Confederación Intersindical Galega iNFORMAwww.cig-ensino.com
xaneiro 2009
Cal é a situación actual das traballadoras e traballadores do Centro San Xerome Emiliani?
Desde fi nais do curso pasa-do a Xunta Directiva do Centro San Xerome Emiliani, incum-prindo o que marca o XII Con-venio Colectivo de centros asistenciais, comunicou aos traballadores que lles incre-mentaría a xornada de traballo este curso 2008-2009. Propo-ñían un incremento de cinco horas semanais, que vulnera o recollido no artigo 9 do Con-venio, que establece que os traballadores e traballadoras manterán a xornada laboral que viñeran gozando como condición máis benefi ciosa.
“Art.9.5. Aqueles traballado-res que á entrada en vigor do presente convenio viñesen go-zando dunha xornada inferior da establecida no mesmo man-terán con carácter estritamen-te persoal, dita xornada, como garantía persoal. Esta menor xornada, recoñecida como ga-rantía persoal, será absorbible
e compensable coas futuras reducións de xornada que pui-desen pactarse no ámbito de aplicación do presente Conve-nio.”
Esta cláusula está recolli-da no convenio debido a que se produciu un empeoramen-to das condicións de traballo nestes centros, pois ao unir baixo un mesmo convenio cen-tros educativos e asistenciais, houbo traballadores que re-sultaron prexudicados ao em-peorar as súas condicións de traballo, sen que houbese en contrapartida un incremento salarial e establecendo global-mente salarios moi baixos. Por tanto, o mantemento da xorna-da laboral que viñan realizando con anterioridade á entrada en vigor do convenio é un dereito recoñecido ás traballadoras e aos traballadores.
Con antelación á entrada en vigor deste convenio, todas as
traballadoras e traballadores
viñan gozando dunha xornada
laboral de 33 horas semanais
nos meses de outubro a maio e
de 28 horas semanais de xuño
a setembro. E esta xornada foi
a que se mantivo maioritaria-
mente despois da entrada en
vigor do convenio. Só no últi-
mo curso a empresa comezou
aplicar unha xornada de 38 ho-
ras semanais aos traballadores
contratados por primeira vez e
tamén nas renovacións de con-
trato que se produciron desde
xullo de 2008.
Cómpre aclarar que en todo
este tempo o alumnado estivo
debidamente atendido desde
os inicios do centro, hai xa 25
anos, é máis, a Dirección pro-
pón un incremento de xornada
para a realización de reunións,
nunca para a atención directa
do alumnado.
Continúa
Cal foi a posición das traballadoras e traballadores ante a proposta da empresa?
A Xunta Directiva do centro comunicou o incremento de xornada sen argumentalo debi-damente, fíxoo nunha reunión de coordinadores, non ante to-dos os traballadores, e non llo comunicou en primeiro lugar aos delegados de persoal, que nesa data estaban de viaxe co alumnado e, por tanto, non estaban na empresa. Ademais non se estableceu a negocia-ción que marca o Estatuto dos Traballadores:
“Art.. 41.4 A decisión de mo-
difi cación substancial de con-dicións de traballo de carácter colectivo (como a modifi cación da xornada laboral) deberá ir precedida dun período de consultas cos representantes legais dos traballadores de duración non inferior a quince días. O dito período de con-sultas deberá versar sobre as causas motivadoras da deci-sión empresarial e a posibilida-de de evitar ou reducir os seus efectos, así como sobre as me-didas necesarias para atenuar
as súas consecuencias para os traballadores afectados.
Durante o período de con-sultas, as partes deberán ne-gociar de boa fe, con vistas á consecución dun acordo.
O dito acordo requirirá a conformidade da maioría dos membros do Comité ou Comi-tés de Empresas, dos delega-dos de persoal, se é o caso, ou das representacións sindicais, se as houbese, que, no seu conxunto, representen a maioría daqueles.”
Demanda de conflito colectivo nocentro San Xerome Emiliani
confederación intersindical galega2
Santiago (Nacional)
Rua Miguel Ferro Caaveiro nº 10.
15706. Santiago de Compostela
Tlf. 981576800 Fax. 981575839
[email protected]@cig-ensino.com
A CoruñaRúa Alfonso Molina s/n
Tlf. 981169810 Fax. 981291735
15007. A Coruña
Baixo MiñoPraza da Guía 3, baixo
36780. A Guarda
Tlf. 986610465 Fax. 986610465
MorrazoRúa Atranco 19A, ench. 1
36947. Cangas
Tlf. 986302987 Fax. 986302987
FerrolRúa Eduardo Pondal 41-43,
15403. Ferrol
Tlf. 981358750 Fax. 981358760
LugoRda da Muralla 58, bxo.
27003. Lugo
Tlf. 982245023 Fax. 982253891
e-mail: [email protected]
OurenseP. de San Lázaro 12, 4ºD
32003. Ourense
Tlf. 988238350 Fax. 988222855
PontevedraR. Pasanteria 1, 2ºesq.
36002. Pontevedra
Tlf. 986861513 Fax. 986855050
A Mariña27700. Ribadeo
Avda de Galicia 20, 1º
Tlf. 982129593 Fax. 982129593
Val de MonterreiR. Pedro González 5, 1º
32600. Verín
Tlf. 988412345 Fax. 988411013
VigoR. Gregório Espino 47, bxo.
36205. Vigo
Tlf. 986827935 Fax. 986262844
SalnésR. Alexandre Bóveda 2, 2º
36600. Vilagarcia
Tlf. 986505323 Fax. 986505323
Os nosos locais
As traballadoras e os traballadores demandan os seus dereitos.As traballadoras e os tra-
balladores e a CIG-Ensino
agardan que a empresa re-
capacite e considere que está
vulnerando os dereitos duns
traballadores que teñen de-
mostrada a súa entrega coa
súa colaboración volunta-
ria en distintas actividades,
máis alá do cumprimento
da súa xornada laboral. En
todo caso, a CIG propoñerá
as medidas necesarias para
que se coñeza a situación de
presión que neste momen-
to se está a exercer sobre
os traballadores do centro,
como represalia á demanda
dos seus lexítimos dereitos,
e promoverá, de acordo coas
traballadoras e traballadores,
as mobilizacións necesarias
para acadar unha resolución
satisfactoria do confl ito.
Por que se presenta demanda de Confi to Colectivo?Despois de acadado o acordo
e unha vez que as traballadoras e os traballadores comezaron fa-celo efectivo, a Xunta Directiva négase a asinalo.
Por outro lado, no mes de decembro, novamente ante un período vacacional, actitude que pode ser valorada como de in-tento de difi cultar a posíbel reac-ción dos traballadores a todos os niveis, comunícaselles un novo incremento de xornada. Este in-cremento se lles comunica so-amente aos traballadores do sec-tor asistencia. En escrito asinado polo Xerente do Centro, comuní-caselles que a partir do día 9 de xaneiro terán que facer unha xor-nada de 38 horas semanais.
Nesta nova situación, e des-pois de que o Centro incumprise
o acordo acadado, a CIG-Ensino, de acordo coa asemblea de tra-balladoras e traballadores do centro, decide presentar deman-da de confl ito colectivo por incum-primento do convenio e modifi ca-ción substancial das condicións de traballo.
A asemblea de traballado-res tentou en todo momento que as discrepancias se resol-vesen pola vía da negociación, a máis favorábel para todas as partes, mesmo para o bo fun-cionamento do centro. Porén a empresa optou por un incum-primento unilateral do acordo ao tempo que comezou presio-nar ás traballadoras e traballa-dores, nun intento de evitar que demandasen o cumprimento dos seus dereitos. A incompre-
sión e cerrazón da dirección do
centro, que demostrou en todo
o proceso unha nula vontade
de diálogo, pode incidir no fu-
turo nas condicións en que o
persoal do centro desenvolve
o seu traballo .
Cómpre dicir que, entre
outras medidas de presión, a
dirección da empresa modi-
fi cou o trato coa CIG-Ensino,
impedindo que a represen-
tante do sindicato convoca-
se asemblea no centro tal e
como o viña facendo até o
momento, e facendo unha
aplicación exhaustivísima
do que marca a lexislación.
A CIG, organización sindical maioritaria no centro e no sec-tor, a través dos seus delegados, esixiu, de acordo co recollido co artigo 41 do Estatuto dos Traba-lladores, a apertura de negocia-cións que fi nalmente se celebra-ron entre os meses de xullo e setembro. Nesas negociacións, a Xunta Directiva acadou un acordo con todas as traballa-doras e os traballadores, en virtude do cal, os empregados aceptaban un incremento de
2,5 horas á semana, fronte ás 5 propostas pola Xunta Directiva, nun acto de boa fe que benefi -ciaba á empresa pois se produ-cía un incremento de xornada e non se seguía a vía da deman-da contra o centro. Ademais, acordábase que no caso de non prosperar o acordo manterían a xornada anterior como condición máis benefi ciosa. Este incre-mento de xornada era acepta-do sen que houbese ningunha contrapartida a cambio, e po-
dendo ter presentado a deman-
da de confl ito colectivo desde
ese primeiro momento.
Deste xeito, e desde o día 8
de setembro de 2008, as traballa-
doras e os traballadores procede-
ron a cumprir o acordo acadado e
pasaron a realizar unha xornada
de 35,5 horas semanais, no caso
do persoal do sector asistencial,
e de 35 horas (o máximo fi xado
no convenio) no caso do persoal
complementario docente.
Top Related