DECORACIÓN DE NADAL
En todo o mundo a decoración destas datas é igual? Terán en
algures costumes diferentes ás nosas? Empezarán antes, despois?
Coñecemos as orixes destas decoracións?
A ÁRBORE DE NADAL
A súa orixe remóntase á época dos celtas, onde era considerado un elemento sagrado da
natureza.
Sábese do uso da árbore, adornado e venerado pos druídas de centro-europa, Estes
pobos celebraban o aniversario do nacemento de Frey, deus do Sol, adornando unha
árbore perenne, coincidindo preto da data do Nadal cristián.
A árbore tiña o nome de Divino Idrasil (Árbore do Universo), en cuxa copa atopábase o
ceo; mentres que nas raíces profundas atopábase o inferno.
Cando se inicia a evanxelización cristiá
destrúense todas os rito páganos e a
árbore é substituída por un pino adornado
con mazás e veas.
Sen embargo, é difícil saber con
exactitude cando comezaron a utilizarse
os adornos de Nadal. O dato que máis se
acerca á actualidade rexístrase na
Alemaña do século XVII. En 1605, unha
árbore foi decorada para ambientar o frío do Nadal; costume que se difundiu
rapidamente por toda Europa.
A costume de adornar a árbore de Nadal nos fogares españois foi traída no ano 1870 por
unha muller de orixe ruso clamada Sofía Troubetzkoy, que despois de enviuvar do
duque de Morny, irmán de Napoleón Bonaparte, casou en segundas nupcias cun
aristócrata español “o Gran Duque de Sesto”, amigo da familia dos Borbóns. Colocou
no seu pazo de Madrid, edificio que actualmente ocupa o Banco de España, no Paseo do
Prado, unha grande árbore de Nadal con adornos, causando a admiración de toda a
nobreza española.
O BELÉN
Di a historia que San Francisco tras o seu peregrinaxe aos Santos Lugares, celebra a
Eucaristía na Noiteboa de 1223 nunha cova do pobo italiano de Greccio, próximo ao
convento do Santo. Prepara unha representación vivinte dun pesebre cunha mula e un
boi, considerándose dende entón esta representación como a orixe do “belenismo”.
Conta unha lenda que debido ao frío un moneco foi elixido para representar ao neno
Xesús e na hora do nacemento o moneco empezou a chorar.
Por toda Europa difundiuse a costume de modelar nacementos, “presepe” en Italia,
“crèche” en Francia o “krippe” en países de lingua xermánica.
En España, o Belén é introducido pola
orden franciscana no século XV. Do
século XVI aínda se conserva o Belén de
Coral no Mosteiro das Descalzas Reais de
Madrid, tódalas figuras están talladas en
coral, prata e bronce, descoñecéndose o
seu autor ou autores.
A partir do s.XVII, os beléns pasaron das igresias aos fogares, multiplicáronse as
medidas, agora xa figuras, non estatuas, e prevaleceu definitivamente o uso do barro
cocido, competindo nobres e soberanos por presumir do belén máis fermoso.
Na actualidade en todos os fogares cristiás séguese coa tradición de
montar O Belén, aínda que agora as figuras poden ser de moitos
materiais e ter diferentes deseños. Pode poñerse nada máis co
Misterio ou moitas máis figuriñas; incluso algunha representativas do
lugar como é en Cataluña o “caganet”. En moitos pobos de España fanse
representacións viventes do nacemento de Xesús, como o de Beas (Huelva), Pezuela de
las Torres (Madrid), Arcos de la Frontera (Cádiz), etc.
OUTRAS COSTUMES
Doce espera do Advento
Para que aos nenos se lles faga máis curta a espera do Nadal, se lles
regala un calendario de Advento composto dunha serie de portiñas.
Cada día hai que abrir unha das portas ata chegar ao do 24 de
decembro. Detrás dela atópase o Neno Xesús.
As velas de Advento
Unha tradición dos países centro- europeo é a das vela. O primeiro domingo de
decembro acéndese unha das catro velas que forman o
«adventskrans» e déixase arder durante 15 minutos. Ata que chega o
día de Nadal vaise queimando unha vela cada domingo. Cando chega
o cuarto domingo préndense as catro velas á vez e déixanse consumir
totalmente.
Que non falten mercadillos
En case todas as grandes cidades de Europa, dende
novembro, fan a súa aparición os omnipresentes
mercadillos típicos destas festas. Estes postos de madeira
venden toda clase de artigos do Nadal, pero os máis
apreciados son os adornos para a árbore, as velas de
artesanía e os tapetes de encaixe fino.
O acivro
Non é estraño ver en plena época do Nadal ramas de acivro adornando portas e xanelas,
ou colgando no teito. Aínda que en España non existe tanta tradición, noutros lugares de
Europa e América, esta planta é considerada como 'símbolo' da boa sorte, sobre todo
nunhas datas festivas tan especiais
A tradición do Nadal di que aquela muller que recibe un bico
baixo o acivro en Noiteboa atopará o amor que busca ou
conservará o que xa ten. Se se trata dunha parella, será
obsequiada co don da fertilidade.
Postais de Nadal
Dise que o costume de enviar postais de Nadal como felicitación foi iniciada en 1843
(tres anos despois da invención do primeiro selo postal) polo británico Henry Cole. Tras
decatarse de que tiña numerosas cartas por contestar, algunhas delas desde facía
bastantes días, Cole optou por compensar aos seus achegados enviándolles misivas nas
que lles desexaba prosperidade para o novo ano.
As postais de Nadal son unha boa forma de
dicirlles ás persoas que queremos que nos
acordamos deles nunhas festas tan
entrañables....
ACTIVIDADES
A decoración no Nadal
1- Cóntanos experiencias
Se acodes á páxina do colexio de internet atoparás páxinas onde te contan
moitas cousas do Nadal no mundo.
Saca algunhas ideas e cóntallelas aos teus amigos. Podedes poñervos de
acordo sobre o país que cada un de vós ides investiga r.
2- Por que non facedes adornos para decorar a vosa aula? Pensa no deseño e faino
3- Elabora unha postal de Nadal para felicitar aos teus amigos.
Top Related