Yolanda castaño

14
Yolanda Castaño Entrevista IES Manuel García Barros A Estrada Literatura Galega do Século XX e da Actualidade Texto: © Cc-by-sa-3.0 Fotos: © Todos os dereitos reservados miércoles 16 de enero de 2013

Transcript of Yolanda castaño

Page 1: Yolanda castaño

Yolanda Castaño

EntrevistaIES Manuel García Barros

A Estrada

Literatura Galega do Século XX e da Actualidade

Texto: © Cc-by-sa-3.0Fotos: © Todos os dereitos reservados

miércoles 16 de enero de 2013

Page 2: Yolanda castaño

Supoño que o marcaron moito, en efecto tanto persoal como literariamente, e mesmo me sinto unha privilexiada por ter asistido en primeira persoa a todo aquel efervescente caldo de cultivo que se viviu, nomeada e moi especialmente, na segunda metade dos anos 90. Santiago de Compostela era a capital dun bulir de proxectos literarios, aínda que tamén convivía con outros focos xeográficos como por exemplo a Costa da Morte. Xurdían proxectos editoriais alternativos, outros formatos para dar a coñecer a poesía máis moza, fanzines, follas voandeiras, colectivos literarios e sobre todo o auxe do fenómeno do recital poético, da volta á oralidade na procura do contacto directo co lector. Celebrábanse eventos puntuais ou ciclos de recitais poéticos nos pubs, nos bares, nos IES, nas Facultades. Penso que, se ben á hora de elaborar a propia obra cada quen desenvolveu un traballo abondo individual, na proxección e difusión da poesía houbo en cambio moito sentido do colectivo. Compartiamos inquedanzas e soños e preocupacións, intereses comúns uníannos moi fortemente, caiámonos ben, falabamos unha mesma linguaxe, eramos amigos e comprendiámonos, cinguíannos os mesmos obxectivos de dar a coñecer o traballo poético, de espallar a súa noticia e o seu gusto. Penso que a xeración dos 90 funcionou porque funcionou como grupo humano. Non coma unha corrente literaria homoxénea, pero si coma un grupo de persoas con valores afíns.

Yolanda Castaño

1. As súas estadías xuvenís en Santiago de Compostela e A Coruña marcaron o seu futuro persoal e literario? Como lembra o fervor literario finisecular en Galiza?

2. Cando @s escritor@s comezan as súas primeiras experiencias literarias resulta que Vostede acada xa un premio moi importante co seu primeiro poemario. É doado de asimilar por unha rapaza de tan só 17 anos? Supón esta experiencia un pulo para seguir escribindo ou un respecto pola esixencia a seguir mellorando?

O certo é que as miñas primeiras ‘experiencias literarias’ (se nos estamos referindo aos primeiros versos escritos) comezaran xa unha década antes, pero claro, pódese imaxinar o torpes que poderían ser os primeiros poemas dunha nena de sete anos. Con todo, por algo se empeza; fun precoz e fun tamén queimando etapas coa celeridade coa que iso se fai cando se teñen anos tan mozos. Publicar o primeiro libro cando aínda estaba no instituto foi un certo shock. Só co paso do tempo me dei de conta de que non podía ser tan doado de asimilar. O entorno era máis ben hostil; tanto o país no que vivía (e vivo) coma a idade que tiñamos son circunstancias abondo proclives ao cainismo. Calquera tipo de notoriedade, neses contextos, adoita molestar e producir desconfianza, receo. Polo outro lado supoño que iso me fixo aprender a convivir con ese cuestionamento xa dende ben cedo. Xa no colexio, e logo máis aínda no instituto, tiven que manexarme con esa marca. E esa primeira publicación significoume as dúas cousas a un tempo: o pulo para continuar adiante –ante un recoñecemento que resultaba alentador- e o compromiso persoal, a autoesixencia, para seguir medrando e non baixar a garda.

miércoles 16 de enero de 2013

Page 3: Yolanda castaño

Lamento moito dicir –pero debo ser completamente honesta- que a miña carreira universitaria nunca foi grande apoio para o meu desenvolvemento na escrita. Se acaso, como moito, o paso pola Universidade si o considerei positivo ao nivel de formación humana nun sentido abondo abstracto e global, máis no tocante a relacións ou estruturas ca a contidos. Pero desgraciadamente non penso que ao amor á literatura se chegue a través da filoloxía, aínda que cada camiño é persoal e non quero que as miñas palabras disuadan a ninguén de procurar o propio. En calquera caso a miña experiencia universitaria proporcionoume tan poucas e pobres ferramentas para enriquecer o meu coñecemento literario, que dubido que a escolla entre Hispánica e Galego-Portuguesa puidese resultar tan decisiva. Si que, unha vez dentro, orientei a miña titulación obviamente cara materias de galego e de portugués, pois a flexibilidade era alta. Pero confeso que a miña decisión veu por motivos totalmente persoais: na Coruña non existía daquela a titulación de Galego e eu prefería non trasladarme da casa familiar, así me desconcentraría menos do que realmente quería facer, e podería investir mellor o meu tempo na escrita, na xestión e promoción literaria e nos proxectos multidisciplinares que xa me comezaban a atraer.

Yolanda Castaño

3. Estraña que unha persoa coma Vostede comprometida co noso idioma se decantase por Filoloxía Hispánica e non Galego-Portuguesa. A que se debeu esta elección? Enriqueceuna a vostede esta elección á hora de escribir?

4. Se sorprendía a súa precocidade coa obra “Elevar as pálpebras”, máis sorprende que con 21 anos acadase xa nin máis nin menos que o Premio da Crítica Española con “Vivimos no ciclo das Eurofanías”. Sorprendeuna tamén a Vostede? Fixeron estes recoñecementos que as súas futuras publicacións fosen moito máis reflexivas por mor de non dar pasos atrás?

Si que confeso que esa foi unha grande sorpresa. Nunca o esperei, xa que era e é un galardón co que adoitan recoñecerse voces ben máis maduras e consagradas. Mesmo parece que fun unha das gañadoras máis mozas na historia dos premios nas catro linguas do estado. Foi unha alegría e un grande privilexio co que mesmo notei un antes e un despois (significou un pouco o salto cara o circuíto estatal). Pero tamén é certo que, se ben no meu segundo poemario notei máis o peso da expectativa e da súa esixencia, cando enfrontaba o terceiro con tanta ousadía creativa, cheguei a pensar que a crítica non acollería ben o libro por mor da heterodoxia, descaro e crúa honestidade que estilaba. Porén, trabucábame outra vez, cando entendín que probablemente o que premiaron foi precisamente esa capacidade de risco, aprendín a atender máis a miña propia intuición e guindarme sen rede á poesía, en lugar de facer ‘o que se esperaba de min’ e as cousas que sabía que resultarían correctas.

Yolanda Castaño no IES Manuel Garcia Barros

miércoles 16 de enero de 2013

Page 4: Yolanda castaño

Pois si que adoro esa interacción e non só coa música, senón con moitas outras linguaxes creativas coas que a poesía pode establecer diálogos expresivamente moi produtivos, caso da plástica, do audiovisual, da performance, da arquitectura, da danza ou mesmo da cociña! A axuda que estas disciplinas me brindan vén a través do que dende fóra supoño que se daría en chamar ‘literatura comparada’, unha maneira de amplificar o coñecemento e o significado da poesía a base de confrontala ou enriquecela con esas outras linguaxes. Igual que ilustrar un libro outorga máis pistas ou novas interpretacións aos textos escritos, o diálogo interxenérico multiplica o signo poético dende distintos e novos ángulos. Alén diso, o oficio da escrita é abondo solitario, de xeito que os proxectos que tenden a man a outros creadores/as resultan do máis enriquecedor. Nunca aprendín tanto sobre o meu propio oficio ou sobre o universo poético que cando me mesturei con artistas doutros ámbitos. Para min esa é unha das mellores e máis seguras maneiras de obter respostas. Parto da absoluta consciencia de que todos e todas facemos o mesmo: responder a un impulso creativo de distintas formas e dende diferentes materiais, iso é todo. Cando me preguntan cales son as miñas influencias literarias, sempre digo que as miñas influencias non son só literarias: inflúeme dende o cine que vexo ata os bos spots publicitarios, as letras de cancións, a arte conceptual contemporánea ou o deseño.

Yolanda Castaño

5. Sabemos que Vostede adora a interacción entre a súa poesía (ou a poesía en xeral) e as demais artes, especialmente a música. Foron estas artes as que a axudaron a Vostede á hora de escribir?

6. A temática erótica ocupa un grande espazo na súa poesía. Como pode xustificar esta súa elección temática? Acádase unha maior intimidade con este tipo de poesía? Serve ao mesmo tempo para crebar tabús?

Depende como se mire: dos meus cinco libros publicados ata agora, é certo que a temática erótica atravesa boa parte dos tres primeiros; se o mido cronoloxicamente, tratei esa temática durante tres anos dos 18 que levo publicando poesía, de 1995 a 1998. Hai case quince anos que non escribo un poema sobre erotismo! No entanto, entendo que os nosos primeiros libros sempre condicionan ou mesmo eclipsan o noso devir posterior. É normal. Con todo, adiviño que a xustificación está un pouco nas frases iniciais desta resposta: os temas da miña escrita responden ao meu momento persoal. Non podo deixar de ser honesta nin tampouco ‘ir’ do que non son. Non podo tratar un contido que non me ‘toque’ de veras, nin escollo as miñas temáticas dun xeito tan programático. Polo tanto, os contidos dos meus tres primeiros poemarios responderon exactamente ao que eu vivía naquela altura: a descuberta do corpo, do amor e da sexualidade e o resplandor que se producía con esa descuberta, tan estimulantemente creativo. En calquera caso, non é menos certo que insistín nesa vía porque a atopei literariamente moi rendible para o exercicios literario e a proposta estilística que pretendía desenvolver. A través de como somos no amor revelamos tamén moito de cómo nos comportamos ante o Outro, ante a vida e mesmo ante o texto, e alén diso, en xeral e como digo, a temática erótica pareceume un gran campo aboado para a experimentación literaria –mais tamén cunha clara compoñente política (de xénero) e social (poñendo voz ao desexo feminino, tratando de pasar de obxecto pensado a suxeito pensante)- que estaba na miña vocación.

miércoles 16 de enero de 2013

Page 5: Yolanda castaño

Yolanda Castaño

7. Supoñemos que estará Vostede orgullosa da tradución da súa obra a outros moitos idiomas, pero a poesía non fica algo, ou moito, devaluada ao cambiar de lingua? Non sentiu Vostede eses problemas de devaluación cando traduciu a súa propia poesía ao castelán?

Nos comezos sempre pensei así, sempre batín co conflitivo de traducir a poesía (unha linguaxe na que o propio material empregado, o propio significante, conta tanto) e amargoume todo o que se podía perder polo camiño. Mais actualmente prefiro quedarme con que ha de ser maior o que permaneza e mesmo se multiplique que o que se extravíe. Como agora tamén eu practico ese delicado oficio da tradución (non só co meu traballo, nin só de galego a castelán) aprendo o reto de trasladar a outra lingua contidos e imaxes, ideas e sensacións. Sobre todo, concéntrome en pensar que, se desbotásemos a tradución ata tal punto, deberiamos limitarnos a ler os escritores e escritoras que escribisen nunha lingua que dominemos á perfección? Deberiamos renunciar a Shakespeare porque só podemos lelo traducido? Non quixera para min unha visión tan reducida. Tendo a pensar que as linguas –aínda que mundos inmensos- son particulares, mentres que a poesía é unha especie de linguaxe universal. Eu cría que a tradución era un ‘mal necesario’, unha vez máis volvíame trabucar.

8. Cando Vostede traballou en “Letras da Cal” foi por unha concienciación para apoiar a aparición de poesía de autoría xove ou ao mesmo tempo por ver que outros e outras poetas non tiñan a sorte que Vostede tivera cos seus primeiros pasos líricos?

Coido que non pasei tanto por ese segundo pensamento que propoñedes e si polo primeiro mentres durou a aventura “Letras de Cal”, aínda que é certo que se pretendemos promover a aparición de novas voces poéticas en Galicia foi precisamente porque sabiamos da dificultade de facelo nas grandes editoriais. No entanto, por suposto seguiu habendo quen tivo a sorte de sacar a súa ópera prima grazas a un premio. De feito, esa foi e continúa a ser unha das vías para deixar de ser inédito/a. Con todo, si, claro que “Letras de Cal” servía de voceiro a novas sensibilidades poéticas, e non só no puramente estético, na dimensión ética tamén casaba moito coa nosa proposta: dinamizar a poesía galega, democratizala a través de publicacións moi económicas e sinxelas dende o punto de vista material. Levala aos ámbitos populares a través de presentacións con recital poético en bares, centros de ensino ou pubs.

Yolanda Castaño no IES Manuel Garcia

Barros

miércoles 16 de enero de 2013

Page 6: Yolanda castaño

Yolanda Castaño

9. Pensa Vostede que podemos falar dunha Xeración poética dos 80 e outra xa dos 90? Non sería máis sensato falarmos dunha xeración poética finisecular sen máis?

Se a vosa segunda proposta está a ser a de amalgamar baixo unha mesma etiqueta ao grupo de poetas que comezaron a publicar dende os primeiros anos 80 e os que o fixeron dende a segunda metade dos 90, non, en absoluto me parecería axeitado. A parte de que median por volta duns 15 anos entre unha e outra (hai poetas moi considerables ‘da xeración dos 90’, como Emma Pedreira ou Estíbaliz Espinosa, cuxas óperas primas son xa do 1999 ou do 2000) e esa é –se nos quixésemos poñer ‘ortodoxos’- unha boa marca de cambio de xeración para teóricos clásicos coma Petersen, persoalmente non pretendo ser nin tan rigorosa nin tan ríxida. Máis alá de números, é evidente que unha e outra xeración responderon a valores éticos e estéticos abondo diferenciables. Éme imposible meter dentro do mesmo saco a Xosé María Álvarez Cáccamo e a Lupe Gómez, a Miguel Anxo Fernán Vello e a Kiko Neves, tanto por obra como por ‘actitude’. Elegancia formal fronte a desaliño expresivo, antoloxías grupais fronte a recitais colectivos en tabernas. Non, os movementos literarios son un conxunto vivo de trazos, posturas e xestos, e habería que fiar pouco fino para unificalos todos dun plumazo. Pode que noutros segmentos temporais máis longos mesmo se dea un cambio xeracional menos tallante, pero coido que ese téñoo claro.

Fotografía sacada do video exposto por Yolanda

Castaño.

miércoles 16 de enero de 2013

Page 7: Yolanda castaño

O certo é que adoito relativizar e tomar con moita distancia tanto os recoñecementos (puntuais, provisionais e mesmo inestables) coma os reproches. Porén, o caso ao que facedes referencia non tivo a máis mínima semellanza cunha crítica. A crítica (negativa ou positiva) nace sempre do criterio (lamentablemente hai quen confunde a ‘liberdade de expresión’ coa falla de criterio; por ex. eu son libre de opinar o que queira sobre nanotecnoloxía ou sobre a liga española de fútbol, outra cousa é que as miñas opinións sirvan para algo máis que para tiralas ao lixo). O citado caso non foi máis ca outra falacia e baixo rexoubeo máis dos moitos que desgraciadamente campan pola rede. Ninguén nunca me preguntou directamente sobre o caso para tratar de contrastar a verdade; entendo que eu era un branco xugoso de máis como para non aproveitar a ocasión para atacar con saña (non deixes que a ‘Verdade’ che estrague unha boa polémica dixital). Xamais me posicionei na disputa que Isaac Díaz Pardo mantivo co consello de administración de Sargadelos, nin antes nin despois do meu traballo de levar adiante a actividade cultural da galería da Coruña. Nin aparecín antes en listas de apoio á súa causa, nin despois tiven en absoluto que ver con decisión ningunha do consello a respecto do fundador, nin de ningunha outra. Paréceme un tanto cínica a gala de sólida ‘coherencia incorruptible’ que fan moitos dos que tiraron as primeiras pedras contra min con tanta resolución, coñecemento de causa e celeridade, e paréceme tamén sospeitosa esa vehemencia e esa xenreira tan pouco atenta. Pero cada quen que sexa responsable dos seus actos. Eu levo demasiados anos pagando por defenderme dos insultos que recibín; cando protestei polas calumnias e vexacións pendurados nunha web, acusáronme de contraria á liberdade de expresión. E preferiron orquestrar unha fuxida na que, por enriba, só eu saíse perdendo aínda o dobre.

10. Desde moi xove tivo que Vostede convivir con éxitos, recoñecementos... pero tamén apareceron críticas negativas (“Aduaneiros sem fronteiras”). Son estas críticas un pulo máis para seguir polo camiño trazado ou ben supón un impás no percorrer literario dunha persoa?

Yolanda Castaño

11. Non poderiamos deixar de lle preguntar polo seu labor en “Sargadelos” e do que nos podería dicir sobre esta sobranceira empresa de noso e do seu fundador e alma máter, don Isaac Díaz Pardo. Teñen que ver os últimos acontecementos desta empresa co que realmente ocorre de contino coa nosa cultura, coa nosa literatura... nunha palabra, con Galiza?

Como digo, eu ocupeime da xestión cultural da galería da Coruña -isto é, organización de presentacións de libros, ciclos de recitais poéticos ou exposicións- dende marzo de 2007 a marzo de 2008. Logo diso o certo é que non seguín de moi preto a evolución da marca, xa que andei moi enfrascada noutros asuntos.

miércoles 16 de enero de 2013

Page 8: Yolanda castaño

Yolanda Castaño

12. Chama moito a atención a súa ampla particiación en obras colectivas. Significa iso que en Vostede habita un espírito solidario?

Ben… o certo é que si teño participado en multitude de obras colectivas. Chámame a atención o ben documentados e documentadas que estades, pois estes datos non aparecen tan doadamente nas bibliografías (claro, á vez, e como vou sendo testemuña do alto nivel do estudantado do Manuel García Barros, quero pensar que a fonte non é en ningún caso ese oprobio chamado wikipedia!). Os libros colectivos adoitan responder a vontades editoriais diversas: reunir a un conxunto de autores/as en torno a un fío condutor, agrupalos en base a calquera outro criterio. Con frecuencia respondo, por tanto, a invitacións que veñen de fóra de min, de terceiros. Satisfaime esa proposta colectiva, pero sería inxusto cualificala de ‘solidaria’ sen motivo algún. Como moito, a súa solidariedade virá do feito de que os creadores/as xamais cobramos dereitos de autoría por este tipo de obras! Hahaha!. Efectivamente cedemos a nosa parte para o resto de profesionais en torno ao libro: o editor/a, o distribuidor/a, o libreiro/a… pero que eles e elas levan a maior parte do noso traballo non é tampouco nada novo! Con todo e por outra banda, si adoito colaborar en proxectos solidarios, causas varias e en favor de ONGs.

13. A poesía ten que ser “elástica, líquida...” como Vostede di ou máis ben debería ser máis ríxida para expresar os sentimentos e compromisos?

Debería ser líquida para ter a capacidade de se volver sólida se a ocasión o require. Debería por tanto –e iso é o que quería dicir- adaptarse aos contextos, aos obxectivos, aos tons, aos valores. Rexeito calquera tipo de lema ou etiqueta que non poda ser sometida a revisión, a confronto, a cuestionamento. Atoparmos unha fórmula que nos funcione ben e de inmediato sentármonos sobre ela anunciará a nosa absoluta morte como creadores. Hai que seguir sempre buscando, aínda que atopemos. E as certezas que puidemos descubrir nun poema, poden ser desbotadas no texto seguinte. Esa inquedanza, mesmo inestabilidade, paréceme enormemente sa.

Yolanda Castaño co club de lectura do IES Manuel García Barros.

miércoles 16 de enero de 2013

Page 9: Yolanda castaño

Yolanda Castaño

14. Alejandra Pizarnik foi un dos seus espellos literarios. Por que? Houbo outros espellos nos que se mirase?

Non sei se a imaxe “espello literario” sería moi acaída considerando que non me parezo demasiado á autora arxentina, quero pensar (desafortunada e afortunadamente). Digamos que foi e probablemente segue a ser unha das miñas autoras favoritas. É difícil falar de gustos, é case un misterio desentrañar por que unha obra te pode conmover, apaixonar, zarandear desa maneira. Como cando o fai unha canción inmortal ou un filme inesquecible, sen que podas analizar exactamente por que. Supoño que o propio feito de que uns textos poéticos escritos con palabras aparentemente sinxelas logren producir tal ‘zarandeo’ é boa parte do que me admira. Algo semellante me producen autores como Olga Novo, Juan Andrés García Román, Xi Chuan ou Marko Pogačar. E tantísimos outros e outras.

15. O seu labor audiovisual tamén foi moi recoñecido. Ten esta faceta esquecida ou por outra banda gustaríalle volver a probar?

Non a abandonei hai tanto tempo como para tela esquecido tan axiña! Ao contrario, foi unha etapa á que lle gardo moito agarimo. Primeiro estudei na Escola de Imaxe e Son da Coruña e logo dirixín o meu propio proxecto televisivo na TVE-Galicia. Entre aquel proxecto –“Mercuria”- e o “Cifras e Letras” foron 9 anos traballando en televisión. Gustaríame volver algún día, dentro de algún tempo, sempre que se tratase dun proxecto no que puidese crer e que me convencese, no que aprendese cousas novas e me sentise cómoda. Hai quen me pregunta que pode haber en común entre a poesía e o audiovisual pero para min é abondo claro: a comunicación. Obvio que se ten que tratar de tons, rexistros e formas distintas se a comunicación se produce dende a páxina ou dende a pantalla, pero salvando esas circunstancias, a ansia por transmitir ideas, sensacións, contidos, emocións, reside en ambas as dúas

miércoles 16 de enero de 2013

Page 10: Yolanda castaño

A poesía é a linguaxe máis contraria á frivolidade: obviamente cando falo de

‘beleza’ refírome á imaxe persoal que todos/as temos, que proxectamos nos

demais (de feito, con frecuencia emprego o termo ‘beleza’ para reflectir a

imaxe que outros/as me devolveron ás veces de min, cuestionándoa dende o

conflito ou a ironía). A imaxe propia é a representación da nosa identidade,

un campo aínda aboado para todo tipo de prexuízos, tópicos e proxeccións.

De calquera xeito, cando calquera de nós fala dende a súa identidade propia,

dende a súa particularidade, dende o máis auténtico ‘eu’, aquilo que diga

gañará en profundidade tanto en canto estará formulado dende unha

franqueza que non hai que confundir con ‘confesionalismo autobiográfico’,

pero que si pasa por unha cuestión de honestidade. As pequenas

peculiaridades con que vivimos as emocións eternas e universais son

precisamente as que outorgan toda a profundidade ao seu tratamento. Cada

un/a de nós é diferente ao outro/a, aínda que o sexa só en detalles

pequenos, e esa é xustamente a grandeza de cada quen. Aprender a explorala

e a darlle voz a eses matices é absolutamente crucial. Ás veces canto máis

pretendemos ser programaticamente universais e eternos, máis vagos e sen

asideiros para o lector/a resultamos. En materia creativa, definitivamente eu

creo con fervor na poderosa universalidade do particular.

Yolanda Castaño

16. E para finalizarmos, cando a súa poesía se centra na súa beleza, no seu

“eu”, perde o que podería ter de universal ou ben gaña en

profundidade?

miércoles 16 de enero de 2013

Page 11: Yolanda castaño

CUESTIONARIO

miércoles 16 de enero de 2013

Page 12: Yolanda castaño

Os templos de A

ngkor

Wat.

Un monumento

salientábel?

Rosalía de Castro e Hedy Lamarr.

Un personaxe galego e un estranxeiro?

Co 100% de ningún e con

pequenos anaquiños de moitos e moitas….

Un personaxe literario co que se

identifique?

“Revolutionary Road” de Sam

Mendes.

Unha película de cine?

“Agosto” de Tracy Letts.

Unha obra teatral?

Son máis urbana e máis de praia, pero teño abonda

capacidade para atoparlle o encanto a calquera lugar.

Mundo rural/urbano? Praia/montaña?

miércoles 16 de enero de 2013

Page 13: Yolanda castaño

Visitar algo de cada un dos

países da Unión Europea.

Fáltame Bulgaria!Un anceio por rea

lizar?

Vietnam. Unha illa

Un lugar para visitar? e un lugar para descansar?

A revolución

feminista.

Un feito histórico?

Deter o avance desta versión salvaxe do

neoliberalismo e do capitalismo máis atroz.

Unha utopía?

A praia!

Un lugar axeitado para a lectura?

O pop/rock alternativo. “Pagan Poetry” de Björk.

Un tipo de música? Unha canción?

Gustaríame identificarme con Juan Andrés García Román, con Chus Pato, con Xi Chuan, con Mercedes Cebrián, con Mark Strand e con Emma Couceiro ao mesmo tempo.

Un/ha autor/-a con quen se identifique?

Viaxar, viaxar e viaxar.

Outro entretemento ademais da lectura?

miércoles 16 de enero de 2013

Page 14: Yolanda castaño

Sempre estou tentada de preguntar a que se refire exactamente esta

pregunta… Inspírame o que me toca de preto, o que sinto. E por outra banda inspírame o que leo dos

autores e autoras que admiro, pero tamén a música que me gusta, o

cine, a danza, o deseño e ata a publicidade que me ‘chega’.

Cal é a súa fonte de inspiración?

X. L. M. Ferrín por unha banda e

Olga Novo pola outra. Por dicir dous

calquera das ducias que se me

poderían vir á cabeza. A resposta

sempre será impulsiva,

circunstancial, provisional e pouco

dogmática.

Un/ha autor/-a e unha obra

literaria galegos?

Yolanda Castaño co alumnado de Literatura Galega do século XX e da actualidade

miércoles 16 de enero de 2013