A Laracha dos nosos avós
GRUPO DE BIOLOXÍA E XEOLOXÍA 4º ESO 2010-2011IES AGRA DE LEBORÍS A LARACHA
Atopámonos cunha Laracha rural na
que todo xiraba arredor da terra.
Nas casas tradicionais de
pedra, a vida familiar facíase
arredor da lareira.
.
Cortes, alpendres e hórreos
fálannos dunha economía
labrega na que o gando tiña
unha importancia vital.
Bois e arados para traballar a terra, carros para
transportar as colleitas de trigo, millo, fabas,
patacas, …
Criábanse ademais porcos, galiñas, parrulos,
ovellas
Quen podía, non deixaba de ter unha vaca que dera leite
e unha besta, mulo ou burro como medio de transporte.
Os oficios gardaban relación directa coas
necesidades da vida no agro:
ferreiros
Cesteiros, muiñeiros, zoqueiros,…
Feiras, coma a de Paiosaco,
eran o lugar a onde acudían
labregos e artesáns para vender os
seus produtos e onde se podía
atopar todo o necesario para a
sinxela vida desa época.
As romarías constituían un punto de encontro e
diversión, un paréntese no duro traballo.
Contáronnos dos inicios
da mecanización do
traballo agrícola; do arado
de madeira pasárase ao de
ferro e máis tarde
aparecen os primeiros
tractores.
A moenda do gran xa non se realizaba só en muíños
de auga, os muíños eléctricos, como da Fontenova foron
unha alternativa innovadora.
Ademais dos cereais, as
repoboacións con piñeiros
converteron a madeira nun
valioso produto de exportación.
Oito serradoiros había no noso
concello.
Neste tempo, A Laracha constaba aínda dun
pequeno núcleo no cal xurdiron xa vivendas de
tipoloxía urbana, con pequenos comercios no baixo.
Na evolución posterior
foi determinante a
localización na estrada da
Coruña a Fisterra. O
trolebús revolucionou as
comunicación coas
cabeceiras da comarca e da
provincia.
As mulleres que quedaron
tiveron que facerse cargo da
familia e das terras.
A partires de 1960,
comezaron profundas
transformacións sociais e
económicas, cuxo motor foi
esencialmente a
emigración.
Na Laracha, os emigrantes transformaron a aparencia
das rúas erguendo edificios de pisos .
Acababa de aterrar a primeira febre do ladrillo, que
cambiaría a faciana do noso país e os modos de vida .
FINdunha época
As imaxes deste traballo proceden do libro
“UNHA VOLTA POLO PASADO” editado pola
AA VV A CUTAREIRA de A LARACHA
Top Related