DATOS PARA A HISTORIA DA AAVV “XUNTOS” DE FERREIRA
Tras a morte de Franco, os novos aires da democracia e o asociacionismo
veciñal chegan ás terras de San Sadurniño. Unha a unha agroman as
Asociacións de Veciños por todas as parroquias e o xornal “O Pumariño”
promove e apoia incondicionalmente a súa aparición dende 1978.
A parroquia de Ferreira será a última que se incorpore a esta dinámica.
Mais en maio de 1979, a revista facíase eco dos primeiros pasos da
Asociación:
Tivo que transcorrer un ano para que ao fin a veciñanza consiga poñerse
dacordo e inicie o proceso legal para constituírense formalmente en
Asociación. No “Pumariño” de maio de 1980 felicítanse pola nova:
Meses despois, en outubro de 1980, mentres seguen agardando polo
permiso do Goberno Civil coa legalización da Asociación, hai certa
polémica coa Comisión de Festas do San Paio.
Mais ao fin, o 8 de febreiro de 1981 o Pumariño da conta da feliz
Constitución da AAVV “Xuntos” de Ferreira; agora TODAS as
parroquias de San Sadurniño teñen una Asociación Veciñal que vele polos
seus intereses. A revista reivindica o arranxo das antigas escolas da Seara e
Leiriña e suxire o seu uso como local social da nova Asociación:.
Top Related