PROGRAMA
2
GUÍA DIDÁCTICAPROGRAMA RECÍCLATE
CON SOGAMAINTRODUCIÓN
Os residuos urbanos constitúen unha das principais
ameazas medioambientais ás que debemos facer fronte.
Todos, sen excepción, producimos desperdicios e,
ademais, facémolo a diario, sen ser conscientes do dano
que estamos a ocasionar ao planeta no que vivimos.
Non podemos permitir que o lixo perxudique o noso
contorno natural e que acabe afectando á nosa saúde,
ao noso benestar e á nosa economía. É hora de poñerse
ao choio.
Conseguiremos minimizar este problema se
todos aportamos algo. Trátase de asumir a nosa
responsabilidade e levar á práctica pequenos xestos,
hábitos e comportamentos cos que contribuír a unha
xestión sostible dos refugallos.
3
GUÍA DIDÁCTICAPROGRAMA RECÍCLATE
CON SOGAMA
Co obxecto de facilitar que a veciñanza en xeral poida
interiorizar a famosa estratexia dos tres erres (Redución,
Reutilización e Reciclaxe), o traballo dos concellos a
través da educación ambiental resulta esencial.
Así, a pretensión desta guía, non é outra que a
de subministrar a información básica relativa á
axeitada xestión dos residuos domiciliarios a fin
de que sexa trasladada á comunidade educativa
con suficientes garantías.
INTRODUCIÓN
4
GUÍA DIDÁCTICAPROGRAMA RECÍCLATE
CON SOGAMA
Ademais dos beneficios ambientais, a redución
da produción de refugallos e a correcta
clasificación dos mesmos en orixe, traerá
consigo importantes vantaxes para as arcas locais,
conseguindo diminuír as cantidades de lixo remitidas a
Sogama e, polo tanto, o importe da factura que deben
pagar a esta entidade pública, ao tempo que recibirán
máis ingresos por parte dos Sistemas Integrados de
Xestión (SIG).
INTRODUCIÓN
5
GUÍA DIDÁCTICAPROGRAMA RECÍCLATE
CON SOGAMAOS TRES ERRES
Reducir, Reutilizar e Reciclar
ou, o que é o mesmo, a estratexia comunitaria dos tres
erres, constitúe o soporte de todo sistema de xestión
de residuos, con independencia do tratamento finalista
polo que se teña optado. No caso de Sogama, esta
Sociedade engade un cuarto R, o da Recuperación
enerxética da fracción non reciclable, que transforma
en electricidade dunha forma limpa. Así, logra poñer en
valor, desde o máximo respecto ao medio ambiente e á
saúde pública, aquela parte dos residuos que, doutro
xeito, acabarían nun vertedoiro, última opción na xestión
xerarquizada que promulga a Unión Europea.
6
GUÍA DIDÁCTICAPROGRAMA RECÍCLATE
CON SOGAMA
Non é máis que producir menos residuos. O lixo que
acumulamos nas nosas casas ao final do día ten que
ser tratado e isto supón un gran custe, tanto ambiental
como económico. Se logramos diminuír a cantidade de
desperdicios xerados, axudaremos a protexer o medio
ambiente e a aforrar cartos. Porque a súa recollida e axeitado
tratamento constitúen servizos esenciais que, ao igual que a
auga, a luz, a gasolina, etc, debemos pagar. Cantos menos
refugallos xeremos, menos refugallos a tratar.
CLAVES PARA REDUCIRConsumir de forma responsable. O mellor é elaborar unha
lista do que realmente se necesite.
Evitar a adquisición de produtos sobreenvasados e
sobreempaquetados.
Evitar os artigos de usar e tirar.
Poñer freo ao consumo desmesurado de bolsas plásticas.
Reutilizar as de tea e rafia e recuperar o tradicional carriño da
compra. É moito máis cómodo e ecolóxico.
REDUCIR
7
GUÍA DIDÁCTICAPROGRAMA RECÍCLATE
CON SOGAMA
Aproveitar os restos de alimentos para a elaboración de
novos menús, evitando que acaben no caldeiro do lixo.
Sogama editou no seu momento unha publicación,
bautizada co nome “Para repañar o prato!”, na que dá
conta de distintas receitas de cociña a partir de sobras
de comida. O contido da mesma está a disposición dos
interesados a través da na súa páxina web, na seguinte
ligazón:
www.sogama.es/gl/info/publicacions
www.aproveitatedoquechesobra.es
REDUCIR
8
GUÍA DIDÁCTICAPROGRAMA RECÍCLATE
CON SOGAMA
Significa alongar a vida útil dos produtos antes de que acaben
sendo convertidos en residuos.
CLAVES PARA REUTILIZARUsar o papel polas dúas caras e optar polo papel reciclado.
Utilizar pratos e vasos de louza, cerámica e cristal e rexeitar a
súa versión en plástico.
Dar preferencia aos panos de mesa e panos de man de tea en
lugar de panos de mesa e panos de man de papel.
Os botes de vidro pódense utilizar de novo para envasar
distintos produtos e gardar determinados utensilios. Tamén se
poden empregar como elementos decorativos.
As latas de bebidas pódense converter en lapiceiros e
pequenas macetas para plantas. Coas argolas ata se poden
fabricar pulseiras.
REUTILIZAR
9
GUÍA DIDÁCTICAPROGRAMA RECÍCLATE
CON SOGAMASEPARAR PARA RECICLAR
Consiste en clasificar axeitadamente os residuos en orixe
e depositando cada tipoloxía no contedor correspondente
a fin de propiciar o seu posterior reciclado.
Á hora de separar, os envases pódennos dar pistas. A
través deste símbolo , coñecido como Punto Verde,
indícase que o fabricante que puxo un determinado
envase no mercado pagou unha cantidade de diñeiro
para facer posible a súa reciclaxe. Deste xeito teremos
a certeza que ese envase, unha vez convertido en
refugallo, poderase depositar nun dos tres contedores
de recollida selectiva que hai nas rúas: o iglú verde,
se é de vidro, no azul, se é de papel ou cartón, ou no
amarelo, se é un envase de plástico, de metal ou un brik.
10
GUÍA DIDÁCTICAPROGRAMA RECÍCLATE
CON SOGAMASEPARAR PARA RECICLAR
ContedorAmarelodestinado a acoller latas, briks e
envases de plástico, ou, o que é
o mesmo, a denominada
“bolsa amarela”.
Botellas de plástico que contiveran líquidos (aceites
vexetais, refrescos, augas minerais, leite).
Botes de plástico groso que contiveran produtos de
aseo ou limpeza (xel de baño, xampú, lavalouza,
suavizante, etc).
Latas de bebidas e de conservas.
Briks de leite, viño ou zumes de froitas.
Bandexas de porexpán ou corcho blanco.
Redes de envoltorios de froitas ou verduras.
Plásticos filme: bolsas finas, plástico para envolver.
Envases mixtos distintos aos briks tales como bolsas de
aperitivos, envases de bolería industrial...
11
GUÍA DIDÁCTICAPROGRAMA RECÍCLATE
CON SOGAMASEPARAR PARA RECICLAR
Non se debe depositar nestes recipientes residuos de
plástico que non sexan envases (por exemplo, xoguetes,
cepillos de dentes, rotuladores, películas de vídeo, carretes
de fotos, cables eléctricos, enchufes, etc) e, por suposto,
non introducir neste contedor cueiros, restos de alimentos,
papel, vidro, pilas, etc.
Recorda que o plástico elabórase cun dos recursos
naturais máis valiosos e non renovables da terra: o petróleo.
“Cada hora os españois tiramos ao lixo miles de botellas
de plástico coas que se podería cubrir toda a superficie da
Península ao cabo dun ano”.
Ten en conta que:Para unha manipulación máis hixiénica e unha mellor
reciclaxe, aconséllase que os envases estean baleiros
antes de depositalos no contedor amarelo.
Non se deben introducir uns envases dentro doutros, xa
que isto dificulta o labor das plantas de clasificación.
É conveniente pregar todos os envases que o permitan, xa
que deste xeito ocuparán menos espazo, tanto no fogar
como no contedor.
ContedorAmarelo
12
GUÍA DIDÁCTICAPROGRAMA RECÍCLATE
CON SOGAMASEPARAR PARA RECICLAR
ContedorAzulno que debemos depositar papel
e cartón. Por exemplo...
Xornais e revistas.
Cadernos (sen argolas, grampas nin arames).
Papel de envolver, de embalar.
Caixas de cartón.
Cartóns de ovos.
Acolchado de embalaxes (cando sexa de papel ou
cartón).
Libros.
Non se debe depositar papeis de calco, briks de leite,
zume e viño, así como papel ou cartón sucios de graxa.
Recorda que “cada ano tiramos ao caldeiro do lixo uns
3 millóns de quilos de papel e cartón. Con eles poderíase
levantar un muro dunha punta a outra do país”. ContedorAzul
13
GUÍA DIDÁCTICAPROGRAMA RECÍCLATE
CON SOGAMASEPARAR PARA RECICLAR
IglúVerdedestinado á recollida de botellas,
frascos e tarros de vidro.
Non se deben depositar tapas, tapóns e cortizas, así como
vidros especiais (parabrisas, pantallas de televisión e
ordenador, lámpadas, espellos, etc.).
Recorda “cada semana tiramos ao lixo entre 20 e 25
toneladas de envases de vidro. Con eles poderías encher
un rañacaeos desde o sótano ata o último piso”.
14
GUÍA DIDÁCTICAPROGRAMA RECÍCLATE
CON SOGAMASEPARAR PARA RECICLAR
Minicontedorde pilas:
Recorda que é necesario dar preferencia ao uso de pilas
recargables ou “verdes”, que non conteñen metais tales
como mercurio e cadmio. Aínda que, en principio, poden
resultar máis caras, a longo prazo saen máis económicas
(recárganse miles de veces) e ecolóxicas.
pódese atopar en centros
escolares, concellos, asociacións,
establecementos comerciais, etc.
As pilas botón, utilizadas
especialmente en audífonos,
calculadoras e algúns reloxios, son máis contaminantes. Unha
soa pila de botón pode chegar a contaminar ata 600.000 litros
de auga, e unha alcalina, 167.000 litros.
15
GUÍA DIDÁCTICAPROGRAMA RECÍCLATE
CON SOGAMASEPARAR PARA RECICLAR
ContedorXenériconeste debemos depositar
os residuos orgánicos e non
reciclables (cueiros, compresas,
panos de mesa de papel, roupa
deteriorada, etc.).
Recorda que naqueles lugares nos que sexa factible, a
compostaxe doméstica pode representar unha magnífica opción
para reducir a produción de residuos e contribuír á reciclaxe da
materia orgánica, incorporándoa de novo ao solo en forma de
fertilizante natural.
16
GUÍA DIDÁCTICAPROGRAMA RECÍCLATE
CON SOGAMA
Os habitantes do rural poden avaliar a posibilidade de
facerse cun composteiro, no que deben depositar restos
orgánicos, vixiando que a humidade e temperatura do
mesmo sexa a axeitada. Con isto terán a oportunidade
de fabricar un abono de calidade para utilizar nas hortas
e xardíns das súas casas, diminuíndo as cantidades
de residuos destinadas ao contedor xenérico. Sogama
dispón dun manual de autocompostaxe para axudar aos
interesados a fabrica un bo compost. Pódese descargar a
través da seguinte ligazón:
www.compostaconsogama.gal
SEPARAR PARA RECICLAR
17
GUÍA DIDÁCTICAPROGRAMA RECÍCLATE
CON SOGAMA
Así mesmo, podes poñer a proba os teus coñecementos
en materia de recollida selectiva co xogo interactivo de
Sogama “Separar para reciclar”, accesible dende o seu
sitio web
www.sogama.es/gl
SEPARAR PARA RECICLAR
18
GUÍA DIDÁCTICAPROGRAMA RECÍCLATE
CON SOGAMA
A súa función é recoller os residuos perigosos xerados no
fogar (fluorescentes, vernices, envases de insecticidas e
fitosanitarios, aceites vexetais usados, …); voluminosos
(mobles, colchóns, …), residuos de liña branca (lavadoras,
frigoríficos, …) e de liña marrón (televisores, equipos de
música, ordenadores), así como restos de pequenas obras
en domicilios.
Os puntos limpos son recintos pechados que contan con
contedores específicos para cada tipo de material.
Puntos limpos
Recorda que “cada residuo destínase ao seu
correspondente reciclador, onde recibe un axeitado
tratamento conforme as súas características e grao de
toxicidade”.
19
GUÍA DIDÁCTICAPROGRAMA RECÍCLATE
CON SOGAMARECICLAXE E TRATAMENTO FINAL DO LIXO
Das distintas fraccións de residuos anteriormente sinaladas,
Sogama asume a xestión de dúas: o contedor amarelo
(envases lixeiros) e o contedor xenérico (fracción resto). Do
resto encárganse directamente os concellos, entregándoos
a xestores autorizados.
PROCESO DE RECICLADO DA BOLSA AMARELAOs envases depositados no recipiente de cor amarela seguen este percorrido:
Selección no fogar e correcto depósito no contedor amarelo.
Recollida diferenciada polos servizos municipais.
Traslado á estación de transferencia máis próxima (en Galicia hai 37), onde os envases lixeiros se trasvasan a contedores de maior capacidade (20 toneladas cada un).
A B
CA
B
C
20
GUÍA DIDÁCTICAPROGRAMA RECÍCLATE
CON SOGAMARECICLAXE E TRATAMENTO FINAL DO LIXO
Transporte destes contedores á Planta del Clasificación de Sogama, situada no Complexo Medioambiental de Cerceda, na provincia da Coruña.
Selección mecánica das distintas tipoloxías de material e prensado e embalado das mesmas.
Remisión do material clasificado aos centros recicladores e reincorporación ao circuíto comercial como novos produtos.
D E
F
D
E
F
21
GUÍA DIDÁCTICAPROGRAMA RECÍCLATE
CON SOGAMARECICLAXE E TRATAMENTO FINAL DO LIXO
As técnicas de reciclado varían en función do tipo de material. No caso dos envases de plástico, hai dúas opcións: o reciclado mecánico, quizás o máis utilizado para os obxectos de maior tamaño, e o reciclado químico. Respecto do primeiro, a secuencia de tratamento consiste en triturar os envases e fundir as escamas resultantes, obtendo uns gránulos, denominados “granza”, materia prima que se utiliza para a fabricación de novos obxectos de plástico reciclado.
O reciclado químico considérase máis apropiado para os envases que conteñen unha mestura de plásticos difíciles de separar, descompoñendo o material nas súas unidades máis pequenas (polímeros).
En realidade é coma se se dese “marcha atrás” ao momento da súa fabricación, conseguindo así a materia prima básica.
Maceteiros, caldeiros, tubaxes de desaugadoiro, cadeiras, bancos, sinais de tráfico, baldosas, paneis, etc, constitúen, entre outros, obxectos procedentes da reciclaxe de plástico duro.
A partir do plástico fino pódense obter sacos industriais, bolsas plásticas para o lixo, … E, a partir do Pet (Polietileno Tereftalato – as típicas botellas plásticas de auga e refrescos-) podemos confeccionar traxes de poliéster, recheo sintético, alfombras, felpudos, …
22
GUÍA DIDÁCTICAPROGRAMA RECÍCLATE
CON SOGAMARECICLAXE E TRATAMENTO FINAL DO LIXO
Os envases metálicos son sometidos a un proceso de refundición para fabricar novos envases e outro tipo de pezas. Pódense reciclar de 30 a 40 veces.
Pola súa parte, os briks, que, como ben sabemos, permiten unha óptima conservación dos produtos, entrañan quizás maiores dificultades á hora de ser reciclados. A razón reside no seu carácter mixto, xa que están compostos por unha capa de papel de alta calidade, que lles proporciona rixidez; outra de aluminio, que preserva os alimentos da luz e do osíxeno; e outra máis de polietileno (plástico), que lles confire estanquidade. Na actualidade, existen dúas alternativas de aproveitamento: o repulpado ou hidropulpado, mediante o cal se separan, nun tambor de auga, as fibras de cartón do resto de materiais. Mentres que estas se utilizan para fabricar novos produtos de papel reciclado tales como bolsas, sacos de papel, oveiras, etc, o polietileno e o aluminio valorízanse enerxeticamente.
Outra posibilidade é triturar os briks na súa totalidade, converténdoos nunha masa que se quenta e prensa a uns 170ºC co obxectivo de fundir o plástico, que actúa como pegamento entre os distintos compoñentes. O resultado é unha plancha de aglomerado, resistente e impermeable, que sirva para fabricar mobles, chans, paneis, maletas, etc.
23
GUÍA DIDÁCTICAPROGRAMA RECÍCLATE
CON SOGAMARECICLAXE E TRATAMENTO FINAL DO LIXO
As posibilidades da reciclaxe son moitas e as súas vantaxes ambientais, a nivel de aforro de enerxía e materias primas, incuestionables, pero non deben perderse de vista os beneficios económicos para as arcas locais. E é que canto mellor se faga a recollida selectiva, maior cantidade e calidade dos materiais desviados a reciclaxe, recibindo os concellos máis ingresos por parte dos Sistemas Integrados de Xestión, coa particularidade de que, ao depositar menos refugallos nos contedores convencionais, reducirán o importe da factura que deben pagar a Sogama pola xestión e tratamento da bolsa negra.
Reciclar non é máis que poñer en valor os residuos, ampliando o seu ciclo de vida, pero a viabilidade de todo isto está condicionada polo labor máis importante, a que está nas nosas mans: a separación.
24
GUÍA DIDÁCTICAPROGRAMA RECÍCLATE
CON SOGAMARECICLAXE E TRATAMENTO FINAL DO LIXO
PROCESO DE RECUPERACIÓN DA BOLSA NEGRASelección no fogar e correcto depósito dos residuos orgánicos e non reciclables no contedor xenérico.
Recollida diferenciada polos servizos municipais.
Traslado á estación de transferencia máis próxima (o territorio galego dispón de 37), onde se trasvasa a contedores de gran capacidade (20 toneladas cada un).
A
B
C
25
GUÍA DIDÁCTICAPROGRAMA RECÍCLATE
CON SOGAMAEsquema funcionamiento dunha planta de transferencia tipo
FASE IO camión de recollida domiciliaria accede ao recinto e, despois de ser pesado, sube ata unha plataforma superior.
FASE IIIUn sinxelo émbolo introduce os RU nun contedor, sen empacamento nin apertura de bolsas ou cualquera outra manipulación.
FASE IIUnha vez situado en posición, realiza a descarga sobre a moega.
FASE IVFinalizada a descarga, a instalación queda pechada esperando a chegada do seguinte camión de recollida.
26
GUÍA DIDÁCTICAPROGRAMA RECÍCLATE
CON SOGAMARECICLAXE E TRATAMENTO FINAL DO LIXO
Transporte destes contedores, por tren ou estrada, ao
Complexo Medioambiental de Sogama en Cerceda (A
Coruña). Mentres que por estrada se pode desprazar un so
contedor por viaxe, a través do ferrocarril pódense mover ata
30 unidades á vez, cos conseguintes beneficios ambientais
e sociais. Entre o 40 e o 45% dos residuos procesados no
Complexo cercedense desprázanse por tren. Sogama está a
promover o transporte de lixo por tren.
Depósito do lixo na Planta de Elaboración de Combustible,
onde se separan elementos reciclables tales como o aceiro,
o aluminio e o vidrio que son remitidos á industria recicladora.
Os non reciclables son clasificados por tamaños (superior
e inferior a 12 centímetros), triturando a parte grosa e
secando a parte fina. Ambas as dúas fraccións mestúranse
a posteriori acondicionando un combustible derivado de
residuos (CDR) que se valoriza de forma controlada na Planta
Termoeléctrica para producir enerxía eléctrica suficiente
coa que abastecer 100.000 vivendas o unha cidade como
Vigo. Deste xeito a entidade logra engadir aos tres erres, un
cuarto, o da Recuperación enerxética.
D
E
27
GUÍA DIDÁCTICAPROGRAMA RECÍCLATE
CON SOGAMARECICLAXE E TRATAMENTO FINAL DO LIXO
Sogama utiliza modernas tecnoloxías de depuración de gases
coas que garante que as emisións á atmosfera estean moi
por baixo dos límites fixados pola lei, levando a cabo unha
actividade industrial absolutamente respectuosa co medio
ambiente e a saúde das persoas.
F
28
GUÍA DIDÁCTICAPROGRAMA RECÍCLATE
CON SOGAMA
Dado que o Complexo Medioambiental se atopa sobresaturado (ten capacidade para procesar un máximo de 550.000 toneladas anuais e a Sociedade recibe preto de 800.000), este apóiase nun vertedoiro controlado (o vertedoiro de Areosa) no que se deposita o excedente de lixo e se aproveita o biogás producido pola descomposición da materia orgánica para transformalo en enerxía eléctrica. Con isto evítase, ademais, a emisión directa de gas metano á atmosfera, contribuíndo a paliar o efecto invernadoiro e ao cambio climático.
RECICLAXE E TRATAMENTO FINAL DO LIXO
G HDeste proceso queda
un residuo final: as
escouras e as cinzas,
que son dispostas de
forma controlada en
depósitos independentes
habilitados para tal fin.
29
GUÍA DIDÁCTICAPROGRAMA RECÍCLATE
CON SOGAMA
No marco do Plan galego de Xestión de Residuos Urbanos
2010-2020 e tomando como referencia a economía circular,
Sogama procederá á ampliación das súa infraestrutura
industrial de Cerceda. Con tal fin, porá en marcha unha
Planta de Clasificación dos envases contidos no lixo en
masa, e que permitirá recuperar, ademais do aceiro,
aluminio e vidro (que xa se está a facer actualmente),
o plástico e papel/cartón. Con isto, a capacidade do
complexo verase aumentada nun mínimo dun 36%,
pasando das 550.000 toneladas anuais ás 750.000,
incrementando a súa aportación á reciclaxe nun 30% e
diminuíndo o vertido na mesma proporción. Cabe recordar
que o depósito de lixo no vertedoiro de residuos non
perigosos de Cerceda reduciuse desde o ano 2008 nun
55%. A esta instalación desviarase, única e exclusivamente,
aquela parte do lixo que non se poida reciclar nin recuperar
material ou enerxeticamente. Así mesmo, a empresa
tamén habilitará, no vertedoiro de Areosa, unha planta
de compostaxe, con capacidade para 15.000 toneladas
anuais, que se nutrirá coa materia orgánica xerada por
grandes produtores tales como establecementos de
hostelaría, mercados, centros comerciais, hospitais, centros
penitenciarios, etc.
http://cmaot.xunta.gal/plans-e-programas?content=/
portal-web/contidos/plan/plan_0001.html
NOVOS HORIZONTES
30
GUÍA DIDÁCTICAPROGRAMA RECÍCLATE
CON SOGAMA
296 dos 315 concellos existentes en Galicia utilizan os servizos
de Sogama para a xestión do lixo convencional. Isto quere dicir
que en torno a 2.316.000 habitantes entregan a esta empresa
pública os refugallos depositados nos contedores xenéricos
(habitualmente de cor verde).
295 dos 315 municipios envían a Sogama os residuos
introducidos pola poboación nos contedores amarelos, o que
implica que en torno a 2.264.000 habitantes entregan a esta
entidade os envases de plásticos, as latas e os briks xerados
nos seus fogares.
20 Plantas de Transferencia de SOGAMAComplexo Medioambiental de SOGAMA11 Microplantas da Diputación de Ourense5 Plantas de Transferencia construidas pola Xunta1 Planta da Mancomunidade do Morrazo
SOGAMAPENDENTENOSTIÁNBARBANZA
MAPA SITUACIÓN DA XESTIÓN DOS RESIDUOS URBANOS EN GALICIA
31
GUÍA DIDÁCTICAPROGRAMA RECÍCLATE
CON SOGAMA
Coa reciclaxe de 1 quilo de latas de aceiro, afórrase a
enerxía suficiente para manter acendida unha lámpada
de 60 W durante dous días, mentres que tirar unha lata de
aluminio equivalería a desperdiciar a enerxía de media lata de
gasolina.
A enerxía que se aforra reciclando unha soa lata de aluminio
pode facer funcionar un televisor durante tres horas.
Coa reciclaxe de 2 toneladas de briks afórrase o equivalente
a unha tonelada de petróleo.
Non existe límite ao número de veces que se pode fundir e
reutilizar o aluminio. A lata que estás bebendo hoxe pode ser
parte doutro envase de hai 20 anos. E se a reciclas, poida
que alguén beba dela dentro doutros vinte.
No contorno natural, unha lata férrica de refresco tarda 8 anos
en degradarse, e 100 anos se é de aluminio. Unha botella de
plástico seguirá intacta 10 anos despois e, se non lle dá a luz,
permanecerá inalterable durante séculos.
As bolsas plásticas non biodegradables tardan 4 séculos en
descompoñerse.
Unha tonelada de papel de primera calidade necesita para
a súa fabricación 200.000 litros de auga, mentres que unha
tonelada de papel reciclado só consume 20.000 litros.
SABÍAS QUE …
32
GUÍA DIDÁCTICAPROGRAMA RECÍCLATE
CON SOGAMA
O papel variado (que inclúe caixas de ovos, de zapatos, de
cereais, de galletas, papel de regalo, sobres, propaganda,
tubos de papel hixiénico, …) non se pode reciclar para
converterse en papel de escribir de gran calidade, pero
pódese transformar en cartolina (como a utilizada na caixas
de cereais) e en papel para impermeabilizar tellados.
De cada 1.000 quilos de cartón que se recollen, obtéñense
850 quilos de cartón reciclado.
Reciclar unha soa botella de vidro pode aforrar enerxía
suficiente para ter acendida unha lámpada de 100 W durante
catro horas ou un televisor durante tres horas.
PARA MÁIS INFORMACIÓN
www.sogama.es
www.facebook.com/educacionambientalsogama
www.twitter.com/#!/EASogama
www.cadernoverde.com
www.aproveitatedoquechesobra.es
www.compostaconsogama.gal
www.xunta.gal
SABÍAS QUE …
PROGRAMA
Top Related