Download - AUTOINFORME DE SEGUIMENTO · 1. DATOS DA UNIVERSIDADE E DO TÍTULO OBXECTO DE SEGUIMENTO Denominación do título Máster Universitario en Estudos Medievais Europeos: Imaxes, Textos

Transcript
Page 1: AUTOINFORME DE SEGUIMENTO · 1. DATOS DA UNIVERSIDADE E DO TÍTULO OBXECTO DE SEGUIMENTO Denominación do título Máster Universitario en Estudos Medievais Europeos: Imaxes, Textos

AUTOINFORME DE SEGUIMENTO

Máster Universitario en Estudos Medievais Europeos: Imaxes, Textos e Contextos

Curso Académico: Curso 2016-2017

Page 2: AUTOINFORME DE SEGUIMENTO · 1. DATOS DA UNIVERSIDADE E DO TÍTULO OBXECTO DE SEGUIMENTO Denominación do título Máster Universitario en Estudos Medievais Europeos: Imaxes, Textos

2 de 35

■ Datos da universidade e do título obxecto do seguimento ■ Cumprimento do proxecto establecido

■ Dimensión 1. A xestión do título ■ Criterio 1. Organización e desenvolvemento ■ Criterio 2. Información e transparencia ■ Criterio 3. Sistema de garantía de calidade

■ Dimensión 2. Recursos humanos ■ Criterio 4. Recursos Humanos ■ Criterio 5. Recursos materiais e servizos

■ Dimensión 3. Resultados de aprendizaxe ■ Criterio 6. Resultados da aprendizaxe ■ Criterio 7. Indicadores de satisfacción e rendemento

■ Listaxe de evidencias e indicadores ■ Modificacións do plan de estudos ■ Plan de Melloras

■ Abertas curso 2016-2017 ■ Criterios anteriores a curso 2015/2016

■ AM-1 ■ AM-2 ■ AM-3

Page 3: AUTOINFORME DE SEGUIMENTO · 1. DATOS DA UNIVERSIDADE E DO TÍTULO OBXECTO DE SEGUIMENTO Denominación do título Máster Universitario en Estudos Medievais Europeos: Imaxes, Textos

3 de 35

1. DATOS DA UNIVERSIDADE E DO TÍTULO OBXECTO DE SEGUIMENTO

Denominación do título Máster Universitario en Estudos Medievais Europeos: Imaxes, Textos e Contextos.

Mencións/Especialidades

Universidade responsable administrativa

Universidade de Santiago de Compostela

En caso de títulos interuniversitarios, universidade/s participante/s

Centro responsable Facultade de Filoloxía

Centro/s onde se imparte Facultade de Filoloxía

Rama de coñecemento Artes e Humanidades

Número de créditos 60 ECTS

Profesión regulada NON

Modalidade de impartición Presencial

Curso de implantación 2009/2010

Data acreditación ex ante (verificación)

06/07/2009

Data renovación acreditación 23/10/2015

Page 4: AUTOINFORME DE SEGUIMENTO · 1. DATOS DA UNIVERSIDADE E DO TÍTULO OBXECTO DE SEGUIMENTO Denominación do título Máster Universitario en Estudos Medievais Europeos: Imaxes, Textos

4 de 35

CUMPRIMENTO DO PROXECTO ESTABLECIDO

DIMENSIÓN 1. A XESTIÓN DO TÍTULO

CRITERIO 1. ORGANIZACIÓN E DESENVOLVEMENTO: Estándar: O programa formativo está actualizado e implantouse de acordo coas condicións establecidas na memoria verificada. Analizar e valorar se o desenvolvemento do plan de estudos realizou conforme a memoria verificada e non se produciron incidencias graves, o que permitiu unha correcta adquisición das competencias por parte dos estudantes.

1.1.- O título mantén o interese académico e está actualizado segundo os requisitos da disciplina, avances tecnolóxicos e científicos, necesidades socioeconómicas e requisitos da profesión.

Aspectos a valorar:

O perfil formativo/egreso do título mantén a súa relevancia e está actualizado segundo os requisitos do seu ámbito académico, científico e profesional e, no seu caso, segundo as necesidades e requisitos da profesión regulada.

Reflexión/comentarios que xustifiquen a valoración: O título nace como unha oferta única no SUG e consolídase como tal ao longo destes anos e no curso 2016-17. O carácter de máster interdisciplinar e interfacultativo (Filoloxía e Xeografía e Historia) segue estando plenamente vixente como se pode constatar no ingreso de alumnos e no cadro de persoal que conforma a docencia das materias. O obxectivo inicial de estudar a Idade Media desde unha perspectiva interdisciplinar, na que as orientacións histórica, social, artística e literaria sexan abordadas en conxunto, é un dos valores máis destacados do máster e mantén o interese para os alumnos dos diferentes ámbitos das Humanidades, posto que complementan a súa formación, ao mesmo tempo que profundan en liñas de investigación (oferta ampla de materias optativas) que poderán ser continuadas posteriormente no Programa de Doutoramento de Estudos Medievais, un programa que recolle os obxectivos do máster e no que o egresado pode adquirir o nivel máis alto de capacitación investigadora a partir das ferramentas proporcionadas previamente nos estudos do máster. De feito, constátase que, a pesar da situación adversa de falta de apoio financeiro á investigación, os egresados inscríbense neste Programa continuando cos titores e con proxectos de investigación que recollen na maioría dos casos as liñas de traballo iniciadas no TFM. Concretamente no curso 2016-17 oito estudantes, procedentes do máster, continúan no Doutoramento de Estudios Medievais, unha cifra relevante, posto que no ámbito das humanidades os alumnos que continúan a súa formación na investigación non é unha opción habitual. A diversidade de titulacións dos alumnos matriculados e a procedencia de estudantes de universidades distintas da USC afianzan a súa consolidación na oferta de estudos (incluso coa matrícula de alumnos procedentes de universidades estranxeiras), se ben o descenso de alumnos segue estando presente continuando a tendencia iniciada o ano anterior e que esperamos nun futuro reverter. Nesta cuestión inflúen dúas razóns contra as que é bastante difícil loitar: por unha parte, a oferta de prazas en secundaria que leva a moitos estudantes a optar polos másteres de formación do profesorado obrigados para poder opositar e, por outra, ligada a esta, eses másteres, que cando se deseñaron non capacitaban para o doutoramento, agora contemplan esta posibilidade cunha pequena formación complementaria de ata 12 créditos. Neste sentido a preinscripción de alumnos, antes de que se abra o prazo de matrícula, é moi alta, o que indica que os obxectivos e os contidos do título son interesantes nun principio. A memoria incial preveía una media de matrícula de 10 alumnos por curso académico nos primeiros anos, se ben se mostraba a disposición favorable a acoller grupos de 15. Así foi durante o curso 2009-10, matriculáronse un total de 17 alumnos a tempo completo. No curso 2010-11, en cambio, o número de matriculados descendeu a 13. No curso 2011-2012, sen embargo, a demanda experimentou de novo

Page 5: AUTOINFORME DE SEGUIMENTO · 1. DATOS DA UNIVERSIDADE E DO TÍTULO OBXECTO DE SEGUIMENTO Denominación do título Máster Universitario en Estudos Medievais Europeos: Imaxes, Textos

5 de 35

un ascenso que superou a oferta prevista, ata o punto de que a CA decidiu solicitar unha ampliación no número de alumnos de novo ingreso de 20 a 25, dado que había 24 solicitudes de inscrición, que se traduciron logo nun total de 23 matriculados. No curso 2012-13 produciuse un novo descenso de demanda e os alumnos matriculados foron 14. No curso 2013-14 volveu a subir ese número ata 23 e ese ascenso veuse confirmado, de novo, no 2014-2015, con 26 alumnos de inicio de estudos. No curso 2015-16 baixou a 14 a matrícula de novo ingreso. No curso obxecto deste informe, hai que sinalar que, a pesar de que se ofertaron 28 prazas, contabilizouse unha matrícula total de 16 alumnos, dos cales 11 foron de novo ingreso. A taxa de ocupación é, segundo estas cifras, algo baixa e reflicte unha tendencia descendente marcada xa no curso 2015-16 (50%), e agora acentuada (39,29%). Trátase do dato máis preocupante do máster e a tal fin levaranse a cabo varias accións de mellora. En primeiro lugar, levarase a cabo a AM.-1 que tentará axustar o número de oferta de prazas á matrícula real solicitando ao SXOPRA a redución de número de matrícula para o curso 2018-19, consonte á marxe que a normativa vixente establece para estes casos. En segundo lugar, insistirase na información e difusión do máster coa elaboración de novos folletos, a utilización das redes sociais e a publicidade nos medios de comunicación (vid. AM-3, tarefas AM-3.1., AM-3.2. e AM-3.3.). Como datos positivos da valoración do máster, cómpre destacar que o título é moi atractivo para os estudantes de fóra da institución da USC e de Galicia, posto que 25% da porcentaxe de estudantes nacionais son de fóra de comunidade galega e o 6,25 % son estudantes estranxeiros. Concretamente dos 16 alumnos matriculados 12 alumnos teñen a súa orixe na CA de Galicia, mentres que 4 proveñen doutras comunidades nacionais (1 de Asturias, 2 de Castilla-La Mancha e 1 de Madrid), e hai que sumar, ademais, unha alumna italiana que cursou parte das materias que lle faltaban para a obtención do título. Percíbese, así mesmo, que a nota media de acceso segue sendo elevada (7,70 de puntuación), a máis alta desde a inauguración do máster, un dato que reflicte a boa acollida do título entre os estudantes que teñen interese pola Idade Media e que queren continuar a súa formación. O máster ten relación, ademais do Programa de Estudos Medievais, coa Rede de Estudos Medievais Interdisciplinares, que nace como resultado do traballo de colaboración fundamentalmente de grupos e áreas de coñecemento que participan precisamente no máster (Historia Medieval, Historia da Arte e varias Filoloxías) e na que se integran equipos doutras universidades e organismos de investigación de diferentes países. Desde esta e co aval económico da mesma, organizáronse unha ampla serie de actividades formativas dirixidas ao alumnado do título (e tamén ao Programa de Doutoramento en Estudos Medievais) que teñen moi boa acollida e unha ampla oferta: conferencias, seminarios e incluso excursións formativas ao patrimonio medieval galego. A web do centro (http://www.usc.es/gl/centros/filoloxia/index.html) e a web propia do máster (http://www.usc.es/filrom/teaching/master/?lang=es) reflicten a actualización permanente de contidos realizada cada ano engandindo información en pestanas novas, cando se estima oportuno. En todo momento, desde a coordinación do máster e desde o centro realizouse un gran esforzo en verter toda a documentación e indicacións do curso, posto que se constata que son páxinas moi consultadas (sobre todo, a propia) e que os alumnos procedentes de fóra da comunidade teñen coñecemento do título a través da visualización destas páxinas. A proposta da AM 2.1. centra o seu interese en difundir o título a máis estudantes interesados a través da tradución ao castelán da web propia (vid. criterio 2.1., AM-4)).

1.2.- O plan de estudos desenvolveuse seguindo a oferta de módulos e materias previstas na memoria verificada.

Aspectos a valorar:

A oferta de módulos e materias correspóndese co establecido na memoria de verificación e, se é o caso, nas sucesivas modificacións.

O Desenvolvemento das actividades académicas, metodoloxías docentes, sistemas de avaliación e cualificación, correspóndense co establecido na memoria de verificación e permite a consecución das competencias. O tamaño dos grupos é adecuado ás actividades formativas.

Page 6: AUTOINFORME DE SEGUIMENTO · 1. DATOS DA UNIVERSIDADE E DO TÍTULO OBXECTO DE SEGUIMENTO Denominación do título Máster Universitario en Estudos Medievais Europeos: Imaxes, Textos

6 de 35

No seu caso, o curso de adaptación cumpre a súa función en canto á adquisición de competencias e coñecementos, por parte dos estudantes que os cursen e adecúase ao establecido na memoria de verificación do título.

Participación do alumnado en programas de mobilidade.

Reflexión/comentarios que xustifiquen a valoración: - O máster consta dun total de 60 ECTS, distribuídos en 2 semestres, cunha oferta de 5 materias obrigatorias de 6 ECTS no I semestre e 7 materias optativas de 6 ECTS no II semestre, das cales teñen que elixir os estudantes 3. No I cuadrimestre os alumnos reciben unha formación integral de metodoloxía, historia, arte, lingua e perspectiva literaria na Idade Media; e no II profundan en aspectos específicos que sexan de seu interese con enfoques interdisciplinares e transversais e, ao mesmo tempo, fundamentais na Idade Media como a escritura e a evolución da cultura escrita, a relixiosidade e a espiritualidade do home medieval, o sistema político imperante do feudalismo, a pervivencia do mundo clásico, os grandes mitos que se constrúen ou viaxes e peregrinacións que percorren a literatura. Cada materia ten deseñada a súa Guía Docente completa, na que se contempla o sentido da materia no proceso formativo do máster, os obxectivos específicos, os contidos teóricos e prácticos, unha abundante bibliografía (primaria e complementaria), as competencias, a metodoloxía, o sistema de avaliación e, ao final, son incorporadas recomendacións útiles como, por ex., unha breve guía de elaboración dun traballo monográfico para que o alumno teña coñecemento dunhas sucintas normas para artellar un correcto traballo académico. Confírmase tamén como adecuada e ampla a oferta de materias optativas (7 materias, como se sinalou antes), suficientemente completa e variada para dar cabida aos principais aspectos de interese dos estudos medievais. Cada curso a matrícula de alumnos en cada unha desas materias soe ser bastante equitativo, salvo pequenas desviacións, que en xeral parecen ser debidas á coincidencia de intereses en cada curso concreto. No ano académico obxecto do informe destacan varias materias por ser as máis escollidas: "A Igrexa e a Espiritualidade Medieval", seguida por “Mundo Clásico na Idade Media”, “Sociedade Medieval e Cultura Cortés” e “Viaxes e Peregrinacións". As materias con menor número de alumnos foron “Feudalismo, Territorio e Poder” e “A Escritura e o Escrito na Idade Media”. De todos modos, as variacións non son significativas, manifestándose unha tendencia ao equilibrio na evolución dos últimos anos. Nalgúns casos os estudantes elixen en función do calendario (sobre todo, advírtese certa preferencia por aquelas materias que se imparten nos primeiros meses do II semestre), polo que para evitar distorsións cada ano vanse rotando a temporalidade das optativas desta segunda parte de curso académico. O réxime de estudos continúa sendo no máster presencial. En casos debidamente xustificados está prevista a posibilidade de dispensa oficial de asistencia ás actividades presenciais, adaptando o sistema de avaliación a esta situación, tal e como se recolle na programación de todas as materias. Tamén existe a posibilidade de matrícula a tempo parcial, á que se vén acollendo algún estudante. As linguas nas que se imparten as clases no título son o galego e o castelán, aínda que tamén se admiten outras linguas no caso de procedencia de estudantes doutros países. Este aspecto está moi coidado e é enriquecedor. Nunca houbo ningunha queixa ao respecto, a pesar de que, como se comentou antes, participan no título un índice constante de alumnos de fóra da comunidade galega. O plan continúa a desenvolverse segundo os parámetros establecidos. As áreas implicadas fan un esforzo importante de coordinación, non só porque están implicadas dúas Facultades na oferta do título tanto nas materias obrigatorias como nas optativas, senón tamén no mantemento de todos os programas a pesar das baixas de certos profesores por xubilación e incluso unha por falecemento. Ademais, deséñanse viaxes de estudos e visitas a bibliotecas, a museos e a arquivos. Os sistemas de avaliación teñen en conta as características dos contidos das materias e son adaptados a estes. O feito de que o máster teña un número non moi elevado de alumnos permite que se poidan planificar actividades variadas e que as metodoloxías docentes se acheguen aos alumnos cun seguimento máis personalizado. As competencias reafírmanse, ademais, coa diversidade de formación do alumnado e a súa transversalidade. A media de alumnos por grupo de teoría é do 7,92%, e por grupo de docencia

Page 7: AUTOINFORME DE SEGUIMENTO · 1. DATOS DA UNIVERSIDADE E DO TÍTULO OBXECTO DE SEGUIMENTO Denominación do título Máster Universitario en Estudos Medievais Europeos: Imaxes, Textos

7 de 35

interactiva é de 8,43%, uns valores máis baixos que a media de porcentaxes da USC que está en 13,29% para o grupo de teoría e 13,39% para o grupo de docencia interactiva. - Durante o curso 2016-17 fixéronse xestións para incluír oferta de prácticas externas para o curso 2017-2018 (curso 2015-16, AM-1, AM-1.1., AM-1.2.). A fórmula para a inclusión das prácticas no deseño do título sería unha modificación non substancial e o cómputo destas equivalería a unha materia optativa (6 cr.). Isto conleva a súa realización no período do segundo semestre (AM-2, 2.1.). Durante o ano 2017-18 deberán artellarse os procedementos e mecanismos de seguimento a través da elaboración de formularios para titores académicos, titores profesionais, memoria de plan de traballo do alumno, etc. (AM-2.2 e AM-2.3.). -Os alumnos non participan en programas de mobilidade no máster, dado que non se contempla esta opción para os másteres de 60 ECTS. No curso 2016-17 tampouco se recibiron alumnos procedentes de programas de mobilidade (no curso 2015-16 houbo 4,35% de estudantes deste tipo).

1.3.- O título conta con mecanismos de coordinación docente que permiten analizar se o desenvolvemento do plan de estudos posibilita a adquisición das competencias por parte dos estudantes e, no seu caso, se establecen as accións de mellora oportunas.

Aspectos a valorar:

A coordinación horizontal e vertical entre as diferentes materias do plan de estudos evita baleiros e duplicidades.

No caso de que o título se imparta en varios centros da Universidade ou sexa interuniversitario, analizarase o funcionamento dos mecanismos de coordinación entre todos os centros/Universidades que imparten o plan de estudos.

No caso de que existan prácticas externas, valorarase se os mecanismos de coordinación permiten aos estudantes alcanzar as competencias asociadas a estas prácticas.

No caso de que o título se imparta en varias modalidades (presencial, a distancia, semipresencial) valorarase a coordinación docente entre as modalidades, co fin de que os estudantes podan alcanzar as mesmas competencias con independencia da modalidade cursada.

Reflexión/comentarios que xustifiquen a valoración: A CA do máster, na que están representadas un gran número de áreas, vela polo cumprimento dos programas das materias e para que o seu contido se axeite as competencias específicas deseñadas na memoria do título. Ademais, está pendente de cuestións particulares como equilibrio de carga de traballo entre as materias, a planificación da entrega de traballos monográficos para que non existan solapamentos, datas de avaliacións, cumprimento polo horario de clases fixado, etc., buscando a proporcionalidade entre as materias e que non se acumule unha carga excesiva de traballo en determinados períodos do curso. A colaboración cos coordinadores das materias é fluída e resolven os problemas puntuais que poidan xurdir . A tal efecto, as actas de reunións levantadas regularmente dan conta das decisións tomadas. Nelas pode verse como se abordaron propostas de actividades de formación para os alumnos, o proceso no deseño da oferta de prácticas, o seguimento das accións de mellora, etc. Pola súa parte, os coordinadores das materias tratan de ensamblar os contidos dos distintos profesores que imparten a docencia da cada una delas, de xeito que exista unha auténtica interdisciplinaridade entre todas as áreas que participan (en todas as materias comparten docencia as áreas de Filoloxía, Historia da Arte e Historia Medieval) e haxa unha comunicación fluída. Ademais, dada a diversidade de estudantes, os coordinadores deben atender aos casos particulares dos estudantes que están matriculados e aos problemas puntuais que poida ter algún docente en determinados momentos (baixas, asistencia a obrigas oficiais, etc.). Así mesmo, existen na CA dous representantes de alumnos, procurándose que cada un pertenza a un centro (un de Filoloxía e outro de Xeografía e Historia), para facilitar canles de comunicación e apoio aos

Page 8: AUTOINFORME DE SEGUIMENTO · 1. DATOS DA UNIVERSIDADE E DO TÍTULO OBXECTO DE SEGUIMENTO Denominación do título Máster Universitario en Estudos Medievais Europeos: Imaxes, Textos

8 de 35

estudantes que teñen unha formación de procedencia diversa, ao tempo que eles poden transmitir de primeira man e de xeito rápido aos compañeiros os acordos aprobados nas CAs. A coordinación entre as dúas Facultades implicadas, Xeografía e Historia e Filoloxía, segue realizándose de forma efectiva tanto a nivel do espazo para a impartir clases como a nivel de reunións. Ao mesmo tempo, o funcionamento da coordinación rotatoria entre os dous centros resulta satisfactoria e continúa o seu devir. Neste curso 2016-17 produciuse un cambio puntual da persoa do coordinador que recaía no período bianual dos anos académicos 2015-16, 2016-2017 na área de Historia Medieval (por cuestións persoais houbo unha substitución do profesor encargado). A secretaría da CA foi desempeñada por unha profesora de Filoloxía. O horario de clases desenvólvese en quenda de tarde nunha ou noutra Facultade dependendo dos días da semana. As actividades formativas ofrécense, así mesmo, en aulas pertencentes a ambos centros dependendo do grupo ou do profesor que organice o evento procurando sempre alternar os espazos. A nivel administrativo a coordinación do máster está ubicada desde o seu inicio na Facultade de Filoloxía, estando moi presentes os órganos do centro na xestión do título. Neste sentido, é destacable que se asigne ao máster un determinado orzamento para a realización de actividades formativas que completen a preparación dos estudantes (vid. AM-5 do centro), a difusión na web do centro de información sobre o título, o deseño duns atractivos banners de publicidade que dan difusión e que se ubican nas dúas Facultades, etc. (vid. AM-1.1, AM-1.3 do centro).

1.4. Os criterios de admisión aplicados permiten que os estudantes admitidos teñan o perfil de ingreso adecuado para iniciar estes estudos.

Aspectos a valorar:

Coherencia entre o perfil de ingreso establecido na memoria verificada e o perfil real do estudantado matriculado no título.

No seu caso, os complementos de formación compren a súa función en canto á nivelación e adquisición de competencias e coñecementos por parte dos estudantes que os cursen.

Reflexión/comentarios que xustifiquen a valoración: O perfil de ingreso recomendado vese confirmado polo ingreso efectivo. A maioría do alumnado procede das tres titulacións base: 3 estudantes do Grao en Historia, 5 do Grao en Historia da Arte, 2 de Filoloxía (un do Grao de Linguas e Literatura Modernas, e outro dos anteriores estudos de Licenciatura, antes da implantación do Grao, en Filoloxía Galega). Ademais, matriculouse unha alumna estranxeira procedente da especialidade de Laura in Lettere de Salerno (Italia), que xa cursara materias ao abeiro do Programa Erasmus. Polo tanto, existe unha coherencia coa orientación interdisciplinar que se contemplaba na memoria do título. A nota de acceso subiu con respecto aos cursos anteriores, como xa se comentou no apto 1.1. Ademais, o título sempre recibe a alumnos estranxeiros que ven na oferta de materias unha boa opción para perfeccionar os seus estudos. No curso 2015-16 foi de 4,35 % e no curso 2016-17 do 6,25%. Unha alumna estranxeira solicitou un recoñecemento das competencias adquiridas como alumna Erasmus de cinco materias cursadas no curso 2015-16, e este foi informado positivamente por parte da CA. Unha evidencia da satisfacción coa calidade e a formación do título é que esa alumna continúa os seus estudos no Doutoramento de Estudos Medievais.

1.5.- A aplicación das diferentes normativas contribúe á eficiencia nos resultados do título.

Aspectos a valorar:

A aplicación das distintas normativas (normativa de permanencia, os sistemas de transferencia e recoñecemento de créditos, así como outras relacionadas coa avaliación, traballos fin de

Page 9: AUTOINFORME DE SEGUIMENTO · 1. DATOS DA UNIVERSIDADE E DO TÍTULO OBXECTO DE SEGUIMENTO Denominación do título Máster Universitario en Estudos Medievais Europeos: Imaxes, Textos

9 de 35

grao/máster, prácticas externas, ...) desenvólvense segundo o establecido nelas, tendo en conta as competencias previamente adquiridas polo estudante e as competencias a adquirir no título. Impacto delas nos resultados.

Reflexión/comentarios que xustifiquen a valoración: As diferentes normativas, tanto as xerais da USC, como as particulares da Facultade de Filoloxía, aplicáronse de forma axeitada durante o curso 2016-2017 e tiveron un impacto positivo nos resultados do título. A continuación enuméranse as normas aprobadas durante o curso 2016-2017, e que son de aplicación no curso 2017-2018: (i) Regulamento das titulacións oficiais de grao e mestrado na Universidade de Santiago de Compostela, aprobado polo Consello de Goberno o 28 de xullo de 2017 (http://www.usc.es/export9/sites/webinstitucional/gl/servizos/sxopra/descargas/2017_Normativa_Grao_Master_USC_28_xullo_Aprobado.pdf). Este texto ten por obxecto regular a organización dos estudos de grao e de mestrado universitario e recolle nun único documento toda a normativa existente ao respecto. O regulamento inclúe información sobre os seguintes aspectos: órganos académicos das titulacións de grao e mestrado, composición e competencias das comisións de título, procedemento e criterios para a presentación de novas propostas de titulacións de grao e mestrado e de modificacións das existentes etc. (ii) Instrución 1/2017 da Secretaría Xeral sobre a dispensa de asistencia a clase en determinadas circunstancias, de 27 de abril de 2017 (http://www.usc.es/export9/sites/webinstitucional/gl/goberno/secxeral/Instrucion-I-2017-sobre-a-dispensa-de-asistencia-a-clase-en-determinadas-circunstancias.pdf). Esta instrución recolle o procedemento para a solicitude de dispensa, as causas que poden motivar a solicitude, os criterios a ter en conta para conceder/denegar a devandita solicitude etc. (iv) Resolución pola que se publica a modificación da Normativa de avaliación do rendemento académico dos estudantes e de revisión de cualificacións, aprobada polo Consello de Goberno o 5 de abril de 2017 (http://www.usc.es/export9/sites/webinstitucional/gl/normativa/descargas/documentos/Resolucion-do-5-de-abril-de-2017-pola-que-se-publica-a-modificacion-da-Normativa-de-avaliacion-do-rendemento-academico.pdf). Esta Resolución modifica a Normativa de avaliación do rendemento académico dos estudantes e de revisión de cualificacións da Universidade de Santiago de Compostela (Consello de Goberno de 15 de xuño de 2011). A modificación afecta aos artigos referidos aos procedementos de avaliación extraordinaria: Artigo 10. Actuación de oficio da Comisión de Oferta Docente e Innovación Educativa delegada do Consello de Goberno. Artigo 11. Apoio titorial extraordinario. Artigo 12. Avaliación por un tribunal.

Page 10: AUTOINFORME DE SEGUIMENTO · 1. DATOS DA UNIVERSIDADE E DO TÍTULO OBXECTO DE SEGUIMENTO Denominación do título Máster Universitario en Estudos Medievais Europeos: Imaxes, Textos

10 de 35

DIMENSIÓN 1. A XESTIÓN DO TÍTULO

CRITERIO 2. INFORMACIÓN E TRANSPARENCIA: Estándar: A institución dispón de mecanismos para comunicar de maneira adecuada a todos os grupos de interese as características do programa e dos procesos que garanten a súa calidade. Analizar e valorar se a información relevante sobre o título é pública e está dispoñible, en tempo e forma, para todos os axentes implicados nel (estudantes, empregadores, administracións educativas e outros grupos de interese).

2.1.- A institución publica, para todos os grupos de interese, información obxectiva, suficiente e actualizada sobre as características do título e sobre os procesos que garanten a súa calidade.

Aspectos a valorar:

Publícase información suficiente e relevante sobre as características do programa formativo, o seu desenvolvemento e os resultados alcanzados.

A información sobre o título é obxectiva, está actualizada e é coherente co contido da memoria verificada do título e as súas posteriores modificacións.

Garántese un fácil acceso á información relevante do título a todos os grupos de interese.

Reflexión/comentarios que xustifiquen a valoración: A difusión do título é adecuada. Por unha parte, como xa se sinalou no criterio 1.1., realízase a través da web propia e a través das páxinas webs das Facultades de Filoloxía e Xeografía e Historia nas que se imparte o título http://www.usc.es/gl/centros/filoloxia/Mestrado/Estudos_medievais/index.html. e http://www.usc.es/gl/centros/xeohistoria/index.html con información actualizada e permanente dos aspectos máis relevantes. A web particular do máster ofrece información máis ampla sobre o seu contido, posto que recolle de xeito detallado a configuración de materias (obrigatorias e optativas) con enlaces ás guías docentes correspondentes e coa relación de profesores que imparten cada unha delas. Ademais, sinálanse en pestanas á parte os obxectivos e as competencias especificados na verificación do título do máster (non só os principais obxectivos do máster propostos, senón tamén os que se reproducen de forma máis ampla no MECES –Marco Español de Cualificaciones para la Educación Superior-, así como as competencias xerais e específicas). Tamén se especifican os criterios de selección, a matrícula (número, prazos, prezos), unha breve guía para a presentación correcta do TFM, os horarios das materias, os membros da CA que conforma o máster e finalmente unha extensísima documentación arredor do título na que a persoa interesada pode consultar información interna moi completa (sobre o proceso de verificación do título, proceso de seguimento, acreditación, regulamento de réxime interno do máster, sistema de garantía, etc.). Para unha maior difusión, este ano tratarase de verter ao castelán a páxina propia; unha empresa ardua na que será necesario contar con persoal de apoio, posto que os contidos da web xa son importantes e é necesario, ademais, contar cun técnico informático para inserir na aplicación este complemento que non estaba contemplado no seu inicio (vid. AM. 2.1). Para a acollida aos estudantes ao inicio do curso organízase unha xornada de recepción na Facultade de Xeografía e Historia, na que participa non só o coordinador do máster, senón que se convoca tamén aos coordinadores de todas as materias, obrigatorias e optativas. Nesta sesión infórmase con detalle sobre os aspectos principais do curso e das características básicas de cada materia, incluíndo o TFM, e acláranse, ademais, as dúbidas que os alumnos teñan sobre calquera cuestión. Todos os docentes realizan un importante esforzo por asistir e presentan a materia da que son responsables, incluso achegando material adicional para unha visualización completa. Por outra parte, seguindo a AM2 (curso 2015-16) durante o ano 2016-17 fixéronse uns trípticos informativos sobre o título con información resumida sobre a súa descrición, os seus obxectivos, contidos que se desenvolven, actividades diversas que se contemplan, etc. e que foron distribuídos nas Facultades de Filoloxía Xeografía e Historia, e noutros centros do ámbito das humanidades, así como en reunións científicas do ámbito das humanidades nas que participaban profesores do máster (AM-2.1). Seguindo con esta boa práctica na AM-3.1. volverase a elaborar un novo folleto informativo. Ademais, o coordinador do título participou en sesións informativas convocadas tanto na Facultade de Xeografía e Historia como na de Filoloxía para os alumnos de 4º curso de diferentes graos que finalizan pronto os seus estudos e nas que se presenta a oferta de mestrados dos respectivos centros (vid. apto. 5.1.) O PAT (Plan de Acción Titorial) da Facultade de

Page 11: AUTOINFORME DE SEGUIMENTO · 1. DATOS DA UNIVERSIDADE E DO TÍTULO OBXECTO DE SEGUIMENTO Denominación do título Máster Universitario en Estudos Medievais Europeos: Imaxes, Textos

11 de 35

Filoloxía http://www.usc.es/gl/centros/filoloxia/outra_informacion/plan_accion_titorial/index.html recolle o labor realizado desde o centro de orientación aos estudantes coa enumeración de todas as actividades que se levan a cabo e que se poden consultar directamente. A Facultade de Filoloxía elaborou banners publicitarios de todos os mestrados que se colocaron de forma moi visible no vestíbulo do centro (AM-1.3. curso 2015-16) e, ademais, como complemento, financiou un banner particular máis para o seu emprazamento na entrada da Facultade de Xeografía e Historia (AM-2, curso 2015-16). Aproveitouse a difusión que ofrecen as redes sociais para dar a coñecer entre os alumnos o máster (AM-2.3, curso 2015-16), así como as actividades que se celebran (AM-1.2., curso 2015-16). De novo, insistirase neste tipo de accións no curso 2016-17 (vid. AM-3.2). Os egresados non participaron na enquisa de satisfacción coa información pública no curso 2016-17, ao igual que nos anos anteriores. Trátase dunha situación complexa, posto que os estudantes, despois de cursaren o máster, deben atender á situación difícil da inserción laboral, co que é unha tarefa complicada que atendan a cuestionarios, a mensaxes que se trasladen a través do correo electrónico ou a calquera outro medio para poñerse en contacto con eles. Ademais, moitas veces os datos dos contactos son antigos, con cambios de residencia e circunstancias persoais complexas. Co fin de detectar a satisfacción dos egresados, incorpórase a AM-5.1, na que se elaborará unha enquisa en papel que será cuberta polos alumnos despois do acto de defensa do TFM, de xeito voluntario. Proxéctanse accións de mellora para reverter ou mellorar a difusión da información e que esta poida chegar a un número máis amplo de interesados e con máis éxito. Para iso volveranse a realizar trípticos que se distribuirán nos centros e en eventos que reúnan a graduados, como xa se indicou no criterio 1.1. (AM-3.1) e insistirase en difundir en redes sociais o contido do título (AM-3.2). Como novas estratexias de difusión, hai que mencionar que (i) traduciranse os textos contidos da páxina web ao castelán, un labor que require un esforzo complementario que carga aínda máis o traballo que o máster xera posto que os contidos nestes momentos son extensos (AM-4), e (ii) buscarase o asesoramento de empresas de comunicación co fin de indagar novas canles de publicidade xa sexa en medios escritos, xa sexa a través de materiais ata agora non utilizados (AM-3.3).

Page 12: AUTOINFORME DE SEGUIMENTO · 1. DATOS DA UNIVERSIDADE E DO TÍTULO OBXECTO DE SEGUIMENTO Denominación do título Máster Universitario en Estudos Medievais Europeos: Imaxes, Textos

12 de 35

DIMENSIÓN 1. A XESTIÓN DO TÍTULO

CRITERIO 3. SISTEMA DE GARANTÍA DE CALIDADE: Estándar: A institución dispón dun sistema interno de garantía da calidade formalmente establecido e implementado que asegura, de forma eficaz, a mellora continua da titulación. Analizar a implantación do Sistema de Garantía de Calidade (SGC) e valorar a súa contribución á mellora continua do título.

3.1.- O SGC posúe os mecanismos necesarios para recoller a información precisa, analizala, detectar debilidades e propoñer accións de mellora, realizando o seu seguimento.

Aspectos a valorar:

Os procedementos que permiten recoller a información de forma continua, analizar os resultados e empregalos para a toma de decisións e a mellora da calidade do título, desenvolvéronse de acordo ao establecido.

No caso dos títulos interuniversitarios ou dos títulos que se imparten en varios centros da Universidade, as accións levadas a cabo como consecuencia da implantación do SGC están coordinadas en todos os centros participantes no programa formativo.

Os procedementos de avaliación e mellora da calidade da ensinanza e o profesorado desenvolveuse de acordo ao establecido.

O procedemento de suxestións e reclamacións desenvolveuse de acordo ao establecido.

Reflexión/comentarios que xustifiquen a valoración: O SGIC da Facultade de Filoloxía foi aprobado na segunda convocatoria da ACSUG (26/04/2010) e o da Facultade de Xeografía e Historia foi aprobado na terceira un ano máis tarde (10/05/2011). Ademais, desde o ano 2013 a USC puxo en marcha a implantación nos centros dunha aplicación informática, denominada AASX, a fin de xestionar de forma máis eficaz os sistemas de calidade. Ao mesmo tempo levouse a cabo unha revisión do sistema marco dos SGIC despois da experiencia de anos anteriores, cos seguintes obxectivos: a) Revisar os procesos, actualizalos e simplificalos. b) Facer máis explícita a relación entre o seguimento dos títulos e o sistema de calidade dos centros. c) Facer máis explícita a relación de evidencias requiridas especificamente polo SGIC, diferenciándoas das derivadas dos procesos de xestión incluídos no Sistema. d) Reducir o número de indicadores. e) Integrar nun documento simplificado o contido do manual do SGIC do centro, de forma que sexa doado manexalo, utilizalo e actualizalo. As dúas Facultades implicadas no título elaboraron e puxeron en marcha tamén no curso 2013-2014 os respectivos Manuais do SGIC, que permiten unha xestión máis áxil de todos os procesos de control da calidade, con aprobación posterior dun manual simplificado por parte da Facultade de Filoloxía (4/02/2015) e da Facultade de Xeografía e Historia (23/03/2015). Ademais, tamén se pon en marcha un manual de procesos e procedementos na Facultade de Filoloxía (aprobado 29/07/2015, con corrección de erros o 1/02/2016). Toda esta documentación pode ser consultada no apartado de “Calidade” da web de cadanseu centro: http://www.usc.es/gl/centros/filoloxia/calidade/index.html e http://www.usc.es/gl/centros/xeohistoria/sgic.html. O regulamento de réxime interno do máster (aprobado 7/11/2011) recolle os aspectos administrativos e de xestión do mesmo, complexos polo seu carácter interdisciplinar, interfacultativo e interdepartamental. A Comisión Académica está formada polos dous Decanos das Facultades de Filoloxía e de Xeografía Historia (presidido pola Decana de Filoloxía, en aplicación da normativa vixente), dous representantes de alumnos (un procedente das titulacións de Filoloxía e outro de Historia), a xestora académica de Filoloxía, e por docentes das diversas áreas implicadas na docencia. A implicación de todos estes membros contribúe ao bo funcionamento e xestión do título. Durante o curso 2016-17producíronse varios cambios de membros renovando algúns dos seus membros como se deixa constancia nas actas levantadas das reunións ordinarias. A pesar de ser un título interfacultativo, no que interveñen por tanto dúas Facultades, non se considerou necesario crear unha comisión de calidade intercentros, como xa ten posto de manifesto. A presenza dos dous decanos e de docentes dos dous centros na Comisión Académica implica xa un control da xestión de calidade do título, trasladándose posteriormente os resultados e acordos á Comisión de Calidade da Facultade de Filoloxía, como centro responsable do

Page 13: AUTOINFORME DE SEGUIMENTO · 1. DATOS DA UNIVERSIDADE E DO TÍTULO OBXECTO DE SEGUIMENTO Denominación do título Máster Universitario en Estudos Medievais Europeos: Imaxes, Textos

13 de 35

mesmo. Na web do título figuran os informes de seguimento a partir do curso académico 2009-10 ata o último, curso 2015-16, así como o informe de avaliación para a renovación da acreditación do título. Ademais, engadiuse un enlace co SGIC da Facultade de Filoloxía. En relación coas enquisas de satisfacción, cómpre destacar o importante esforzo que desde distintas instancias se está a levar a cabo para contribuír ao aumento na participación. A Facultade de Filoloxía pon en marcha en datas próximas ao cumprimento das enquisas unha serie de mecanismos con información sobre o proceso de avaliación como unha pantalla informativa no vestíbulo, letreiros en lugares visibles e recordatorios a través dunha lista de distribución de correo electrónico do profesorado no que se anima a todo o PDI a que lembre nas clases a importancia de participar. Por parte do título, a coordinación tamén utiliza as canles ao seu dispor para insistir na relevancia das enquisas para propoñer accións de mellora que palíen os problemas que se poidan detectar: remítense por correo electrónico mensaxes ao profesorado e aos alumnos, e insístese particularmente aos coordinadores de que estean pendentes de solicitar aos estudantes a participación nas enquisas. Cómpre sinalar como dato positivo que este ano o índice de participación nas enquisas de satisfacción coa docencia recibida, despois da baixa que sufriu o ano anterior, ascendeu notablemente case o dobre no índice: Curso académico 2012/2013 2013/2014 2014/2015 2015/2016 2016/2017

Porcentaxe de participación 92,86 56,52 80,65 45,00 76,92

A valoración da calidade da docencia por parte dos alumnos tamén foi moi positiva, a porcentaxe acadada este último curso é elevada, 4,38 puntos sobre 5,00. Trátase do índice máis alto dos últimos cinco anos, o cal pon de relevo que o título cumpre non só cumpre as expectativas docentes deseñadas, senón que se afianza ao longo dos cursos académicos.

A enquisa de satisfacción do título só foi contestada con dous cuestionarios (12,50% de taxa de resposta sobre matriculados) sendo analizada con detalle no apto. 7.2. Posiblemente o feito de que se remita aos estudantes cando xa está rematado o tempo académico do curso —e os alumnos están buscando novas canles para o seu futuro académico e laboral— e de que a implantación desta consulta sexa recente explicaría a falta de disposición dos estudantes para contestala. Pola súa parte, a satisfacción do profesorado coa docencia impartida recibe unha valoración do 3,98/5, descendendo algo con respecto ao curso 2015-16, na que se alcanzara a cifra de 4,10/5. A participación nas enquisas non foi alta, pois só se cubriron 8 cuestionarios (25%). -En canto a obxectivos e competencias, a valoración é do 4/5 (información dispoñible dos obxectivos xerais e competencias), 4,13/5 (as competencias do plan de estudos). A planificación e desenvolvemento das ensinanzas acada unha valoración do 3,63/5 (organización temporal das materias), 3,73/5 (os horarios), 4,13/5 (calendario de probas de avaliación), a coordinación entre as materias do plan de estudos (3,5/5). -Os recursos humanos e servizos teñen un índice de 4 para o primeiro punto (coherencia dos criterios de asignación da docencia coa capacitación do persoal (4/5), e para o segundo de recursos materiais as aulas reciben unha puntuación de 4/5, os laboratorios e aulas de informática de 4/5, os espazos destinados ao traballo autónomo de 3,88/5, a dispoñibilidade de fondos bibliográficos de 4,5/5, as plataformas de docencia virtual de 4,14/5. -Os resultados que acadan os alumnos son avaliados nos aptos de competencias adquiridas 3,88/5, e de adecuación desas competencias co desenvolvemento profesional de 3,50/5. -Polo que se refire á orientación do alumnado, a valoración das accións de orientación ao alumnado é de 3,38/5, a orientación profesional e laboral ao alumnado de 3/5, e a difusión de actividades extracurriculares 3,63/5. -Na xestión da calidade a información dispoñible é valorada con 3,5/5, o apto. de queixas e suxestións é valorada 3,63/5, as vías de participación na mellora da calidade do 3,63/5 e a información pública dispoñible do 4,13/5. Nas reunións de CA e de coordinadores das materias estes datos son analizados e tratase de buscar solucións para os resultados de valoración máis baixos nos aspectos que poidan ser corrixidos (horarios, organización temporal das materias, coordinación das materias, resultados, orientación profesional e laboral...).

Page 14: AUTOINFORME DE SEGUIMENTO · 1. DATOS DA UNIVERSIDADE E DO TÍTULO OBXECTO DE SEGUIMENTO Denominación do título Máster Universitario en Estudos Medievais Europeos: Imaxes, Textos

14 de 35

Nas accións de mellora volverase a insistir na importancia da participación neste tipo de valoracións. Haberá que seguir estando atentos ao alumnado mantendo as iniciativas deste ano e incluso realizando unha reunión presencial exprofeso para explicar de forma visible e evidenciable con datos e informes a importancia das enquisas para o desenvolvemento do título (AM-6.1, AM-6.2.). E, en canto ao profesorado, haberá que recordar nas reunións da CA, de coordinadores etc... e por correo electrónico a implicación que deben ter os docentes nas enquisas enviadas pola Área de Calidade. Non se aporta información sobre as prácticas externas, posto que o título non contempla a súa oferta durante o curso 2016-17, como xa se comenta no apto. 1.2. En canto ás queixas e reclamacións desenvolvéronse segundo marca a SGIC. A CA do máster analiza con detalle os resultados da avaliación docente por parte dos estudantes a fin de identificar calquera desaxuste que puidera terse producido. O resultado das enquisas é unha mostra do cumprimento desta acción. As queixas e reclamacións resólvense igualmente, consonte ao establecido pola SGIC e as normas correspondentes. De todos modos, no marco deste seguimento intensificarase a través da introdución na web propia dunha pestana de suxestións e queixas para que a detección dos problemas se realice de forma rápida e se poidan solucionar o antes posible (AM-8.1).

3.2.- A implantación do SGC facilita o seguimento dos títulos, a renovación da acreditación e garante a mellora continua permitindo a introdución de modificacións no título.

Aspectos a valorar:

As accións de análise e revisión levadas a cabo desde o SGC permiten introducir modificacións para a mellora no título.

O seguimento das melloras do título confirma que estas foron eficaces e que se conseguiron os obxectivos formulados.

Os plans de mellora recollen as recomendacións dos diferentes informes derivados do proceso de verificación, modificación, seguimento e renovación da acreditación.

Reflexión/comentarios que xustifiquen a valoración: A Memoria de Calidade do curso 2016-2017 elaborarase ao longo do mes de marzo e prevese a súa conclusión e aprobación en abril de 2018 segundo o calendario de Calidade remitido pola ACMP (data límite 13 de abril de 2018). A Memoria de Calidade do curso 2015-2016 foi elaborada pola CCC e aprobouse na súa sesión do 7 de marzo de 2017, para o seu envío e posterior aprobación definitiva na Xunta de Facultade de 7 de marzo de 2017. Tanto as Memorias de Calidade do Centro como os Informes de Seguimento dos distintos títulos son públicos e accesibles en http://www.usc.gal/gl/centros/filoloxia/calidade/index.html, de xeito que todos os grupos de interese poidan acceder a esta documentación e contribuír á reflexión. Así mesmo, como xa se comentou, na web propia do máster incorpórase unha documentación moi completa sobre todos os procesos de avaliación que tiveron lugar arredor do título desde o seu inicio. Durante o curso 2016-17 o máster só se someteu ao seguimento anual, posto que xa realizara o proceso de renovación da acreditación, no que obtivo un informe favorable, en xuño 2015 (http://www.usc.es/filrom/wp-content/uploads/2014/09/ren_acr.pdf).

3.3.- O SGC implantado revísase periodicamente para analizar a súa adecuación e, se procede, establécense as melloras oportunas.

Aspectos a valorar:

A análise e revisión do SGC, no que participan todos os grupos de interese, deriva en plans de mellora (responsables, calendario de execución, etc.).

Todos os grupos de interese foron implicados no proceso de elaboración, implantación e seguimento das melloras do SGC.

As evidencias do SGC manifestan a existencia dunha cultura de calidade consolidada no centro que contribúe á mellora continua.

Page 15: AUTOINFORME DE SEGUIMENTO · 1. DATOS DA UNIVERSIDADE E DO TÍTULO OBXECTO DE SEGUIMENTO Denominación do título Máster Universitario en Estudos Medievais Europeos: Imaxes, Textos

15 de 35

Reflexión/comentarios que xustifiquen a valoración: Non se realizaron modificacións do SGIC, porque se está á espera de que se complete o proceso de actualización e modificación do Regulamento de Réxime Interno da Facultade. Actualmente, a Comisión (aprobada na Xunta de Facultade de 30 de maio de 2017) está desenvolvendo os traballos de revisión, actualización e mellora do devandito documento e a previsión é que estes labores estean rematados antes da finalización do curso 2017-2018. A AM-10 do centro proporcionou un apoio a xestión da Calidade a través da AASX co seguimento das Accións de Mellora dos títulos.

Page 16: AUTOINFORME DE SEGUIMENTO · 1. DATOS DA UNIVERSIDADE E DO TÍTULO OBXECTO DE SEGUIMENTO Denominación do título Máster Universitario en Estudos Medievais Europeos: Imaxes, Textos

16 de 35

DIMENSIÓN 2. RECURSOS

CRITERIO 4. RECURSOS HUMANOS: Estándar: O persoal académico e de apoio é suficiente e adecuado de acordo coas características do título e o número de estudantes. Analizar e valorar a adecuación do persoal académico e de apoio que participa no título obxecto de avaliación.

4.1.- Persoal académico. O título conta con profesorado suficiente e a súa cualificación é a adecuada, tendo en conta as características do plan de estudos, as modalidades de impartición e as competencias que deben alcanzar os estudantes.

Aspectos a valorar:

O profesorado que participa no título conta co nivel de cualificación (experiencia docente e investigadora) exixido para a súa impartición e é acorde coas previsións que se incluíron na memoria verificada. Revisarase especialmente o perfil do persoal académico asignado ao primeiro curso de títulos de grado, a prácticas externas e asociado ao Traballo Fin de Grao ou Traballo Fin de Máster.

O profesorado é suficiente para desenvolver as funcións e atender a todos os estudantes.

A institución ofrece oportunidades ao profesorado para actualizarse e continuar coa súa formación co obxectivo de mellorar a actividade docente.

Participación do profesorado en programas de mobilidade.

No seu caso, a Universidade fixo efectivos os compromisos incluídos na memoria de verificación do título relativos á contratación e mellora da cualificación docente e investigadora do profesorado.

Reflexión/comentarios que xustifiquen a valoración: O máster conta, na actualidade, coa participación de máis de 32 docentes de 9 áreas de coñecemento distintas (Filoloxía Italiana, Filoloxía Latina, Filoloxía Catalá, Filoloxía Románica, Filoloxías Galega e Portuguesa, Filoloxía Alemá, Ciencias e Técnicas Historiográficas, Historia Medieval e Historia da Arte) producíndose unha redución de número de docentes, debido a xubilacións e a situacións adversas como o falecemento dunha profesora durante o curso. Tal diminución de profesores non repercutiu na calidade da docencia, posto que a solidariedade entre as áreas e a versatilidade para impartir diversas materias de especialización paliou estas circunstancias desfavorables. A integración de profesorado altamente cualificado é un dos valores máis relevantes do máster desde a súa posta en marcha. Trátase dun PDI altamente experimentado no campo dos estudos medievais, avalado pola elevada porcentaxe de sexenios obtidos sobre PDI total (89,66%, máis elevado cá media da USC, de 85,55%), así como polo número importante de proxectos de investigación alcanzados en convocatorias competitivas. Os membros do corpo de Catedráticos son 8 (25%), do de Profesores Titulares de Universidade de 14 (43,75%) —varios deles acreditados a Catédráticos—, do de Profesores Contratados Doutores son 7 (21,88%), do de Profesor Contratado interino 1 (3,13%) e con contrato posdoutoral da Xunta 2 (6,25%). Debido ao descenso de docentes mencionado anteriormente, o P.D.I. funcionario decreceu en porcentaxe respecto aos anteriores cursos (actualmente é do 73,33%) continuando a tendencia detectada desde o seu inicio, aínda que no curso 2015-16 houbo unha certo incremento (78,79%), e segue estando por riba da media da USC (69,06%). Os datos básicos dos profesores poden ser consultados nas guías docentes das materias, e os datos máis completos nas páxinas webs da Facultade de Filoloxía http://www.usc.es/gl/centros/filoloxia/profesorado/index.html, de Xeografía e Historia (http://www.usc.es/gl/centros/xeohistoria/index.html) e na propia páxina web do máster http://www.usc.es/filrom/teaching/master/profesores/?lang=es. A USC, a través de programa específico de formación e innovación docente (PFID), oferta cursos de formación ao longo de todo o ano académico sobre actualización e formación de ferramentas para a actividade docente, avaliación e orientación, etc. (http://www.usc.es/gl/servizos/pfid/). Durante este curso apuntáronse a algún curso case o 10% do profesorado que imparte clase no máster (concretamente un 9,38%), por debaixo da media doutros anos, debido a que

Page 17: AUTOINFORME DE SEGUIMENTO · 1. DATOS DA UNIVERSIDADE E DO TÍTULO OBXECTO DE SEGUIMENTO Denominación do título Máster Universitario en Estudos Medievais Europeos: Imaxes, Textos

17 de 35

os de maior interese para o incremento da súa formación profesional xa foron feitos en anos anteriores. A valoración media con estas actividades formativas é moi alta, do 4,30/5, recomendándose a outros compañeiros a súa realización (98,8%). A Facultade tamén oferta cursos específicos orientados a optimizar recursos que se poñen á disposición da docencia nas aulas, cursos de idiomas, etc., como se pon de manifesto na consecución da AM-8. Hai que sinalar, así mesmo, que durante o curso 2016-17 e en coordinación co Programa de Doutoramento en Estudos Medievais, organizáronse un gran número de eventos, xa sexan congresos, seminarios e conferencias, na que participaron profesores que imparten docencia no título e estudantes como asistentes e incluso comunicantes. As Facultades de Xeografía e Historia e Filoloxía celebraron, ademais, outras actividades científicas, así como cursos e xornadas, algúns deles presentados como actividades formativas, que foron aproveitados polos alumnos. Polo que se refire aos programas de mobilidade, os profesores participaron no curso 2016-17 o 3,13% sobre un total de 32 PDI, un índice algo máis elevado có dos cursos 2014-15 e 2015-16 que foi en ambos casos do 2,94%. A dificultade para a mobilidade está en estreita relación co aumento das horas de docencia por profesor, dado o número de xubilacións sen reposición de profesorado. Con todo, vese que a pesar das dificultades estase a incrementar a porcentaxe. Ademais, os docentes participaron en accións de mobilidade, como asistencia a congresos e a reunión de organismos de avaliación, tribunais de teses de doutoramento, etc. das que non temos o dato concreto referido ao noso título.

4.2.- Persoal de apoio (persoal de administración e servizos, técnicos de apoio á docencia, etc.). O título conta con persoal de apoio suficiente e a súa cualificación é a adecuada, tendo en conta as características do plan de estudos.

Aspectos a valorar:

O persoal de apoio é suficiente para desenvolver as funcións e atender a todo o persoal docente e estudantes.

O persoal de apoio que participa no título conta co nivel de cualificación exixido e é acorde coas previsións que se incluíron na memoria verificada.

No seu caso, a Universidade fixo efectivos os compromisos incluídos na memoria de verificación do título relativos á contratación e mellora do persoal de apoio.

A institución ofrece oportunidades ao persoal de apoio para actualizarse e continuar coa súa formación co obxectivo de mellorar a súa labor de apoio ao proceso de ensinanza-aprendizaxe.

Reflexión/comentarios que xustifiquen a valoración: O desenvolvemento do máster en dúas Facultades ten como consecuencia a implicación de persoal de PAS de dous centros. A participación é activa e a súa colaboración pode dicirse que é competente e eficaz. O cadro de membros do PAS non variou no curso 2016-17 respecto aos cursos anteriores e, desde ambos centros, maniféstase a necesidade de contar cun técnico informático que se encargue do mantemento do equipamento técnico, fundamentalmente informático e audiovisual, de apoio á docencia instalado nas aulas, seminarios, aulas de informática, salas de videoconferencia e laboratorios de idiomas, así como apoio técnico para a incorporación de novas tecnoloxías a usos docentes. No que se refire aos resultados das enquisas de satisfacción do PAS, a participación descendeu moderadamente (do 64% do curso 2015-2016 ao 57,7% do curso 2016-2017). Polo que atinxe á satisfacción co “Posto de traballo”, as valoracións mantéñense practicamente iguais en todos os ítems ou mesmo ascenden lixeiramente en “Síntome parte dun equipo de traballo”. A satisfacción coa “Dirección da unidade”, a “Comunicación”, os “Espazos e recursos”, a “Formación” e “Satisfacción global” mantéñense moi próximos dos valores alcanzados no curso anterior e, en xeral, próximos da media xeral da USC. Se cadra os resultados que presentan unha baixada da puntuación máis acusada son os que teñen que ver coa “Implicación na mellora”, pero haberá que esperar aos resultados vindeiros para constatar se se trata dunha baixada puntual (que, en calquera caso, non chega ao medio punto) ou se se confirma unha tendencia descendente. O PAS participa activamente nos cursos ofertados de formación. Neste curso asistiron unha porcentaxe alta, o 33,3 %. As enquisas mostran que a avaliación das actividades formativas foi positiva: no curso 2015 foi do 3,99/5, e no 2016 do 3,91/5, con recomendación expresa a outros compañeiros do 85,3 (ano 2015), 79,91 (ano 2016). As tres persoas máis directamente implicadas nas cuestións de Calidade realizaron o curso “Manexo da aplicación de axuda ao sistema de

Page 18: AUTOINFORME DE SEGUIMENTO · 1. DATOS DA UNIVERSIDADE E DO TÍTULO OBXECTO DE SEGUIMENTO Denominación do título Máster Universitario en Estudos Medievais Europeos: Imaxes, Textos

18 de 35

xestión (AASX)”, dando así cumprimento a unha das tarefas incluídas na AM-9 do Plan de Melloras da Memoria de Calidade 2015-2016.

Page 19: AUTOINFORME DE SEGUIMENTO · 1. DATOS DA UNIVERSIDADE E DO TÍTULO OBXECTO DE SEGUIMENTO Denominación do título Máster Universitario en Estudos Medievais Europeos: Imaxes, Textos

19 de 35

DIMENSIÓN 2. RECURSOS

CRITERIO 5. RECURSOS MATERIAIS E SERVIZOS: Estándar: Os recursos materiais e servizos postos a disposición do desenvolvemento do título son os adecuados en función da natureza, modalidade do título, número de estudantes matriculados e competencias a adquirir. Analizar e valorar se os recursos materiais e servizos postos a disposición dos estudantes son os adecuados ás necesidades do título.

5.1.- Os recursos materiais, infraestruturas e servizos postos a disposición dos estudantes e o profesorado son suficientes e adecuados ás características do plan de estudos, ás modalidades de impartición e ás competencias que deben alcanzar os estudantes.

Aspectos a valorar:

As infraestruturas destinadas ao proceso formativo son as adecuadas en función da natureza e modalidade do título. Prestarase especial atención á dispoñibilidade de aulas, salas de estudo, aulas de informática e recursos informáticos, laboratorios, salas de reunións, biblioteca, …

Os recursos materiais, postos a disposición dos estudantes, son os adecuados en función da natureza e modalidade do título e as competencias a adquirir por eles y coinciden coas previsións que se incluíron na memoria de verificación. Prestarase especial atención á dispoñibilidade de equipamento e material científico, técnico, asistencias e artístico, (dependendo da tipoloxía de ensinanza), …

Aplicación das normativas de accesibilidade universal e deseño para todos, seguridade, saúde e medio ambiente e coñecemento delas polos axentes implicados.

Os fondos bibliográficos, recursos documentais,… son suficientes e están actualizados.

No seu caso, a Universidade fixo efectivos os compromisos incluídos na memoria de verificación do título relativos á creación, posta en marcha ou utilización de novas infraestruturas ou servizos externos á Universidade.

Os servizos de orientación académica (selección de materias, problemas de aprendizaxe, necesidades especiais, aloxamento,…) e orientación profesional postos a disposición dos estudantes son apropiados para dirixilos e orientalos nestes temas.

Os servizos de atención ao estudante (documentación, informes de cualificacións, actas, certificados académicos, tramitación de solicitudes de validacións ou de traslado,..) postos á súa disposición son apropiados para dirixilos e orientalos nestes temas.

Os programas de acollida e apoio ao estudante oriéntano no funcionamento da institución.

Tendo en conta as diferentes modalidades de impartición do título, analizase e revísase o grao de adecuación, para a consecución das competencias por parte dos estudantes, das infraestruturas tecnolóxicas e servizos tanto no centro responsable do título como, no seu caso, en centros externos (centros de prácticas, empresas, centros asociados, etc.).

No caso de que o título contemple a realización de prácticas externas, as instalacións onde se realizan son adecuadas para a adquisición das competencias.

Reflexión/comentarios que xustifiquen a valoración: Os recursos materiais e servizos existentes na USC son adecuados para garantir o correcto desenvolvemento das actividades planificadas no máster. A Facultade de Filoloxía ten a súa sede nun edificio situado no Campus Norte da USC, que empezou a funcionar durante o curso 1991-92. Polo que atinxe á Facultade de Xeografía e Historia, o feito de que se trate dun edificio histórico supón un problema para a accesibilidade de persoas con dificultades especiais; non obstante, o edificio conta con dúas entradas, unha delas ao nivel da rúa, o que posibilita a entrada destas persoas. Así mesmo, conta cun ascensor que comunica as plantas principais da facultade e permite salvar os espazos non adaptados para estas necesidades especiais. Hai que sinalar que segue persistindo un problema de aulas na Facultade de Xeografía e Historia, posto que certos cursos do grao seguen a impartirse na quenda de tarde coincidindo en horario cos do máster, sendo difícil reservar un espazo fixo para os dous semestres. Durante o curso 2016-17 houbo que recorrer a aulas na Facultade de Filosofía, un centro que está contiguo, para que foran impartidas aí as clases. En cambio, a estrutura horaria da Facultade de Filoloxía

Page 20: AUTOINFORME DE SEGUIMENTO · 1. DATOS DA UNIVERSIDADE E DO TÍTULO OBXECTO DE SEGUIMENTO Denominación do título Máster Universitario en Estudos Medievais Europeos: Imaxes, Textos

20 de 35

permite que as clases dos graos se realicen pola mañá, reservando a tarde para os másteres. Polo tanto, neste último centro non se detecta ningún problema referido de espazos. Todas as aulas da Facultade de Filoloxía e da Facultade de Xeografía e Historia están equipadas con ordenador, proxector, conexión a internet e cobertura wifi, e algunhas contan tamén con encerados electrónicos. A pesar da falta de presuposto dos últimos anos, os equipos decanais de ambos centros fan un esforzo importante en manter estes servizos e repoñer os estragos de material que se ocasionan co uso. Un servizo fundamental para o máster é a Biblioteca da USC coas súas diferentes sedes e os numerosos e útiles servizos e ferramentas como edicións facsimilares de manuscritos interesantes para os estudantes das tres áreas de procedencia, incunables e manuscritos necesarios para complementar a docencia dalgúns módulos e un rico fondo bibliográfico. Ademais, o préstamo interbibliotecario que os alumnos poden utilizar gratuitamente cun límite de 25 documentos é moi útil e beneficioso á hora de solicitar traballos publicados a outras universidades españolas, sobre todo, para traballos importantes que requiren xa dunha bibliografía específica como o TFM. Polo que se refire aos datos concretos das bibliotecas das Facultades de Xeografía e Historia e Filoloxía os postos de lectura son suficientes. Na primeira cóntase con 428 prazas e na segunda con 423. O total de libros prestados no ano 2016 na biblioteca da Facultade de Filoloxía foi de 53.998 volumes e na Facultade de Xeografía e Historia é algo máis elevado, un total de 78.382 . En canto aos fondos cos que contan ambos centros: na biblioteca de Facultade de Filoloxía os títulos de monografías en papel a 31/12/2017 son de 161.349, e os volumes de monografías a 31/12/2017, de 200.259; na Facultade de Xeografía e Historia o total de títulos son 107.439 e 133.648, respectivamente. As monografías en papel que se ingresaron (xa sexa por adquisición ou por outros medios) na biblioteca da Facultade de Filoloxía foron de 2083 volumes, mentres que na Facultade de Xeografía e Historia descenderon a 1682. O total de títulos de publicacións periódicas en papel foi de 2731 na Facultade de Filoloxía (en curso de recepción 418 na Facultade de Filoloxía), e na Facultade de Xeografía e Historia ascendeu a 3204 (en recepción 198). Cómpre sinalar en relación coas cifras anteriores que a dotación bibliográfica (monografías, revistas, etc.) se viu incrementada, non tanto polas adquisicións centralizadas con cargo aos orzamentos da BUSC (cada vez máis escasas) como, sobre todo, polas achegas extraordinarias para a compra de material bibliográfico por parte dos Centros (orzamento de 6000€ para o ano 2017 na Facultade de Filoloxía) de varios grupos de investigación que destinaron parte do seu presuposto a compra de publicacións. Todo o material bibliográfico recomendado aos alumnos está dispoñible nas bibliotecas da USC. Precisamente o emprego dos recursos materias e servizos é un dos obxectivos da materia de “Fundamentos metodolóxicos‟. As melloras no equipamento e infraestructuras para a docencia son constantes. Na Facultade de Filoloxía houbo unha renovación de equipamento informático, tanto ordenadores e canóns en aulas e seminarios de docencia, sistema de amplificación de aulas, como novos sistemas de proxección para o Salón de Graos e o Salón de Actos e substitución dos auriculares da aula de informática de docencia (D02). Os espazos docentes tamén mellorados no seu acondicionamento: eliminación dos armarios nas aulas pequenas; vernizado das tarimas e pintura das portas das aulas; instalación de enchufes nas dúas primeiras bancadas das aulas e nos seminarios. Ademais, adquiriuse mobiliario vario: bancadas corredores; cadeiras despachos. En canto ao servizo de orientación ao alumnado, durante o curso 2016-2017, a Facultade de Filoloxía aprobou un Plan de Acción Titorial (PAT), que formalizou así a política activa de orientación e atención ao estudantado que viña desenvolvendo dende hai anos por medio de accións a distintos niveis e que constituían, na práctica, un Plan de Acción Titorial. O deseño e posta en marcha do PAT foi acordada pola CCC na súa reunión de 29/11/2016 (Acción de Mellora nº 3 da Memoria de Calidade do Centro do curso 2015-2016; data de finalización prevista: 31/07/2017). O PAT foi aprobado pola CCC o 07/03/2017 e posteriormente pola Xunta de Facultade o 07/03/2017. Entre as actividades do devandito PAT cabe destacar a elaboración de roll-up do mestrado, como xa se comentou, e a xornada informativa sobre a oferta de estudos de mestrado do centro para o seguinte ano dirixida a estudantes de cuarto curso (24/04/2017).

Page 21: AUTOINFORME DE SEGUIMENTO · 1. DATOS DA UNIVERSIDADE E DO TÍTULO OBXECTO DE SEGUIMENTO Denominación do título Máster Universitario en Estudos Medievais Europeos: Imaxes, Textos

21 de 35

Page 22: AUTOINFORME DE SEGUIMENTO · 1. DATOS DA UNIVERSIDADE E DO TÍTULO OBXECTO DE SEGUIMENTO Denominación do título Máster Universitario en Estudos Medievais Europeos: Imaxes, Textos

22 de 35

DIMENSIÓN 3. RESULTADOS

CRITERIO 6. RESULTADOS DE APRENDIZAXE:

Estándar: Os resultados de aprendizaxe alcanzados polos titulados son coherentes co perfil de egreso e correspóndense co nivel do MECES da titulación.

Analizar os resultados de aprendizaxe alcanzados polos estudantes e se son coherentes co perfil de egreso e se corresponden co nivel do MECES do título.

6.1.- Os estudantes ao finalizar o proceso formativo adquiriron as competencias previstas para o título.

Aspectos a valorar:

O desenvolvemento das actividades académicas, metodoloxías docentes, sistemas de avaliación e cualificación contribúen á consecución e valoración dos resultados de aprendizaxe previstos.

Os resultados de aprendizaxe alcanzados satisfán os obxectivos do programa formativo e adecúanse ao nivel MECES.

Os resultados de aprendizaxe téñense en conta para a revisión e mellora do plan de estudos.

Reflexión/comentarios que xustifiquen a valoración: Os resultados de aprendizaxe son moi positivos e volven aos índices que se mantiñan noutros cursos. A porcentaxe de estudantes que aproban os estudos (taxa de éxito) é total (100%), superando ao ano anterior que foi do 93,40%. As taxas de rendemento e avaliación son altas, ambas do 84,75%, elevando o índice obtido durante o curso 2015-16 (60%) e restablecendo os resultados ao nivel alcanzado durante os cursos anteriores (98,62% curso 2011-12), (96,90 % curso 2012-13), (84,07%, curso 2013-14), (87,32%, curso 2014-15). Estes datos recollidos acomódanse á tendencia do título e superan as previsións recollidas na Memoria verificada. O axuste deste último curso ás taxas previas doutros cursos indica que o pequeno descenso do curso anterior foi puntual. Analizando as materias o resultado do éxito foi, como se comentou antes, do 100%. Na taxa de avaliación o índice acadado nas materias obrigatorias: - Fundamentos Metodolóxicos, A Europa Medieval. Perspectiva Histórico-Social, Arte Medieval Europea, Cultura Escrita en Latín, Literatura Medieval en Linguas Vernáculas) foi do 100%. En materias optativas: - A Escritura e o Escrito na Idade Media, O Mundo Clásico na Idade Media e Feudalismo, Territorio e Poder obtiveron tamén 100%, mentres que en A Igrexa e a Espiritualidade Medieval descendeu ao 83,33%, Sociedade Medieval e Cultura Cortés ao 60%, Mitos e Figuras no Imaxinario Medieval ao 75% e Viaxes e Peregrinacións na Idade Media ao 60%. -O TFM tivo un índice de avaliación do 60%, dado que un grupo de alumnos optou pola convocatoria de setembro e febreiro, e outros aínda o teñen pendente. A AM-9.2 tentará resolver este problema tanto nalgunha materia do II cuadrimestre como posteriormente no TFM tratando de concienciar aos alumnos de que deben organizar adecuadamente o seu tempo e de que no caso do TFM deben realizar un plan de traballo pautado co seu director establecendo un calendario aproximado (realista e factible) e un sistema de traballo acorde. As cualificacións das materias obrigatorias son moi satisfactorias. As materias obrigatorias acadaron un magnífico nivel de cualificacións (100% de notables e sobresalientes en Fundamentos Metodolóxicos, en Arte Medieval Europea e en Cultura Escrita en Latín, 91,67 % en A Europa Medieval. Perspectiva Histórico-Social, 63% en Literatura Medieval en Linguas Vernáculas), e nas optativas Igrexa e a Espiritualidade Medieval, Sociedade Medieval e Cultura Cortés, Feudalismo, Territorio e Poder e Viaxes e Peregrinacións na I.M., arredor do 60% de Sobresalientes e Notables, Mitos e Figuras no Imaxinario Medieval o 75%, Mundo Clásico o 80%.

Page 23: AUTOINFORME DE SEGUIMENTO · 1. DATOS DA UNIVERSIDADE E DO TÍTULO OBXECTO DE SEGUIMENTO Denominación do título Máster Universitario en Estudos Medievais Europeos: Imaxes, Textos

23 de 35

Os TFMs defendidos durante o ano 2016-17 foron 10, recibindo unha cualificación de Sobresaliente 3 deles, e 7 de Notable (20% de sobresalientes e 40% de Notables). Cómpre sinalar que algúns destes traballos foron aproveitados como base de formación e de iniciación dos proxectos de investigación presentados no Doutoramento de Estudos Medievais no curso seguinte, polo que o esforzo levado a cabo por estes alumnos ten a súa continuidade (vid. a listaxe de títulos e notas en anexo). A taxa de abandono é analizada no seguinte apto., se ben avanzamos que, aínda que non é alarmante, advírtese que o índice ascendeu no curso obxecto do informe respecto aos anos precedentes, polo que se tomarán medidas (AM-9.1., AM-9.2) que intenten paliar este problema.

DIMENSIÓN 3. RESULTADOS

CRITERIO 7. INDICADORES DE SATISFACCIÓN E RENDEMENTO:

Estándar: Os resultados dos indicadores do programa formativo son congruentes co deseño, a xestión e os recursos postos a disposición do título e satisfán as demandas sociais da súa contorna.

Analizar os principais datos e resultados do título e valorar a evolución dun núcleo de indicadores mínimo. Comprobar se os resultados se adecúan ás previsións e características do título.

7.1.- Os principais datos e indicadores do título evolucionan favorablemente de acordo coas características do título.

Aspectos a valorar:

Indicadores de demanda.

Indicadores de resultados.

Os indicadores téñense en conta para a mellora e revisión do plan de estudos.

Reflexión/comentarios que xustifiquen a valoración: Como xa se indicou no criterio 1.1. a matrícula durante o curso obxecto de seguimento foi de 16 alumnos, sendo 11 de novo ingreso. As prazas ofertadas eran 28, polo que a taxa de ocupación foi baixa (do 39,29%), dada a diferenza coa demanda. Co fin de adaptar esta ás prazas, a AM-1 trata de axustar a oferta inicial á matricula real. A través doutras AAMM intentarase, por outro lado, captar máis alumnos de novo acceso a través da difusión en redes sociais, elaboración de novos folletos informativos e da publicidade nos medios de comunicación (vid. AM-3.1, AM.2, AM-3.3). A pesar de redución de matriculados, a porcentaxe de estudantes nacionais de fóra de Galicia segue sendo notable, continuando a tendencia dos últimos anos de gran éxito do título entre os alumnos do exterior da comunidade (un terzo da media da demanda), incluso coa inscrición de alumnos estranxeiros (6,25%) (vid. comentarios criterio 1.1.). Continuarase intensificando esta vía a través da AM-4.1, coa tradución dos contidos da web propia ao castelán. A nota media de ingreso é alta, de 7,70 puntos. O ascenso de nota media é un factor positivo que indica, así mesmo, a boa acollida do título entre os alumnos con expedientes académicos de puntuacións elevadas, que queren completar a súa formación. Os indicadores de resultados foron comentados con detalle no apto. 6. A taxa de éxito é total e as taxas de rendemento e avaliación son moderadamente altas (84,75%). O título consolídase daquela desde esta perspectiva tendo en conta os diversos parámetros valorados, incluso as cualificacións das materias son moi satisfactorias. Polo que se refire aos egresados, a taxa de éxito é total no curso 2016-17, ao igual que ocorreu no curso 2015-16. Polo que respecta a taxa de eficiencia tamén é do 100%, superando o 92,44% do curso 2015-16. Estes datos son moi positivos

Page 24: AUTOINFORME DE SEGUIMENTO · 1. DATOS DA UNIVERSIDADE E DO TÍTULO OBXECTO DE SEGUIMENTO Denominación do título Máster Universitario en Estudos Medievais Europeos: Imaxes, Textos

24 de 35

e mostran que a boa tendencia que se estaba reflectindo ao longo destes anos consolídase. En canto ás taxas de graduación e de abandono, estas non son tan positivas e eficientes. A graduación no curso 2015-16 foi do 88%, mentres que o curso 2016-17 descendeu ao 57,14%, debido aos índices de dúas materias optativas, cursadas no II semestres, que acadan o 60% de porcentaxe, así como a conseguinte non presentación do TFM, ao non teren superados os créditos correspondentes para a súa defensa. A duración media dos estudos no curso 2016-17 acortou a porcentaxe a 1,13 anos, é dicir, os alumnos tardaron algo máis do ano preceptivo en cursar o máster en superar os créditos. No curso 2015-16 este dato detectou que a duración media dos estudos prolongouse a 1,45 anos, sendo a media da USC nesta liña porcentual do 1,44. A eficiencia dos titulados durante todos estes anos era moi positiva: 2009-10 100%; 2010-11 96,15%; 2011-12 99,06%; 2012-13 98,36%; 2013-14 95,81%; 2014-15 97,35%. Para o ano 2016-17 non hai datos. A taxa de abandono elevouse ao 28,57%, un índice moi alto respecto aos anos anteriores. A explicación desta taxa (durante os anos previos foi do 0%, no curso 2015-16 xa aumentara a 8%) pode deberse a busca de diferentes opcións de traballo por parte dos estudantes que inicialmente se matricularon e que logo conseguiron a súa inserción laboral noutros ámbitos, e a que se están computando neste ano, ademais, a non finalización dos estudos por parte de alumnos que abandonaron os seus estudos nos dous cursos anteriores. A fin de reverter esta tendencia e de concienciar na medida do posible aos estudantes da situación cando se aproxima o final do curso, realizaranse recordatorios da necesidade de planificar os traballos e de organizarse para que poida dar tempo a elaborar o TFM. Ademais, analizaranse as causas desde diferentes instancias (reunións varias e contactos con alumnos) (vid. AM-9.1).

7.2.- Os índices de satisfacción dos estudantes, do profesorado, dos egresados e doutros grupos de interese son adecuados.

Aspectos a valorar:

Indicadores de satisfacción co persoal académico, persoal de apoio, recursos, prácticas externas, proceso formativo, mobilidade, etc.

Os indicadores de satisfacción téñense en conta para a mellora e revisión do plan de estudos.

Reflexión/comentarios que xustifiquen a valoración: Polo que se refire a nivel da satisfacción por parte do alumnado como dos docentes, o máster evoluciona positivamente conforme ao establecido no marco da Memoria verificada. A satisfacción do alumnado coa docencia recibida está sendo progresivamente máis elevada cá dos cursos anteriores. Durante o curso 2016-17 foi do 4,38/5, e nos anteriores cursos 2015-16, era de 4,05/5, e no 2014-15, de 3,93/5. As materias obrigatorias reciben unha puntuación alta: -“Fundamentos Metodolóxicos e Novas Tecnoloxías” é avaliada cunha media de 4,41/5 (índice de participación de 63,64%). -“Arte Medieval Europea”, de 4,19/5 (índice de participación de 58,33%). -“A Europa medieval. Perspectiva histórico-social”, de 4,29/5 (índice de participación de 66,67%) -“Literatura medieval en linguas vernáculas”, de 4,64/5 (índice de participación de 50%) -“Cultura escrita en latín na I. Media”, de 3,79/5 (índice de participación de 58,33%). As optativas teñen unha avaliación moi positiva (se ben nalgunhas das materias hai que ter en conta que non houbo un número representativo de cuestionarios cubertos): -“Feudalismo, territorio e poder”, de 4,4/5 (índice de participación de 66,75). -“A Igrexa e a Espiritualidade medieval”, de 4,23/5 (índice de participación de 50%). -“A Escritura e o Escrito na Idade Media”, de 4,6/5 (índice de participación de 33,3%). -“Mitos e figuras no Imaxinario medieval”, de 4,76/5 (índice de participación de 75%). -“O Mundo clásico na Idade Media”, de 4,57/5 (índice de participación de 60%).

Page 25: AUTOINFORME DE SEGUIMENTO · 1. DATOS DA UNIVERSIDADE E DO TÍTULO OBXECTO DE SEGUIMENTO Denominación do título Máster Universitario en Estudos Medievais Europeos: Imaxes, Textos

25 de 35

-“Sociedade medieval e cultura cortés”, de 4,85/5 (índice de participación de 40%). -“Viaxes e peregrinacións na Idade Media”, de 4,95/5 (índice de participación de 20%). A participación nas enquisas, como xa se comentou anteriormente e como fomos incorporando na valoración precedente, foi satisfactoria (76,92%), se ben se detecta en certas materias optativas unha porcentaxe baixa, polo que a través da AM-6.1. e da AM-6.2. tentarase que se obteñan uns mellores resultados participativos. Ao longo deste curso houbo un esforzo importante por incrementar á participación desde múltiples instancias (centro e título). A Facultade e, particularmente, a coordinación do máster e os propios profesores coordinadores de materias difundiron a información sobre o proceso a través dos medios ao alcance, xa sexa mediante recordatorios nas pantallas colocadas na entrada da Facultade, xa sexa con comunicacións a través de correos electrónicos e incluso insistindo nas propias clases. Ao mesmo tempo, nas tarefas do próximo ano, continuarase insistindo na coordinación entre as diferentes materias e tratarase de abordar os problemas que xurdan nun prazo de tempo o máis rápido posible, mediante a implantación da AM-8.1 coa que se recolleran inmediatamente as queixas e suxestións que presenten os alumnos. A satisfacción co título, en cambio, non tivo un nivel de participación óptimo, pois, como xa se comentou no apto 3.1, só contestaron as enquisas 2 estudantes, polo que a valoración que se extrae non é moi significativa. Con todo, hai que dicir que a avaliación é moi positiva, alcanzando a cifra de 4,38/5, mellorando a conseguida nos dous cursos anteriores (3,35/5 curso 2014-15, 3,60/5 curso 2015-16), e claramente superior ao que obtén a Universidade no seu conxunto. Desagregando a información que aportan as enquisas, cómpre sinalar que un é home e outro é muller, que o índice referido á información do título e á orientación laboral é para ambos casos de 3,50/5 (a media da USC é do 2,98, 2,6 respectivamente), e que a atención ao alumnado con necesidade especiais ascende a 4/5. En relación á planificación e desenvolvemento da docencia as diferentes valoracións son:

(i) información sobre o desenvolvemento do ensino e a avaliación → 4/5. (ii) a organización temporal das materias → 4/5, (iii) os horarios → 3,5/5 (iv) o calendario de probas de avaliación → 4/5 (v) a proporción entre sesións teóricas e as prácticas → 3/5 (vi) o desenvolvemento das ensinanzas da titulación → 4/5 (vii) a coordinación entre materias do plan de estudos → 4/5.

Hai que puntualizar, en relación cos items que sofren unha apreciación máis baixa (iv e v), que os horarios e datas de exames están fixados de antemán polos centros e que a proporción de sesións teóricas e as prácticas tamén están suxeitos a estrutura dos estudos da Memoria vixente do título. Con todo, na enquisa que se fará trala defensa do TFM preguntarase pola cuestión da organización temporal por se existen problemas que se poidan atallar (AM-5.1). Neste apartado a valoración tamén é máis alta cá media da USC. Os recursos materiais e servizos reciben un alto índice de satisfacción: as aulas e o seu equipamento do 3,5/5, os laboratorios e aulas de informática 3,5/5, o espazos destinados ao traballo autónomo 4/5, os fondos bibliográficos 4,5/5, as plataformas de docencia virtual 4,5 /5. En todos estes items os índices superan aos da USC. As competencias acadadas nos resultados son moi valoradas: 4,5/5. E, por último, na xestión de calidade: as canles para realizar queixas e suxestións: 4/5, e a información pública dispoñible sobre a titulación é de 4/5. Pola súa parte, o profesorado participou nunha porcentaxe do 25% nas enquisas (vid. apto. 3.1.). Concretamente o número de cuestionarios cubertos foi de 8, correspondendo o 62,50% a homes e o 37,50 a mulleres. A valoración da información dispoñible de obxectivos foi alta de 4/5 e as competencias do 4,13/5. Os resultados desagregados sobre a planificación e desenvolvemento da docencia son os seguintes:

(i) a organización temporal das materias recibe unha puntuación → 3,63/5, (ii) os horarios → 3,75/5, (iii) o calendario de probas de avaliación, a proporción entre sesións teóricas e as prácticas e o

desenvolvemento das ensinanzas da titulación → 4,13/5, (iv) a coordinación entre materias do plan de estudos → 3,50/5.

Page 26: AUTOINFORME DE SEGUIMENTO · 1. DATOS DA UNIVERSIDADE E DO TÍTULO OBXECTO DE SEGUIMENTO Denominación do título Máster Universitario en Estudos Medievais Europeos: Imaxes, Textos

26 de 35

O resultado sobre o apartado de orientación do alumnado recibiu unha valoración media de 3,38/5 nas accións de orientación, de 3/5 na orientación profesional e laboral, e do 3,63/5 na difusión das actividades extracurriculares. Neste sentido, cabe sinalar que, grazas ao apoio da Rede de Estudos Medievais Interdisciplinares, puideron levarse a cabo unha amplia oferta de actividades (seminarios, conferencias, visitas). A satisfacción dos egresados coa titulación non está computada para o curso 2015-16 (vid. apto. 2). En canto ao PAS a satisfacción durante o curso obxecto do informe foi do 3,50/5, cunha participación do 57,7% do persoal. Os items analizados manteñen unha valoración positiva.

7.3.- Os valores de inserción laboral dos egresados do título son adecuados ao contexto socio-económico e profesional do título.

Aspectos a valorar:

Análise dos históricos de resultados existentes nos estudos realizados sobre inserción laboral do título.

Adecuación da evolución dos indicadores de inserción laboral en función das características do título.

Os indicadores de inserción laboral téñense en conta para a mellora e revisión do plan de estudos.

Reflexión/comentarios que xustifiquen a valoración: Os indicadores dos resultados da inserción laboral dos estudantes proporcionados conteñen só información da cohorte de egresados 2009-10 cun seguimento de seis anos e a cohorte de egresados 2013-14, cun seguimento aos dous anos de egresar. Os datos que se aportan indican que:

1) Na cohorte de egresados 2009-10:

1 ano despois de obtido o título, o 35,7% estaban afiliados á Seguridade Social, cun índice de temporalidade

bastante importante (66,7%), e de contratos indefinidos do 33,3%.

2 anos despois de obtido o título, o 50% estaban afiliados á Seguridade Social, cun índice de temporalidade do

60,7%, e de contratos indefinidos do 40%.

3 anos despois de obtido o título, o 64,3% estaban afiliados á Seguridade Social, cun índice de temporalidade

do 71,4%, e de contratos indefinidos do 28%.

4 anos despois de obtido o título, o 71,4% estaban afiliados á Seguridade Social, cun índice de temporalidade

do 77,8%, e de contratos indefinidos do 22,2%.

5 anos despois de obtido o título, o 28,6% estaban afiliados á Seguridade Social, cun índice de temporalidade

do 33,3%, e de contratos indefinidos do 66,7%.

6 anos despois de obtido o título, o 50% estaban afiliados á Seguridade Social, cun índice de temporalidade do

60%, e de contratos indefinidos do 40%.

2) Na cohorte de egresados 2013-14:

2 anos despois de obtido o título o 18,8% estaban afiliados á Seguridade Social, cun índice de temporalidade

do 100%.

Os resultados non son, polo tanto, significativos. A tendencia que parece percibirse é unha destacada temporalidade nos postos de traballo e unha taxa de inserción laboral non alta, uns trazos acordes coas características actuais do panorama laboral existente. De todos modos, hai que dicir que, ao ser o título un máster de investigación, estes datos deberían estar orientados a unha franxa temporal máis ampla, dado que a traxectoria investigadora vese cada vez máis dilatada.

Page 27: AUTOINFORME DE SEGUIMENTO · 1. DATOS DA UNIVERSIDADE E DO TÍTULO OBXECTO DE SEGUIMENTO Denominación do título Máster Universitario en Estudos Medievais Europeos: Imaxes, Textos

27 de 35

Page 28: AUTOINFORME DE SEGUIMENTO · 1. DATOS DA UNIVERSIDADE E DO TÍTULO OBXECTO DE SEGUIMENTO Denominación do título Máster Universitario en Estudos Medievais Europeos: Imaxes, Textos

28 de 35

LISTAXE DE EVIDENCIAS E INDICADORES

Criterios Nº Evidencia / Indicador Documento/enlace

Todos E1 Memoria Vixente do título ACSUG

Todos E2 Informes de verificación, modificación, seguimento incluíndo os plans de mellora

ACSUG

1 E3 Análise do perfil real de ingreso/egreso Autoinforme, Criterio 1

1,6 E4

Guías docentes das materias (competencias, actividades formativas, metodoloxías docentes, sistemas de avaliación, resultados de aprendizaxe)

Web do Título

1,3 E5

Actas das reunións celebradas, polo menos dos dous últimos cursos, da Comisión Académica/Comisión de Titulación/Comisión de Garantía de Calidade (as actas deben incorporar un apartado con acordos adoptados en cada reunión)

Enlace web ou PDF

1 E6 Listaxe de estudantes que solicitaron recoñecemento de créditos

Enlace web ou PDF

1,6 E8

Informes/documentos onde se recollan as conclusións dos procedementos de consulta internos e externos para valorar a relevancia e actualización do perfil de egreso dos estudantes do título/valoración adquisición resultados da aprendizaxe

Autoinforme, Criterios 1 e 6

1,7 I1 Número de estudantes de novo ingreso por curso académico

4311760_P.Ind_2016-2017

4311760_INF.16_2016-2017

4311760_INF.CiUG_2016-2017

1 I2 No caso de máster, número de estudantes de novo ingreso por titulación de procedencia

4311760 _I2_2016-2017

1 I3

Indicadores de mobilidade (Número e porcentaxe de estudantes que participan en programas de mobilidade sobre o total de estudantes matriculados)

4311760_P.Ind_2016-2017

5040_INF.03_2016-2017

2 E9 Páxina web da universidade/centro/título (debe ter como mínimo a información referida “Información mínima pública*”)

Web da USC

Web do Centro

Web do Título

3 E10 Documentación do SGC (política e obxectivos de calidade, manual e procedementos)

Web do Centro

3 E11

Evidencias da implantación dos procedimientos do SGC( procedementos completos, revisados e actualizados que desenvolvan as directrices do SGC:Política de calidade,Deseño revisión periódica e melloras dos programas formativos, garantía da aprendizaxe, enseñanza e avaliación centrados no estudante, Garantía e

Web do Centro

Page 29: AUTOINFORME DE SEGUIMENTO · 1. DATOS DA UNIVERSIDADE E DO TÍTULO OBXECTO DE SEGUIMENTO Denominación do título Máster Universitario en Estudos Medievais Europeos: Imaxes, Textos

29 de 35

mellora da calidade dos recursos humanos, garantía e mellora da calidade dos recursos materiais e servizos e información Pública)

3,7 E12 Plans de mellora derivados da implantación do SGC

Web do Centro

3,7 E13 Análise das enquisas de satisfacción (%participación, resultados, evolución,…)

Autoinforme, Criterios 3 e 7

Todos I4 Resultados das enquisas de satisfacción de todos os grupos de interese do título

4311760_P.Ind_2016-2017

4311760_INF.04_2016-2017

5040_INF.05_2016-2017

4311760_INF.06_2016-2017

4311760_INF.07_2016-2017

4311760_INF.08_2016-2017

4311760_INF.09_2016-2017

4311760_INF.10_2016-2017

5040_INF.11_2016-2017

4311760_INF.13_2016-2017

4311760_INF.14_2016-2017

5040_INF.21_2016-2017

4311760_INF.22_2016-2017

4311760_INF.23_2016-2017

3 I5 Resultados dos indicadores que integran o SGC 4311760_P.Ind_2016-2017

4 E15

Plan de Ordenación Docente: información sobre o profesorado (número, experiencia docente e investigadora, categoría, materias que imparte, área, etc)

4311760_E15_2016-2017

4 E16 Información sobre o persoal de apoio por Centro (número e cargo/posto desempeñado)

5040_E16_2016-2017

4 E17 Análise das enquisas de avaliación da docencia (% participación, resultados, evolución, … )

Autoinforme, Criterio 4

4 I6 Porcentaxe de participación do profesorado do título en plans de formación da universidade e en actividades formativas específicas

5040_I6-I7_2016-2017

4 I7 Porcentaxe de participación do PAS do centro en plans de formación da universidade e en actividades formativas específicas

5040_I6-I7_2016-2017

4 I8 Resultados das enquisas de avaliación da docencia (%participación, resultados, evolución,… )

4311760_INF.13_2016-2017

4311760_INF.14_2016-2017

4 I10 Indicadores de mobilidade (número e porcentaxe de profesores que participan en

5040_I10_2016-2017

Page 30: AUTOINFORME DE SEGUIMENTO · 1. DATOS DA UNIVERSIDADE E DO TÍTULO OBXECTO DE SEGUIMENTO Denominación do título Máster Universitario en Estudos Medievais Europeos: Imaxes, Textos

30 de 35

programas de mobilidade sobre o total de profesorado do título)

5 E18 Información sobre os recursos materiais directamente relacionados co título

Web do Centro

5 E19 Información sobre servicios de orientación académica e programas de acollida

Web do Centro

5 E20 Listaxe dos centros/entidades para a realización de prácticas externas curriculares ou extracurriculares

Enlace web ou PDF

5 I11 Distribución alumnado por centros de prácticas Enlace web ou PDF

5 E22 Materiais didácticos e/o tecnolóxicos que permitan unha aprendizaxe a distancia

Campus Virtual

6 E24 Listaxe de traballos fin de grao/máster de, al menos, os últimos cursos académicos (título, titor y calificación)

Enlace web ou PDF

6 E25 Informes/listaxe das calificacións de cada unha das materias do título

4311760_INF.15_2016-2017

6 E26 Mecanismos utilizados para a análise da adquisición dos resultados de aprendizaxe

Autoinforme, Criterio 6

7 E30 Informe/documento onde se recollan os resultados do título (incluídos indicadores inserción laboral e SIIU)

Autoinforme, Criterio 7

6,7 I12

Indicadores de resultados (estas taxas facilitaranse de forma global para o título. As taxas de rendemento, éxito e avaliación facilitaranse tamen por materia): - Taxa de graduación - Taxa de abandono - Taxa de eficiencia - Taxa de rendimiento - Taxa de éxito - Taxa de avaliación

4311760_P.Ind_2016-2017

4311760_INF.17_2016-2017

4311760_INF.18_2016-2017

4311760_INF.19_2016-2017

5040_SIIU_2016-2017

7 I13 Relación da oferta/demanda das prazas de novo ingreso

4311760_P.Ind_2016-2017

4311760_INF.CiUG_2016-2017

7 I14 Resultados de inserción laboral 4311760 _EIL-SIIU_2016-2017

Page 31: AUTOINFORME DE SEGUIMENTO · 1. DATOS DA UNIVERSIDADE E DO TÍTULO OBXECTO DE SEGUIMENTO Denominación do título Máster Universitario en Estudos Medievais Europeos: Imaxes, Textos

31 de 35

MODIFICACIÓNS DO PLAN DE ESTUDOS

MODIFICACIÓN XUSTIFICACIÓN

Page 32: AUTOINFORME DE SEGUIMENTO · 1. DATOS DA UNIVERSIDADE E DO TÍTULO OBXECTO DE SEGUIMENTO Denominación do título Máster Universitario en Estudos Medievais Europeos: Imaxes, Textos

32 de 35

ACCIÓNS DE MELLORA

Código AM-1

Orixe Informe de Seguimento

Ámbito de

aplicación Criterio 1. Organización e Desenvolvemento

Análise causa O Máster gañaría atractivo para o alumnado se se ofertaran

prácticas.

Definición/

descrición

proposta

Implantación dun programa de prácticas dirixido a entrar en

contacto co mundo profesional fóra da universidade, tanto a

nivel institucional como empresarial.

Datas Inicio: xaneiro do 2016 / Finalización: setembro de 2017

Estado/Eficacia Estado: Finalizada

Responsables Coordinador do Máster (Israel Sanmartín Barros)

Tarefa1 AM-1.1

Descrición tarefa

A tarefa inicial sería entrar en contacto coas institucións e

empresas que estarían dispostas a recibir ao alumnado en

prácticas e realizar os trámites para a sinatura de convenios.

Data prevista de

finalización Setembro de 2017

Responsable Coordinador do Máster (Israel Sanmartín Barros)

Estado Finalizada

Tarefa2 AM-1.2

Descrición tarefa Oferta de prácticas para o curso 2017-2018

Data prevista de

finalización Setembro de 2017

Responsable Coordinador do Máster (Israel Sanmartín Barros)

Page 33: AUTOINFORME DE SEGUIMENTO · 1. DATOS DA UNIVERSIDADE E DO TÍTULO OBXECTO DE SEGUIMENTO Denominación do título Máster Universitario en Estudos Medievais Europeos: Imaxes, Textos

33 de 35

Estado Finalizada

Código AM-2

Orixe Informe de Seguimento

Ámbito de

aplicación Criterio 2. Información e transparencia

Análise causa Detéctase unha falta de visibilidade e de difusión informativa do

Máster

Definición/

descrición

proposta

Mellora na publicidade e difusión do Máster

Datas Inicio: xaneiro 2017 / Finalización: setembro 2017

Estado/Eficacia Finalizada

Responsables Coordinador do Máster (Israel Sanmartín Barros)

Tarefa1 AM-2.1

Descrición tarefa Deseñarase un “Roll up” para a publicidade do Máster nas

Facultades de Filoloxía (Hall) e Xeografía e Historia (Claustro).

Data prevista de

finalización Setembro 2017

Responsable Coordinador do Máster (Israel Sanmartín Barros)

Estado Finalizada

Tarefa2 AM-2.2

Descrición tarefa

Difusión do Máster a partir de carteis e folletos, que serán

distribuídos nas distintas facultades de humanidades da USC

(tanto en xuño/xullo como en setembro).

Data prevista de

finalización Setembro 2017

Page 34: AUTOINFORME DE SEGUIMENTO · 1. DATOS DA UNIVERSIDADE E DO TÍTULO OBXECTO DE SEGUIMENTO Denominación do título Máster Universitario en Estudos Medievais Europeos: Imaxes, Textos

34 de 35

Responsable Coordinador do Máster (Israel Sanmartín Barros)

Estado Finalizada

Tarefa3 AM-2.3

Descrición tarefa

Actualización e melloras da información da páxina web do

Máster (http://www.usc.es/filrom/teaching/master/) e difusión da

mesma por diferentes listas de distribución en redes sociais.

Data prevista de

finalización Setembro 2017

Responsable Coordinador do Máster (Israel Sanmartín Barros)

Estado Finalizada

Código AM-3

Orixe Informe de Seguimento

Ámbito de

aplicación Criterio 3. Sistema de Garantía de Calidade

Análise causa Pouca participación nas enquisas de avaliación

Definición/

descrición

proposta

Fomento da participación das enquisas tanto por parte dos

docentes como do alumnado. O obxectivo é ter uns resultados

de avaliación con máis datos.

Datas Inicio: xaneiro 2017 / Finalización: xullo 2017

Estado/Eficacia Finalizada

Responsables Coordinador do Máster (Israel Sanmartín Barros)

Tarefa1 AM-3.1

Descrición tarefa

Mellorar a participación do alumnado a través de recordatorios enviados por correo electrónico.

Page 35: AUTOINFORME DE SEGUIMENTO · 1. DATOS DA UNIVERSIDADE E DO TÍTULO OBXECTO DE SEGUIMENTO Denominación do título Máster Universitario en Estudos Medievais Europeos: Imaxes, Textos

35 de 35

Data prevista de

finalización Xullo 2017

Responsable Coordinador do Máster (Israel Sanmartín Barros)

Estado Finalizada

Tarefa2 AM-3.2

Descrición tarefa

Mellorar a participación do profesorado a través de recordatorios enviados por correo electrónico.

Data prevista de

finalización Xullo 2017

Responsable Coordinador do Máster (Israel Sanmartín Barros)

Estado Finalizada