Xornal BBS

2
Nº 2 VENRES 22 DE MARZO DE 2013 XOSÉ MARÍA BREA SEGADE Redacción 3º O venres 8 de marzo pola noite ardeu un garito en Fachán. O lume comezou polo tellado e estendeuse rapidamente por todo o edificio. Os donos do garito e os seus amigos, que estaban alí, apagaron o lume e evitaron unha desgraza maior. Arde o tellado dun garito. A casa fantástica. Redacción 4º Un día pola tarde en Iñobre oíanse voces e moito rebumbio na rúa. Os veciños saíron todos ás ventás. Era unha casa con rodas, que estaban intentado levar para unha horta, pero como as pistas eran moi estreitas, a casa non viraba nunha curva! Veciños e amigos foron axudarlles. A casa era prefabricada, e, como dixemos antes, tiña rodas.Era grande, e viña en dúas metades, que despois foron unidas ao metela na horta. A casa xa tiña camas, cortinas, baño, cociña … O tempo. Redacción 2º O trece de marzo, pola mañá, no Castro estaba todo nevado. Que frío facía! Tamén polo Vilar estaba cuberto dunha espesa capa de neve, mais aínda se vía un pouco de verde, moi pouco. Como irán vestidos os habitantes do Vilar? Trasladamos esta pregunta aos nosos lectores. Unha pregunta máis. Se vas ao Vilar, patinarás? Redacción 2º A miña cadela tivo os mellores cans da historia pero a noite do samaín... desapareceron. Nas casas habitan moitas cousas tenebrosas que veñen comer seres vivos. Entran polas portas atravesándoas, e iso significa que debedes ter moito coidado e poñer alarmas en todas as portas e nas ventás, pero sobre todo, coidade as vosas mascotas. Se as tendes na casa estarán sans e salvas pero aínda así, poñede unha serie de trampas para fantasmas para que non lles pase nada. Os canciños máis bonitos Gatiño perdido Gilber é un gato moi cariñoso. Fai unhas semanas marchouse e parece que lle pasou algo. É un gato que lle quedan 6 vidas. Penso que marchou con outros gatos. Creo que lle pasou algo! Só queda Michi na casa. Pode que Michi tamén marche? Estou moi preocupado... Morrería? Con quen estará? Alguén sabe que lle pasou? Con Gilber era todo mellor. Éramos moi amigos. Canto o boto de menos... Vístedes a Gilber por algures? Axudádeme! Búscase Noticia medio ambiental do Araño. Redacción 4º É unha vergoña que se estean vertendo augas fecais ao río Te, habendo “tanta vixilancia por parte do Seprona”. Vaia herdanza nos deixan os que gobernan e os maiores aos rapaces, ademais dos animais que están matando! A consecuencia de todo isto é que pouco a pouco destruímos o ecosistema: xa non podemos ver tantas troitas e lontras coma antes! As cartas Pokemon están de mo- da no Brea Segade Redacción 3º As cartas Pokemon puxéronse de moda este mes de marzo no colexio Brea Segade. Os nenos e nenas de segundo empezaron a traer as cartas e agora os nenos de quinto a primeiro traen as súas cartas para xogar nos recreos. Se sabes algo d i llo a algún de primeir o .

description

Segundo numero do Xornal BBS publicado a 22 de marzo de 2013, coincidindo coa celebración no centro da Semana da Prensa. Na redacción alumnado de 1º,2º, 3º e 4º de Primaria.

Transcript of Xornal BBS

Page 1: Xornal BBS

Nº 2

VENRES 22 DE MARZO DE 2013

XOSÉ MARÍA BREA SEGADE

Redacción 3º O venres 8 de marzo pola noite ardeu un garito en Fachán. O lume comezou polo tellado e estendeuse rapidamente por todo o edificio. Os donos do garito e os seus amigos, que estaban alí, apagaron o lume e evitaron unha desgraza maior.

Arde o tellado dun garito.

A casa fantástica.

Redacción 4º Un día pola tarde en Iñobre oíanse

voces e moito rebumbio na rúa. Os veciños saíron

todos ás ventás. Era unha casa con rodas, que

estaban intentado levar para unha horta, pero como

as pistas eran moi estreitas, a casa non viraba

nunha curva! Veciños e amigos foron axudarlles. A

casa era prefabricada, e, como dixemos antes, tiña

rodas.Era grande, e viña en dúas metades, que

despois foron unidas ao metela na horta. A casa xa

tiña camas, cortinas, baño, cociña …

O tempo. Redacción 2º O trece de marzo, pola mañá, no Castro estaba todo nevado. Que frío facía! Tamén polo Vilar estaba cuberto dunha espesa capa de neve, mais aínda se vía un pouco de verde, moi pouco.

Como irán vestidos os habitantes do Vilar? Trasladamos esta pregunta aos nosos lectores.

Unha pregunta máis. Se vas ao Vilar, patinarás?

Redacción 2º A miña cadela tivo os mellores cans da historia pero a noite do samaín... desapareceron. Nas casas habitan moitas cousas tenebrosas que veñen comer seres vivos. Entran polas portas atravesándoas, e iso significa que debedes ter moito coidado e poñer alarmas en todas as portas e nas ventás, pero sobre todo, coidade as vosas mascotas. Se as tendes na casa estarán sans e salvas pero aínda así, poñede unha serie de trampas para fantasmas para que non lles pase nada.

Os canciños máis bonitos

Gatiño perdido Gilber é un gato moi cariñoso. Fai unhas

semanas marchouse e parece que lle pasou algo.

É un gato que lle quedan 6 vidas. Penso que

marchou con outros gatos. Creo que lle pasou

algo!

Só queda Michi na casa. Pode que Michi tamén

marche? Estou moi preocupado...

Morrería? Con quen estará? Alguén sabe que lle

pasou?

Con Gilber era todo mellor. Éramos moi amigos.

Canto o boto de menos...

Vístedes a Gilber por algures? Axudádeme!

Búscase

Noticia medio ambiental do Araño.

Redacción 4º É unha vergoña que se estean

vertendo augas fecais ao río Te, habendo

“tanta vixilancia por parte do Seprona”.

Vaia herdanza nos deixan os que gobernan

e os maiores aos rapaces, ademais dos

animais que están matando!

A consecuencia de todo isto é que pouco a

pouco destruímos o ecosistema: xa non

podemos ver tantas troitas e lontras coma

antes!

As cartas Pokemon están de mo-da no Brea Segade

Redacción 3º As cartas Pokemon puxéronse

de moda este mes de marzo no colexio Brea

Segade. Os nenos e nenas de segundo

empezaron a traer as cartas e agora os

nenos de quinto a primeiro traen as súas

cartas para xogar nos recreos.

Se sabes algo dillo

a algún de primeiro.

Page 2: Xornal BBS

Redacción 2º Unha vez, a miña cadela apareceu diante da miña avoa e seguiuna ata Campo de Pasos. Entón, a miña avoa preguntounos se era nosa e si que era! Despois, cando nos fomos a outro sitio perseguiunos e como non nos veu, esperounos ata que volvemos. Chámase Lila e Messi é o seu mozo.

Teño dous cans.

Redacción 2º O can de Ruth tivo cinco canciños moi bonitos: un de cor branco, outro de cor negro e tres de cor gris. Cando saen afora sempre xogan á pelota. Un morreume e só me quedaron catro. Pasou un día e morréronme outros dous.

Os dous que quedaron foron o branco e o negro. Chámanse Laki e Luna. Fixéronse grandes e despois de dous anos, morreu Luna porque tiña un vulto e meu pai foi ao veterinario e dixéronlle que tíñamolo que sacrificar... E foi moi triste.

O can que tivo cinco canciños.

Un mar de mulleres.

Redacción 4º O sábado, 16 de marzo, o

grupo de teatro AIRIÑOS representou

unha obra de teatro titulada MAR DE

MULLERES, que gustou moito ao

público asistente.

A obra ía sobre o que fan as mulleres no

mar. As mulleres no mar marisquean,

van á batea, van pescar, fan a poxa do

peixe, e despois os homes e mulleres

cociñan o peixe.

Ademais de iso, as mulleres vixían para

que non lles rouben o marisco nas

praias. Antes de haber coches as

mulleres ían vender o peixe andando con

cestas na cabeza as que chamaban

patelas.

Verdadeiramente, as mulleres fan “un

mar” de traballos relacionados co mar!

Furtivos rouban ás mariscadoras na praia da Torre.

Redacción 3º O xoves 14 de marzo uns furtivos

roubaron a unhas mariscadoras 1kg e medio

de ameixa fina e 5 kg de ameixa xapónica na

praia da Torre. Elas estaban distraídas

collendo máis marisco para xuntalo con aquel

que lles roubaron.

As mariscadoras quedaron moi mal despois

daquela catástrofe. Tiveron que ir ata un pouco

máis alá dos paus para apañar máis marisco.

Os vixiantes non viran o roubo pero si que

viron ás mariscadoras que pasaban dos paus e

berráronlles.

Algunhas mariscadoras que din que hai roubos

todos os días.

A miña aldea Taragoña.

Redacción 4º Na aldea de Taragoña, onde eu vivo, hai

un problema: os rapaces da miña idade non teñen

parques públicos para poder xogar cos seus amigos

un tranquilo venres pola tarde.

Por iso quería poñer esta denuncia, xa que o concello

non quere facer nada, nin sequera arranxar os

espazos que están en mal estado.

Penso que esta denuncia vai axudar a que por fin o

faga, e na aldea de Taragoña teñamos parques

públicos, paseos,…

Porque todas as aldeas deben telos, e por suposto a

nosa tamén!

Morre unha galiña en Cespón.

Redacción 3º O pasado sábado 9 de marzo

morreu en Cespón unha galiña que acababa de

poñer ovos de dúas xemas. Isabel, a dona da

galiña, dinos: Cando vin de traballar xa estaba

morta. Antes de morrer a galiña puxo dous

ovos de dúas xemas, que son moito máis

grandes ca un ovo corrente , dous cuartos máis

grandes. Os ovos están na casa de Noelia e

Irene Fernández Romero. Isabel está

convencida de que a galiña morreu polo

esforzo.

Imp

rim

e:

B

B

B

B B

B

B

B

SS SS e

dit

ora