Xesteira definitivo con nueva portada color marfil
Transcript of Xesteira definitivo con nueva portada color marfil
Xornal Xesteira CPI VIRXE DA CELA. MONFERO XUÑO 2013
http://cpivirxedacelaxesteira.blogspot.com/
Editorial
Dende o xa afastado ano 2008 non
se edita a que en 1991 se fixo revista
oficial do noso cole, Xesteira. Este
ano rexurdiu a idea de sacar á luz un
anuario onde se recollan as activida-
des máis significativas (que non
todas, pois sería impensable) do ano
académico na nosa escola do Xestal,
facendo tamén referencia a activida-
des anteriores que merecen aparecer
publicadas neste anuario que hoxe
vos presentamos. É Xesteira nesta
ocasión, como ben poderedes ver os
nosos lectores, unha revista case
“dixital” ou polo menos interactiva;
ciencia e tecnoloxía son sen dúbida
as armas coas que tódalas persoas
nos deberemos armar dende agora.
Por iso, veredes uns códigos que
recoñecerán os máis avantaxados en
tecnoloxía de cada casa; son os
códigos QR, que representan no
papel (material que nós reivindica-
mos coa impresión desta revista, por
gusto e tradición) dende páxinas
web ata vídeos e cancións, o que
permite dun xeito importante, am-
pliar os contidos desta revista a
través da rede. Manifestamos, xa
que logo, a utilidade e aplicación
das famosas TIC (Tecnoloxías da
Información e da Comunicación) no
ámbito escolar e tamén no familiar.
Ademais, esta Revista Xesteira terá
especial importancia para os alum-
nos e alumnas de 4o ESO e PCPI,
que este curso finalizamos unha moi
bonita e importante etapa das nosas
vidas que constituirá toda unha
pegada nas nosas memorias, nas
nosas vidas futuras e na nosa forma
de ser; podendo sempre que nos
atopemos polo mundo adiante,
contar un conto, rir e manter as
amizades que camiñaron ó noso
carón durante máis dunha década, a
primeira e quizais máis determinan-
te etapa para nós.
Outro dos aspectos ou intencións
desta edición de Xesteira é levar ás
familias (avoas, avós, tíos, pri-
mas ...) o traballo que entre os mu-
ros do Xestal se realiza, por enten-
der a Educación como a base do
progreso das sociedades, única canle
para acadar o desenvolvemento
sostible, erradicar a pobreza, facer
cumprir os Dereitos Humanos, velar
pola Paz e convivir civilizadamente
(algo que ata hoxe a duras penas se
acadou). Entra neste momento o
papel de Monferosolidario, o instru-
mento de educación en valores e
concienciación que funciona activa-
mente no CPI Virxe da Cela dende o
curso 2008/09 e contando con algún
que outro precedente. Monferosoli-
dario realiza a súa labor concibíndo-
se como un colectivo da comunida-
de educativa do colexio e desenvol-
vendo durante cada curso varios
proxectos. Pero non só é Monferoso-
lidario responsable do que se conse-
guiu ata o de agora na escola do
Xestal. Todo comeza nas aulas; nas
sempre acolledoras aulas onde se
sentaron antes ca nós outras persoas
(en múltiples ocasións, parentes
nosos) e onde impartiron clase gran-
des profesores. A innovación e afán
de superación veñen definidos cos
novos proxectos implantados, polo
que poderedes ver —atent@s lec-
toræs— (dispénsenme polo simbo-
lismo gráfico) cómo se levaron a
cabo os proxectos que puxeron a
traballar a mestras e cativos/as do
Xestal neste ano lectivo: Proxecto
Río Lambre, Proxecto Abalar … Así
mesmo, os nosos compañeiros de
Educación Infantil apostaron pola
ecoloxía e elaboraron papel recicla-
do; en 4o de Primaria preséntase dun
modo orixinal a personalidade de
Roberto Vidal Bolaño, identificámo-
nos coa clave de humor dalgúns
compañeiros de 3o de Primaria e con
algunha que outra creación literaria
produto da nosa imaxinación
(valioso tesouro). Iremos parar á
“Horta Máxica” despois de ler unhas
cantas receitas recompiladas por 5o
EP e pasamos por unha manchea de
actividades (excursións, festivais,
campañas, charlas ...) realizadas este
curso para que, ao final, alguén
deixe escapar unha lágrima ao che-
gar á sempre especial Despedida,
dos compañeiros e compañeiras de
4o ESO e PCPI e tamén do curso
xeral, o cal deixará determinada
pegada ou determinadas impresións
para toda a xente da Escola do Xes-
tal, o colexio Virxe da Cela, que
lembrará este curso.
Rematamos presentando finalmente
á Revista Xesteira como un instru-
mento de rexistro, de apoio para
lembrar o que marcou a dinámica
duns cantos meses entre os muros
máxicos (agora ben pintadiños) que
sempre nos acolleron de bo modo.
Recordaremos os fantásticos menús
sempre sorprendentes (hai unha
entrevista para indagar sobre esa
“meiguería” que fan no comedor),
os famosos semáforos de “Stop
ruídos”, etc. etc. etc. Longuísimo
etcétera …
É importante reivindicar tamén a
nosa razón para publicar esta revista
por satisfacción propia, afirmación e
reivindicación da Educación, o valor
que se leva a desenvolver dende o
curso 1975/76 no centro “Virxe da
Cela” polo cal pasaron bastantes
xeracións de Monfero, Irixoa e
mesmo Vilarmaior. E poderíase
desenvolver a partir dese sentimento
de reivindicación un grande e clari-
ficante texto, pero a persoa desiste
de querer plasmar no papel todo o
que sente nun esgotador intento,
polo que rematamos esta presenta-
ción —que para nós é bastante in-
sulsa— pedindo auxilio, apelando ás
mentes de cada persoa lectora desta
revista que se axudará da súa expe-
riencia na escola ou da dos seus
achegados para ampliar todo o que o
papel non pode conter. Así que ...
FAMILIAS, LEDE ISTO COA
AXUDA DOS FILLOS/NETOS/
SOBRIÑOS!!!!! Antonio González
López.
PÁXINA 2 XORNAL XESTEIRA
RECUPERACIÓN
XESTEIRA
FORMATO
PAPEL
Blogue Xesteira
http://cpivirxedacelaxesteira.blogspot.com/
Concluíndo o meu quinto ano de
coordinación do Equipo de Di-namización Lingüística, apro-
veito o espazo que me brinda
este xornal para botar unha olla-
da atrás e reflexionar sobre este período. Sinalar os duros ini-
cios, tratando de domesticar
algo novo para min: actualizar-
me e normalizarme na lingua galega (algo ao que non estaba
afeita), revisar normativas, re-
dactar proxectos, elaborar me-
morias, rexistrar facturas, plani-ficar actividades, etc. Moito
esforzo pero unha grande re-
compensa, xa que a travesía do
EDLG nesta etapa foi moi frutí-fera, e así o mostra a noso blo-
gue Xesteira (http://
cpivirxedacelaxestei-
ra.blogspot.com).
Presentamos trinta e seis páxi-
nas a toda cor cargadiñas de
textos e imaxes. Aquí atopare-
des a memoria de actividades
realizadas polo EDLG durante o
presente curso académico, así
como unha serie de colabora-
cións de alumnos/as, profesores/
as e APA. Incluso aqueles/as
que xa deixaron a nosa escola
quixeron aportar o seu grao de
area. Grazas a todos vós por
facer real este soño.
Non quixera rematar estas liñas
sen destacar o esforzo titánico
de Antonio González López (4º
ESO) na súa particular teima
por recuperar o espírito do anti-
go Xornal Xesteira en formato
papel. El é o autor da gran maioría dos artigos aquí publicados, e non
so demostrou as súas destacadas dotes xornalísticas, senón tamén
unhas grandes capacidades na coordinación, promoción e xestión deste
proxecto. Agora as pegadas do teu paso polo CPI Virxe da Cela que-
darán impresas para sempre. Verónica Dopico.
Editorial do Equipo Dinamización Lingua Galega
Sumario
PÁXINA 3 XUÑO 2013
XORNAL XESTEIRA
EDITORIAIS
SUMARIO
1.- RECUPERACIÓN DO PATRIMONIO
(p.3) Festas tradicionais: Magosto, Samaín, Antroi-
do
Xogos populares
O noso patrimonio natural O noso patrimonio arquitectónico
Guía de tradición oral
Oficios tradicionais
A nosa gastronomía
2.- POTENCIACIÓN DO GALEGO ORAL
(p.8)
Contacontos Videoconferencias
O Xestal nas Ondas
Rap en galego
Teatro en galego Cámara…Acción!!!
3.- POTENCIACIÓN DO GALEGO ES-
CRITO (p.10) Antonio Seijas conmemorando o Día do Libro
Obradoiro de escritura creativa en lingua gale-
ga
Letras Galegas II Concurso Preguntón
O Día das Letras Galegas (4º primaria)
4.- CREACIÓN LITERARIA E ARTÍSTI-
CA (p.14)
Que pasaría se o noso colexio fose de chocola-
te?
Concurso de portadas de libros A Horta Máxica
5.- OUTRAS ACTIVIDADES DESENVOL-
VIDAS NO CENTRO (p.16) Un muro cargado de valores
A nosa vida, a nosa paisaxe
Microtoponimia
Elaboración de papel reciclado Facendo xabón no laboratorio de Física e Quí-
mica
Semana Branca en Andorra
MUNCYT e exposición Fundación Vicente Ferrer
Visita múltiple a Ferrol
Visita de Entreculturas
Visita de Sasi Cutty e Yolanda Ferrer Charla Down Coruña
Obradoiro Cruz Vermella
Tapóns para unha nova vida
Festival de Nadal Monferosolidario: un pequeño mundo posible
onde se fai real a utopía
Chegou o Abalar
O que os alumnos/as pensan sobre o Abalar Outras formas de comunicación: o silbo canario
Enquisa sobre as redes sociais
Stop Ruídos: unha preocupación colectiva
6.- VARIEDADES E TEMPO DE LECER
(p.24)
Refráns
As choivas no calendario Chistes e xogos
Abecegramas
Luces…cámara, pelis con Historia
Outro xeito de entender as matemáticas Numerogramas
Xesteira Films
7.- COLABORACIÓNS (p.28)
O Val Xestoso en Xesteira
O Xestal, un cole especial Un bicho no patio
Notas desde a APA
An Englishwoman in Xestal
Nostalxia do Xestal Un partido de fútbol en desigualdade
Os vermes de 1º de ESO
Anécdotas da nosa vida
Rafting, sesión “vermouth” e pemen-tos de Padrón
Ao mal tempo…boa cara.
8.- NOTAS PARA UNHA DESPE-
DIDA (p.32)
O paso polo Xestal (I e II)
Non nos esquecemos de vós…
O tempo: marabillosa magnitude O poder evocativo da música
Adeus a 4º de ESO
Adeus a 6º de primaria
Orla promoción 2012-2013
Recuperación da tradición do
Samaín ou festa das cabazas. Todo o alumnado de educación
infantil e educación primaria
colaborou aportando a súa propia
cabaza, decorada e "tuneada" para a ocasión. Nos corredores
da entrada do cole puidéronse
ver todas as propostas do alum-
nado, e por segundo ano conse-cutivo editáronse uns marcapáxi-
nas combinando todas as fotogra-
fías.
Magosto
Samaín
O Magosto visto polo alumnado de 3º de primaria O magosto é unha festa na que
se comen castañas e outras lam-betadas. Os mozos e mozas
xogan a tisnarse, cantan, bai-
lan… Celébrase normalmente
no mes de novembro. No noso cole celebrámolo o luns, 5 de
novembro. Pola mañá, estive-
mos na clase escribindo un poe-
ma relacionado co magosto e logo os alumnos de 3º,4º,5º e 6º
curso fomos a unha visita guia-
da ao mosteiro de Monfero. Pola
tarde estivemos no pavillón
facendo xogos moi divertidos. A
continuación, collemos os nosos
cucuruchos e enchémolos de
castañas para comer. Estaban ricas! Pasámolo moi ben.
O pasado luns 5 de novembro o
alumnado de 2º e 3º ciclo de educación primaria do CPI Vir-
xe da Cela celebrou o Magosto
nun escenario inmellorable: o
Mosteiro de Monfero. Aprovei-taron esta ocasión para saír das
aulas e recibir unha importante
lección de apreciación e valora-
ción do noso patrimonio cultu-ral: a recuperación da tradición
desta festa das castañas e a visi-
ta guiada ao mosteiro, unha xoia
da arquitectura. Completaron esta xornada con actividades
lúdicas: xogos populares que se
desenvolveron nos arredores do
mosteiro.
Páxina 4 XORNAL XESTEIRA
Recuperación
do patrimonio
cultural e
artístico
O noso
patrimonio
inmaterial
Colorido, bailes, aplausos e
calor humana para compensar o frío invernal que visitou o noso
cole o venres 8 de febreiro.
Unha exhibición das ideas e
propostas de Antroido das dife-rentes aulas do CPI Virxe da
Cela, desde os mais pequerre-
chos, os nenos e nenas de infan-
til, até os xa case veteranos de 4º da ESO, pasando por todos os
estadios intermedios. Premios
para a mellor actuación, o me-
llor disfraz, o mellor grupo, e o Antroido 2013. E para rematar
esta xornada lúdica, un delicioso
“chiculate” con doces típicos do
antroido que axudaron a comba-ter ola de frío polar...
Antroido
PREMIOS ANTROIDO 2013
-Premio mellor actuación: Gangstyle 3º ESO -Premio mellor grupo: 5/6 EP
-Premio mellos disfraz: Iván de 3 anos
-Premio Antroido 2013: Nucho e Nucha
Programa das actuacións do Festival de Antroido
EI: Canción dramatizada “Dime que
fixeches”, Migallas
1º e 2º EP: Desfile con baile “Debaixo
da figueira”
3º EP: Baile “Carnaval, Carnaval
4º EP: Baile “En el paro estoy” 5º e 6º EP: Canción e baile:
“Animamos”
1º ESO: Coreografía “Limbo” e Rap
da Paz 2º ESO: Grupo gatuno; Misses e Mis-
ters
3º ESO: Gangstyle ; Nucho e Nucha
4º ESO: Parodia dos Paiasos; Coreografía “La mujer del pelotero”.
Páxina 5 XUÑO 2013
Recuperación
de festas
populares e
tradicionais.
Magosto,
samaín,
antroido.
Paco Bañobre, da asociación
ADEGA visitou o centro no mes de outubro e impartiunos unha
charla ao alumnado da ESO
onde nos falou da labor ou do
campo de actuación xeral da asociación; mais centrándose no
que certamente era o “punto do
día”, presentounos e afondou
sobre o “Proxecto Ríos” que a asociación leva realizando den-
de o 2005 nos ríos de Galicia
coa colaboración e participación
de persoas voluntarias e de alumnos/as de centros de ensino
varios. Á parte de realizar estas
tarefas, tamén fixemos limpeza do río recollendo algúns lixos
(garrafas de plástico, un bidón
de lata, algunhas bolsas de plás-
tico e lonas …) que botamos ó colector de lixos do concello.
Tamén tomamos, a modo de
mostra, un anaco de alga e ob-
servamos no lugar a vexetación da ribeira, algo no que non repa-
ramos a cotío pese a que temos
estes lugares e outros ríos preto
de nós.
Xogos tradicionais e populares
O noso patrimonio natural
O venres 10 de maio o sol amo-
souse sen reparo para amenizar unha divertida xornada de xogos
populares. Conformando un
apartado do noso Proxecto de
Fomento do Uso do Galego, a recuperación do noso patrimo-
nio "inmaterial" levouse a cabo
a través dunha iniciativa que
partiu de Educación Primaria. O alumnado de 3º ciclo de prima-
ria reuniuse no patio exterior
para realizar esta xornada, a
base de diferentes "estacións" con xogos populares e tradicio-
nais como a carreira de sacos, a
mariola, o xogo do pano, e ou-
tras. Os rapaces e rapazas pode-rán así contar con diversas alter-
nativas para o seu tempo de
lecer, agora que tan de moda
están os xogos virtuais, as vide-oconsolas, o individualismo...
non deixemos de lado estes
xogos cooperativos, que aínda
encima son moi saudables, xa que nos obrigan a utilizar mente
e corpo... ***
Se algún pensaba que as casta-ñas só servían para encher o
bandullo estaba moi confundi-
do, e velaquí temos un claro
exemplo: no magosto deste ano os nenos de infantil e primaria
puideron comprobar que se
pode facer exercicio físico in-
cluso empregando unhas sim-ples castañas. De isto nos infor-
ma Ricardo, o profe de educa-
ción física de primaria, e nos
deixa unhas fotos.
Páxina 6 XORNAL XESTEIRA
Recuperación
de Xogos
Tradicionais
E populares
Patrimonio
arquitectónico
e natural
Pensemos nun lugar de gran
beleza, onde a natureza e o ho-me están en total sintonía, pois
seguramente alí poderiamos
atopar un mosteiro . Iso é o que
acontece en Monfero, que conta cunha das xoias patrimoniais da
nosa Comunidade: o “Mosteiro
de Monfero”. Coñecelo e o pri-
meiro paso para valóralo, ao tempo que valoramos a nosa
identidade cultural. Este é o
principal obxectivo da primeira
saída do novo curso escolar. O alumnado de 2º e 3º ciclo de
educación primaria gozou del e
da súa fermosa e triste historia
(dado que na actualidade ten perdido moito do seu esplendor)
grazas a visita guiada organiza-
da en colaboración co Concello
(o cal agradecemos a súa cola-boración). Con ela puidemos
trasladarnos 500 anos atrás e
imaxinarnos unha vida sen co-
modidades, de moito traballo e esforzo colectivo. Igualmente
comprendemos que a nosa pai-
saxe non é algo inalterable, que
cambia co transcorrer dos anos influenciada polos usos e costu-
mes dos homes e mulleres que
nela conviven e que resulta
imprescindible tomar conciencia do uso que dela facemos. Mª
Camino Pereiro.
***
Por outra banda, o alumnado de 4º da ESO na materia de música
realizou un traballo de investi-
gación sobre os muíños, inda-
gando sobre o uso cultural des-tas construcións típicas da arqui-
tectura da auga en relación co
noso folclore, tomando como
base a Muiñeira.
O alumnado de educación infan-
til e primeiro ciclo de educación
primaria do CPI Virxe da Cela
visitou a Panadaría "Dos Reis",
situado na veciña parroquia da
Viña, coa intención de observar e participar en todo o proceso de
fabricación dese alimento indis-
pensable nas nosas mesas: o
pan. Aquí tedes a crónica da súa experiencia:
O pasado mes de Novembro os nenos e nenas de Infantil e 1º Ciclo de Primaria fomos visitar a panadaría “Dos Reis” na Viña. Alí aprendemos cómo se fai o pan e o pasamos bomba amasando un pouco. A masa pegábasenos moito nas mans pero coa fariña e coa gran axu-da de Suso, Ángel e Sonia saí-ronnos uns boliños estupendos. Despois de tanto traballo convi-dáronnos a unha merenda fan-tástica: o pan con chocolate estaba delicioso!!! Encantounos esta visita. Moitas grazas por atendernos tan amablemente!!!!
A nosa gastronomía
O alumnado de 5º de primaria elaborou unha guía de receitas
típicas da nosa gastronomía que
está para chuparse os dedos…
En palabras de Mª del Camino
Pereiro González, titora de 5º de
primaria, “A gastronomía forma
parte do patrimonio cultural in”tanxible” dos pobos. Non só
cobre unha necesidade biolóxi-
ca, senón que tamén representa
a paisaxe como recurso. Igual-mente, configurándose como
elemento diferenciador dun
estilo de vida que perdura de
xeración en xeración sen necesi-dade de transcribirse. Cociña
diaria e cociña festiva, que une
xentes, palabras e feitos e que
desde a clase de 5º curso de Educación Primaria do CPI
Virxe da Cela queremos home-
naxear coas receitas que as
nosas familias foron atesouran-do en lumes e fogóns.
O noso patrimonio arquitectónico
Oficios tradicionais
próximo, recollen información
variadas (cantigas, coplas, re-fráns, adiviñas, contos popula-
res, etc). Ano tras ano imos
engrosando un arquivo docu-
mental a base de textos, e ac-tualmente, grazas ás novas tec-
noloxías, incluíndo rexistros
audiovisuais (gravación de au-
dio e vídeo empregando os telé-fonos móbiles).
Guía de tradición oral Desde fai varios anos o Departa-
mento de Música vén traballan-do na elaboración dun
“cancioneiro”, para poder recu-
perar a memoria dos maiores,
tratando de rescatar a tradición oral da zona. Os encargados
desta tarefa son os alumnos/as
de 2º da ESO, que, buscando
informantes na súa propia fami-lia ou no ámbito social máis
Páxina 7 XUÑO 2013
Recuperación do
patrimonio
arquitectónico
Patrimonio
inmaterial
Tradición oral
Oficios
gastronomía
As profesoras Yolanda Castro e Verónica Dopico foron convidadas no mes de novembro a presentar o
proxecto Monferosolidario no programa radiofónico “A Fenestra Solidaria”, de Radio Fene. Posterior-mente, este mesmo programa emitiu varios potcasts elaborados polo alumnado de 1º e 2º da ESO refle-
xionando sobre a paz, a solidariedade e outras temáticas vinculadas á educación en valores.
Contacontos
O Xestal nas Ondas
Castilla, situada na Illa Decep-
ción, na Antártida. Entre os militares e científicos que traba-
llan nesta estación española
atópase Xavier Cristobo, un
aresán que, a parte de mergullar-se nas xélidas augas polares,
leva anos inmerso no mundo da
investigación biolóxica, sendo
na actualidade o director do Centro Oceanográfico de Xixón.
Veciño e amigo da nosa profe-
sora aresá Yolanda Castro,
aceptou a petición desta compo-ñente do EDLG para transportar
a nosa lingua alende os mares, e
con grande simpatía e coñece-
mento, contestou cada unha das
preguntas formuladas polos rapaces e rapazas da ESO, e,
como non, ás de María Xosé
Fandiño, a profesora de Cien-
cias Naturais Xavier Cristobo recibiu os parabéns de todos
asistentes a esta videoconferen-
cia, e esperemos que este non
sexa máis que o primeiro con-tacto dunha colaboración máis
duradeira. Recorda Xavier que
estás convidado a visitar o noso
centro cando voltes a Galicia, e poder contarnos todas as túas
aventuras e andainas ao carón
dunha estufiña...
Videoconferencias
O martes 6 de novembro o
alumnado de 3º e 4º da ESO tivo a oportunidade de descubrir
novos avances da ciencia a tra-
vés dunha videoconferencia.
Neste ocasión déronse cita no paraninfo do IES Otero Pedrayo
de Ourense cinco investigadores
galegos, presentando conxunta-
mente e on-line a conferencia co título "Facendo física de partí-
culas polo mundo".
***
Posteriormente, o 24 de decem-
bro, conectámonos vía Skype
coa base española Gabriel de
Mahán, un simpático e avispado
cativo dunha aldea de África que descobre un xeito moi sin-
gular para loitar polo dereito á
educación de aqueles 61 millóns
de nenos e nenas que, vivindo en diferentes áreas da xeografía
mundial, non teñen a sorte e o
privilexio de asistir a unha esco-
la e aprender. A encargada de transmitir esta
historia é Andrea Varela, unha
rapaza de 1º da ESO que ten o
don de contar contos, e que cautivou ao público asistente a
estas sesións de contacontos,
que a observaban boquiabertos e
con mirada atenta. E para am-
bientar este conto de "Mahán e a cadeira vermella" que mellor
que realizar simultaneamente a
acción de pintar unha cadeira de
cor vermella para simbolizar a esencia do noso conto!!!
Recordamos que este conto está
inspirado na campaña de "La
silla roja" lanzada pola ONG Entreculturas, que os textos
foron escritos por María Pri-
moy, outra rapaza de 1º da ESO,
e que as ilustracións correron a cargo de varios alumnos e alum-
nas de 1º da ESO.
***
Por outra banda, os contos tradi-
cionais, os relatos de autor e os clásicos contemporáneos da
literatura infantil e xuvenil ocu-
paron o repertorio da sesión de
contacontos ofrecida o 18 de marzo por Kalandraka, xa todo
un clásico na nosa escola. Nesta
ocasión “Os petos de Loreto” de
Quentin Blake foi o fío condutor da sesión, a partires do cal fó-
ronse fiando as demais historias.
As melodías, compostas espe-
cialmente para cada relato, in-terpretáronse con instrumentos
tradicionais e outros proceden-
tes doutras culturas.
Páxina8 XORNAL XESTEIRA
Potenciación do
galego oral
O venres 19 de outubro, no
pavillón polideportivo, todos os alumnos/as da ESO participa-
mos nun obradoiro de
“creatividade” que tres persoas
viñeron impartir, como unha actividade proposta pola Depu-
tación provincial que o noso
centro acolleu.
Foi este un obradoiro dinámico e interactivo no que todos/as
tivemos algunha tarefa que fa-
cer. Á parte das explicacións
que nos deron sobre a cultura
Hip hop, que foi o tema de refe-rencia que nos deron para
“desencadear” ou “liberar” a
nosa creatividade; tivemos que
desempeñar labores dispares que pasan pola reflexión sobre a
actualidade, a atención, descu-
brimento e afondamento sobre a
cultura Hip hop que a nós nos resulta afastada; o uso, a libera-
ción e a busca da inspiración
para as nosas calidades e com-
petencias literarias, que tivemos
que expor na confección dun pareado sobre temática social
actual; expoñe-las nosas dotes
na arte da pintura facendo un
“graffiti” e, por último, dous compañeiros prestáronse volun-
tarios para unha demostración
sobre a danza break-dance.
Óscar Vidal e Daniel Vázquez, de 4o curso da ESO atrevéronse
a facerlle competencia ás perso-
as encargadas de imparti-lo
obradoiro.
parecía posuída polo desexo
irrefrenable do whatsapp (cando whatsapeamos?, cando?) Sara
debeu de sufrir un ataque alérxi-
co alieníxena, xa que cada cam-
bio de roupa era o suplicio uni-versal (Penélope Cruz sufriu
algo parecido, pero despois de
8.765.941 cambios de roupa).
Iago foi vítima dun xiro de personalidade malicioso!!! Na
micromovie era "buenote", non
"malote"!!!. Que "malote" se-
ría… "buenote". Iván sentiu a presenza paranormal a través
dunha garabata, que lle fixo
sentirse "técnico municipal",
O 30 de maio tivo lugar no CPI
Virxe da Cela a gravación da micromovie solidaria. Durante a
gravación déronse unha serie de
fenómenos paranormais, que a
NASA está a investigar nestes intres. Pablo sufriu algún proce-
so de permutación da personali-
dade...Críase un profesor!!! e o
peor de todo é que empeñouse en poñer o xersei do profe de
galego!!(non lle valía outro!!.
Por riba 4 tallas máis grande.)
Antía, pola contra, viña perfecta no seu papel de profe. ¡Qué
clase, que glamour!! Andrea
pero a cambio, esta presenza
paranormal só lle permitiu rodar a primeira escena...logo, para
clase!!!.Tódolos demais efectos
secundarios os podedes ver no
blogue de Monferosolidario.
Por certo, acabo de recibir un
whatsap dun ente alieníxena que
di "o sdrme marciano dsparec kndo aprobds o crso.....a studr!!"
Para nós foi un pracer vivir esta
"experiencia paranormal" con
todos e todas vós...e os nosos sinceros parabéns polo voso
traballo solidario!!!. Ramón
Molina e Ximena Valle.
Rap en galego
Cámara...Acción!!!
da de efectos audiovisuais. Al-
gúns/has de nós xa leramos o libro, pero os que non o fixeron
puideron reparar no ben elabora-
do resumo exposto na obra de
teatro. Sería interesante, con todo, poder ver unha obra con
varios personaxes e con cambios
de escenario, máis dinámica;
pero estivo ben.
***
O 12 de novembro o alumnado
de 3º ciclo e 4º curso de educa-ción primaria gozou dunha
representación teatral no audito-
rio de Narón. Representábase a
obra Kafka e a boneca viaxeira.
Teatro en galego O mércores 7 de novembro de
2012 os alumnos/as da ESO fomos ao teatro municipal de
Narón a ver a dramatización do
actor Cándido Pazó sobre a obra
narrativa de Xosé Neira Vilas, “Memorias dun neno labrego”.
Pese á sobriedade dos monólo-
gos, o actor foi quen de realizar
unha boa interpretación, de transmitir os sentimentos de
Balbino, o protagonista, incluín-
do disimuladas aclaracións entre
a obra que aparentaban dotala á mesma dun dinamismo ameno.
Este feito foi tan só unha ilusión
creada polo actor pero que deu
resultado. A obra ía acompaña-
Páxina9 XUÑO 2013
FALANDO EN
GALEGO
GALEGO ORAL
Este texto baséase nunha histo-
ria real acontecida a Franz Kaf-ka un ano antes da súa morte.
Paseando por un parque de Ber-
lín, o autor atopou unha nena
que choraba desconsolada por-que perdera a súa boneca. Para
calmar a pequena, Kafka con-
toulle que a boneca marchara de
viaxe, e el, convertido en cartei-ro, tiña unha carta que lle leva-
ría ao día seguinte ao parque.
Durante tres semanas, o escritor
checo estivo escribindo e levan-do cartas á mociña, narrando as
peripecias da extraordinaria
boneca deste todos os rincóns
do mundo.
Ti coñeces o lugar das Croas en Doroña? Realmente non o
coñezo.
Como consegues facer libros
de medo e que á xente lle gus-ten? As cousas transmítense se
o estás facendo con ganas e
paixón, se o fas pensando noutra
cousa, nótase. Non fas un libro polos cartos, senón que o fas
porque che gusta. Por iso a xen-
te á que non lle gusta non o fai,
porque tardas moitos meses en acabar o libro e ao final case
non acabas gañando nada (cos
meses que lle dedicaches).
Poderías facer unha segunda parte deste libro? Si, pero tería
que facer outra historia, por
exemplo con Tareixa de prota-
gonista.
Que había debaixo da trapela? Iso xa nin o explica Agustín.
Gústalle deixar o final aberto. El
tamén me dicía que se el fixese
banda deseñada non poñería o monstro na porta.
Por que a cativa cambiaba de
posición no gravado? Tamén o
deixa á nosa imaxinación.
Algunha parte desta historia
está baseada en feitos reais? O
anuncio da casa embruxada e o
d a c a s a d e D o r o ñ a .
Todos os sitios que aparecen
no cómic son reais? Pois efecti-
vamente, todos os sitios son
auténticos, ata a casa embruxa-da, que é unha copia dunha desa
zona. Ben, o único sitio que non
é real é o bar.
Por que decidiches basearte
na novela de Agustín Fernán-
dez Paz? Porque gañei o certa-
me Castelao e alí coñecín a
Agustín Fernández Paz e el encargoume que lle fixese os
debuxos á novela.
Que te inspirou para ser debu-
xante? Buh ... moi complicado, é algo que fas desde neno, miña
nai aínda garda unas follas onde
eu debuxara as partes do corpo
humano. Cantos cómics publicaches? Os
primeiros que fixen para con-
cursos non están publicados, os
dous que teño publicados son “Un home feliz” e “Cartas de
inverno”, aínda que xa teño un
par deles a piques de rematar.
Antonio Seijas conmemorando o Día do Libro
Entrevista a Antonio Seijas
Considerando tamén a impor-tancia do Día do Libro, o ilus-trador e escritor Antonio Sei-jas visitounos para presentar a súa obra dentro da literatura gráfica. Facendo este ano un acto es-pecial para conmemorar o Día do Libro deste ano 2013, An-tonio Seijas, ilustrador e escri-tor, nova promesa para a lite-ratura galega contemporánea; visitounos e impartiu unha exposición sobre a súa obra perante o alumnado da E.S.O. A actividade foi organizada pola Biblioteca Castelao e polo EDLG e foi filmada coa video-cámara do cole. A exposición na que Antonio Seijas (natural
de Ares) nos mostrou o seu traballo artístico explicando motivos, inspiracións e con-tándonos cómo foi a súa tra-xectoria e a realización dos traballos; foi interesante den-de o comezo ata o final. Algúns dos que tiñamos preparadas preguntas sobre a súa obra traballando sobre “Cartas de inverno”, adaptación ó cómic da novela de Agustín Fernán-dez Paz, ou sobre a obra “Un home feliz”, de autoría propia; interesámonos polos símbo-los, polos sutís significados adoptados polos pequenos detalles colocados polo autor. Ademais, a presentación des-
tas obras de ilustración pode
resultar máis atractiva polo
feito de combinar as artes cun
mesmo fin ou obxectivo de
relatar, transmitir sentimen-
tos ou sensacións, recrear
ambientes . . . Guiar, en defini-
tiva, a imaxinación de cada-
quén mediante as directrices
que son as dadas polo conxun-
to da historia, pois remarcou
Antonio Seijas que caben dife-
rentes interpretacións dunha
mesma historia dende diferen-
tes puntos de vista: é a liber-
dade imaxinativa de cada per-
soa, o poder de evasión ou
soño, eses valores inherentes
á arte que se viron tan ben
reivindicados nesta xornada
dedicada ao Libro.
Páxina10 XORNAL XESTEIRA
galego escrito
Banda deseñada
Literatura
POESÍA
A editorial Kalandraka ofreceu-
nos un obradoiro de escritura creativa en lingua galega basea-
do na obra de Rosalía de Castro.
Impartiuse o 10 de maio e os
destinatarios foron os rapaces e rapazas de 5º e 6º de primaria.
Obradoiro de escritura creativa en lingua galega
O pasado xoves, 16 de maio de 2013, tivo lugar no patio cu-berto da escola do Xestal un breve acto para celebrar os Maios e conmemorar o Día das Letras Galegas, dedicado este ano a Roberto Vidal Bolaño. Durante o acto houbo unha introdución na que o alumna-do de Música de 4º ESO instru-mentamos un fragmento de “Santa María, strela do día”, cantiga de don Afonso X O Sabio. Ademais, nenos e nenas
de Primaria fixeron uns bailes coa súa profe de Música apro-veitando a ocasión. O acto rematou coa xa tradicional Danza das Fitas, bailada por alumnos/as de 4º da ESO. Outros acontecementos que tiveron lugar foron a entrega de premios, en primeiro lugar, do Concurso de Portadas de Libros; despois entregáronse os diplomas a gañadores, fina-listas e participantes na se-gunda edición do Preguntón. O
profesorado da Biblioteca Castelao e do Departamento de Artes Plásticas fixo entrega de devanditos premios. Pódese facer aquí mención tamén ó aniversario de Daniel Vázquez (4º ESO), quen nesta data resultou agradablemente premiado como gañador do segundo posto do II Concurso “O Preguntón”; mais foron dúas alumnas de 6º EP quen acadaron o primeiro posto. Os resultados dos concursos refí-rense a continuación.
Día das Letras Galegas 2013
interromperon a súa participa-
ción, pero tamén hai que dicir que se tiñan algunha esperanza
de levar un premio, en fin ... os
que levamos algún premio agra-
decémoslles que decidisen reti-rarse, aínda que así houbo me-
nos emoción, faltou máis “sana
competencia” (aínda que tamén
é verdade que non ten moito que dicir un servidor, que quedou co
seu compañeiro no terceiro lu-
gar por “chiripa”, xa que houbo
empate no segundo posto). Outro dos trazos que sempre
identificará ó Preguntón polo
simple feito de celebrarse en
territorio español é o de que
sempre se entregarán as respos-
tas o día no que finalice o prazo (venres) xa que se responderon
con desesperación, pero con
eficacia, o día anterior (xoves).
E que máis dicir? Pois que un participante que se cadra non
ten máis ocasión de estar na lista
do Preguntón anima aos profes
da Biblioteca e colaboradores a seguir con esta tradición sempre
enriquecedora, interesante e que
aumenta o tránsito dos corredo-
res do Xestal coa intriga das puntuacións e das respostas
correctas, coas almas dos parti-
cipantes pensando “a ver se non
puxen unha burrada” ou “a ver
qué nota sacamos”.
II Concurso O Preguntón
Parece que a Biblioteca Castelao
adquiriu dende o curso pasado a tradición de celebrar o Pregun-
tón tódolos anos, e este ano
realizouse a segunda edición
deste concurso consistente na procura de información en fon-
tes bibliográficas co obxectivo
de responder ás preguntas, for-
muladas polos profesores impli-cados, para así obter a maior
puntuación posible.
O ano pasado o concurso cons-
tou de dez semanas de preguntas pero este ano foron unicamente
sete. Hai que dicir que moitos
dos que estaban inscritos no
concurso non participaron ou
Páxina11 XUÑO 2013
letras galegas
Maios
Premios
Concursos
GAÑADORES PREGUNTÓN
1º PREMIO: Las imparables: Tania
Grueiro e Andrea Brage ( 6º EP).
2º PREMIO: Los leones: Adrián Allegue (3º ESO) e Daniel Vázquea
(4º ESO); Pola corda: Pablo Medín
e Manuel Santamariña (2º ESO).
3º PREMIO: Os respostóns: Óscar
Vidal e Antonio González (4º ESO).
O Día das Letras Galegas polos rapaces/as de 4º EP
Pola súa parte, os nosos compañeiros e compañeiras de 4o de Primaria explicáronlle a unha vella amiga
qué é o Día das Letras Galegas: cál foi a súa orixe, a quén se lle dedica este ano …Todas estas cuestións veñen explicadas e ilustradas nas páxinas seguintes, en formato TBO.
Páxina 12 XORNAL XESTEIRA
Páxina 13 XUÑO 2013
de zume, colleron del e déronlle
un pouco aos outros nenos. Axiña os nenos se recuperaron e
todos o celebraron. Os profeso-
res compraron máis chuches
porque os nenos coméranas todas. Dende aquel día todos
foron felices. E colorín colorete,
polo ceo vai un foguete. Leonor
Vázquez Veira . 3º E.P.
Un día, despois dunha folga, os
alumnos do CPI “Virxe da Ce-
la” volveron ao colexio con moita gana de aprender. Cando
chegaron viron que era de cho-
colate e entón os nenos empeza-
ron a comelo, agás Sofía. Sofía era unha nena de nove
anos aventureira, con moita
imaxinación e intelixente. A ela
era a única que non lle gustaba que o colexio fose de chocolate
porque nese momento quería
A creación literaria nesta edi-
ción de Xesteira ven inaugurada cunha poesía e cun conto que
nos faría a todos pensar sobre
qué pasaría se o noso cole fose
de chocolate ... Sería moi seguro que aumenta-
ría o número de indixestións
sufridas polo alumnado do Xes-
tal e tamén habería negocio para os dentistas con tanta moa pica-
da.
Era unha vez un colexio chama-do “Virxe da Cela” que era de
chocolate. As ventás eran de
chuches e tiña unha piscina de
refresco. Un día chegou a febre do chocolate. Todos os nenos
querían comer o colexio enteiro.
Pouco a pouco ían enfermando.
Os nenos de terceiro non enfer-maron, e como sabían a cura da
enfermidade foron ó manancial
aprender cousas novas.
Sofía sabía quen fixera que o cole fose de chocolate: a bruxa
Malopea, porque ela sabía pou-
cas cousas e quería que os ne-
nos en vez de estudar estivesen comendo, pois así saberían
poucas cousas, como Malopea.
Sofía colleu a súa lupa e foi a
un muro a buscar o agocho de Malopea. Tocou uns ladrillos.
De súpeto, apareceu un túnel
subterráneo. Polo camiño había
moitas trampas pero Sofía supe-rounas e atopou o agocho da
bruxa. Entón tirouna ó caldeiro
de lambetadas que estaba ao
lume, dixo o contrafeitizo e o agocho de Malopea derrubouse.
Sofía escapou xusto a tempo.
Ninguén do cole se acordaba de
nada, agás Sofía. Foron á clase e colorín colorado esta historia
xa ten rematado. Tania López
Sande. 3º E.P.
Que pasaría se o noso colexio fose de chocolate?
Concurso de portadas de libros
PÁXINA 14 XORNAL XESTEIRA
CREACIÓN
LITERARIA E POÉTICA
Creación artística
AZUL
Azul é o ceo, azul é o mar, azul é a flor
azul é a bolboreta que vexo pasar.
Azul é o paxariño que aprende a voar
e azul é o peixe que nada no mar.
Leonor Vázquez Veira.
3º de Primaria.
Todo o potencial artístico e creativo do noso alumnado deixou-
se ver a través do concurso de portadas de libros organizado polo departamento de plástica. Aquí tedes unha mostra:
Mención especial do xurado: aulas de infantil.
Mención especial do xurado: Adrián Caamaño Rico. Premio do 1º ciclo de EP: Antía López Teodosio.
Premio do 2º ciclo de EP: Candela Campello Fernández.
Premio do 3º ciclo de EP: Sara Otero Fernández.
Mención especial do xurado: Martín Cortizas Suárez. Premio da ESO: Nerea Couceiro Gómez.
Premio deseño infográfico: Bibiana Blanco Parga.
Adrián
Antía Bibiana Candela Martín
Nerea
Sara
A historia que a continuación
presentamos xurdiu na aula de 5º curso de Ed. Primaria do CPI
Virxe da Cela durante o curso
2012/2013.
A narración dos feitos foi reali-
zada por Laura Vila Picallo e as ilustracións por Aldara Pita
Pico. Segundo a súa titora, Mª
del Camino Pereiro González,
“ambas representan o espírito
de superación e de colabora-ción, a capacidade de aprender
a aprender e a autonomía e
iniciativa persoal que impreg-
nan todas as nosas actuacións”.
Pois xa saben os lectores/as: o
final aberto apela á imaxinación de cadaquén. Sen dúbida a rapa-
zada de 5º traballou a concien-
cia. Recordade que este mesmo
grupo foi o encargado da com-pilación das receitas para o
traballo de investigación de A
Nosa Gastronomía.
A horta máxica
PÁXINA 15 XUÑO 2013
COLABORACIÓNS
DO ALUMNADO
DE 5º PRIMARIA
TRABALLO EN
EQUIPO
COOPERATIVO
CREATIVIDADE
Como todos os domingos pola mañá, a avoíña Pepiña saíu da súa pequena casa. A
avoíña Pepiña é baixa, gordiña, ten ollos pequenos, moitas engurras na cara e o seu
cabelo é de cor grisácea. Hoxe Pepiña leva posto un vestido laranxa con puntos verdes e vermellos, uns guantes azuis e un mandil branco con dous grandes petos.
A súa casa é de cor azul ceo, está situada ao carón da estrada, iluminada por un gran
farol e cunha pequena horta á esquerda e un fermoso xardín á dereita. Todos eles rodeados dunha valla azul escura.
Esa mañá ao saír da casa dirixiuse ao xardín. Alí estaba a bruxa Maruxa. A bruxa
Maruxa é baixiña, gordecha, de face colorada, beizos vermellos e cabelo gris. No seu nariz ten unha verruga. Leva posto un vestido negro e de cola, un sombreiro picudo a
xogo, uns zapatos vermellos e as súas medias son de moitas cores.
Pepiña, que é moi simpática, díxolle a Maruxa se quería axudarlle co xardín. Esta aceptou encantada, pero Maruxa é un pouco desastre, botou unha poción máxica na
horta. Entón naceron un montón de herbas.
Como Pepiña ten moita paciencia e é moi boa e traballadora comezou a arrincalas. Maruxa deuse de conta da torpeza e gardou a poción no seu peto e tras despedirse cun
par de bicos, volveu á súa.
Pero o feitizo xa estaba no xardín de Pepiña, e de súpeto converteuse nun xigantesco elefante, logo nunha formiga… Así estivo toda a noite, transformándose en mil cousas.
Coa chegada do día, volveu converterse de novo nun xardín.
Á mañá seguinte Pepiña foi plantar repolos á horta, pero de repente … a horta con-vertérase nunha xirafa, que ao ver a Pepiña, asustouse e saíu correndo con Pepiña
enriba dela. A xirafa ao saír correndo cruzouse coa bruxa Maruxa, que tropezou coa
xirafa e quedou co cu na boca do animal.
Cando aquilo parecía unha situación cun final tráxico, a xirafa transformouse nun
golfiño, logo nun coche de Formula 1, que Maruxa conduciu ata regresar á casa. Xus-
to cando aparcou o vehículo ao pé da casa, o coche converteuse na horta de Pepiña. A partir dese momento, a horta e o xardín deixaron de transformarse. A bruxa Maruxa
aseguroulle a Pepiña que o feitizo só duraba 24 horas. Así que a mañá seguinte Pepi-
ña puido volver plantar os repolos.
Todo foi ben… ata que a Maruxa se lle ocorreu outro feitizo. E a ti que che parece? Queres continuar a historia?
en valor dunha paisaxe cultural
propia, onde os usos, costumes, tradicións e singularidades patri-
moniais están en íntima relación
coa natureza e que non so esta-
ban deseñadas para este proxec-to, senón que xa estaban inmer-
sas na idiosincrasia do propio
centro. Falamos de actuacións
como a implicación, participa-ción e colaboración docente co
medio no que actúa, identifica-
ción, catalogación e difusión de
elementos patrimoniais de pri-meira orde (ilustración do muro
exterior do centro, microtopóni-
mos, flora, fauna, gastronomía,
Participando no programa
“Doce meses, doce paisaxes” do Plan Proxecta, fomos seleccio-
nados como representantes no I
Encontro Ibérico de Xóvenes
pola Sostenibilidade e a Paisaxe como recoñecemento polas
experiencias realizadas no con-
texto escolar en prol dun mellor
coñecemento da paisaxe próxi-ma e da concienciación do seu
valor natural, cultural, emocio-
nal e económico e como ferra-
menta para acadar un territorio máis sostible.
Levamos a cabo actividades que
buscaban o coñecemento e posta
xogos populares, trivial da natu-
reza, ruta de sendeirismo …), análise de problemáticas
(incendios forestais, conserva-
ción do medio, eco-clases …) e
difusión de experiencias (blog A nosa paisaxe, a nosa vida: http://
paisaxevida.blogspot.com.es/)
sempre dende a colaboración
activa e colaborativa da comuni-dade educativa (alumnado, do-
centes e familias). O profesora-
do coordinador da actividade
(Departamentos de Ed. Artística e de Ed. Física e titoras de 4º e
5º de Ed. Primaria.
Un muro cargado de valores
A nosa vida, a nosa paisaxe.
A finais do curso pasado e a
comezos do presente curso todo o alumnado do CPI Virxe da
Cela armouse de pinceis e botes
de pintura para decorar o muro
que rodea a nosa escola. Unha iniciativa de Merecedes Dosinda
Sánchez e Marta Novo, profeso-
ras que imparten Plástica en EI e
ESO respectivamente e que coordinaron todo o proceso de
decoración deste elemento ar-
quitectónico, dividíndoo por tramos e repartindo as parcelas
entre os diferentes cursos e eta-
pas. Cada grupo aportou as súas
ideas e bosquexos, baseándose na idea de “A contorna”. O
resultado é fantástico, non so
pola calidade artística do mes-
mo, senón pola mensaxe solida-ria contida no conxunto das
imaxes, que falan do cooperati-
vismo, da axuda mutua, da cul-
tura da paz, e do respecto e con-servación do noso patrimonio.
http://
paisaxevida.blogspot.com.es/p/
pintando-o-muro.html
Páxina 16 XORNAL XESTEIRA
ACTIVIDADES
DESENVOlVIDAS
NO NOSO
CENTRO
A continuación preséntansenos
as conciencias ecolóxicas dos nenos e nenas de cinco anos en
Educación Infantil, quen coa súa
mestra Gloria fixeron papel
reciclado; parte do mesmo orna-mentado con materiais tamén
reciclados: os restos de afiar as
cores. Así mesmo, contamos
coas ilustracións do proceso, amén das fotos.
***
Os nenos e nenas de Infantil sabemos o importante que é
reciclar para conservar o medio
ambiente. Por iso na nosa aula
fixemos este taller de reciclado de papel. Aquí vos deixamos
unha mostra do proceso.
Despois de cortar o papel e de
mesturalo con auga, o paso se-guinte foi o de bater e obter a
pasta de papel.
Pasa o tempo e a cousa vai to-
mando forma … Agardaremos vindeiros anos para ver un mu-
ral de papel reciclado avivando
os corredores do Xestal.
Quen pode imaxinar a magnitu-de da paciencia dos nosos com-
pañeiros durante o secado do
papel?
Agora queda recoñecer o traba-llo dos nosos compañeiros e
compañeiras de cinco anos e
animalos a continuar realizando
este tipo de experiencias, xa que o saber non ocupa lugar e, quen
sabe! Se cadra hai que poñer en
práctica estas técnicas cando o
papel escasee …
innovación, agora con fins soli-
darios; elaboramos unha segun-da remesa de xabóns para ven-
Abordando o tema das reaccións
químicas nas clases de Física e Química de 4o da ESO ao final
do 1o trimestre, os seis alumnos
que conformamos o grupo de
F.Q. neste ano académico; dis-puxémonos a elaborar unha
primeira remesa de xabón coa
profesora María José Fandiño,
de CC.NN. Por tratarse da pri-meira ocasión, só fixemos unha
cantidade para autoconsumo,
debidamente adornada con cores
e aromas. Poderedes ver a recei-ta que nos deu a profesora no
blog da Revista Xesteira.
Proximamente, xa con experien-
cia e se cadra cun chisco de
der na recadación do anual Ras-
tro solidario, en colaboración con Monferosolidario.
Elaboración de papel reciclado
Facendo xabón no laboratorio de Física e Química
tes aos seus avós/as, veciños/as
e outras xentes que aínda gardan
na biblioteca da memoria unha
grande cantidade de nomes de
regatos, leiras, fontes, etc. Utili-
zan como método a entrevista
oral, e completan este proxecto
con instrumentos tecnolóxicos
como os mapas de Google
Earth.
Microtoponimia
En relación co proxecto “Doce
Meses, Doce Paisaxes”, e para
que as verbas non queden es-
quecidas, o alumnado de 1º da
ESO está facendo por terceiro
ano consecutivo un interesante
traballo de recuperación da mi-
crotoponimia da zona na materia
de Proxecto Interdisciplinar.
Para iso toman como informan-
Páxina 17 XUÑO 2013
Nin as ameazas de mal tempo nin a propia choiva nos impediron cumprir a nosa “misión” en
Ferrol. Continuando xa coa tradición do centro, fomos a levar os alimentos recollidos na Operación Quilo á Cociña Económica. Monferosolidario é activo, e estes aplausos a esta
labor nosa de cooperación e acción solidaria dannos ánimos para continuar con igual forza e
entusiasmo (se non cabe máis) que ata agora o fixemos. Sen dúbida enriquecedora a labor, a
visita e a charla. Acto seguido a esta primeira parte da visita, dividímonos os grupos de 1º e 2º ESO e 3º e 4º
O alumnado do primeiro ciclo foi visitar o Museo Naval de Ferrol, natural e obrigada visita
nunha cidade do mar como é Ferrol e pola nosa parte, os alumnos e alumnas de 4º. ESO leva-
mos a un ou varios compañeiros de 3º a visitar as rúas do centro de Ferrol para contemplar a obra arquitectónica de Rodolfo Ucha Piñeiro, expoñente do Modernismo en Ferrol e que
deixou fonda pegada nestes barrios.
Outra das labores de Monferosolidario, a quen nós representamos nesta visita, foi o de entre-
gar os tapóns de plástico da campaña “Tapóns para unha vida nova” en Seur.
Semana Branca en Andorra
Visita múltiple a Ferrol
O 5 de outubro os rapaces/zas da ESO acudimos a unha
excursión para visita-lo recentemente inaugurado
MUNCYT (Museo Nacional de Ciencia e Tecnoloxía) na
Coruña, e a exposición “Mulleres: a forza de cambio na
India” da F.V.F.
As Xardíns de Méndez Núñez albergaron a exposición
móbil da Fundación Vicente Ferrer, “Mulleres: a forza de
cambio na India”, que trataba sobre o papel da muller na
India, sobre todo no rural. O espírito emprendedor, o afán
de progreso, superación e de cambio social para reafirmar a
identidade feminina cara á igualdade na India vense repre-
sentados polas sete mulleres das que se nos falaba na expo-
sición.
MUNCYT e exposición da Fundación Vicente Ferrer
Ao igual que hai dous anos, o
Departamento de Educación Física organizou a Semana
Branca de deporte na neve, en
concreto, fomos esquiar. O sá-
bado, 14 de xaneiro de 2012, dezaoito alumnos e alumnas de
toda a ESO do CPI “Virxe da
Cela” marchamos nun autobús,
con ganas de ver mundo, cara ó Principado de Andorra.
As anécdotas son moitas, e lem-
brarémolas cos vídeos e as fo-
tos. A espectacular caída de Adrián Allegue e Cintia, o fallo
de tracción da Kawasaki (algo
que só entendemos os que fo-
mos), o ataque de bólas de neve ós profesores, as gargalladas no
comedor do hotel e no corredor,
o balneario, o que nos rimos cos
reloxos, o que nos rimos do
sono dos demais no autobús (na viaxe de ida, os que nos rimos
maioritariamente fomos Adrián
Carballeira, Óscar Vidal e mais
Antón, porque non durmimos) pois algún tiña o sono moi pro-
fundo.
Excepcional, inesquecible…
Non se poden definir as expe-riencias que alí tivemos, o ben
que o pasamos nas pistas, no
hotel, no balneario, no bus, o
moito que nos rimos e o que aprendimos… Penso que xamais
nos esqueceremos da Semana
Branca .
Páxina 18 XORNAL XESTEIRA
ACTIVIDADES
EXTRAESCOLARES
VIAXES
EXCURSIÓNS
FESTIVAIS
A asociación “Down Coruña” visitounos o martes 19 de marzo de 2013,
por segunda vez, xa que xa viñeran o ano anterior. Con simulacións situa-
cionais estratéxicas, algúns dos voluntarios se puideron sentir do mesmo
xeito que unha persoa con discapacidade se pode sentir. Sobre estas simu-
lacións, é moi importante decatarse cáles son os factores que crean esas
situacións, posto que de forma involuntaria, as persoas podemos crealas
facilmente e moitas veces mesmo con boa intención.
Visita de Entreculturas
Down Coruña
da exposición que a FVF tivo na Coruña este mes-
mo curso: “As mulleres, a forza de cambio na
India”). Moitas das preguntas que se formularon
buscaban a comparación coa nosa cultura e socie-
dade para entender mellor a vida na India e tódolos
seus trazos culturais, tanto os máis distintivos co-
mo as curiosidades ou detalles non menos impor-
tantes. Contando con vindeiras visitas, dáselle un
cordial saúdo, mantendo esa gran liña de colabora-
ción entre Monferosolidario, a Konampali School
e o resto da FVF.
Visita de Sassi Cutti e Yolanda Ferrer O martes 9 de abril tivemos
unha visita esperada. Sassi Cutty e Yolanda Ferrer viñeron
como representantes da Funda-
ción Vicente Ferrer mantendo a
especial relación que a mesma mantén co noso centro dende os
inicios de Monferosolidario. En
ocasións anteriores foi Lancy
Dodem o que veu como primei-ro neno apadriñado pola Funda-
ción, mais este ano veu Sassi
Cutty, quen tamén estivo rela-
cionado coa Fundación dende a súa nenez.
Nesta ocasión a charla proferida
tratou da cultura india e falouse
tamén da situación das mulleres
no país (lembrémonos do título
De novo, mantendo firme o
noso compromiso solidario e a colaboración con diferentes
ONGD, recibimos a Sandra e
Xosé Luís, da ONG Entrecultu-
ras, coa que traballamos desde o noso centro dende os comezos
de Monferosolidario e da longa
labor solidaria que desenvolve-
mos ata hoxe e que mantemos vixente. Foi unha grata visita de
presentación. Pese á pouca pre-
paración pola nosa parte, foron
contentos, xa que nos informa-ron sobre o encontro da rede de
xoves de Entreculturas, que tiña
lugar este sábado 10 de novem-bro e cuxa crónica achegan as
asistentes. Informáronnos, ase-
made, da grande labor deste
inicio de curso: “La silla roja”, ou “A cadeira vermella”, que
trata de aborda-lo problema da
non escolarización dos
61.000.000 (sesenta e un mi-llóns) de nenos e nenas que
neste ano académico non teñen
acceso ás aulas nin á educación,
e que deberán sufrilas conse-cuencias do futuro que lles espe-
ra coa carencia dos coñecemen-
tos básicos que todos nós temos. Naturalmente, o noso centro
participará nesta actividade.
Selamos, deste xeito, as nosas
relacións un ano máis con esta
organización. Destacaban San-
dra e Xosé Luís que xa tiñan
unha boa relación de amizade
coas nosas profesoras, o que
mellora a labor de Monferosoli-
dario e o noso grao de implica-
ción. A visita foi o pasado mér-
cores 31 de outubro.
PÁXINA 19 XORNAL XESTEIRA
Actividades
Solidarias
Charlas
Obradoiros
Cruz Vermella
Para completar a xornada do V Ras-
tro Solidario, contamos coa visita da
Cruz Vermella de Betanzos, para
impartir unha charla ao alumnado de
4º, 5º, e 6º de primaria e da ESO
sobre o tema “ Pobreza e exclusión
social”, amosando as diferentes ini-
ciativas que se están levando a cabo
na Cruz Vermella de Betanzos, moi-
tas delas para paliar as necesidades
de moitas familias que se están a ver
nunha situación de emerxencia eco-
nómica coa presente crise na que
estamos inmersos. Os 742 euros que
se recadaron do Rastro foron destinados a esta ONG, quen agrade-
ceu o noso esfrozo nesta causa solidaria.
Tapóns para unha nova vida
Unha imaxe vale máis que mil palabras. O alumnado de primaria posa
cunha pila de tapóns de plástico que foron xuntando durante todo o curso,
sensibilizados por
Begoña, a súa profe
de reli, que lles
falou da importan-
cia deste pequeno e
valioso xesto para
axudar a outros
nenos/as que grazas
a este apoio pode-
rán sufragar os
custosos gastos das
súas enfermidades.
decoración, da colocación, da
presentación ... Pero con gran-des expectativas e frutíferos
resultados, a dilixencia marcou
a dinámica das preparacións.
Cun gran esmero e afán de cali-
dade, todo foi coidado e estima-
do para reafirma-la calidade dos
nosos eventos e para engrande-cer a sona da nosa escola. Eran
estas as intencións expresadas
Durante a tarde do xoves 20 de
decembro de 2012, despois do fabuloso xantar de Nadal que
nos prepararon na cociña con
esmero; unha revolución trans-
formou o comedor escolar no Salón de Actos do C.P.I. “Virxe
da Cela”, onde o día seguinte
tería lugar o Festival de Nadal
tan esperado por todos. Algúns pendentes de ensaiar as súas
actuacións, outros ocupados da
por moitas persoas, como no
caso de Teresa Losada, profeso-ra encargada dende xa hai anos
das actividades extra escolares e
complementarias do centro.
Ademais, este mesmo día, a
felicitación de Nadal coas pos-
tais gañadoras do Concurso de
Postais de Nadal aportoulle cor á xornada de véspera do tan
agardado Festival de Nadal.
Festival de Nadal
Preparando o Festival de Nadal
Como unha verdadeira tradición
recuperada neste centro, o Festi-val de Nadal rexurdiu en data de
21 de decembro de 2012 con
gran forza, esmero e prepara-
ción por parte dos seus vincula-dos. Despois dunha tarde de
xoves preparando escenario e
demais ornamentos, a calidade
do Festival de Nadal do C.P.I. “Virxe da Cela” superou as
expectativas.
Un longo programa de actua-cións presentado por Lucía Ote-
ro e Daniel Vázquez fixo deste
un evento dinámico e sorpren-
dente, pois houbo na súa maio-ría, moitas e dispares felicita-
cións de Nadal e Aninovo 2013.
É de boa fe recoñecer o traballo
de tódolos grupos que actuaron, pero acentuando actuacións
como a de 6º de Primaria ou a
de alumnas de 1º e 2º da ESO
que cantaron. Entre tódalas actuacións, vímolas tradicionais,
coma o Belén vivente interpreta-
do por alumnado do 1º ciclo de
E.P. e outras que se viran con anterioridade pero que foron
recuperadas dende xa hai anos
polo alumnado do 2º ciclo de
E.P., que recitou unha poesía (3º) e narrou un conto de Nadal
(4º) rematado con atentos agra-
decementos e recoñecementos.
A orixinalidade marcárona nesta ocasión os de 5º, cun espectácu-
lo visual con caixas que amosou
unha estampa. Falamos de tradi-
ción, orixinalidade ... Pero como xa dixemos antes, a sorpresa foi
marcada por 6º de E.P. coa súa
combinación da panxoliña gale-
ga e do “Gangam Style”, cunhas coreografías traballadas e moi
ben exhibidas ó público.
Tamén temos que facer mención do mérito dos máis pequenos,
que subiron ó escenario a de-
mostrarnos as súas dotes de
canto, pero que realmente foron vehementes á hora de dárllelas
cartas aos Reis Magos de Orien-
te para cumprir os seus desexos.
O señor Papá Noel, que visitou a escola do Xestal o día anterior,
durante o marabilloso xantar de
Nadal que nos prepararon os
nosos cociñeiros; este home das nevadas terras do Norte é esti-
mado mais, por así dicilo, os
cativos de Irixoa e Monfero
téñenlle máis fe e respecto ós
Reis Magos, que como son tres, sempre veñen máis cargados.
As derradeiras actuacións fixe-
ron pequeno o escenario, pero así mostrouse a calidade do
mesmo, que soportou o peso de
toda a ESO sobre os seus alicer-
ces. Un fermoso canto en fran-cés cun solo interpretado pola
voz da nosa presentadora, Lucía
Otero, e unha actuación instru-
mental da moi coñecida “Jingle Bells” pecharon as actuacións.
Antes da despedida elaborada
por Lucía Bouzón e Sandra, de
4º ESO, tivo lugar a entrega de premios do Concurso de Postais
de Nadal e do Certame Litera-
rio; ámbolos dous concursos
realizados anualmente e con premios entregados nestas datas.
Despois da visita dos Reis Ma-
gos, alumnos/as de toda a ESO
recollémolo salón de actos.
Cumprimos a tradición un ano
máis e expresamos na nosa ma-
ioría a intención e vontade de que continúe coa mesma regula-
ridade durante toda a historia
deste colexio.
PÁXINA 20 XORNAL XESTEIRA
FESTIVAL DE
NADAL
Cando algo funciona a xente
trata de buscar a receita, descu-brir todos os ingredientes, desde
os máis básicos ate eses peque-
nos elementos que lle dan o
puntiño de graza e aportan iden-tidade. Nós poderíamos encher
liñas e máis liñas con teorías,
explicacións, xustificacións,
metodoloxías, todas esas capas que revisten o proxecto Monfe-
rosolidario. Pero antes de nada
queremos desvelar a nosa fór-
mula máxica e compartila con todas as persoas interesadas na
educación para o desenvolve-
mento, non queremos manter
unha fórmula oculta como a da “cocacola”, xa que o mundo
precisa da proliferación de pro-
xectos da mesma natureza. Esa
fórmula maxistral é a combina-ción de dous elementos moi
simples pero imprescindibles: o
compromiso persoal e as gañas
de facer. Un é o motor de arran-que e o outro a enerxía que ali-
menta. O laboratorio é a nosa
escola, o CPI Virxe da Cela, e
as enxeñeiras as profesoras de
Educación para a Cidadanía e
Relixión .
Esa é a semente, e por suposto
fan falta unha serie de condi-
cións axeitadas para que poda xerminar e dar os seus froitos,
ao igual que unha boa dose de
sorte para estar no lugar preciso
e no momento axeitado: unha escola pequena con un alumna-
do moi especial, o apoio da
dirección do centro, e todas as
axudas que chegaron desde o exterior. Comezando por tanto
cunha simple colaboración entre
dúas docentes e realizando ac-
cións puntuais co alumnado da ESO (curso 2008-2009), o pro-
xecto Monferosolidario foi cre-
cendo e o seu campo de acción
acabou ampliándose ao resto de niveis educativos impartidos no
centro (EI, EP) á par que au-
mentando o número de colabo-
radores (outros departamentos, biblioteca escolar, EDLG, etc.).
En marzo de 2009 decidimos
crear un blogue e esta platafor-
ma dixital ofreceunos a posibili-
dade de levar un rexistro conti-nuo, darlle visibilidade, unidade
e identidade ao noso traballo, e
supuxo unha especie de cerimo-
nia de bautizo do noso proxecto. O blogue, aparte de conter di-
versos recursos didácticos, sér-
venos para recoller os comenta-
rios, reflexións e suxestións do noso alumnado e doutros usua-
rios/as que atoparon nel un es-
pazo interesante centrado na da
educación en valores e na edu-cación para o desenvolvemento.
Non nos esquecemos da impor-
tancia de verse, recoñecerse e
saberse partícipes como un feito necesario para a creación dun
certo sentido de identidade. Para
os nosos alumnos/as Monferoso-
lidario é unha marca rexistrada, unha forma de vida, unha espe-
cie de “tribo urbana” que fai da
solidariedade e do compromiso
o seu lema, que está representa-da por un logotipo, ten a unha
mascota, a súa propia radio e
outros elementos dun imaxina-
rio común. Verónica Dopico.
Monferosolidario
PÁXINA 21 XUÑO 2013
EDUCACIÓN
EN VALORES
Monferosolidario: Un pequeño mundo posible onde se fai real a utopía
É para Entreculturas un grandísimo pracer e unha
honra contar un recunchiño nesta vosa revista para
dar as grazas. Grazas aos rapaces e rapazas do
CPI Virxe da Cela por ser parte da Rede Solidaria
da Mocidade de Entreculturas. Grazas por encher
ano a ano a Rede de tanta alegría, participación e agradecemento. Grazas ás súas docentes, Veróni-
ca e Yolanda, por crer en nós e no noso labor
educativo e por compartir a firme crenza de que
un mundo mellor só se acada colaborando xuntos, tendo unha utopía común e loitando xuntos para
acadala. Grazas a toda a comunidade educativa do
CPI Virxe da Cela polo seu compromiso e por
deixarnos compartir con vós este grandísimo e especial proxecto chamado Monferosolidario, que
tanto nos ensina e, sobre todo, fainos seguir cren-
do que outros mundos posibles son xa realidades
en colexios e lugares como Monfero e Irixoa, onde o día a día é moito máis que o devagar do
tempo.
Grazas aos nenos e nenas, mozos e mozas, fami-
lias, docentes e toda a comunidade educativa do CPI Virxe da Cela, por amosarnos e aprendernos
cada día que “xente pequena, facendo pequenas (e
grandes) cousas, en lugares pequenos, chegará a
cambiar a face da terra”. Sandra Rodríguez Couso (ONG Entreculturas).
Chegou o Abalar
sorte porque me encanta. Eu non
cría que iamos ter un ordenador
para cada un e cando os vin
alucinei. Que teriamos un portá-
til normal, pero o ultraportátil é
moi pequeno. Usar un sistema
operativo mais coñecido como
as Windows en lugar do Linux.
3- Que cambiarías se puideses
das aulas Abalar?
Nada. Poder levar o ordenador
para a casa. Que o tiveran todas
as aulas do colexio.
Que os portátiles pasaran de
curso co seu dono. Deixar algu-
nha vez á semana xogar, entrar
nas redes sociais ou facer o que
quixeramos.
Substituír os libros en papel por
dixitais. Ter o ordenador todo o
tempo en todas as clases. Cam-
biar os ultraportátiles por portá-
tiles normais.
4- Cres que a aula Abalar é
positiva para a túa educación?
Si porque…
Aprender é máis divertido.
Aprendes as materias e ademais
a usar o ordenador. É un incenti-
vo que anima a traballar. Cando
sexamos maiores estaremos
máis familiarizados ca informá-
tica.
Os ordenadores nos axudan a
comprender mellor as cousas
ampliando a información en
internet. Os blogs e as aulas
virtuais sírvenos de axuda para
estudar e facer deberes.
Facemos actividades que no
papel serían imposibles.
Autores: Alumnos e titoras de 5º
EP e 1º de ESO.
O que os/as alumnos/as opinan sobre o Abalar
1- Que che parece o Proxecto
Abalar? Ben, porque...
Aprendemos moitas cousas
novas. É máis divertido apren-
der cos ordenadores e cas activi-
dades que son como xogos. A
pizarra dixital ten moitas máis
posibilidades que as normais:
ver vídeos, actividades interacti-
vas, acceso a internet. Todos os
ordenadores son iguais e non
nos pelexamos porque este vaia
peor ou mellor.
Mal, porque… Os ordenadores
son moi lentos e pequenos.
2-Que esperabas cando che
dixeron que iades ter un orde-
nador para cada alumno? Que
iamos facer todas as asignaturas
e deberes no ordenador e non
necesitariamos cadernos nin
bolis. Pensei que tiña moita
O Proxecto Abalar ten a súa
orixe na palabra celta "Abal", que significa mazá, a froita da
sabedoría, e no termo galego
"Abalar" para transmitir a men-
saxe de promover e facilitar o movemento, o cambio e a trans-
formación na educación. É un
proxecto de innovación educati-
va que consiste en integrar as TIC (tecnoloxías da información
e a comunicación) no día a día
das aulas dos grupos.
Este curso os grupos de 5º de
primaria e 1º de ESO tiveron un
aula Abalar, e dicir, dispoñen
dunha pizarra dixital , un portá-
til para o profesor e un ultrapor-
tátil para cada alumno, todos
eles con conexión a internet e os
programas necesarios para tra-
ballar con eles. Para o curso que
ven contamos que se convertan
en “Aulas Abalar” tamén as de
6º de primaria e 2º de ESO, e así
as seguintes xeracións dispoñe-
rán de catro anos consecutivos
con todos estes recursos nas
súas mans. Podedes atopar máis
información en :
h t t p : / / www. e du . x u n t a . es /
espazoAbalar/
Páxina 22 XORNAL XESTEIRA
Proxecto
abalar
Tics
Outras formas
de
comunicación Outras forma de comunicación: o silbo canario
No mes de abril uns rapaces de Canarias,
Carlos e Marcelo, xunto co seu profesor Rogelio, viñeron facer ao colexio unha
mostra do silbo gomero. Explicáronnos
que o silbo era unha linguaxe que se
utilizaba na illa da Gomera para comuni-carse a distancia. Quen primeiro o utili-
zou foi o campesiñado para transmitir
ordes desde os vales ata os barrancos,
para enviar noticias dunha poboación a outra…, en fin, para o todo relacionado
coa vida cotiá. A nós gustounos moito a
demostración. Nunca oíramos falar do
silbo. Esperamos que Carlos e Marcelo, xunto co seu mestre, veñan visitarnos de
novo.
Os alumnos/as de 1º de ESO
dentro do proxecto interdiscipli-nar fixeron este curso unha en-
quisa sobre as redes socias. O
cuestionario foi feito en soporte
dixital e só se podía contestar a través de internet. Os alumnos
encargáronse de difundila usan-
do para iso as mesmas redes
sociais sobre as que eran pre-guntados. Chegou a xente de
todas as idades e ata algún avó
contestouna. Procuramos que só
lle chegase a xente da contorna do centro: alumnos, pais, familia
e tamén aos profesores. Os re-
sultados da enquisa non se po-
den considerar con carácter científico, pero si danos unha
idea da dimensión do seu uso na
nosa contorna, especialmente
entre os máis novos e sérvennos
para reflexionar sobre os cam-bios que para ben ou para mal
están xa na nosa sociedade. As
conclusións que sacamos destes
resultados son que practicamen-te todos os alumnos que fixeron
a enquisa teñen unha conta nu-
nha rede social, con todo, a
maioría non ten a idade necesa-ria, este requisito debería de
controlarse de xeito máis efecti-
vo xa que son pequenos que
moitas veces poden estar en contacto con descoñecidos ou
con contidos que non son para a
súa idade. Os pais case unani-
memente teñen coñecemento destas contas, pero preguntámo-
nos si realmente chegan a ver o
que soben e escriben ou cantos
deles están agregados nas contas
dos seus fillos, algo que consi-deramos indispensable a estas
idades.
A opinión entre os alumnos
sobre estas redes é boa, as ra-zóns que se citaron son moitas:
falar con amigos sen gastar
diñeiro, poder seguir en contac-
to diario con xente que vive lonxe, coñecer xente, … . Pen-
samos que as redes sociais de-
sempeñan un labor moi útil, e
máis nunha contorna rural onde algún veciño ten a casa máis
próxima a 2 Km e non digamos
a tenda máis próxima. Pero
como todo na vida necesítase información, precaución e medi-
da, non lles podemos dedicar
horas do noso tempo, nin usalas
sen coñecer a fondo en que con-sisten e sobre todo a precaución
que en todas as facetas da vida
temos á hora de relacionarnos
con descoñecidos. Como con-clusión última sinalaremos que
comunicarse é algo primordial
para o ser humano e as redes
sociais non son máis que a co-municación social levada a un
mundo virtual, consistente en
lugares de encontro, grupos de
amigos extraídos de calquera lugar e situados nunha comuni-
dade virtual, non é máis que a
tradición levada á modernidade.
alto. Máis da metade estiveron
de acordo en facer algo para reducir o nivel de ruído no Cen-
tro e en participar nun programa
colectivo para diminuír o ruído.
Editamos a revista STOP RUI-DOS, e compramos uns semáfo-
ros que nos avisaran cando o
nivel de ruído é excesivo. Desde
a volta das vacacións de semana santa puxémolos en marcha e ao
principio notouse moito a dife-
renza. Pouco a pouco estamos
volvendo a un nivel alto e debe-mos concienciarnos colectiva-
mente de que o excesivo ruído é
unha forma máis de contamina-
ción, que incluso pode ser per-
xudicial para a nosa saúde.
As rapazas e rapaces deste Cen-
tro vivimos en lugares privile-xiados e pouco ruidosos, e así o
demostran os resultados dun
cuestionario feito desde o De-
partamento de Orientación con 17 preguntas sobre o ruído. As
respostas, desde Educación
Infantil ata 4º de ESO e PCPI,
demostran que mentres que no lugar no que vivimos non apre-
ciamos ruído excesivo, si o no-
tamos nalgúns lugares do Cen-
tro. Seis de cada dez afirman que é necesario reducir o nivel
de ruído e sinalan o comedor
coma o lugar máis ruidoso. De
feito, oito de cada dez rapazas e rapaces pensan que o nivel de
ruído no comedor é alto ou moi
Enquisa sobre as redes sociais
Stop Ruidos: unha preocupación colectiva
Páxina 23 XUÑO 2013
Redes sociais
Internet
Novas
tecnoloxías
comunicación
Chover, orballar, chuviscar, etc.
Son unhas das palabras máis utilizadas no noso idioma. Ade-
mais, os galegos somos capaces
de describir con elas os distintos
tipos de choiva. Vamos, que ao final somos expertos!
Ben se viu que non parou de
chover no ano en que o poeta
escribiu estes versos. Pero tendo chegado á altura da edición de
Xesteira, no mes de xuño de
2013; hai que arredrar o pesi-
mismo: moito máis non chove-rá!!
O 2013 será recordado como o
ano no que os galegos/as descu-brimos a nosa condición de
anfibios … (algo que terá que
estudar Fandiño detidamente).
Pero como “nunca choveu que non escampara” e outro refrán
castelán di “al mal tiempo, bue-
na cara”; as nenas e os nenos
do Primeiro ciclo de Primaria trannos para a Xesteira uns poe-
mas sobre a chuvia, de Antonio
García Teijeiro.
***
Refráns dos meses do ano e de temas variados
As choivas no calendario
De seguido, o refraneiro popular
volve ás páxinas de Xesteira, e é que vale moito máis fixarse no
que di un refrán que fiarse ás
veces da información meteoro-
lóxica. Ademais, o bo que teñen é que son a meirande parte de-
les, esperanzadores. Alumnado
3º ciclo primaria.
Non hai mal que por ben non
veña.
Máis vale paxaro en man que
cento voando. Dime con quen andas e direiche
quen es.
De tal pau tal astilla.
Cree o ladrón que todos son da súa condición.
De cada error apréndese un
acerto.
Canto máis te baixas máis se che ve o cú.
Nas uñas das mans ou dos pés
has mitar a quen es.
Na terra dos lobos hai que ou-vear coma todos.
O que non quere unha cunca
dánlle dúas.
O que garda sempre ten. Non deixes para mañá o que
poidas facer hoxe.
Ceo empedrado choiva de con-tado.
A cabalo regalado non se lle
mira o dente.
Aprende por arte e irás adiante. A quen madruga Deus lle axu-
da.
Nunca choveu que non escam-
para. Home prevido, nunca sorprendi-
do.
O que fai un cesto, fai un cento.
Arco da vella ao mediodía, chu-via para todo o día.
Na casa do ferreiro coitelo de
pau.
Quen moito enfeixa pouco ata. A ninguén lle amarga un doce.
A bo entendedor curto falador.
A horta en outono mantén ao
seu dono. Gaivota no horto, temporal no
porto.
A castaña no Nadal, sabe ben e
parte mal. O que non ten maña non come
castaña.
Ovella que bala, bocado que
perde. Cada un fala da feira según lle
vai nela.
Os meses do ano
No mes de xaneiro, os pes no
braseiro. Auga de xaneiro, cada
gota vale diñeiro. En febreiro, sete capas e un
sombreiro. En febreiro mete
obreiro. Choiva en febreiro fai
bo palleiro. Se ves a febreiro empapado, telo inverno pasado.
En febreiro,un día ao sol e ou-
tro ao braseiro.
Marzo marzolo, trebón e raiolo. Marzo chuvioso abril ventoso.
Marzal ventoso e abril chuvio-
so, traen a maio florido e fermo-
so. Marzo, marzán: de mañán in-
verno e de tarde verán. Marzo,
marzal, á noite cara de lobo e á
mañán cara de can. Cando mar-zo maiea, maio marcea. Entre
marzo e abril sae o cuco do
cubil.
En abril augas mil. Abril molla-do, de pan ven cargado. A chu-
via en abril enche o carril.
En maio aínda a vella queima o
tallo. Ata o corenta de maio non quites o saio. Auga de maio ,
pan para todo o ano. Maio chu-
vioso, verán caluroso.
Polo san Xoán a sardiña molla o pan. Por san Xoán fouce á
man. No mes de san Xoán as
nove con día dan.
Xullo arder e patacas coller. Cando chove polo agosto Chove
mel e mosto. En agosto corre o
sol coma o lóstrego.
Setembro ou seca as fontes ou leva as pontes. Setembro asegu-
ra o que agosto madura. En
setembro colle o viño e non
durmas no camiño. Polo Pilar,os nabos na terra e o
viño a envasar. Entrado novem-
bro, quen non sembrou que non
sembre. Ditoso mes que empeza por Santos e remata por san
Ándrés. Por Santos neve ós
campos. É inverno natural den-
de Santos a Nadal. Pola santa Lucía mingua a noite
e medra o día.
Trinta días ten novembro, con abril, xuño e setembro e trinta e
un teñen os demais, agás febrei-
ro que ten vinteoito namais.
Páxina 24 XORNAL XESTEIRA
Un día a nai de Xaimiño foise de compras e díxolle:
-Frega o chan con lixivia, fai
bocadillos de nocilla, mete o
polo no forno e deita a túa irmá. Cando volve á casa dille Xaimi-
ño:
-Mamá, xa freguei o chan con
nocilla, fixen bocadillos de lixi-via e metín a miña irmá no forno.
Entón, a nai berrou e Xaimiño
díxolle:
-Sssss! Silencio, que o polo está durmindo.
Tania López Sande. 3º E.P.
Un señor está no cine e non pode oír a película porque hai
uns nenos diante que non paran
de falar.
Dálles uns golpes no ombro e dilles:
-Por favor, non me decato de
nada.
-E a vostede que lle importa a nosa conversación?
Daniela Pereira Ibáñez. 3º de
Primaria.
Tempo de lecer
Páxina 25 XUÑO 2013
Variedades
Tempo de lecer
xogos
En clave de humor, Tania e
Daniela, de 3º EP, preséntannos uns chistes á par dos refráns
recollidos pola clase sobre os
meses (relacionados algúns coa
meteoroloxía) e sobre outros temas. O alumnado de 5º de
Primaria aporta un xogo de
pasapalabras realizado na aula
de relixión. Natalia de 4º ESO inventou esta curiosa sopa de
letras que vos va encantar, sobre
todo aos máis pequenos/as…
Atoparedes recomendacións dos profes de mates, CCSS e lingua
castelá.
Abecegramas
Velaí tedes unha proposta de Carmen Espiñeira
para xogar coas letras:
Un "abcegrama" es una composición escrita en
la que las palabras que la componen siguen el
orden alfabético. No resulta fácil escribirla, pero los niños de 1º de ESO han logrado unos
textos bastante majos. Quizá con alguna que
otra falta de ortografía, quizá con alguna pala-
bra inventada... ¿Sois capaces de superarlos? Intentadlo. Por cierto, algunos han usado el
dígrafo "rr" a principio de alguna palabra...
Que nadie imagine que estos muchachos come-
ten semejante falta... simplemente, tal y como podréis ves "rrrrefuerza" su significado. Ánimo
para tratar de superarlos.
Xogos
Antes bailaba, cantaba, chillaba, derrochaba entretenimiento, facilidad para guiar
helicópteros, independiente, jugaba con un kayak, libre, llamativa, mentalidad nada
ñoña, optimista, pacífica, querida, risueña, sacrificada, tolerante, única, verdadera, windsurfista, xilmógrafa, yanqui y zapatera. Lara
Antonio y Bruno cuentan chistes divertidos en la feria gora hablando e incluso jugando.
El kimono lila que llevan muestra numerosas ñoñerías. Ofrecen pan, queso y risas. Sortearán tambores, un viaje a Washington, un xilófono y una zambomba. Aitor
Ana, Brais, Carla, Daniel, Elías, Fran y Gemma han ido a Jerez con Kevin, su loro
mestizo, que no es un ñandú y que odia a los psicólogos que ríen sin tener una vida Whats App, xenófobos y zorros. Andrea
Antía bajaba con Charly Deibe en furgoneta gris hacia Irixoa. Comían jamón y kiwi.
Laura lloraba mientras Nuria Ñuta observaba plácidamente queso roquefort “rrequeteapestoso”. Ella suspira. Tiene un “vicho” walkitalki xenófobo que yace en
Zaragoza. Nerea Couceiro
Chistes
Los textos que figuran a conti-
nuación forman parte de un trabajo de clase que trata
de demostrar cómo nuestro
cerebro es mucho más plástico
de lo que nos imaginamos. Nin-guno de nosotros recuerda
cómo aprendió a leer... ¿Para
qué ha servido el trabajo de
E falando das matermáticas…
Carmen Espiñeira, a profe de
lingua castelá de 1º e 2º de ESO
explica estes xogos de números
tan curiosos.
nuestros profesores de infantil y
de los primeros cursos de pri-maria? Hubo un tiempo en el
que creíamos que sólo se podían
leer letras..., que los números
pertenecían sólo al ámbito ma-temático...¡Craso error! Com-
pruébalo y si te animas… verás
que no es tan difícil hacerlo.
Luces...Cámara, pelis con Historia
Numerogramas
Outro xeito de entender as matemáticas...
Desde o Departamento de Mate-
máticas o profesorado vén de animar durante varios anos a
lectura de libros con relación ás
Matemáticas vistas dende pers-
pectivas fantásticas e intrigan-tes. Tódalas lecturas e traballos
con consideración na avaliación.
Animádevos.
O cine, tamén chamado “a séti-
ma arte”, non so é un espectácu-lo para a diversión e o tempo de
lecer, senón que nos ofrece a
posibilidade de viaxar no tempo
e poder entender o devenir da Historia. Velaí tendes unha lista
de películas que vos axudarán a
avanzar nesta materia.
En busca del fuego/ Jean Jac-
ques Annaud, 1981; Troya/
Wolfgang Petersen, 2004; Los
lunes al sol/ Fernando León de Aranoa, 2001; Criadas y seño-
ras/ Tate Taylor, 2011; Agua/
Dipa Mehta, 2005; La Colmena/
Mario Camus, 1982; María Antonieta/ Sofía Coppola, 2006;
A lingua das bolboretas/ José
Luis Cuerda, 1999; 2001, Una odisea del espacio/ Stanley Ku-
brick; Gladiator/ Riddley Scott,
2000; Invictus/ Clint Eastwood,
2009; El hundimiento/ Oliver Hirschbiegel, 2004; El libro
negro/Paul Verhoeven, 2006;
León y Olvido/ Xavier Sánchez
2004.
A ola/ Dennis Gansel, 2008. A
trama sitúase nun instituto de
ensino medio dunha cidade alemá. Os estudantes non cren
que a volta dos movementos
nacionalistas sexa posible des-
pois do nazismo, polo que o
profesor Luenger proponlles aos
estudantes da súa clase o desen-volvemento dunha actividade
sobre a autocracia como forma
de goberno que lles explique o
funcionamento dos gobernos totalitarios e demostrarlles o
doado que é manipular ás ma-
sas.
A lista de Schindler/ Steven
Spielberg, 1993. A historia do
industrial Oskar Schindler, que
salvou a centros de xudeus do holocausto nazi, filmada por
Spielberg xa maduro, en branco
e negro para darlle ton semido-
cumental, cun resultado impre-
PÁXINA 26 XORNAL XESTEIRA
Cine
Libros
Tempo de lecer
Cifras e letras
D353AR1A 3574R AH0R4 M15M0 4 7U L4D0 94R4 V3R QU3 C4R4 90N35 41 1N73N74R D35C1FR4R 3573
7R4B413NGU45 QU3 H1C3 5010 90R D1V3R510N. 74N 5010 C0N 51373 NUM3R05 Y C0N V31N7151373 137R45,
90DR14 35CR1B1R 31 73X70 M45 14RG0 D3 70D05, T4N 50L0 94R4 D3C1R73 QU3 73 QU13R0 UN4 Y 07R4 V3Z.
N1N4 4RC45 B0UZ4
M1 9R0F350R4 D3 L3NGU4 N05 H4 M4ND4D0 H4C3R UN4 RED4CC10N S0BR3 L0 QU3 QU3R4M05 Y QU3
7ENG4 L4 M4YORI4 D3 L37RA5 C4MB14D45 90R NUM3R05. 73N14 QU3 0CU94R C1NC0 L1N345 Y Y0 N0
3NCON7R4B4 N1NGUN T3M4. M4NU3L 54N74M4R1Ñ4 RU12 D3 L30N
7U 3R35 M1 4NCL4 3N 3L MUND0 Y 3N 3S705 M4R35 70RM3NT0505 Y D1F1C1L35 D3 N4V3G4R. CU4ND0 L0S
C0R4Z0N35 Y L45 3593R4NZ4S 53 HUND3N C0M0 B4RC05 93QU3Ñ0S, 7U M3 4YUD45 4 4F3RR4RM3 4 M15 5U3Ñ0S
¡¡¡3R35 M1 4NCL4!!! C1N714 GRU31R0 BUJ4N
PÁXINA 27 XUÑO 2013
Xesteira Films
Xesteira Films é a produtora audiovisual do EDLG do CPI Virxe da Cela (Monfero, A Coruña). Desde o curso académico 2009-2010 vén
editando diferentes produtos audiovisuais: documentais, comedias de situación, curtametraxes, animación, etc. Os seus obxectivos son: docu-
mentar as actividades de dinamización do EDLG e do noso centro en xeral (festivais, teatro, Monferosolidario, etc.), fomentar o uso de TICs, potenciar as capacidades creativas e artísticas do noso alumnado e difundir os produtos entre a comunidade educativa (edición de dvds).
A Taberna de Antonio é un punto de encontro dos veciños da aldea, onde acoden tras rematar a xornada laboral. Neste local tan acolledor e
familiar, Antonio, o seu entrañable camareiro, invitará aos seus clientes a reflexionar sobre os temas máis diversos: a lei antitabaco, as drogas, a televisión de pago, etc. En clave de humor e cheos de alusións á propia idiosincrasia galega, todos os capítulos de A Taberna de Antonio
abordan problemáticas de actualidade tratados na materia de Educación para a Cidadanía durante o curso académico 2010-2011.
Os Booktrailers son publicidade en formato audiovisual para promover a lectura en galego. En novembro de 2009 o alumnado da ESO asistiu
a un obradoiro de Booktrailers, impartido por Belén Martínez Delgado, encargada da Normalización Lingüística no Concello de Monfero. O alumnado, distribuído en grupos, realizou a lectura de libros escritos en lingua galega (Os trece anos de Branca, Círculo Vicioso, Os Bolechas,
Os Megatoxos, etc.) e elaborou os guións. En marzo de 2010 a TVG fixo unha reportaxe, emitida no programa Ben Falado.
Festival de Nadal, 21 de decembro de 2011. O comedor escolar converteuse nun auténtico escenario, onde os rapaces/zas da ESO exhibiron as
súas dotes artísticas. 1º da ESO representou a obra teatral “Santo Domingo da Calzada, onde falou a galiña despois de asada”. 3º da ESO realizou unha divertida parodia do programa televisivo “Ti si que vales”. O Departamento de Música e de Francés encargáronse dos ensaios
das panxoliñas, interpretadas polas clases de 2º, 3º e 4º da ESO . Houbo premios e diplomas, e tamén unha emotiva despedida…
Os Avatares xurdiron a partires do concurso de declaracións de amor en San Valentín (febreiro 2011). A idea era a de darlle unha proxección
máis universal ao concepto do amor. O alumnado de ESO redactou os textos e seleccionou as imaxes para a animación. Empregando as novas tecnoloxías a través de programas como Crazy Talk e Audacity os propios rapaces e rapaces gravaron as pistas de audio recitando os seus tex-
tos, aplicáronlles efectos de son e realizaron as animacións das imaxes.
A Tartaruga que non podía durmir. Partindo da adaptación dun conto editado por OQO editora o alumnado de 3º de primaria do CPI Virxe
da Cela elaborou unha curtametraxe de animación para presentar ao certame "Nós tamén creamos". Os nenos e nenas encargáronse dos labores de construción da escenografía e das personaxes, empregando plastilina e materiais de refugallo. Tamén foron estes pequenos/as os que deron
vida aos bonecos, aplicándolles pequenos movementos capturados pola cámara de vídeo a través do programa de animación Monkey Jam.
Rianxo. Durante tres anos consecutivos (2009, 2010 e 2011) un grupo de alumnas e profesoras do CPI Virxe da Cela
participou nas xuntanzas de fin de curso da Rede Solidaria da Mocedade Entreculturas, celebradas en Rianxo. Obradoi-ros, xogos, presentación de axendas solidarias, actuacións musicais e outras moitas actividades fixeron destes encontros
unha ocasión ideal para compartir experiencias con outros rapaces/zas e docentes de Galicia, así como para educarnos
en valores como a igualdade, o respecto e a solidariedade.
O martes 21 de Maio algúns alumnos que estaban a pintar o
muro do colexio coa profesora
de plástica, Marta, atoparon un
animal morto. Pensaban todos que era unha serpe ou un escán-
cer, pero ó observala mellor,
vimos que tiña unhas pequenas
patiñas vestixiais; tratábase por tanto dun tipo de lagarto: o esli-
zón tridáctilo (porque ten 3
dedos) ibérico ou “Chalcides
striatus”.
Os eslizóns son interesantes
réptiles que teñen as patas tan
reducidas que se confunden con
serpes se non te fixas ben. Esta
estraña estrutura permite que se
movan a gran velocidade entre a
herba ou as follas caídas. Este
exemplar era de color oliváceo e
tiña unas bonitas raias ó longo
do corpo, máis escuras. Mandei-
lle a un alumno que o collera e o
meterá nun bote de cristal: Da-
me unhas pinzas! ¡Estes rapaces
de campo!......xa non son o que
eran…!!! Mº José Fandiño.
O Val Xestoso en Xesteira
Un bicho morto no patio
Xesteira da cabida ás colabora-
cións de xente vinculada á nosa escola. Entre eles, antigos mes-
tres, como Pepe Dopico, quen a
pesar de levar varios anos xubi-
lado, non perdeu o contacto con esta escola tan querida para el.
Aquí tendes un adianto, con
algunhas curiosidades sobre
entrañables persoas que viven en viviron no Val Xestoso.
***
Pedíronme si podía cooperar con esta revista escolar, e así o
fago con gusto. Esta sinxela
participación está referida ao
Val de Xestoso, precisamente neste tempo en que as xestas
locen todo o seu encanto: visten
de gala para toda a xente do Val
e para os que a el se achegaren. Como participante da UNED ás
veces teño conversas moi intere-
santes con persoas maiores, que
recordan a outras que xa foron maiores cando eles eran rapaces.
Estas boas persoas son e foron
recoñecidas por todo o vecinda-
rio.
Sarucho (quen a pesar do infor-
tunio afronta a vida con entere-
za) contoume sobre un familiar, que para min foi todo un
“renacentista” no Val Xestoso,
como Leonardo da Vinci, xa que
foi o autor de cantidade de in-ventos: aproveitando a auga dos
regatos e dos muíños construíu
unha dinamo para obter electri-
cidade e luz na casa, e aínda que a auga escaseara, o muíño fun-
cionaba cunha polea. Foi tamén
o primeiro que tivo tractor, un
“Fiat” que aínda se conserva con outras moitas ferramentas e
inventos no museo das Restre-
bas. Un día foi con tractor a
buscar tres barricas de viño a Areas, e como o camiño era
daquel xeito… caeron as tres
barricas escachándose. Puxo a
auga na casa –din que a muller a pouco máis se vai da casa por
medo-. Dotou á vivenda con
cociña de ferro en vez da lareira,
e ao seu carón situou un gran depósito no que cocían nabos e
patacas para os animais. Dende
aquela acabouse o frío na viven-
da. Foi o primeiro no Val en todo o dito, e tamén tivo o pri-
meiro automóbil. Relacionouse
con Álvaro Cunqueiro… Este
inventor foi Antonio González das Restrebas.
E de aí mesmo foi a Señora
Cecilia, quen se fixo cos servi-zos dun mestre na súa propia
casa para dar formación aos
seus familiares, toda unha au-
téntica “humanista”, e foi así que xurdiron as escolas públicas
en todo o Val de Xestoso: Xian,
Boicornello, o Canedo e o Bala-
do. Cando cumpriu os 95 anos felicitámola un grupo de escola-
res e mestres cun ramo de flores
para a súa casa.
Clementina, quen leva ben a
vida con humor –e xoga moi ben ao tute- dime que aqueles
tempos foron moi difíciles.
Anuncia tamén pasou os seus
traballiños: cando era o tempo de andar sachando facía primei-
ro o da súa casa e logo un par de
semanas máis para os de fora…
Ten ido polo Raño cargada con feixes de grelos a pé cara a Be-
tanzos. Domingo Pena da Abe-
leira –que era o home máis vello
do Val- ía á escola a casa do Ferreiro. Era no sobrado, e o
mestre “era máis malo que
bo…” Foron nove irmáns, entre
eles Xerardo e Filomena, que foron os primeiros que se bauti-
zaron na igrexa do Canedo. Para
el vai esta letriña:
Domingo, domingo, moitas
veces ías a Betanzos/ Co teu
carro cargado con cortezas de
carballo./ Voltabas ao outro día, e non era unha romaría…
E ata aquí chegando con esta
pregaria:
Cruceiro da Serra Loba, que
soliño estás…!Entre o Val Xes-
toso e Cambás./Avoga por toda esa boa xente,/Con saudade,
traballo, amor e paz.
Para todos os vencellados a “Xesteira” con agarimo. Pepe
Dopico
Páxina 28 XORNAL XESTEIRA
Colaboracións
Profesorado
Apa
E outros
Sempre que dentro do programa de visitas da Fundación Vicen-
te Ferrer se atopa o colexio Virxe da Cela, sinto unha gran ledi-cia. Teño asegurado un día precioso. Precioso pola contorna,
precioso polo profesorado e precioso polos nenos. É unha esco-
la moi especial, destílase verdade, ten un “algo” no seu conxun-
to que é auténtico, e iso é o que deberían ter todas as escolas, educar na solidariedade, con moitos quilos de utopía, algo que
será realidade o día de mañá. As cousas non nacen soas, hai uns
profesores/as moi escollidos, persoas namoradas do seu traballo
e que cren firmemente no que fan… noi hai outro segredo, o que educa ten que ser educado. A manera de escoitar dos nenos/
as é tamén singular, están moi atentos/as e interesados/as, e as
nas súas preguntas nótase a súa implicación. Encántame tamén
o comedor, ate a comida é exquisita. Todo no seu conxunto faite vivir un día especial. Si, sempre é unha alegría ir alí, e para nós
é importante ver que o noso voluntariado merece a pena, e alí é
visible. Grazas de corazón. Yolanda Ferrer.
O Xestal, un cole especial
A punto de rematar o curso
2012-2013, non podemos ter máis que boas lembranzas da
nosa primeira tempada completa
como directiva da APA.
O comezo das actividades da
APA para este curso foi unha
excursión ás paradisíacas illas
Cíes. 108 persoas embarcados na procura dun tesouro que non
aparecía, mentres que uns can-
tos coreaban no bus o “Ai se eu
che pego” de Michel Telo. Va-mos, como para chorar, porque
máis que voz parecía o berro de
paxaros mareados polo vaivén
da viaxe. Tesouro non atopa-mos, pero a viaxe valeu a pena,
aínda que algúns non fomos
suficientemente valentes para
mergullarnos na auga que estaba a 14º. Baiona foi o lugar escolli-
do para a 2ª excursión. Visita-
mos a réplica da Pinta de Colón,
e algúns non podiamos entender como esa “lanchiña” puido che-
gar “ás indias”. Pero si unha
limusina é case máis grande que
esa cousa! Paramos en Santa Tecla e o que ía ser un descanso
en Tui acabou sendo unha viaxe
da compras en Valença do Mi-ño, ese pobo famoso por vender
toallas, ou como dicían os nosos
avós, “trapos”.
A actividade que máis nos gus-
tou non foi o taekwondo, senón
o xadrez. Calquera diría que
mover uns guerreiros da idade media por 64 cadros sería a
“repanocha”, pero así foi. O
cabalo, alfil, raíña, torre, peóns
e o rei fixéronlle un xaque mate ás artes marciais, aínda que nos
consta que os nenos de taekwon-
do o pasaron pipa aprendendo
este deporte tan exótico. O in-glés non foi tan ben… Por que
non me estraña? Será porque é
raro escoitar a algún “friki”
como o que escribe opinar que o inglés é divertido.
Non quixera rematar esta cróni-
ca sen falar do colofón final do curso, que é, como non, a Festa
da Familia. Este ano fomos máis
de 360 persoas a xantar e máis
de 380 ao longo da tarde. Pola mañá, antes de que comeramos
os 190 quilos de churrasco,
houbo tempo para os piques entre profesores/pais e alumnos.
A cousa quedou bastante repar-
tida. Os rapaces de fútbol perde-
ron por un par de goles, e iso que por momentos eran un 6
cotra 9. As rapazas contra as
mamás estiveron mellor, e aínda
que empataron do día foi unha que se cambiou de bando. No
brilé foi outro historia, vaia
repaso fino… Pero estamos
dispostos a recuperar o noso trono o vindeiro 2014. Xa pola
tarde, mentres un trataban de
facer de Alonso co buggy de
gasolina, outros querían emular aos vaqueiros americanos mon-
tando sobre un toro que tamén
era da cor do mencionado astu-
riano, aínda que ninguén logrou pasar dos dous minutos enriba
da “besta”.
Grazas por unha marabillosa festa, unhas excursións diverti-
das e un cole que vale a pena…
todo grazas a vós, xa que como
din na tele… Vós si que vale-
des!!!
Women can go to two hairdress-
ers’ and give a walk along the pavements or the road verges.
The young people go to the pub
“O Garfo” (“The Fork” in Eng-
lish), and they have a snack and listen to music. There is also a
group of old men who spend
hours playing cards and speak-
ing. With respect to “O Garfo”, I
would recommend it for both
their food and kindness. Be-
sides, I could say it is the heart of this spot, because it is the
directional centre of this area, as
it is expressed in the following
verses: -I live in Irixoa./-Do you want
to tell me more?/-There is a
cross road, a cross shapes
Irixoa: there is Monfero road, Montesalgueiro road, there is
Betanzos road. Then, Villalba
road, and I will tell you more.
Of course, there is a tourist route that includes the church of
Ambroa, the houses of Cendá
and Mouro,
The journey to Monfero was
long and peaceful. It takes one
hour and a quarter from Santi-
ago to Irixoa, and ten minutes
more from here to Monfero.
This place is located in the North of Galicia. Living there is
like being inserted in a beautiful
postcard.
Do you know the life style of these inhabitants? As the houses
are dispersed and the population
is small, activities are organized
attending to different ages. In the morning, the children and
adolescents as well as their
teachers go to school at the CPI
Virxe da Cela, and the adults work, mainly in rural occupa-
tions. In the afternoon children
can study at home or in the town
hall library on a rainy day, and can ride a bicycle or play with
friends on a sunny day. The
other people only can go to the
supermarket or to a café, apart from going round their relatives
and friends in their own houses.
Notas desde a APA
An Englishwoman in Xestal
Páxina 29 XUÑO 2013
A nosa benquerida Ana, quen
foi a nosa profesora de Inglés
durante a baixa de dona Car-
men Gancedo (quen se recupe-
ra con tesón), fíxonos para a
Revista Xesteira a seguinte reportaxe sobre as impresións
que ela tivo ó chegar ó cole de
Monfero e pasar por Irixoa.
Dende o alumnado de 4º ESO, en especial, e tamén dende a
redacción desta revista, queré-
moslle agradecer á profesora a
súa dilixencia, cordialidade e simpatía nestes meses tan bos e
que sempre lembraremos con
alegría e tenrura. Ata sempre,
profesora, e moitas grazas por todo. A continuación deixá-
mosvos a reportaxe que dona
Ana Gándara Pastrana fixo
para Xesteira no idioma de Sir John Moore, para que o alum-
nado deste centro practique
lectura (se quere, tradución)
nesta lingua universal. Antonio
G.L.
the Chester of Graña and the
monastery of Monfero that has a
very beautiful engraved ceiling.
There are two important festi-
vals: the one devoted to St.
Therese, in the middle of May, and the other devoted to St.
John, on the 24th of June in
Chao da Viña.
However, the most precious aspect is the kindness of people
that I will miss when I leave
school. In fact, I will feel that
like in the winner Eurovision contest song “Only teardrops”
will come down my cheeks. Ana
Gándara Pastrana, profesora de
ingles.
chiño e cada día comían máis.
Agora os vermes son máis gran-
des (máis ou menos de un centí-
metro e medio), comen un mon-
tón, agora son medio grises e
teñen a cabeza negra. Comen
unicamente follas de moreira.
A nosa profe de Naturais trouxo
uns ovos de vermes de seda.
Cando naceron, eran pequenos,
fiunchiños negros que case non
se vían. Comezaron a crecer
pero seguían sendo negros. Xa
comezaban a cheirar un pouqui-
Agora xa están enormes. A pro-
fe de CC.NN. á semana e media
de ter os vermes de seda, tróu-
xonos os vermes do pan. Dan
noxo. Son de cor alaranxada e
mudan seguido a pel. As mudas
son de cor branca. Diana Carun-
cho, 1º ESO
Nostalxia do Xestal
Os vermes de 1º de ESO
recordo que empecei o partido
con moita forza e aquel día es-treaba unhas botas. Na casa
dixéranme: “ten coidado, que
son as botas novas eh!”. Eu
contestara cun típico: “si, si”. A verdade tiña pensado coidalas,
pero aquel pensar cambiou can-
do cheguei ao campo. Vin a
miña oportunidade de marcar, corrín cara a portería que estaba
baleira e … Fóra! Acababa de
perder a miña oportunidade e
cando mirei ao chan e vin as areíñas que había no vello cam-
po de fútbol metidas entre a
punteira das miñas botas...
O partido volvérase tenso, hou-bera enfados, protestas ao árbi-
tro, etc. Rematou ao terminar o
recreo, sendo os rapaces os ga-
ñadores por unha bonita diferen-
za. Chegamos á clase e recordo
que a nosa titora, Merchy, nos puxera como tarefa unha redac-
ción contando a experiencia.
Cada un contaba a súa versión
porque viñamos aínda tensos do partido e durante uns días
“chinchabámonos” uns a outros
con certo rancor. Agora recórda-
se todo aquilo entre risas e bro-mas. En canto ó tema das miñas
botas novas, cando cheguei á
casa limpeinas canto puiden e
deixeinas no seu sitio sen dicir nada. Por sorte ninguén se deca-
tou do que pasara. Lucía Otero.
Un partido de futbol en desigualdade
Recordo unha etapa na que as
rapazas nos animabamos a xo-gar ao fútbol cos rapaces. Teria-
mos uns 10 ou 11 anos e había
os típicos “piques” entre quen
xogaba mellor: as nenas ou os nenos; entón, un dos rapaces
propuxo unha partida na que
todas as rapazas xogarían contra
dous deles que eran considera-dos os que peor xogaban naquel
momento, desafiando os dous
sos poderían gañar por goleada.
Soprándolles ás brasas prende o lume, así que aceptamos todos a
proposta.
Iniciouse o partido e as rapazas
non comezaran mal; pero a cou-sa cambiou aos poucos minutos
a favor deles. Persoalmente,
“Non sabes o que tes ata que
finalmente o perdes"; esa é a
realidade. Os momentos que
pasamos no Xestal, de risas
continuas, de pintura por aquí,
debuxos por alí, notas musicais
que enchían cada esquina dos
nosos oídos e que quedarán aí
toda a nosa vida. Eses momen-
tos de fraternidade non se es-
quecen nin aínda que non volva-
mos pasar polo colexio. A fami-
liaridade que nos deu o Xestal
non se atopa facilmente. Lem-
bro moi ben como lle deixamos
de decorada e bonita a bata á
profe de Plástica "a rapa das
bestas" podíase ler nun costado,
as iniciais de Monferosolidario,
que tan bos momentos nos deu,
nas costas. Pensamos que lle
gustou bastante como quedou a
bata, coloríns e letras, mellor
que o branco. As clases de Pilar
co de: “este vestiario parece
unha piscina". Fandiño apartán-
donos dos botes de cristal dos
que nós queriamos para beber.
Moitos recordos máis pero só
podo escribir unhas liñas!
Agora, nós estamos terminando
primeiro de bacharelato e aínda
que o pasamos moi ben cos
novos compañeiros non son os
do Xestal. Albita tolea coas
Mates e a Física e pensa que hai
que ir pouco a pouco co Inglés.
Marta di que as Mates son de
Setembro e que o Inglés é me-
llor tomalo con calma para po-
der mellorar o acento e esas
cousas. Iván di que xa terá tem-
po para sacar primeiro e que fai
o que pode pero o primeiro é o
da casa. Lorena vai aprobando,
que é o importante e fixo moitos
amigos aínda que nos bota de
menos, pero é mutuo. E eu pois
vou ben, fago o que podo e dí-
govos que aproveitedes a Tita
todo o que poidades porque os
bos profesores de Francés de-
centes, escasean. De compañei-
ros vou moi ben, teño unha
clase estupenda e fixen moitos
amigos que como se pode supo-
ñer non substituirán nunca aos
que menciono máis arriba.
Espero que os que saiades este
ano do Xestal poidades facer o
que queredes e que teñades a
sorte que nós tivemos. Moitos
saúdos,María Santamariña Ruiz
de León (promoción 2011/2012)
PÁXINA 30 XORNAL XESTEIRA
Colaboracións
do alumnado
curiosidades
A nosa xeración do 97(e para
algúns a do 96) colleu unha
etapa esplendorosa nesta escola
do Xestal, e iso reflíctese en que
as nosas profesoras María José
Otero e Teresa Lagares viñesen,
acompañadas de Nieves, este
martes 11 de xuño de 2013,
sabedoras da nosa marcha e moi
conscientes. Dende aquí hailles
que dar as grazas polas primei-
ras impresións que tivemos na
nosa vida (escolar e persoal), tan
boas esas primeiras impresións
como as últimas que estamos
vivindo estes días, ó topar con
tan boa xente ao principio e ao
final desta andaina que constitúe
todo un ciclo vital inesquecible
e determinante para as nosas
accións futuras. Fomos afortu-
nados/as neste aspecto, e agár-
dase de nós que intentemos
emular en conduta, dilixencia e
boa fe ás persoas que nos pri-
meiros días de clase (e agora
nos últimos de xuño de 2013) se
deron conta da especial impor-
tancia da súa labor docente tanto
no ámbito persoal (a formación
global para a vida, a cordialida-
de, a educación e o civismo)
como no académico (nunca
esquecer a elite pedagóxica do
claustro de Monfero, excepcio-
nal segundo o visto e afirmado,
dende o primeiro do ano 75). É
triste irse de aquí sen expresar
todo o que se quere ás persoas
que o merecen, pero sempre
confiaremos en atoparnos noutra
ocasión ou vir de visita. Non
obstante, sempre recordaremos
con alegría e graza algunhas
anécdotas das que nos lembra-
mos. Antonio G.L.
viaxe de conclusión de todo un
ciclo das nosas vidas. Antonio
G.L.
***
22 alumnos/as de 3º e 4º ESO
están, durante a impresión da
revista Xesteira, en Lanzarote,
intentando tomar o sol e fuxir do
mal tempo que impera na nosa
terra galega. Así, escribo isto
con anterioridade, para mandar
saúdos e manifestar a nosa in-
tención de pasalo moi ben nesta
Desde a redacción de Xesteira
mandamos un forte saúdo a eses
22 rapaces e rapazas e ás dúas
profesoras acompañantes, Mi-
riam e Teresa. Contamos que
este xornal estará saíndo do
forno o próximo 21 de xuño…
non esquezades traer o “clinex”
xa que esa si será a despedida…
Verónica D.
Anécdotas da nosa vida
Ao mal tempo… boa cara
ramos en ocasións anteriores.
Durante o tramo de descenso do Ulla, algúns caemos da balsa, e
así tivemos maior grao de aven-
tura, que sempre se comprace un
de recordar. Tamén tivemos ocasión de ver as pesqueiras das
lampreas, de rirnos, bañarnos
nas augas (fresquiñas pero agra-
dables) do Ulla e mesmo de saber da celebración da festa de
San Antonio —pasamos por
cerca do campo da festa, e había
unha pulpeira alí, pero como xa teramos comido o pulpo na
escola e non nos daba tempo,
non puidemos parar á “sesión
vermouth”—.
As actividades deste tipo fan
aínda máis especial o fin de
curso, que xa o é para os que
marchamos e sempre o é para os
que quedan. Saír da rutina e
esquecerse dunhas pasadas se-
manas de exames e traballos
agradécese profundamente.
Sempre ánimo para organizar,
colaborar e asistir a estas even-
tualidades e sempre grazas polos
mesmos. E se o día de mañá a
algún lle xorde a ocasión de
volver facer rafting, xa non o/a
collerán por sorpresa (ou si,
nunca se sabe). Foi unha pena
non ter tempo a parar a ver se
houbese uns pementos de Pa-
drón, dos cales había leiras e
invernadoiros cheos. O que pasa
é que se alguén lle tocase un
pemento dos que pican, se cadra
volvía ao río … Antonio G.L.
Rafting , sesión vermouth e pementos de Padrón...
Cada vez máis preto do final,
antes de concluír o curso e de marchar a Lanzarote, algúns
alumnos/as da ESO fomos o 13
de xuño de 2013 (día de San
Antonio, dito sexa) a facer raf-ting polo río Ulla, preto de Pa-
drón. Esta actividade, organiza-
da polo Departamento de Edu-
cación Física; realizouse neste día como terceira vez consecuti-
va, xa que nos anos anteriores
producíase unha alternancia: un
ano piragüismo e outro rafting. A xente de 4º. da ESO, algún
animado como Iago (que foi o
único asistente de 3º., e que o
pasou moi ben), os tres “Manolos” (García 1-profe,
García 2 e Santamariña) que
nos acompañaron, algunha per-
soa máis e a profesora, xa asisti-
PÁXINA 31 XUÑO 2013
Colaboracións
do alumnado
E da redacción
Do xornal
O paso polo Xestal I
Nas páxinas anteriores vimos unha
carta do noso estimado profesor don
Xosé Dopico, xa xubilado hai anos,
pero sempre gardando unha especial
e grata relación coa nosa escola. Así
como el xa hai anos que se xubilou,
nestes últimos anos démoslle o
adeus a algunhas persoas (tódolos
alumnos/as que rematan os estudos,
profesores destinados provisional-
mente que se trasladan, ...). Unhas
delas, fixeron escola durante moitos
anos no Xestal e marcharon (como é
un alumno de 4º. ESO quen escribe
isto, fará unha retrospección dende a
súa perspectiva).
O noso grupo de clase, a xeración de
alumnos do noventa e sete (1997),
con algunhas persoas nadas noutros
anos, garda especial recordo das
profes de Infantil e Primaria que nos
deron clase e tamén unhas relacións
actuais co noso profesorado da ESO
moi boas e especiais (xa o saben, é
escusado botarlles máis flores, jeje-
je).
Hoxe en día son os profesores da
ESO e Marisol, en Primaria, quen
levan máis anos de clase neste cole-
xio, pois non queda ninguén dos da
que imos chamar “vella esco-
la” (sempre desde o noso punto de
vista). Xa que para estudar Literatu-
ra Española (vese aquí cómo o con-
tido se ve condicionado polo mo-
mento) e facer referencia a xera-
cións literarias hai que establecer
uns criterios, diremos que a “escola
clásica do Xestal” está composta
polos mestres e mestras (hoxe desti-
nados noutro centro ou xubilados)
que deron clase na antiga EXB e
dende os anos noventa como míni-
mo.
Dende o curso 78-79 estaban dona
Celia e don Xosé García, nesa época
inicial dunha escola acabada de
construír, veu dona Mercedes Ca-
chaza dar clase; tamén “Don Pi-
co” (como lle chamabamos en par-
vulitos ao profesor Dopico), don
Paco e dona Mariluz (de quen meus
pais e tíos teñen bos recordos), dona
Rufina, das Cernadas, as profesoras
chamadas “Gemelas” pola súa con-
dición natural, Lodeiro e algúns
outros.
O paso da xente é moi difícil de
controlar, e como non pescudamos
nos arquivos do centro, non temos
exactitude de datas e nomes. Sabe-
mos que pouco a pouco se foi esta-
blecendo un claustro de profesores
máis ou menos estable que é o que
se constituía cando os nenos e nenas
do 97 nos matriculamos por primei-
ra vez neste centro. Na ESO estaban
os actuais con algunha excepción e
variacións máis Mercedes Cachaza,
Pepe García, Pepe Dopico, Nieves,
José Manuel, María, Elvira, Jesús,
etc. En Primaria sempre recordare-
mos a dona Teresa Lagares, nosa
titora, quen foi a primeira, grata e
grande impresión dunha profesora
que nos inculcou os instintos de
disciplina (aínda que floxeasen
nalgún momento, nada máis natu-
ral), quen aínda hoxe se lembra de
nós e nos ven visitar en ocasións e
unha profesora que quixemos e
aínda hoxe queremos; ensinounos
ben seguindo un modelo disciplina-
do, pero tamén creando unha con-
fianza e un cariño especial (é o que
ten esta escola, quen imparte clase, e
quen estuda nela; sumados co coñe-
cemento das persoas, coa compren-
sión da súa forma de ser, coa acepta-
ción e co tempo). No segundo ciclo
de Primaria foi Merchy a nosa titora,
coa cal entaboamos confianza e
complicidade, sen perder a noción
do traballo. E no terceiro ciclo
¿como esquecerse das empresas que
iniciamos? ¿como non lembrar e
gardar parte dese instinto investiga-
dor e observador que desenvolve-
mos con dona Mercedes Dosinda?
Enumeramos: a recreación dunha
caverna coa arte rupestre, a observa-
ción da vida das miñocas, o caderno
de campo, a visita á TVG e ó Parla-
mento ... O Antroido do circo e a
canción dos barquilleiros, de Federi-
co Chueca; os Xogos Olímpicos de
Pekín 2008, as festas de Fin de
curso e a composición de letras para
cantar con instrumentación nos
festivais do cole (aínda me acordo
de: “O CPI Virxe da Cela / é un
colexio moi popular / tódolos nenos
están contentos / é un centro que ten
comedor). Gratas impresións tamén
de José Carlos (señor Lence, señor
González ... Apelativos a Daniel
Lence e Antonio González) en Edu-
cación Física e en Matemáticas de
5º. Era el quen organizaba as com-
peticións escolares deportivas e
quen nos daba as medallas a final de
curso (levar levábamos todos meda-
lla, gañásemos ou non). En 6º. Xa
era Celia quen nos daba Matemáti-
cas, e xa fixemos deberes de Mate-
máticas abondo, así que iso debería-
lle de ter valido a José Manuel en 1º.
ESO. En Inglés estaba Luis, profe-
sor simpático pero dependendo
tamén do día (máis de un estivemos
algunha clase de pé e de cara á
parede, é unha pena que as clases
non sexan hexagonais, pois dunha
vez fixéronlle falta seis esquinas,
aínda que o solucionou poñendo a
dous elementos dos dous lados do
encerado, parecía aquilo a táboa
periódica ...). Cando chegou Pilar a
dar Inglés (profesora que xa mar-
chou), aplicounos o método dos
negativos, pero nós eramos máis
tradicionais e non aceptamos de moi
boa gaña este método ... Acordaré-
monos sempre dos profes de Prima-
ria cando estabamos en 1º. Nivel e
tiñamos todo por andar, aínda que
xa víñamos de Infantil con María
José Otero, compañeira de Carolina
(aí si que tamén había disciplina, e
con razón, que falta nos faría no
futuro se non tivésemos tan boa base
do Xestal, é isto algo que imos
experimentar de contado). Algunha
vez que dona Teresa Lagares faltou
á clase ten vido Pereiro (de nome
penso que era José Manuel), de quen
conservamos algunha anécdota que
non imos referir. Tamén estaba a súa
muller, quen se chamaba tamén
Mercedes, ao igual que outras com-
pañeiras. Estaban Noli, Lagares e
Maruja do Xestal, profesora que
faleceu hai algúns anos e que deu
tamén clase durante moito tempo. A
profesora logopeda era Pilar, de
Betanzos; vímola unha vez na praza
do campo (iamos toda a pandilla das
xeracións 96-97 ao aniversario de
Marta Vidal, foi en xullo de 2012.
Todos pensamos que era, pois eu
lembrábame ben dela, polo tempo
que pasou en Infantil para axudarnos
á correcta pronuncia, pero non tive-
mos valor a preguntarlle. Tamén nos
lembramos das chuches que nos
daba en Relixión dona Begoña
Allegue, sempre cordial e penso que
nunca enfadada, aínda que sabía
establecer un clima de traballo na
clase.
PÁXINA 32 XORNAL XESTEIRA
Pero tampouco queixándose. Así
como a relación con dona Carmen
Gancedo, profesora de Inglés, son
hoxe cordiais e amenas, un servidor
levou algunha notiña para a casa coa
seguinte encomenda: « Que te la
firme tu madre o tu padre y me la
enseñas mañana en el recreo ».
Tamén puxo (a miña memoria dá
para moito) no parte de faltas unha
nota « El Sr. Glez. y el Sr. Carballei-
ra han dificultado el normal desarro-
llo de la clase de Inglés conversando
entre ellos », algo así poñía, despois
veu dona Teresa Losada a darnos a
clase de Sociais e díxome « Anto-
nio, ¿el señor González eres tú? ».
Por se elas non se acordan, acórdo-
me eu, dentro isto dos bos momen-
tos. En fin, son once anos meus (eu
desde os 5) e máis os doutros, pois
hai quen leva trece ou catorce. Ese
tempo dá para moito.
O verdadeiro obxecto deste artigo
algo extenso era acordarse de don
Xosé, que se xubilou en 2011; de
dona Mercedes, que se xubilou no
2009; de dona Celia, que se xubilou
no 2012; por ser estes profesores
que merecen un escrito maior pola
súa historia ou paso por este colexio,
sen lembrarnos dos demais e saben-
do que así serán considerados moi-
tos dos que hoxe dan clase. Aínda
que inconcluso, véxome neste intre
obrigado a parar de escribir.
Antonio González López
21 de xuño de 2013, un día que
moitos de nós levamos esperan-do toda a vida. Cando aínda
eramos uns “pequerrechos” de
medio metro viamos aos maio-
res (que por certo, parecían xigantes vistos desde alí abai-
xo), como ían marchando, fací-
an espléndidas despedidas, co-
mo choraban moitos deles, ou-tros contentos coma cucos…
pero todo iso estaba demasiado
lonxe. Sabiamos que ocorrería
algún día, iso seguro, pero era coma unha ilusión practicamen-
te intocable, coma estirar a man
e querer rozar unha nube.
Agora, aínda sen ser moi cons-ciente diso, estamos a final de
curso e chegou ese momento
que viamos tan lonxe: a despe-
dida. Costa poñerse en situa-ción. Fixemos moitas despedi-
das e era especial velo desde
fóra; pero agora tócanos a nós
ser os protagonistas. Darnos conta de que a maioría de nós
levamos neste centro case toda a
vida. Aquí medramos, madura-
mos, nos formamos, entaboa-mos amizades que probable-
mente perduren para sempre. As
relacións entre os compañeiros,
que máis que compañeiros xa case poden considerarse irmáns,
os profesores, que case son co-
ma uns segundos pais... entre as
paredes deste centro pasamos os mellores anos porque por moi
bo que sexa o que hai fóra, será
incomparable co que vivimos
aquí. O simple feito de que un profesor coñeza o teu nome xa é
bastante; pero neste caso, coñe-
cen o noso nome e apelidos, o
lugar onde vivimos, que é o que máis nos gusta, o que máis nos
custa, o que nos contenta, o que
nos amarga... esa atención per-
sonalizada non se vai encontrar
fóra de aquí. Como esquecernos da cociña.
Dende a nosa entrada no Xestal,
pasamos por diferentes cociñei-
ros e axudantes de cociña que recordamos un por un porque
todos tiveron a “súa especialida-
de”. Moitas veces nos temos
queixado da comida; pero ao saír de aquí, todos a votan de
menos, por algo será. Álvaro, o
conserxe que moitos de nós
recordamos de toda a vida. Sem-pre tan atento, coa súa paciencia
e forma de ser tan agradable...
Ou Bea, a secretaria, que aínda
que moitas veces fomos inte-rromper o seu traballo, nunca
tivo unha mala palabra, ao con-
trario. O persoal de limpeza,
imprescindible. Os aseos limpos con eses produtos recoñecibles a
distancia, eses papeis que “nos
caen” aos alumnos sempre reco-
llidos, esas mesas escritas que ao día seguinte non hai rastro...
votarase de menos.
As actividades extraescolares do
Xestal, importante nomealas. Neste centro, recordamos sem-
pre moitas actividades
(excursións, charlas, obradoi-
ros...) que imos lembrar sen dúbida aínda que sexa por un
pequeno detalle que ocorrese
nelas. Imposible citalas pola
pluralidade delas, pero todas para recordar.
Todas esas experiencias que
ocorreron aquí, tanto boas coma
pequenos apuriños. Eses “berrinches” que colliamos de
máis pequeniños, e non tan pe-
quenos, esas caras longas, esas
palabras adoecidas... Son deta-lles que agora, vistos desde un
punto que se entende “máis
maduro” recórdanse entre refle-
xións e risas, afirmando que
repetiriamos esas experiencias para rirnos de nós mesmos. De
todas maneiras, sempre hai moi-
tos máis momentos bos que
recordar porque os “malos” sempre se van esquecendo, posi-
blemente porque co tempo per-
den importancia xa que nunca
chegaron a ser realmente graves.
Deste centro levámonos toda
unha vida a costas, por tanto
todos estes anos non se poden
resumir nunhas liñas porque
precisariamos de páxinas e páxi-
nas e os mellores recordos non
son aqueles que se recollen nun
papel; senón aqueles que van
saíndo pouco a pouco a contos
cos amigos, compañeiros, profe-
sores... que estiveron presentes
todo este tempo. Chegado o
momento de finalizar unha etapa
para comezar outra totalmente
diferente, non sabemos se me-
llor ou non; cabe destacar que o
que vivimos no xestal condicio-
nará o inicio da seguinte etapa
que será diferente para cada un
de nós. Levamos anos esperan-
do este momento; pero chegada
a hora da verdade, moitos quixe-
ramos que o tempo pasase máis
lento, xa que ata agora non fo-
mos conscientes de todo o que
deixamos atrás. Recordaremos
todo isto cun gran sorriso, con
melancolía incluso; pero non
esqueceremos onde e con quen
nos convertemos nas persoas
que somos hoxe. Grazas. Lucía
Otero Rodríguez, 4º ESO.
tal foron os encargados de sumi-
nistrarnos todas as calorías,
proteínas, hidratos de carbono,
ou sexa, enchernos o depósito
para poder ir a “todo ghas” nos
nosos estudios… Lembraremos
as vosas comidas como se fosen
as das nosas nais…
Dicimos adeus á escola, a os/as
profes, aos compañeiros/as…
pero por suposto non nos esque-
cemos do persoal de cociña, que
cinco días á semana, catro sema-
nas ao mes, dez meses ao ano, e
todo iso multiplicado por doce
anos (algún/ha incluso trece ou
catorce…) que levamos no Xes-
O paso polo Xestal II
Non nos esquecemos de vós...
PÁXINA 33 XUÑO 2013
NOTAS PARA
UNHA
DESPEDIDA
Pasaron días e longos anos
cando no colexio do Xestal
se pelaban as patacas a man…
Tres quendas de comidas no comedor
e “aulas” funcionando nos corredores…
foron tempos difíciles, si señores.
Carme, a cociñeira coloradiña
como unha rosa do Xestal
exclamaba “Ai, Virxe da Cela”.
As outras cociñeiras ao seu lado
todas afanosas
preparando pratos e menús
con toda dilixencia e coidado.
Álvaro, o gran conserxe
un monumento merece
o primeiro en abrir e o último en pechar
cando a sirena tocaba
todo funcionaba.
Esta foto é a primeira vez que a luz ve.
Con honor e ledicia
Xesteira ben merece esta primicia.
E dende aquela tantos/as docentes e
discentes
por aquí pasaron
e recordamos a todos/as
cunha aperta e un bico.
Donpico
xeito involuntario pronunciando
un do-re-mi-fa-sol-la-fa-re, do-la-fa-sol-mi-fa-re-doooo,
algúns/has (os/as máis hábiles)
incluso sentirán un “formigueo”
nos seus dedos realizando unha estraña coreografía, e a totalida-
de deles/as lembrarán todas as
horas pasadas ao aire libre to-
cando frautas e pandeiretas, espantando (e algún “papando”)
moscas e saudando a todos os
vehículos que circulan pola
estrada…
Por todos/as é coñecido o enor-
me poder que ten a música para marcar acontecementos das
nosas vidas e situalos ordenada-
mente nos “cartafoles” da nosa
memoria. Pasarán os anos e os que hoxe están como alumnos/
as deixarán algún día a escola
para lanzarse, esperemos que
con moita sorte e fortuna, á vida como adultos/as. Esquecerán as
capitais de África, os logarit-
mos, a táboa periódica, pero,
como si de arte de maxia se tratara, moverán os beizos de
Velaí tedes unha selección das
cancións que forman xa parte da
nosa banda sonora para este ano
2012-2013: A saia de Carolina,
Na beira do mar (rebautizada
por Pablo co título de “Rías
Baixas”), Ollos verdes, Vén
bailar Carmiña, Oda á Alegría,
Jingle Bells , Scarborough Fair,
Santa María estrela do día,
Carmina Burana (a preferida de
Kevin) Ni tú ni nadie, Mama
Mía… Verónica Dopico
O tempo: marabillosa magnitude
O poder evocativo da música
Para nós, alumnos e alumnas de
4º ESO, os cambios que se pro-duciron no Xestal nos últimos
anos son ben marcados. Aínda o
outro día lembrabamos a antiga
e afastada imaxe do patio cuber-to antes de ser amañado, coas
espalderas rotas, e con algúns
mestres como Begoña e José
Carlos que nos persuadían de rubir por elas.
Un achado inesperado sorpren-
deume o outro día: as fotografí-
as dunha excursión ao Monte de San Pedro (A Coruña) no 2007,
á que fomos con Merchy. Sem-
pre recordaremos outros cam-
bios, como a magnífica campa-ña de pitado do muro do centro,
a reparación dos servizos do
cole antigo, o aumento da bi-
blioteca ... Son elementos mate-riais que forman parte dunha
lembranza común, a lembranza
da primeira e quizais máis im-
portante etapa das nosas vidas; a nosa preparación para saír ao
mundo, enfrontarse ás posibles
adversidades, aproveitar e valo-
rar os bos momentos, vivir. A verdade é que son as persoas
as que verdadeiramente conta,
pois de non ser pola iniciativa
de alguén, poida que aínda esti-vesen hoxe sen pintar o come-
dor e o muro, pero o máis enco-
miable das relacións persoais
son os recordos. Causar impre-sións e tamén recibir impresións
das persoas que dun xeito ou
outro, por activa ou por pasiva,
transcenden nas nosas vidas
dunha forma especial que só algúns comprendemos: é filoso-
fía e psicoloxía, complexa qui-
zais, pero estudada.
Son os mellores recordos os que levaremos do Xestal por ser este
un colexio nada convencional,
posto que aquí as persoas non só
se limitan a facer o seu traballo, senón que son conscientes (ben
por experiencias propias, ou ben
por reflexión) da importancia
das experiencias pasadas e dos recordos no presente e no futu-
ro, factores determinantes para a
identidade dunha persoa.
Agora, neste mesmo intre, non me acordo se xa o comentei,
pero repito o seguinte:
Sería inútil que calquera persoa
intentase plasmar tódalas súas emocións e sentimentos nun
papel, pois por moito que se
esforce (ao meu parecer e con
filosofía propia) nunca o conse-guirá, por magnificente que sexa
na escritura (lírica, prosa, ensa-
io ...) a totalidade do que transi-
ta polos seus miolos non se gardará nun “disco duro”. É por
isto e porque non teño moito
tempo antes de estudar Xeoloxía
e Inglés, que nin penso intentar empresa semellante.
E escoitando música un tanto
melancólica (para amenizar o
paso do tempo), só quero dicir como despedida, para perpetuar
o meu paso polo Xestal, que as
impresións aquí vividas son
grandes e fondas pegadas que
nos marcarán para sempre; e
tamén podo dicir, ao caso, que esas marcas as levaremos toda a
vida con orgullo e satisfacción.
Por último, saiban tódalas per-
soas coas que tivemos relación que deben de ser elas mesmas
(máis acostumadas ca nós ás
despedidas e ó paso de alumnos
polas súas aulas, polos corredo-res, polo comedor, por conser-
xería e administración) as que
pensen e se reafirmen na súa
forma de ser, nas súas ideas e pensamentos, sabendo que os
mesmos valores que se refiren
constitúen o mellor que se pode
esperar.
Non falaremos entón de erradi-
car as desigualdades no mundo,
porque non somos iguais nós ca
calquera estudante de Betanzos
ou da Coruña, quen terá unhas
impresións moito máis insulsas
da súa etapa escolar. Supoño
que o que parece que digo nesta
carta de despedida ven sendo o
mesmo que repiten e repiten
dalgún xeito tódolos anos, pero
quen pense e saiba que quero
dicir moito máis e que non ato-
po a forma, que saiba que o
digo. Digo todo aquilo que non
consigo dicir. E quen teña des-
concerto ao rematar de ler isto,
que se faga a seguinte pregunta:
“¿e este que quererá dicir?”
Antonio González López, 9
xuño 2013.
Páxina 34 XORNAL XESTEIRA
Notas para
unha despedida
Querid@s alumnos:
Hoxe terminades un ciclo vital e académico no noso cen-
tro o Virxe da Cela. Durante o
tempo que permanecestes con-
nosco vímosvos recibir conse-llos, reprimendas, crecer, mirar
con desacougo un exame abso-
luta e irremediablemente verme-
llo por todas partes (como se pode poñer tanto vermello!,
dicídesvos); actuar nos festivais
de entroido, de nadal, dos ma-
ios… coa ilusión de sempre; días de xogos, de exames, de
preitos inxenuos, de goles meti-
dos, de triunfos e derrotas, de
risas e choros, de esforzos, de sensacións de nervios, alegrías e
medos. Pero seguro que tamén
foron anos de recompensas e de
satisfaccións, de amizades e recordos que permanecerán para
sempre no libro das vosas vidas.
Aínda que o alumno tende a
sospeitar que tal vez debería ter aprendido máis e non imaxina
como pode el, que a duras penas
aguanta esperto algunhas mañás,
amarrado á cadeira da súa clase, deixar pegada nos seus profeso-
res, cada un de vós deixounos
algo, non o dubidedes.
E antes de que vos vaiades defi-nitivamente dicirvos- en reali-
dade xa o dixo un gran profesor,
Horacio: “Sapere aude, incipe!”
- “¡Atrévete a saber, a ser sa-
bio, empeza xa!”. ¡Atrevédevos
a ser sabios!”: Antonio, Lucia O., Carla, Elisa, Diego, Daniel,
Sandra, Lucía B., Óscar, Nata-
lia, Kevin, Yaiza, “tende o valor
de servirvos do voso propio entendemento”, porque así po-
deredes gozar do máximo ben
que ao home deulle a vida: a
liberdade. E a única liberdade que merece a pena é a de pensar
por un mesmo e intentar ser
mellor, e por contaxio, facer
tamén un pouco mellores aos demais. Non temades a equivo-
carvos, non deixedes nunca que
os vosos medos apaguen vosas
metas, correde tralos vosos so-ños e utopías, levantádevos tras
cada caída, é o único xeito de
alcanzar todo aquilo que vos
propoñades. Esta non é máis que unha nova etapa para atravesar e
o inicio dunha gran aventura. É,
como no xadrez, o final dunha
partida, e o comezo doutro xogo que vos aportará experien-
cias, que demandará maior es-
forzo, onde nacerán novos vín-
culos e que ofrecerá momentos únicos.
Díxo Azorín nunha desas xera-
cións que vos explicou tan ben
Mirian e que seguro “tanto vos gustan”: «A estas nubes que
agora miramos miráronas fai
douscentos, cincocentos, mil,
tres mil anos, outros homes coas
mesmas paixóns e as mesmas
ansias que nós.» Así que levan-tade a vista e, aínda que teñades
que estudar moito, non cometa-
des o erro de non coñecer xentes
e lugares; lede, pero non vos quededes pegados aos libros,
porque está ben saber, pero está
mellor compartir o que se sabe e
utilizalo con outros e para ou-tros. Non vos ocupedes só de
telo todo controlado (que vou
comer durante toda esta semana;
que vou sacar no primeiro par-cial; que vou facer…) porque,
xa sabedes, din que o dixo John
Lennon: «A vida é iso que che
ocorre mentres estás ocupado facendo outros plans». Como
non vos puidemos conseguir
“mariachis”… oxalá que vos
vaia bonito!!.
Os nenos e nenas de 6º de pri-
maria, queriamos agradecer a todos os mestres o moito que
nos axudastes a continuar e
seguir crecendo como persoas,
corrixíndonos, axudándonos cando o necesitabamos e sobre
todo, facéndonos pasar seis anos
incribles. Primaria foi unha gran
experiencia para nós, e nos da pena deixala despois de tantos
anos. Esperamos pasar todos de
curso e ter novos mestres. Sabe-
mos que as cousas serán máis
difíciles, pero teremos que
afrontalas e deixar de ser “os
maiores” para pasar a ser “os
pequenos”.Un saúdo: Os nenos/as de 6º.
Adeus a 4º da ESO
Adeus a 6º de primaria
Páxina 35 XUÑO 2013
Cara a unha
nova etapa