Xullo2014

12
Escolma do GMS TAXA DE DEPURACIÓN DE AUGAS RESIDUAIS Marxe Dereita da Ría de Ferrol

description

 

Transcript of Xullo2014

Page 1: Xullo2014

Escolma do GMSxullo 201 4

Grupo Municipal Social ista de Ferrol

Páx.4-5

“Esta taxa inxusta e custosa, é unha tomadura de pelo ás famil ias ferrolás, porqueo goberno local, decidiu en solitario, que adiantásemos do noso peto a porcentaxeque terá que pagar Narón, e incluso abonar os custes de arranque dun servizo detitularidade da Xunta.” Natividad González, a nosa voceira.

TAXA DE DEPURACIÓNDE AUGAS RESIDUAIS

Marxe Dereitada Ría de Ferrol

Page 2: Xullo2014

S U M A R I OEscolma do GMS

PÁXINA

1

xullo 201 4

9

4

PLENO XULLO

GALERÍA DE IMAXES

DENUNCIASE PROPOSTAS

Mocións

- Potenciación do turismo deportivoe de natureza

- Transporte Público en Ferrol

6

2

A entrega de bolsas de comidanon suple a proposta social istade comedores e campamentosde verán

7

Melloras nas Axudas ás EscolasInfantís

Novos recortes en dependencia

Abandono do Transporte Público

Convenio coa Cocina Económica

Alegacións á taxa de depuración deaugas residuais

Page 3: Xullo2014

1

Denunciamos que o alcalde e aconcelleira de Servizos Sociaisprometan unha partida de1 00.000 €, cando, a día de hoxe,o custe máximo, 50€ ao mes,representa uns 1 0.000 €.

Pedimos que o goberno localmodifique as bases de concesión deaxudas para o acceso ás escolasinfantís da cidade, e evitar así asituación do curso pasado, no quesoamente 1 9 menores obtiveron estasaxudas. "Chama a atención", dixo aconcelleira María López, "que só sexaese o número de beneficiarios cando adía de hoxe a cifra de empadroadoscon esas idades no concello son1 .759".

Esta petición foi trasladada polo GMSao goberno local na comisión deBenestar, na que, ademais, se pediuque "faga efectivas e reais as medidasde concil iación". Para iso, é necesarioa ampliación das bolsas de escolasinfantís ás famil ias con nenos e nenasmenores de tres anos, "sen importar",precisou, "o ano de nacemento dousmesmos".

González Laso lembra que coas basesactuais só poderán acceder ás axudasos nados en 201 3 e 201 4, "deixandofóra a preto de 1 .000 nenos e nenasnados nos dous anos anteriores".

PEDIMOS MODIFICAR ASBASES DE AXUDAS AESCOLAS INFANTÍS, PARAQUE TODAS AS FAMILIASCON MENORES DE 0­3ANOS POIDAN ACCEDERÁS MESMAS

Grupo Municipal Social ista de FerrolGrupo Municipal Social ista de FerrolDENUNCIAS

REXEITAMOS A ALTERNATIVA DO GOBERNO DE ENTREGARBOLSAS DE COMIDA, EN VEZ DE COMEDORES ESCOLARES ECAMPAMENTOS DE VERÁN

A NOSA PROPOSTA: Entendemos oscomedores escolares de veráncomplementados con campamentos é unhaproposta integradora, multidisciplinar,socializante e igualitaria, á vez que unexercicio de cohesión social e unhaferramenta de conciliación. A propiaDefensora do Pobo pediu que se mantivesenabertos os comedores escolares durante overán, como fixeron varias comunidadesautónomas, e as ONXs “Save the children” e“Axuda en acción” propuxeron acombinación de campamentos urbanos concomedores escolares, e mesmo a Xunta, afinais de curso e ante a presión política,abriu esa posibilidade aos Concellos que asío solicitasen. Lamentablemente o concellode Ferrol non foi un deles.

Reiteramos ao goberno local, que implantase aexperiencia piloto, de dous comedoresescolares de verán, complementados concampamentos, para menores de famil ias condificultades, co obxecto de garantirl les unhaalimentación sa e equil ibrada, ao tempo quedisfrutaban dun tempo de lecer no verán, quepropiciaba a social ización, a convivencia e aconcil iación dos pais e nais.

O viceportavoz social ista, Jaime Pena, acusou oequipo de Rey Varela de tentar desprestixiar aproposta social ista, con descalificacións efacendo caso omiso da noso proposta, negandovarias veces que existise este problema nacidade de Ferrol. Finalmente o goberno localoptou polo camiño máis fácil , “inventar”Xantando en famil ia e derivar o problema aunha entidade humanitaria, que mediante unconvenio, levase bolsas de comida adeterminados fogares cada semana.

“Un procedemento que non garante que osnenos e nenas teñan unha alimentaciónsaudable, pero que resulta moi eficaz paraesconder o problema, e escorrer o bulto”, dixo oconcelleiro.

E PROPOSTAS

Page 4: Xullo2014

2

Grupo Municipal Social ista de Ferrol

DENUNCIAMOS NOVOS RECORTES EN DEPENDENCIA E OSCOMENTARIOS DESPECTIVOS DA CONSELLEIRA DE TRABALLO

DENUNCIAS

Instamos ao Alcalde a abandonar a complicidade coa Xunta e facil itar os datos queocultan da dependencia

O goberno recoñece non ter “nin idea” da apertura do Centro de Día de Telleirascinco anos despois do remate do mesmo

O noso concelleiro Gerardo López Castri l lóninteresouse na comisión de benestar sobrea situación das persoas que no Concello deFerrol teñen recoñecido o dereito adependencia. En concreto o concelleirosolicitou coñecer datos de cantas persoasdo concello de Ferrol, ao igual que está asuceder no resto de Galicia, recibironcorrespondencia da Consellería de Benestarinformándolles de fortes recortes nasaxudas, por mor da revisión das contías,que están levando a cabo,dende aConsellería e que segundo denuncia oconcelleiro “menoscaba unha vez máis undereito que teñen recoñecido, cunhamingua que rolda de media os 257€”

Así mesmo, reclamamos, unha vez máis, osdatos da lista de agarda das persoas queteñen solicitado a valoración dadependencia e tamén daquelas que tendorecoñecido o dereito nos están a recibir aprestación. Neste l imbo da dependenciapoden encontrarse en Galicia máis de1 8.000 persoas que non están sendoatendidas.

Ante a imposibi l idade de obter informaciónna comisión de benestar o Grupo Social istareclamou esa resposta do Alcalde no Plenofai meses, seguindo sen datos a día dehoxe.

Insistimos na necesidade da apertura doCentro de día de Telleiras que acumulacinco anos pechado sen prestar a atenciónpara a que foi concibido, e mesmodenunciamos a desidia do goberno local aorespecto, e a súa tolerancia fronte a unincumprimento da Xunta. Preguntado sobrea data de apertura desta infraestrutura, ogoberno local recoñeceu “non ter nin idea”.

A Conselleira Mato cualifica de “paguitas” asaxudas as persoas que atenden a famil iaresdependentesO Grupo municipal social ista rexeitacategoricamente as declaracións da Conselleríade Traballo que despectivamente se refire “a laspaguitas” para eliminar esta prestaciónrecoñecida na lei de dependencia ás persoasque fan o labor que deixa de facer o seugoberno, que é atender a famil iaresdiscapacitados que estan ao seu cargo.

O concelleiro Gerardo López, comprendeu quelle chame “ paguitas” se o compara cos 70.000€que percibe a conselleira, pero que en moitasocasións son os únicos ingresos que teñenestas famil ias.

Pediul le más respecto para a realidade daspersoas e menos insultos a intel ixencia candofala de uns servizos de calidade que só existenna súa imaxinación, pois de feito a Conselleiracampiona do desemprego e do malestar deberíareflexionar sobre as declaracións que fai e asmedidas que toma, aposti l lou o concelleiro”.

Os social istas rexeitan os continuos recortes nadependencia que está a levar a cabo o partidopopular en tódolos ámbitos.

Pé de foto: Gerardo L. Castri l lón e NatividadGonzález.

Page 5: Xullo2014

3

DENUNCIASGrupo Municipal Social ista de Ferrol

Denunciamos, que despois de varios mesespreguntando, sigamos sen resposta nun temade tanta transcendencia para os veciños eveciñas, que afecta diariamente á calidade devida do conxunto da cidadanía e en especialdos que menos recursos teñen. A edil MaríaLópez ao saír da comisión de servizos explicouque "é gravísimo que non nos dean nininformación, nin explicacións, e que mesmo oconcelleiro se atope agochado, xa que ninasistiu a comisión. Certamente esta ocultacióndo goberno non é boa sinal”, advertiu, por isosaímos dá comisión preocupados, porque ogoberno non está nin se l le espera, na defensadun transporte público de calidade para a xente.

DENUNCIAMOS O DESINTERESE DO GOBERNO LOCAL POLOTRANSPORTE PÚBLICO

Pedimos explicacións ao goberno local sobre as xestións levadas a cabo sobre areestruturación das liñas de transporte público.

Alertamos de que, de confirmarse o anunciado no Diario Oficial de Galicia do xoves 1 7 de xullo,se suprimiría a l iña 7 e reduciríanse as frecuencias en outras moitas, por elo o goberno localdebería dar explicacións da súa postura e dende logo opoñerse a proposta da Consellería deMedio Ambiente,Territorio e Infraestruturas.

O noso concelleiro Ramón Veloso e aconcelleira María López.

Acordos plenariosLópez lembra os acordos da moción presentada polo GMS en novembro de 201 3, referida aotransporte público e aprobados unanimemente pola corporación local, que consistían en abordarna comisión de seguimento do convenio de transporte a necesidade de implantar unha novarede, acorde coas necesidades detectadas no plan de mobil idade redactado no ano 2009,tamén aprobado unanimemente, e negociar coas empresas concesionarias a mellora dacobertura e frecuencias.

Así mesmo acordouse esixir da Xunta o cumprimento do convenio de transporte metropolitano,no que se adquiriu o compromiso de adecuar as paradas de autobuses en puntos deinformación cidadá e en infoterminales para garantir a fidel ización do servizo público detransportes.

E mesmo se pedía reclamar da Xunta a cobertura de liñas ao CHUF e a súa prolongación aoCAMF e ao Hospital de Defensa, transferido ao SERGAS dende o ano 2007, e que agoraatende a doentes afectados por numerosas especial idades, pero que, incomprensiblemente,aínda carece de servizo de transporte.

Sorpresivamente, e aproveitando o verán a Consellería presenta, no mes de xullo unhaproposta de modificación do contrato de xestión sinalado, que lonxe de camiñar na dirección doacordo plenario, deteriora a calidade do transporte público

Por elo o GMS, neste días e antes de que remate o prazo presentará as súas alegaciónsrexeitando a proposta, que vai en detrimento das necesidades de servizo da cidadanía.

PROPOSTAS

Page 6: Xullo2014

4

Grupo Municipal Social ista de FerrolALEGACIÓNS

O Grupo Social ista manifestou a súaoposición á forma unilateral en que seestableceu a taxa municipal pola prestacióndo servizo de depuración de augas residuaise formulou unha serie de alegacións, queforon debatidas no pleno de agosto.

Previamente nunha comparecencia en roldade prensa, a portavoz social ista, NatividadGonzález, e o edil Ramón Veloso explicaronque é lóxico que exista unha nova taxa porun novo servizo, pero que esta taxa debeser unha taxa "xusta, que responda aosverdadeiros custes que se poden imputar ácidadanía ferrolá", remacharon.

Así, o GMS nas súas alegacións pediu quese detraiga do estudo de determinación decustos para o cálculo da taxa os gastos queteñen que ver coa posta en marcha dasinstalacións, que segundo lembrouGonzález Laso, están próximos aos dousmil lóns de euros en base ao recoll ido nopropio estudo económico presentado pologoberno local. Os social istas consideran queestes custes de arranque deben sersufragados pola Xunta e non polas famil iasferrolás.

Así mesmo, consideran que se debe restardo importe total da taxa o 28,59% que llecorresponde ao Concello de Narón, e queeste sexa adiantado por Augas de Galicia enon polas famil ias ferrolás, dado que o custoda infraestrutura para o Concello ferrolánquedara acordado no 71 ,41 %.

Presentamos as nosasalegacións á taxa do servizo dedepuración de augas residuais,considerando que esta debe ser"xusta, que responda aosverdadeiros cuestes que sepoden imputar á cidadaníaferrolá".

PRESENTAMOS ALEGACIÓNS A TAXA DO SERVIZO DEDEPURACIÓN DE AUGAS RESIDUAIS

Pedimos reducir da taxa os 2 mil lóns de euros que custa a posta en marcha daEDAR e que os pague a Xunta, que é a titular do servizo.

Pedimos que se minoren da taxa o 29% do custe do servizo que terá que pagarNarón, e que sexa a Xunta quen o adiante e non as famil ias de Ferrol.

Pedimos que se retire o modelo de saneamentro do litoral, en base ao sistema delagunaxe.

Pé de foto: a nosa voceira Natividad González eo concelleiro social ista Ramón Veloso.

Page 7: Xullo2014

5

Plan Director de saneamento doruralAdemais pediron que no Plan Director desaneamento do rural, non aparezapechado o modelo de depuración para onoso litoral, que recolle un modelo dedepuradoras de lagunaxe, situando 7 naveira das nosas praias e das nosa costa.

Os social istas piden definir, de xeitoconxunto, entre toda a corporación e aveciñanza o modelo de depuración donoso litoral, que nos sentemos a estudartodos os custes das distintas opcións desaneamento, incluídos os ambientais,para evitar decisións de impactosinsalvables e seguir dispoñendo, dunactivo de primeiro orde, como é omagnífico contorno litoral, que debemospreservar no presente e cara o futuro.

Ao GMS lle preocupa que estraguemos onoso litoral, as nosas praias e a calidadedas nosas augas costeiras e consideranque o sistema de bombeo á EDAR e asúa conexión co Sistema Xeral desaneamento da Ría, é o mais axeitado,por certo o que xa se esta a facer naoutra marxe da ría onde predomina oasentamento rural.

Introducimos unha emenda á ordenanza, conseguindo que non se pague ataxa mentres non se dispoña de infraestrutura.

O GMS o dia antes do seu debate inicial no Pleno, conseguiu que o goberno aceptase retirar ataxa que se ía a cobrar aos veciños que aínda non tiñan construída a infraestrutura desaneamento.

Tal é o caso das vivendas que verten na cunca do rio da Sardiña, que teñen sen construír ocolector-interceptor de A Malata, aprobado nun protocolo asinado coa Xunta e do que aíndanon se iniciaron as obras .E o mesmo acontecía coas famil ias e vivendas da zona rural que, segundo o crononogramade investimentos non se prevén rematar as actuacións ata o 2020.

Os social istas alegrámonos de que froito do noso traballo e iniciativa, se evitara a inxustiza depagar un servizo sen dispoñer del.

ALEGACIÓNS

TAXA DO SERVIZO DE DEPURACIÓN DE AUGAS RESIDUAIS

Por todo elo, o Grupo Municipal Social istaformula as seguintes RECLAMACIÓNS:

1 º Detraer do estudio de determinación decustos para o cálculo da taxa os gastos deposta en marcha das instalacións, que enboa lóxica, para que sexan asumidas polaXunta de Galicia, titular do servizo.

2º Detraer do importe resultante o 28,59%que lle corresponde ao concello de Narón,para que sexa adiantado por Augas deGalicia, dado que o custe da infraestruturapara o Concello de Ferrol quedou acordadono 71 ,41 %.

3º Que no Plan Director de Saneamento eDepuración da Zona Rural non aparezapechado o modelo de saneamento, sen teraberto un proceso de diálogo coa veciñanzae con toda a corporación municipal.

4º Que se modifique a taxa minorando oscustos reflectidos, no punto 1 e 2, definindoasí unha taxa xusta, que responda aosverdadeiros custes que se poden imputar áse aos ferroláns.

En virtude do exposto, SOLICITAMOS quese admitan as reclamacións presentadas entempo e forma, pedindo se contemplen asdevanditas reclamacións por ser máisfavorables ós intereses xerais.

Page 8: Xullo2014

6

Grupo Municipal Social ista de Ferrol

Reclamamos a reuniónextraordinaria e urxente dacomisión de benestar para esixira garantía de prestación doservizo

Pedímoslle ao Goberno localcompromiso, respecto eseriedade para o traballo dasentidades sociais

NOVASRECLAMAMOSLLE AO ALCALDE QUE GARANTA O SERVIZO AOSUSUARIOS DA COCINA ECONÓMICA

O Grupo Municipal Social ista, a través daconcelleira María López reclamou do gobernolocal atención prioritaria para os servizos sociaisna cidade.

A concelleira María López amosousepreocupada polas informacións de distintasentidades sociais que denuncian a falta decompromiso do goberno local codesenvolvemento do traballo que levan a cabo,con colectivos especialmente sensibles e enrisco de exclusión social, do noso concello.

Lembra que a atención dos servizos sociais éunha tarefa do goberno e que este non podedescansar a súa responsabil idade nasentidades sociais, como pretende, e menosfaltando aos compromisos adquiridos e queteñen por obxectivo a atención a persoas conespeciais dificultades.

O Grupo Social ista, fixo especial fincapé nasinquedanzas e malestar de usuarios e usuariasque atravesan dificultades e que por termenores ao seu cargo, reciben a comida dacociña económica nos seus domici l ios. Asinquedanzas xorden con motivo de que a propiaCociña Económica l les comunicou que a partirdo 31 de xullo, ían ter que suspender o servizopolo incumprimento do propio Concello coasobrigas contraídas coa Cociña Económica.

A concelleira María López, denunciou oabandono de famil ias con menores por parte dogoberno local “trátase de famil ias, nalgúnscasos monoparentais que, por carecer deingresos ou telos escasos, como a RISGA, ouestar pendente de recibi la co retraso que estaacumula, non teñen recursos para a súaalimentación e a dos seus fi l los e fi l las que ogoberno local abandona deixa á súa sorte sifinalmente a Cociña Económica deixa de prestaro servizo o 31 de xullo” e conclúe “isto non sepode consentir e instamos ao goberno a deixaras vacacións e solucionar un problema quenunca se tivo que producir”.

Instamos ao Alcalde á sinatura do convenio que da cobertura ao servizo quepresta a Cocina Económica e que procura a alimentación a 90 usuarios e famil iascon menores nos seus domici l ios

Dende o Grupo Municipal Social ista dedestaca a actuación da Cociña Económicacomo unha entidade senlleira na cidade queven prestando un servizo importantísimo eprioritario as persoas e famil ias que orequiren, e considera inaceptable que ogoberno local relegue un compromiso tanimportante e que si se provocará gravesperxuizos si deixa de prestarse.

O Grupo Social ista pide explicacións ereclama a convocatoria extraordinaria eurxente dunha comisión de benestar paraesixir a garantía de seguimento do servizo,xa que segundo informan os afectados,dende o Concello se pospuxo a sinatura doacordo, impoñendo modificacións unilateraisque descoñece o resto da corporación, quenon foi informada deste tema.

Pé de foto: a nosa voceira Natividad González ea concelleira social ista María López.

Page 9: Xullo2014

Grupo Municipal Social ista de Ferrol MOCIÓNS

MOCIÓN INSTANDO AO GOBERNO LOCAL A PROTEXER O NOSOPATRIMONIO NATURAL DE XEITO COMPATIBLE COAPOTENCIACIÓN DO TURISMO DEPORTIVO E DE NATUREZA

Por elo as nosas PROPOSTAS DE RESOLUCIÓNforon:

1 . Acordoamento dos cordóns dunares, paraimposibi l itar o aparcamento das caravanas nestesfráxiles ecosistemas litorais, especialmente na zonade Ponzos.

2. Redistribución de espazos de aparcamento napraia de Doniños, instalando un gálibo que impida oacceso de caravanas ao aparcamento principal doareal, reservando as zonas máis externas para elo.

3. Instalación de cartelería e sinal ización dos usospermitidos nas duchas e demais instalacións dosnosos areais, para unha correcta uti l ización dosdevanditos servizos.

4. Realización de campañas periódicas deeducación ambiental, que fomenten a preservacióndo noso patrimonio natural, e que informen dasnormas e das boas prácticas no turismo deautocaravanas.

5. Habil itación dunha área de servizos paraautocaravanas na zona rural, preto do litoral, similará existente en A Malata.

6. Execución do proxecto de construción docomplexo turístico de Covas, coa habil itación dealbergue, bungalows e zonas habil itadas paracaravanas e tendas de campaña, entre outros usos.

Tralo debate, os puntos primeiro e segundo foronrexeitados polo goberno, pero o os demais puntosforon aprobados.

A concelleira María López defendeu amoción no pleno, explicando que no nosoConcello contamos cun patrimonio naturalinigualable, dispoñendo duns 50km de liñade costa, entre l itoral exterior e interior, queabrangue características moi variadas,dependendo das zonas.

Pódese dicir que as posibi l idades de lecerdo noso concello, en actividadesrelacionadas coas nosas praias e o nosomar, particularmente en verán, fan posibleque se acheguen moitas persoas do nosocontorno máis próximo, ou de outroslugares, incluso doutros países econtinentes, que practican un turismo deautocaravans, cada vez máis estendido.

“Debemos aproveitar as potencial idadesdeste novo turismo, pero dende unha ópticasustentable e de respecto ao medioambiente, regulando os usos dos espazospúblicos e habil itando os servizos einfraestruturas necesarias”, dixo. Oobxectivo é converter a Ferrol nun magníficopunto de encontro que, de seguro, saberándisfrutar os amantes da autocaravana, nonso nas épocas estivais, senón taménnoutras tempadas, como é Semana Santa,ou outras, engadiu a concelleira.

Os social istas sempre apuntamos aoturismo como un dos sectores máisimportantes para a diversificacióneconómica do concello, de aí a necesidadede contar con infraestruturas axeitadas paraeste tipo de turismo, vinculado coa naturezae os deportes náuticos.Argumentou, por outra parte que o Concelloé o responsable e o garante de facercumprir a lexislación vixente, para evitardanos nos ecosistemas dunares, e aocupación incorrecta dos espazos públicos edo noso litoral, establecendo actuacións quegarantan o seu uso sostible.

Conseguimos que se aprobase iniciar o proxecto dun complexo turístico enMarmadeiro, na parroquia de Covas.

7Pé de foto: o noso concelleiro Jaime Pena e aconcelleira social ista María López.

Page 10: Xullo2014

8

Grupo Municipal Social ista de FerrolMOCIÓNS

ACORDOS DE RESOLUCIÓN

MOCIÓN CONMINANDO AO GOBERNO LOCAL A ESIXIR DAXUNTA A PARALIZACIÓN DA MODIFICACIÓN DO CONTRATO DEEXPLOTACIÓN CONCESIONAL DO TRANSPORTE PÚBLICO ENFERROL

Primeiro.- Instar aConsellería de MedioAmbiente, Territorio eInfraestructuras da Xunta deGalicia a paral izar oexpediente de modificacióndo contrato de xestión doservizo público de transporteregular de uso xeral deviaxeiros por carretera V-7053, XG-427.

Segundo.- Trasladar aComisión de Seguimento doConvenio de colaboracióncoa Xunta de Galicia enmateria de transporte, unhaproposta baseada nasresolucións adoptadas poreste concello en pleno etendentes a dar cumplimentoas necesidades detectadasno plan de movil idade dacidade.

A moción, foi defendida polo concelleiro Ramón Veloso,que criticou o feito de que o concello de Ferrol acadase unconsenso con Tranvías de Ferrol,para á Xunta de Galicia,facer máis precario o transporte público urbano da nosacidade e dos concellos veciños de Neda e Narón.

Denunciou que o goberno do Partido Popular no Concellode Ferrol, esta amosando a “marca da casa”, que consisteen actuar ás agachadas, sen transparencia, ocultando aosgrupos da corporación ferrolá as súas intencións,ocultándollo aos veciños e aos concellos de Narón e Neda,que tamén van a sufrir as consecuencias dodesmantelamento deste servizo público

Non se pode entender, que vostedes estean de acordo enque sigamos sen conexión co hospital naval, que osdomingos e festivos non haxa autobús á residencia nin óCAMF, que desapareza o transporte en Ferrol Vello, que seeliminen servizos en Caranza e en A Grañae mesmo quese dea a punti l la definitiva ao transporte do rural, dixo.

Esto non se pode permitir, remachou, por iso hoxe osrepresentantes dos veciños pediron a apalabra no pleno,para que os escoite.

Ramón Veloso trasladou tamén a preocupación polasconsecuencias para os máis dos corenta traballadores daempresa,e esta cidade non se pode permitir xa máis perdanin servizos públicos, nin de postos de traballo.

Por iso o GMS pediul le ao alcalde que non sexa cómplicede consentir un transporte público precario para Ferrol,que vaia a Xunta de Galicia a reunirse coa consellería ecoa empresa concesionaria para reverter esta desastrosasituación, revocando o expediente, e mesmo lle pediu quese emendasen así mesmos, rectificando o acordo acadadoe presentando alegacións a proposta, como faremos oGMS.

O concelleiro instou a unha reflexión conxunta dos gruposda corporación, para acordar o modelo de transporte quenecesitamos, e adiantou a conveniencia de facerse cargoda concesión do transporte, a remunicipal ización domesmo, para evitar os continuos retrocesos no servizo.

Rematou desgranando as proposta da moción, quelamentablemente foron rexeitadas polo goberno.

"Amosamos a nosasorpresa pola nulainformación facil itada aoposición e polareducciónindiscriminada de liñase servizos, lexos docompromiso plenarioque camiñaba nadirección do aumento,potenciación eracionalización dotransporte público nacidade."

Page 11: Xullo2014

9

Grupo Municipal Social ista de Ferrol GALERÍA DE IMAXES

A nosa voceira, Natividad González Laso, noacto Institucional do Día de Galicia.

A reunión que mantiveron no Grupo Social istaos representantes da Asociación Galega deAutocaravanas, Jorge Ferreiro (Presidente) eFrancisco Pena (Secretario) cos concelleirosJaime Pena e María López

Natividad González e Manuel Santiago asistironao acto de izado das bandeiras azuis deste ano,en representación do GMS.

Os Concelleiros social istas da comarca nadefensa do Transporte Público Metropolitano

No acto de benvida aos nenos saharauis de vacaciónsen Ferrol.

A nosa voceira acudiu á presentación enSargadelos do Libro "José Rubia Barcia".

Page 12: Xullo2014

Selección mensual das novas do Grupo MunicipalSocial ista no Concello de Ferrol.

Escolma do GMSGrupo Municipal Social ista de Ferrol

CONTACTA CON NÓS!Casa do ConcelloPraza de Armas s/nPrimeiro Andar1 5402 Ferrol

Teléfono: 981 944034Fax: 981 9451 [email protected]

De esquerda a dereita:María López, Ramón Veloso, Natividad González, Manuel Santiago,Jaime Pena, Gerardo L. Castri l lón e Vicente Irisarri .

Estamos en facebook!Grupo Municipal Social ista de Ferrol

e tamén en twitter!@GrupoPsoeFerrol