Download - A ESPAÑA DO ANTIGO RÉXIME. A POBOACIÓN ESPAÑOLA NO … Imperio colonial marítimo español. • O inicio da crise política (1806-1807), débese a oposición dos fernandinos a

Transcript
Page 1: A ESPAÑA DO ANTIGO RÉXIME. A POBOACIÓN ESPAÑOLA NO … Imperio colonial marítimo español. • O inicio da crise política (1806-1807), débese a oposición dos fernandinos a

A ESPAÑA DO ANTIGO RÉXIME.

A POBOACIÓN ESPAÑOLA NO SÉCULO XVIII.

• Os primeiros Censos en España, son da época do Catastro de Ensenada (1749), Censo de Floridablanca (1787). Son recontos de poboación imprecisos, por fogares ou familias

• Asistimos a un período de crecemento demográfico: 7 millóns de hab (1715), 9 millóns (1750), 11 millóns (1787). Crecemento lento pero sostido sobre todo en Cataluña e Levante.

• Réxime demográfico antigo: altas taxas de natalidade (42%) e mortalidade (38%) e demortalidade infantil (25%). Diminución parcial da mortalidade catastrófica ( pestes,epidemias, guerras, crises de subsistencias).

•Hai unha elevadísima natalidade: necesidade de moita man de obra no campo.

• A crise de fin de século provoca o estancamento demográfico, pola reanudación das guerras exteriores (Francia e Inglaterra) e o alza de prezos do trigo (crises de subsistencias)

A ECONOMÍA AGRARIA E A PROPIEDADE DA TERRA.

•A agricultura era o sector fundamental na economía do Antigo Réxime.

• Características: atraso técnico (predominio do secaño sobre o regadío, barbeito, enerxía animal), escasa productividade, predominio dos cultivos cerealísticos (trigo, cebada, centeo) e autoconsumo (falta de mercados, malas comunicacións, aduanas e peaxes señoriais). Outro problema: o enfrontamento entre campesiños e gandeiros da Mesta.

•Consecuencias: as crises de subsistencias (adversidades climáticas, falta de excedentes).

• O réxime de propiedade é desigual: hai unha minoría de propietarios (nobreza, clero) fronte a maioría de campesiños (colonos, arrendatarios, xornaleiros).

• Importancia das amortizacións ou vinculacións da nobreza terratenente: os morgados, os bens de propios e baldíos ( uso comunal), os realengos e as terras da Mesta e Ordes Militares.

•Os impostos agrarios: o estatal, o eclesiástico (decimo) e o nobiliario (señorío xurisdiccional)

A ECONOMÍA URBANA: ARTESANÍA, MANUFACTURA E COMERCIO.

•Predominio da producción artesanal dispersa (gremios, obradoiros). Tecnoloxía arcaica.

Page 2: A ESPAÑA DO ANTIGO RÉXIME. A POBOACIÓN ESPAÑOLA NO … Imperio colonial marítimo español. • O inicio da crise política (1806-1807), débese a oposición dos fernandinos a

• Desarrollo incipiente das Manufacturas: privadas (tecidos) ou públicas (armas, estaleiros, productos suntuarios), tamén denominadas Manufacturas Reais.

• Foco inicial de industrialización en Barcelona: as indianas ou fábricas de teas de algodón americano. Iniciativa dos empresarios cataláns como producción de exportación.

• Escasa importancia do comercio interior pola debilidade da burguesía mercantil e fabril (ausencia de inversións) e as enormes trabas que o obstaculizaban e encarecían (aduanas, peaxes, deficiente rede de camiños).

•Dependencia enorme do comercio exterior americano e europeo (Francia, Inglaterra).

• A ausencia de inversións explica a inexistencia dunha rede bancaria ou de crédito. A excepción: o banco nacional de San Carlos (1782), de efímera duración.

A SOCIEDADE DO ANTIGO RÉXIME.

• Sociedad estamental baseada na tradición, o nacimento e a herdanza. Grupos sociais pechados e diferenciados en función da posesión ou non de privilexios.

•Os Privilexios (dereitos, exclusividades) dividen á sociedade en dous grandes grupos:

a) estamentos privilexiados: nobreza e clero; b) estamentos non privilexiados: tercer estado (burguesía, campesiños).

• Os Privilexiados teñen distintos estatutos xurídicos (tribunais diferentes, penas...), monopolio de cargos e funcións (administración e exército), privilexios sociais (tratamento de señor), formais (a honra) e económicos (exención de impostos, señorío xurisdiccional).

•Nobreza e clero: 1/3 da población activa, pero posuen 2/3 das terras cultivables.

•Grupos nobiliarios: os Grandes de España e os fidalgos (nobreza de segunda).

• O Clero: enorme número, inactivos e dependentes. Posuen fuero e tribunais propios (código canónico), exención fiscal e propiedades amortizadas (donacións). División entre o alto clero (obispos, abades), cun nivel de vida ostentoso, e baixo clero (párrocos rurais e simples monxes), moitos deles cunha vida miserable similar aos seus feligreses.

•Os non privilexiados son a gran maioría da poboación do país. Hai varios grupos:

• Os campesiños.- Son os principales contribuintes (impostos, señoríos). Divídense en propietarios libres, arrendatarios, colonos e xornaleiros.

Características: baixo nivel de renda, paro estacional, pobreza e analfabetismo (dependencia cultural do púlpito)

Page 3: A ESPAÑA DO ANTIGO RÉXIME. A POBOACIÓN ESPAÑOLA NO … Imperio colonial marítimo español. • O inicio da crise política (1806-1807), débese a oposición dos fernandinos a

• Os artesáns.- Población urbana agrupada en gremios. Conservadores ideolóxicamente e inimigos de cambios e do libre mercado.

• A burguesía.- Son comerciantes, fabricantes, prestamistas e intelectuais (ilustrados). Moi poderosos económicamente. Son partidarios de cambios drásticos que terminen co Antigo Réxime (reformismo ilustrado).

• Outros grupos minoritarios eran os traballadores fabriles, moi dispersos e desorganizados, os funcionarios e traballadores de servizos (conservadores) e os sectores marxinais (pobres, méndigos, enfermos), que vivían dla beneficencia eclesiástica ou nobiliar.

•Consecuencias da desigualdad social: as crises de subsistencias e os motíns (Esquilache).

A ORGANIZACIÓN POLÍTICA DO ANTIGO RÉXIME.

•Tres Estados dentro do Estado: monarquía absoluta, Igrexa e señoríos xurisdiccionais.

• Monarquía absoluta: concentración dos tres poderes no rei (lexislativo, executivo e xudicial). Soberanía de orixe divino. Participación política como privilexio e non como dereito(delegación do poder). Autoridade real indiscutible e absoluta.

• Administración Central: os Consellos Xerais (de Facenda, de Estado, da Inquisición) e osConsellos territoriais (de Indias, de Castela). Os Secretarios de Despacho ou “ministros”sustituen progresivamente aos Consellos no poder executivo.

• Administración territorial: Capitáns Xerais, Intendentes, Audiencias e Correxidores. Centralización borbónica (Decretos de Nueva Planta).

• Administración local: alcaldes e xusticias (nobleza señorial ou concellil), nas zonas rurais,e rexidores ou correxidores, nomeados pola Coroa nas grandes cidades.

• O absolutismo como un sistema político que convirte aos cidadáns en simples súbditos sen dereitos políticos.

• As Cortes, representación los diferentes estamentos, só se convocaban para xurar ao herdeiro da Coroa.

Page 4: A ESPAÑA DO ANTIGO RÉXIME. A POBOACIÓN ESPAÑOLA NO … Imperio colonial marítimo español. • O inicio da crise política (1806-1807), débese a oposición dos fernandinos a

O REINADO DE CARLOS IV (1789-1808).

OS GOBIERNOS DE FLORIDABLANCA E GODOY (1789-99).

• Carlos IV: rei de débil carácter, inepto para gobernar e dominado pola súa muller e os seus validos (Floridablanca e Godoy). As relacións persoais de Godoy coa raiña María Luisa de Parma inflúen nas decisións de goberno.

• Disolución das Cortes Xerais en 1789, polo estoupido revolucionario en Francia, peche de fronteiras, censura de libros e prensa, confiscación de propaganda revolucionaria. A contrarrevolución do ministro Floridablanca (1789-92).

• As intrigas nobiliarias continúan coa caida de Floridablanca e o ascenso de Aranda e Godoy (febreiro de 1792). Asistimos a unha política exterior inicial de neutralidade coa Francia revolucionaria e de enemistade con Inglaterra (disputa polas posesións americanas).

• O valemento de Godoy e las guerras con Francia e Inglaterra (1793-98),supoñen un fracaso ante Francia (Guerra dos Pirineos). Consecuencias: pérdas territoriais e ruina económica.

• Cambio de política en 1796: Primeiro Tratado de San Ildefonso, que renova os vellos Pactos de Familia con Francia. Intervención na guerra contra Inglaterra e nova derrota (1797), que supon novas perdas territoriais en América e a dimisión de Godoy en 1798.

• Ultimos intentos de reformas (1798-99): as primeiras desamortizacións e a enorme débeda estatal acumulada polas guerras en América ( 750 millons de reais de ingresos por 4100 millóns de débeda). Escasos éxitos da política económica e facendística.

A VOLTA DE GODOY, A ALIANZA CON NAPOLEÓN E O DESASTRE DE TRAFALGAR (1799-1807).

• Volta de Godoy e sumisión a Napoleón: Segundo Tratado de San Ildefonso (1800) e Guerra das Laranxas (1801) contra Portugal e Inglaterra, con triunfo franco-español.

• Nova guerra contra Inglaterra (1803-1805): derrota en Trafalgar e definitivo declive do Imperio colonial marítimo español.

• O inicio da crise política (1806-1807), débese a oposición dos fernandinos a Godoy. A situación social e económica do país é caótica cunha débeda enorme (7200 millóns de reais en 1808).

• A pérda de imaxe do réxime é continua co desprestixio de Godoy e dos reis e odescrédito das institucións ante o pobo. Sucédense as conspiracións dos fernandinoscontra o rei. O meior exemplo é o Proceso do Escorial e a mesquina actitude dopríncipe Fernando.

Page 5: A ESPAÑA DO ANTIGO RÉXIME. A POBOACIÓN ESPAÑOLA NO … Imperio colonial marítimo español. • O inicio da crise política (1806-1807), débese a oposición dos fernandinos a

O TRATADO DE FONTAINEBLEAU E O MOTÍN DE ARANXUEZ (1807-1808).

• O Tratado de Fointainebleau supón o sometemento da Corte española á nova potencia francesa, (Octubre de 1807), e a invasión de Portugal a través de España, respondendo ó bloqueo continental de Napoleón, pero tamén o inicio de ocupación da Península polo exército francés.

• O Motín de Aranxuez (marzo de 1808), supón o triunfo do complot fernandino provocando a abdicación de Carlos IV en favor do seu fillo Fernando e a destitución de Godoy.

• As Negociacións de Baiona (maio de 1808), culminan coas renuncias do rei español Carlos IV e do seu fillo o príncipe Fernando ao trono español en favor de Napoleón.

• O estoupido do conflito provoca os levantamentos populares do 2 e o 3 de Maio en Madrid, contra o exército francés e o inicio da Guerra da Independencia (1808-14).

•Fórmanse Xuntas Populares en toda España ao marxe do goberno ( e da nobreza), ante o vacío de poder, para coordinar a resistencia ante os franceses.

O REINADO DE FERNANDO VII (1814-33).

O SEXENIO ABSOLUTISTA (1814-20).

• Regreso de Fernando VII a España en marzo de 1814, aclamado polo pobo (“o Desexado”) eapoiado polos grupos privilexiados reaccionarios e o exército.

•Primeras medidas: abolición das Cortes e da Constitución de Cádiz.

• A reacción: Manifiesto dos Persas (principios ideolóxicos absolutistas). A alianza do altar (clero) e o trono (rei e nobreza).

• Os primeiros decretos de Maio confirman a anulación da lexislación ordinaria de Cádiz e arestitución das institucións do Antigo Réxime (Santa Inquisición, a Mesta, a Compañía deXesús) e dos dereitos xurisdiccionais.

•O Contexto internacional de restauración europea do Antigo Réxime (Congreso de Viena) axuda a restauración do absolutismo en España. A Santa Alianza eríxese como instrumento de cooperación e defensa mutua entre os estados absolutistas europeos (Austria, Prusia, Rusia e Inglaterra).

• Iníciase a represión fernandina, cos afrancesados e liberais, colaboradores de Xose Bonaparte, como principais víctimas (desterro e confiscación de bens).

• É unha etapa caracterizada pola inestabilidade, o caos e a incapacidade política da camarilla gobernante (clérigos e aristócratas reaccionarios).

Page 6: A ESPAÑA DO ANTIGO RÉXIME. A POBOACIÓN ESPAÑOLA NO … Imperio colonial marítimo español. • O inicio da crise política (1806-1807), débese a oposición dos fernandinos a

A situación económica.

• Crise económica: perda do mercado colonial e da producción agrícola e industrial. Consecuencias: tensión social e descontento campesiño (apoio a Riego). Quebra financeira do Estado polos excesivos gastos militares, reconstrucción do país e pasividad do gobierno ante a exención de impostos da nobreza.

•O papel do exército na política é cada vez máis decisivo : os guerrilleros e o reclutamento americano, posibilitan ós sucesivos pronunciamentos contra o rei.

• Os liberais “conspiradores” reúnense clandestinamente en círculos de exiliados (Sociedadessecretas masónicas). Os pronunciamientos militares surxen como oposición ao réxime absolutista fernandino.

•O triunfo do pronunciamiento militar de Riego (1820) provoca a restauración do sistema constitucional

O TRIENIO CONSTITUCIONAL (1820-23).

•Triunfo do golpe militar e xuramento da Constitución polo rei en Cádiz (marzo,1820).

• Continuación da inestabilidade gubernamental causada pola división en dous grupos entre os liberais: os moderados ou doceañistas e os radicais exaltados ou progresistas.

•Actitud involucionista do rei que solicita secretamente a intervención estranxeira.

• As Cortes aproban unha lexislación reformista máis favorable a burguesía que ao campesiñado, que retira o seu apoio ao novo réxime.

• Política relixiosa anticlerical: supresión da Inquisición, da Compañía de Xesús e Lei de Supresión de Monacais.

•Lexitimación da participación do exército na vida política.

• Reforma educativa establecendo un ensino secularizado e centralizado no Estado.

•Novos intentos de lexislar unha Contribución territorial única e directa.

• A Contrarrevolución: os Realistas de Urxel (guerrillas absolutistas) e os Cen Mil Fillos de San Luis (abril-outubro de 1823), devolven a rei pola forza o seu poder absoluto, sendo executados Riego e os seus partidarios.

A DÉCADA OMINOSA (1823-33).

• A “Volta atrás”, a reacción e a durísima represión ata 1825: toman o mando os ultrarreaccionarios a dereita de Fernando VII (futuros carlistas).

Page 7: A ESPAÑA DO ANTIGO RÉXIME. A POBOACIÓN ESPAÑOLA NO … Imperio colonial marítimo español. • O inicio da crise política (1806-1807), débese a oposición dos fernandinos a

•Decretos de Outubro, declarando nula toda a lexislación do Trienio.

•Creación dos seguintes organismos:

• Comisións Militares: procesamento e execucións da oficialidade liberal.

• Xuntas de Purificación: depuración de funcionarios de tendencia liberal (“caza de bruxas”)

• Xuntas de Fé: sustituen a Inquisición coa misma finalidade de censura.

• Voluntariado Realista: sustitue a Milicia Nacional ( “axustes de contas”).

• Moderación da política fernandina (a partir de 1825)ante a insostible situación económica do país: supresión da Inquisición, nomeamento de ministros reformistas, control do gasto.

• División do absolutismo en dous bandos: fernandinos ou absolutistas moderados e realistas ou absolutistas radicais (futuros carlistas).

• Continuación da crise económica e do problema facendístico: falta de vontade gubernativa (tema fiscal) de bases económicas (falta de inversión empresarial) e novos gastos militares (insurrección realista). Consecuencias: a bancarrota estatal.

• Os Realistas do Norte como principal foco de tensión: guerrilleiros, campesiños, militares descontentos e clérigos ultrarreaccionarios, publican o“Manifiesto dos Realistas Puros” e inician unha insurrección no Pirineo catalán) na que apoian como rei a don Carlos María Isidro.

•Reanudación das conspiracións liberais a partir de 1830 (Espoz y Mina, Torrijos).

• O caótico fin do reinado complícase co problema sucesorio. A Pragmática Sanción, que da o trono a Isabel, filla de Fernando (1830) provoca a oposición dos carlistas, partidarios da Lei Sálica. A morte de Fernando iniciase a Rexencia de María Cristina e odesterro a Portugal de Carlos.

• Morte do rei (setembro de 1833). Fin do absolutismo e inicio da primeira guerra carlista (1833-39).

A INDEPENDENCIA DAS COLONIAS DA AMERICA ESPAÑOLA.

• A pérda do Imperio colonial americano: oríxes no século XVIII (importancia da minoría crioula, política abusivamente colonialista da metrópole).

Page 8: A ESPAÑA DO ANTIGO RÉXIME. A POBOACIÓN ESPAÑOLA NO … Imperio colonial marítimo español. • O inicio da crise política (1806-1807), débese a oposición dos fernandinos a

• Difusión das ideas liberais en América a partir de principios do XIX seguindo o modelo norteamericano. Creación de Xuntas tras o inicio da Guerra da Independencia española.

• Inicio do movemento independentista en 1810 (Caracas, Buenos Aires, Santa Fé de Bogotá e Santiago de Chile), dirixido polas minorías ou élites crioulas. Fracaso pola división entre os revolucionarios e posterior represión dos dirixentes independentistas.

• Segunda fase independentista (1816-20). Rebelión das colonias do Sur (independencia de Arxentina e Uruguay, 1816) e do Norte (Chile, 1818 e Venezuela e Colombia, 1819), reavivada polo absolutismo fernandino e aproveitándose da creba económica e militar do Estado español.

• Tercera fase independista (1820-23). Consolidación das novas repúblicas e expulsión definitivadas forzas realistas (apoio inglés e norteamericano). Independencia de Perú en 1821: apoio das tropas americanas do Sur (José de San Martín) e do Norte (Simón Bolivar). Anexión de Quito a Gran Colombia (1822) e independencia de Bolivia (1824).

• Entre 1822 e 1825, independencia de Méjico e Centroamérica. Fin do proceso independentista. Fracaso posterior dos intentos de creación dunha federación suramericana (en torno a Arxentina) ou da Gran Colombia, seguindo o modelo estadounidense, a causa das tendencias rexionalistas e a división colonial en virreinatos.

A REXENCIA DE MARÍA CRISTINA: DO ESTATUTO REAL A CONSTITUCIÓN DE 1837.

• O Estatuto Real (Abril, 1834) é unha especie de Carta outorgada (concesión da Coroa) ou tímida apertura política do réxime cristino: Cortes bicamerais e sufraxio censatario moi restrictivo e indirecto (só 16.000 votantes).

• Reforma conservadora e discriminatoria para os liberais progresistas. Comezan as tensións sociais e políticas entre Gobierno (ministros moderados) e Cortes (diputados progresistas).

• Sustitución de Martinez de la Rosa y de Toreno por Mendizábal como xefe de gobierno (setembro de 1834).

• O Goberno Mendizábal (setembro,1834- Maio,1836): inicio da revolución liberal (ampliación do dereito ao voto, liberdade de imprenta e reforma da Facenda).

• Inicio da Desamortización: restablecimiento da Lei de Supresión de Conventos de 1820. Intentos de resolver o problema da débeda mediante unha reforma fiscal.

• Inestabilidade gubernativa: novo enfrontamento entre Goberno e Cortes e novospronunciamentos militares en 1836 que se extenden por todo o país.

• Motín da Granxa (agosto,1836): cambio de goberno e restablecemento da Constitución de Cádiz. Goberno dos progresistas.

Page 9: A ESPAÑA DO ANTIGO RÉXIME. A POBOACIÓN ESPAÑOLA NO … Imperio colonial marítimo español. • O inicio da crise política (1806-1807), débese a oposición dos fernandinos a

• Novas leis con tres obxectivos básicos: instaurar o liberalismo, ganar a guerra aos carlistas e elaborar unha nova Constitución.

• Restablecemento da lexislación de Cádiz e do Trienio (abolición do réxime señorial, do morgado...,e reanudación da reforma fiscal e da desamortización).

• Constitución de 1837: soberanía nacional, poder executivo cun papel decisivo do rei (concesión aos moderados), dúas Cámaras (Senado e Deputados) e sufraxio censatario.

• Alternancia política: victoria dos moderados nas eleccións de 1837. Continuación da inestabilidade política nas cámaras e popular nas rúas con continuos enfrontamentos entre moderados e progresistas.

• Fin da Guerra Carlista (victoria de Espartero) e fin do consenso moderados-progresistas: Lei de Concellos, como colofón do enfrontamento entre ambos grupos.

• Nova insurrección militar progresista en todo o país (setembro,1840). Intervención de Espartero e renuncia de Maria Cristina como rexente (Octubre,1840).

A REXENCIA DE ESPARTERO E A REACCIÓN MODERADA (1840-44).

• Rexencia de Espartero (Maio,1841-Agosto,1843). Exilio de María Cristina e instauración dun réxime personalista e militarista.

• Creación de numerosos opositores a súa política: división dos progresistas entre radicais democráticos (populares) e moderados burgueses (propietarios) e intrigas dos cristinos desde o exilio parisino.

• Fracaso total da política económica: oposición dos industriais téxtiles cataláns ao libre comercio con Inglaterra e ao centralismo de Espartero. Insurrección popular en Barcelona e posterior represión por parte do goberno (finales de 1842).

• Espartero contra todos (moderados e progresistas). Insurrección xeneralizada no verán de 1843, que conduce ao xeneral ao exilio en Londres.

• As Cámaras proclaman a Isabel II como raiña a pesar da súa minoría de idade (novembro de 1843). O Xeneral Narváez (líder da Revolución de Agosto), é o novo home forte.

• Influencia dos moderados (maioría nas Cortes) na Raiña. Inicio da represión contra os progresistas: gobernos González Bravo (decembro,1843) e Narváez (Maio,1844).

O BIENIO PROGRESISTA (1854-56).

•Protagonistas da revolución de 1854: os xenerais O’Donell e Espartero (a Vicalvarada).

Page 10: A ESPAÑA DO ANTIGO RÉXIME. A POBOACIÓN ESPAÑOLA NO … Imperio colonial marítimo español. • O inicio da crise política (1806-1807), débese a oposición dos fernandinos a

• O Manifiesto de Manzanares: publicado por Cánovas del Castillo en xullo de 1854, tenun carácter progresista e revolucionario e apoiado polos militares progresistas.

• Isabel II nomea en Xullo, xefe de goberno a Espartero e ministro da guerra a O’Donell

que aproban novas medidas progresistas (lei de Milicias, lei Municipal de 1822-23).

• Aparición dunha nova forza política: a Unión liberal, partido ou coalición de Centro que agrupa a moderados aperturistas e progresistas moderados. Gañan as eleccións en 1854.

• A oposición: demócratas (Pi Margall) e republicanos (Castelar), utilizan como instrumentos de loita: as cátedrasey a prensa, debido a súa marxinación electoral e parlamentaria.

• O goberno de coalición unionista-progresista representa ás clases medias pero non ás populares. Principales medidas de goberno: a) Constitución progresista de 1856, b) Leis desamortizadoras, c) Leis de Ferrocarris de 1855 y d) Leis de sociedades Bancarias(1856).

• Constitución progresista de 1856: soberanía nacional, dereitos individuais (liberdade relixiosa e de imprenta), control da Coroa e do goberno polas Cortes, Concellos e Deputacións electivos, Senado electivo e restablecemento da Milicia Nacional.

• Segunda desamortización (1855): Lei Madoz. Expropiación e posterior venta en subasta pública de todas as propiedades amortizadas pertencentes ao Estado, Igrexa e Municipios;

completando así a anterior de Mendizábal (1837).

• Lei de Ferrocarrís (1855): promovela construcción ferroviaria mediante ventaxas estatales e subvencions fiscais. Supuxo a creación de grandes fortunas pero beneficiou máis aos inversores estranxeiros que aos nacionais.

• Lei de Sociedades Bancarias (1856): busca facilitar a inversión ferroviaria e fomentala entrada de capitais para crear un mercado financeiro moderno (euforia bolsística).

• Aspectos negativos do bienio: a inestabilidade e o enfrontamiento social (conflitos laborais en Barcelona, motins agrarios en Castela). Respostas gubernativas: a represión militar e da Garda Civil (execucións de obreiros). Fin do progresismo.

-Dimisión de Espartero. O’Donell recibe o encargo da raiña de formar goberno.

O GOBERNO DA UNIÓN LIBERAL (1856-68).

• A Unión Liberal é un partido conservador, defensor da orde. Membros máis destacados son: os militares O’Donell e Serrano e Cánovas del Castillo.

Page 11: A ESPAÑA DO ANTIGO RÉXIME. A POBOACIÓN ESPAÑOLA NO … Imperio colonial marítimo español. • O inicio da crise política (1806-1807), débese a oposición dos fernandinos a

• Outubro de 1856: Narváez volve ao goberno e anula todas as leis progresistas (liberdadede imprenta, desamortizacións). Política represiva sobre as asociacións obreiras ante acrise e as malas colleitas de 1856-57.

• Primeiro período de goberno (1856-63): etapa de certa prosperidade económica e especulativa (política de obras públicas e construcións ferroviarias, aparición e crecemento dos bancos e sociedades de crédito,e expansión industrial do téxtil catalán e da siderurxia vasca e asturiana). Alternancia do goberno entre os xenerais O’Donell e Narváez.

• Leis máis importantes: Lei de Instrucción Pública o Lei Moyano (1857), 1° Censo de poboación (1857), novo sistema electoral (inicio do sistema caciquil da Restauración).

•Problemas internos: sublevación carlista (1860) e motins campesiños (1861).

-Política exterior débil e condicionada aos intereses estranxeiros (potencia en decadencia sin colonias). Inicio do intervencionismo en Marrocos e Centroamérica (1858-63).

•Segundo período de goberno (1863-68): crise final do reinado.

POBOACIÓN E SOCIEDADE DAESPAÑA ISABELINA.

A POBOACIÓN ESPAÑOLA NA 1ª METADE DO SÉCULO XIX.

Page 12: A ESPAÑA DO ANTIGO RÉXIME. A POBOACIÓN ESPAÑOLA NO … Imperio colonial marítimo español. • O inicio da crise política (1806-1807), débese a oposición dos fernandinos a

• Gran crecemento demográfico en todo o século: dos 11 millóns de hab. en 1797 aos 15 en1857. A tasa de crecemento anual pasa dun 4%(1833) a un 6´5% (1857).

-Causas: inicio do desenvolvemento económico e fin da guerra carlista.

• Crecemento inferior á media europea. Obstáculos ao crecemento: elevada mortalidade (27´2%), e crises periódicas de subsistencias (1817, 1823-25, 1837,1847,1856-57, 1867-68).

• Causas da elevada mortalidade: as guerras do primeiro terzo do século e as epidemias infecciosas (cólera e tuberculose sustituen a variola e a febre amarela do XVIII, xunto a gripe e o sarampelo).

A tuberculose é “a enfermidade da clase traballadora” polas súas penosas condicións de vida (subalimentación, falta de sanidade e hixiene nas vivendas, contaminación das fábricas).

• Causas das crises de subsistencias; malas colleitas, pouca produtividade, falta dunha reforma agraria, política proteccionista.

• Inicio da emigración ao estranxeiro a partir da Lei de 1853. Destinos: América (Brasil eArxentina) e África (Arxelia). Emigrantes de condición humilde (campesiños e artesáns).

• Inicios dunha moi tímida lexislación social e de melloras hixiénicas de escaso éxito polo analfabetismo da poboación.

A SOCIEDADE ISABELINA.

• Sociedade de clases, sen privilexios e cun sistema político baseado no igualitarismo legal, ainda que dentro todavía dun país agrario (82% da poboación) e con arcaísmos.

• División da sociedade en tres grandes grupos: a clase dirixente, as clases medias e os sectores populares.

1.- Clase dirixente.- Acapara os centros do poder político: Goberno, Congreso e Senado, maxistraturas xudiciais, xeneralato, alcaldías. Mantén un nivel de vida altísimo.

• Vella aristocracia. Perde privilexios e señoríos xurisdiccionais pero aumenta a súa riqueza coa compra de terras desamortizadas. Ten grande influencia na Corte, política e exército.

Adoita a fusionarse coa burguesía (inversións en bolsa, banca e ferrocarril).

Poden incluirse neste grupo, as altas xerarquías do clero e da administración, que apoian a élite no poder e son membros da nobreza terratenente.

Page 13: A ESPAÑA DO ANTIGO RÉXIME. A POBOACIÓN ESPAÑOLA NO … Imperio colonial marítimo español. • O inicio da crise política (1806-1807), débese a oposición dos fernandinos a

• Alta burguesía. Hai varios grupos que van desde a burguesía terratenente (rendistas da desamortización) á burguesía comercial (cidades costeiras), financeira (banqueiros, prestamistas), industrial (donos de fábricas de Bilbao e Barcelona) e profesional (funcionarios, intelectuais, profesionais liberais, dirixentes políticos).

2.- Clases medias.- Poseen unha ideoloxía conservadora, vida austera, partidarios do rigor moral, a orde e a propiedade. Identificados coa vida burguesa e alonxados dos sectores populares. Sectores pasivos na política (sen voto). Escasa cultura.

Hai varios grupos: pequenos propietarios rurais (campesiños acomodados), oficiais do exército, funcionarios e profesionais de segundo nivel (profesores), pequenos empresarios (donos de obradoiros) e pequenos comerciantes.

3.- Clases populares.- Son a gran maioría da poboación e hai que distinguir varios grupos.

• Campesiñado. Son o 80% da poboación. Caída do seu escaso nivel de vida pola desamortización (perda de terras comunais e contratos máis gravosos). Tendencia a unha gradual radicalización de posturas pese o seu tradicionalismo e analfabetismo.

• Artesanado. Conservadores e inimigos do libre mercado. Apoian ao terratenente eson numerosos debido á escasa industrialización.

• Traballadores de servizos. En expansión, sobre todo nas grandes cidades (administración, sociedades financeiras). Criados da burguesía (servizo doméstico). Conservadores.

• Proletariado. Escaso número. Concentrados en Cataluña a partir do éxodo rural de 1830. Condicións de vida moi duras tanto no traballo como na vivenda. Ausencia inicial de conciencia de clase e apoio ao proteccionismo patronal ata os anos 30.

Anos 30: inicio do ludismo en Barcelona. Anos 40: creación das primeiras asociaciónsmutualistas e inicio do socialismo utópico. Fracaso de ambos movementos.

Anos 50: creación da prensa obreira (partido democráta) e inicio do asociacionismo obreiro (disturbios de 1848) e das revueltas en Barcelona (1855). Represión gubernamental e

execucións. Aprobación ese mesmo ano da Lei do Traballo, exemplo de “política

laboral progresista”.

Anos 60: politización do movemento obreiro. Apoio a demócratas e republicanos e participación na revolución do 68, de resultado frustrante e decepcionante.

Anos 70: inicio do apoio ao socialismo e da organización do sindicalismo obreiro.

CAMBIOS ECONÓMICOS E SOCIAIS DA REVOLUCIÓN LIBERAL.

Page 14: A ESPAÑA DO ANTIGO RÉXIME. A POBOACIÓN ESPAÑOLA NO … Imperio colonial marítimo español. • O inicio da crise política (1806-1807), débese a oposición dos fernandinos a

• Eliminación definitiva da vinculación e do morgado, recollendo a lexislación de 1820.

•A abolición do réxime xurisdiccional e de todos os dereitos señoriais.

• Liberdade de cercamento de terras e da comercialización de produtos agrarios (liberdade de prezos). Fin do comunalismo.

•Supresión do décimo eclesiástico.

• Eliminación das probas de limpeza de sangue e de nobreza para acceder ao Exército ou aAdministración.

• Prohibición dos gremios e liberdade de industria.

Supresión das aduanas interiores e restricción dos fueros vascos (apoio dos vascos ao carlismo).

• Reorganización administrativa de Javier de Burgos (1833): centralización administrativa E división estatal en 48 provincias (las actuales). Creación das Diputacións e dos Gobernadores Civís.

O SEXENIO REVOLUCIONARIO (1868-74).

Page 15: A ESPAÑA DO ANTIGO RÉXIME. A POBOACIÓN ESPAÑOLA NO … Imperio colonial marítimo español. • O inicio da crise política (1806-1807), débese a oposición dos fernandinos a

A REVOLUCION GLORIOSA (SETEMBRO DE 1868).

•Os precedentes ou causas da revolución son económicas (crise industrial, bolsística, agraria e facendística), e políticas (descrédito da monarquía isabelina).

• A oposición liberal fórmase no Pacto de Ostende (progresistas, demócratas, republicanos e unionistas). Apoio das clases populares e dos dirixentes obreiros á Revolución.

• A Revolución Gloriosa é un pronunciamento militar máis e non unha revolución popular, cuxos líderes son os xenerais do exército: Serrano (unionista), Prim (progresista) e Topete (moderado).

• Principais episodios bélicos: a sublevación da escadra do almirante Topete en

Cádiz(17-IX), e a victoria militar do xeneral Serrano sobre as tropas gubernamentais

en Alcolea (28-IX) traen como consecuencia o abandono de Isabel II do país (29-IX).

O GOBERNO PROVISIONAL (Outubro 1868-Xuño 1869).

• Constitución dun Goberno Provisional (Outubro de 1868), presidido por Serrano e con Prim eSagasta como ministros da Guerra e da Gobernación. Primeiras medidas: atemperar a revolución e garantir a orde social.

• Convocatoria de eleccións a Cortes Constituíntes (Xaneiro de 1869). Sufraxio universal masculino (só abarcaba a un 24% da poboación total).

• Forma de Estado: ¿Monarquía ou República?. Gran división entre o goberno unionista-progresista e a oposición demócrata-republicana. Triunfo do bloque monárquico nas eleccións (pero con maioría republicana nas cidades).

• Elaboración da Constitución democrática de 1869 (a primeira da nosa historia): soberanía nacional, Estado monárquico democrático e parlamentario, total división de poderes (Cortes bicamerais, poder lexislativo e o Rei só executivo a través dos ministros), extensa declaraciónde dereitos (sobre todo individuais), sufraxio universal (pero Senado conservador de elección indirecta) e liberdade de cultos pero mantendo o Estado o culto e o clero católicos.

A REXENCIA DE SERRANO (Xuño 1869-Decembro 1870).

• Novo goberno: Serrano como rexente e Prim como presidente do goberno. Primeiros obxecvtivos; a estabilización do réxime (unión de todos os partidos políticos), desenrolo da Constitución e búsqueda dun candidato ao trono de España.

Page 16: A ESPAÑA DO ANTIGO RÉXIME. A POBOACIÓN ESPAÑOLA NO … Imperio colonial marítimo español. • O inicio da crise política (1806-1807), débese a oposición dos fernandinos a

• Os problemas do novo réxime: a desunión entre os diferentes partidos políticos, cun enfrontamento entre o goberno de maioría progresista-demócrata e unha oposición dereitista (militares, conservadores isabelinos) e republicana.

• Publicacións de novas leis máis progresistas entre 1869 y 1870: Novo Código Penal máis benigno, Lei sobre o matrimonio civil (moi contestada pola Igrexa).

Reformas económicas: reforma da Facenda, eliminación de aranceis (política de librecambismo que enfronta a goberno e industriais cataláns) e reforma monetaria (emisión por parte do Banco de España da peseta como nova moneda nacional).

• Continuación das tensións sociais: revoltas campesiñas (Andalucía) e urbanas, protagonizadas por obreiros e republicanos radicais ou federalistas. Fracaso e represión por parte do goberno.

• Problemas exteriores: insurrección en Cuba (Outubro do 68) e guerra civil (1868-78),cuxas consecuencias son unha nova hipoteca da Facenda e o impopular aumento daslevas ou reclutamentos militares e dos impostos nacionais (exasperación das masas).

• O Xeneral Prim inicia a búsqueda dun rei: o elexido, Amadeo de Saboia (fillo do rei de Italia, Victor Manuel), que chega a España o 30 de decembro de 1870 e se encontra coa noticia do asasinato de Prim, o seu principal valedor, tres días antes.

O REINADO DE AMADEO DE SABOIA (1871-73).

• Reinado caótico que culmina nun completo fracaso por varias causas: a) débil personalidadedo monarca; b) a morte de Prim (home forte do réxime) e c) a oposición de case todos ospartidos políticos a un rei estranxeiro, descoñecedor do idioma e das costumes hispanas.

•Os grupos sociais opostos ao rei eran os seguintes:

1.- Os aristócratas e terratenentes, identificaban ao novo rei co sistema democrático que acabara co seu dominio e apoiaban a restauración borbónica na persoa de Alfonso, cuxo principal valedor era Cánovas del Castillo.

2.- A burguesía industrial, oposta á política librecambista do goberno, tamén se fai alfonsina.

3.- O alto clero, oponse a casa Saboia, pola anexión forzosa do Vaticano polo novo Estado italiano (cuxo rei era Victor Manuel, padre de Amadeo). O clero baixo segue apoiando a causacarlista.

4.- Os carlistas, que inician en 1872 a terceira guerra do século contra os liberales.

5.- Os republicanos, opostos a todo tipo de monarquía e cun gran apoio popular, ainda quemoi divididos políticamente.

Page 17: A ESPAÑA DO ANTIGO RÉXIME. A POBOACIÓN ESPAÑOLA NO … Imperio colonial marítimo español. • O inicio da crise política (1806-1807), débese a oposición dos fernandinos a

• O panorama pois, é desolador, e confirma un reinado tremendamente inestable (6 gobernos e 3 eleccións xerais), cun abstencionismo cada vez maior. Os problemas acentúanse coa división do partido progresista, trala muerte do seu líder Prim, entre os radicais de Zorrilla e os constitucionais moderados de Sagasta.

• En 1872 prodúcese un empeoramento da situación a causa de dous conflitos bélicos: o agravamiento da guerra de Cuba e unha nova insurrección carlista no País Vasco e Cataluña. Xunto a eles a revolta do republicanismo federal en Ferrol e a ameaza do crecente movmento obreiro que culmina coa prohibición da AIT e das asociacións obreiras.

•O 11 de Febreiro de 1873, prodúcese a abdicación de Amadeo de Saboia ante as Cortes.

A I REPÚBLICA (1873-74).

•Proclamación anticonstitucional da República o mesmo día da abdicación do rei.

• Estanislao Figueras, republicano moderado, elexido xefe do executivo polos deputados radicais, con Pi y Margall como ministro de Gobernación (enfrentamentos continuos entre a minoría republicana que controla o goberno e a maioría progresista radical nas Cortes).

• A situación da República é caótica: continuación da crise económica dos 60, escasos apoiossociais e internacionais e oposición de case todolos partidos políticos (os carlistas, alfonsinos, progresistas moderados ou sagastinos e progresistas radicais), ademáis da división entre os propios republicanos (unionistas moderados fronte a federalistas radicais).

• Continuación das tensións sociais: novos levantamentos campesiños en Andalucía e federalistas en toda España, duramente reprimidos polo goberno republicano, o que lle resta o apoio popular.

• Os progresistas radicais, apoiados por militares como Topete e Pavía, intentan varios golpes de Estado contra o réxime republicano, totalmente illado.

• Eleccións de Maio de 1873: vitoria republicana por aplastante maioría, pero moi enganosapolo elevadísimo abstencionismo (60%). Proclamación da República federal como formade Estado e redacción e debate dunha nova Constitución.

•Xuño de 1873: dimisión de Figueras e nomeamento de Pi y Margall como novo presidente.

A Constitución de 1873.- Proclamación dunha República confederal (17 estados e os territorios de ultramar, cada un coa súa propia constitución), seguindo o modelo estadounidense, cun Presidente con grandes competencias pero nomeado polo Goberno (poder executivo), e unhas Cortes bicamerais pero ambas de elección directa (poder lexislativo)cun poder xudicial, dirixido polo Tribunal Supremo con tres maxistrados de cada Estado.

Page 18: A ESPAÑA DO ANTIGO RÉXIME. A POBOACIÓN ESPAÑOLA NO … Imperio colonial marítimo español. • O inicio da crise política (1806-1807), débese a oposición dos fernandinos a

En cada Estado, os municipios tíñan a súa propia Constitución local e a súa división de poderes: Concello (lexislativo), alcalde (executivo) e tribunais locais (xudicial).

Hai una ampla declaración de dereitos (como en 1869), pero destacando o dereito de asociación e a afirmación dun Estado laico, sen ningunha preferencia cara a Igrexa católica

A Constitución tramitouse pero non chegou a ter vixencia polo inicio dun novo proceso revolucionario que acabou afundindo a República: a insurrección cantonalista.

O Cantonalismo (Xullo de 1873).- Tres feitos desencadenan de novo o caos e a anarquía en España: a folga xeral da AIT en Alcoy (duramente reprimida polo goberno), a sublevación de grupos federalistas en varias cidades do sur e o Mediterráneo proclamando o cantonalismo (Cartaxena, Valencia, Cádiz, Sevilla) e o avance do carlismo cara o Sur.

Prodúcese a dimisión de Pi y Margall e o nomeamento de Nicolás Salmerón, liberal moderado, como presidente (18 de Xullo), o que supón un xiro cara a dereita e o restablecemento da orde, co apoio do exército para acabar co cantonalismo (xenerais Pavía e Martínez Campos), e o establecemento da pena capital ante a demanda das clasesmedias burguesas e dos gobernos estranxeiros.

O 5 de Setembro, dimite Salmerón e é nomeado presidente da República, Emilio Castelar,home de gran prestixio e de talante autoritario e conservador, que conta co apoio dasclases altas e medias do país e que é partidario dun Estado forte.

É o período da República unitaria (setembro 1873-Xaneiro 1874), no que se reforzan as medidas represivas e militaristas por parte dos xenerais alfonsinos, que acaban coas revoltas carlista e cantonalista (Xaneiro de 1874, cae Cartaxena, o último cantón resistente).

Suspéndense dereitos constitucionais e Castelar obten poderes extraordinarios das Cortes, suspendendo temporalmente as súas sesiones ante a oposición federalista.

O 2 de Xaneiro de 1874 reábrense as Cortes e a maioría da Cámara (federalistas, monárquicos e conservadores) votan un cambio de goberno pero a intervención do xeneral Pavía disolvendo o Congreso acaba co experimento republicano, nomeando un goberno de emerxencia dirixido polo xeneral Serrano.

O movemento obreiro.- O Sexenio significou para o movemento obreiro español, unha clara toma de conciencia política e organizativa a través da súa afiliación a Internacional (AIT),así como o momento de asimilación das principais corrientes ideolóxicas do mundo obreiro europeo (anarquismo e marxismo), e a súa introdución en determinadas rexións españolas.

Os feitos máis importantes na evolución do movemento obreiro no Sexenio foron:

Page 19: A ESPAÑA DO ANTIGO RÉXIME. A POBOACIÓN ESPAÑOLA NO … Imperio colonial marítimo español. • O inicio da crise política (1806-1807), débese a oposición dos fernandinos a

• 1868: Fanelli, enviado da AIT a España por Bakunin (dirixente anarquista), organiza a sección española da Internacional seguindo as tesis anarquistas, creando dúas sedes en Madrid e Barcelona. Aparecen novos periódicos obreiros.

• 1870: celebración do primeiro Congreso da Internacional española en Barcelona, cunha claraorientación anarquista.

• 1871: influxo negativo da Comuna de París en toda a burguesía europea; represión eprohibición da AIT e do movemento obreiro (goberno de Sagasta).

• 1872: Congreso de Zaragoza, novo triunfo das teses anarquistas defendidas por dirixentes obreiros cataláns, valencianos, aragoneses e andaluces, fronte ao núcleo madrileño marxista, fundado por Lafargue e liderado por Pablo Iglesias, que será expulsado do Congreso, producíndose a primeira división do movemento obreiro español.

•1873: apoio do movemento obreiro ás folgas xerais e ao cantonalismo federalista.

• 1874: disolución da AIT polo goberno de Serrano pola súa participación e apoio ao radicalismo cantonalista. O paso á clandestinidade.

Balance do Sexenio democrático.- O balance deste período é claramente negativo, sobre todo durante o período republicano pola falta de apoios ao réxime e pola excesiva radicalización dos grupos populares (campesiños, obreiros, republicanos federalistas) que impediron levar adiante calquera tipo de medida gubernativa.

O período que se inicia en 1875, é unha volta ao pasado, ao dominio político da élite liberal e conservadora, herdeira dos vellos partidos moderado e progresista, e a restauración da monarquía borbónica (na persoa de Alfonso XII), que a través de mecanismos como a manipulación electoral e o caciquismo, conseguirá unha certa estabilidade política para o país, só alterada por sucesos como a guerra de Cuba e o desastre do 98, ademáis do crecenteimpulso do movemento obreiro e dos nacionalismos.

A RESTAURACIÓN (1875-1902).

O RETORNO DOS BORBÓNS (1874-75).

• Xaneiro de 1874: golpe do xeneral Pavía e disolución das Cortes. Establecemento dun réxime militar presidido por Serrano, que acábase convertindo nunha ditadura persoal sen un proxecto político claro.

Page 20: A ESPAÑA DO ANTIGO RÉXIME. A POBOACIÓN ESPAÑOLA NO … Imperio colonial marítimo español. • O inicio da crise política (1806-1807), débese a oposición dos fernandinos a

• A alta burguesía e la clase media únense en torno a causa alfonsina, liderada polo político conservador Cánovas del Castillo, que trala firma por Alfonso XII do Manifesto de Sandhurst, garantindo unha monarquía constitucional e democrática, prepara a súa volta de maneira pacífica e sen intervención militar.

• Un novo pronunciamento militar, o de Martínez Campos en Sagunto a favor do monarca, endecembro de 1874, acelera os acontecementos, sendo proclamado rei Alfonso XII.

• Alfonso XII confía a dirección do goberno a Cánovas, cuxos primeiras obxectivos son: a eliminación do radicalismo do sexenio, a xestación dunha nova constitución (a séptima do século) e a pacificación de Cuba e do Norte peninsular.

• As primeiras medidas de goberno de Cánovas supoñen unha certa regresión ou volta aopasado, pero sen romper definitivamente cos revolucionarios do 68, para conseguir queaceptaran a Monarquía e o novo proxecto constitucional (política do “pao e a cenoria”).

EVOLUCIÓN POLÍTICA DO SISTEMA DA RESTAURACIÓN (1876-1902).

EVOLUCIÓN POLÍTICA (1876-85): O TURNISMO E A ALTERNANCIA.

• Funcionamiento do sistema mediante a alternancia pacífica de dos partidos no poder: o liberal (Sagasta) e o conservador (Cánovas).

•Obxectivos do sistema: a estabilidade parlamentaria. Modelo: o bipartidismo británico.

• Período inicial, 1876-80: goberno do partido conservador ou canovista, defensor da Monarquía, da orde social e da propiedade.

• Medidas de goberno centralistas. Reformas administrativas e de control estatal dos dereitos constitucionais:

• Unificación legal de todo o país: abolición dos fueros vascos (impostos, reclutamento).

• Control e limitación dos dereitos individuais: censura de prensa (1876) e Lei de Imprenta (1879), onde prohibíase calquera crítica á Monarquía ou ao sistema, con peches de periódicos e restricción da liberdade de cátedra nas Universidades (expulsión ou abandono dos seus puestos de profesores, como Castelar).

• Elección dos municipios de máis de 30 mil habitantes e das Deputacións pola Coroa. Control dos alcaldes polos Gobernadores Civís (1876).

• Sufraxio censatario, moi restrictivo (1878), só votaba un 5% da poboación.

• Control gubernamental das liberdades de reunión e asociación ata 1880 y 1887. Prohibición dos sindicatos e asociacións obreiras desde 1874.

Page 21: A ESPAÑA DO ANTIGO RÉXIME. A POBOACIÓN ESPAÑOLA NO … Imperio colonial marítimo español. • O inicio da crise política (1806-1807), débese a oposición dos fernandinos a

• Os liberais sagastinos (ex- unionistas e progresistas): a alternativa ao partido conservador e oposición moderada promonárquica.

•Primeiro período de goberno liberal, 1881-84; reformas progresistas pero moi tímidas:

• Anulación dos límites aos dereitos individuais: maior liberdade de expresión (fin dacensura e da prohibición das asociacións obreiras, amnistía aos presos e represaliadosrepublicanos, liberdade de cátedra), pero sen restablecer o sufraxio universal.

• Recesión económica de 1882-84 e fin do gobierno liberal. Protestas sociais e disturbios: as folgas socialistas en Madrid, os pronunciamentos republicanos e os sucesos da Mano Negra no campo andaluz (anarquistas). Represión do goberno de Sagasta ás protestas.

•1884: volta dos conservadores e das medidas represivas.

EVOLUCIÓN POLÍTICA (1885-1902): O PACTO DO PARDO E

MANIPULACIÓN DO SISTEMA ELECTORAL.

• O funcionamiento do sistema: a adulteración electoral e o falseamento democrático. Aalternancia gubernativa en función da conveniencia política e non da elección popular.

• As eleccións “amañadas” dende o Ministerio da Gobernación (o “encadramento”): a fraude electoral baseada nun acordo previo entre os dous partidos turnistas (goberno e oposición) e a elección do novo goberno pola Coroa.

•O caciquismo local como elemento fundamental do proceso de manipulación electoral.

• A Rexencia de María Cristina (1885-1902), trala morte de Alfonso XII: o Pacto do Pardo e aconsolidación do turnismo pacífico. Maior estabilidade pero tamén maior corrupciónpolítica e falseamento da vontade popular.

• Goberno liberal de Sagasta (1885-90): o Parlamento Longo. Amplias reformas sociais: liberdad de asociación (1887), xuicio por xurados (1888) e sufraxio universal (1890).

• Os inicios da crise do sistema restaurador (1890-95): o despertar do movemento obreiro e dosnacionalismos catalán e vasco. O problema cubano (1892-95).

DEMOGRAFÍA, ECONÓMIA E SOCIEDADE DA RESTAURACIÓN.

A EVOLUCIÓN DEMOGRÁFICA (1885-1902).

• A España da Restauración ofrece un crecemento demográfico máis lento que o do período anterior e que o europeo (de 16,6 millóns de hab. en 1877 a 18 en 1900).

Page 22: A ESPAÑA DO ANTIGO RÉXIME. A POBOACIÓN ESPAÑOLA NO … Imperio colonial marítimo español. • O inicio da crise política (1806-1807), débese a oposición dos fernandinos a

• Causas: a) mantemento de altas taxas de mortalidade en contraposición aos paises máis avanzados (hambrunas, epidemias de cólera como a de 1885, enfermedades infecciosas como producto das malas condicions hixiénicas e sanitarias e víctimas das guerras carlista e cubana e; b) os movementos migratorios, tanto internos (núcleos urbanos de Barcelona, Madrid, Bilbao e Valencia, como externos (emigración a Latinoamérica e Norte de Africa).

A EVOLUCIÓN SOCIAL.

• Continuación da realidade social herdada da época isabelina, coa consolidación da burguesía ( industriais vascos e cataláns) e o crecemento do sector obreiro ( o mineiro asturiano, o metalúrxico vasco e o obreiro catalán) como rasgos definitorios, agudizándose os contrastes e desigualdades sociais entre as clases altas e o resto do país e acentuándose os problemas nas cidades (falta de vivendas, hacinamento) polo enorme e caótico crecimiento urbano.

• A pesares do maior protagonismo urbano na vida española, a realidade máis evidente é a pervivencia da poboación rural (máis do 66% da poboación activa).

A EVOLUCIÓN ECONÓMICA.

• O período de 1876-90 é dunha relativa prosperidade económica, grazas sobre todo a estabilidade política que ofrecía garantías aos inversores e ao librecambismo favorecedor do crecemento da industria do Norte e de Cataluña.

• A agricultura; mostra un crecemento nos anos 80, grazas a unha etapa de boas colleitas ea crise vinícola francesa pola plaga de filoxeira.

Prodúcese pois, un aumento da producción de viño (exportación a nivel mundial) ata 1892 en que chega a filoxeira a España, pero tamén de aceite (olivares andaluces) e cultivos de regadío e frutais (Levante), descendendo en cambio a de cereal (fin do proteccionismo).

• O sistema de propiedade varía dende o minifundismo na zona norte cantábrica, pasando pola propiedade media da meseta e Levante e o latifundio do sur, donde escasea a clase media campesiña e abunda o proletariado rural (xornaleiros).

• A Industria; reflicte a consolidación do capitalismo industrial español, sobre todo nas zonas do País Vasco e Cataluña, experimentando un gran desenrolo os sectores mineiro e siderúrxico, grazas tanto ás inversións foráneas como nacionais.

• A siderurxia céntrase en torno ao ferro vasco, con importante participación de capital e materia prima (hulla) inglesa, pero tamén con apoio da nacente e en seguida poderosa banca viscaina e do carbón asturiano e do ferro santanderino. Precisamente, os portos de Bilbao e Santander desempeñan un importante papel comercial e industrial (estaleiros).

• A industria téxtil concéntrase en Cataluña, sobre todo a algodoneira, pero tamén a lanar, quea pesar do arancel de 1891 coñecen unha época dorada, ata a crise do 98.

Page 23: A ESPAÑA DO ANTIGO RÉXIME. A POBOACIÓN ESPAÑOLA NO … Imperio colonial marítimo español. • O inicio da crise política (1806-1807), débese a oposición dos fernandinos a

• O ferrocarril; duplica a súa extensión, multiplica o seu uso (aumento espectacular de viaxeieros e do volume de mercadorías) e abarata considerablemente os seus servizos.

• Mellora dos servizos; rede de carreteiras, extensión do correo, telégrafo, teléfono, iluminación eléctrica en cidades como Madrid e Barcelona (1882).

• Sector financeiro; tamén se fai eco da prosperidade económica, nunha auténtica “febre do ouro” das finanzas tanto en Cataluña como no Pais Vasco ou Madrid.

• Nos anos 90 prodúcese un cambio radical: adopción do proteccionismo en toda Europa (a erado imperialismo colonialista).

En España, os grupos de presión (“Liga Agraria”, de cerealistas casteláns e “Fomento del Trabajo Nacional” dos industriais téxtiles cataláns, xunto aos siderúrxicos vascos e os donos das minas asturianas), forzan ao goberno a aprobar a lei arancelaria de 1891, que supon un freno ás exportacións a Francia (o noso principal comprador) e unha subida de prezos do cereal coa conseguinte fame para as clases populares.

• Conclusión: continuación do atraso agrícola e da carencia dun mercado interior, inversións a corto plazo (e axenas ao sector industrial), escasa competitividade e falta de mercados exteriores exclusivos (colonias), o que contribue a dependencia de Europa e impide un desenvolvemento sostido.

AS FORZAS POLÍTICAS OPOSTAS AO SISTEMA RESTAURADOR.

O REPUBLICANISMO.

• O Republicanismo do último cuarto de século caracterizase pola gran división interna dosseus líderes, agrupados en diferentes tendencias: conservadora (Castelar), federalista(Figueras e Pi Margall) e radical (Zorrilla).

• Fracasos continuos das conspiracións republicanas contra o sistema da Restauración. Condena ao exilio dos seus dirixentes nos anos 80.

Page 24: A ESPAÑA DO ANTIGO RÉXIME. A POBOACIÓN ESPAÑOLA NO … Imperio colonial marítimo español. • O inicio da crise política (1806-1807), débese a oposición dos fernandinos a

• Falta de apoio dos sectores obreiros, agora encadrados nos movementos socialistas e anarquistas, e das burguesías periféricas, que promoven aos partidos rexionalistas ou nacionalistas.

• Relativos éxitos electorais nos 90, grazas ao sufraxo universal (vitoria nas eleccións municipais de 1892 en Madrid e en 8 capitais de provincia, 20 deputados nas xerais...).

A CUESTIÓN NACIONAL: REXIONALISMOS E NACIONALISMOS.

• Os movementos políticos de carácter rexionalista e nacionalista supoñen o rexeitamentoao centralismo conservador e autoritario da Restauración, pero tamén aos ilustrados e aMonarquía isabelina e a superación do carlismo e do republicanismo federalista.

• Son movementos de tipo político, pero tamén cultural e económico, promovidos polas burguesías periféricas, destacando as zonas de Cataluña, País Vasco e Galicia.

• O seu obxectivo fundamental é o recoñecemento de identidades históricas diferenciadas (as nacionalidades históricas). A diferenciación linguística como elemento aglutinador.

• Cataluña asiste á formación dun nacionalismo moderado (a Lliga Rexionalista de Cambó) e outro máis popular e radical de ideoloxía republicana (Esquerra ou Unión Catalanista). Os oríxes do catalanismo están en intelectuais como Prat de la Riba e nas Bases de Manresa(1892), dentro dun federalismo non separatista apoiado polas clases medias e altas de Cataluña.

• No País Vasco, Sabino Arana formula un nacionalismo moi tradicional e confesional, (co lema “Deus e leis vellas”), baseado na lingua euskera, o catolicismo, os fueros e os valores culturais da comunidade vasca: “aa raza vasca”, como referencia básica. En 1895 Arana fundao Partido Nacionalista Vasco (PNV)

• En Galicia, asistimos a un nacionalismo reivindicador dun maior desenvolvemento para unha zona secularmente atrasada, desenrolándose éste en varias fases:

1.- Prerrexionalismo ou “Rexurdimento “(1846-68), movemento literario representado por Rosalía, Curros, Pondal e que busca a expresión culta da lingua galega.

2.- Rexionalismo (1880-1907), movemento político descentralizador pero non federalista, con dúas tendencias: a liberal de Manuel Murguía, continuadora do “Rexurdimento” e de carácter máis cultural, e a tradicional de Alfredo Brañas, autor da obra “El Regionalismo” (1885), na liña do carlismo católico vasco e o conservadurismo rexionalista catalán.

3.- Solidaridade Galega (1907), surxe trala morte de Brañas no ano 1900 e supón a transición cara o nacionalismo galego actual, cunha mistura de ideoloxía republicana, carlista e rexionalista, oposta ao moderantismo alfonsino.

Page 25: A ESPAÑA DO ANTIGO RÉXIME. A POBOACIÓN ESPAÑOLA NO … Imperio colonial marítimo español. • O inicio da crise política (1806-1807), débese a oposición dos fernandinos a

4.- As Irmandades da Fala (1917), inicio real do verdadeiro nacionalismo galego, sobre todo trala convocatoria dunha Asemblea nacionalista en Lugo en 1918, liderada por Villar Ponte autor da obra “O Nacionalismo galego”, cunha ideoloxía bastante radical que pide a autonomía integral para Galicia e a oficialidade do galego.

O DESASTRE DO 98: A LIQUIDACIÓN DO IMPERIO COLONIAL ESPAÑOL

AS GUERRAS COLONIAIS: CUBA, FILIPINAS, PUERTO RICO.

• Inicio do movemento independentista cubano en 1895, dirixido polos crioulos AntonioMaceo e José Martí, ante o incumplimento por parte de España das condicións estipuladasna Paz de Zanjón (1878).

• A intervención norteamericana apoiando aos insurxentes cubanos é decisiva. Os motivos de EEUU son económicos nunca humanitarios.

Page 26: A ESPAÑA DO ANTIGO RÉXIME. A POBOACIÓN ESPAÑOLA NO … Imperio colonial marítimo español. • O inicio da crise política (1806-1807), débese a oposición dos fernandinos a

• Fracaso da política negociadora do xeneral Martínez Campos. Guerra feroz, dedesgaste dirixida polo xeneral Weyler (1896-97): numerosas baixas dos soldadosespañois polas enfermidades tropicais. Inicio da oposición á guerra en España.

• Proxecto de Sagasta de ampla autonomía para Cuba (1897), aceptado polos cubanos, peronon por EEUU que intervén directamente no conflito: o incidente do “Maine” (febrero de1898) desencadena a guerra entre EEUU e España.

• O desenlace da guerra: derrotas navais hispanas en Cavite (Filipinas),o 1 de Maio, e en Santiago de Cuba o 3 de Xullo de 1898. Desembarco norteamericano en Puerto Rico.

• Firma do Tratado de París (10-12-98): España renuncia á soberanía sobre Cuba e cede a EEUU as Filipinas (a cambio de 20 millóns de dólares), Puerto Rico e a illa de Guam.

A CRISE DO 98. O REXENERACIONISMO.

• O desastre do 98 trae como consecuencia unha profunda crise de conciencia e o pesimismo na sociedade española e un período de reflexión por parte de intelectuais e políticos.

• Destacan sobre todo dúa correntes intelectuais críticas coa situación de España: os rexeneracionistas (Joaquín Costa, Picavea), co seu lema “Escola e despensa” e a teoría da necesidade dun “cirurxán de ferro”, para resolver os problemas do país e a “xeneración do 98" (Baroja, Azorín, Machado), máis centrada na literatura, e moi crítica coa realidade social.

A CRISE DO SISTEMA RESTAURADOR (1902-23)

• Período caracterizado dende o punto de vista político por unha crise o inestabilidade baseada na división interna dos partidos turnistas(2ª xeneración de políticos) e no papel demasiado intervencionista do rei Alfonso XIII (1902-31).

-Outros problemas desta etapa final do sistema restaurador son: a presión dunha oposición cada vez máis numerosa e organizada (socialistas, republicanos, nacionalistas) e dun movemento obreiro cada vez máis radicalizado (anarquistas); e por outro lado, o crecente militarismo, ademáis do eterno problema clerical.

Page 27: A ESPAÑA DO ANTIGO RÉXIME. A POBOACIÓN ESPAÑOLA NO … Imperio colonial marítimo español. • O inicio da crise política (1806-1807), débese a oposición dos fernandinos a

A EVOLUCIÓN POLÍTICA ENTRE 1902 E 1917.

• Continuación da “rutina turnista”: gobernos burgueses conservadores de Maura e liberais de Canalejas, ambos apoiados na Monarquía borbónica de Alfonso XIII.

• Intentos de rexeneracionismo ou de reformas ante a falta de credibilidade do sistema e os problemas aos que se enfronta:

• A Conflitividade social: oleada de folgas en Barcelona, Bilbao e Andalucia (1902-1903).

• A Cuestión relixiosa: crítica dos sectores progresistas ao monopolio educativo da Igrexa e ao seu poder económico e social, demandando a reducción do número de clérigos e a regulación do matrimonio civil.

• O Militarismo: o enfrontamento entre o Exército e a sociedade civil (prensa liberal , nacionalismos), pola cuestión das responsabilidades no Desastre do 98.

Tralos incidentes en Barcelona (queima da revista Cucut), o gobernó aproba a Lei de Xurisdiccións (1906), que sanciona os delitos contra o exército como delitos contra a patria quedando baixo xurisdicción militar.

• Os nacionalismos: resentidos ante o goberno central e o exército pola pérda colonial que afectaba as suas economías (sobre todo Cataluña), crean a Lliga Rexionalista en 1901, liderada por Prat de la Riba e Francesc Cambó e Solidaritat Catalana (1907), de ideoloxía maís radical, anarquista, que obteñen importantes victorias electorais neses anos fronte aos partidos turnistas.

• Primeiras reformas do goberno Maura (1907-9): medidas proteccionistas na industria (“Lei deFomento de Industrias e Construccións Marítimas”), na agricultura (“Lei de Colonización interior”), seguridade social (creación do Instituto Nacional de Previsión”, en 1908), a nova “Lei Electoral” (voto obrigatorio) e a “Lei de Administración Local”, que buscaba unha maior autonomía local intentando acabar co caciquismo, mediante a creación de Mancomunidades, ainda que non chegou a ser aprobada pola caída do goberno Maura en 1909 polos sucesos da Semana Tráxica.

A Semana Tráxica (xullo de 1909).- Os sucesos da Semana Tráxica de Barcelona son o resultado dunha tensión social herdada de anos anteriores (crecemento da movilización obreira e éxito do nacionalismo e do republicanismo en Cataluña), unida a un novo problema exterior como é a cuestión de Marrocos, que vai a ser o factor desencadeante dosfeitos (movilización de reservistas en Madrid e Barcelona).

• Oposición da poboación civil ao reclutamento forzoso: folgas violentas, incendios, loitasnas rúas e asaltos a conventos en toda Cataluña. Declaración do estado de guerra polasautoridades entre o 26 e 29 de Xullo. Balance final 116 mortos, 300 feridos, 60 edificios

Page 28: A ESPAÑA DO ANTIGO RÉXIME. A POBOACIÓN ESPAÑOLA NO … Imperio colonial marítimo español. • O inicio da crise política (1806-1807), débese a oposición dos fernandinos a

destruidos, e unha represión gubernativa enorme (5 condenas a morte, procesos irregulares...).

O problema marroquí (1904-12).- O interese español por Marrocos dende fins do s. XIX como solución a frustración dos colonialistas españoles pola pérda das colonias americanase como recuperación do orgullo militar do exército.

•Pretensión española: crear un imperio colonial africano como continuación do seu pasado histórico (Ceuta e Melilla). Enfrontamento con Francia polo dominio do territorio (1904).

• Conferencia de Alxeciras (1906): acordo hispano-francés por mediación inglesa. Protectorado conxunto e administración española ata 1912.

• Intereses económicos: riquezas mineiras da rexión e a construcción do ferrocarril Tánxer-Fez.Asentamento de compañías españolas, inversións da banca peninsular (financeiros vascos emadrileños) e subvencións estatais ás empresas coloniais.

• Primeira guerra con Marrocos (1909): amenazas marroquíes ás compañías españolas en Ceuta e Melilla. Movilización militar en España: consecuencias graves (Semana Tráxica).

• A crise de 1911-12: ocupación francesa do Sur do territorio (1911) e resposta española no Norte. Acordo de 1912: división do protectorado en dúas partes (Rif e Sidi Ifni para España).Continuación do problema marroquí ata 1927.

•Os Gobernos liberais (1910-13): destacan os gobernos de Canalejas e Romanones.

Goberno de Canalejas (1910-12): de carácter rexeneracionista, continuador das reformas de Maura (abolición do imposto de consumos, e modificación das quintas).

O seu anticlericalismo maniféstase coa aprobación da “Lei do Candado”, prohibindo en dous anos a instalación de órdes relixiosas en España.

As concesións ao catalanismo confírmanse coa “Lei de Mancomunidades”, iniciada por Maura e que non chegou a ver aprobada polo seu asasinato por un anarquista a finais de 1912.

Continuación da conflictividade social (anarquistas no campo e republicanos nas cidades). Primeiro escano en Madrid para o socialista Pablo Iglesias e creación do sindicato anarquistaCNT (1910).

Goberno de Romanones (1912-13): aprobou a “Lei de Mancomunidades”, pero a división do seu partido trala morte de Canalejas provocou a súa dimisión en outubro de 1913.

A crise definitiva do sistema e o impacto da 1ª Guerra Mundial (1912-17).- Xunto ás divisións cada vez máis grandes dos partidos turnistas, o período caracterízase pola influencia da Guerramundial na situación española.

Page 29: A ESPAÑA DO ANTIGO RÉXIME. A POBOACIÓN ESPAÑOLA NO … Imperio colonial marítimo español. • O inicio da crise política (1806-1807), débese a oposición dos fernandinos a

• Consecuencias da guerra de 1914 para España: a neutralidade (a pesar do enfrentamiento entre aliadófilos e xermanófilos) e a prosperidade económica (aumentode exportacións a Europa).

• Continuación das tensións sociais: repatriación de emigrantes pola guerra e aumento doparo, auxe das organizacións obreiras (UXT, CNT) e oleada de folgas, protestas e axitaciónscampesiñas que culminan na crise xeneral de 1917.

A CRISE DE 1917 (FEBREIRO-AGOSTO).

• Precedentes: os débiles gobernos turnistas tanto conservadores (Eduardo Dato) como liberais(Romanones), o crecente descontento militar e o incremento das tensións sociais (folgas emanifestacións obreiras).

• Agravamento da situación entre febreiro (suspensión polo goberno Dato das Cortes e das garantías constitucionais) e a primaveira, confluindo en Xuño os tres grandes movementos que van a intentar derribar ao goberno: militares, parlamentarios e obreiros.

• O problema militar.- Causado polo malestar do exército peninsular ante os ascensos arbitrarios otorgados aos militares africanistas, a falta de medios técnicos, os baixos salarios e a escaseza de presuposto fronte aos exércitos europeos de armamento máis moderno.

• Unión dos militares “rebeldes” nas Xuntas de Defensa, de carácter desestabilizador e que publican un Manifesto o 1 de Xullo, criticando a súa situación e dando un ultimátum ao goberno para que acepte as súas reivindicacións profesionais e económicas.

• Dimisión do goberno liberal e aceptación das esixencias das Xuntas por parte do novo goberno conservador (Dato).

• Novo Manifesto (25 de Xullo): esixencias políticas ao rei pedindo un goberno de “concentración” e o fin da oligarquía gobernante, medidas non aceptadas polo goberno.

• O problema político.- Creación dunha Asemblea de Parlamentarios en Barcelona, no mesde Xullo, liderada pola Lliga de Cambó e integrada por catalanistas, republicanos, reformistas e socialistas (clases medias) e convertida nunha especie de parlamento ilegal e paralelo ao nacional que será finalmente disolto polas Xuntas de Defensa.

•Obxectivos: pedir o cambio de goberno e a convocatoria de Cortes Constituíntes.

• Resposta gubernativa: acusación de separatismo e disolución da Asemblea con apoio do exército a pesar do gran respaldo popular á iniciativa.

• O problema obreiro.- Consecuencia dunha tensión social continua dende 1915, que culmina en marzo de 1917 coa convocatoria dunha folga xeral indefinida polos sindicatos e partidos de esquerda e finalmente o 13 de Agosto cunha folga xeral en todo o país.

Page 30: A ESPAÑA DO ANTIGO RÉXIME. A POBOACIÓN ESPAÑOLA NO … Imperio colonial marítimo español. • O inicio da crise política (1806-1807), débese a oposición dos fernandinos a

• Obxectivos: demandas laborais (salarios) e políticas (cambio de goberno). A intransixencia gubernativa radicalizou ainda máis a situación.

• Apoio á folga nas principais cidades do país (Madrid, Bilbao, Barcelona, Xixón, Oviedo) e nos sectores mineiro e siderúrxico. Menor apoio no medio rural campesiño e nulo apoio das Xuntas e da Asemblea Parlamentaria catalana que apoian ao goberno.

• Resposta gubernativa moi dura: represión sanguenta (80 mortos, 2000 detenidos) e pena de morte para o Comité de folga (Largo Caballero, Besteiro, Saborit), que non se cumple.

EL FIN DEL SISTEMA CANOVISTA (1917-23). EL DESASTRE DE ANNUAL.

• Agudización da crise política e económica: descomposición e desintegración do sistema turnista, incapaz de resolver os problemas do país. Entrada no goberno de partidos alleos ao turno (como a Lliga de Cambó): creación de gobernos de concentración.

• Regulación das Xuntas Militares e reorganización do exército en 1918, elevando os salarios militares e introducindo modificacións no sistema de ascensos.

• Crise económica de 1918-19: contracción do mercado tralo fin da guerra europea, peche de empresas, baixa de salarios e aumento do paro. Consecuencias: aumento da conflictividade social. Radicalización extrema da CNT anarquista que rexeita a vía política e pronunciase pola folga e a “acción directa”.

• A epidemia de gripe de 1918 é outro factor de tensión social que culmina en 1919, anode folgas como a da compañía eléctrica Canadiense, en Barcelona, que durou dous meses.

• Inicio do enfrontamento violento entre obreiros e patronos: o pistoleirismo e o lock-out ou despido libre. Espiral de violencia entre 1919-21 (300 atentados e 150 mortos), a causa do asasinato de líderes obreiros barceloneses, polos pistoleiros da patronal apoiados pola polícia e resposta anarquista, asasinando a pistoleiros, empresarios e dirixentes burgueses.

• Medidas represivas do goberno Dato: a lei de fugas (1921), aplicada polo gobernador civil de Cataluña, Martinez Anido. Consecuencias: asasinato de Eduardo Dato polos anarquistase do líder obreiro Salvador Seguí polas autoridades.

• O Desastre de Marrocos (1921): foi a culminación deste caótico período. Derrota ante os rifeños en Annual, por errores táctico-militares. Novo desprestixio para o exército.

A DICTADURA DE PRIMO DE RIVERA(1923-30).

O GOLPE DE ESTADO.

Page 31: A ESPAÑA DO ANTIGO RÉXIME. A POBOACIÓN ESPAÑOLA NO … Imperio colonial marítimo español. • O inicio da crise política (1806-1807), débese a oposición dos fernandinos a

• As Causas: a) o tema das responsabilidades da derrota de Annual (Expediente Picasso); b) oauxe nacionalista en Cataluña e País Vasco; c) a división dos partidos turnistas e o auxe do socialismo e do republicanismo; d) o apoio do rei ao golpe; e) a crise económica; f) a situación política europea (triunfo do comunismo e dos fascismos).

• Triunfo do golpe de Estado en Barcelona o 13 de Septiembre de 1923. Miguel Primo de Rivera, capitán general de Cataluña asume o poder apoiado polos xenerais africanistas, a burguesía e a patronal catalana e o rei Alfonso XIII.

• A oposición do gobierno ao golpe militar foi inútil pola actitud cómplice do monarca cos golpistas. A Coroa une o seu destino á Dictadura e esquece a Constitución de 1876 e o seu papel como monarquía constitucional e liberal.

• A actitude da opinión pública ante o golpe é diversa: apoio entusiasta, indiferencia ou pasividade expectante (partidos da oposición).

BASES SOCIO-POLÍTICAS E IDEOLÓXICAS DO RÉXIME.

•¿Dictadura rexeneracionista ou dictablanda?. A tese do “cirurxián de ferro” (Joaquín Costa).

•Réxime militarista, autoritario, populista, paternalista e en principio provisional.

•Apoios sociais: burguesía industrial e financeira, terratenentes rurais e o exército.

• Apoios políticos: partidos conservadores (dereita católica), nacionalismo catalán

moderado (Lliga) e o socialismo (UXT e PSOE).

• Ideoloxía do réxime: tradicionalismo católico conservador e autoritarismo centralista, nunha mistura de antiliberalismo carlista e rexeneracionismo radical. O seu lema “ Patria,Relixión e Monarquía”

•Modelo económico: Corporativismo e intervencionismo estatal (modelo fascista italiano).

• Obxectivos: acabar cos problemas do país e manter a paz e a orde social (caciquismo, corrupción política, separatismo, terrorismo, atraso económico, guerra en Marrocos...).

• Os opositores ao réxime : os intelectuais, os estudiantes, as clases medias urbanas, os partidos de esquerda (republicanos, anarquistas, comunistas) e os nacionalistas.

EVOLUCIÓN DO RÉXIME: O DIRECTORIO MILITAR (1923-25) E O DIRECTORIO CÍVIL (1925-30).

• Hai dous períodos dentro da etapa dictatorial de Primo de Rivera: o Directorio Militar, cun goberno composto exclusivamente de militares e o Directorio Cívil, mistura de cívis e militares.

Page 32: A ESPAÑA DO ANTIGO RÉXIME. A POBOACIÓN ESPAÑOLA NO … Imperio colonial marítimo español. • O inicio da crise política (1806-1807), débese a oposición dos fernandinos a

O DIRECTORIO MILITAR (1923-25).

• Declaración do estado de guerra (de excepción) en todo o territorio. Utilización do decreto lei para gobernar. Fálase dun réxime de transición, temporal.

• Obxectivos iniciais; acabar co vello e caduco sistema liberal da Restauración.

Reformas Políticas.- Búscase a rexeneración da vida política cunha serie de medidas:

1.- Disolución das Cortes e suspensión das garantías constitucionais (división de poderes, dereitos individuais, férrea censura de prensa...).

2.- Sustitución dos anteriores gobernadores civís e funcionarios da Administración por militares e funcionarios afíns ao novo réxime.

3.- Reforma da Administración Local (Estatuto Municipal, 1924), obra de Calvo Sotelo, sustituíndo aos antigos concellais por delegados gubernativos, buscando máis autonomía para os municipios e a fin do caciquismo. A lei foi un fracaso polo excesivo centralismo e intervencionismo dos gobernadores civís e provinciais.

4.- Fin dos partidos políticos e creación do partido político único: a Unión Patriótica, unha especie de asociación cívica de apoio ao réxime, cun carácter moi católico e conservador.

Reformas sociais e da orde pública.- Búscase acabar coa inestabilidade social de anos anteriores.

1.- Creación do Somatén (institución catalana), corpo civil paramilitar, contrarrevolucionario adicto ao dictador e ao réxime e cunha función auxiliar ás forzas de orde pública.

2.- Represión do movemento obreiro radical. Persecución a anarquistas e comunistas e prohibición de folgas e manifestacións, pasando o movemento obreiro á clandestinidade.

Reformas para a defensa da unidade da patria.- Búscase acabar co problema dos nacionalismos periféricos (desintegración da nación) e pacificar Marrocos.

1.- Prohibición do uso da bandeira e do himno catalán, e das linguas vernáculas en lugares públicos e oficiais. A burguesía catalana retira o seu apoio ao dictador e os nacionalistas radicalizan as súas posturas (Estat Catalá de Maciá).

2.- Fin da guerra en Marrocos. Desembarco e vitoria na bahía de Alhucemas (1927), con apoio francés. Aumento do prestixio do exército e da popularidade do dictador.

O DIRECTORIO CIVIL (1925-30).

• Introdución de civÍs da Unión Patriótica no goberno (Calvo Sotelo, Aunós), pero mantendo a algún militar (Martinez Anido).

Page 33: A ESPAÑA DO ANTIGO RÉXIME. A POBOACIÓN ESPAÑOLA NO … Imperio colonial marítimo español. • O inicio da crise política (1806-1807), débese a oposición dos fernandinos a

• Instauración dun réxime corporativo basado en dúass institucións: a Asemblea Nacional Consultiva (política) e a Organización Corporativa do Traballo (económica).

• A Asemblea Nacional Consultiva (1927), está formada por 400 membros procedentes das élites do pais, elexidos por sufraxio restrinxido para elaborar unha nova Constitución.

O proxecto final (1929), foi rexeitado por conceder enormes poderes ao rei, negar a soberanía nacional e a división de poderes, e limitar a participación popular.

Lexislación laboral e social.- Imita o modelo corporativo católico e do fascismo italiano, cun gran intervencionismo estatal. Creanse unha serie de institucións como:

• A Organización Corporativa do Traballo (1926), que buscaba regular os problemas laboraise as relacións patronos-obreiros, coa creación de Comités Paritarios por oficios.

• Creación do Consello Nacional do Traballo (1924), no que participou a UXT de Largo Caballero, o Instituto de Reformas Sociais e o Código de Traballo (1926), cun carácter paternalista e populista, de asistencia social ao obreiro (seguros, subsidios...).

Lexislación económica.- Intervencionismo proteccionista do Estado na economía pero sen realizar cambios na estrutura social ou da propiedade (ausencia dunha reforma agraria).

• Inversións en obras públicas e infraestruturas (estradas, regadíos, obras hidráulicas,encoros..) e creación de Monopolios (CAMPSA, Tabacalera). Crecemento eprosperidade económica (“felices anos vinte”) pero a costa dun enormeendebedamento do Estado.

A ESPAÑA DO PRIMEIRO TERZO DO SÉCULO XX: ECONOMÍA, SOCIEDADE E CULTURA

A POBOACIÓN.

• Características da evolución demográfica española: descenso das taxas demográficas e aumento do crecimiento vexetativo. Causas da gran mortalidade infantil: a epidemia de gripe de 1918 (230.000 mortos e 8 millóns de enfermos).

• A emigración (1905-6): interior (cidades industriais) e exterior (América Látina). O impacto daGran Guerra (1914-18) e os novos destinos migratorios (Europa).

•O crecemento urbano e a nova distribución demográfica e da poboación activa.

A ECONOMÍA ESPAÑOLA A COMENZOS DE SECULO.

A agricultura.

• Sector primario predominante en 1900 (67% de poboación activa). Características: continuación dos problemasey do atraso herdado do século anterior. Mantenemento do proteccionismo e da situación mísera do campesiñado.

Page 34: A ESPAÑA DO ANTIGO RÉXIME. A POBOACIÓN ESPAÑOLA NO … Imperio colonial marítimo español. • O inicio da crise política (1806-1807), débese a oposición dos fernandinos a

• Consecuencias: levantamentos campesiños no período 1905-6, en Levante e

Andalucía.

A industria.

• Crecemento de novos sectores industriais: industria eléctrica (capital estranxeiro e vasco), metalúrxica, cementeira (capital vasco e catalán) e papeleira. Estancamento dos sectores tradicionais: téxtil e ferroviario.

• Características da industria española: rexionalización, excesiva concentración financeira, fortedependencia do capital estranxeiro en determinados sectores industriais, a sumisión da industria á agricultura e o proteccionismo. A continuidade do atraso.

O sector financeiro.

• Reforma fiscal: plan de estabilización Villaverde. Consecuencias: reducción do déficit público e superávit nas dúas primeiras décadas do século.

• Fundación dos bancos máis importantes do século XX (Banco de Bilbao, Biscaia,

Hispano- Americano) e cambio de orientación da banca. Concentración xeográfica.

A EVOLUCIÓN ECONÓMICA ESPAÑOLA ENTRE 1914-30.

• A Gran Guerra (1914-18): a neutralidade. Aumento da produción, das exportacións e dos beneficios empresariais. Superávit da balanza comercial e cancelación da débeda.

• A crise (1917-23): a fin da guerra e da demanda europea. O retorno dende 1914 dos emigrantes, o paro e a inflación. A depresión económica e a conflitividade social.

• A euforia dos anos 20: estabilización económica (acordos de Locarno). Recuperación produtiva, maior emprego e salarios e menor conflitividade social.

• Consolidación da Dictadura: intervencionismo económico do Estado. As infraestruturas.

Os Monopolios estatais e o Consello de Economía Nacional. O aumento do déficit

público.

A SEGUNDA REPÚBLICA (1931-36).

INTRODUCIÓN.

Page 35: A ESPAÑA DO ANTIGO RÉXIME. A POBOACIÓN ESPAÑOLA NO … Imperio colonial marítimo español. • O inicio da crise política (1806-1807), débese a oposición dos fernandinos a

• Trala caida da Ditadura de Primo de Rivera, o rei proclama ao Xeneral Berenguer comonovo gobernante. É un goberno de transición a República, a denominada “Ditablanda”(Xaneiro 1930- Abril 1931).

• O Goberno Berenguer é un fracaso, un vano intento de volver ao sistema restaurador nunha España maioritariamente antimonárquica e afectada pola crise económica de 1929.

• A oposición a Monarquía concrétase no Pacto de San Sebastián (Agosto de 1930), que agrupa aos principais líderes políticos dos partidos de oposición (republicanos, socialistase nacionalistas).

• Formación dun Comité Revolucionario que dará paso ao Goberno Provisional da República: Alcalá Zamora, Maura, Azaña (republicanos), Prieto e Caballero (socialistas).

• Fracaso dos pronunciamentos militares prorrepublicanos e encarcelamento dos membros do Comité Revolucionario (Decembro 1930). Os intelectuais, estudiantes e o movemento obreiro apoian aos sublevados.

• A fin da Monarquía: as eleccións municipais do 12 de Abril. Triunfo da coalición republicano-socialista e proclamación da República. Alfonso XII abandona o país o día 14 en medio do xúbilo popular manifestado nas rúas das principais cidades do país.

• Proclamación da República Catalana, cuxo presidente é Francesc Maciá e que dará lugarmeses máis tarde, á concesión do futuro Estatuto de Autonomía catalán.

OS PRECEDENTES: O GOBERNO PROVISIONAL (Abril-Xuño 1931).

• O novo réxime republicano como fin do baleiro legal de 1930. É un goberno progresista e reformista, intelectual-burgués, pero non revolucionario, enfrontado aos radicalismos extremistas tanto de esquerdas (anarquistas, comunistas) como de dereitas (falanxistas, monárquicos tradicionalistas, carlistas)

• É un réxime dunha clara liña europeista, que busca a modernización de España, cuxos líderes surxen de organismos como a Institución Libre de Ensino e o Ateneo.

• O Goberno Provisional está formado por todolos líderes do Comité Revolucionario xunto a os rexionalistas Nicolau D’Olwer e Casares Quiroga e ao republicano catalán Lerroux.

• Obxectivos iniciais: consolidación do novo sistema republicano ata a convocatoria de Cortes Constituíntes (Xullo 1931) e primeiras medidas para resolver os principais problemas do país( cuestión relixiosa, militar, agraria, educativa, socio-laboral e rexional).

• A República como réxime marcado pola inestabilidade político- social e a crise económica internacional dos anos 30. Primeiros conflitos sociais: folgas, queima de conventos. O eterno

Page 36: A ESPAÑA DO ANTIGO RÉXIME. A POBOACIÓN ESPAÑOLA NO … Imperio colonial marítimo español. • O inicio da crise política (1806-1807), débese a oposición dos fernandinos a

enfrontamento entre os dous bandos irreconciliables: a orde (Igrexa, terratenentes, patróns,exército) y la revolución (obreiros, campesiños, líderes sindicais).

Page 37: A ESPAÑA DO ANTIGO RÉXIME. A POBOACIÓN ESPAÑOLA NO … Imperio colonial marítimo español. • O inicio da crise política (1806-1807), débese a oposición dos fernandinos a
Page 38: A ESPAÑA DO ANTIGO RÉXIME. A POBOACIÓN ESPAÑOLA NO … Imperio colonial marítimo español. • O inicio da crise política (1806-1807), débese a oposición dos fernandinos a
Page 39: A ESPAÑA DO ANTIGO RÉXIME. A POBOACIÓN ESPAÑOLA NO … Imperio colonial marítimo español. • O inicio da crise política (1806-1807), débese a oposición dos fernandinos a

-Outubro de 1934: o climax do periodo. A dereita ó poder, entrada no goberno de tres ministros da CEDA de Gil Robles. Consecuencias: a resposta da esquerdaobreira é a insurrecion armada. A Revolución de outubro de 1934 en Cataluña e Asturias.

-A revolta catalana como reivindicación rexionalista (Generalitat de Companys): solicitude de autonomia federal para Cataluna. A revolución en Asturias como reivindicacion social (comunistas, socialistas e anarquistas ), e como experimento para a guerra civil polo seu sanguento balance (o exército de Marrocos dirixido por Franco como aparello represivo).

-O final do bienio dereitista (1935-36): as divisions entre os dons grupos do goberno de coalicion e o presidente Alcala-Zamora. A crise definitiva: o escándalo do straperlo e a indignación social pola represión do 34.

DA FRONTE POPULAR A GUERRA CIVIL ( Febreiro-Xullo 1936 ).

-As eleccions de Febreiro de 1936: triunfo da Fronte Popular (coalicion de esquerdas) fronte o Bloque Nacional (coalicion de dereitas). Desaparecen os partidos de centro e triunfan os extremismos.

Page 40: A ESPAÑA DO ANTIGO RÉXIME. A POBOACIÓN ESPAÑOLA NO … Imperio colonial marítimo español. • O inicio da crise política (1806-1807), débese a oposición dos fernandinos a

Grande igualdade electoral (victoria por menos dun 1% do electorado).

-Novo goberno esquerdista e novo impulso ás reformas: Azaña presidente da Republica e Casares Quiroga xefe de goberno. Amnistia para os presos da revolucion de 1934 e reanudacion das reformas agraria, educativa, e autonomica. Politica de traslados dos xenerais sospeitosos de golpismo (Goded, Franco, Mola).

-”A Primaveira Traxica” clima social de extrema violencia. A opinion publica enfrontada en dous bandos antagonicos (ocupacións de terras anarquistas e atentados dos paramilitares falanxistas). O prendemento de Primo de Rivera e os asasinatos do teniente Castillo da Garda de Asalto e de Calvo Sotelo, aumentan os rumores de golpe de estado e aceleran os preparativos para a conspiracion militar.

- A conspiracion militar dos membros da UME: Mola e Sanjurjo. O exército aparece segun algúns como único medio para frear a amenaza do comunismo e a revolucion social. O inicio da sublevación prodúcese no protectorado de Marrocos o 17 de Xullo de 1936.

A GUERRA CIVIL ESPAÑOLA(1936-39).

ALZAMENTO NACIONAL OU SUBLEVACIÓN MILITAR.

• Orixes: a falta de convivencia política na España republicana e a división do país en dous bloques ou correntes ideolóxicas opostas e enfrontadas ( “as dúas Españas”).

• Triunfo parcial do pronunciamento militar, iniciado en Ceuta (18 de Xullo). División de España en dúas zonas: republicana ( norte cantábrico, mediterráneo e a maior parte do sur) e nacional ou rebelde (zona centro-occidental e noroeste).

• As principais cidades industriais do país mantéñense en territorio republicano (Madrid, Barcelona, Valencia, Bilbao), as zonas agrarias casteláns pasan a mans rebeldes.

A GUERRA: FASES MILITARES.

Page 41: A ESPAÑA DO ANTIGO RÉXIME. A POBOACIÓN ESPAÑOLA NO … Imperio colonial marítimo español. • O inicio da crise política (1806-1807), débese a oposición dos fernandinos a

• 1936: do paso do Estreito e a conquista de Andalucía e Extremadura (masacre de Badaxoz) polas tropas rebeldes ó fracaso do exército franquista na batalla de Madrid (resistencia republicana en Guadalajara e Brunete).

• 1937: ano crítico da guerra; as victorias dos rebeldes na campaña do norte e a intervención estranxeira ( bombardeo de Guernica, conquista de Bilbao, Santander e Asturias)

• 1938-39: as ofensivas finais dos rebeldes (campaña de Aragón, batalla do Ebro e conquista de Levante e Cataluña) e o fin da guerra (rendición de Madrid, 1-4-1939).

A ORGANIZACIÓN DOS DOUS ESTADOS: A INTERNACIONALIZACIÓN DO CONFLITO.

• A ausencia dun poder organizado en ambos bandos: milicias obreiras antifascistas na zona republicana, e falta de liderazgo entre os xefes militares sublevados trala morte de Sanjurjo na zona rebelde ( os” bandos” militares do xeneral Mola).

• A represión violenta en ambas zonas: espontánea e incontrolada na zona republicana (protagonizada polas milicias populares e sindicatos anarquistas), e máis organizada e dirixida na zona rebelde polo Estado franquista (eliminación do inimigo).

• A intervención estranxeira: o contexto europeo internacional (a crise económica e o auxe dos fascismos, España como campo de experimentación para a 2ª guerramundial). O Comité Internacional de non intervención: formado por Francia, Alemania, Italia e GranBretaña. Foi un completo fraude ó non ser respetado polos dous últimos paises.

-Apoios ó bando republicano: as Brigadas Internacionais antifascistas (voluntarios de diferentes países, sobre todo marxistas) e a URSS comunista de Stalin.

• Apoios ó bando nacional rebelde: o réxime autoritario de Portugal e os fascismos alemán eitaliano. Aportan recursos, bases loxísticas, soldados e armamento (tanques, aviación).

•Causas da victoria nacional ou rebelde: disparidade militar (división entre as milicias anarquistas e o mando republicano) e maior apoio exterior dos réximes fascista italiano e nazi alemán, burlando ó inoperante Comité de non intervención.

Page 42: A ESPAÑA DO ANTIGO RÉXIME. A POBOACIÓN ESPAÑOLA NO … Imperio colonial marítimo español. • O inicio da crise política (1806-1807), débese a oposición dos fernandinos a
Page 43: A ESPAÑA DO ANTIGO RÉXIME. A POBOACIÓN ESPAÑOLA NO … Imperio colonial marítimo español. • O inicio da crise política (1806-1807), débese a oposición dos fernandinos a

A DICTADURA DE FRANCO: IDEOLOXÍA, APOIOS SOCIAIS E EVOLUCIÓN POLÍTICO-LEXISLATIVA.

INTRODUCCIÓN. SIGNIFICADO E INTERPRETACIONS DO FRANQUISMO.

O Franquismo é un réxime contrarrevolucionario (oposto á República) e reaccionario (volta ao pasado, tradicionalismo), cuxo máximo postulado é a orde.

É un réxime lexitimado o 18 de Xullo de 1936 como Movemento Nacional, mistura de fascismo capitalista e de monarquía absoluta feudal polos seus rasgos teocráticos (caudillaxe)e a súa arbitrariedade xurídica; un réxime despótico en estado de excepción permanente.

Franco é Xefe do Estado, do Partido Único e do Goberno (ata 1973) dentro dun totalitarismo militar-relixioso (nacional-catolicismo).

Opinións: Ricardo de la Cierva fala do franquismo “como un reinado con identificación personal entre Franco e o pobo”, ou como decía o propio caudillo “unha monarquía sen realeza”.

Carlos Rama fala do franquismo como “dictadura capitalista que fai de España un santuario do lucro, sen folgas, sindicatos nin control fiscal e sometida a colonización económica estranxeira (Europa e EEUU)”.

Tuñón de Lara identifica “franquismo con fascismo”.

AS RAÍCES IDEOLÓXICAS: O FASCISMO ESPAÑOL.

A denominación de nacional-catolicismo é a que mellor recolle o espírito e as características do novo réxime basado en:

•A unidade nacional (a patria “unha, grande e libre”), espiritual (a relixión católica) e social de España, tendo como órganos básicos da representatividade social á familia, o municipio eo sindicato (vertical, corporativo por oficios, integrado no Estado e encargado de regulamentar o mundo laboral).

• O autoritarismo, baseado na imposición militar (o exército) e política (o partido único, Falanxe, que aglutina a carlistas, monárquicos , católicos e conservadores).

• Limitación das libertades individuais (expresión, reunión e asociación), mediante decreto-lei e estableciendo a censura de prensa, negando o sistema democrático.

•Dereito á propiedade privada dentro dun sistema económico capitalista.

OS APOIOS SOCIAIS: A LEXITIMACIÓN DO RÉXIME.

Page 44: A ESPAÑA DO ANTIGO RÉXIME. A POBOACIÓN ESPAÑOLA NO … Imperio colonial marítimo español. • O inicio da crise política (1806-1807), débese a oposición dos fernandinos a

HaI tres grupos sociais determinantes no sostenemento do réxime franquista: o exército, a Igrexa e as élites económicas (terratenentes e burguesía industrial e financeira).

• A igrexa.- Apoia ao franquismo desde o inicio da Guerra civil (“cruzada contra o comunismo”, pastorais do cardenal Goma, arzobispo de Toledo), utilizando a súa influencia ideolóxica e cultural a cambio da concesión de bens materiais (o Papa Pio XII e os bispos recoñecen o novo réxime en abril de 1939 e en 1953 fírmase o Concordato coa Santa Sede).

A enorme influencia eclesiástica no réxime e na sociedade obsérvase na educación (coacción relixiosa nas escolas) e na actividade cultural e editorial (censura).

Na década dos 50 e sobre todo nos 60, obsérvase unha progresiva influencia no réxime dosdemocristianos do Opus Dei, que asumen cargos de importancia no goberno (ministerios),ademáis de monopolizar a dirección de bancos, consellos de empresas, prensa editorial e universidades; asumindo o liderazgo económico e cultural do país.

• O exército.- O réxime franquista é unha dictadura militar (autoritarismo), orixinada através dunha vitoria conseguida nunha guerra por parte dun exército, cun líder militar,Franco, que vai a seguir apoiándose nos seus compañeiros de armas para manter econsolidalo o novo réxime, como un “réxime cuarteleiro”(Tusell).

• As élites ou grandes fortunas.- Son o terceiro piar do franquismo.

-Os terratenentes, apoian ó réxime a cambio da devolución das súas fincas expropiadas na 2ª República.

- A burguesía industrial e financeiraBeneficiarase a partir dos anos 60 da introdución de España no sistema económico capitalista (apertura de relacións con Europa e EEUU).

EVOLUCIÓN POLÍTICO-LEXISLATIVA DO RÉXIME.

Aprécianse diferentes etapas políticas no réxime marcadas polas diferentes leis aprobadas:

• O Fuero do Traballo (9 de Marzo de 1938). Regula as relacións laborais baseadas nun sindicalismo vertical (prohibición dos sindicatos de clase) e un gran control estatal (festividades relixiosas, descanso dominical, vacacións anuais retribuidas, seguros de maternidade, invalidez, enfermidade e pensións, ademáis do subsidio familiar).

• A Lei Constitutiva das Cortes (17 de Xullo de 1942). Modificada pola Lei Orgánica de 1967, organiza o poder político en torno a dous organismos: as Cortes (os seus membros chámanse Procuradores, elixidos por un sufraxio fortemente restrinxido) e o Xefe do Estado. Franco elixe 50 procuradores.

• O Fuero dos Españois (17 de Xullo de 1945). Declaración de dereitos e deberes dos cidadáns españois. Como deberes destacan: a fidelidade á patria, lealdade a Franco,

Page 45: A ESPAÑA DO ANTIGO RÉXIME. A POBOACIÓN ESPAÑOLA NO … Imperio colonial marítimo español. • O inicio da crise política (1806-1807), débese a oposición dos fernandinos a

servizo militar obrigatorio e pago de impostos. Os dereitos individuais estaban moi limitados, e sobre todo destaca a subordinación da muller ó home (“as súas labores”,a procreación e o coidado da casa e a familia, ó que contribuiu enormemente a creación da Sección Femenina por Pilar Primo de Rivera en 1934) e a educación dos rapaces nos valores do Espírito Nacional.

•Lei de Sucesión á Xefatura do Estado (1946). Aprobada en referendo popular dos homes e mulleres maiores de 21 anos.

•Lei de Principios do Movemento Nacional (17 de Maio de 1958). Perda de poder da Falanxepolas novas circunstancias internacionais. Ideoloxía que mistura o tradicionalismo católico e o fascismo (nacional-catolicismo).

• Lei Orgánica do Estado (10 de Xaneiro de 1967). Supón a configuración do Estado Nacional como Reino, mediante unha democracia orgánica (“seudodemocracia”), cunhas Cortes “consultivas” e un goberno liderado polo Xefe do Estado, xunto a un Consello de Ministros, un Consello do Reino (asesora ó Xefe do Estado nos asuntos relacionados coa sucesión e sustitúe o mesmo na súa ausencia ) e un Consello Nacional (consultivo e deliberante igual que as Cortes); observándose sempre a supremacía do poder executivo (ministros e Franco), sobre o lexislativo (Cortes).

As Cortes están formadas por: Ministros, Conselleiros Nacionais de FET e das JONS, Representantes xudiciais, municipais (agora elixidos polos concelleiros e non só polo alcalde) e sindicais, das familias (dous por provincia) Rectores universitarios, Colexios Profesionais e persoas eminentes designadas polo Xefe do Estado. Franco agora “só elixe 25 procuradores”.

Os dous únicos referendos en case 40 anos son os de 1947, para aprobar a Lei de Sucesión e en 1967 para aprobar a Lei Orgánica do Estado.

A EVOLUCIÓN ECONÓMICA DO FRANQUISMO (1939-75).

A evolución da economía española durante o réxime franquista pasa polas seguintes etapas:1) Da autarquía ao aperturismo (1940-59) ; 2) Da estabilización ao desarrollismo (1959- 71).

A AUTARQUIA E O ESTANCAMIENTO ECONÓMICO (1940-59).

• Período de gran intervencionismo estatal ( Estado empresario). A reconstrucción do país trala guerra. Illamento internacional a partir de 1945: bloqueo económico-ideolóxico de Europa ao réxime dictatorial fascista.

•A autarquía ou política de autoabastecemento seguindo o modelo fascista italiano e alemán.

• Política de escasez e racionamento (“os anos da fame”). Carencia de materias primas, inversións estranxeiras, técnicos e infraestruturas. Atraso agrícola e industrial con

Page 46: A ESPAÑA DO ANTIGO RÉXIME. A POBOACIÓN ESPAÑOLA NO … Imperio colonial marítimo español. • O inicio da crise política (1806-1807), débese a oposición dos fernandinos a

Europa (o Plan Marshall non chega a España). A cartilla de racionamento e o mercado negro ou estraperlo (contrabando de produtos polos funcionarios ou intermediarios especuladores).

• Proteccionismo industrial: creación do INI ( Instituto Nacional de Industria). Escasa rentabilidade productiva. Necesidade de acordos bilaterais con Arxentina, Italia e Alemaña.

• Fin do illamento (1951): apertura de relacións con EEUU que concede préstamos a cambio dla instalación de bases militares en España. Inicio da recuperación económica.

• Política agraria (1939-49): Política de Colonización Interior e de Regadíos. Melloras técnicaspero non sociais, favoreciendo aos grandes propietarios e anulando as reformas daRepública. Plan Badaxoz, de asentamento de colonos (1949) e construcción de encoros.

• Inicio da expansión económica (1953-57): maior renta, inflación, aumento das importaciones e do déficit. Devaluación monetaria e subida dos salarios. Fin da autarquía. Creación da SEAT en Barcelona (o “biscuter e nos anos 60 o Seat 600”).

• A austeridade e a estabilización (1957-59): adhesión ao FMI, BMRD e a OECE. Búsqueda de unha economía competitiva (reducir importacións e aumentar exportacións). A reducción desalarios e o equilibrio na balanza de pagos.

O DESARROLLISMO E A EXPANSIÓN ECONÓMICA (1959-71).

• O aperturismo económico e a industrialización: os plans estatais de Estabilización e Desenvolvemento e a busca da rentabilidade económica. O sector tecnócrata do OPUS (ministerios de López Rodó e López Bravo).

• Obxectivos: crecemento do PNB, distribución equitativa da renta e pleno emprego. O libre mercado e a flexibilidade económica (a iniciativa privada). O capitalismo moderno que reserva un papel subsidiario ao Estado.

• Creanse os polos de desenvolvemento industrial, en cidades cun enorme

crecemento demográfico e económico, onde o Estado ofrece exencións fiscais,

subvencións e terreo barato ás empresas ( Vigo, Coruña, Valladolid, Burgos, Sevilla,

Huelva, Jaen, Zaragoza, Badaxoz).

Este proceso leva a creación de potentes industrias da automoción (Fasa Renault

en Valladolid ou Citroen en Vigo), siderúrxicas (carbón), hidroeléctricas (encoros e

pantanos) e refinerías de petróleo (Coruña, Cartaxena).

• Obsérvase un problema que vai acabar provocando o fracaso dos Plans de Desenvolvemento, que é o gran desequilibrio entre os diferentes sectores produtivos e as

Page 47: A ESPAÑA DO ANTIGO RÉXIME. A POBOACIÓN ESPAÑOLA NO … Imperio colonial marítimo español. • O inicio da crise política (1806-1807), débese a oposición dos fernandinos a

diferentes rexións. Ademáis prodúcese en todo o país un boom da especulación construtiva nas ciudades a causa do turismo e o éxodo rural (das zonas interiores rurais á periferia industrial).

• Principais problemas: excesiva dependencia do capital estranxeiro en sectores produtivos(industria) e financeiros e esquecemento do sector agrario (excesivo arcaismo). A debilidade estructural da economía española é provocada polo minifundismo empresarial e científico-investigador.

• As divisas da emigración e o turismo son a única válvula de escape para a economía nacional.

• A crise do petróleo (1972-73), supón o inicio dun período de inflación e paro en toda Europa, co conseguinte freo á emigración europea dos 60 (Alemaña, Suiza, Francia).

A POLÍTICA EXTERIOR DO FRANQUISMO. A ACTITUDE INTERNACIONAL. ETAPAS DA POLÍTICA EXTERIOR FRANQUISTA.

- 1° etapa (1939-45).- Política condicionada pola 2ª Guerra mundial. Alianza co Eixe que promove Serrano Suñer, ministro falanxista de AEE (1939-41). Da neutralidade (1939) a non belixerancia (1940), apoiando aos fascistas na súa campaña triunfal en Europa (1941, envío da División Azul a Rusia).

Jordana sustitúe a Serrano Suñer no ministerio e inicia unha nova etapa de neutralidade (1942- 45), caracterizada polo alonxamento do Terceiro Reich pero mantendo a política do anticomunismo para acercarse aos aliados vencedores na guerra.

- 2ª etapa (1945-53).- Etapa de illamento do réxime trala condea da ONU en 1946 coa conseguinte retirada de embaixadores e o peche da fronteira francesa. En 1947 hai un certo acercamento cara EEUU(inicio da guerra fría) e o Vaticano(firma do Concordato de 1953). O democristiano Martín Artajo é o novo ministro de AEE.

Os convenios de seguridade firmados con EEUU en 1953 supoñen un deterioro da soberanía española (bases militares, acordos segredos) e a cesión de intereses económicos a potencias estranxeiras. En 1948, fírmase un acordo coa Arxentina de Perón, de gran axuda en canto a abastecemento alimenticio (carne, trigo, leite).

-3ª etapa (1953-57).- Inicio dun lento proceso de integración no mundo occidental, onde destacan o ingreso na ONU (1955), a OECE, o FMI e o BMRD(1959), tralo Plan de Estabilización.

Recoñecemento da independencia de Marrocos en 1956, dentro do proceso xeral de descolonización proposto pola ONU e que supuxo un acercamento a os países árabes, pero tamén problemas con Marrocos no Sahara e Sidi Ifni, territorios reservados a España.

- 4ª etapa (1957-69).- O novo ministro de AEE Castiella, alterna una política de éxitos e de fracasos; entre os primeiros, os acordos de cooperación económica e financeira coa RFA e o bo entendemento coa Francia de De Gaulle que facilita en 1962 a solicitud de adhesión á

Page 48: A ESPAÑA DO ANTIGO RÉXIME. A POBOACIÓN ESPAÑOLA NO … Imperio colonial marítimo español. • O inicio da crise política (1806-1807), débese a oposición dos fernandinos a

CEE con apoio franco-alemán e a apertura de negociacións en 1967, só freadas polos sucesos de Munich (1962) e o asunto Grimau (1963).

Entre os fracasos desta política aperturista ademáis da non entrada na CEE, está o problema de Gibraltar no que a ONU pide a descolonización en contra dos acordos hispano- británicos.

En 1959, visitan España políticos e estadistas de EEUU como Kissinger y Eisenhower, que aportan a España unha nova axuda de carácter militar e económico, recoñecendo así a súaimportancia xeoestratéxica na seguridade do Mediterráneo e o Atlántico.

O aperturismo consolídase co establecemento de relacións coa URSS en 1964.

O problema en Marrocos agrávase cunha serie de enfrentamentos armados en 1969 e a cesión de Sidi Ifni, pero mantendo o Sahara (intereses económicos nos fosfatos).

En 1968, prodúcese a descolonización de Guinea,trala petición da OUA en 1963,dando lugar á ditadura de Macías.

- 5ª etapa (1969-75). O novo ministro de AEE López Bravo, tecnócrata do OPUS, renova os acordos con EEUU e o Vaticano e consegue un acordo preferencial coa CEE en 1971, pero non soluciona os problemas de Gibraltar e do Sahara, onde a “Marcha Verde” dirixida polo rei marroquí Hassan II, en 1975, acabará obrigando a España a ceder ese territorio a Marrocos.

Neste momento prodúcese unha cierta involución do réxime (política represiva antiterrorista, problemas coa Igrexa), que conduce a un novo illamento internacional, coincidente coa enfermedade e morte do ditador que desemboca na crise e a liquidación do réxime franquista.

A POLÍTICA INTERIOR E A OPOSICIÓN AO FRANQUISMO.

RASGOS XERAIS DA POLÍTICA INTERIOR DO FRANQUISMO.

• A utilización da represión e o terror como método de intimidación e aniquilamento da oposición interior, sobre todo entre 1939-50 (fálase de entre 22.000 e 40.000 mortos).

• Dominio inicial dos sectores falanxistas no primeiro franquismo (1939-51) e dos sectorescatólicos a partir dos anos 50 (tecnócratas do OPUS).

• A oposición ao réxime: débil e clandestina inicialmente (anos 40 e 50), faise cada vez máisintensa (anos 60 e 70).

EVOLUCIÓN DA OPOSICIÓN AO RÉXIME FRANQUISTA.

Page 49: A ESPAÑA DO ANTIGO RÉXIME. A POBOACIÓN ESPAÑOLA NO … Imperio colonial marítimo español. • O inicio da crise política (1806-1807), débese a oposición dos fernandinos a

• Os dous principaies grupos de oposición ao réxime trala guerra civil están no exilio:

• Os Monárquicos, que piden a sustitución do franquismo (illado pola derrota do Eixe), pola Monarquía constitucional, de acordo co Manifesto de Lausana publicado por don Juan de Borbón en 1945.

• Os Republicanos, con organizacións en México (moderados) e Francia (radicais) e que publican os seus primeiros manifestos en 1943-44.

• 1939-50: represión ao catalanismo, anulación do Estatuto (1939), primeiros intentos de restauración monárquica por xenerais moderados (Moscardó, Varela) e nobres (duque de Alba). Primeiras folgas en Madrid, Biscaia e Barcelona (UGT, PSOE; CNT, PNV), e inicio da acción dos “maquis” ou guerrillas comunistas (1944-47).

• 1950-58: a oposición interior e as novas xeracións non implicadas na guerra, gañan en importancia con respecto á oposición nol exilio. Destacan o PSOE, o PCE e o PNV, do que xorde ETA en 1959, o FLP (Frente de Liberación Popular), xunto a grupos de dereita moderados como Acción Social de Ridruejo e Unión Española de Satrústegui.

Novas folgas no Pais Vasco e Cataluña, e movilización universitaria en 1956 en Madrid, coa consiguiente represión e cárcere aos líderes opositores (Tamames, Mugica, Gallardón, Ridruejo) e destitución dos rectores das Universidades de Madrid e Salamanca e do ministro de Educación Ruiz Jiménez.

• 1958-66: apróbase a Lei de Convenios Colectivos (1958), símbolo do aperturismo, perocontinúa a represión contra o FLP e os catalanistas (Pujol, Cañellas).

Desenrolo do movemento obreiro (USO, CCOO, UXT, CNT) e maior unidade política das forzas opositoras trala reunión de Munich en 1962 (socialistas, liberais, republicanos e democristianos). Continuación da represión: execución do anarquista Grimau (1963) e condena de cárcere e expulsión das súas cátedras universitarias a Tierno Galván e Aranguren, por parte de Fraga (ministro de Información e Turismo). Primeiros roces coa Igrexa.

• 1966-70: aprobación da “Lei de Prensa” ou lei Fraga, de 1966, inicio dunha certa liberalización dos aperturistas do franquismo e o Proceso de Burgos (1970), Consello de guerra contra varios etarras aos que finalmente se lles conmuta a pena de morte

• 1970-76: crise económica de 1973 e multiplicación das folgas e conflitos sociais, en Madrid, Barcelona (Seat), Ferrol, Vigo e Pais Vasco.

A corrupción do réxime (caso Matesa). División do goberno franquista entre aperturistas (Lei Xeral de Educación,1970, e Lei Sindical, 1971) e inmovilistas (Lei Antiterrorista, 1975, e condena a morte de membros de ETA e FRAP, ante a oposición internacional).

Enfrentamentos do réxime coa Igrexa (caso Añoveros, Tarancón) e coa oposición democrática moderada: “Xunta Democrática”, (PCE,1974) e “Plataforma Democrática”

Page 50: A ESPAÑA DO ANTIGO RÉXIME. A POBOACIÓN ESPAÑOLA NO … Imperio colonial marítimo español. • O inicio da crise política (1806-1807), débese a oposición dos fernandinos a

(PSOE e democristianos,1975), fusionados a finais de 1975 na” Plataxunta Democrática”, cun carácter de ruptura co réxime franquista.

Outros sucesos que contribúen ao clima de enorme inestabilidade dos últimos anos do réxime (a “agonía do franquismo”), son o asasinato do vicepresidente Carrero Blanco por ETA o 20 de Decembro de 1973 e o xuizo a dez dirixentes de CCOO, entre eles o seu líder Marcelino Camacho (proceso 1.001).

A morte de Franco, en Novembro de 1975, provoca a denominada “transición democrática”, que supón un pacto entre a oposición democrática (partidaria inicialmente da ruptura) e o franquismo moderado, mediante un proceso constituínte (1976-77) canalizado a través dunha Monarquía constitucional e parlamentaria.

A CRISE DO FRANQUISMO E A TRANSICIÓN DEMOCRÁTICA (1976-82).

A TRANSICIÓN CARA A DEMOCRACIA (1976-77).

Page 51: A ESPAÑA DO ANTIGO RÉXIME. A POBOACIÓN ESPAÑOLA NO … Imperio colonial marítimo español. • O inicio da crise política (1806-1807), débese a oposición dos fernandinos a

• A crise do franquismo como consecuencia dos cambios producidos na sociedade

española dos anos 70:

a) Aires aperturistas na Igrexa española; 1ª Asemblea conxunta de arzobispos e sacerdotes(1971), liderada polo recén nomeado arzobispo de Madrid, o cardenal Tarancón, reclamando máis liberdades individuais e criticando o Concordato e o nacional-catolicismo, (rectificación histórica da pastoral de 1937), condeando tanto aviolencia subversiva (terrorismo) como represiva (goberno franquista), dentro dun talante moito máis renovador.

b) Radicalización da clase obreira; nun período de maior industrialización (crecemento económico dos 60 e posterior crise económica nos 70).

• A resposta gubernativa é sempre a represión sobre todo nos últimos meses de 1975: estados de excepción, condeas a penas de morte de terroristas..., creando un panorama desolador só superado pola sucesión do rei Juan Carlos, ben recibida e apoiada polas democracias europeas.

Os inicios da Monarquía de Juan Carlos I : o Goberno de Arias Navarro.- O 12 de Decembro de 1975, prodúcese a formación dun novo goberno con persoalidades de diferente signo, algunhas do réxime anterior (Arias Navarro, Fraga, Areilza),destacando a postura inmovilista do presidente Arias Navarro.

Nestos primeiros meses de transición democrática, conviven os primeiros síntomas de cambio (primeras eleccións municipais, peticións de amnistía) coa continuidade de certos aspectos do réxime anterior, destacando dous feitos graves: a represión ás folgas de Vitoria de forma sanguenta polo ministro do Interior Fraga (Marzo de 1976) e os incidentes de Montejurra en Maio, ante os que o goberno adopta unha actitude ambigua.

Outras medidas contradictorias son o permiso de retorno aos exiliados, frente ao Consello de Guerra aberto aos líderes da UMD (Unión Militar Democrática).

O Goberno Suárez e la Lei para a Reforma Política.- A entrada en escea de Adolfo Suárez, sustituindo a Arias Navarro por nomeamento real, supón un xiro político, aprobándose as primeras leis de reunión e de legalización dos partidos políticos, además dunha lei de amnistía para presos políticos.

O 18 de Novembro de 1976, as Cortes aproban a Lei para a Reforma Política a través do seu presidente Torcuato Fernández Miranda, buscando o paso cara un sistema constitucional.

Procedeuse ademáis á convocatoria dun referondo popular para aprobar a lei o 15 de Decembro, o que supón a volta dos españois ás urnas.

Page 52: A ESPAÑA DO ANTIGO RÉXIME. A POBOACIÓN ESPAÑOLA NO … Imperio colonial marítimo español. • O inicio da crise política (1806-1807), débese a oposición dos fernandinos a

Os últimos meses de 1976 preludian un violento 1977, debido á crecente violencia ultradereitista e a conseguinte resposta de ETA e o GRAPO (secuestro do presidente do Consello de Estado, Antonio María de Oriol, en decembro).

O triunfo do sí por maioría absoluta (94 %) á Reforma Política no referendo popular supón un trunfo para o goberno Suárez pero que quedará empañado polos graves feitos da “Semana Negra” de Xaneiro de 1977 (secuestro do xeneral Villaescusa polo GRAPO, a matanza de Atocha, de abogados laboralistas de CCOO, ou a morte de un folguista, por partede ultradereitistas de Cristo Rei).

En Abril disólvese o Movemento e prodúcese un dos feitos fundamentais da transición: a legalización do PCE, a pesar da inquietude e oposición de certos sectores do exército e do chamado búnker (inmovilistas franquistas).

En Maio prodúcese a volta de exiliados como a Pasionaria, e a legalización dos sindicatos. Ogoberno alterna a permisividade e a tolerancia coa dureza policial, dentro dunha postura ambigua provocada polo enorme baleiro legal existente.

A saída política: as eleccións de Xuño de 1977 e a Constitución española.- A recente democracia española consolídase definitivamente a partir das eleccións de Xuño de 1977, a pesar da alta abstención.

O triunfo corresponde á UCD de Suárez (34 % de los votos), seguido do PSOE, PCE e AP, con gran apoio aos partidos nacionalistas vasco e catalán (14 %).

O 22 de Xuño o rei inaugura as Cortes que serán as encargadas de preparalo texto constitucional, por medio dunha Comisión Constitucional de 36 membros e unha ponencia de 7 diputados de todos os grupos políticos maioritarios (excepto o PNV).

O 11 de Setembro (Diada) iníciase o camiño para a concesión do Estatuto catalán e da Generalitat, presidida por Tarradellas. O 1 de Xaneiro de 1978 iniciase a preautonomía vasca.

A normalidade política contrasta coa crítica situación económica (forte inflación, paro, devaluación monetaria, enorme déficit exterior), que obriga ao goberno a pedir a colaboración de todos os partidos da oposición, empresarios e sindicatos, para relanzar a economía, firmándose ol 15 de Octubre os Pactos da Moncloa (o consenso político).

O terrorismo continúa a súa labor de desgaste a pesar das continuas amnistías (Outubro de 1977), dirixindo os seus atentados contra membros do Exército e da policía e poñendo ao goberno nunha situación moi difícil ante as presións da ultradereita ( a “Operación Galaxia, intento de golpe de estado desarticulado polo goberno en Novembro de 1978).

Tras 16 meses de discusions apróbase nas dúas Cámaras o proxecto constitucional, o 31 deOutubro, e o 6 de Decembro o pobo o respalda masivamente en referendo (87 %).

Page 53: A ESPAÑA DO ANTIGO RÉXIME. A POBOACIÓN ESPAÑOLA NO … Imperio colonial marítimo español. • O inicio da crise política (1806-1807), débese a oposición dos fernandinos a

A CONSTITUCIÓN ESPAÑOLA DE 1978.

Constitución de consenso entre as distintas forzas democráticas, é unha das máis progresistas e democráticas da nosa historia.

Ten dúas partes, unha dogmática: principios fundamentais e dereitos e deberes; e outra orgánica: organización do Estado, división de poderes, organización territorial e distribución de competencias ás distintas entidades territoriais.

Propugna un Estado social e democrático de Dereito, onde a Soberanía nacional reside no pobo e a nova forma política do Estado é a Monarquía Parlamentaria, quedando o rei privado do poder constituínte e subordinado a Constitución.

España é un Estado unitario que recoñece e garante o dereito á autonomía das nacionalidades e rexións que o integran, orixinando un novo modelo territorial, o Estado dasAutonomías, recoñecendo o castelán e as demáis linguas oficiais, cuns gobernos e Parlamentos propios en cadansúa das Comunidades Autónomas a través dun Estatuto de Autonomía.

Tamén se recoñece a pluralidade política e sindical, representada a través dos partidos políticos e sindicatos.

1) Dereitos,deberes e liberdades .- Adica 46 artigos ós dereitos fundadmentais dos españois que poden agruparse en :

- Dereitos civís: á vida, a igualdade ante a lei (raza,sexo, relixión…), á liberdade(persoal, de culto, de empresa…), propiedade privada, intimidade, ó honor persoal, obxección de conciencia, inviolabilidade de domicilio. Prohibición da tortura e da pena de morte.

- Dereitos políticos: liberdade de expresión, reunión (pacíficamente), asociación, votar e ser elexido, folga, formular peticións (iniciativa lexislativa).

- Dereitos sociais: ó traballo, ó salario mínimo, a educación, a vivenda…..

Todos estos deberes e dereitos denben de ser desenvovlidos por Leis Orgánicas (LODE; LOXSE, Lei Orgánica de liberdade Sindical, Lei Orgánica de Liberdade relixiosa….

Ademáis destes dereitos están recollidos uns principios rectores da política económica e social como: a protección a familia, as pensións para a terceira idade, servicios sociais para atender os problemas de saude, vivenda ou educación, fomento do deporte, construcción de vivendas sociais, protección ós minusválidos, ó medio ambiente e ó patrimonio histórico-artístico.

Para que estos mecanismos se cumplan os cidadáns poden apelar a figura do Defensor do Pobo. Estos dereitos poden ser suspendidos se se declara o estado de excepción ou de sitio, cunha lei orgánica propia.

Page 54: A ESPAÑA DO ANTIGO RÉXIME. A POBOACIÓN ESPAÑOLA NO … Imperio colonial marítimo español. • O inicio da crise política (1806-1807), débese a oposición dos fernandinos a

2) Os poderes do Estado.- Modelo de Estado unitario con competencias as rexións e nacionalidades. Hai pois un poder central (Coroa, Coretes e Goberno) compatible cos poderes das Autonomías ( Parlamentos e Gobernos propios).

- A Coroa: representada polo rei como xefe do Estado, cuxas función son sancionar as leis elaboradas polas Cortes, convocar e disolver as Cortes, convocar eleccións e referendos, propoñer ás Cortes ó candidato a Presidente, exerce o mando supremo das Forzas Armadas, declara a guerra e acorda a paz previa autorización das Cortes. Recibe do orzamento xeral unha cantidade para manter a súa casa e familia. O seu poder é poismoi limitado e simbólico. O rei reina pero non goberna.

- As Cortes Xerais: formadas por dúas Cámaras (Congreso Deputados e Senado), representando ó pobo español por medio de eleccións por circunscricións electorais (provincias), cada catro anos (lexislatura).

Os deputados son proporcionais a poboación de cada provincia e os senadores son catro por provincia máis un por Comunidade Autonóma e un máis por cada millón de habitantes.

A función lexislativa é a principal función das Cortes, elaborando os proxectos de lei en Comisións a través de iniciativas (poden ser populares con medio millón de sinaturas), que logo son aprobadas polo Consello de Ministros e devoltas ó Congreso e o Senado onde deben ser debatidas e ratificadas, senón se aproban hai que rectificalas. Cando por fin son aprobadas o rei debe sancionalas e publicalas no BOE para entrar en vigor.

As Cortes tamén aproban os orzamentos e controlan a acción do goberno

As excepcións son o referendo popular e o Decreto-lei, este último un procedemento de urxencia para casos extraordinarios que pode utilizar o Goberno.

- O Goberno: exerce o poder executivo, formado polo presidente, vicepresidente/s e os ministros. Dirixe a política interior e exterior, a administración e a defensa do Estado.

- Os Tribunais de Xustiza: formado por xuices e maxístrados independentes, dirixidos poloConsello Xeral do Poder Xudicial.

O Tribunal Supremo é o órgano xurisdiccional superior. O Tribunal Constitucional, está para recursos de inconstitucionalidade, violación de dereito e de liberdades e conflitos de competencia entre o Estado e as CCAA, ou destas entre si.

Page 55: A ESPAÑA DO ANTIGO RÉXIME. A POBOACIÓN ESPAÑOLA NO … Imperio colonial marítimo español. • O inicio da crise política (1806-1807), débese a oposición dos fernandinos a

O DESGASTE DO GOBERNO SUÁREZ. REFORMISMO FRONTE A REACCIÓN (1978-82).

• Celebración das primeiras eleccións xerais nun marco constitucional (1 de Marzo de1979), con gran abstención ( inercia do franquismo) e manténdose os resultados de1977, aínda cun claro aumento dos partidos nacionalistas (CiU, PNV, HB, PSA).

• Eleccións municipais (19 de Abril) con aumento de voto para os partidos de esquerda que acaparan a maioría dos concellos urbanos (42 % do voto para o PCE e o PSOE).

• A política interior do goberno Suárez é incapaz de resolver o problema vasco, ante o rexeitamento da poboación ao Estatuto e a continuación dos atentados terroristas, o que unido á crise económica e á división da UCD, leva a Suárez a dimitir (29 de Xaneiro de 1981), fortalecendo ao PSOE, símbolo do progresismo renovador, e que liderado por Felipe González acabará vencendo nas elecccións de outubro de 1982 por maioria absoluta, e gobernando España durante trece anos consecutivos (catro lexislaturas).

• Entre Xaneiro de 1981 e Outubro de 1982, goberna Calvo Sotelo, sustituíndo a Suárez. Nesa época España entra na OTAN

Page 56: A ESPAÑA DO ANTIGO RÉXIME. A POBOACIÓN ESPAÑOLA NO … Imperio colonial marítimo español. • O inicio da crise política (1806-1807), débese a oposición dos fernandinos a
Page 57: A ESPAÑA DO ANTIGO RÉXIME. A POBOACIÓN ESPAÑOLA NO … Imperio colonial marítimo español. • O inicio da crise política (1806-1807), débese a oposición dos fernandinos a