Download - DÍPTICO PAULA CARBALLEIRA

Transcript
Page 1: DÍPTICO PAULA CARBALLEIRA

TEATRO

Tamén escribiu, entre outras,

as seguintes obras de teatro:

“Ludovico Petos”, “Unha

farsa anónima”,

“Carrapuchiña veloz”,

“Movementos para trasnos e

trastes”, “Boas noites”, “Que ninguén se mova”, “Akelarre” e

“A cabana de Babaiagá”.

AUDIOVISUAL

Paula Carballeira traballou na radio como

contadora de contos.

En televisión participou, entre outros, nos

seguintes espazos: “Apaga a luz”, “A noite en

blanco”, “Pequeno hotel”, “Pepe o Inglés”,

“Rías Baixas”, “O rei da comedia”, “Máxima

Audiencia”, “Contando estrelas” e “Libro de

Familia”.

Ademais, participou como directora, actriz

e guionista en diferentes espectáculos.

Page 2: DÍPTICO PAULA CARBALLEIRA

AUTOBIOGRAFÍA

“Un sete de setembro

chorei por primeira vez.

Estaba nacendo. Ata os

17 anos vivín en Maniños,

no Concello de Fene,

descubrindo e explorando

unha certa inclinación a

fabular outros mundos,

preferentemente na literatura e no teatro.

Despois marchei a Santiago de Compostela, onde

eu tiña pouco que chorar porque o ceo botaba

bágoas a máis non poder. Alí seguín escribindo e

disfrazándome en peles de personaxes que me

ofrecían outras vidas, outras palabras. Ata hoxe.

Pertenzo á compañía de teatro Berrobambán, vou

contando contos polo mundo, e nunca mellor dito,

pois grazas á antiga arte de contar historias teño

participado en festivais de narración oral

nacionais e internacionais, e levo publicado uns

cantos libros. Tendo en conta que xa plantei

algunha que outra árbore, fáltame ter un fillo.

Mentres, seguirei viaxando.”

OBRAS

Na súa faceta de escritora, Paula

Carballeira escribe tanto para adultos

coma para os máis pequenos. Algúns dos

seus libros infantís son:

- A percura (1990).

- Robin e a Boa Xente (1993).

- Troulas, andainas, solpores e unha

farsa anónima (1996).

- Un porco e unha vaca

xa fan zoolóxico (1999).

- Mateo (1999).

- Paco (2000).

- Correo Urxente (2002).

- Smara (2006) .

- Contatrás (2006).

- O ganso pardo (2002).

- A era de Lázaro (2004).

- O principio (2012).

- A burra Ramona (2013).

- O refugallo (2013).