Tiña un pequeno discurso pero Miguel como sempre, atento, fíxome un resumen (non censura) que
queda mais o menos así:
1º Felicitacións e parabéns pa os nenos
Que vos podo dicir en Nome de vosos pais e no meu propio, que non esteades cansos a oír, desde que
entráchedes na escola estades xa cansos de escoltar, pórtate ben, se bo faille caso a mestra, estuda, fai os
deberes…. Sóavos verdade, hoxe no e dia para este rollo, faremos unha tregua.
Neste intre, e con independencia do que pase ca evaluacion e cas notas hoxe toca felicitarvos por ter
chegado ata aquí, polo esforzo e o traballo realizado e por ser como sodes.
Temos que darvos parabéns por todo o que acadastes ata aquí, desde o primeiro dia que os trouxemos
pola man, cun babi e unha muda de recambio por si acaso
2º Falamos dunha mochila ( sóavos de algo)
Os maiores sonar sona pero… non imos falar desa.
Falamos dunha mochila na que fostes metendo durante estes curso os coñecementos educativos
necesarios e algo mais importante para vosa vida ,si cabe, moitos valores e moi importantes, que vos
fixeron as pequenas boas persoas que sodes (ou como nos dixo alguén non moi afastado, nenos
anormalmente normais). Aprendestes e vai na mochila a respectar as normas, e a os demais,empezades a
tomar conciencia dos vosos deberes e non vos mete medo o esforzo cando toca, reaccionades ante as
inxustizas e sabedes da solidariedade, tendes criterio propio e da gusto escoltar a vosa opinión e os vosos
razoamentos.
Ca vosa alegría ( tan escasa nestes tempos) o voso sentido do humor que no lo contaxiades e dádesnos o
voso amor e cariño que e o tesouro mais importante do mundo para nos, os pais.
3º Os ánimos finais e despedida
Estamos convencidos que si seguides así non haberá atranco na vida que vos pare.
Non teñades pena por marchares de Sada y sus Contornos porque ela vai a estar sempre convosco, esta
dentro de vos, estades impregnados dela dos pes a cabeza. E segundo parece o edificio e as persoas van
estar aí moito tempo, e cónstanos que estarán encantados de que de cando en vez os vaiades a visitar e a
contarlle os vosos progresos
¡ÁNIMO NENOS!¡ ATA O INSTITUTO… E MAIS ALÁ!.
Top Related