Download - C U L T U R A G A L E G A. O portal da cultura ... - COORDINAculturagalega.gal/imaxes/docs/Folleto_casto_sampedro_2012.pdf · monumentos, os escudos e as inscricións, chegando ser

Transcript

Exposición.

COORDINACampo das Redes

COLABORANCarlos L. BernárdezÁngel N. SobrinoXavier GrobaJulio Alonso MonteagudoJosé Martínez CrespoAmado RicónCarlos Valle

ORGANIZAConcello de Redondela

COLABORANDeputación de PontevedraMuseo de Pontevedra

FolletoCASTO:Maquetación 1 18/10/12 17:25 Página 1

DON CASTOSAMPEDRO YFOLGAR (1848-1937),foi avogado e erudito,etnógrafo, arqueólogoe musicólogo. Naceuen Redondela, na rúado Ribeiro o 15 denovembro de 1848, defamilia de avogados.Pouco sabemos da súanenez na vila. Herdoudo pai, o gusto pola música. Adquiriu coñecementos desolfeo e piano cos redondeláns José Albán e Joaquín PérezGago, e pronto marchou facer os seus estudos debacharelato nos Seminarios de Santiago, Tui e Ourense,que rematou no Instituto de Segunda Ensinanza deSantiago en 1869. Matriculouse na Facultade de Dereitoda Universidade Compostelá, onde tivo contactos concírculos do Rexurdimento galego.

En 1872, pasou a exercer como avogado enRedondela, e publicou no semanario vigués “ElDesengaño” unha poesía en galego titulada Cántiga aoantigo amor de F. En 1875, trasladouse a Pontevedra aoparecer a causa dun conflito co Xuíz de Primeira Instanciade Redondela. Na capital, con 28 anos, abriu un bufete deavogado e casou con dona Josefa Mon y Landa,emparentando coa oligarquía pontevedresa. Omatrimonio tivo sete fillos, todos sen sucesión, as máislonxevas, das fillas, Dolores e María, pasaban longastempadas na finca familiar xunto a Pousadouro, queconserva o nome de “lugar de Casto Sampedro”.

Traballou como avogado para o Banco de España,para a Compañía de tranvías a vapor de Pontevedra aMarín e para a sociedade ferroviaria británica The WestGalicia Railway Company Limited. En 1883, participou naconstitución do Partido Conservador; en 1900 é nomeadocomo Cronista da provincia de Pontevedra; en 1901Deputado Provincial, e Presidente interino da Deputaciónde Pontevedra en 1930.

En 1894, baixo o seu impulso fundouse a famosa“Sociedad Arqueológica de Pontevedra”, que logrou asalvación de centos de documentos e obxectos, e dascélebres “Ruínas de Santo Domingo”, creou un valiosísimofondo documental e arqueolóxico, e publicou tres volumesde “Documentos, Inscricións, Monumentos, etc. para la

Historia dePontevedra” (1896-1904). Más adianteformou unha“Xuntanza deEstudios” quefinalmente daría lugará fundación doPadroado do Museo dePontevedra en 1927.

Foi home deampla preparación,

erudito versado nas linguas clásicas, o dominio daepigrafía e a paleografía, e manexo das fontesdocumentais e bibliográficas, na Historia e a cultura ensentido amplo, era un dos máis sólidos valoresintelectuais da Galicia do seu tempo en unión de LópezFerreiro e Manuel Murguía. Foi tamén un dos melloresmusicólogos galegos, investigou melodías populares e ascreacións artísticas. A el débese o Cancionero, o máis fiel erico de todos cantos se fixeron en Galicia entre finais do s.XIX e principios do XX, premiado no concurso da RealAcademia de Bellas Artes de San Fernando, que en 1911cualificou a colección musical como magnífica, seria,sólidamente hecha, verdadero tipo de su género. En 1942 oCancioneiro foi reconstituído e publicado a cargo dasDeputacións de Galicia.

Sampedro estudou os documentos, os pazos, osmonumentos, os escudos e as inscricións, chegando ser omellor heraldista galego. Igualmente, creou un grandearquivo gráfico de debuxos, reconstrucións conxecturais,etc., e tamén fotográfico, de temas arqueolóxicos edocumentais, e recolleu un rico fondo arqueolóxico queserviu de base ás amplas series do actual Museo dePontevedra. Publicou moi pouco, aínda que moi bo. O seumellor traballo foron os tres tomos da colección dedocumentos inéditos, inscricións, extractos demanuscritos, tradicións, noticias, etc., para a Historia dePontevedra, publicados entre 1896 e 1904. A pesar de serun personaxe que procuraba apartarse de cargos, premiose honores, foi membro fundador da Real AcademiaGallega, das Reais Academias da Historia e de Belas Artesde San Fernando, Presidente da Comisión deMonumentos, Delegado Rexio de Belas Artes, Cronista daProvincia de Pontevedra, primeiro Director do Museo dePontevedra, etc.; foi ademais condecorado coa Cruz da

Segunda Clase do Mérito Naval, pola súa defensa daclase mariñeira.

Aínda que vivía e exercía en Pontevedra dende1875, don Casto Sampedro pasada longas tempadas enRedondela, onde residía na súa finca de Pousadouro,no lugar de Asnelle, en Reboreda. Sempre se sentiuredondelán, e nunca deixou de estar ao tanto daactualidade redondelá e non soia faltar ás festasdo Corpus Christi. Na súa correspondenciapersoal manifesta a súa querenza pola vidaen Pousadouro e o seu inesgotableinterese polas cousas de Redondela,vitalmente imprescindibles para el, que seconsideraba choqueiro e Xan Carallás de pro.Foi Redondela, despois de Pontevedra, o lugarpreferido para as eruditas pescudas de don Casto,aínda que con resultados moito máis modestos eirregulares. Durante as súas estancias, aproveitabapara tomar notas e recoller datos sobre aspectoshistóricos, artísticos, epigráficos, etnográficos,costumes, tradicións, etc. Mantiña unha amplarelación persoal e epistolar con amigos e paisanos dosque se servía para obter novas e informacións epreguntar cuestións de diversa índole relacionadascon Redondela ; entre eles destacaron FranciscoCrespo e o seu sobriño frei José Crespo Pozo,Cándido Otero García, José Suárez. Eugenio FeijooAlfaya, Eugenio Otero Batalla, de Pousadouro-Redondela.... En 1898, Sampedro seguiu o curso da víaromana sobre Redondela que deu como resultado odescubrimento de varios miliarios, entre eles o de Vilar deInfesta-Guizán, denominado o “Marco” ou “Anta deManiola”, que non conseguiu levar para o Museo. Outrosmiliarios e pezas arqueolóxicas incorporáronse ao Museodende distintos lugares da comarca grazas a súas xestións.

Os materiais que deixou sobre o pasado e astradicións redondelás son os máis revoltos entre os seusorixinais. Presentan dificultades para a súa ordenación een grande parte para a súa lectura ; son anotacións,dispersas, inconexas ou inacabadas, ateigadas deborradores e emendas, escritas cunha letra case queilexible. Un dos temas redondeláns que máis lle interesoufoi o Corpus Christi, especialmente as súas danzas, En1904 apoiou a participación da Danza de Espadas nocertame celebrado en Pontevedra, onde obtivo o primeiropremio. En 1927 ofreceu ao Centro de Mariñeiros de

Redondela unha faixa e unhabanda para uso dos Mestres da

Danza, e transcrición da tocatade gaita e tambor, e cando afesta perigou na súacontinuidade en 1934,colaborou no seumantemento con unxeneroso donativo. Pareceque preparaba un traballosobre o tema do Corpus,

que nunca chegaríarematar. De feitoSampedro publicou moipoucas cousas sobreRedondela,algunha a

título póstumo,pero tiña ungrande prestixiona vila ; AvelinoCal, director deTerra!, revista doGrupoGaleguista,solicitou en 1933 asúa colaboración,

particularmente sobre tema histórico deRedondela.

Don Casto Sampedro faleceu enPontevedra o 8 de abril de 1937, mantendoata o final a súa actividade investigadora;ao seu funeral acudiu unha comisión doConcello de Redondela con don FranciscoCunqueiro Montenegro ao fronte. Na súahomenaxe, o Concello de Pontevedrarebautizou en 1940 a ata entón “Plaza deOrense” co nome de “Jardines de CastoSampedro”, e colocou unha placaconmemorativa. En 1943 o Concello deRedondela dedicoulle unha rúa co nome de“Avenida de Casto Sampedro Folgar”, enrecuerdo de este, por todos conceptos,destacado hijo de Redondela.

José Martínez Crespo

FolletoCASTO:Maquetación 1 18/10/12 17:25 Página 2