A cantiga de amor é un poema no que un home se dirixe a unha dona,
mostrando o seu amor por ela. Unha amada inalcanzable, á que se rende
vasalaxe como se fose un señor feudal.
En contra do que sucedía nas cantigas de amigo, o suxeito lírico é
masculino.
Estamos ante un xénero prestixioso.
Constitúen a maior parte das 1679 cantigas profanas que conservamos e
dedícaselle en exclusiva o Cancioneiro de Ajuda.
O xénero poético da
CANTIGA DE AMOR
consistía en que
unha voz poética
masculina expresaba
o seu amor a unha
dama idealizada da
nobreza.
Coa palabra “SENHOR” o home facía
referencia a unha DONA que reunía
CARACTERÍSTICAS ABSTRACTAS DO
IDEAL DE BELEZA FEMININO.
Daquela o morfema -or era o empregado para os dous
xéneros: a senhor, a pastor…
Por tanto…
Na cantiga de amor a voz presente é a masculina: é o home quen expón a súa coita amorosa a unha muller.
A palabra senhor, que fai referencia á amada, adoita aparecer nos primeiros versos destas cantigas, converténdose na marca de xénero.
“FALAR BEN”,
“SER
FERMOSA”,
“BEN TALLADA”
OU “A QUE
DEUS FIXO
MELLOR” son os
únicos eloxios
que fai o poeta.
Este non podía citar
ningunha parte física
concreta dela porque
rompería o código da
MESURA, que
impedía desvelar a
identidade da dama
gabada no poema.
Pola COITA (PENA
DE AMOR) que
sufría pola dama,
a voz poética
podía chegar a
MORRER DE
AMOR, o que se
deu na cantiga de
amor provenzal.
… moir*’ eu porque non vexo aquí
a dona que por meu mal vi.
(Afonso X)
*morro
Os personaxes
A senhor: descrita de xeito vago e impreciso. Só sabemos que é moi bela, case perfecta (bon semelhar, ben talhada). Da súa psicoloxía tampouco temos adxectivos nin positivos nin negativos (bon sen, bondade).
O namorado: desempeña o papel de vasalo (seer vosso) e preséntase á dama como un ser fiel e honesto para gañar o seu favor. Expresa repetidamente o seu amor pola senhor aínda que ás veces o oculta por medo á saña. Pode chegar á morte por amor, ao non lle conceder galardón (recompensa)
Os personaxes
Os miscradores: eran os competidores do poeta polo amor da dama. Cualificados de mentireiros porque así o autor atraía a atención da amada sobre el.
O amor cortés
• Este ideal baséase na concepción do amor como servizo. O home, como namorado, estaba sometido á súa namorada igual ca un vasalo ao seu señor. A amada é representación de todas as virtudes e bens. Hai que exaltar a muller como suma de calidades positivas. O poeta aspira a través dun camiño de aprendizaxe amorosa ao grao máis alto de felicidade, ao Joi d´amor. Aínda que non sempre é así.
O amor cortés• O amor cortés configúrase como unha arte
con graos diferentes que o amante vai superando na escada amorosa:
FENHEDOR: limítase a suspirar pola amada, sen dirixirse a ela.
PRECADOR: diríxese a ela rogándolle o seu amor.
ENTENDEDOR: a dama corresponde o seu amor.
DRUDO: prodúcese contacto físico
O amor cortés• A característica fundamental do amante é a
mesura e a vontade de servir polo pracer de facelo, para realizarse a un mesmo mediante o amor, orixe da perfección.
DIFERENZAS CANÇO-CANTIGA AMOR
• A muller da lírica provenzal a quen se dirixen as composicións é real e casada. Na nosa o poeta diríxese a unha dona idealizada , solteira ou casada.
• Na cantiga de amor, o gozo de amar e a sensualidade son substituídos por un amor platónico dominado pola coita de amor. O namorado nunca é correspondido e na cançó si; non, pois, hai contacto físico nin adulterio.
DIFERENZAS CANÇO-CANTIGA AMOR
• Ausencia de descrición física da dama, é algo intocable e etéreo. Só se describe moralmente.
• Ausencia de locus amoenus e exordium primaveral.
• Os nosos poetas case nunca superan a fase de fenhedor, como moito chegan a precadores.
DIFERENZAS CANÇO-CANTIGA AMOR
• Maior sinxeleza formal: Na cançó composicións de mestría, con 5 ou 7 cobras unisonantes ou dobras, rima consonante e 800 esquemas estróficos diferentes.
Na cantiga de amor, cantigas de mestría ou refrán, de 4 ou 5 cobras con rima asonante e só 200 esquemas estróficos diferentes.
Os recursos propios deste tipo de
cantiga son O DOBRE E O
MORDOBRE.
O PRIMEIRO É A REPETICIÓN
DUNHA PALABRA NA MESMA
COBRA OU ESTROFA.
Pois sempre há en vós mesura
e todo ben e cordura,
que Deus fez en vós feitura
qual non fez en muller nada (Don Dinís)
DOBRE
O MORDOBRE repite unicamente
o lexema, creando un xogo de
conceptos do AMOR CORTÉS aínda
maior có dobre.
Pois me tal coita faz sofrer
qual sempr’ eu por ela sofrí,
des aquel día que a vi,
e non se quer de min doer
… (Afonso X)
MORDOBRE
As cantigas de amor acostumaban ser de
mestría, sen estribillo ou refrán, de aí
que o poeta debese amosar o seu bo
facer poético ao non poder repetir versos
enteiros.
A rima MACHO (AGUDA) destas composicións seguía máis fielmente o modelo provenzal, fronte á rima grave,
máis propia das de amigo.
Quer’ eu en maneira de proençal
fazer agora un cantar d' amor
… (Don Dinís)
TEMAS
.
Amor cortés
A doutrina do amor cortés codifica o ritual amoroso nas cantigas.
Dáse unha traslación do concepto do servicio feudal ao servizo amoroso: o trobador entrégase como vasalo á sua dona (que se converte así na súa senhor con dominio pleno sobre el) aceptando os deberes que os lazos feudais implican e, asemade, esperando o seu merecido ben, que nunca chega a acadar o abnegado e fiel amante da lírica galego-portuguesa.
Amor cortés.O bon amador ha posuír calidades de seu:
constante no servizo amoroso, fiel, xeneroso, mesurado e de bon sen.
O trobador ten divinizada a súa dama, contémplaa como a un ser superior; por iso, malia ser un amor non correspondido (desprezo da dama ou separación), este servizo amoroso supón para o trobador, alén de sufrimento, un proceso de perfeccionamento espiritual.
Loanza da damaA senhor das cantigas de amor -a diferenza da dona
virgo das cantigas de amigo- é adoito unha muller nobre casada, o que impón a mesura por parte dos amantes; isto é, a discreción deste amor adúltero.
Louvanza da dama con escasas referencias ás súas calidades físicas e piscolóxicas para manter en segredo a súa identidade.
Idealización da dama con figuras estereotipadas: fremosa mha senhor senhor ben talhada senhor de bom parescer senhor do melhor prez boa senhor senhor de bon ssem
Loanza da damaAparece polo xeral na primeira parte da cantiga. Pode referirse á beleza física ou moral:
Senhor, en tan grave díavos vi que non poderíamáis; e por Santa María,que vos fex tan mesurada,doede-vos algún día de mí, senhor ben talhada.
Pois sempre ha en vós mesurae todo ben e cordura,que Deus fez en vós feituraqual non fez en molher nada,doede-vos por mesura de min, senhor ben talhada.
E por Deus, senhor, tomademesura por gran bondadeque vós el deu, e catadequal vida vivo coitada,e algún doo tomade de min, senhor ben talhada.
Cantiga de amor de Don DinísB 562 V 176
Don Dinis, trobador e rei de Portugal
Cancioneiro da Biblioteca Nacional de
Lisboa (B)
Coita de amorO amor na lírica galego-
portuguesa -a diferenza da occitana- é fonte de COITA.
O desdén e/o rexeitamento da dama ou a simple separación dos amantes é a causa do sufrimento constante do trobador e de toda a sintomatoloxía amorosa que o acompaña: loucura, perda do sen e mesmo morte de amor.
Coita de amorPreséntanse diferentes graos de sufrimento por amor: o
pranto, a loucura ou a morte por amor. Algúns elementos léxicos comúns son: coita, doo, penar, sofrer, lazerar, chorar, sandecer (tolear), perder o sen, morrer…
Ora non moiro, nen vivo, nen sei
como me vai, nen ren de mi, se non
tanto que ei eno meu coraçon
coita d´amor qual vos ora direi:
tan grand´é que me faz perder o sén
e mia senhor non sab´ ende ren.
Nuno Fernández Torneal
A dona que eu am'e tenho por senhoramostrade-mi-a, Deus, se vos em prazer for,se nom dade-mi-a morte.
A que tenh'eu por lume d'estes olhos meuse por que choram sempre, amostrade-mi-a, Deus,se nom dade-mi-a morte. Essa que vós fezestes melhor parecerde quantas sei, ai Deus!, fazede-mi-a veer,se nom dade-mi-a morte.
Ai, Deus! qui mi-a fezestes mais ca mim amar,mostrade-mi-a u possa com ela falar,se nom dade-mi-a morte.
Cantiga de amor de Bernal de Bonaval B 1066 V 657
Versión musicada por Amancio Prada en: http://cantigas.fcsh.unl.pt/http://sondepoetas.blogspot.com/
Muitos dizem com gram coita d'amorque querriam morrer e que assiperderiam coitas; mais eu de miquero dizer verdad'a mia senhor: queria-me lh'eu mui gram bem querer, mais nom queria por ela morrer com'outros morrerom. E que prol tem?Ca, des que morrer, non'a veerei,nem bõo serviço nunca lhi farei.Por end'a senhor que eu quero bem queria-me lh'eu mui gram bem querer mais nom queria por ela morrer com'outros morrerom no mundo já,que depois nunca poderom serviras por que morrerom, nem lhis pedirrem. Por end'a que m'estas coitas dá queria-me lh'eu mui gram bem querer mais nom queria por ela morrer; ca nunca lhi tam bem posso fazer
serviço morto como se viver.
Cantiga de amor de Paio Gomes Chainho
B 809 V 393
Amor do poeta
O fiel amante cortés anuncia o seu amor pero non é quen de llo manifestar á súa dama (precador) polo que sofre amando en silencio...
Pois que m'hei ora d'alongarde mia senhor, que quero bem,porque me faz perder o sem,quando m'houver del'a quitar,direi, quando me lh'espedir:de mui bom grado queria ir log'e nunca [m'end'ar] viir. Pois me tal coita faz sofrer,qual sempr'eu por ela sofri,des aquel dia 'm que a vi,e nom se quer de mim doeratanto lhi direi por en:moir'eu e moiro por alguéme nunca vos direi mais en. E já eu nunca veereiprazer com estes olhos meus,de[s] quando a nom vir, par Deus,e com coita que haverei,chorando lhi direi assi:moir'eu porque nom vej'aquia dona que por meu mal [vi].
Cantiga de Afonso X B 469
Afonso X O Sabio
Amor do poeta
Transmítese a través de breves enunciados ao longo das composicións: amar muito, querer ben, amor… Case sempre son fórmulas estereotipadas.
Meu senhor Deus, pois me tan muit´amar
Fezestes, quan muit´amo, ua molher
Pedro Amigo de Sevilla
Reserva da dama*O segredo, a prudencia e a discreción preside a relación de amor: mesura, razón, non dicir…*A prohibición de vela ou falarlle imposta pola dama ao poeta: alongar, alongado, mandar ir, fazer partir…*O rexeitamento, a despreocupación pola sorte do namorado, a indiferenza…: ser sañuda, desamar, desamparar, non nembrar, fazer mal…
Am´eu tan muito mia senhor
que sol non me sei conselhar
ela non se quer nembrar
de min… e moiro-me de amor.
E assi morrerei por quen nen quer meu mal, nen quer meu ben.
Nuno Fernández Torneal
Top Related