"A Cabeza do Dragón" , o novo espectáculo de PT ExcéntricasAutor: Ramón María del Valle-Inclán // Dramaturxia e Dirección: Quico Cadaval
[email protected] /// www.excentricas.net /// +34.618.752.105
"A Cabeza do Dragón” foi incluída polo autor, Ramón María del Valle-Inclán,
nunha coleción de farsas que, titulou, irónicamente, “Retábulo de marionetas para
educación de príncipes”. A historia conta, mais unha vez, a viaxe ao corazón do dragón que
se narra en todas as culturas do mundo, e tamen na nosa, a cultura europea.
Un príncipe, Verdemar, foxe do reino materno por ter desobedecido o rei, seu pai.
No seu camiñar, cheo de experiencias, vai dar ao reino de Micomicón, que está a tremer
baixo o alento fétido do Dragón. Como é costume, débenlle entregar a princesa Brancaflor
ao monstruo se queren salvar as vidas e as facendas do reino.
Mascarado para ocultar a súa identidade, Verdemar mata o Dragón coa espada máxica
e desaparece. Un capitán de bandidos, Espandián, topa a cabeza do monstro, e con ela vai
reclamar o premio: a man da princesa e a coroa do reino.
Ela rexeita o impostor, e aqui é onde traballa o Duende, que leva toda a historia a
cuidar do príncipe en pago dunha antiga débeda: a libertade.
Esta fabula, que é do dominio público, está brillantemente manipulado polo autor.
Valle-Inclán introduce elementos actuais, crítica social, brincadeiras políticas,
anacronismos argumentais, comentarios alleos á tradición do conto marabilloso... A función
liberadora do riso, a corrupción política, a violencia machista, a anacrónica institución da
monarquía, o medo á liberdade ou a banalización do amor romántico son temas da obra que
continúan de actualidade. Valle-Inclán, coas oportunas manipulacións, leva a fábula ao
grotesco contemporáneo que él creou: o esperpento.
Entre a magnética influencia do Xapón e a potente tradición da farsa europea, chea de
máscaras e de acrobáticos combates, móvese esta primeira versión galega de “A Cabeza
do Dragón” no 80 aniversario da morte de Valle-Inclán.
"A Cabeza do Dragón" , o novo espectáculo de PT ExcéntricasAutor: Ramón María del Valle-Inclán // Dramaturxia e Dirección: Quico Cadaval
[email protected] /// www.excentricas.net /// +34.618.752.105
PT Excéntricas conseguiou a colaboración de Baltasar Patiño, unha referencia no
teatro español, para o espazo escénico e a iluminación. A indumentaria e o deseño gráfico
será un traballo da imaxinación e da man de Suso Montero.
A música será unha partitura composta ex-profeso por Javier María López para a
noso espectáculo. A gravación desta BSO será dirixida polo maestro Diego García
Rodríguez, comandando o T.A.C (Taller Atlántico Contemporáneo) formado por
prestixiosos músicos, moitos deles profesores da Real Filharmonia de Galicia.
O espectáculo contará cunha coreografia específica de loitas e combates de Iván
Marcos. A versión galega e a dirección serán, mais unha vez, responsabilidade de Quico
Cadaval que contará cun alargado elenco de oito actores e actrices encabezado por Iván
Marcos, Yelena Molina, Víctor Mosqueira, Patricia Vázquez, María Costas, Josito
Porto, Marcos Orsi e Quico Cadaval que tamén estará presente en escea.
A estrea de “A cabeza do Dragón” será o 3 de marzo no Teatro Principal de
Santiago de Compostela. O resto de funcións da xira é a seguinte:
4, 5, 9, 10 e 11 de marzo.- Santiago de Compostela - Teatro Principal.
17 ao 20 de marzo.- A Coruña - Teatro Colón
24 de marzo.- O Barco de Valdeorras - Teatro Municipal Lauro Olmo
25 de marzo.- Cangas do Morrazo - Auditorio Cangas
31 de marzo.- Carballo - Pazo da Cultura
01 de abril.- Muros - Centro Cultural e Xuvenil
21 de abril.- Vigo - Auditorio Municipal
22 de abril.- Oleiros - Auditorio Gabriel García Márquez
05 de maio – Bertamiráns – Casa da Cultura
06 de maio.- Noia - Teatro Coliseo Noela
07 de maio – A Pobra do Caramiñal – Casa da Cultura
12 de maio.- A Estrada - Teatro Principal A Estrada
13 de maio.- Rianxo - Auditorio De Rianxo
14 de maio.- Cariño – Casa da Cultura
19 de maio.- Lalín - Salón Teatro
20 de maio.- Matosinhos - Teatro Municipal de Matosinhos Constantino Nery - Estrea en Portugal!
27 de maio.- Narón – Pazo da Cultura
"A Cabeza do Dragón" , o novo espectáculo de PT ExcéntricasAutor: Ramón María del Valle-Inclán // Dramaturxia e Dirección: Quico Cadaval
[email protected] /// www.excentricas.net /// +34.618.752.105
ELENCO ARTÍSTICO (Por orden alfabética)
Quico Cadaval
María Costas
Iván Marcos
Yelena Molina
Víctor Mosqueira
Marcos Orsi
Josito Porto
Patricia Vázquez
8 traballos escollidos dos 8 actores e actrices de “A Cabeza do Dragón”
YELENA MOLINA
Diante do Espello de Uttópico teatro (2013)
Personal Movie de Hector Carré (2012) Cinema
Matalobos de Voz Audiovisual (2012) Televisión
El Malentendido de La Guerrilla del Golem (2008)
Cuando yo era un pequeño pez de La Guerrilla del Golem (2008)
Mellor Interpretación Femenina Festival Máscara de Caoba
Las Penas Saben Nadar de Palenque Teatro (2007)
Mellor Actuación Femenina no V Certamen de Monólogos y
Unipersonales de Holguín
Óleo sobre Tela de José Armando Estrada (2007) Curtametraxe
Mellor Actuación Femenina no Festival de Invierno de Santa Clara.
Wemilere para Edipo de Palenque Teatro (2006)
IVÁN MARCOS
A Tempestade de Voadora (2014)
Pazo de Familia de José Besteiro (2014 – 2015) Televisión
Las Altas Presiones de Angel Santos Touza (2013) Cinema
Eurozone de Chévere (2013)
Galicia Canibal de Filmanova Invest (2013)
Invasor de Daniel Calparsoro (2012) Cinema
Todo es Silencio de José Luis Cuerda (2012) Cinema
Citizen Total de Chévere (2011)
"A Cabeza do Dragón" , o novo espectáculo de PT ExcéntricasAutor: Ramón María del Valle-Inclán // Dramaturxia e Dirección: Quico Cadaval
[email protected] /// www.excentricas.net /// +34.618.752.105
VÍCTOR MOSQUEIRA
Casa Manola de Filmanova (2015 – 2016) Televisión
Mofa & Befa (1992 – 2016)
Mellor Actor Secundario por Finimundi Circus
Os amores de Jacques o fatalista de Excéntricas (2016)
Galicia Canibal de Filamnova Invest (2013)
María Casares Mellor Actor Secundario
A Ópera das 3 Reas de Centro Dramático Galego (2011)
Un Cranio Furado de Excéntricas (2010)
Obra de Excéntricas (2008)
María Casares Mellor Actor Protagonista
Noite de Reis de Centro Dramático Galego (2007)
PATRICIA VÁZQUEZ
Augasquentes de Ficción Produccións (2016) Televisión
Era Visto de Producciones Zopilote (2010 – 2016) Televisión
Os Fenómenos de Alfonso Zarauza (2012) Cinema
Padre Casares de Voz Audiovisual (2007 – 2015) Television
O O Ano da Cometa de Centro Dramático Galego (2004)
Memoria de Antígona de Centro Dramático Galego (1998)
Como en Irlanda de Centro Dramático Galego (1996)
Yerma de Centro Dramático Galego (1990)
QUICO CADAVAL
Premio da Cultura Galega 2011
Bobas & Galegas de Excéntricas (2014)
A Ópera das 3 Reas de Centro Dramático Galego (2011)
Shakespeare para Ignorantes (2009)
Premio Max Mellor Texto Orixinal en Galego
Noite de Reis de Centro Dramático Galego (2207)
María Casares á Mellor Dirección
O Ano da Cometa de Centro Dramático Galego (2004)
María Casares Mellor Texto
As Dunas de Centro Dramático Galego (2001)
Espantoso de Mohicania (2001)
María Casares Mellor Texto
Días sen Gloria de Teatro do Aquí (1993)
"A Cabeza do Dragón" , o novo espectáculo de PT ExcéntricasAutor: Ramón María del Valle-Inclán // Dramaturxia e Dirección: Quico Cadaval
[email protected] /// www.excentricas.net /// +34.618.752.105
JOSITO PORTO
Fontealba de Televisión de Galicia (2016) Televisión
Ensaio sobre a ceguera de Sarabela Teatro (2014)
As Mil Vidas de Matías Houseman de Teatro do Adro (2013)
María Casares Mellor Actor Protagonista
O Florido Pensil de Eme2 (2011)
Libro de Familia de Televisión de Galicia (2009) Televisión
Sexismunda de Sarabela Teatro (2001)
María Casares Mellor Actor Secundario
Nano de Teatro do Adro (1997
María Casares Mellor Actor Protagonista
Pratos Combinados de Televisión de Galicia (1995 – 2006)
MARÍA COSTAS
Casa Manola de Filmanova (2015 – 2016) Televisión
Os amores de Jacques o fatalista de Excéntricas (2016)
Da Vinci Tiña Razón de Excéntricas (2013)
Galicia Canibal de Filmanova Invest (2012)
Decorcheas de Teatro de Ningures (2003)
Divinas Palabras de José Luís García Sánchez (1989)
Picnic de Teatro Artello (cofundadora de Artello) (1981)
Viaxe ao país de Ningures de Teatro Artelllo (1981)
MARCOS ORSI
Os Amores de Jacques o Fatalista de Excéntricas (2016)
Matalobos de Voz Audiovisual (2010 – 2011) Televisión
A Ópera dos tres réas de Centro Dramático Galego (2011)
Noite de Reis de Centro Dramático Galego (2007)
A miña sogra e mais eu de Voz Audiovisual (2005) Televisión
Rias Baixas de Zenit Televisión (2001 – 2004) Televisión
Commedia, un Xoguete para Goldini (1993) de Ollomol Tranvía
Premio Compostela de Teatro ó Mellor Actor Protagonista
Moleques de Ollomol teatro Submarino (1989)
"A Cabeza do Dragón" , o novo espectáculo de PT ExcéntricasAutor: Ramón María del Valle-Inclán // Dramaturxia e Dirección: Quico Cadaval
[email protected] /// www.excentricas.net /// +34.618.752.105
Top Related