CLUB DE BANDA DESEÑADA
IES de POIOEncontros PLAMBE 2011
Santiago de Compostela• Montserrat
Bragado.• Anxos Rial.
O club de banda deseñada do IES de POIO:
Antigüidade: ten unha antigüidade de 3 anos, desde o curso 2008/09.
Desenvolvemento: Periodicidade quincenal, media hora no tempo de lecer.
Perfil dos usuarios: alumnos de 4º de ESO e 1º e 2º de Bacharelato; maioritariamente feminino.
Renovación: Cada curso fórmase un grupo novo mais é habitual a continuidade dos participantes.
OBXECTIVOS: Fomento do hábito lector e gozo da lectura. A libre e
meditada interpretación do texto e da imaxe.
Aprender que “a lectura é o mellor antídoto contra calquera concepción do mundo excluínte e fundamentalista, un revulsivo contra a violencia, a persoal e e a das violencias que en nome de deus ou da patria, se cometen no mundo actual”.Rosa Regás.
A experiencia cultural compartida , o contaxio de entusiasmos, a xeración dunha rede de afectos, o intercambio de opinións e experiencias lectoras…
Preténdese que o participante se achegue ao longo do curso a obras de Banda Deseñada diferentes entre si (a nivel de contidos, de debuxo, de estilo narrativo e de argumento) coa finalidade de que intúa as inmensas posibilidades do mundo do cómic.
CRITERIOS DE SELECCIÓN DOS TEXTOS:
Temática da obra: social, fantástica, reflexión filosófica, reflexión vital humorística, sentimental, cultura popular...
Trasfondo do tebeo: valores éticos, dereitos humanos, transmisión da cultura, crítica social...
Nivel de dificultade medio (unha lectura que poida ser comprensible para participantes de entre 13 a 18 anos).
Calidade gráfica.
DESENVOLVEMENTO
Todas as reunións realízanse na Biblioteca do centro no noso rincón de lecer, entorno de libros.
Búscase a mistura de pracer, aprendizaxe e debate, intentando ampliar as marxes do propio libro animando aos alumnos e alumnas a que se informen sobre o contexto do libro (lugar e época na que de desenvolve a acción, ambientes, documentación sobre o autor…neste apartado utilizamos a conexión á Internet para as pescudas, fomentando a aprendizaxe TIC en distintos medios e formatos).
Preténdese aproveitar a lectura apoiándose no visionado de filmes, cortos, documentais, a asistencia a representacións teatrais e o apoio musical.
A CITA:
En cada sesión, encárgase un paticipante de seleccionar unha cita ou sentencia que lle guste; as finalidades desta actividade son:
O breve debate sobre o sentido da cita na procura da reflexión filosófica e ética da mesma.
Establecer unha relación entre a sentencia e a obra (sempre é posible establecer dita relación).
Implicalos no traballo desta actividade, participando máis activamente dela.
Preténdese aproveitar a lectura apoiándose no visionado de filmes e series, cortos, documentais, a asistencia a representacións teatrais e o
apoio musical:
Banda deseñada / filmes:
O blog do club: http://ostrasnosdoslibros.blogspot.com/
O blog serve como caderno de bitácora aos distintos grupos do club de lectura (narrativa e banda deseñada);
Usámolo para a presentación dos comics que imos ler.
Con posterioidade ás sesións introducimos unha entrada resume da reunión, as opinións dos alumnos, comentarios, etc.
Tamén publicamos noticias relacionadas co cine e a banda deseñada.
VALORACIÓN DA ACTIVIDADE POR PARTE DOS MEMBROS DO CLUB:
En palabras dos alumnos:
- " Foron sesións moi entretidas e amenas. Cando tocaba o timbre daba pena que terminara a sesión." Nerea
- " Foi moi enriquecedor, ameno e divertido. Para o ano deberían ampliar o horario, utilizar algunha hora de clase para poder ter máis tempo nas sesións ." María
- " Cumpriu as miñas expectativas. Mereceu moito a pena e coñecín libros novos. Para o ano quero continuar." Lidia
VALORACIÓN DAS ORGANIZADORAS:
As organizadoras teñen unha percepción moi boa do desenvolvemento da actividade do club de lectura de banda deseñada polas seguintes razóns:
• O clima de traballo é sumamente agradable, participativo e motivador.
• Dáse un entusiasmo contaxiante entre os compoñentes do club de lectura.
• Cando a algún membro non lle gusta o libro, participaba igual nas sesións sen abandonar a actividade.
RELACIÓN DE OBRAS LIDAS NESTES CURSOS:
Misty Circus de Victoria Frances. Norma Editorial.Favole de Victoria Frances. Norma EditorialLa tetería del oso malayo de David Rubín.
Astiberri.Persépolis de Marjane Satrapi. Norma Editorial.Promethea de Alan Moore. Planeta-DeAgostini
Comics.Black Jack de Osamu Tezuka. Calvin &Jobs de Bill Waterson.
Maus de Art Spiegelman. Norma comics.María y yo. Miguel Gallardo y María Gallardo.
Top Related