128
EspazosANEXO
naturaisprotexidos
de Galicia
129
Avia
Tea
Xallas
Tám
ega
MIÑO
Arnoia
Bibei
MIÑ
O
MIÑO
Sil Sil
Limia
Lére
z
Ulla
Navia Tambre
Anllóns
EoEum
eSo
r
Umia
Mandeo
Illas Cíes
Illas deOns
Fragas do Eume
Serra daEnciñada Lastra
Baixa Limia-
Serra do Xurés
Monte Aloia
Illas Atlánticas
Illas deSálvora
O Invernadeiro
Illas de Cortegada
Complexo intermareal
Umia-O Grove, A Lanzada,
Punta Carreirón e
lagoa Bodeira
Complexo dunar de
Corrubedo e lagoas
de Carregal e Vixán
Lagoa e areal
de ValdoviñoRía de Ortigueira e Ladrido
Ría de Ribadeo
Praiadas Catedrais
Souto da Retorta
Costa de
Dexo
Fraga deCatasós
Pena Corneira
Carballada Rocha
Souto de Rozabales
Pregamento xeolóxico
de Campodola-Leixazós
Parque nacional
Parque natural
Monumento natural
Humidal protexido
0 100 200 300 km
130
Parque Nacional das Illas Atlánticas
O parque das illas atlánticas está formado por catro arquipélagos (Cíes, Ons, Cortegada e Sálvora) que se atopan nas proximidades da costa atlántica, nas Rías Baixas. Nelas hai unha gran variedade de ecosistemas mariños e te-rrestres.
Ecosistemas marítimo-terrestres
Illas Cíes
Illa de cortegada
Gaivotas na illa de Ons
131
O arborado dominante das illas Cies é o de eucalipto e piñeiro de repoboación, e o da frondosa illa de Cortegada son bosques de loureiros, carballos e piñeiros. A vexetación submarina de todo o parque caracterízase pola abundancia de es-pecies de algas que serven de soporte a unha rica comunidade de invertebrados.
Vexetación
A costa acantilada e recortada dos arquipélagos constitúe un hábitat moi favo-rable para o marisco (percebe, nécora, centola, boi, lumbrigante ou polbo), os peixes (sargo, robaliza, congro ou raia) e algún cetáceo (arroaz e marsopa).Tamén hai abundancia de aves mariñas, como gaivotas, corvos mariños, araos ou mascotos.
Fauna
Illas Cíes
Illa de cortegada
Rochas con algas nas illas CíesBosque de eucaliptos e piñeiros nas illas Cíes
Corvo mariñoGaivota patiamarela
132
Parque Natural Fragas do Eume
As fragas do Eume son bosques atlánticos moi ben conservados constituidos por diferentes árbores de folla caduca. O río Eume é o eixe do parque natural. As súas augas foron erosionando o val e nas súas beiras foron medrando os bosques
Ecosistema fluvial terrestre
133
Hai una poboación de mamíferos grande e diversa: lobo, raposo, leirón, corzo, xabaril, lontra, garduña, xeneta, porco teixo, gato bravo, toupa… Tamén abundan as aves forestais: ferreiriño, merlo, bufo real, peto real, pi-capeixe, paporrubio, merlo rieiro, miñato abelleiro ou falcón peregrino.
Os carballos e os castiñeiros son as árbores dominantes. Xunta elas conviven bidueiros nas terras difíciles e inclinadas, freixos, ameneiros e salgueiros nas beiras do río, e olmos, lourei-ros, abeleiras e acivros no bosque baixo. Nas zonas altas abundan as matogueiras de toxos, xestas e queiroas, e na ribeira húmida fieitos, musgos e liques.
Fauna
VexetaciónXuncos, ameneiros e salgueiros no río Eume
Garduña Miñato abelleiro
Bufo realXeneta
Fieitos na beira do río Eume
134
Parque Natural Serra da Enciña da Lastra
Este parque natural está situado ao nordeste da provincia de Ourense, na comarca de Valdeorras, e está caracterizado polas condicións climáticas me-diterráneas, cun período de seca no verán. A erosión do río Sil e outros rega-tos sobre as rochas calcarias ofrece unhas paisaxes inesquecibles de covas, grutas, cavorcos e canóns.
Ecosistema de montaña mediterránea
135
Nas covas do parque habitan grandes colonias de morcegos e nos rochedos áchase a maior concentración de aves rapaces de Galicia: aguia real, aguia cobreira, falcón peregrino...
A vexetación é un pouco estraña en Ga-licia porque ao arborado común suma outras especies mediterráneas: aciñeiras, sobreiras, rebolos, amendoeiras, olivei-ras, orquídeas; e matogueiras de tomi-ño, ourego ou lavanda.
Fauna
Vexetación
Lavanda
Sobreiras
Aguia cobreira
Morcego
Top Related