Download - 100lecturas

Transcript
Page 1: 100lecturas

Bó día integrantes do clube!

Son Rantamplín, un dos máster-devoralibros e teño que dicir que ooutro día saltou a alarma vermella no centro de mando...rápidamente activei o localizador para coñecer de onde proviña aalerta e o GPS localizouna no segundo andar do CEIP de Caión.Sónavos?Estiven recollendo información e descubrín que a orixe da alerta

sodes vós!!! Un grupo de 1º e 2º dun cole... no centro de mando non o podíamos crer!

Seguimos analizando datos e descubrimos que pasou : SUPERÁCHEDES OMARCADOR DE 100 LECTURAS!!! e só desde setembro! Incríble, desde a sécentral dos Devoralibros queremos enviarvos a nosa máis sinceranoraboa, nunca uns rapaces tan novos lograran tal fazaña!!!

Cando xa pensabamos que ninguén no mundo devoraba libros e que onoso clube podía desaparecer pola falta de devorines, ninja-devoradores,mestres-devoradores e expertos devoradores xusto aparecedes vos e facedessaltar a alarma. De verdade, en nome de todo o equipo do clube: Moitasgrazas! E felicitacións!

Estamos tan impresionados que queremos celebralo.Nos vindeiros días recibiredes unha caixa cos certificados de Mestres -Devoralibros, utensilios para a celebración e algunha que outra sorpresaasí que atentos ao correo! Polo de agora, e xa que o sistema de controlindica que estades facendo un montón de traballos sobre o universo e oespazo queremos facervos entrega desta obra de arte que creamosespecialmente para vos coa axuda do ilustrador Jose Garza.

Que contentos estamos, noraboa, Devoralibros e pronto teredes novasnosas!

Asdo: Rantamplín