Download - Arte maior de Xosé Benito Reza - blog.xerais.gal · lás, son novelas ‘abeiradas a un xé- ... Infantes e os sete fillos, naqueles tempos de escuridade e medos da dura ditadura

Transcript
Page 1: Arte maior de Xosé Benito Reza - blog.xerais.gal · lás, son novelas ‘abeiradas a un xé- ... Infantes e os sete fillos, naqueles tempos de escuridade e medos da dura ditadura

LA REGIÓN 7

OURENSE

LUNES, 4 DE SEPTIEMBRE DE 2017

resolvendo, coa axuda dun capi-tán da Garda Civil. As casas e os espazos, a vida cotiá das xentes do tempo do Franquismo, queda plas-mado nas precisas descricións, nas que hai datos históricos e tamén arqueolóxicos. Na intriga das no-velas devalan os sentimentos dos personaxes, o mundo dinámico duns protagonistas e o do pobo, máis estático. Dramas rurais, e tensións, trufadas de ironía. Para especialistas, como Ramón Nico-lás, son novelas ‘abeiradas a un xé-nero que case denominaría como thriller rural’.

Velaquí o peso do tempo da ne-nez e adolescencia, xermolo da vi-da. A mirada de Reza detense na recreación daquel tempo dos no-sos maiores, dende a nostalxia que sentiu, ‘cando as portas xa non es-taban abertas’, pois como dixo, ‘a súa tía Gumersinda xa morrera’. E así, deulle vida un momentiño

Arte et aliaXABIER LIMIA DE GARDÓN

Arte maior de Xosé Benito Reza

As pinturas falan, e os ar-tistas contan historias con elas. Cando son quen de in-

suflarlle sentimento, transmiten emocións, coas liñas, a composi-ción e as cores. Delo tratamos nes-ta columna a meirande parte do ano, agás no tempo no que o Lo-renzo aperta. No frescor da costa dei en ler ‘Terradentro’ de Xosé Be-nito Reza, e foi como estar dian-te dos cadros dunha exposición. Mussorgsky fixera xa algo pareci-do coa música. O descubrimento do mundo a mediados do século pasado, que nos presenta o autor celanovés nas tres historias teñen equivalencia de arte, polos matices nas cores das leiras e campos que se transforman en paisaxe. A grada-ción de alturas, do val ata as pene-chairas, da súa orografía e vexeta-ción, a súa estrutura agropecuaria, disposta nunha orde por séculos, son esencia, e non recheo. Elo non pode estrañar, pois o autor é enxe-ñeiro de montes, mais tamén un estudoso da ornitoloxía, da histo-ria ou da astronomía, facianas que se deixan ver, e iluminan páxinas con atmosferas estimulantes. Esta maxia débese ao "seu galego lite-rario é abundancial e selecto a un tempo", en palabras de Xosé Luís Méndez Ferrín. ‘Berros no vento’ e ‘Casa grande de Ademourán’ son historias de ficción e misterio en espazos rurais. ‘O can do alcalde’ é a terceira, e discorre nunha vila.

Son aquelas unhas acaídas tra-mas de misterio, con un pivote que as une, o avogado Rial que con ti-no e sentidiño vainas desleando e

O autor de "Terradentro", Xosé Benito Reza.

a avoa Amadora de Vilanova dos Infantes e os sete fillos, naqueles tempos de escuridade e medos da dura ditadura coa casa de comidas, xentes fortes e rexas que encheron as terras do rural de Ourense, ou Galicia, nas súas aldeas e lugares, e que se está a esfarelar dende hai lustros diante dos nosos ollos. Esta terra ten aquí o centro nunha vila, Celanova, innomeada consciente-mente, como o velo mosteiro biei-to, na que o avogado Rial ten des-pacho diante dunha fonte nunha praza, e un café central, dende a que se vai cara Ademourán, por Acevedo, e ‘os fondais agarimosos do río Deva, onde pousa o lugar de Remuiños’ (Redemuíños tamén)... O cabo é un cuarto capítulo, excur-sus persoal no que rememora a súa vida, e familia, Terradentro, real-mente, pechando as paredes deste gran fresco ao xeito renacentista, cadrando o círculo.