DÍA DA PAZ en Infantil
A través do libro “Un cadro de Picasso”, descubrimos os
efectos desvastadores da guerra rexeitando calquera forma
de violencia para a solución de conflitos, valorando o feito
de vivir en paz.
Despois, entre todos montamos un puzzle xigante do
Guernica e para decoralo empregamos legumes, café,
pasta, arroz…
Os tocamos, os ulimos, incluso os
probamos,…
tamén os machacamos e
preparamos todo para deixar
ben colorido o noso Guernica
E chegado o 30 xaneiro comezamos o “Día da
Paz” cun bo conto!: “A cociñeira do rei” (de Oqo
editora) un relato dunha pequena nena
chamada Mencía que irá ao palacio do rei coas
súas melloras receitas e cun ingrediente segredo
que lle botaba a súa avoa a todos os platos:
ilusión, agarimo e alegría…
con estes ingredientes non hai menú que falle e que non chegue ao
corazón!
Así que nós tamén decidimos facer unhas galletas para compartir o
Día da Paz e que tamén terían o noso ingrediente segredo…
A profe trouxo uns pós máxicos que se convertían naquilo que
queríamos repartir o “Día da Paz”: amor, cariño, bicos, arcoiris,
abrazos… só tiñamos que facer o noso conxuro máxico:
TRIS TRAS
TRIS TRAS
EN (AMOR, CARIÑO, BICOS…)
TE CONVERTIRÁS
Unha vez tivemos todos os
ingredientes só quedaba poñernos
mans a obra!
Botamos azucre, fariña, manteiga e pós máxicos… de cariño, amor,
flores… outros cargaban un pouquiño máis de bicos ou de arcoiris…
a gusto do chef!
A continuación estiramos a masa cos rodelos e con moldes démoslles
forma.
E por último o mellor de todo! Enfornar as galletas e comelas!
Non dabamos crédito o boas que estaban e as fixeramos nós
mesmos! Iso foi o mellor de todo.
Por suposto repartirmos as nosas galletas… con moito amor,
cariño, alegría…
A 30 de xaneiro de 2015
Fontes-Baíña
Top Related