades económicas fracasou e debe ser rexeitado : • – Impulsar o espíritu emprendedor para proporcionar os empregos de alta calidade na
economía real • – Facer entrar a democracia na empresa, competencias colectivas e apertura ao
sistema de innovación. II• Responsabilidades descentralizadas: democracia participativa e soberanía do común: • – É necesario crear a base productiva dun crecemento inclusivo e sostíbel de xeito
descentralizado. • – Unha lóxica colectiva segundo un principio de integración da ecoloxía e da economía
con debate público e expertise colectiva: transición enerxética, renovación urbana, economía circular.
III• Promover investidores responsables que incorporen os retos de sustentabilidade: • – Intermediarios financeiros captando cantidades de aforro contractual • – Recoñecendo as interdependencias entre avaliacións financeiras e non financeiras
porque o seu horizonte failles comprender que a degradación da calidade do crecemento ameaza o rendemento do capital a Longo Prazo.
Reflexións finais • 1. Economía circular é unha necesidade ecolóxica e unha oportunidade
económica • 2. Non se trata só dos residuos e/ou parches dentro da economía lineal • 3. Trátase dun cambio de paradigma produtivo con Modelos de Negocio
guiados pola sustentabilidade: – Aproveitar as novas tecnoloxías (TIC, nano, bio, etc) e reverdecer innovación – Redución de uso de materiais e enerxía non renovábeis; – Redución de emisións, impactos e pegada ecolóxica – Desmaterialización do consumo e prolongación da vida útil e valor dos bens
• 4. Require cambios: – Nas regras de xogo e nos mercados (incluídos acordos internacionais) – Nos comportamentos da industria e dos usuarios – Na lexislación – Na fiscalidade – E, sobre todo, unha aposta decidida e liderato dos gobernos
Moitas Grazas!
Top Related